w w w.sandias.es
Número 19
Boletín de información municipal
Inverno 2009/10
correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es
Obras importantes e necesarias
Doble cita electoral
Terra de tradicións
Con fondos propios, ou en colaboración coas outras Administracións públicas (Xunta de Galicia, Goberno de España e Deputación Provincial), o Concello acometeu durante o ano 2009 obras para mellorar servizos en moitos núcleos.
Case tódolos anos hai eleccións, pero neste 2009 foi por partida doble. Primeiro, o 1 de marzo, para elexir os deputados no Parlamento Galego. Despois, o 7 de xuño, para os eurodeputados. En ambas citas, en Sandiás gañou o Partido Popular.
Sandiás é un concello apegado ás súas tradicións. Comprobámolo nas distintas festas parroquiais na honra dos seus patróns, e tamén en romarías centenarias, como as dúas celebracións do San Bieito da Uceira.