Plan de orientación académica 13 14

Page 1

PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

CEIP Plurilingüe Nº1 - Tui

Curso 2013 - 2014


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

INDICE Páx. 1.

INTRODUCIÓN.....................................................................................

3

2.

MARCO LEGAL....................................................................................

4

3.

CONTEXTUALIZACIÓN........................................................................

6

3.1. Características do contorno...........................................................

6

3.2. Características do centro...............................................................

6

3.2.1. Profesorado.......................................................................

6

3.2.2. Unidades, xornada, horarios, servizos que se ofertan.........

7

3.2.3. Estrutura organizativa do centro.......................................

8

3.3. Características do alumnado.........................................................

8

ORGANIZACIÓN DO DEPARTAMENTO ................................................

9

4.1. Constitución do Departamento de Orientación.......................

9

4.2. Funcións do Departamento de Orientación.............................

10

4.3. Funcións do Xefe do Departamento de Orientación................

11

OBXECTIVOS......................................................................................

13

5.1. Obxectivos referidos ao Centro...............................................

13

5.2. Obxectivos referidos ao alumnado..........................................

13

5.3. Obxectivos referidos ao profesorado.......................................

14

5.4. Obxectivos referidos ás familias.............................................

14

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE................................................................

15

4.

5.

6.

6.1

Valoración das necesidades educativas especiais....................

15

6.2

Medidas de atención á diversidade.........................................

17

7. PLAN DE TRABALLO..............................................................................

25

8. RECURSOS E MATERIAIS......................................................................

27

8.1. Recursos de tipo instrumental...............................................

27

8.2. Recursos de tipo organizativo.................................................

27

8.3. Recursos humanos e de equipos pedagóxicos.........................

28

9. AVALIACIÓN..........................................................................................

29

10. HORARIO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.............................

30

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

2


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

1.

INTRODUCIÓN

A lexislación educativa máis recente outórgalle á función orientadora un papel relevante, considerándoa un pilar básico do sistema educativo e un dos factores fundamentais que inciden na calidade dos procesos que nel se desenvolven.

No noso centro concibimos a Orientación Educativa como un proceso continuo de apoio e asesoramento, sobre

aspectos escolares, persoais, académicos e

profesionais, aportado polo sistemas educativo ao alumnado. É un deber compartido por todo o profesorado, coas responsabilidades propias das diferentes tarefas que se desempeñan.

As actividades da orientación precisan dunha planificación coidadosa, cuns obxectivos marcados a partir da análise da realidade, programándose actuacións concretas, deseñándose estratexias específicas e organizándose os espazos e os tempos nos que se desenvolverá o planificado. Débese contemplar tamén o grao de consecución cos obxectivos propostos e a proposta de accións de mellora.

O Plan do Departamento de Orientación é o documento onde se recolle a planificación do conxunto de actuacións a realizar no noso centro no presente curso académico 2013/2014 relacionadas coa orientación, a atención á diversidade e a acción titorial.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

3


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

2.

MARCO LEGAL

A nivel legal teremos en conta os seguintes documentos: Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación LOE. Decreto 120/1998, polo que se regula a Orientación Educativa e Profesional en Galicia. Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 374/1996 de 17 de outubro, Regulamento Orgánico das Escolas de Educación Infantil e CEIP. Orde do 22 de xullo do 1997 que desenvolven determinados aspectos da organización e desenvolvemento das EEI, CEP, e CEIP. Decreto 130/2007 do 28 de xuño polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do curriculum nas ensinanzas de réxime xeral. Orde do 28 de outubro de 1996, pola que se regula as condicións e o procedemento para flexibilizala duración do período de escolarización de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a condicións de sobredotación intelectual. Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que

cursan ensinanzas de

réxime

xeral, e establece o

procedemento e os criterios para a realización do ditame de escolarización. Orde do 20 de febreiro de 2004, pola que se establecen as medidas de atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

4


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Orde do 27 de decembro de 2002, pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais. Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Circular 10/2010 das Direccións Xerais de Orientación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional en Galicia.

Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiza nos que se imparten as ensinanzas establecidas na LOE..

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

5


Plan de Orientación Académica

3.

Curso 2013 – 2.014

CONTEXTUALIZACIÓN

3.1. Características do contorno

O C.E.:I.P. plurilingüe Nº 1 está situado en Tui. Esta vila é coñecida, entre outras cousas, polo seu carácter fronteirizo. A historia da cidade sempre estivo unida á da vila de Valença do Minho, situada á outra beira do río (Portugal). O CEIP Nº1 atópase nunha zona privilexiada, a carón do casco antigo e á beira do río Miño. Moi perto están os xardíns co seu parque infantil e unha fermosa alameda ubicada entre o Mosteiro de Santo Domingo e o río. Conta coas instalacións deportivas do pavillón municipal e a piscina pertencente a un ximnasio privado. A corredoira é a rúa principal e máis coñecida de Tui. É a zona peatonal ou de paseo por excelencia. Trátase dunha rúa rodeada de edificios nobres cheos de historia e onde a pedra é a principal protagonista. A vila, ademais conta con tódolos servizos e está sita preta de outras vilas grandes, coma poden ser Porriño, e tamén preto da cidade de Vigo.

