AMPLIACIÓN ZONA HISTÓRICA DE VIGO
AMPLIACIÓN BOUZ
ACCESO AO MONTE DA GUÍA
ZAS
PARQUE NACIONAL MARÍTIMO - TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA - ILLAS CÍES
PUNTOS DE INTERESE
SINAIS CONVENCIONAIS
AEROPORTO AEROPORTO
ESTACIONAMENTO PARQUE DE ESTACIONAMENTOS
IGREXA IGREJAS
CENTRO DE SAÚDE SERVIÇOS DE SAÚDE
GASOLINEIRA BOMBAS DE GASOLINA
INFORMACIÓN TURÍSTICA INFORMAÇAO TURÍSTICA
PRAIA PRAIAS
CENTRO COMERCIAL CENTROS COMERCIAIS
CÁMPING PARQUES DE CAMPISMO
BUS TURÍSTICO AUTOCARRO TURÍSTICO MUSEO MUSEUS
Cinemas Cinemas
Parques Parques
PASEOS PASSEIOS
Concello (Ampliación Centro Histórico) Fortaleza de San Sebastián (Ampliación Centro Histórico) Miradoiro Paseo de Alfonso XII (Ampliación Centro Histórico) Igrexa de San Francisco (Ampliación Centro Histórico) Soportais do Berbés (Ampliación Centro Histórico) Escultura do Sereo de Francisco Leiro (Ampliación Centro Histórico) Praza da Princesa. Colección Francisco Fernández del Riego (Ampliación Centro Histórico) Praza da Constitución. Sala dos Peiraos (Ampliación Centro Histórico) Casa Galega da Cultura (Ampliación Centro Histórico) Rúa dos Cesteiros (Ampliación Centro Histórico) Biblioteca Central (Ampliación Centro Histórico) Instituto Camôes. Casa Pazos Figueroa e Torre de Ceta (Ampliación Centro Histórico) Igrexa Concatedral de Santa María. (Ampliación Centro Histórico) Mercado da Pedra (Ampliación Centro Histórico) Ostreiras (Ampliación Centro Histórico) Monumento aos Galeóns de Rande Fortaleza, parque e miradoiro do Castro O Castro de Vigo (asentamento galaico prerromano) Centro Cultural Novacaixagalicia Casa das Artes Sala de Exposicións BBVA Centro Social Novacaixagalicia Fundación Novacaixagalicia Fundación Pedro Barrié de la Maza MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) Xardíns da Praza de Compostela (Alameda) Oficina Municipal de Información Turística Club Náutico Xardíns das Avenidas Escola de Artes e Oficios Centro Fraga Novacaixagalicia Igrexa de Santiago o Maior Salinae (Centro Arqueolóxico do Areal) Estación de Ferrocarril Os cabalos, de Juan Oliveira Parque A Madroa - Zoo Aeroporto de Peinador IFEVI (Recinto Feiral) Parque, ermida e miradoiro da Guía Monumento A porta do Atlántico, de Silveiro Rivas Museo Liste (Etnográfico) Parque, museo e anfiteatro Quiñones de León (Castrelos) Museo Quiñones de León Zamáns – Monte Alba Igrexa de Castrelos Monumento O rapto de Europa, de Juan Oliveira Museo VERBUM (Casa das Palabras) Museo do Mar de Galicia Igrexa de San Miguel de Bouzas Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia - Illas Cíes Saída/Chegada do bus turístico / Oficina de Turismo da Xunta de Galicia Estación de autobuses Auditorio – Pazo de congresos de Vigo
Guía de Vigo Comeza a viaxe Vigo conserva a esencia do seu pasado Un paseo por Vigo A cidade aberta ao mar A Porta do Sol, punto de encontro O Castro, a atalaia sobre a cidade Castrelos, esplendor barroco Bouzas, esencia mariñeira A Guía O Calvario Ambientes naturais O mar, natureza en movemento Parque Nacional Marítimo - Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia - Illas Cíes Camiñando entre bosques Sendeiros urbanos O mellor chega ao mediodía Vigo é cultura Vigo e as súas festas Vigo, punto de encontro e debate Lecer 4
Vigo é, sobre todo, mar. Ao mar debe a súa historia, marcada por gregos, fenicios, romanos, normandos... por todos os pobos que chegaron a estas costas. O mar proporcionou a riqueza coa que se levantou a industria e a cidade. O mar nutre o máis esencial da súa gastronomía. O mar modelou o seu medio. O mar é comercio e transporte. O mar é deporte e aventura. O mar é en Vigo un agromar de linguas, de razas, de culturas, que conviven nunha cidade cosmopolita que o mar achega a calquera continente, a calquera porto do mundo, dende Nova York ata a Cidade do Cabo ou de Yokohama a Odessa. Para os vigueses o mar é o seu principal sinal de identidade. É a vida...
5
Comeza a viaxe Vigo alberga o 32% da poboación da provincia de Pontevedra e o 12% da poboación de Galicia. Vigo roza os 300.000 habitantes, aínda que, en realidade, cada día viven, traballan e estudan na cidade case medio millón de persoas. Ademais de ser a cidade máis poboada de Galicia, é tamén a que rexistrou un maior fluxo migratorio ao longo da súa historia. Polo porto de Vigo saíron no pasado centos de miles de emigrantes cara América. Pero tamén decenas de miles quedaron, fixeron súa a cidade e axudaron a construíla. É unha cidade moi nova. A súa carta de cidadanía data do ano 1810 e o seu gran desenvolvemento urbano e demográfico prodúcese no século XX, cando se multiplica por vinte a súa poboación. O municipio, de 110 km2, esténdese sobre unha orografía moi accidentada, formada por unha coroa montañosa cuxos vales rematan no mar. Vigo limita cos municipios de Redondela, Mos, Porriño, Gondomar e Nigrán, alén de co mar, coa ría á que dá nome. O Vigo que hoxe coñecemos agrupa no seu termo municipal os antigos concellos de Bouzas e Lavadores, integrados no concello vigués en 1904 e 1941, respectivamente.
Como chegar Chegar a Vigo é fácil e cómodo, independentemente do medio de comunicación que escollamos.
TREN www.renfe.es • 902 240 202
AUTOBÚS A estación de autobuses (986 373 411) é o punto de orixe e destino dun amplo abano de liñas nacionais e internacionais, así como de liñas rexionais e de proximidade.
6
ESTRADA A rede de autoestradas, autovías e estradas que conflúen en Vigo fan que sexa doado chegar desde calquera punto da Península Ibérica. Desde o norte e o centro de España, o corredor máis rápido é o que forman as autoestradas A6 e A52. Madrid, a 600 quilómetros, encóntrase a cinco horas de viaxe e a fronteira francesa, por Irún, a pouco máis de sete horas. Estremadura e a Andalucía occidental, así como Portugal, teñen o acceso máis rápido e cómodo na autoestrada que atravesa o país veciño de Norte a Sur. Vigo convértese nun punto estratéxico desde onde realizar excursións ao resto de Galicia e ás cidades máis importantes de Portugal. Nun radio dunha hora de viaxe en coche, podemos chegar a Santiago, Ourense e Porto. En menos de tres horas, temos ao noso alcance toda Galicia e, a catro horas, Lisboa.
AVIÓN O aeroporto de Peinador (986 268 200) é o punto de entrada e saída de numerosos voos, que conectan coas principais cidades españolas e enlazan con aeroportos de todo o mundo.
