Sandiás (Nº 15)

Page 1

SANDIÁS Número 15

Boletín informativo municipal Correo electrónico:

Inverno 2005/06

concello.sandias@eidolocal.es

Unha Xunta insolidaria

O Centro de Día, en obras

A Xunta de Galicia deixou sen efecto varias obras adxudicadas polo anterior Goberno, presidido por Manuel Fraga, entrelas a da mellora da rede viaria da concentración parcelaria en Piñeira, Couso e Sandiás, cun orzamento de 142.000 euros. O Concello instará ó novo Goberno a que realice este proxecto, xa que é moi necesario e demandado polos agricultores do noso municipio. En caso contrario, adoptará outras medidas legais.

O Centro de Día e o Punto de Atención Infantil son dúas importantes obras que desenvolve o Concello de Sandiás. O Centro de Día estará ubicado nun edificio en fase de rehabilitación a carón da Casa da Lagoa e terá como cometido principal servir de centro de día para persoas maiores. O Punto de Atención Infantil ocupará unha parte das dependencias do colexio público e atenderá a nenos e nenas menores de tres anos.

Sandiás, tamén en Internet A páxina web “www.concellodesandias.com” supón un achegamento ó noso municipio a través de Internet. Recolle numerosos datos de interese actualizados e realiza un percorrido pola realidade socioeconómica, a historia e o patrimonio monumental e arquitectónico. Tamén ofrece unha completa galería de imaxes dos diferentes pobos, unha escolma das lendas desta zona e artigos de grandes escritores sobre Sandiás e A Limia.

Apoio ó Plan de Regadío A ministra de Agricultura, Elena Espinosa, e o anterior conselleiro de Política Agroalimentaria, José Antonio Santiso, coincidiron na súa visita a Sandiás no decidido apoio das Administracións central e autonómica á mellora e modernización do regadío do noso concello e comarca.

O hipódromo cumple metas A primeira tempada hípica no hipódromo de Sandiás reuníu a máis de oito mil persoas. As catro xornadas de competición contaron coa participación duns 40 cabalos, procedentes de varias Comunidades autónomas. Os profesionais da hípica coinciden en calificar as instalacións de Sandiás como “altamente satisfactorias”. Asemade, o Centro Ecuestre da Deputación acolleu cursos de doma, de iniciación e de terapia para disminuidos sensoriais.

Un concello limpo é cousa de todos/as

En Sandiás, tamén ¡Colabora!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.