3.2. Caracteríticas do centro 3.2.1. Profesorado O centro conta cun total de 19 mestres: 4 mestras de Educación Infantil. 6 mestres Educación Primaria. 1 mestra de Música. 1 mestre de Educación Física. 1 mestra de Lingua Inglesa. 2 mestres especialistas de P.T. Un deles, exclusivo para Unidade de Atención Preferente. 1 mestra de Relixión Católica compartida co C.E.I.P. Nº 2 de Tui. 1 mestra de Relixión Evanxélica compartida co C.E.I.P. de Vilaboa.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

6


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

2 mestras de AL: Unha delas, itinerante co C.E.I.P. de Rebordáns (ven 2 días á semana) 1 orientadora itinerante co C.E.I.P. de Rebordáns (ven 3 días á semana) • Contamos ademais con 2 coidadoras e estamos pendentes da adxudicación dun auxiliar de conversa de lingua inglesa.

3.2.2. Unidades, xornada, horario, servizos que oferta o centro.

CEIP Plurilingüe Nº 1 7 Unidades de Primaria: 1º,2º A e B,3º,4º,5º,6º. 3 Unidades de E.I. 3anos, 4 anos, 5 anos. 1 Unidade de Atención Preferente ó alumnado con T.X.D. Xornada continua: 09:10 – 14:10 Lectivo Horario

Non lectivo Luns: 14:10 – 15:10

Luns a venres: 09:10 - 14:10

Martes: 16:00 – 19:00

Biblioteca de Centro aberta a toda a comunidade educativa e Actividades Extraescolares en colaboración coa ANPA. Transporte escolar: 11 alumnos/as. Comedor: Xestionado pola ANPA.

**

Cabe destacar que a partir do curso 2010-2011 funciona no centro unha

Unidade de Atención Preferente ó alumnado con T.X.D:, á que asisten 5 nenos/as. Este alumando pertencie a un grupo de referencia, compartindo unha parte do seu horario coas compañeiros/as do mesmo (áreas de Educación Física, Música, Plástica, así coma noutras actividades nas que é posible realizar a inclusión), e asistindo á aula de apoio un número de horas semanais establecido en función do seu desenvolvemento adaptativo e curricular.

3.2.3. Estrutura organizativa do centro

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

7


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

A estrutura organizativa do centro cumpre coas prescricións da seguinte normativa: Decreto 374/1996 de 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das Escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de EI, dos colexios de EP, e dos C.E.I.P. dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3.3. Características do alumnado

A maioría do alumando provén do casco urbán de Tui, aínda que tamén hai alumnos que proveñen de parroquias limítrofes, polo que o centro conta con servizo de transporte escolar.

Contamos

con

varios

alumnos

procedentes

do

estranxeiro

que

están

perfectamente inegrados, tanto na aula coma no centro.

En canto ás familias, sinalar que a maioría delas ten un nivel medio tanto a nivel cultural como a nivel socioeconómico. As familias estranxeiras están integradas e colaboran co centro cando se requiren.

A situación linguística, un estudo do centro indica que as familias empregan como lingua da súa vida cotiá o castelán.

A ANPA está moi implicada no traballo e participa en todas aquelas actividades que se realizan no mesmo.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

8


Plan de Orientación Académica

4.

Curso 2013 – 2.014

ORGANIZACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

4.1. Constitución do Departamento de Orientación O CEIP Plurilingüe Nº 1 e o CEIP de Rebordáns teñen departamento de orientación compartido. A orientadora exerce a xefatura do departamento en cada un deles realizando o seu traballo cun reparto horario organizado polas direccións de ambos centros: -

3 días no centro base: luns, mércores e xoves.

-

2 días no compartido: martes e venres.

De acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 120/1998 polo que se regula a Orientación

na

Comunidade

Autónoma

de

Galicia;

o

Departamento

de

Orientación está constituído por:

Manola A. Zafra González ((Xefa do Departamento de Orientación compartida) Mª Jesús de la Torre López (Mestra de Audición e Linguaxe compartida)

Mestres do Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Nº 1 Mª

José

Carrete

Marcos

(Mestra

de

Pedagoxía

Terapéutica

e

coordinadora do 2º ciclo de Educación Primaria ). Silvia Rodríguez Vaqueiro (Mestra de Audición e Linguaxe). F. Javier Porto Parente (Mestre de Pedagoxía Terapéutica). Nuria Feijoo Álvarez (Coordinadora de Educación Infantil). Concepción Álvarez Fernández(Coordinadora de 1º Ciclo de E. Primaria). José Alberto López Vázquez (Coordinador do 3º Ciclo de E. Primaria).

