Sandiás (Nº 10)

Page 1

SANDIÁS Número 10

No vo

Boletín informativo municipal

Centro de Información ó Agro Galego 902 112 000 A resposta tela na túa man Horario:

Xunta de Galicia

8 a 22 horas (lúns a venres). 9 a 14 (sábados, domingos e festivos).

O Plan Leader Plus do Val do Limia estará operativo ata o ano 2006 O Plan Leader Plus do Val do Limia, no que está integrado Sandiás, xunto a outros 15 concellos de A Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova, xestionará ata o ano 2006 algo máis de 11,5 millóns de euros (1.917 millóns de pesetas). Un dos obxectivos desta nova andaina, tralo éxito do Plan Leader II, é favorece-la implantación de empresas e incentiva-lo mercado laboral, e potenciar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Luis Otero

➋ ➏ ➐

Verán 2002

ô Liña directa do catastro ( 902 373 635

ô

ô

Evite desprazarse a Ourense para face-las súas xestións.

Os máis novos familiarízanse coa informática A creación dunha aula de Informática no colexio público permite ós máis novos practicarse nas novas tecnoloxías da información e Internet. Foi unha das novidades dos curso xa rematado, no que continuou a estreita colaboración do propio Concello de Sandiás, no referido a melloras do ximnasio, na sinalización interior do centro e a organización de viaxes educativas, lúdicas e culturais. ➛ Páx. ➑

Pregoeiro

Boa memoria

O escritor e xornalista de Piñeira de Arcos volve estar de plena actualidade por varios motivos: a publicación do seu último libro, a entrevista no programa “La noche con Fuentes...”, en Tele 5, a intervención no espacio “Desde Galicia para o Mundo” adicado a Sandiás, e como pregoeiro das Festas do Corpus de Ourense. ¡Noraboa!

Despois de máis de catro décadas adicado á Administración pública, o secretario xeral da delegación provincial da Consellería da Presidencia mantén viva a memoria do seu pobo, Piñeira, e do seu concello, Sandiás. Na segunda parte do artigo que publica este Boletín Informativo (páx. 5), don Agustín evoca a xente traballadora e honrada do municipio.

Unha nova fase permite completa-la rede de auga potable en Vilariño A terceira fase das obras de construcción de beirarrúas e renovación da rede de abastecemento de auga en Vilariño está incluída nos Planos Provinciais de Obras cun orzamento de 60 mil euros. Outros proxectos en execución son os das beirarrúas e das dúas prazas públicas de Sandiás, e a mellora dos entornos e dos accesos ás igrexas de Couso e Sandiás. A colaboración da Deputación permitíu construi-la pista polideportiva en Piñeira.

Agust n GÆn-

O Concello destina o 40% do orzamento a investimentos en obras e servicios. Sandiás e as súas xentes foron protagonistas do programa “Desde Galicia para el Mundo”. A romaría de San Bieito da Uceira atrae a centos de devotos/as de toda a comarca.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.