Sandiás (Nº 12)

Page 1

SANDIÁS Número 12

Boletín informativo municipal

Inverno 2003/04

O Obradoiro de Emprego, unha oportunidade para 30 veciños/as

Investimentos

Unha partida importante do orzamento municipal destinouse a gastos en bens correntes e servicios. O capítulo de investimentos volveu ser un dos máis importantes. Infraestructuras

Nos últimos meses realizouse unha ampla remodelación das pistas da concentración parcelaria na práctica totalidade do municipio. Tamén se limparon tódalas canles da zona agrícola.

O Concello contribúe, a través do Obradoiro de Emprego “Sandiás”, á dinamización laboral, facilitando formación e traballo a veciños/as do noso municipio. Esta iniciativa facilita, asemade, a recuperación estética e funcional de edificios do patrimonio popular e municipal e de varias zonas verdes e recreativas. Sandiás serve de exemplo así sobre os planos de promoción de emprego no medio rural. Páx. 3 à

O Partido Popular conservou a alcaldía con maioría absoluta

Abastecemento

O proxecto de mellora do abastecemento a Vilariño avanza cos traballos de canalización dende o Campo de San Nicolás ata Couso. Novas captacións e un novo depósito servirán para subsana-las deficiencias.

O Partido Popular gobernará o Concello de Sandiás ata o ano 2007, trala maioría absoluta acadada nos comicios municipais do pasado 25 de maio. Será este o sexto mandato consecutivo como alcalde de María Concepción Méndez Gándara. O PP acadou 6 dos 9 concelleiros da Corporación municipal. O PSdeG-PSOE, con dous, e o BNG, con un, comparten as tarefas da oposición municipal.

Nadal Cultural

O Concello organizou actividades culturais e lúdicas durante o Nadal, dirixidas, sobre todo, ós máis novos. Tamén o colexio público celebrou o tradicional Festival para toda a comunidade educativa.

No vo

Centro de Información ó Agro Galego 902 112 000 A resposta tela na túa man Horario:

Xunta de Galicia

8 a 22 horas (lúns a venres). 9 a 14 (sábados, domingos e festivos).

Resultados electorais

l

Votos

%

Concelleiros

1999

803

61,2

284

21,6

209

15,9

DE

P G-PSOE

Reciclar

é tarefa de

todos

k

FColabora co noso concello no plano de recollida selectiva de lixo

Correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.