Amor no laxeiro 2017

Page 1

Amor, amor, amor. Un percorrido amoroso poético-musical

River flows in you Twilight . Piano : ANA SANTALLA

CRISTINA COSTELA SEARA : A poesía é a forma máis máxica que o ser humano posúe para exteriorizar os seus sentimentos, as súas frustracións, os seus proxectos... aquilo que, ao fin e ao cabo, o diferencia do animal, a expresión máis sublime e máis nobre da que somos capaces mediante palabra. A poesía é quizais a arte máis próxima, máis comprensíbel, aquela que nos reafirma nos nosos propios medos e fracasos, nin tan distantes nin tan dispares a outros semellantes. Cada palabra nosa é susceptíbel de ser convertida en poesía. Cada mirada rompida, cada bágoa esvarada, cada amor esquecido, cada ledicia trasnoitada... é a nosa poesía. Ás veces, tamén, a vida é poesía; conseguimos esquecer o seu lado máis escuro e afrontámola con ledicia inusitada, afrontámola con versos que falan de amor, mesmo de esperanza; outras moitas, as máis, a negrume apodérase de nós, a tristura desprega o seu manto ilexítimo e as faces recollen versos de desesperanza. 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.