Sandiás (Nº 11)

Page 1

SANDIÁS Número 11

Boletín informativo municipal

Inverno 2002/03

¿Solidarios?

Oportunidade laboral, co Obradoiro

Entrevista

As doazóns de sangue experimentaron un importante descenso nos últimos anos. Novas campañas divulgativas sensibilizan á nosa xente.

Trinta veciños e veciñas participarán a partir de 2003, e durante doce meses, nun Obradoiro de Emprego, promovido polo Concello de Sandiás, coa colaboración do INEM e da Consellería de Familia e Promoción do Emprego.

A alcaldesa, María Concepción Méndez Gándara, fai balance dos primeiros mil días do actual goberno municipal.

Máis proxectos O mantemento, construcción ou reforma de camiños, da iluminación pública, e das redes hidráulicas ocupou boa parte do esforzo municipal nestes últimos meses. Tamén se avanzou nas obras da Casa da Lagoa e no adecentamento do entorno da Casa do Concello e da praza de Sandiás.

Beirarrúas: máis seguridade vial A construcción de novos tramos de beirarrúas na capitalidade municipal supón unha mellora estética e unha contribución importante á seguridade vial dos nosos veciños e veciñas. As obras centráronse na estrada N525, nunha zona próxima á Casa do Concello, e na estrada de Couso, no entronque coa anterior. Deste xeito, Sandiás conta con beirarrúas en toda travesía.

Cabalos e cabalistas invadiron o noso concello por un día Foi con motivo das rutas técnicas da III Copa do Padroado Provincial de Turismo. Dúcias de cabalos e cabalistas, xunto cós equipos de apoio, procedentes de lugares tan distantes como Cartelle, Maside, O Carballiño, Celanova, Trives, Verín, Ourense e outros concellos da provincia participaron nunha proba que, ademáis da práctica do deporte hípico, ía servir para dar a coñecer aínda máis os encantos naturais e medioambientais do noso municipio.

Plan Interreg III O acondicionamento da área da ermida de San Bieito, do entorno da festa do cabalo de San Mateo e a recuperación da flora e fauna da antiga Lagoa de Antela son os proxectos incluídas por Sandiás no Plan Interreg III. Nesta iniciativa participan varios concellos de Ourense e da raia portuguesa.

Axudas para vivendas O Concello de Sandiás informa sobre as liñas de axudas do Instituto Galego da Vivenda e Solo para restaurar vivendas antigas, e tramita as solicitudes. Da nova convocatoria, valedeira ata o ano 2005, poden beneficiarse tamén os emigrantes retornados, sempre que estean empadroados no concello.

Reciclar

O outono tamén foi tempo de festa A xente non esquece as tradicións dos nosos devanceiros, entre as que se atopa o San Martiño. Moitos deles participaron no encontro gastronómico e musical organizado polo Concello de Sandiás, nas instalacións do colexio. Veciños e veciñas de tódolos pobos apostaron por esta celebración que serve tamén para estreita-los lazos de amizade e solidariedade no noso municipio .

é tarefa de

todos

k

F Colabora co teu concello no plano de recollida selectiva de lixo

ô emprego 2003 ô ô Casa do Concello de Sandiás Apoio a emprendedores: autoemprego e economía social

Información: Técnico Local de Emprego


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.