w w w. s a n d i a s . e s
Número 20
Boletín de información municipal
correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es
18 alumnos e alumnas aprenden os oficios de albanelería e de restauración de áreas degradadas
Inverno 2011
Sandiás nº 20
Editorial
En tempos de dificultade, a colaboración entre as distintas Administracións públicas (Goberno central, Xunta de Galicia, Deputación, Unión Europea, e Concello de Sandiás) semella máis necesaria que nunca. Convén lembrar que a maior parte das obras realizadas no noso municipio e boa parte dos servizos que se prestan dende a Casa Consistorial son froito de convenios asinados no seu día con algunha destas Administracións. Á vista dos resultados acadados nestes últimos anos, semella que ese é un bo camiño que debemos seguir para cimentar as bases do progreso e do futuro dun concello rural coma o noso, xa que moitos dos proxectos xa consolidados non se poderían levar a cabo sen o apoio financeiro das institucións de ámbito supramunicipal. Destas Administracións públicas depende que se fagan novas infraestruturas e que se poidan atender ós servizos básicos. E non podemos esquecer que a dispersión xeográfica obriga a multiplicar o esforzo municipal para que tódolos veciños, nos distintos pobos, dispoñan dos mesmos niveis de calidade de vida e benestar. ■
Catro anos despois das últimas eleccións municipais, os veciños e veciñas de Sandiás seremos convocados de novo para acudir ás urnas o 22 de maio. Destes comicios sairán os nosos representantes na novena Corporación dende a reinstauración dos concellos democráticos. Será o momento de decidir a continuidade ou o relevo do Goberno local e dos grupos da oposición. Nas eleccións de 2007, o Partido Popular acadou 5 concelleiros, por 3 do PSdeG-PSOE e 1 do BNG, que permitiron a Mª Concepción Méndez gobernar con maioría absoluta. Corporación Municipal 2007-2011
Páxina 2
Páxina 3
O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN, EN SANDIÁS Concello e Xunta apoian iniciativas do cole xio público O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou o pasado 26 de novembro o CEIP de Sandiás, onde se interesou polo funcionamento das distintas iniciativas de fomento da calidade do ensino, tales como o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras ou o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Vázquez Abad, que estivo acompañado pola alcaldesa de Sandiás, Mª Concepción Méndez Gándara, pola xefa territorial de Educación na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, polo director, José Domínguez, e outros membros da comunidade educativa, aproveitou ademais para se interesar polo estado das instalacións do centro, así como polas necesidades da nosa comunidade escolar. Esta Consellería da Xunta realizou un importante esforzo para que os escolares teñan unha biblioteca máis completa e con volumes actualizados, ademais de obras de reforma e mellora do edificio. O titular de Educación e Ordenación Universitaria realizou un percorrido polas distintas aulas, onde mantivo unha conversa distendida cos 44 alumnos e alumnas, e cos profesores. Con esta visita Xesús Vázquez Abad continúa a achegarse á realidade dos centros educativos galegos, coñecendo de primeira man as súas necesidades e intereses, "co fin de que -asegurou- toda a comunidade escolar traballe conxuntamente por un sistema educativo de calidade".
O conselleiro e a delegada territorial de Educación foron recibidos no colexio público polo director e a alcaldesa de Sandiás. Na imaxe inferior, Xesús Vázquez con alumnos de Primaria.
Páxina 4 Módulo de Albanelería, en Piñeira
Os primeiros traballos do Obradoiro de Emprego consistiron na limpeza de áreas recreativas e no acondicionamento da escola de Piñeira de Arcos. O proxecto formativo tamén inclúe coñecementos de informática, lexislación laboral e prevención de riscos no exercicio das súas profesións.