7
AUTOBÚS Tel.: 986 373 411 AVIÓN Tel.: 986 268 200 TREN Tel.: 902 240 202
Vigo conserva a esencia do seu
pasado
A historia plasmou as súas pegadas na cidade e no seu medio. Os primeiros visitantes dos que hai constancia chegaron a Vigo na Idade de Pedra. Os nosos antepasados máis remotos deixáronnos máis dunha trintena de monumentos funerarios na coroa montañosa do municipio. A partir da Idade de Ferro, os vestixios xa son máis frecuentes.
Vestixios da muralla no Castro
Aqueles vigueses primixenios vivían en pequenos poboados, como o que se pode visitar na aba do Castro, pero o estilo de vida cambiou coa chegada dos romanos. Ademais de aldeas, os romanos construíron salinas e explotáronas para facer salgas de peixe. A riqueza producida por esta actividade e polo comercio permitiu edifi car luxosas vilas, nas que os homes máis poderosos gozaban de todo tipo de comodidades, incluíndo auga quente e calefacción. Podemos facernos unha idea de como era a vida nesa época visitando a vila romana de Mirambell, no barrio de Canido, e as salinas descubertas na rúa Rosalía de Castro. Aos romanos debémoslles tamén o nome da cidade: vicus, «a aldea». Vigo seguirá sendo unha pequena aldea durante a Idade Media. Nesa época aparecen os núcleos de poboación que hoxe constitúen as parroquias rurais de Vigo: Bembribe, Coruxo, Castrelos, etc., onde se constrúen pequenas igrexas románicas. Porén, o maior monumento que nos quedou do Vigo medieval non é de pedra, senón de pergameo. Trátase das Cantigas de Amigo, de Martín Códax, o primeiro testemuño escrito da lírica trobadoresca galegoportuguesa: «Ondas do mar de Vigo / se vistes meu amigo / e hai Deus se verrá cedo?...» Tralos romanos, chegaron outros moitos pobos, e non sempre con boas intencións. Os saqueos son frecuentes en toda a ría e seguirán séndoo ata ben entrado o século XVII: viquingos, normandos... 12
Igrexa de Bembrive
O mesmo mar que é un camiño e achega riquezas, especialmente en forma de pesqueiras de sardiña, tamén trae a destrución. Pero ningunha escaramuza pode compararse coa batalla naval de Rande: no outono de 1702, a «Escuadra da Prata», perseguida de preto póla frota anglo-holandesa armada en corso, busca gorecerse na baía de Vigo. A batalla será dura e a escuadra acabará destruída. Alén dun feito histórico, esta batalla supón o nacemento dun mito comparable co de Eldorado: no fondo das augas da Ría dorme aínda un tesouro cuxo valor estímase en miles de millóns de euros en forma de pezas de ouro e prata, procedentes das minas das colonias que daquela tiña o imperio español de América. Un mito do que se nutriron non poucas aventuras literarias, entre as cales a máis famosa é Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, e que aínda hoxe en día atrae buscadores de tesouros de todo o mundo. Pazo de Castrelos
13
A ribeira do Berbés na actualidade
A de Rande non será a última batalla, pois en 1809 os vigueses fan fronte á invasión francesa e expulsan o exército de ocupación o 28 de marzo dese mesmo ano. Desde entón, conmemórase nesa data a Reconquista da cidade. Se o visitante chega a Vigo en plena celebración, poderá asistir á recreación daqueles feitos con centos de persoas vestidas coas roupas da época —franceses e españois— e un mercado á antiga usanza no que non falta nin un cego a recitar os seus romances ao son da zanfona. Polo seu papel na Reconquista, a vila mariñeira convértese en cidade en 1810. En 1869, desprenderase das súas murallas, que a convertían nunha praza forte de forma irregular accesible por sete portas: do Sol, da Laxe, do Pracer, da Gamboa, da Falperra, do Mar e do Berbés. As fortificacións foran levantadas como defensa contra os saqueos dos piratas e doutros inimigos estranxeiros. A súa demolición permitiu que a cidade crecese sobre o mar, por onde hoxe están a praza de Compostela e a avenida de Montero Ríos. As industrias de salga e as primeiras conservas instálanse no barrio do Areal. Trázanse os eixos urbanos sobre os que crecerá a cidade: cara a Madrid pola rúa do Ramal —hoxe Colón—, subindo por Urzáiz, que se chamaba antigamente estrada de Villacastín, e cara a Pontevedra, por Policarpo Sanz e García Barbón.
14
As Travesas
O Vigo que inicia o século XX ten pouco máis de quince mil habitantes, pero o seu porto xa é importante no comercio con América e Europa e a cidade posúe unha puxante burguesía industrial e comercial que contrata os mellores arquitectos da época para crear unha contorna urbana singular, composta por edificios labrados no mellor granito. O ensanche é hoxe un espléndido catálogo de todos os estilos arquitectónicos do período de entre séculos: modernismo, eclecticismo e rexionalismo. A industria crece e con ela a cidade, que se vai expandindo polas abas do Castro. Nace o barrio de Casablanca, urbanízase a Gran Vía nos anos corenta. A zona das Travesas comeza a adquirir personalidade propia a partir dos cincuenta. Coia, nos anos setenta. Así, desde o centro cara ao exterior, década a década, vaise conformando o actual perfil urbano de Vigo.
Ribeira do Berbés, 1900 15
Un paseo por
Vigo
Non hai un só centro, senón moitos. Tantos como barrios. Cada un coa súa personalidade propia, as súas festas en verán e os seus costumes.
