C.E.I.P. Nº 1 – TUI CURSO 2010-11
ÍNDICE
1. TÍTULO DO PROXECTO 2. XUSTIFICACIÓN 3. OBXECTIVOS 4. ACTIVIDADES QUE SE VAN A DESENVOLVER (Responsables, recursos e temporalización) 5. NECESIDADES FORMATIVAS E ORZAMENTARIAS
6. CRITERIOS PARA O SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN 7. RELACIÓN NOMINAL DE PARTICIPANTES
1
1. TÍTULO DO PROXECTO
“AS
COMPETENCIAS
BÁSICAS
NA
PRÁCTICA
EDUCATIVA”
2. XUSTIFICACIÓN
Dende o C.E.I.P. nº 1, plantexámonos para este vindeiro curso 201011, continuar co proxecto de autoavaliación e mellora da calidade da educación por distintas razóns: A motivación que xurde do claustro de profesorado para continuar na línea do anterior proxecto, agora que xa pasamos pola teoría; desexamos poñelo en práctica para acadar o desenvolvemento das Competencias Básicas entre o noso alumnado. A visión que producen os logros acadados ata agora, como froito dun consenso de traballo en equipo, así como as aportacións derivadas dos distintos puntos de vista e opinións que enriquecen aos demais.
Tal e como se amosou na memoria do proxecto de mellora levado a cabo durante este curso pasado, os obxectivos plantexados non foron acadados na súa totalidade, moitos quedaron en proceso por falta de tempo.
2
3. OBXECTIVOS
Acadada a parte do proxecto do plan de autoavaliación e mellora do curso 2009-2010 que supoñía a Integración das Competencias Básicas no currículo (tarefa que nos levou a maior parte do noso tempo); trátase agora neste novo proxecto de xustificar e concretar aqueles obxectivos presentes no proxecto anterior que quedaron en proceso ou ben pendentes de elaboración, nos cales queremos profundar, así como de incorporar algún obxectivo novo.
3.1. Obxectivo:
“Integrar
as
Competencias
Básicas
nas
programacións e en unidades didácticas”
Cómo incluír as competencias na programación?
A INCLUSIÓ INCLUSIÓN DAS COMPETENCIAS BÁ BÁSICAS NO CURRÍ CURRÍCULO
Programar por competencias 1º Definir de forma operativa as CCBB dentro do Proxecto educativo (Concreción curricular). Tanto a LOE como os currículos fan referencia en numerosas ocasións a autonomía do centro. 2º Establecer as contribucións da área/materia para a adquisición polo alumnado das competencias. (Programación de ciclo). 3º Relacionar cada elemento do currículo coas competencias 4º Establecer as metodoloxías apropiadas tanto, para a aprendizaxe de contidos como para a adquisición das competencias (métodos, tarefas, recursos...).
A programación leva implícita a valoración do proceso de ensinoaprendizaxe co fin de melloralo (avaliación). A programación ten tres estadios ou niveis de concreción: - O Proxecto Educativo que marca os fins e obxectivos educativos do centro de acordo cos obxectivos xerais de etapa (LOE, ensinos mínimos). - O Proxecto Curricular de etapa que fixa os obxectivos xerais a conseguir e as competencias a desenvolver na etapa, os contidos e criterios de avaliación para cada área por ciclos (currículo). - A Programación Didáctica (orde de implantación) recolle a formulación de obxectivos por ciclos, a secuenciación de contidos e criterios de avaliación por curso, a metodoloxía a empregar, os recursos empregados, así como as medidas de atención á diversidade e forma a base para a elaboración das unidades didácticas. Unha programación ben feita facilita o traballo do docente e fai máis fácil o proceso de ensino-aprendizaxe.
Este obxectivo, como xa se xustificou na memoria do proxecto anterior, só se levou a cabo na etapa de Educación Infantil (pensamos que o currículo é máis concreto, constando de 3 áreas e moi globalizado, permitíndonos enlazar todo con mais facilidade e menos tempo), así este vindeiro curso queremos acadalo na etapa de Educación Primaria.