Mestres do Departamento de Orientación CEIP de Rebordáns José Luis Martínez Fernández ( Mestre de Pedagoxía Terapéutica) Eva Alonso Varela ( Coordinadora de E. Infantil ) Sandra González Blanco ( Coordinadora do 1º ciclo de E. Primaria ) Rosa Mª Loureiro Bugarín (Coordinadora do 2º ciclo de E. Primaria ) Félix Patiño Antiqueira ( Coordinadora do 3º ciclo de E. Primaria ).

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

9


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

4.2. Funcións do Departamento de Orientación

As funcións do Departamento de Orientación son: Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación, dos alumnos do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención. Elaborar, de acordo coas directrices establecidas no plan de orientación e da comisión de coordinación pedagóxica, as propostas do plan de orientación académica e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan. Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de

desenvolvemento ou de aprendizaxe

derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas. Participar na avaliación psicopedagóxica conforme a normativa ó respecto, e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade. Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflitos de relación interpersonal. Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos, ou en calquera outro relacionado co seu ámbito de actuación. Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención. Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

10


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

cooperación entre o centro e as familias, implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses; adquisición de hábitos de hixiene e autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado. Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións no ámbito das súas competencias. Aqueloutras que Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.

4.3. Funcións do Xefe do Departamento de Orientación

As funcións do xefe do departamento son: Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento. Responsabilizarse

da redacción

do

plan

anual

de

actividades

do

departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso. Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica. Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter

extraordinario

fose

preciso

celebrar,

levantando

acta

correspondente. Asistir as reunións convocadas pola xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito. Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso. Coordina-la organización de espazos e instalacións para a orientación, a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación. Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo 4º a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme ó procedemento

e os criterios establecidos no

proxecto curricular do centro e responsabilizarse da elaboración do informe psicopedagóxico. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

11


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Coordinar, en colaboración co profesorado de apoio, a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado. Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas. Esta participación responderá as súas competencias de asesoramento e apoio ó profesorado e asistirá a elas con voz e sen voto. Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación.

O traballo do Departamento non é un traballo illado senón

que

estará

en

conexión con outros departamentos ou grupos de coordinación docente. Haberá unha

dobre

coordinación: por unha banda está a interna (con membros do

propio centro educativo), e por outro lado a externa, con outros membros da comunidade educativa ou social implicados na educación e formación tanto dos nenos, coma das familias e dos propios mestres:

Interna : Xefatura de Estudios , titores , departamentos , ciclos, profesorado de PT e AL

Externa : - Cos I.E.S. aos que estamos adscritos (San Paio e Francisco Sánchez) - Coa Inspección Educativa - Co Equipo de Orientación Específico, - Coas Familias , - C.E.F.O.R.E - servizos dependentes do SERGAS - servizos Sociais do Concello - Gabinetes (cando dende o centro se considere necesario)

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

12


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

5.

OBXECTIVOS

Atendendo ás demandas da comunidade educativa, e de acordo coas disposicións legais existentes, trataremos de acadar os seguintes obxectivos:

5.1 Obxectivos referidos ao Centro: Colaborar na revisión do PEC, PXAD, PAT, Plan de convivencia... Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa. Cooperar coa comunidade

educativa, favorecendo as canles de

comunicación e colaboración conxuntas. Participar nas avaliacións e colaborar no ámbito das competencias da orientación. Participar e representar o DO nas xuntanzas mensuais da CCP. Convocar e presidir as xuntanzas do DO levantando a correspondente acta de reunión. Velar pola confidencialidade dos documentos. Asesorar na posta en práctica do plan de acción titorial.

5.2 Obxectivos referidos ao alumnado: Contribuír á personalización do proceso de aprendizaxe do alumnado. Apoio aos problemas de aprendizaxe individual ou grupal, incidindo no ámbito da prevención. Axuda no desenvolvemento persoal, na toma de decisións e nos diferentes problemas de axuste no ámbito da aprendizaxe. Identificar

as

dificultades

e

potencialidades

do

alumnado

con

necesidades educativas especiais, concretando as pautas de actuación e as medidas de atención. Desenvolver programas de adquisición de habilidades sociais, técnicas de traballo intelectual e estratexias de aprendizaxe cooperativa. Deseño, seguimento e

avaliación

das actuacións ou

programas

propostos polo departamento para desenvolver nas aulas.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

13


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

5.3 Obxectivos referidos ao profesorado:

Asesorar ao profesorado nas actuacións educativas a realizar segundo as diferentes necesidades que podan presentar os alumnos. Participar no deseño, desenvolvemento e avaliación das diferentes medidas de atención á diversidade: actividades de reforzo, ACIs e outras medidas curriculares ou organizativas. Asesorar e colaborar na incorporación de contidos relacionados coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre mulleres e homes. Asesorar no desenvolvemento do PAT. Colaborar cos titores na avaliación inicial individual e grupal, en especial no caso do alumnado de novo ingreso e nos cursos que supoñan un cambio de ciclo. Proporcionarlles ós titoras/es materiais asesorándolles sobre o seu emprego (técnicas de estudio, autoconcepto, aprender a aprender, aprendizaxe cooperativa, resolución de conflitos...) Facilitar a relación con outros servizos da comunidade educativa: equipos de orientación específicos, centro de recursos, IES San Paio, gabinetes privados...