A CIDADE ABERTA AO MAR A zona de Monteiro Ríos e as Avenidas é un espazo urbano, axardinado e peonil, cheo de terrazas, moitas das cales funcionan todo o ano. É a primeira fachada da cidade cara ao mar, con belos edificios eclécticos, modernistas e racionalistas; un lugar de encontro e de paseo, onde é posible comer ao aire libre ou simplemente tomar un refresco. O club Náutico acolle nos seus peiraos iates e veleiros de todas as bandeiras, compartindo augas coas embarcacións dos centos de afeccionados locais que fixeron do mar o seu divertimento favorito. Neste primeiro treito do noso paseo por Vigo, encontraremos tamén a Estación Marítima de Ría, punto de partida para as excursións ás Cíes, a Cangas e a Moaña, e o peirao de transatlánticos, onde arriban os máis grandes e suntuosos barcos de cruceiros de todo o mundo. É, ademais, o punto de partida do bus turístico de Vigo. Se a fachada marítima de Vigo chama a atención do visitante, a segunda liña non é menos atractiva. Un xardín de camelias e magnolias, xa centenarias, conforman a alameda da Praza de Compostela. Nas súas inmediacións, as rúas de Luís Taboada e Carral ofrecen numerosas posibilidades para ir de tapas, para comer coma un frade ou para facer compras. Desde a rúa de Carral, podemos entrar no centro histórico, o Casco Vello, a través da rúa da Gamboa, onde no pasado estaba unha das portas da muralla. Rúa das Pescadeiras 18
Logo nos encontraremos coa Concatedral de Santa María, o principal templo da cidade, e desde este punto podemos escoller entre tres camiños. A primeira opción é baixar pola praza de Juan de Villavicencio e o Mercado da Pedra. No pasado, aquí dábanse cita estraperlistas, contrabandistas e todos cantos buscaban no mercado negro o que a escaseza da posguerra non proporcionaba. Hoxe en día, o lugar perdeu ese halo de misterio e clandestinidade, pero pode ser un bo lugar para encontrar produtos típicos e de importación. Aos seus pés, antes de abandonar polo norte a zona vella, encontramos as ostreiras, que con hábiles mans e destro coitelo tardan menos en abrir as ostras que os seus moitos clientes en comelas. Os bares dos arredores ofrecen a bebida, o asento e outros produtos típicos. Non lonxe, na rúa da Laxe están as polbeiras. Porque ningún paseo é comparable a aquel que permite degustar os pratos típicos do lugar. Pero había dous camiños máis no cruzamento que deixamos ás portas da Concatedral. O segundo é o mesmo que toma cada ano, no primeiro domingo de agosto, a procesión máis concorrida de Galicia, celebrada na honra do Cristo da Vitoria. Este debe o seu nome á vitoria sobre os franceses en 1809, aínda que a imaxe do Cristo é anterior. Di a lenda que apareceu flotando no mar e que un barco a recolleu, de xeito que tamén recibe o sobrenome de «Cristo do Sal». Colexiata de Santa María 19
A procesión abandona a concatedral e emprende o seu camiñar a paso solemne pola rúa Real, ateigada de pequenos bares e tascas de antiga tradición mariñeira. A rúa Real é a quintaesencia do Vigo Vello. Nun dos seus edificios estivo a imprenta Compañel, onde se imprimiu a primeira edición dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. As pequenas canellas que conflúen nesta rúa amósannos a típica arquitectura mariñeira dos séculos XVII, XVIII e XIX. Ao final, ábrese ante nós á ribeira do Berbés, que no pasado era un bulir de peixeiras, mariñeiros e tratantes, sempre a regatear para conseguir o maior prezo polo esforzo da noite. Hoxe, o mar xa non chega ata as casas e o porto pesqueiro dispón de modernas lonxas de baixura e altura, onde a tecnoloxía máis avanzada facilita as transaccións entre os patróns de pesca e os exportadores de peixe. Así e todo, o Berbés, cos seus soportais, ficou impregnado desa historia. Aquí na noite de San Xoan organízase a máis grande cacharela da cidade e este é tamén o escenario doutras festas relixiosas que nos devolven ao tempo en que o Berbés era o centro da vida viguesa.
20
O terceiro camiño é ascendente. A rúa do Triunfo desemboca na Praza da Constitución, que é a maior do Vigo antigo. Allea á circulación rodada, hoxe esta praza é un dos puntos de encontro máis tranquilos da cidade. A que fora Casa Consistorial converteuse na Casa Galega da Cultura, onde se mostran moitos tesouros da lingua propia de Galicia. Nas súas inmediacións aínda perduran vestixios das antigas rúas gremiais: a rúa dos Sombreireiros e a dos Cesteiros. Nesta ruta urbana polo Vigo mariñeiro e a súa zona histórica, encontraremos moitos produtos típicos da artesanía galega. Pezas de xoiaría en acibeche e prata, cestos e outras manufacturas do vimbio, encaixes de palillos, viños e produtos típicos da gastronomía, nunha morea de tendas que, cando pechan as súas portas á tardiña, dan o relevo de tan animado lugar a bares, tabernas, restaurantes e pubs.
21
PORTA DO SOL, PUNTO DE ENCONTRO *No plano, zona E-2
Nada máis abandonar a praza da Constitución, estaremos na Porta do Sol, antiga porta da muralla que hoxe constitúe o punto de encontro central de Vigo, nexo entre a zona histórica e o ensanche. Ao seu carón, a Praza da Princesa comparte o mesmo espazo aberto que preside a impoñente escultura do Sereo, de Francisco Leiro. Este sereo olla para o mar, alleo aos coches que circulan sobre o eixo que atravesa a cidade de leste a oeste. Se remontarmos pola rúa Elduayen, chegaremos ao paseo de Alfonso XII. É unha rúa moi curta, pero imprescindible para calquera paseante, pois nela encóntrase o principal símbolo da cidade: a oliveira. É un balcón urbano desde o que se pode acompañar o rumbo de todos os barcos que entran e saen do porto. Se desde a Porta do Sol avanzarmos cara ao leste, nun radio de dez minutos a pé encontraremos as sedes de todas as entidades financeiras, os consulados e as principais salas de exposicións e centros culturais. A Casa Galega da Cultura está situada mesmo ao pé do Sereo, na Praza da Princesa. Se cruzarmos o Arco de Quirós, daremos coa Biblioteca Central. A poucos pasos, no centro da zona vella, están a Torre de Ceta e a Casa de Pazos Figueroa, sedes do Instituto Camões. Cruzamos a Porta do Sol e encontrámonos coa rúa peonil do Príncipe. Nos seus edificios e nos adxacentes case cada portal é un establecemento comercial: tendas de moda, cafetarías, xoiarías, librarías, perfumarías... Paralela a Príncipe, encóntrase a rúa de Policarpo Sanz, que é todo un catálogo da arquitectura do último cuarto do século XIX e do primeiro do XX. O edificio «El Moderno», asinado polo arquitecto francés de orixe polaca Michel Pacewicz sitúanos en 1897, en pleno eclecticismo. 22
Se tomarmos o camiño da rúa Policarpo Sanz e avanzarmos despois por García Barbón, veremos que a tónica xeral é unha sucesión de edificios de fachada ben labrada. Son exemplos da arquitectura ecléctica, como o edificio García Barbón (1926), hoxe sede do Centro Cultural Novacaixagalicia, obra de Antonio Palacios. Ao seu lado, a Casa das Artes (de estilo racionalista) de Romualdo de Madariaga e a Sala de Exposicións Novacaixagalicia, que completa a súa oferta cultural na cidade co Centro Fraga Novacaixagalicia, a menos de cinco minutos. Tamén en Policarpo Sanz encontramos a Fundación Pedro Barrié de la Maza e o Centro Social Novacaixagalicia, situado na antiga Casa Bárcena, construída por Jenaro de la Fuente entre 1879 e 1883. Talvez o edificio máis importante deste arquitecto valisoletano sexa o coñecido como Casa Bonín (1910), con fachada moi ornamentada e situado na esquina da rúa do Areal coa rúa Porto. De la Fuente e Pacewicz asinaron as mellores edificacións levantadas no período de transición entre séculos; o seu estilo é elegante, señorial e ornamentado para lucimento dos excelentes canteiros locais. Verémolos na praza de Compostela e nas rúas de Urzáiz, Carral, Policarpo Sanz, Montero Ríos, Areal e García Barbón. Son edificios que testemuñan a riqueza e o esplendor co que esta cidade entrou no século XX. Cunha puxante construción naval, unha frota pesqueira que faenaba en todos os mares e unha industria conserveira que non tiña rival en ningún lugar do mundo: o 95% das fábricas de conservas de peixe de toda a Península Ibérica tiñan a súa sede na Ría de Vigo. O esforzo altruísta de persoas que fixeron grandes fortunas en América deixou á cidade importantes legados, como os de Policarpo Sanz e José García Barbón. Na súa memoria e homenaxe os vigueses nomearon dúas das súas rúas máis importantes. Ao comezo da rúa de García Barbón sitúase a Escola de Artes e Oficios, fundada orixinariamente co patrocinio de José García Barbón. 23
O CASTRO, A ATALAIA SOBRE A CIDADE *No plano, zona E-3
O primeiro miradoiro desde o que se dominan a cidade e a súa baía é o monte do Castro. A praza do Rei é un bo punto de partida para iniciar o ascenso. Ao seu carón aínda existe un fragmento da muralla defensiva e da fortaleza de San Sebastián. O Castro posúe un xardín en costa, cunha frondosa colección de especies arbóreas. Non é o seu único atractivo: unha sucesión de miradoiros en forma de terrazas permiten contemplar a cidade e a súa ría a vista de paxaro. Algúns deles posúen elementos decorativos que recordan fitos da historia viguesa: o monumento das áncoras conmemora a batalla naval de Rande de 1702, na que os galeóns cargados con ouro e prata traídos de América sufriron o ataque anglo-holandés e afundiron nas profundidades da Ría. Xurdiu así a lenda que aínda atrae buscadores de tesouros de todo o mundo. As áncoras e os canóns que adornan o monumento foron rescatados do naufraxio nun dos intentos de dar co tesouro. O Castro, poboado probablemente celta, fálanos dos devanceiros de Vigo e remóntanos ata a fronteira entre a prehistoria e a historia antiga. Con base na información proporcionada polo xacemento e por outros castros similares, reproducíronse tres construcións que ilustran o momento inicial da ocupación romana. Perante estas réplicas, levantadas ata o tellado, os muros orixinais parecen pequenos e insignificantes, pero son este últimos os que posúen
24
un auténtico sentido humano, pois foron construídos polos seus propios habitantes para vivir coas súas familias hai uns dous mil anos. (Visita guiada gratuíta). O monumento a Martín Códax lembra o trobador medieval que converteu o mar de Vigo en poesía empregando a antiga lingua galego-portuguesa. A coroa deste monte está presidida pola única fortaleza que permanece íntegra das que formaron o sistema defensivo de Vigo desde o século XVII ata o XIX. O Castro está circundado pola avenida das Camelias, a rúa Venezuela e a Gran Vía. Entre estas dúas últimas encóntrase un barrio próspero que se foi poboando a partir dos anos cincuenta. O centro comercial Praza Elíptica e uns grandes almacéns dan boa mostra do dinamismo da zona. O grupo escultórico Os Cabalos, de Juan Oliveira, indícanos que chegamos á Praza de España e recorda as mandas de cabalos salvaxes que aínda non hai moito vivían nas abas do Castro. Igual que as que hoxe pacen libres no Monte Galiñeiro, xunto á Cidade Universitaria.