Módulo de Restauración de Áreas Degradadas
Traballos na área recreativa de Vilariño
Obradoiro de Emprego “Uceira” Concello de Sandiás e Xunta de Galicia colaboran na formación laboral e na recuperación do patrimonio e do medio ambiente O Concello de Sandiás e a Consellería de Traballo e Benestar da xunta de Galicia puxeron en marcha o Obradoiro de Emprego "Uceira", destinado a facilitar formación laboral a 18 persoas do noso municipio inscritas no Servizo Galego de Colocación. Durante seis meses, entre decembro de 2010 e xuño de 2011, están inmersas nun proxecto formativo nas especialidades de albanelería e restauración de áreas degradadas, con nove alumnos/as en cada ún, xunto ao director, un administrativo, dous monitores e unha profesora da Educación Compensatoria (prepara aos alumnos que o desexen para obter o título de Graduado en ESO). As principais obras ou servizos a realizar polo Obradoiro de Emprego "Uceira" son a pavimentación da Vía da Prata; a creación dun camiño peonil no entorno do albergue de peregrinos; a rehabilitación das escolas de Couso de Limia e Piñeira de Arcos, así como o acondicionamento das áreas recreativas de A Lagoa, Piñeira e Couso, entre outras. O módulo de albanelería está integrado por sete homes e dúas mulleres, e o de restauración de áreas degradadas, por oito mulleres e un home. A idade media dos alumnos é de 43 anos e medio. O orzamento de gastos do Obradoiro (salarios e materiais de obra) ascende a 230.580 euros, aportados polo Concello de Sandiás e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta.
Máis oportunidades de futuro O Concello de Sandiás e a Xunta de Galicia agardan que preto dun 70 por cento dos participantes no Obradoiro cheguen á meta final deste programa, que é a inserción real no mercado laboral. Esta previsión faise tendo en conta os resultados de ocupación laboral que recolle o Servizo Público de Emprego Estatal para estas accións concretas, dos que se desprende que un 83 por cento logra a inserción no caso das escolas obradoiros e preto do 70 por cento nos obradoiros de emprego. Nos anteriores celebrados en Sandiás, o nivel de ocupación posterior aproximouse a esa cifra.
Páxina 5
Obradoiro de Emprego ■ Contidos formativos
Todos os alumnos traballadores participantes neste Obradoiro de Emprego de Sandiás reciben, ademais da formación profesional para o emprego adecuada as esixencias dos certificados de profesionalidade durante toda a duración do proxecto, orientación e asesoramento profesional, empresarial e laboral, as competencias clave cara á obtención, se é o caso, dos correspondentes certificados de profesionalidade, educación compensatoria: para os que non alcanzaran os obxectivos da ESO e módulos de seguridade e saúde no traballo, alfabetización informática, sensibilización medio ambiental e en igualdade de xénero.
■ Fomento da igualdade de oportunidades
O Obradoiro de Emprego “Uceira” organizouse para favorecer a participación de homes e mulleres en igualdade de condicións, nas distintas áreas municipais, promovendo a formación e a inserción laboral das mulleres, así como a conciliación da vida familiar (poder compaxinar o traballo coa familia, contando co apoio nas tarefas domésticas doutros membros da unidade familiar). Esta foi unha iniciativa máis do Concello de Sandiás para favorecer políticas de plena igualdade nos distintos eidos da vida social e laboral.
Diversos traballos do módulo de Restauración de áreas degradadas en diferentes zonas do municipio, tanto no adecemento de espazos recreativos, como na limpeza de beiravías. As podas tamén entran no seu cometido. Tanto as escolas obradoiro coma os obradoiros de emprego destínanse aos colectivos de desempregados e desempregadas que teñen especiais dificultades de inserción no mercado laboral. Na selección dos alumnos participantes estase a valorar, de xeito preferente, as persoas desempregadas que teñan esgotadas as prestacións por desemprego, dada a complicada situación do mercado laboral. Para poder participar neste proxecto, as persoas interesadas debían ter 25 ou máis anos, e cumprir tamén os requisitos establecidos para poder formalizar un contrato para a formación.
Compromiso do Concello de Sandiás co emprego e a formación laboral Dende hai xa moitos anos, o Concello de Sandiás se propuxo, entre as súas prioridades, desenvolver políticas integrais de emprego, de acordo coas directrices emanadas da Unión Europea e da Xunta de Galicia, e a través dos acordos pactados no seu día con empresarios e sindicatos a nivel autonómico. Unha política integral que permite a Sandiás situarse entre os concellos con máis iniciativas de dinamización laboral, sexa a través de contratacións específicas para mellora-los servizos e as infraestructuras locais, ou ben facilitando a formación teórica e práctica ás persoas maiores de 25 anos en varias especialidades, á vez que contribúen á recuperación do noso patrimonio, zonas verdes, etc. A partir destes principios, xurdíu unha nova experiencia: o "Obradoiro de Emprego Uceira", no que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, e o propio Concello de Sandiás. Cabe agardar para o futuro que se fagan realidade máis iniciativas de emprego nas que xa traballa a Corporación Municipal de Sandiás e que, sen dúbida, contribuirán ó progreso do noso concello.
Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa
Páxina 6
Propostas a prol de novas infraestruturas, máis servizos públicos e creación de emprego Os velorios de Couso e Piñeira de Arcos contaron co apoio da Deputación Provincial de Ourense A través dos Planos Provinciais de Obras, nos que colaboran a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Sandiás, no último ano acondicionouse unha parte das antigas escolas de Piñeira de Arcos para velorio, cun investimento de 42.370 euros. Os Planos de 2010 inclúen a construción do velorio de Couso, tamén en instalacións das antigas escolas, cunha partida orzamentaria de 43.100 euros. En ambos casos, as salas mortuorias dispoñen duns 70 metros cadrados e sistemas de refrixeración, conformes coa lexislación para este tipo de instalacións. O Concello de Sandiás traballa agora para acondicionar o espazo sobrante destas escolas de Piñeira e Couso para destinalos a centros sociais, culturais e veciñais.
Medio Rural contribuíu a pavimentar pistas de uso agrícola en varios pobos do noso concello A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia investíu en Sandiás 51.574 euros, dentro do Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM 2009/2010). Esta cantidade permitíu mellorar a capa de rodadura no camiño entre Vilariño e Sandiás. Medio Rural tamén acometeu traballos de asfaltado en Couso, Vilariño das Poldras, Sandiás, Piñeira de Arcos e Zadagós, cun investimento de 22.108 euros.
Piñeira de Arcos
Velorios, nas antigas escolas de Piñeira de Arcos e Couso
Couso, en construción
A colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, foi clave para avanzar no acondicionamento da rede viaria local. Varias obras corresponden ao Programa PEIM Rural 2010, asinado e presentado polo seu titular Samuel Juárez (no centro da imaxe).
“O papel dos veciños é dicir que necesitan e o
Páxina 7
Mellora da seguridade vial na estrada Sandiás-Couso e nos accesos ao velorio de Piñeira de Arcos
Co apoio económico da Xunta de Galicia, Unión Europea e Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, o Concello de Sandiás acomete diferentes obras de mellora das áreas recreativas en varios pobos, incluindo a instalación de xogos infantís e aparellos de ximnasia.
Vial de Sandiás a Couso
Construción de beirarrúas en Sandiás-Couso e Piñeira
Piñeira de Arcos
O Concello de Sandiás promoveu, en 2010, varias obras e servizos con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (FEIL) por un importe próximo aos 150 mil euros. Pola cuantía económica, o proxecto máis importante foi o de "canalizacións e pavimentacións na estrada de Sandiás a Couso de Limia", no que se investiron 96.476 euros. Outra actuación servíu para realización melloras no pavimento e construción de beirarrúas no acceso ao velorio de Piñeira de Arcos, por importe de 46.619 euros. Nesta zona tamén se instalou unha nova iluminación pública, cambiando os antigos postes de formigón por outros ornamentais. A cantidade sobrante, uns 9.500 euros, servíu para a implantación da chamada "Administración electrónica", coa subministración do catálogo básico de procedementos administrativos municipais e o software para a xestión electrónica deste catálogo.
Reforma do abastecemento en Arcos e das redes hidráulicas en varios pobos da zona da Lagoa de Antela A Deputación tamén colaborou co Concello de Sandiás para instalar un novo bombeo de abastecemento a Arcos, co que se agarda subsanar as deficiencias que presentaba por veces este servizo básico. Por outra banda, a institución municipal entregou na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta o proxecto de mellora do saneamento nos pobos da Lagoa de Antela: As Pegas, Cardeita, Santa Ana, Zadagós, A Ladeira, Lavandeira e Corga.