5.4 Obxectivos referidos ás familias: Entrevistas coas nais/pais do alumnado que presente algún tipo de problema ou particularidade específica Informar e asesorar ás familias do alumnado con necesidades educativas especiais. Colaborar nas relacións nais/pais, titoras/titores e centro educativo, no ámbito das competencias da orientación. Potenciar e colaborar coas actuacións que promovan unha maior implicación das familias na educación das súas fillas e fillos.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

14


Plan de Orientación Académica

6.

Curso 2013 – 2.014

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Entendemos como fontes de diversidade: ás capacidades, á motivación, ós intereses, á cognición (competencia, ritmos e estilos cognitivos) e ás diferenzas biolóxicas e orgánicas, as socioafectivas, as escolares, as socioculturais, as de desenvolvemento lingüístico, ... Un dos primeiros pasos na atención á diversidade dase na realización de Concrecións Curriculares, nas que adaptamos o Deseño Curricular Base ó noso centro e ó contorno sociocultural. As programacións de aula permiten concretar, aínda máis, estas Concrecións Curriculares

para un determinado grupo de

alumnos/as, orientando o proceso de ensino e aprendizaxe e atendendo á diversidade con que nos atopamos en cada grupo de alumnos e alumnas. A pesar destas medidas ordinarias de atención á diversidade atopámonos con alumnos con necesidades educativas especiais. A orixe destas necesidades educativas

especiais

pode

atribuírse

a

diversas

causas

relacionadas,

fundamentalmente, co contexto familiar, social ou cultural, coa historia educativa e escolar dos alumnos e alumnas ou con condicións persoais asociadas sexa a discapacidades psíquicas, motoras ou sensoriais, sexa a condicións de sobredotación en canto a capacidades intelectuais. Cando esta necesidade é especial é porque require unha atención máis específica ou

maiores recursos

educativos.Ó atender a estes alumnos no marco dunha ensinanza comprensiva e aberta á diversidade estamos contribuíndo á integración social dos mesmos, é dicir, ó fin primordial do ensino obrigatorio.

6.1. Valoración das necesidades educativas especiais Como se reflicte no Plan de Acción Titorial, a detección das necesidades educativas especiais que puidera ter algún neno/a correspóndelle ós/ás profesores-titores, fundamentalmente na avaliación inicial do alumnado. Os

titores

poden

demandar

do

servizo

de

orientación

a

avaliación

psicopedagóxica daqueles alumnos que presenten algún tipo de dificultade na realización das actividades de clase ou na consecución dos obxectivos establecidos para a etapa ou ciclo. C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

15


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

A realización da avaliación psicopedagóxica será competencia do Xefe do Departamento de Orientación, que, de consideralo conveniente, solicitará asesoramento, colaboración e/ou deriva da demanda de avaliación a outros servizos ou profesionais: Servizos dependentes do SERGAS, a traballadora ou traballador social, o Equipo de Orientación Específico de Pontevedra, … Enténdese por avaliación psicopedagóxica o proceso de recollida, análise e valoración da información relevante dos distintos elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de identificar as necesidades educativas especiais de determinados alumnos que presentan ou poden presentar desaxustes no seu desenvolvemento persoal e/ou académico, de tal xeito que permita fundamentar decisións encamiñadas á mellora-la atención educativa destes rapaces e a concretar unha resposta axeitada ás súas necesidades educativas. Ten polo tanto unha finalidade informativa, non etiquetadora, sobre as características e circunstancias dun neno concreto. Basearase no nivel acadado polo alumno/a en canto ós obxectivos e contidos de aprendizaxe, e especialmente na valoración das súas potencialidades e da interacción co profesor/a, cos seus compañeiros e cos materiais no contexto da aula e no centro escolar, así como co seu contorno sociofamiliar. As conclusión derivadas da avaliación psicopedagóxica recolleranse nun informe escrito que se entregará ao titor e do que o xefe do departamento trasladará copia ao expediente do alumno. Este informe debe recoller as orientacións que se estimen necesarias para unha atención axeitada ás necesidades do alumno, orientacións que se revisarán a demanda do titor, de non resultar satisfactorias, e que deberán contar coa aprobación do Departamento de Orientación. O servizo de orientación tamén emitirá informe nos casos que prescribe a normativa (traslado a outro centro de alumnos con necesidades educativas especiais, solicitudes de alteración da escolaridade ou ditame de escolarización, repeticións extraordinarias de cursos...) ou a petición das persoas interesadas ou institucións competentes. Os documentos relativos á avaliación psicopedagóxica levarán constancia do seu carácter confidencial e trasladarase ó expediente do alumno unicamente aquela información relevante para a intervención educativa.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

16


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Os titores rexistrarán no expediente académico do alumno/a, nos informes de avaliación individualizados ó remate de cada ciclo o grao de desenvolvemento daqueles aspectos relacionados coas medidas especiais que se tomasen con determinado alumno/a.