25
CASTRELOS, ESPLENDOR BARROCO *No plano, zona E-5
A Gran Vía e as Camelias conflúen na praza de América. Nela encontraremos o primeiro instituto que existiu en Vigo, o Santa Irene, cuxo reloxo sinala aos vigueses a chegada do novo ano, e tamén o Centro Comercial Camelias. Estamos nas Travesas, outra das zonas clave de Vigo. A escultura A porta do Atlántico, de Silverio Rivas, marca a intersección dunha serie de grandes avenidas: a Gran Vía, as Camelias, a rúa Coruña, Castelao, a Florida, Fragoso e Castrelos. Rivas homenaxea os emigrantes que saíron cara a América desde o porto de Vigo ata ben mediado o século XX. Emprender un pequeno paseo pola avenida de Castrelos permitiranos coñecer o Pazo Museo Quiñones de León. E preto está tamén o estadio de Balaídos. Se o noso desexo de camiñar for maior ou se collermos un autobús, as praias e Bouzas estarán ao noso alcance ao final da avenida de Castelao ou baixando pola rúa Coruña e seguindo a avenida que bordea os estaleiros. O Pazo Museo Quiñones de León, no barrio de Castrelos, é unha das xoias de Vigo. A súa finca, de 24,3 hectáreas, forma un parque atravesado polo río Lagares, cheo de fermosos recantos que nalgunhas partes resultan avesíos por mor dunha mesta vexetación onde non faltan árbores centenarias das máis variadas especies. O parque posúe un auditorio ao aire libre que en verán convértese nunha cita obrigada ao celebrárense concertos de todos os estilos musicais.
26
Parque de Castrelos
No seu interior encóntrase o Pazo Museo Quiñones de León. Construído na segunda metade do século XVII, é un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega. Está aberto ao público e pertence á cidade de Vigo grazas á doazón realizada en 1925 polo último Marqués de Alcedo (1858-1936). Nas súas estanzas evócase o esplendor da vida no pazo e nelas pódese descubrir a riqueza do enxoval doméstico e a valiosa colección de porcelana de Sargadelos. Os contidos museográficos abranguen o pasado máis remoto da cidade, coa súa sala de arqueoloxía, e tamén a máis grande e importante colección de pintura galega de todos os tempos, ben como outros excelentes fondos artísticos pertencentes ao legado de Policarpo Sanz e ao Museo do Prado. Os xardíns conservan a súa pegada señorial. Os antigos propietarios gozaban do xardín francés, tomaban o té no inglés e paseaban polo roseiral baixo o sol do inverno.
27
BOUZAS, ESENCIA MARIÑEIRA *No plano, zona C-4
Bouzas era unha pequena vila con concello independente que foi anexada a Vigo hai cen anos. Hoxe en día, presume de ter conservado as súas esencias e tradicións. O porto e os estaleiros constituíron o motor da súa economía. Bouzas é actualmente outro dos centros de Vigo e aínda conserva as súas tabernas e os seus recunchos con encanto, moitos deles co mar como protagonista e a navegación tradicional como atractivo. A súa zona histórica posúe boas mostras da arquitectura de estilo mariñeiro e calquera mañá de domingo podemos ter a sensación de trasladarnos a un tempo pasado na súa alameda e no seu paseo, onde se celebra un animado mercado popular.
28
No terceiro domingo de xullo podemos gozar das súas famosas festas, cos seus fogos de artificio e todo o esplendor da gastronomía mariñeira. Esta romaría celébrase na honra do Santísimo Cristo dos Aflixidos e foi declarada de interese turístico de Galicia. O luns seguinte, homenaxéase á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, e a San Telmo, que na tradición galega máis antiga era o santo protector das xentes do mar. Sitúase aquí tamén o milagre xacobeo do «Cabaleiro das cunchas», que presenta a vieira como símbolo da peregrinación a Santiago. Desde Bouzas e cara á bocana da Ría, ábrese o grande areal de Vigo, que comeza ao pé mesmo do adro de San Miguel e remata en Saiáns, nunha sucesión de fermosas praias de finísima area branca.
29
A GUÍA *No plano, zona G-1 (ampliación)
No outro extremo da cidade, seguindo a liña do litoral, encóntrase o barrio de Teis, que foi concello independente durante un curto período na II República. O Monte da Guía, punto de orientación para entrar no porto desde hai séculos, é a súa referencia máis visible. Este miradoiro converteuse nun dos parques urbanos máis visitados da cidade, porque ofrece unha magnífica perspectiva da cidade e da ría, que adquiren unha especial beleza ao solpor. Unha ermida na honra da Nosa Señora da Neves coroa este pequeno outeiro que se interna nas augas arrodeado por un paseo peonil e unha orla de pequenas praias. Na dirección oposta á cidade, encontramos un parque singular, non demasiado grande pero cunhas vistas espléndidas: o parque da Riouxa. Para emprender o camiño de regreso ao centro podemos tomar a rúa Sajurjo Badía, que é o centro neurálxico e comercial de Teis. E outra opción é a Travesía de Vigo, onde encontraremos o Centro Comercial Travesía.
