Avda. Fernández Ladreda 43 - 8º 36003 PONTEVEDRA Tfno.: 986 805955 Fax: 986 805937 dp.pontevedra@edu.xunta.es Xefatura Territorial da Consellería de Educación e O. Universitaria Servizo de Recursos Educativos Complementarios Bolsas de estudo
CIRCULAR SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2012-13. Comunicámoslles que no BOE do 9 DE AGOSTO foron publicadas as axudas arriba indicadas mediante Resolución do 2 de agosto do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Pódese obter toda a información na páxina : www.educacion.es Para acceder a estas axudas os alumnos deberán aportar o certificado de minusvalía, pero no caso de non tela recoñecida o departamento de orientación do centro educativo deberá aportar un certificado que indique que o alumno presenta necesidade de apoio educativo (artigo 2 da convocatoria). Tamén poderán presentar estas solicitudes os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades. Ademais de cumprir estas condicións os solicitantes deberán ter praza no centro educativo para o curso 2012-13 nos estudos de: educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais, programas destinados á obtención dunha cualificación profesional inicial e programas de formación para a transición á vida adulta O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 25 de setembro É moi importante que dean a maior publicidade posible a esta circular e que revisen que os datos das solicitudes veñan correctamente cubertos e ademais comproben que se aportan os documentos obrigatorios. Os centros serán os encargados de encher na solicitude os seguintes datos: 1 - Na páxina
1:
a) Cubrir o apartado D
b) Cubrir o apartado F para o que deberán ter en conta que: - A axuda de material non se pode conceder para educación infantil, primaria e ESO. - As axudas de comedor e transporte solicítanse exclusivamente para os alumnos que utilicen estes servizos no centro escolar sempre que non sexan gratuítos. 2 - Na páxina
5 certificar que o alumno ten praza no centro para o curso
2012-
2013. 3 - Na páxina 6: a) O departamento de orientación do centro será o encargado de cubrir os datos do
apartado B
sempre que se solicite a axuda de reeducación a cargo dun gabinete externo e será imprescindible que especifique a DURACIÓN DA NECESIDADE DO SERVIZO. b) Comprobar que os datos do apartado C están debidamente cubertos c ) Efectuar a xestión co inspector de zona para que encha os datos do apartado D da solicitude. É IMPRESCINDIBLE QUE ESTE APARTADO VEÑA CUBERTO PARA EVITAR O RETRASO NO TRÁMITE XA QUE DE NON SER ASÍ TEREMOS QUE DEVOLVER A SOLICITUDE AO CENTRO PARA QUE FAGAN A XESTIÓN E A REMITAN DE NOVO A ESTA SECCIÓN.