6.2. Actuacións, Medidas e programas para a atención á diversidade

As actuacións programadas para a atención á diversidade quedan enmarcadas dentro do PAT, polo que aquí centrarémonos na atención ós alumnos con necesidades educativas especiais. O proceso educativo deste alumnado tenderá fundamentalmente ó desenvolvemento das habilidades sociais e de autonomía, incluído o dominio das técnicas instrumentais, que posibiliten a súa integración social. As medidas de atención ós alumnos con necesidades educativas especiais serán decididas polo departamento de orientación, e abarcan o reforzo educativo, a adaptación curricular, os agrupamentos flexibles de alumnos e a flexibilización do período de escolaridade obrigatoria... Tanto as actuacións de reforzo educativo como

as

adaptacións

curriculares

deberán

axustarse

á

correspondente

programación e avaliación. Os alumnos cos que se adopten estas medidas serán obxecto dun seguimento máis exhaustivo por parte do profesorado que o atenda, deixando constancia por escrito os resultados deste seguimento, procurando a maior concreción posible. Ó remate da educación primaria o Departamento de Orientación elaborará un informe sobre o proceso educativo do alumnado que fose obxecto de atencións derivadas de necesidades educativas especiais. Nel recollerase unha descrición dos apoios adicionais recibidos, de tipo curricular, organizativo e de acceso ó currículo, se os houbese. Este informe terá carácter confidencial e xuntarase á documentación que se remite ó centro no que o alumno/a vaia continua-la súa escolarización.

Son todas aquelas estratexias que o centro pon en funcionamento para ofrecer unha educación de calidade co fin de garantir a todo o noso alumnado

un

proceso de escolarización en igualdade de oportunidades.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

17


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Seguindo o Decreto 229/2011, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, podemos distinguir:

A. Plan Xeral de Atención á Diversidade

Neste plan se recollen medidas que facilitan a adecuación do currículo prescriptivo ao contexto sociocultural do centro e ás características do alumnado.

1. Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula.

2. Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado. Na programación de cada área contemplamos a diversidade: •

Realizando unha avaliación inicial que nos indique a situación de partida de cada alumno.

Propoñendo obxectivos didácticos adaptados ao nivel de competencia e orientados ás competencias básicas.

Seleccionando os contidos en función dos obxectivos e priorizando estratexias e procedementos.

Escollendo uns criterios de avaliación orientados aos obxectivos previstos.

Realizando unhas actividades variadas e adaptadas aos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe.

Procurando materiais variados e diversificados para distintos niveis, ritmos e intereses.

3. Metodoloxías que promovan a inclusión baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras.

Na selección e realización das actividades seguimos os seguintes criterios: •

Dificultade adaptada e progresiva.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

18


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Con distintos tipos de agrupamento.

Empregando diversos espazos e recursos.

Favorecendo o uso das TICs.

Buscando a integración co resto dos compañeiros e compañeiras.

Favorecemos o traballo colaborativo.

4. Adaptación de tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación. No deseño da avaliación: •

Buscamos a participación do alumno na propia avaliación (que sexan conscientes dos coñecementos que non teñen adquiridos).

Propoñemos unha avaliación proactiva que nos proporcione pautas para a mellora do proceso de aprendizaxe.

Establecemos criterios adaptados aos obxectivos previstos e que informen do nivel de dominio das competencias básicas.

Posibilidade de facer algunhas probas orais.

Aumentar o tempo para realizar tarefas ou probas ao alumnado que o necesite.

Deseño de probas axeitadas ás peculiaridades do alumnado.

5. Actuacións destinadas á mellora da convivencia (Plan de Convivencia).

6. Desdobramento de grupos.

7. Reforzo educativo e apoio do profesorado con disponibilidade horaria.

8. Programas de enriquecemento curricular (sobredotación).

9. Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas (para alumnado que promociona con áreas instrumentais suspensas).

10.Programas de recuperación (para alumnado que promociona con áreas suspensas que non son as instrumentais).

11.Programas específicos personalizados (para alumnado que repite curso).

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

19


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

12.Programas de habilidades sociais.