30
O CALVARIO *No plano, zona GR-3
Rematamos a viaxe nun dos barrios máis xenuínos de Vigo. Núcleo do antigo municipio de Lavadores, que se integrou en Vigo en 1941, o Calvario é o centro urbano máis elevado e afastado do mar. O seu corazón é o tramo final da rúa Urzáiz, que é peonil e reborda vida e actividade a calquera hora do día. O Mercado Municipal e unha grande cantidade de pequenos establecementos crean a sensación de que todo o Calvario é un comercio sen fin onde se pode encontrar todo o que non hai en ningunha outra parte.
Mercado municipal do Calvario
31
Ambientes Naturais
A natureza tamén ten as súas propostas para o viaxeiro que chega a Vigo con intención de gozar do aire libre e a paisaxe ou, simplemente, descansar nun ámbito relaxado.
34
O MAR, NATUREZA EN MOVEMENTO O mar saúdanos desde case todos os recantos da cidade. Achegarse a el resulta moi doado, xa que dispomos de 45 areais, que van desde os máis extensos, coma Samil cos seus 1.800 metros, ata os máis recollidos, coma Saiáns. Aínda que se encontre nas aforas da cidade, Samil é unha praia urbanizada. Os seus equipamentos, que inclúen xardíns, piscinas, hoteis, restaurantes, discotecas e centros deportivos, convertérona nun dos lugares máis concorridos, tanto no inverno coma no verán. Seguindo en dirección ao mar aberto, encontramos os areais de Foz, A Calzoa, Fuchiños, Fontaíña, O Vao —na foto grande—, Canido, A Sobreira e O Portiño. A súa area é fi na e branca e a auga, limpa e transparente. Cara ao interior da Ría, O Cocho, Tombo do Gato, Fontes, Carril e O Adro, máis pequenos pero máis próximos á zona urbana. E, por último, os que se encontran augas dentro, ao pé do monte da Guía: A Punta, A Lagoa, Areíño, Ríos...
35
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. ILLAS CÍES Se falarmos de natureza non poderemos esquecer que a esencia mesma desta terra se encontra nas Illas Cíes. Corazón do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, este arquipélago é un paraíso: para as aves que aniñan nos seus cantís, para as especies vexetais autóctonas —algunhas moi singulares— e para os seus visitantes. Existe a posibilidade de facer excursións dun día ou de gozar de estadías máis longas, dado que se pode facer noite no seu cámping.
36
O arquipélago das Cíes está composto por tres illas. Dúas delas, a illa Norte ou de Monteagudo e a Illa do Faro, están unidas por un areal que forma unha pequena lagoa. A terceira, a illa Sur ou de San Martiño, está separada e non conta con servizo de transporte público regular. Na estación marítima de ría ou no teléfono 986 224 757 pódese obter información sobre os requisitos esixidos para acceder ao Parque Nacional. Non é posible, por exemplo, viaxar con mascotas. Xa nas illas, un centro de recepción de visitantes, ao pé do peirao, facilita máis información sobre todas as posibilidades que se ofrecen ao viaxeiro. Diríase que o ser humano nunca pisou estas praias de area limpa e fi na que canta baixo os nosos pés ao camiñar, que nunca admirou estas augas cristalinas que permiten a visión dun fondo mariño cheo de vida. Alén dos areais, entre os que non falta unha praia nudista —a dos Alemáns—, as Cíes ofrecen rutas de sendeirismo e puntos de observación de aves. Estas illas son Parque Nacional desde 2002 e xa foran declaradas Parque Natural en 1980.
37
Vista desde A Madroa
CAMIÑANDO ENTRE BOSQUES Para os amantes do sendeirismo, Vigo conta cun dos vieiros máis longos de Galicia, o GR 53, que discorre por toda a coroa forestal que rodea o municipio, entre bosques e parques, salpicado de restos arqueolóxicos, tesouros etnográficos e miradoiros sobre a ría de Vigo. Son en total 56 quilómetros, con 16 formados por pequenas variantes. O camiño parte de Saiáns, no extremo sudoeste do municipio, e tras percorrer o anfiteatro de outeiros que contemplan a Ría e rodean a cidade, chégase á Madroa, no extremo nordés, xunto ao zoolóxico de Vigo.
38
Montes dos Pozos
VIEIROS URBANOS Tamén é posible facer camiñadas sen saír da cidade. A liña litoral, entre Samil e Bouzas ou arredor da Guía, ofrece paseos marítimos afastados do tráfico. Armados dunha cana de pescar mesmo podemos probar sorte. De seguro que algún pescador máis avezado nos dará pistas sobre os peixes que máis pican. Outro sendeiro segue o leito do río Lagares, desde a Avenida de Madrid ata a súa desembocadura en Samil. É unha ocasión única para coñecermos a face oculta da cidade.
39
O mellor chega ao mediodía O mar é o grande provedor da despensa viguesa. A súa gastronomía é primordialmente mariñeira, abastecida con peixes de todo tipo, sempre fresquísimos, e con mariscos que adquiren un sabor inigualable por mor das peculiaridades de temperatura e plancto das rías galegas. Non podemos esquecer que Galicia é produtora das mellores carnes, posuidora da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega, e que as pequenas hortas, de produción case artesanal, subministran o resto dos ingredientes. Con todo isto, a gastronomía galega ofrece unha amplísimo abano de especialidades. En inverno, os pratos por excelencia son o cocido galego, o caldo e o lacón con grelos. En verán, manda o peixe, con elaboracións sinxelas, sen exceso de condimentos, que permiten recoñecer decontado a calidade das materias primas empregadas. En materia de restaurantes, Vigo é tan cosmopolita como o resto das súas actividades. Podemos encontrar todo tipo de cociñas, desde a rexional ata a máis internacional. E todo tipo de opcións: desde o contexto máis formal dun bo restaurante ata a pequena taberna mariñeira preto do porto ou as casas de comidas do rural.
40
As tapas son sempre unha opción que se debe ter en conta en calquera dos barrios da cidade. No Casco Vello, desde a Praza da Constitución ata o porto. Nas Travesas, nos arredores da Praza da Independencia e da praza da América. No barrio de Casablanca podemos deixarnos guiar polo olfacto cara as tabernas e os mesóns segundo baixamos pola rúa México. En Bouzas, arredor da Praza de Abastos. No Calvario debemos avanzar polas canellas adxacentes a Urzáiz. En Teis, podemos tomar como referencia a rúa Sanjurjo Badía, a partir do mercado do Toural. Practicamente en todos os barrios hai zonas de tapas: polbo, luras, peixiños fritos (xoubas ou chinchos) acompañados de pementos de Padrón cando é a tempada, callos, chocos da ría, empanadas... Máis aló, á tardiña baixo as parras ou nos parques forestais, as brasas encárganse de ofrecer repertorios tan deliciosos como as sardiñas asadas e o churrasco de porco e de tenreira acompañados de viños tintos frescos, lixeiramente acedos, do Ribeiro, de Rubiós e de Barrantes. É o contrapunto popular á cociña máis refinada que ofrecen os novos creadores da gastronomía galega.
41
Vigo é cultura A cidade fixo da arte un dos seus sinais de identidade. Todos os barrios de Vigo contan con esculturas nas súas rúas: O sereo, de Francisco Leiro, ou as súas esculturas de nadadores na zona marítima. Os cabalos, de Juan Oliveira, na Praza de España. A porta do Atlántico, de Silverio Rivas, na Praza de América. O monumento ao traballo, de Ramón Conde, no comezo da Gran Vía. Son algunhas das pezas monumentais que comparten cidade con outras de artistas como Asorey, Querol, Benllure, Steinbruggen ou Nogueira. Se para coñecer a fondo unha cidade debemos coñecer a súa cultura, velaquí os lugares que debemos de ter presentes:
42
Os horarios e os prezos dos espazos museográficos poden sufrir modificacións.