os problemas que teñen; o do Concello será sempre aportar as solucións” Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa
Páxina 8
Obras, equipamentos e servizos en Sandiás O Concello ampliou as dependencias, mellorou a atención aos cidadáns e impulsou reformas na práctica totalidade dos pobos Nestes últimos anos, o Concello de Sandiás incrementou o patrimonio municipal coa adquisición de edificios e parcelas ofrecer novos servizos públicos. Tamén se acometeron importantes obras de mellora das infraestruturas básicas, a nivel de estradas e pistas agrícolas, beirarrúas, alumeados públicos, abastece-
mentos e redes hidráulicas, áreas recreativas e zonas deportivas, etc. Tamén promoveu a recuperación patrimonial, a través dos distintos Obradoiros de Emprego, que serviron para cualificar profesionalmente a veciños e veciñas en oficios tradicionais da nosa terra. O investimento supera os 2 millóns de euros.
Casa da Cultura
Casa da Lagoa
Equipamentos ■ Adquisición da Casa da Lagoa, do Centro Social e da Casa da Cultura (posteriormente rehabilitados), cos terreos lindantes, agora de propiedade municipal. ■ Nova área recreativa en Sandiás (ubicada fronte ao Cen- Centro Social tro Social). protección dos radiadores). ■ Edificio a carón da Casa da Cultura, adquirido para ampliación deste recinto e ■ Equipamentos nas áreas de xogos. ■ Rehabilitación e equipamento do acoller servizos municipais. Centro Social. ■ Finca situada a carón da estación de ■ Equipamento da Casa da Lagoa. bombeo. ■ Reparación da Escola de Piñeira de Arcos. Obras xerais ■ Construción do Velorio de Piñeira. ■ Ampliación e acondicionamento da Casa do Concello, e modernización dos ■ Acondicionamento da capela de Santa Mariña de Piñeira. servizos informáticos. ■ Mellora das redes hidráulicas en ■ Pavimentación de rúas en Sandiás. Corga. ■ Instalación dunha zona de xogos no ■ Rede de abastecemento en Novaíño. colexio público. ■ Instalación eléctrica nos depósitos ■ Redes de abastecemento, saneade Arcos-Fontela. mento, pluviais e beirarrúas en Sandiás. ■ Instalación eléctrica para a depura■ Nova pavimentación e bancadas na dora de Couso. pista polideportiva municipal. ■ Beirarrúas na estrada de Couso-San■ Equipamento da Casa da Cultura. diás (FEIL 2010). ■ Instalación de ár acondicionado no ■ Local de usos múltiples de Zadagós. Velorio de Sandiás. ■ Limpeza de núcleos rurais. ■ Melloras no Punto de Atención á Infancia (caldeira da calefacción e depó- ■ Zonas recreativas, a cargo do Obrasito; detectores de fume; xardinería e doiro de Emprego.
■ Saneamento, pavimentación e beirarrúas en Sandiás, A Corga e Vilariño das Poldras. ■ Mellora dos servizos básicos en tódolos pobos do concello. ■ Restauración de fontes e lavadoiros en varios pobos. ■ Acondicionamento dos accesos e do entorno da Torre do
Castro. ■ Rehabilitación da escola de Couso,
para velorio e centro social e veciñal. ■ Instalación de parques biosaudables. ■ Recuperación das airas de Sandiás,
Vilariño e Couso de Limia. ■ Reforma do camiño entre Cerredelo e
San Bieito da Uceira. ■ Mellora de pistas da concentración
parcelaria. ■ Sinalización turística e da Casa da
Lagoa. ■ Cubrición da pista polideportiva do colexio público (aprobado xa un orzamento de 150.000 euros). ■ Instalación da banda larga para o acceso a Internet. ■ Son obras promovidas polo Concello de Sandiás e financiadas co apoio das outras Administracións públicas (Xunta de Galicia, Goberno central, Deputación Provincial de Ourense, Plan Leader e Fondos FEDER da Unión Europea).