B. Medidas extraordinarias de atención á diversidade: Son todas aquelas medidas dirixidas a dar resposta ás necesidades educativas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que poden requirir modificacións significativas do currículo ordinario. Aplicarémolas cando as de carácter ordinario resulten insuficientes. Para a aplicación das medidas extraordinarias será necesaria autorización da dirección do centro educativo, do servizo de inspección educativa, da xefatura territorial ou da dirección xeral que proceda, e, se é o caso, informe xustificativo do correspondente servizo de orientación. A consellería con competencias en materia de educación estabelecerá os procedementos para as oportunas autorizacións. 1. Adaptacións curriculares. Orde o 6 de Outubro de 1995

pola que se regulan

as adaptacións do

currículum nas ensinanzas de réxime xeral. •

Solicitude dunha avaliación psicopedagóxica.

Reunión entre a xefatura de estudos, o profesor ou profesora titor, o resto do equipo docente e a persoa orientadora para acordar a pertinencia da elaboración da AC e as áreas implicadas nela. Desta xuntanza levantarase acta.

Adaptación das áreas acordadas por cada docente.

Elaboración do corpo da AC por parte da persoa orientadora.

Información á familia. Nun documento quedará constancia da súa conformidade ante a proporción desta medida.

Envío da AC á inspección educativa para a súa aprobación.

2. Agrupamentos flexibles. Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado do ensino non universitario

con necesidades educativas

especiais.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

20


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Segundo a lexislación vixente, teranse en conta os seguintes criterios para a formación de grupos flexibles: •

A inclusión dun alumno/a nun grupo flexible será temporal.

A duración desta medida estará fundamentada no informe do titor ou titora e no departamento de orientación e non será superior a un trimestre.

A inclusión nun grupo flexible non debe ter como único criterio o nivel de competencia curricular para evitar que o alumnado sexa clasificado por niveis de competencia.

Esta medida transcende ao nivel. Para establecer a necesaria coordinación, os grupos flexibles deberán contar coa colaboración e apoio do profesorado do ciclo.

A xefatura de estudos velará pola necesaria coordinación do profesorado, a adecuación dos obxectivos previstos e a información permanente á familia.

3. Apoio do profesorado especialista en PT e/ou AL.

4. Flexibilización do período de escolarización. Nos casos de sobredotación intelectual seguiremos as disposicións que figuran na Orde de 28 de Outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e procedemento para flexibilizar a duración do período de escolarización obrigatoria do alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual. •

A

sobredotación

debe

ser

acreditada

mediante

avaliación

psicopedagóxica. •

Informarase

aos

pais

ou

titores

que

deberán

dar

a

súa

conformidade por escrito. •

A decisión de reducir o período de escolarización irá acompañada de medidas curriculares: programa de enriquecemento,

AC,

fórmulas flexibles de organización grupal… •

A flexibilización pode ser, tanto de anticipación de inicio da escolaridade obrigatoria, como a redución da duración dun ciclo educativo do ensino básico.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

21


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

Nos casos do alumnado con necesidades educativas especiais seguiremos as disposicións da Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado do ensino non universitario con necesidades educativas especiais •

En Educación Infantil: poderase aumentar excepcionalmente nun ano. En ningún caso será posible permanecer nesta etapa máis alá do ano natural no que se cumpran os sete de idade.

En Educación Primaria: poderase aumentar excepcionalmente nun ano. No caso de non ter permanecido un ano máis en Ed. Infantil será posible aumentar un segundo ano con carácter excepcional. En calquera caso, non se poderá continuar na Ed. Primaria máis alá do ano natural no que se cumpran os quince de idade

5. Atención educativa ao alumnado que presente dificultades para unha asistencia continuada a un centro educativo.

6. Grupos de adquisición das linguas. A Orde de 20 de Febreiro de 2004, de atención ao alumnado estranxeiro, establece que poden conformarse grupos de adquisición de linguas como medida organizativa para atender este tipo de diversidade. •

Os grupos de adquisición de linguas son agrupamentos flexibles que teñen por finalidade o impulso da formación inicial específica nas linguas vehiculares do ensino. Esta medida estará dirixida ao alumnado que descoñeza completamente ambas linguas oficiais de Galiza.

O alumnado poderá formar parte dun destes grupos un tempo máximo dun trimestre; a inspección poderá autorizar a ampliación excepcional dese período.

Poderán desenvolverse en primaria e, excepcionalmente, no último curso de infantil.

O alumnado que forme parte deberá pertencer a unha mesma etapa educativa, sen necesidade de que estea escolarizado no mesmo curso ou ciclo.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

22


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

O horario semanal máximo de pertenza a un grupo de adquisición de linguas é o seguinte: • 5 períodos lectivos no último curso de EI. • 10 no 1º ciclo de EP. • 20 no 2º e 3º ciclos da EP.

Permanecerá co seu grupo ordinario en Ed. Física e Ed. Artística.