MARCO O Museo de Arte Contemporánea de Vigo representa a aposta máis decidida da cidade polas vangardas artísticas en todos os campos: pintura, escultura, deseño, arquitectura, vídeo, arte na Rede, moda, etcétera. Alén dos seus fondos propios, que pouco e pouco van configurando a exposición permanente, o MARCO nútrese de exposicións temporais de figuras salientables do panorama contemporáneo internacional, ben en forma de perspectivas de conxunto interdisciplinario, ben en forma de mostras monográficas de movementos ou artistas. No edificio anexo hai unha sala de exposicións dedicada á produción dos artistas emerxentes.
Enderezo: Príncipe, 54 Teléfono: 986 113 900 / 13911 Fax: 986 113 901 Correo electrónico: info@marcovigo.com Web: www.marcovigo.com Horario: Martes a sábado de 11.00 a 21.00 h; domingos de 11.00 a 15.00 h e luns fechado. Espazo anexo: Martes a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h; domingo de 11.00 a 14.00 h. Biblioteca: Martes a venres de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h Entrada gratuíta
43
CASA DAS ARTES As salas da Casa das Artes acollen mostras temporais dedicadas a todas as artes plásticas e á divulgación científica e histórica. O edificio é a sede do Arquivo Fotográfico Pacheco, a principal colección de fotografía histórica da cidade, e mostra permanentemente as excelentes coleccións pictóricas de Laxeiro e Torras. Enderezo: Policarpo Sanz, 15 Teléfono: 986 439 525 / 986 438 446 Fax: 986 437 713 Correo electrónico: ofi.cultura@vigo.org Horario: Luns a venres de 18.00 a 21.30 h; sábados de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.30 h; domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h Acceso libre e gratuíto
CASA GALEGA DA CULTURA A Casa Galega da Cultura ofrece mostras temporais de carácter artístico e de divulgación científica e social, alén de programar actividades literarias e culturais. Ademais é a sede do Museo Francisco Fernández del Riego e da Biblioteca Penzol, a máis importante de cantas existen sobre temas galegos, que ofrece a estudosos de todo o mundo as grandes obras da lingua e cultura propias de Galicia. Enderezo: Praza da Princesa, 2 Teléfonos: 986 226 459 / 986 220 922 Fax: 986 229 081 Correo electrónico: casagalegacultura@vigo.org Horarios: Inverno: luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h; verán: (16 de xuño ao 15 de setembro) de luns a venres de 9.00 a 14.00 h. Horario da sala de exposicións e do museo: Luns a venres de 18.00 a 21.30 h. Visitas de grupo previa cita.
44
PAZO MUSEO QUIÑONES DE LEÓN É o museo da cidade, cunha mostra de arte galega sen parangón, alén doutras coleccións artísticas, arqueolóxicas e de artes decorativas. No baixo consérvase a antiga vivenda dos marqueses, co mobiliario, a pintura e o enxoval da época. Enderezo: Parque de Castrelos, s/n Teléfono: 986 295 070 / 986 295 075 Fax: 986 239 372 Correo electrónico: museocastrelos@vigo.org Web: www.museodevigo.org Horario do pazo, a pinacoteca e a sala de arqueoloxía (exposición permanente): martes, xoves e venres de 10.00 a 13.30 h e de 17.00 a 20.00 h; mércores de 10.00 a 20.00 h; sábado de 17.00 a 20.00 h; domingo e festivos de 10.00 a 13.30 h e os luns fechado. Horario da sala de exposicións temporais: martes a sábado de 17.00 a 20.00 h; domingos e festivos de 10.00 a 13.30 h. Horario dos xardíns: de 9.00 a 21.00 h todos os días do ano. A entrada é libre e gratuíta.
BIBLIOTECA CENTRAL É a biblioteca pública de Vigo que, ao ser a sede do depósito legal, acolle nos seus fondos todos os libros editados en Vigo, o cal supón case o 75 % dos que se publican en Galicia. Enderezo: Joaquín Yáñez, 6 Teléfono: 986 229 074 Fax: 986 227 342 Correo electrónico: bibli.central.vigo@xunta.es Horario: luns a venres de 9.00 a 20.30 h; sábado de 10.00 a 14.30 h e nos meses de xullo e agosto de 9.00 a 14.30 h.
VERBUM - CASA DAS PALABRAS Museo interactivo que dispón dunha colección permanente na que o visitante fai un percorrido polo mundo da palabra, a comunicación, a expresión e todo o que ten que ver coas linguaxes. Acolle exposicións e outras actividades sobre a comunicación. Enderezo: Avenida de Samil, 17 Teléfono: 986 240 130 Fax: 986 240 633 Correo electrónico: verbum@vigo.org Web: www.verbum.vigo.org Horario: Inverno: martes a domingo de 10.00 a 19.00 h; verán (1 de xuño a 30 de setembro): martes a domingo de 10.00 a 21.00 h. Aberto todos os días agás os luns. Prezos: 3 € xeral, 1 € reducida.
45
MUSEO DO MAR DE GALICIA Os arquitectos Aldo Rossi e Cesar Portela rehabilitaron esta antiga conserveira, construída sobre o mar, para crear o Museo do Mar de Galicia. Nel descóbrese a secular relación de Galicia co mar: a explotación dos recursos mariños e a navegación. O seu acuario reproduce os ecosistemas das rías galegas. Enderezo: Avenida Atlántida, 160 Teléfonos: 986 247 750 / 986 247 695 Correo electrónico: mdom@museodomar.com Horarios: Verán: luns fechado, martes a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 22.00 h, venres a sábados de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 22.30 h, domingos e festivos de 10.00 a 22.00 h. Inverno: luns fechado, martes a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h, venres a sábados de 11.00 a 22.30 h, domingos e festivos de 10.00 a 21.00 h.
MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE Percorrido polo patrimonio etnográfico galego, a través dunha colección de mobles, apeiros, ferramentas e elementos rituais que nos devolven a un pasado non tan afastado. Enderezo: Pastora, 22 Teléfono: 986 244 698 Fax: 986 298 229 Correo electrónico: fun.museoliste@terra.es Web: www.museoliste.org Horario: martes a sábado de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h; domingos, luns e festivos permanece fechado. Prezo: xeral, 2,40 €; reducido, 0,90 € (menores de 12 anos, terceira idade e estudantes); 0,60 € (grupos). 46
CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA -TEATRO GARCÍA BARBÓN Ocupa o antigo teatro García Barbón, edificio moi notable, obra de Antonio Palacios e situado na rúa de Policarpo Sanz, que foi rehabilitado na década de 1980. Alberga un teatro-sala de concertos con máis de mil localidades, un auditorio, unha sala de conferencias, salas de seminarios, unha biblioteca e unha sala de exposicións temporais. Conforma un referente cultural de primeira orde en Vigo. Enderezo: Policarpo Sanz, 13 Teléfono: 986 447 369 Fax: 986 120 099 Web: www.obrasocialncg.com Horarios: luns a sábados de 19.00 a 21.00 h; domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h. Sala de exposicións: luns a venres de 18.00 a 21.00 h; sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.30 h. Biblioteca: Verán de 9.00 a 14.00 h; inverno de 10.00 a 13.30 h e de 16.00 a 20.00 h.
