Gu铆a Hist贸rica da Cidade de Vigo
Concello de Vigo Praza do Rei , 1 36206 Vigo Tlf.: (+34) 986 810 100 www.turismodevigo.org
HISTORIA DE VIGO Fundación mítica de Vigo.
Vigo é unha cidade antiga, os seus restos prehistóricos e romanos así o testemuñan: era un importante asentamento castrexo e foi un pequeno porto pesqueiro e comercial no século I d.C, na intricada rede comercial do Imperio romano. Pero, paradoxalmente, é considerada unha cidade sen historia, moderna, polo seu desbordante crecemento no século XX. Velaí parte do prezo que debe pagar por carecer dun mito de fundación, de heroes e deuses que loitasen antes da historia, como a cidade de Roma ou como o Bos Aires de Borges.
Vigo tivo que xurdir das augas do Atlántico, débelle todo ao océano. As súas deidades son mariñas, seguro... mais non esquezamos a fragua e o ferro, símbolos do seu espírito industrial. Vigo sería, en termos de mitoloxía romana, o resultado da loita entre Neptuno e Vulcano, o deus das augas e os mares e o do lume e os metais, respectivamente. Unha loita para gañar o padroado da cidade e a honra dos seus habitantes.
E entón, en plena Idade Media, chegou o bardo que había de cantar o noso pasado mítico: o gran trobador medieval Martín Códax compuxo as súas cancións sobre Vigo:
5
“Ondas do mar de Vigo...”, “Quantas sabedes amar amigo, treydes comig’a lo mar de Vigo: E banhar-nos-emos nas ondas!...” xuntando para sempre a poesía, a música, o amor e o mar de Vigo. E traéndonos a Venus, a deusa do amor e da beleza, ao noso particular Olimpo das Cíes —antes illas dos deuses—, para xúbilo de todos os mortais...
E con estes tres deuses crecemos e sucamos os tempos e os mares.
Grandes moles metálicas e mariñas partían do porto a principios do século XX, cando Vigo era a porta de España cara a América, e grandes moles metálicas e mariñas volven hoxe cargadas de turistas. Así cambiaron as cousas nun século. Vigo é unha cidade fundada na alianza do lume, a auga e a beleza, que esqueceu o seu pasado mítico pero recorda, cada día, cara a onde vai. Somos unha cidade de viaxeiros que encontraron o seu porto. Como o capitán Nemo —ao que Xulio Verne sitúa na Ría co seu Nautilus—, moitos vigueses chegaron á cidade e decidiron quedar. Non hai mellor mensaxe para os visitantes que hoxe poidan descubrirnos.
7
VISITAS RECOMENDADAS: Museo Qui帽ones de Le贸n e Xacemento do Castro Ruta recomendada: Monte do Castro en 100 minutos
1
Prehistoria
Vigo e a súa bisbarra estiveron poboados dende a antigüidade. Malia que non se localizou ningún xacemento paleolítico, o Museo Municipal Quiñones de León si conserva, na súa abundante colección arqueolóxica, medio centenar de útiles tallados en cuarzo e cuarcita datados na Idade de Pedra.
Do Neolítico encontráronse diversos machados de man, algúns de carácter votivo. E dese período son numerosas as construcións funerarias, túmulos ou “mámoas”, que hai dispersas polos montes vigueses, entre as que destaca a denominada Casa dos Mouros, na subida ao parque da Madroa.
Igualmente, tamén son abundantes, nos montes que rodean a cidade, os petróglifos, de entre os que destacan os de Fragoselo e as Millaradas. Na transición do III ao II milenio a. C. hai un numeroso conxunto de gravados rupestres con representacións de motivos xeométricos, armas e fauna.
9
1
Prehistoria
Varios achados de cerámica, armas de bronce e máis gravados rupestres sinálannos a existencia de habitantes na chamada Idade de Bronce, entre os anos 1.900 e 800 a. C. E a cultura castrexa, que abrangue toda a Idade de Ferro e que se desenvolveu en Galicia dende o século VIII a. C. ata a fin do século I d. C., deixou en Vigo numerosos vestixios, como demostra a existencia de 26 castros no termo municipal. O maior deles, reconstruído en parte, pódese visitar na aba do parque do Castro. Nesa época, Vigo tiña unha das maiores densidades de poboación de toda Galicia.