7. Grupos de adaptación da competencia curricular. Seguindo a mesma Orde de 20 de Febreiro de 2004: •

Son agrupamentos flexibles que terán por finalidade o progreso na competencia curricular. Para alumnado que presente un desfase curricular de dous ou máis cursos..

A permanencia nestes grupos levarase a cabo nunha fracción da xornada escolar, principalmente coincidindo coas materias de carácter instrumental, e pode estenderse a todo o ano escolar.

Só poderán desenvolverse no 2º e 3º ciclos de Ed. Primaria.

O horario semanal máximo de permanencia será de oito períodos lectivos.

En ningún caso as actividades do grupo de adaptación poderán abarcar a totalidade do horario semanal de cada unha das materias coas que coincide.

C. Repetición de curso: Á hora de decidir sobre a non promoción dun alumno ou alumna ao curso seguinte terase en conta o lexislado respecto da avaliación en Ed. Infantil (Orde do 25 de Xuño de 2009) e en Ed. Primaria (Orde do 23 de Novembro de 2007), así como os criterios de promoción aprobados polo claustro de profesores. •

Ao remate de cada un dos ciclos, o equipo docente, na sesión final de avaliación, decidirá sobre a promoción do alumnado. A decisión será adoptada de forma colexiada, primando o criterio do titor.

O alumnado promocionará ao ciclo seguinte sempre que alcance o desenvolvemento adecuado das competencias básicas e un axeitado grao de madurez consorte a súa idade. Accederase igualmente ao

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

23


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

ciclo seguinte cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo ciclo. •

O

alumnado

que

non

cumpra

as

condicións

anteriores,

permanecerá un ano mais no mesmo ciclo. Esta medida irá acompañada

dun

plan

específico

de

reforzo

e

recuperación

organizado polos centros arredor das competencias básicas e a aquelas áreas que faciliten a superación das dificultades de aprendizaxe. •

O alumnado que presente n.e.e. poderá permanecer un ano máis na etapa, sempre que esta medida favoreza a súa integración socioeducativa.

Tendo en conta a lexislación vixente, se establecen os seguintes criterios á hora de adoptar a decisión de repetir curso: •

De non concorrer circunstancias excepcionais, ningún neno e/ou ningunha nena repetirá se o curso anterior e o actual non foi obxecto dun RE .

Á hora de tomar decisións sobre a conveniencia ou non de repetir curso teremos en conta o ámbito de socialización, a integración no grupo e os recursos e condicións que reúne o centro.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

24


Plan de Orientación Académica

7.

Curso 2013 – 2.014

PLAN DE TRABALLO. TEMPORALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO

SETEMBRO

Detección das necesidades específicas de apoio educativo que existen nos centros. Información ós titores que mudan de grupo. Análise destas necesidades e establecemento de medidas de atención educativa. Elaboración do Plan Anual de Orientación. Elaboración do PAT segundo as aportacións recibidas. Revisión do Plan de Convivencia.

DE OUTUBRO A MAIO

Realización das avaliacións psicopedagóxicas e

dos correspondentes

informes psicopedagóxicos. Colaboración na elaboración das ACs. Axuda e atención directa no desenvolvemento de programas de intervención cando sexa preciso. Participación nas sesións de avaliación ordinarias como asesoramento. Elaboración, se é o caso, dos informes de solicitude de flexibilización da duración do período de escolarización. Colaborar no desenvolvemento do PAT e do Plan de Convivencia a través da facilitación aos titores do material necesario para aplicar na aula. Participación na Comisión da Avaliación de Diagnóstico e colaboración coa dirección do centro en todos aqueles aspectos que sexa necesario. Levar a cabo o programa de iniciación de hábitos e técnicas de estudo. Xuntanzas con titores, familias ou axentes educativos externos cando se considere necesario. Asistir as xuntanzas nos IES.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

25


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

MAIO-XUÑO

Programa de tránsito á ESO para o alumnado de 6º de primaria. Avaliación dos programas ou plans propostos. Elaboración de informes para o alumnado solicitante de bolsa. Participación nas sesións de avaliación final do alumnado. Valoración das medidas de atención á diversidade efectuadas. Plantexamento de propostas de mellora cara o vindeiro curso. Elaboración da memoria final do departamento. Elaboración do drdorienta.

Calquera outra tarefa que pareza conveniente realizar para acadar unha maior calidade na educación dos nosos alumnos e alumnas.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

26


Plan de Orientación Académica

8.

Curso 2013 – 2.014

RECURSOS E MATERIAIS

Para o desenvolvemento das distintas actividades requírese a previsión dos recursos necesarios, estes serán:

8.1.

Recursos de tipo instrumental.

-

Diferentes documentos e bibliografía para a planificación

-

Programacións de aula do grupo-clase.

-

Adaptacións Curriculares que sexan necesarias.