SALA DE EXPOSICIÓNS NOVACAIXAGALICIA No número 21 de Policarpo Sanz encóntrase a Sala de Exposicións Novacaixagalicia, que inclúe un auditorio. A rehabilitación do edificio creou un espazo de serena modernidade. Enderezo: Policarpo Sanz, 21 Teléfono: 986 815 077 Fax: 986 815 028 Correo electrónico: obrasocial@novacaixagalicia.es Web: www.obrasocialncg.com Horario: luns a sábado de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h; domingo e festivos de 12.00 a 14.00 h.
47
CENTRO SOCIAL NOVACAIXAGALICIA As exposicións temporais de grande interese complementan a coidada selección de obras da colección Caixanova de arte galego, que se exhibe permanentemente. Na exposición Naturnova podemos gozar dunha mostra temática interactiva que fará as delicias dos máis curiosos. Enderezo: Velázquez Moreno, 18-20 Teléfono: 986 110 291 - Teléfono de reservas: 986 120 078 Horarios: 11.30 a 14.30 - 17.00 a 21.00 Prezos: Sala de exposicións: acceso gratuíto Exposición Naturnova Correo electrónico: www.centrosocialnovacaixagalicia.com/naturnova/portal/ Horario Naturnova: do 1 de outubro ao 30 de xuño, de martes a venres, visitas concertadas con reserva nos teléfonos (986 120 075 / 986 120 074); sábados, domingos e festivos de 11.30 a 14.30 h e de 17.00 a 21.00 h. Do 1 de xullo ao 14 de setembro, de martes a domingo e festivos, de 17.00 a 21.00 h. Do 15 ao 30 de setembro, sábados e domingos, de 17.00 a 21.00 h. Semana Santa e Nadal, de martes a venres, de 17.00 a 21.00 h; sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 14.30 h e de 17.00 a 21.00 h. Prezos: Naturnova: entrada xeral- 3 €; pensionistas, desempregados e estudantes-2 €; menores de 8 anos- acceso gratuíto; grupos de escolares- acceso gratuíto; grupos de 10 ou máis- 1 €.
MUSEO ANFACO O museo ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos) dispón dun material museográfico de gran valor histórico. Coa súa contemplación pódese realizar un interesante percorrido pola historia da industria conserveira desde as súas orixes, e comprender a súa transcendencia para a cidade. Enderezo: Estrada do Colexio Universitario, 16 Teléfono: 986 469 301 Fax: 986 469 269 Correo electrónico: museo@anfaco.es Horario: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.00 h Entrada gratuíta. 48
CENTRO FRAGA-NOVACAIXAGALICIA
Antigo cine, hoxe é un espazo rehabilitado para usos múltiples, onde alén de proxeccións cinematográficas é posible ver representacións teatrais e asistir a concertos de música clásica e moderna. Enderezo: Uruguai, 3 Teléfono: 986 815 077 Fax: 986 815 028 Correo electrónico: obrasocial@novacaixagalicia.es Web: www.obrasocialncg.com
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA A súa sede, sita no fermoso edificio que foi Banco de Vigo, enriquece a proposta cultural da cidade co programa de actividades da Fundación, que actúa nos ámbitos da educación, da investigación, da cultura e dos servizos sociais. Enderezo: Policarpo Sanz, 31 Teléfono: 986 110 220 Web: www.fbarrie.org Horario: De luns a venres, de 09.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h. Entrada libre.
49
MUSEO DO REAL CLUB CELTA Este museo deportivo foi inaugurado en 1999 e abrangue toda a historia do Real Club Celta de Vigo, desde o seu nacemento en 1923 ata os nosos días. Dispón de diversas salas onde se mostran trofeos, placas conmemorativas, bandeirolas, fotografías e todos os logros do Club Celta de Vigo no fútbol, no baloncesto e no atletismo.
Enderezo: Olímpicos, s/n (Estadio Municipal, porta 24) Teléfono: 986 297 101 Fax: 986 244 119 Web: www.celtavigo.net Horario: de luns a venres de 09.30 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 h. Prezos: gratis para os membros da Fundación Celta, para os subscritores e os accionistas. Público xeral, 3 €. Nenos, 1.50 €.
CEDAM O Centro de Educación e Divulgación Arqueolóxico Municipal constitúe unha actividade pioneira en Galicia, que nace para multiplicar e integrar todas as iniciativas de conservación, estudo e difusión da riqueza arqueolóxica de Vigo.
Enderezo: Baixada á Praia, s/n - Saiáns (á dereita da C-550 na dirección Vigo - Baiona) Teléfono: 986 460 812 Web: www.vigo.org
SALAS DE TEATRO Teatro Ensalle Chile, 15 Tel.: 986 485 609
Teatro Arte Livre Vázquez Varela, 19 Tel.: 986 114 444
50
GALERÍAS DE ARTE Ad_hoc Joaquín Lóriga, 9 Tel.: 986 228 656 Androx Vía Norte, 22 Tel.: 986 433 848 Art Next Lopez de Neira, 13 Tel.: 886 116 448 Mail: pablo@artesaga.com Bacelos Progreso, 4 Tel.: 986 224 785 Mail: galeria@bacelos.com Web: www.bacelos.com Buró-loft Sanjurjo Badía, 27 Tel.: 986 261 598 Mail: loft@buro.ws Casa das Mulleres Romil, 20 Tel.: 986 442 194 Centro de Arte Alpide López de Neira, 5-1º Tel.: 986 254 825
Galería de Arte Alpide Avda. de Castrelos, 118 Tel.: 986 239 646/686 254 825
Galería Chroma Florida, 34 Tel.: 886 138 483 Mail:galeriachroma@hotmail.com chromagaleria.blogspot.fr Galería Euroarte Coruña, 32 baixo Tel.: 986 299 698 Mail: euro-arte@euroarte.es Web: www.euro-arte.es Galería Monteblanco Ronda de Don Bosco, 33 Tel.: 986 431 122 María Prego Luis Taboada, 21 - 2º esq. Tel.: 986 223 149 Web: www.galeriamariaprego.es PM8 Pablo Morillo, 8 Tel. 986 434 333
Sala de exposicións da Casa da Xuventude Dua2 López Mora, 31 Marqués de Valladares, 35 baixo Tel.: 986 294 806 Tel.: 986 113 233 Web: http://galeriadua2.com/ Galería Sargadelos Urzáiz, 17 baixo 3 Sala de exposicións da Tel.: 986 220 050 Estación Marítima Mail: info@galeriasargadelos.com Edificio da Estación Marítima
51
Procesión do Cristo
Vigo e as súas festas O calendario ofrece todo o ano unha alegre sucesión de festas e romarías: - Vigo recibe o ano novo entre festas e fogos artificiais lanzados desde cada balcón e desde cada casa. - O entroido leva ao centro da cidade un colorido desfile de carrozas e comparsas mentres que nos barrios se vive a festa máis tradicional. - O 28 de marzo, a Reconquista recorda a liberación de Vigo tras a ocupación francesa de 1809. Os actos institucionais culminan coa recreación amable e participativa da batalla. - As procesións de Semana Santa dan fe do apego ás tradicións existente nas diversas parroquias de Vigo. - En xuño, as cacharelas de San Xoán iluminan Vigo enteiro mentres que o fume e as sardiñas asadas perfuman a noite máis meiga de Galicia. - Desde mediados de xullo ata finais de agosto, hai actuacións musicais no auditorio ao aire libre de Castrelos, representacións de teatro na rúa e concertos nos barrios. - A Semana Grande organízase en torno ao primeiro domingo de agosto, coincidindo coa festa e procesión do Cristo da Vitoria, 52
Festa da Reconquista
aínda que os concertos e actuacións se prolongan ata mediados do mes. - A Romaría de San Roque, o 16 de agosto, enche de gaitas e tamboriles a parte alta da cidade. - O Berbés, Bouzas, Coia e Teis contribúen coas súas festas á animación estival. - E non faltan as citas de exaltación gastronómica: Festa das Cereixas en Beade (xuño) Festa da Sardiña na Guía (agosto) Festa do pan de millo en Cabral (agosto) Festa do polbo en Valadares (agosto) - Sen esquecérmonos o magosto en novembro, coas súas castañas e chourizos arredor da cacharela. - Nin o Nadal, que enche Vigo de luz e cor, de fermosos escaparates e da animación da xente.
