En galego, consumo gusto

Page 1

WWW.GALEGUIZARGALICIA.COM

A

E, EN GALEGO I G UA L C A L I D A D

orixe Denominacións de con autenticidade

EN GALEGO, CONSUMO GUSTO

Aproveitemos este mes de Nadal para poñer en práctica ese principio solidario e patriótico coas empresas que etiquetan as súas variadas ofertas en lingua galega eterminar e subliñar a imaxe dunha empresa é un factor de enorme relevancia.

D

A peor estratexia empresarial é aquela que parte do principio apriorístico, viciado polo prexuízo lingüístico, de negarlle á lingua galega un valor positivo no uso da etiquetaxe dos produtos. Galicia debe apostar por reforzar as denominacións de orixe co sinal de

identidade máis sobranceiro de noso: a lingua galega. Isto mesmo fan moitos fabricantes dos países integrados na Unión Europea etiquetando os viños, champáns, whiskys, perfumes e cosméticos nas linguas de orixe.


Abonda con reparar nos escaparates dos máis variados establecementos esparexidos pola xeografía galega para comprobarmos o que estamos a dicir. A cotío podemos observar nos medios de comunicación, publicidade de produtos en linguas distintas a nosa: os anuncios publicitarios dos perfumes fanse durante todo o ano en inglés ou francés, sen que ninguén se escandalice por iso, todo o contrario.

Foro E. Peinador

Arromedando eses exemplos, animamos ao empresariado galego a que abandone os prexuízos lingüísticos e identifique os envases dos seus produtos coa lingua galega, como xa o fan moitísimas empresas do sector vinícola ou agroalimentario. A lingua galega precisa do apoio dos consumidores galegos; nomeadamente, dos consumidores conscientes da defensa do noso patrimonio cultural e lingüístico.

Consideramos que a reivindicación dun estatus mellor para a nosa lingua esixe accións de diversos tipos, pero unha, que se pode expresar de forma sosegada e ademais eficaz, consiste na aplicación do principio da discriminación positiva: a igual calidade, preferencia polos produtos etiquetados en galego.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.