3
3.2. Obxectivo: “Coñecer diversos métodos para traballar en competencias básicas e levalos á práctica ” (implica a elaboración dun documento de metodoloxías adecuadas para o ensino das competencias). Está en proceso de elaboración.
Métodos para a ensinanza das competencias Non existe un único método. • O máis adecuado é a utilización de múltiples estratexias metodológicas en función dos obxectivos e as características do alumnado. • Todo o proceso comporta un ensino diverso e complexo cunha metodoloxía variada, cuxas dimensións ou variables podémolas agrupar baixo o concepto de “tarefas”: - As secuencias de actividades (clase clase expositiva, por descubrimento, por
proxectos,etc.). proxectos - As relacións e situacións comunicativas (directiv directiva as, participativa participativas, cooperativa cooperativas,etc.). - As formas de agrupamento ou organización da clase (gran gran grupo, equipos fixos, grupos móbiles, biles,etc.). etc - O xeito de distribuír o espazo e o tempo (recunchos, recunchos, talleres, aulas de área,etc rea,etc.). - O sistema de organización dos contidos (disciplinar, disciplinar, interdisciplinar, interdisciplinar, globalizador, globalizador,etc.). etc libro de texto, ensino por ordenador, - O uso dos materiais curriculares (libro ordenador, fichas autocorrex autocorrexibles, ibles, etc). etc - O procedemento para a avaliación (inicial, inicial, de resultados, formativa, etc). etc
3.3. Obxectivo: “Avaliar as competencias básicas do alumnado” (leva consigo a elaboración dun documento para avaliar cada competencia básica). Está en proceso de elaboración
AVALIACIÓ AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS BÁ BÁSICAS
Instrumentos avaliación das COMPETENCIAS BÁ BÁSICAS
Características da avaliación desde as competencias: Elementos: - situacións e contextos - coñecementos - procesos implicados Precísanse situacións, técnicas e instrumentos variados - observación (traballo individual, grupal, actitudes ...) - producións: traballos, tarefas, ideas ... - probas orais e escritas Importancia da avaliación formativa - avaliación sumativa: para garantir a aprendizaxe permanente
Rexistro anecdótico
Observación Cuestionarios/Enquisas Entrevista Diario de clase Caderno do alumno Exame escrito ou proba obxectiva Exame oral
Autorregulación da aprendizaxe dos alumnos: autoevaluación Requisitos das actividades para avaliar competencias - o alumno debe integrar os coñecementos e as destrezas - solicitaranse respostas complexas e creativas - deberá reestruturar o aprendido para afrontar o problema
Grabacións en audio/video
•
Poden autoaplicarse por os propios alumnos/as (autoenquisas, autoseguementos, autorrexistros etc.).
- responderá á situación ou simulación proposta na pregunta
4
3.4. Obxectivo: “Elaboración de dous proxectos globalizados”
En Educación Infantil conseguimos levar a cabo no 3º trimestre un proxecto globalizado co tema “Coñecemos o río Miño” enfocado as Competencias Básicas; e volvendo a reiterar o mesmo, por falta de tempo quedou pendente de poñelo en práctica na Educación Primaria; así como o proxecto “O parque Natural do Monte Aloia” que se desenvolverá nas etapas de Infantil e Primaria.
O Obxectivo para este vindeiro curso será culminar o noso traballo de Competencias Básicas que comezamos con moita ilusión; e logo de pasar por toda a teoría ( Documento operativo das CCBB para o noso centro, Documento de Integración
das
CCBB
no
currículo,
Documento
de
Avaliación das CCBB(en proceso) ) pensamos que o máis satisfactorio e lóxico sería poñer todo eso en práctica cos alumnos/as para que non queden en meros documentos que se achegan ao Proxecto Educativo de Centro.