Mª Concepción Méndez Gándara, alcaldesa:
▲ ▲ ▲
Páxina 9
“O noso concello dispón hoxe de servizos e infraestruturas de primeiro nivel, pero aínda quedan retos por conquistar” P.- Como balance de 2010, que considera máis importante para Sandiás? Mª Concepción.- Penso que para o noso concello foi un ano fructífero. A creación de emprego é unha preocupación permanente do Goberno municipal e o novo Obradoiro respondeu a ese esforzo, que vai continuar tamén no futuro. Por outra banda, destacaría as obras de seguridade vial na travesía de Couso a Sandiás e no acceso ao velorio de Piñeira, en espazos públicos, a mellora de pistas e camiños, as obras hidráulicas, sobre todo as de abastecemento, a construción de novos velorios e outras infraestruturas básicas xestionadas neste período e que pronto se farán realidade. Dentro da mellora dos servizos municipais, contamos cun técnico para solucionar calquera dúbida e resolver trámites sobre o Catastro, e mantemos a subvención para os transporte público, de gran utilidade para os veciños e veciñas que queren trasladarse ata Sandiás ou Xinzo para resolver cuestións administrativas, sanitarias ou de ontra índole. P.- Está todo feito ou opina que quedan cousas aínda pendentes? Mª Concepción.- Na situación actual, a creación de emprego ten que seguir sendo outro obxectivo prioritario. Pero tamén é preciso xestionar proxectos que favorezan as expectativas laborais. Compre traballar para
mellorar tódolos pobos do noso concello, aínda que hai que recoñecer que as necesidades básicas están ben cubertas. Aínda así, todo é factible de mellora, tanto a nivel de servizos municipais, como de infraestruturas básicas. De xeito inmediato vaise acometer a cubrición do pavillón polideportivo, en terreos do colexio público, co financiamento da Deputación Provincial, do Plan Leader e do propio Concello. Pero haberá que continuar, ademais, coas tarefas de mantemento do abastecemento e saneamento, das estradas, pistas e camiños, dos centros veciñais, etc. P.- Sendo unha das alcaldesas con máis experiencia no cargo, síntese con ánimo e forzas para continuar? Mª Concepción.- A palabra experiencia penso que é moi importante, o mesmo que a ilusión e o proxecto que comparto cos meus compañeiros e compañeiras na Corporación municipal. Á vista está que o concello de Sandiás avanzou moito neste tempo, pero sempre quedan cousas por facer. Como acabo de expricar, hai varias iniciativas moi avanzadas e compre levalas a bo fin. Ese debe ser o principal compromiso da próxima Corporación Municipal de Sandiás, sexa quen sexa o seu máximo responsable, sen esquecer as pequenas obras que, moitas veces, son as que máis valoran os nosos veciños e veciñas.
En xeral, os nosos pobos teñen un aceptable nivel de infraestruturas e servizos, pero sempre se pode mellorar. De cara ao futuro, hai que incidir aínda máis na dotación e mellora de tódolos servizos e naqueles aspectos que axuden a consolidar a senda do progreso no noso municipio". "Unha das principais preocupacións da Corporación é que tódolos veciños e veciñas de Sandiás teñan ben satisfeitas as súas necesidades básicas e poidan disfrutar dunha boa calidade de vida".
“Unha aposta en positivo” María Concepción Méndez Gándara semella ter claras cales son as liñas mestras para asentar poboación no noso municipio, dinamizar a economía local e mellorar a calidade de vida de tódolos cidadáns: "Por unha parte -siniala- é preciso crear máis oportunidades laborais para frear o despoboamento do rural, en xeral, e de Sandiás, en particular. Esta debe ser unha tarefa moi importante, na que nos debemos involucrar todos, xente con iniciativas e Administracións públicas". Tamén aposta pola "dotación de máis servizos específicos para os nosos maiores", pola humanización dos pobos, e a ampliación do Punto de Atención á Infancia, “para cubrir toda a demanda que temos na actualidade”. ■
Páxina 10
Economía e boa xestión dos recursos A menor aportación da Xunta e do Estado obrigou a realizar axustes no orzamento municipal de 2010, para non perxudicar a calidade dos servizos básicos que presta o Concello de Sandiás, tanto no referido aos servizos sociais, mantemento de instalacións municipais e conservación e mellora das infraestruturas públicas. Este orzamento foi de 735.526,18 euros. Gastos de personal, bens correntes e servizos, transferencias correntes e investimentos reais foron os capítulos máis importantes.