11
VISITAS RECOMENDADAS: Museo Qui帽ones de Le贸n, Salinae e Vila Romana de Toralla
2
Época romana
En Vigo, denominada Vicus Spacorum, o proceso de romanización prodúcese moi cedo. Os restos arqueolóxicos, dos que se conservan diversas mostras no Museo Quiñones de León, amosan a existencia dunha intensa actividade portuaria e comercial no litoral vigués dende o século II a. C. ata o I d. C., cando se establece a pax romana.
Da época quedan salientables vestixios: asentamentos esparexidos polo litoral, como a Vila Romana de Toralla, restos de instalacións portuarias e de salgadura de peixe, rúas, necrópoles... así como a intensa romanización dos poboados castrexos preexistentes.
As últimas escavacións realizadas no barrio histórico e no ensanche, entre as que destacan as musealizadas do centro arqueolóxico Salinae, revelan a existencia dun importante asentamento humano entre os séculos III e VI d. C.
13
VISITAS RECOMENDADAS: Museo Qui帽ones de Le贸n Ruta recomendada: Visita autoguiada do Vigo antigo
3
Idade media
Durante este período, no que a Igrexa dominaba a sociedade galega,Vigo dependeu moitos anos do mosteiro cisterciense de Melón. Foi unha época marcada por frecuentes incursións de piratas nórdicos que obrigaron a poboación a desprazarse cara ao interior e refuxiarse no monte do Castro.
Na Idade Media, Vigo era coñecida polos seus oliveirais e polo seu florecente comercio pesqueiro. Existe constancia documental de igrexas románicas que proban a existencia de importantes asentamentos de poboación nos séculos XI, XII e XIII, en localizacións que coinciden con parroquias actuais: Santiago de Bembrive, San Salvador de Coruxo e Santa María de Castrelos. Sobreviven ademais dúas pontes románicas en Sárdoma e Fragoso e numerosos obxectos conservados no Museo Quiñones de León.
A partir do século XII a cidade comeza a recuperar poboación arredor da parroquia de Santiago de Vigo e do barrio pesqueiro de Santa María, o que hoxe constitúe o barrio histórico que se pode coñecer coa Ruta autoguiada do Vigo antigo. Pero o desenvolvemento de Vigo foi reducido mentres a Coroa limitou á veciña vila de Baiona o privilexio de comerciar por mar con outras cidades atlánticas.
15
VISITAS RECOMENDADAS: Museo Qui帽ones de Le贸n Ruta recomendada: Visita autoguiada do Vigo antigo
4
Do século XV ao XVIII
Coa pesca da sardiña como principal recurso económico e incentivo para o comercio, Vigo gaña poboación malia os piratas. Ataques como os do inglés Francis Drake en 1585 e 1589, ou o dos turcos en 1617, obrigaron a construír en 1656 as murallas da cidade e do Castelo de San Sebastián.
Mais é en 1702 cando se produce o episodio máis salientable da historia da cidade, a batalla de Rande. A frota anglo-holandesa persegue ata a Ría a Frota da Prata española procedente de Sudamérica e os buques franceses que a escoltaban. Aínda que parte do tesouro americano se puido descargar a tempo, os ingleses, vitoriosos, leváronse varios barcos e o seu contido e outros moitos foron afundidos na enseada de San Simón.
En 1778 québrase o monopolio dos portos autorizados a comerciar con América e Vigo comeza a beneficiarse dese tráfico comercial. Mellóranse entón as defensas da cidade, con novos bastións como o da Laxe, e configúrase a muralla con sete portas: Falperra, Berbés, do Mar, Laxe, Gamboa, Sol e do Pracer, lugares que hoxe dan nome a rúas doadamente visitables coa Ruta autoguiada do Vigo antigo.
A cidade comeza entón a crecer da man de comerciantes e industriais cataláns que, na segunda metade do século XVIII, instalan fábricas de salgadura, xabón e produtos de coiro e liño. Da súa man chegan tamén á cidade obras de arte de toda Europa que aínda hoxe se conservan no Museo Quiñones de León.