5
4. ACTIVIDADES QUE SE VAN A DESENVOLVER ( responsables, recursos e temporalización)
Actividade
Responsable
Recursos
Integrar as CCBB nas
Todo
Ponencias
programacións na etapa
o profesorado
Currículo
de Primaria
Inspección Educativa
Todo
Ponencias
o
Currículo
profesorado
Inspección Educativa
Todo
Ponencias
1º trimestre/
o
Currículo
2º trimestre
profesorado
Inspección Educativa
de Educación Primaria Documento
de
metodoloxías
Documentos de avaliación
Temporalización
1º trimestre
1º trimestre
Toda a Comunidade Proxecto “Coñecemos o
Todo o
río Miño” en Educación profesorado de Primaria
Primaria
educativa.
2º trimestre
O concello Internet Organismos públicos
Proxecto
“O
Parque
Natural do Monte Aloia” en E. Infantil e E. Primaria
Toda a Comunidade Todo
educativa.
o
O concello
profesorado
Internet
3º trimestre
Organismos públicos
6
5. NECESIDADES FORMATIVAS E ORZAMENTARIAS
5.1. Precisaremos cursos específicos de formación sobre:
A práctica educativa dende as Competencias Básicas: Programación Posta en práctica Metodoloxías Avaliación 5.2. No proxecto levado a cabo no curso 2009-10 implicouse á totalidade do Claustro do profesorado polo que están dispostos a continuar co seu apoio na continuación do proxecto para este vindeiro curso 2010-11. Contaremos tamén coa supervisión e avaliación da Inspección educativa.
5.3. A coordinadora do plan desenvolverá a súa función de dinamizar e impulsar o proxecto; elaborar as actas das reunións; de servir de interlocutora coa Administración Educativa e de elaborar a memoria final coa colaboración do resto de participantes.
5.4. Na elaboración do presente proxecto de plan de mellora da calidade da educación estivo implicado o Equipo Directivo e un grupo de profesores.
7
5.5. Para desenvolver o proxecto de autoavaliación e mellora da calidade da educación, precísase dunha dotación económica. O orzamento que estimamos necesario é o seguinte:
Actividades de formación (axudas de custo, relatorios).... 500 Euros Materiais non inventariable (funxible)............................... 900 Euros Fondos documentais......................................................... . 900 Euros Desprazamentos, saídas ao entorno................................. 1.500 Euros Encuadernación de proxectos, imprenta......................... TOTAL
600 Euros
........................... 4.400 Euros
8
6. CRITERIOS PARA O SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN
Realización continuada e sistemática de valoracións( 1º e 2º trimestre) que nos conducirá a unha planificación axustada ás necesidades da realidade existente, permitíndonos reaxustar se é preciso dita planificación; así como unha avaliación final do plan.
Criterios para o seguimento: • O deseño do plan foi o axeitado. • Grao de implicación e asistencia dos participantes. • Os Recursos utilizados foron escasos ou suficientes. • A metodoloxía: o Foi axeitada o Foi preciso reconducir o método de traballo. • A temporalización foi a adecuada para acadar o Plan na súa totalidade. • Parte teórica: o Foi suficiente a formación teórica. o Os poñentes responderon ás nosas necesidades. • Parte Programación-Proxectos: o A programación dos proxectos adecuóuse aos obxectivos que se pretendían acadar. • Parte práctica: o Capacidade de aplicación da teoría á practica docente. o O alumnado acadou as CCBB que se pretendían.
9
7. RELACIÓN NOMINAL DE PARTICIPANTES
Á hora de formar o EQUIPO DE TRABALLO do profesorado participante no proxecto, atopámonos que algúns mestres están pendentes de incorporarse con destino definitivo ao noso centro, polo que non sabemos da súa participación.
A RELACIÓN DO EQUIPO DE PROFESORADO PARTICIPANTE: Álvarez Iglesias, Marta Barros Rey, Mª José Carrete Marcos, Mª José Casas Freire, José Castro Roa, Nerea Dios Blanco, Eduardo A. Gómez Diegues, Ruth López Ramírez, Mª Luisa López Vázquez, José Alberto Pérez Saracho, Mª Luisa
Sánchez Sánchez, Francisco Coordinadora: Nóvoa Freijido, Cristina
10