Instalación de parques biosaudables Sandiás, Couso e Piñeira de Arcos son os primeiros núcleos do concello que dispoñen de parques biosaudables, con varios aparellos de ximnasia adaptados, sobre todo, para persoas adultas. É unha forma de animar aos nosos veciños e veciñas a que se manteñan en forma e teñan unha boa calidade de vida. Tamén está previsto instalar aparellos en máis pobos do muni-
Sandiás
Piñeira
A Televisión Dixital Terrestre implantouse sen incidencias e con boa calidade Como estaba previsto, ao longo de 2010 producíuse o chamado "apagón analóxico", co que a recepción do sinal de televisión só se realiza dende entón a través do sistema TDT. A pesar do esforzo realizado pola Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, coa colaboración do propio Concello de Sandiás, había dúbidas de cal sería o resultado. Por sorte, apenas houbo incidencias, como aconteceu
noutras zonas da provincia de Ourense. As emisoras instaladas no Alto do Couso foron suficientes para ofrecer unha boa cobertura para toda a comarca de A Limia. En xeral, a valoración que fan os veciños e veciñas do novo sistema de televisión é boa, xa que a calidade da imaxe é moito mellor e, ademais, hai unha maior oferta de canles televisivas. ■
Os parques biosaudables contan con equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas ou lesións. Están especialmente recomendados para persoas maiores de 60 anos, porque permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo.
Chegou a Banda Larga de conexión a Internet O Goberno municipal de Sandiás traballou para que a Banda Larga de acceso a Internet chegase a tódolos pobos en igualdade de condicións. Agora, o Plan ARRAIANO para A Limia e Monterrei, promovido pola Deputación e cofinanciado pola Unión Europea, permite xa navegar pola "REDE" a unha velocidade de 2 megabites por segundo.
Páxina 11
Cesión da Torre de Sandiás á Xunta de Galicia O Boletín Oficial do Estado publicou a orde da Dirección Xeral do Patrimonio, do Ministerio de Economía e Facenda, pola que se cede á Xunta de Galicia o dominio da Torre de Sandiás, “con destino á restauración, conservación e visitas culturais”. A cesión é gratuita e inclúe, tamén, o Castelo de Monterrei e as torres da Pena e Porqueira. Culmínase deste xeito a tramitación iniciada en 2003, cando, daquela, o Goberno autonómico presidido por Manuel Fraga lle solicitara ao Estado a cesión destes bens de interese cultural e histórico.
Inversión de 27 millóns no plan de regadío
O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, atracción para escolares e amantes da natureza
O Centro de Interpretación da Casa da Lagoa recibíu en 2010 a visita de varios centos de persoas, procedentes de centros escolares de toda Galicia, cursos universitarios, asociacións culturais, sociais e de veciños. A Casa da Lagoa é tamén un referente para a divulgación e promoción de Sandiás e da comarca de A Limia. O Concello pretende, asemade, concienciar aos visitantes no coidado do noso medio ambiente, que disfruten coa paisaxe e o contacto coa natureza, así como coñecer e interpretalo noso patrimonio natural, histórico-artístico e etnográfico.
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, a Xunta de Galicia e as comunidades de regantes financian os 27 millóns de euros destinados a mellorar o plan de regadío da comarca de A Limia. Esta actuación abrangue 4.000 hectáreas de varios concellos, entreles o de Sandiás. Esta é unha actuación máis para solucionar os problemas que atopaban os agricultores durante os meses de primavera e verán para regar as súas terras.
A páxina web do Concello facilita a relación cos cidadáns A páxina web do Concello de Sandias (www.sandias.es) amplía e mellora a relación cos cidadáns, con novos contidos. Eiquí podemos atopar ampla información sobre os datos históricos, culturais e socioeconómicos do noso municipio e, incluso, concertar visitas para coñecer a Casa da Lagoa, novas de interese e servizos municipais: actividades, Punto de Atención á Infancia, Servizos Sociais, Velorios, Oficina de Información Xuvenil, Biblioteca, etc. En breve, incluirá o Plan Xeral de Ordenación Municipal en formato dixital.
