SANDIÁS Número 8
Boletín informativo municipal
Primavera 2001
Un obradoiro de emprego dará ocupación a 45 persoas
As intensas chuvias fixeron estragos en moitas zonas da Limia. No noso concello afectaron ás vivendas de varios veciños, pero tamén ás estradas e camiños dos pobos máis próximos á Lagoa (na foto, aspecto que presentaba a estrada de Labandeira a Trandeiras). Educadora de varias xeracións de veciñas, durante máis de 40 anos, Irene Rodríguez, lembra hoxe cómo foi cambiando Sandiás ó longo do século XX. Sendo unha das persoas de máis idade, con 95 anos, disfruta de boa saúde e dunha grande lucidez mental.
Os trámites para constituir un obradoiro de emprego para maiores de 25 anos en situación de paro laboral están xa moi avanzados, agardándose que entre en funcionamento durante o verán. Este proxecto, compartido pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego da Xunta de Galicia
e o propio Concello de Sandiás, permitirá a 45 veciños e veciñas mellora-la súa cualificación profesional nas especialidades de cantería, albanelería e xardinería (cada módulo contará con 15 alumnos). Entre os traballos contemplados figuran a restauración da Vía Xacobea da Prata no
*
noso municipio, prestando especial atención ás capelas, áreas recreativas, lavadoiros, fornos, entorno das igrexas e o alumeado dalgúns monumentos significativos de Sandiás, como a Torre medieval. O Concello informará oportunamente sobre o proceso de selección dos aspirantes. Coa creación da Banda de Gaitas e Danzas, o Concello de Sandiás é na provincia de Ourense un dos que adica maior interese na promoción e difusión das artes musicais. Un labor comezado hai xa varios coa Rondalla do colexio público, e que tn agora continuidade coa nova formación. Os xoves gaiteiros e percusionistas e as integrantes do corpo de baile realizaron xa varias actuacións públicas nestes últimos meses, sendo de louba-la progresión experimentada neste tempo, froito do seu interese e dos profesores encargados da súa formación artística.
Reforma da capela de Santa Mariña
Ampliación dos servicios públicos
A capela de Santa Mariña de Piñeira recuperará parte do esplendor que tivo no pasado coas obras de restauración previstas polo Concello. O anteproxecto técnico estipula un investimento de 3,3 millóns de pesetas, cos que se actuará na cuberta, xa que ten as vigas moi deterioradas, e nos muros, que presentan desconchados e humidades. A Corporación recolleu así a petición dos veciños e das autoridades eclesiásticas.
A construcción de beirarrúas e a mellora do abastecemento en Sandiás e Vilariño das Poldras son as obras previstas polo Concello dentro dos planos provinciais do ano 2001. Tamén contempla a mellora de camiños e de espacios públicos en Couso. Outra actuación dos próximos meses será a construcción dunha pista polideportiva en Piñeira, en terreos próximos a actual área recreativa e de xogos infantís.
W
v
Axudas para rehabilitaci n de vivendas rurais A Xunta de Galicia concede subvencións do 30 ou 40 por cento do presuposto protexible das actuacións de rehabilitación de vivendas rurais que cumpran os requisitos establecidos. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2001.
Dende 1990 concedéronse subvencións por importe de máis de 17.000 millóns de pesetas, que permitiron a rehabilitación de preto de 50.000 vivendas.
Información e solicitudes:
Casa do Concello de Sandiás