53
Vigo, punto de encontro e debate IFEVI Son frecuentes os congresos, encontros científicos e culturais que se desenvolven ao abeiro de institucións como a Universidade de Vigo e os colexios profesionais. A cidade convértese nun escaparate privilexiado para a industria e o comercio, a través das citas que convoca anualmente o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), que ten a súa sede no recinto feiral de Cotogrande. Todos os anos celébranse feiras dedicadas á pesca, ao automóbil, á industria naval e náutica, á gastronomía do mar; a construción, etc. Enderezo: Avenida do Aeroporto, s/n - Cotogrande Teléfono: 986 486 144 Fax: 986 486 071 Correo electrónico: info@ifevi.com Web: www.ifevi.com
VIGO, CIDADE DE COMPRAS ÁREAS E CENTROS COMERCIAIS Príncipe Centro comercial aberto
Centro comercial Travesía Travesía de Vigo, 202
Zona Centro Centro comercial aberto Zona Centro
Centro comercial Camelias Praza de América, 1 Centro comercial A Laxe Cánovas del Castillo, 1
Calvario Centro comercial aberto do Calvario Bouzas Centro comercial aberto de Bouzas Teis Centro comercial aberto de Teis
Centro comercial Plaza Elíptica Praza Francisco Fernández del Riego, s/n Mercado da Pedra Praza da Pedra, s/n
Centro comercial Gran Vía Centro histórico Baixada do Castaño, s/n Centro comercial aberto Vigo Vello Centro comercial Cidade El Corte Inglés Universitaria de Vigo Gran Vía, 25 Campus Universitario Lagoas Marcosende 54
Lecer
Para divertirse en Vigo, todo é posible. Desde os deportes de risco e aventura aos que poñen o viaxeiro en contacto coa natureza, ademais de todas as propostas urbanas dunha cidade viva e cosmopolita. Normalmente, asociamos a diversión coa noite e nese eido Vigo tamén nos presenta a súa variedade. Desde espazos temáticos con ambiente irlandés, vaqueiro ou hollywoodiano ata os máis underground. As zonas máis concorridas encóntranse arredor das rúas de Rosalía de Castro e do Areal; da Praza de Portugal, as rúas de Churruca e de Alfonso XIII e as súas inmediacións; as Travesas e, desde logo, na praia de Samil.
55
VIGOZOO Fundado a principios da década de 1970, comezou sendo un parque zoolóxico tradicional pero hoxe é un centro de recuperación de especies en perigo, un punto de encontro con especies autóctonas e doutros ámbitos xeográficos, e un centro de educación ambiental e de ciencias naturais. Alén da súa colección permanente de especies, Vigozoo acolle exposicións temporais de todo tipo. Encóntrase no cumio dunha das atalaias viguesas: o monte da Madroa.
Enderezo: A Madroa, s/n Teléfono: 986 267 783 Fax: 986 273 187 Correo electrónico: vigozoo@vigo.org Web: www.vigozoo.com Horario: De novembro a febreiro: laborais de 11.00 a 18.30 h; sábados, domingos e festivos de 11.00 a 17.30 h; luns fechado salvo festivos e vacacións escolares. Marzo: de 11.00 a 19.30 h; luns fechado salvo festivos e vacacións escolares. De abril a outubro: todos os días de 10.00 a 20.30 h Prezos: Menores de 3 anos: entrada libre. De 3 a 16 anos (inclusive), xubilados e pensionistas: 2,50 €. De 17 a 64 anos (inclusive): 4,60 €. Grupos de 20 ou máis adultos: 3,55 €. Grupos de 20 ou máis nenos: 1,75 €. Visitas organizadas: 1,75 € (cada visitante).
Auditorio Mar de Vigo
56
EMPRESAS DE TURISMO ACTIVO
Centros de mergullo CIESUB Centro de Buceo Rúa do Pazo, 8. Bouzas Tel.: 986 115 431 www.ciesub.com Buceo Islas Cíes Rúa do Conde de Torrecedeira, 26 Tel.: 986 290 589 / 615 046 053 buceo@ buceoisascies.com www.buceoislascies.com
Aluguer de embarcacións Maregalia Chartes Náutico Rúa Faisán, 1 Tel.: 902 905 190 / 661 845 017 Fax: 886 119 574 pesca@maregalia.com www.maregalia.com Ronáutica Aluguer de embarcacións e tenda náutica García Olloqui,6 Tel.: 986 431 402 Fax: 986 434 472 www.ronautica.com Para os amantes do mar, a Base Náutica do Vao (986 44 60 60 o 669 419 129) é un espléndido punto de encontro para a práctica do windsurf, para navegar en catamarán, etc. 57
Windsurf Kailúa Rúa do Escultor Gregorio Fernández, 14 Tel.: 986 227 533 www.kailua.es
Paseos en globo aerostático Vigo globo Tel.: 670 990 000 lubian@mundo-r.com www.vigoglobo.com
Paseos turísticos aéreos Tempus air, s.l. Aeroporto de Vigo. Oficina 28 Tel.: 986 486 627 / 670 562 212 / 670 505 858 tempusair@mundo-r.com www.tempusair.net
Servizos náuticos Liceo Marítimo de Bouzas Avenida de Eduardo Cabello, 8 Teléfono: 986 23 24 42/ 986 23 99 55 Cursos de vela Inverno: sábados / Verán: luns a venres Previa reserva Naviera Mar de Ons Estación Marítima de Ría, s/n Teléfono: 986 22 52 72 Servizos polas Rías Baixas
Naviera Nabia Estación Marítima de Ría, s/n Teléfono: 986441.678 Servizo polas Rías Baixas 58
Naviera Illa de Ons Teléfono: 986 68 76 99 / 696 99 19 88 Ofrece excursións pola Ría Sailway Marina de Vigo Rúa do Areal, 18 – Of. 14 Teléfono: 986 44 23 51 Aluguer de veleiros e cursos de formación práctica de vela. Maregalia Chárter Náutico Rúa Faisán, 1 Teléfono: 902 90 51 90
Golf Real Aero Clube de Vigo (9 buratos) Avenida do Aeroporto, s/n Teléfono: 986 48 66 45 Formalizar reserva
Caravanas Caracol Park Avenida de Europa, s/n – Samil Teléfono: 986 24 12 24
Tenis Pista de Ténis Complejo Samil, Avenida de Samil, s/n Teléfono: 986 24 15 79
Paintball Club Vigo Paint ball Estrada do Zondal, s/n – Baños (Santo Andrés de Comesaña) Teléfono: 605 04 47 87
Automodelismo Club A. Vigués Praia de Samil Teléfonp: 986 35 03 26/ 606 33 55 44 59