Páxina 12 Sandiás foi o primeiro concello da provincia de Ourense, e un dos 279 concellos de toda España, que se beneficiaron do novo servizo de notificación electronica do catastro. Con este servizo, os titulares de inmobles localizados no concello de Sandiás poden obter a través de Internet a notificación electrónica dos novos valores catastrais que son efectivos dende o 1 de xaneiro de 2010. A iniciativa impulsada desde a Dirección Xeral do Catastro, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, ten como obxectivo principal facilitar un mellor servizo ós cidadáns, axilizando os trámites, reducindo o consumo de papel e evitando o despramento dos
O noso Concello, pioneiro en implantar a notificación electrónica do catastro solicitantes. A medida suporá un primeiro paso para a reducción de custes tanto para o Catastro como para as entidades locais. Cal é o procedimento?
O procedimento pódese resumir nuns poucos pasos. Primeiramente, o usuario ten que acceder á Sede Electrónica do Catastro, a través da dirección de Internet: https://www.sedecatastro.gob.es. Unha vez aberta a páxina, deberá selec-
cionarse o ligazón "Notificacións de procedimientos de valoración colectiva 2011". O usuario terá que introducila súa sinatura electrónica para continualo proceso. Posteriomente, o usuario poderá descargar o novo valor valor catastral asignado ó inmoble, tendo esta notificación o mesmo valor xurídico que a notificación tradicional por carta certificada. Ao longo do pasado ano, o Concello de Sandiás realizou outras melloras na atención aos cidadáns e na comunicación con outros organismos, como a introdución da administración electrónica, grazas á aportación do Fondo Estatal de Inversión Local para a Sostenibilidade e o Emprego.
Divulgación de boas prácticas sanitarias no cultivo da pataca A Consellería de Medio Rural e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida "Pataca de Galicia" asinaron un convenio de colaboración nas prospeccións nematolóxicas na pataca, outras pragas de corentena e nos programas de control de resíduos, por un importe de 26.042 euros. Ambas partes tamén colaborarán na elaboración de avisos fitopatolóxicos e divulgación de boas prácticas sanitarias na produción de pataca. Esta cooperación consistirá nun parte fitopatolóxico semanal das principais incidencias e o estado fenolóxico dos cultivos durante o período vexetativo da pataca nas diferentes subzonas da Indicación. (Na imaxe, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, durante unha visita á nosa comarca, na compaña dos presidentes da Deputación, José Luis Baltar, do Consello Regulador, Julio Gómez, e do Inorde, José Manuel Rodríguez).
O hipódromo de Antela medra en público e na calidade das probas A tempada 2010 de carreiras no hipódromo de Antela, en Sandiás, contou con cinco probas, coa participación dos mellores cabalos e xinetes a nivel estatal, e unha ampla difusión. A segunda, o primeiro de maio, formou parte da Lototurf e foi retransmitida por televisión para toda España. O pasado ano foi importante, porque se superou o número de espectadores, cunha media de 1.500 en cada unha das probas disputadas, pero tamén pola construción dunha nova pista de adestramentos. O centro ecuestre de Antela, xestionado pola Deputación, cobra tamén cada vez máis prestixio na cría de cabalos, xa que varios exemplares gañaron importantes premios en carreiras disputadas nos hispódromos de La Zarzuela, de Madrid, e San Sebastián. O recinto de Sandiás tamén foi noticia a nivel estatal por unha proba hípica patrocinada por Al Shahania Stud, o equipo do príncipe qatarí Sheikh Mohammed Bin Khalifa.
O programa de carreiras para 2011 inclúe competicións os días 19 de marzo, 17 de maio e 12 de outubro.
Páxina 13
Nadal e Aninovo, en Sandiás
O colexio público organizou un vistoso festival e o Concello levou aos máis novos a Pazolandia O Concello de Sandiás e o CEIP tiveron especial protagonismo durante as pasadas festas de Nadal. A institución municipal colaborou, un ano máis, na organización do concurso de postais, no que participaron a maioría dos alumnos e alumnas do colexio público. As tarxetas gañadoras foron confeccionadas por Lucía Parada Gómez, de 1º de Primaria, e Paula Sanabria Domínguez, de 6ª, e a súa reproducción servíu de felicitación das festas a tódolos veciños e veciñas de Sandiás por parte da alcaldesa, Mª Concepción Méndez Gán-
dara. Ela foi tamén a encargada de entregarlles os agasallos do premio ás dúas gañadoras durante o festival de Nadal, no que houbo representacións teatrais e cantigas por parte dos alumnos. Poucos días despois, o 28 de decembro, moitos dos rapaces viaxaron ata Ourense, convidados polo Concello e a Deputación, para participar en Pazolandia. Eiquí disfrutaron dun auténtico parque de atraccións, coa novidade dunha pista de esquí e de moitos xogos tradicionais.
