Sandiás (Nº 13)

Page 1

SANDIÁS Número 13

Boletín informativo municipal

Verán 2004

Correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es Investimentos

As partidas máis importantes de gastos do Concello durante este ano corresponden ós bens correntes, persoal e investimentos. Páx. 2

Vía Nova

A restauración de antigos antigos camiños e rutas de sendeirismo contribúen á recuperación da Vía Nova. O dificio multiusos de Sandiás acollerá unha exposición cultural sobre este roteiro que comunicaba Braga e Astorga a través da comarca da Limia.

O Obradoiro de Emprego cumpríu xa moitos dos obxectivos A recuperación do patrimonio municipal, como o forno de Vilariño das Poldras, os lavadoiros de Couso, o forno de Sandiás, o entorno da torre, e diversas zonas recreativas da ruta xacobea da Vía da Prata ó seu paso polo noso municipio son algunhas das actuacións que desenvolve o Obradoiro de Emprego “Sandiás”. Un traballo de proveito do que poden disfrutar xa moitos veciños/as.

Concepción Méndez tomou posesión como nova deputada provincial

Dinámicas

A alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez Gándara, foi elexida deputada provincial en representación do partido xudicial de Xinzo e tomou posesión do seu cargo o pasado 25 de xuño. Asemade, forma parte de varias comisións informativas da propia Deputación de Ourense. Este organismo, que preside José Luis Baltar Pumar, está integrado por 16 deputados do Partido Popular, 6 do PSdeG-PSOE e 6 do Bloque Nacionalista Galego.

En pouco tempo, a Asociación de Mulleres Rurais “O Castro” dinamizou a vida social e cultural de Sandiás con charlas didácticas, celebracións festivas, cursos e viaxes. Páx. 8

Plan urbanístico

O futuro Plano Xeral de Ordenación Municipal adáptase á nova Lei do Solo de Galicia, unha vez resoltas as alegacións. A filosofía do equipo redactor foi a de flexibiliza-la construcción, a legalización de vivendas e potencia-las zonas industriais.

Resultados das Eleccións Europeas do 13-X en Sandiás

632

303

OUTROS

VOTOS NULOS

VOTOS EN BRANCO

6

6

3

esquerda unida

DE

P G-PSOE

izquierda unida

49

7

Censo

1.454

Participación %

69,39

Votantes

1.006

Abstención %

30,61


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.