19
VISITAS RECOMENDADAS: Arquivo Pacheco e Museo Liste Ruta recomendada: Visita autoguiada do Vigo se単orial
5
O século XIX
En 1809, o exército francés ocupa Vigo, pero a resistencia popular deriva nunha rápida liberación, a popular Reconquista que aínda hoxe se conmemora. Este episodio, que outorgou a Vigo o título de cidade "Fiel, Leal e Valorosa", foi sucedido por unha serie de obras que melloraron as dotacións: en 1833 acondiciónase o camiño real a Madrid, un ano despois remátase a construción da nova Colexiata, a mediados de século créase unha sucursal do Banco de España, constrúese un novo peirao de pedra, etc. A cidade crece e os seus rexedores acordan demoler as murallas para facilitar a súa expansión.
Neste tempo continúan abríndose fábricas de salgadura e de derivados mariños, o que provoca o crecemento da poboación asalariada e tamén dunha burguesía financeira. Sen murallas, Vigo abre novas rúas e levanta nobres edificios de pedra que se poden percorrer coa Ruta autoguiada do Vigo señorial.
E Vigo expándese tamén polo mundo, especialmente grazas ás súas relacións con América. Dende 1855 establécense rutas periódicas á Habana, Bos Aires e Porto Rico. E en 1881 inaugúrase a liña férrea a Ourense.
21
É unha nova cidade a que, en 1899, acumula aos seus anteriores títulos o de "Sempre benéfica" pola súa acollida aos militares feridos na Guerra de Cuba. Unha nova cidade recollida nas imaxes que conserva o Arquivo Pacheco pero que non renunciaba ás tradicións e a etnografía do seu rural, conservadas aínda hoxe no Museo Liste.
VISITAS RECOMENDADAS: Arquivo Pacheco, Museo Liste e MARCO Ruta recomendada: Visita autoguiada Vigo de onte a hoxe
6
Séculos XX e XXI
No primeiro terzo do século XX o porto de Vigo está unido á imaxe dos miles de galegos que embarcaron rumbo á emigración, pero tamén ao desenvolvemento económico. As fotos daquel crecemento consérvanse no Arquivo Pacheco, memoria dunha época na que comezan a crearse importantes empresas como os estaleiros de Barreras e Vulcano, ou Pescanova e unha morea de firmas relacionadas co mar que converteron ao vigués no principal porto pesqueiro de Europa.
Outro símbolo da cidade foi o tranvía, que comezou a funcionar en 1914, ao tempo que despuntaba unha enorme actividade social, con xornais, asociacións e organizacións de carácter político ou sindical. Foi un dinamismo que enmudeceu co golpe de estado fascista contra a República e a posterior Guerra Civil.
Segundo avanza o século, Vigo absorbe os municipios de Bouzas (1904) e Lavadores (1941), pero non perde o seu perfil máis rural que aínda se pode contemplar na periferia e que se conserva no Museo Liste.
25
A mediados de século trázase a Gran Vía, instálanse industrias como Citroën, e créanse novos barrios como Coia, o que permite un elevado crecemento demográfico, pasando dos 30.000 habitantes que había en 1910 aos case 300.000 actuais.
Hoxe Vigo é unha cidade industrial pero tamén de servizos. Unha cidade vangardista que se mira no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) e nos seus máis modernos edificios e espazos urbanos, que se poden percorrer coa Ruta autoguiada Vigo de onte a hoxe. A automoción, os estaleiros, as conserveiras, a construción e a moda fan de Vigo o motor económico de Galicia e un punto de referencia tamén para o Norte de Portugal.
Prehistoria Roma Idade Media s.XV-XVIII s.XIX s.XX-XXI x x x x x
x x x x x
Vigo de onte a hoxe
Vigo señorial
Vigo antigo
MARCO
Arquivo Pacheco
Museo Liste
Vila romana de Toralla
Salinae
Xacemento do Castro
Pazo Museo Quiñones de León
Museos Rutas
x x x x x x