Festival de Nadal (público)
Teatro de Nadal
Premio do Concurso de Postais para Paula Sanabria Felicitación de Paula Sanabria Pazolandia
Felicitación de Lucía Parada
Pazolandia
Páxina 14
A festa do outono por excelencia en Sandiás: o magosto
Unha carpa instalada polo Concello de Sandiás na pista deportiva do colexio público acolleu a numerosos veciños que acudiron á cita do magosto municipal. Empanada, chourizos, castañas, viño, bica e licor café (para algúns, auga e refrescos) serviron para quentar o corpo e o espírito, nunha xornada especial. Tamén houbo unha charanga para animar o ambiente ata primeiras horas da madrugada e, sobre todo, gañas de pasalo ben na compaña da boa xente de Sandiás. Dende hai xa moitos anos, o primeiro sábado de novembro, o Concello de Sandiás convida a tódolos veciños e veciñas a participar na que é a festa do outono por excelencia. Supón tamén un encontro interxeracional.
Chega o frío e hai que pór roupa de abrigo, pero por iso non diminúe o ánimo festivo do noso pobo cando chega o outono. É tempo dos magostos, e nas casas repítese o ritual de asalas castañas, como sempre se fixo na nosa terra, antes para mitigala fame e, agora, para conservar unha das tradicións máis fermosas que nos legaron os nosos devanceiros. Nos somos, agora, os encargados de transmitila ás novas xeracións.
A segunda edición da Festa dos Maiores de Sandiás reuníu a cerca de 300 persoas, entre xubilados e acompañantes. Os actos principiaron cunha misa na igrexa parroquial en lembranza polos veciños e veciñas difuntos. Entre os asistentes estivo o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, quen aceptou con gusto a invitación que lle fixo a alcaldesa, Mª Concepción Méndez. Despois, o xantar de confraternidade.
Esta xuntanza é, para tódolos asistentes, unha data moi especial. E da gusto comprobar o esforzo que fan moitos, a pesar da idade e dos achaques propios, para non perderse esta celebración. Todos quedaron emprazados para a vindeira edición, a do verán de 2011, contentos por poder disfrutar da compaña de veciños, amigos e os representantes do Concello (ademais da alcaldesa, estiveron tamén varias concelleiras) nesta singular e fermosa festa dos nosos maiores.
A Xuntanza dos Xubilados quedou instituida como unha celebración anual por parte do Concello de Sandiás. Os únicos requisitos para participar son os de estar censados eiquí, estar xubilados ou prexubilados e anotarse previamente nas oficinas municipais. A excusa da comida serve para o realmente importante da Festa dos Maiores: establecer novos lazos de unión entre os veciños e veciñas das distintas parroquias de Sandiás. Ao longo de todo o ano, o Concello, a través dos Servizos Sociais, desenvolve outros programas e actuacións encamiñadas a mellorar o benestar e a calidade de vida dos nosos veciños de máis idade.
Páxina 15
Preto de 200 atletas de tódalas idades participaron o domingo en Sandiás na Primeira Carreira Popular Torre do Castro, organizada polo Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva "Limiactiva". Esta carreira estaba incluída no circuíto de carreiras "Correr en Galicia" (é dicir, é unha das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo).
O participante máis novo tiña un ano e medio, e o máis veterano, 73. Houbo unha ampla representación local, entre os case 200 atletas.
A carreira contou con varias probas, por categorías. Participaron 21 rapaces/as na carreira escolar (200 m), 33 nenos/as na carreira de 3.500 m, e un total de 116 persoas na carreira absoluta (7.900 m). O gañador da proba absoluta foi Rubén Diz (XinzoOurense Atletismo) cun tempo de 28 minutos e 38 segundos. O 2º e o 3º clasificados foron Eloy Campos Dacosta (Ourense-At. Venturiña O Grove) e Jose Manuel Ramos (Ourense-ADAS PROINORO) Os comentarios máis repetidos polos atletas da proba absoluta foron as enormes e empinadas subidas á capela do san Bieito da Uceira.
Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97