-

Regulación Pedagóxica: o equipo educativo acorda liñas de actuación respecto de cada alumno e respecto do grupo-clase. Acordos que permitan adaptar a programación da aula e revisar a actuación xeral do propio equipo e doutros organismos implicados no proceso de ensinoaprendizaxe.

-

Seguimento do alumnado: unha avaliación continua e formativa do mesmo.

8.2. Recursos de tipo organizativo. Aulas dispoñibles: O número de aulas é suficiente, contando cunha por cada titoría e tamén as específicas para as especialidades de Música, Lingua Estranxeira Inglés, Informática, Departamento de Orientación (CEIP nº 1), P.T., A.L., aula de psicomotricidade, comedor escolar (CEIP nº 1), ademais do Polideportivo municipal ( CEIP nº 1) e pavillón polideportivo (CEIP Rebordáns) para a especialidade de Educación Física. Neste curso no CEIP Nº 1 continúa a funcionar un aula de atención ao alumnado autista. Horarios para sesións de entrevistas: A hora fixada para atención a pais/nais é os martes de 16:00 a 17:00 no CEIP plurilingüe Nº 1 e os venres á primeria hora e á última no C.E.I.P. de Rebordáns. Pero debido a que os intereses dos centros por facer participar ás familias no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fill@s é grande, permítese variar dita hora C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

27


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

por outra calquera que o titor/a ou profesorado teña dispoñible sempre que sexa con aviso previo. O mesmo sucede coas entrevistas con axentes educativos externos.

Previsión de encontros entre o profesorado. Son varias as reunións previstas: - Reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica: Son mensuais e nelas fíxanse as liñas de actuación comúns para todo o centro. - Reunións do Departamento de Orientación: Serán os luns de 14:10 a 15:10. Haberá unha reunión mensual co departamento completo (o primeiro luns de cada mes) e o resto de luns serán reunións do mestres especialistas de P.T. e A.L. coa orientadora. - Reunións de Ciclo: Son mensuais e nelas acórdanse liñas de actuación común ao devandito ciclo. - Reunións de Coordinación co Xefe do Departamento de Orientación cando sexa necesario.

8.3. Recursos humanos e de equipos pedagóxicos

Van desenvolver a acción titorial tanto o equipo directivo coma os equipos docentes do centro (equipos de ciclo), Departamento de Orientación e, titores/as individualmente, así como tamén outras persoas ou entidades que poidan precisarse de forma circunstancial (servizos sociais, sanitarios, culturais, etc.). Cada un dentro das funcións que ten encomendadas.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

28


Plan de Orientación Académica

Curso 2013 – 2.014

9.

AVALIACIÓN

A avaliación realizarase o longo de todo o curso: 1º. Con reunións periódicas dos titores coa Xefatura de Estudios e a Orientadora 2º. Ao longo do curso, a Xefatura de Estudios e a Orientadora irán facendo un seguimento do desenvolvemento dos plans para introducir os axustes necesarios.

Ademais empregaremos os datos aportados por: Persoas implicadas no seu deseño e/ou desenvolvemento: departamento, titores, mestres. Destinatarios: profesores, alumnos, pais.

Para a recollida de datos empregaremos os seguintes instrumentos: Intercambios orais Escalas e cuestionarios Entrevistas Reunións de coordinación. Análise dos resultados escolares.

Como criterios de avaliación consideraremos os seguintes aspectos: Adecuación do Plan ás necesidades do Centro Logro dos obxectivos previstos Adecuación da temporalización Número de demandas recibidas e atendidas. Relación cos axentes externos. Nivel de colaboración e participación dos distintos estamentos da comunidade educativa Grao de implicación dos responsables no seu desenvolvemento

A final de curso realizarase unha memoria final, onde se reflectirán os datos da avaliación e as propostas de mellora cara a elaboración do POA do curso seguinte.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

29


Plan de Orientación Académica

HORARIO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

LUNS

9:10-10:00

MÉRCORES

XOVES

Garda

Garda

D.O.

10:00-10:50

D.O.

D.O.

Garda

10:50-11:40

D.O.

D.O.

D.O.

11:40-12:05

MARTES

C.E.I.P. de Rebordáns

Sesión

RECREO D.O

Hora de ler 3º E.P. Carmen-Lucía

D.O.

UAP Carmen-Lucía

D.O

13:20-14:10

Garda

D.O.

Itinerancia

14:10-15:10

Reunión D.O.

12:05-12:30

Hora de ler 3º E.P.

12:30-13-20

16:00-17:00

Atención á pais

17:00-19:00

Reunións de centro

VENRES

C.E.I.P. de Rebordáns

10.

Curso 2013 – 2.014

* Excepto o último martes de cada mes, que será no C.E.I.P. de Rebordáns.

C.E.I.P. Plurilingüe Nº 1 - Tui

30


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.