Sandiás (Nº 14)

Page 1

SANDIÁS Número 14

Boletín informativo municipal

Primavera 2005

Correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es

O Concello de Sandiás acometeu nos últimos meses a instalación de varias depuradoras de augas residuais, a través do programa DAREDO da Unión Europea. Agora, a xestión municipal céntrase na mellora da rede de abastecemento a Piñeira de Arcos, na construcción de beirarrúas en varios pobos, na recuperación das vivendas municipais no entorno do Centro de Interpretación e na ampliación da Casa Consistorial.

■■■

Sí a Europa

PA

Infraestructuras

EURO

■■■

■■■

Recoñecemento

s

Os veciños e veciñas de Sandiás votaron maioritariamente a prol do tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, no referendum do pasado 20 de febreiro. O “SI” recibíu 668 votos (90,5%), mentres que 37 persoas optaron polo “NON” e outras 25 o fixeron en branco. O índice de participación foi do 50,73 por cento.

rzo dos ó esfo o i em Os diplomas, pr

Concepción Méndez participou nos actos que a FEGAMP maila Deputación de Ourense tributaron ós alcaldes que permanecen no cargo desde as primeiras eleccións municipais de 1979. En Santiago, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, agradeceu á alcaldesa de Sandiás “a contribución ó desenvolvemento desta nosa Administración Local, hoxe pedra angular da Organización alum Territorial do Estado”.

A conselleira de Asuntos Sociais da Xunta, Belén Prado, e o presidente da Deputación, José Luis Baltar, visitaron Sandiás para presidi-la entrega dos diplomas ós participantes no Obradoiro de Emprego. Durante un ano, os 30 alumnos/as traballaron na restauración de fornos, espacios públicos e áreas recreativas, ao tempo que aprendían técnicas de oficios tradicionais e con futuro e recibían clases para desenvolverse no competitivo mercado laboral.

no s

do Obradoiro

O próximo obxectivo do Concello de Sandiás é a xestión dun novo obradoiro que acometa novas actuacións en diferentes pobos, sen esquece-la Vía Nova e a Vía da Prata. Para elo, existe a vontade da Corporación municipal e o compromiso de apoio por parte da Consellería de Asuntos Sociais e de Emprego. Terá tamén en torno ós 30 alumnos/as e facilitará formación en algunhas das especialidades que contan hoxe en día con maior demanda.

Reserva natural Alumnos do colexio público de Sandiás e dos centros educativos da Baixa Limia celebraron no noso municipio o “Día dos Humedais”. As lagoas das areeiras, nas que nidifican e invernan gran cantidade de aves acuáticas, serviron de aula da natureza, nas que biólogos e técnicos en Medio Ambiente expricaron ós rapaces e rapazas a importancia que ten a conservación do noso entorno natural para mellora-la calidade de vida.

O conselleiro de Política Agroalimentaria visitou as obras do plan de regadío da Limia. Asinado o convenio coa Xunta de Galicia para a ampliación da Casa Consistorial. Entran en servizo as novas depuradoras de Couso, Piñeira, Sandiás e Vilariño.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.