Terra Cha 37

Page 1

Ano X • Nº 37 • Xuño Difusión Gratuita Informativo A Terra Chá www.terrachanaturalmente.com

Concello de

A Pastoriza

Páxina 2

Concello de

Abadín

Páxina 3

Concello de

Begonte

Páxinas 4 e 5

Concello de

Castro de Rei

Páxinas 6 e 7

Concello de

Cospeito

Páxina 10

Concello de

Guitiriz

Páxinas 11 e 12

Concello de

Muras

Páxina 14

Concello de

Vilalba

Páxinas 12 e 13

Renovación Parque Infantil del Área Recreativa de A Magdalena

Concello de

Xermade

Páxinas 13, 14 e 15


El informativo Terra Chá ¡Natural... mente! desexa agradecerlle a todos os colaboradores e distribuidores a súa inestimable aportación no mantemento e difusión desta publicación. A PASTORIZA: Casa do Concello, Cafet. Bretema, Apto. Campo da Cruz, Taberna O Cruceiro. ABADÍN: Casa do Concello, Restaurante Niza.

BEGONTE: Casa do Concello, Café Bar Guerrero, Café bar O Galego. CASTRO DE REI: Casa do Concello; (Castro Riberas de Lea): Restaurante Tojo, Bar Chus,

Cafetería Mariva, Restaurante Suso. COSPEITO: Casa do Concello, Casa da Cultura, Mesón de Verial, Bar Bautista, Mesón Beira Miño, Casa Condiño, Lugar de Vila;

(Muimenta): Casa de Cultura, Bar tino. GUITIRIZ: Casa do Concello, Hotel “Mesón da Cabra”, Parrilla Merendero, Restaurante La Casilla, Bar Flamingo, Cafet.

Strauss Centro, Balneario de Guitiriz, Panadería La Esquina, Bar A Revolta. MURAS: Casa do Concello, Bar A Volta. VILALBA: Casa do Concello, Pa-

rador Nacional, Hostal Terra Chá, Hotel Villamartin, Mesón Os Pios, Mesón do Campo, Restaurante Montero, Multimedia Taraxal, Cafetería Vivaldi, Hotel Spa Husa, Rst. Casa Seijo, Cervecería O

Currás, Cervecería Stama, Café Xalundes, Restaurante O Bosque. XERMADE: Casa do Concello, Café Bar Pita, Parque Eólico Sotavento

José Ángel García Fernández (Gerente); Oficina Comarcal de Xunta de Galicia • C/ Carmiña Prieto Rouco s/n 27800 • VILALBA (LUGO) • TELÉFONO: 982 512 369 • FAX: 982 512 369 • E-MAIL: ftcha@cetadec.net EDITA: Fundación Comarcal Terra Chá • C/ Carmiña Prieto Rouco s/n 27800 Vilalba • Tlf y Fax: 982 51 23 69 // Coeditan: Aytos. integrantes de la comarca de Terra Chá // Coordinación Editorial: Francisco Javier Rodrigo Jaureguizar Deseño, Maquetación e Publicidade: “uve&uve comunicacion”, maquetación@uvecomunicacion.com • Imprime: Norprensa (Lugo) • Deposito legal: LU-391-01 Nota: Los editores no se hacen responsables de las opiniones vertidas en esta publicación

Concello de A Pastoriza Cualquier ocasión es buena para acercarse a las llanuras chairegas del municipio de A Pastoriza: fiestas patronales, acontecimientos festivo lúdicos de carácter etnográfico como la

“Rapa das bestas do Campo de Oso”. El apartado gastronómico es otro de los reclamos que pueden presentársele al visitante. De todos es sabido que la Comarca chairega es rica en

viandas: derivados del cerdo, quesos y exquisita repostería. La artesanía tiene en Bretoña un punto de referencia importante; ya que la asociación de

amas de casa potencia y rememora la antigua tradición de las “fiandeiras”, hilanderas que lavaban, cardaban, teñían e hilaban la lana para confeccionar su propia ropa.


Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Abadín

Obradoiros de emprego O obradoiro de emprego promovido polo Concello de Abadín denominado “Abadín no Camiño”, e financiado pola Xunta de Galicia, permite que 25 persoas do municipio reciban formación específica en albanelería ao tempo que dispoñen dun traballo remunerado durante doce meses. Esta iniciativa de promoción do emprego, que iniciou o pasado 31 de decembro, permitirá igualmente que se rehabiliten elementos e entornos parroquiais de indubidable valor patrimonial do municipio como fontes e prazas, entre outros moitos atractivos.

3


4

A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Begonte

›› Actividades do trimestre Milagros de Saavedra, o 24 de Maio Carretera N VI O día 24 de Maio celébrase a festividade da Virxe dos Milagres de Saavedra, se ben as celebracións durarán desde o 22 de Maio ata o 29 do mesmo mes. Terá lugar no Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra, no Concello de Begonte (Lugo).

Begonte

Localización da Igrexa de Saavedra Carretera LU 641 (Lugo - Ferrol) Autovía A 6

Excursión o Parque Acuático de Cerceda O Concello de Begonte organiza unha excursión que levará aos integrantes das Escolas Deportivas Municipais ao Parque Acuático de Cerceda o Sábado 25 de Xuño. Si desexas asistir a esta excursión, debes confirmar a túa asistencia firmando a autorización, tendo en conta que o último día para entregala é o Martes 22 de Xuño. Requisitos para poder acudir a esta excursión:

Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra, Begonte (Lugo)

• Nen@s nados nos anos: 04/03/02/01/00/99/98/97/96/95 • Nen@s nados con posterioridade ao ano 2004 deberán ir acompañados dun adulto, sempre e cando queden prazas libres (poñerse en contacto co coordinador) • Entregar a autorización tendo como data límite a establecida. • Obrigatorio saber nadar.


Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

O Bosque Sagrado de Lugo

O Bosque Sagrado de Lugo e unha agrupación integrada pola fundación nacional Ciudadano Verde, que nace co obxectivo de recuperar e promocionar conxuntos rupestres que se encontraron en Begonte e Outeiro de Rei, concellos que colaboran, ademáis da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago e a Asociación Cultural Penas de Rodas. Neste entorno encontrouse un Petroglifo nunha finca particular na parroquia de Donalbai (Begonte), considerado como o máis importante que se conserva preto de Lugo aseguran os arqueólogos, cunhas dimensións duns 20 metros de largo por 10 de ancho, que conteñen distintos grabados en pedra. A Xunta de Galicia, en breve escaneara este petroglifo semioculto ata o de agora pola vexetación. Según as palabras do arquitecto especialista en Proxectos, Historia e Urbanismo Carlos Sánchez – Montaña, o trazo do petroglifo, cunha serie de círculos concéntricos atravesados por unha línea recta, servíu anos máis tarde para ordenar todos o territorio, explicou que pódese trazar un total de 14 igresias asociadas a destacados restos rupestres. Este lugar e denominado O bosque sagrado de Lugo, xa que é unha zona de gran

tradición en mámoas e enterramentos sagrados, como e o caso do conde de Monterroso, membro da corte de Felipe II, que foi enterrado no lugar de Ximarás (Begonte) no século XV. Petroglifo encontrado en Donalbai (Begonte). Foto: El Progreso Con este motivo organízase a II Xornada O Bosque Sagrado, un día especial para o reencontro entre home, natureza e espíritu. 21 de xuño de 2011, Casa da Cultura de Begonte, ca seguinte programación: 10:00h. a 10:10h. Inauguración José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte, José Pardo Lombao, Alcalde de Outeiro de Rei e Xulio Xiz 10:10h. a 11:00h. P resentación da Ruta do Círculo de Donalbai Carlos Sánchez-Montaña Ángel Trabada 11:00h. a 11:50h. A s arcaicas sacralizacións da pedra na simboloxía románica Xosé Lois García 11:50h. a 12:00h. P ausa café 12:00h. a 13:00h. O “Locus Amoenus”, o paraíso perdido en Galiza Felipe-Senén López 13:30h. a 14:30h. A lmorzo 15:00h. a 20:00h. Inauguración da Ruta Percorrido do tramo Carral-Penas de Rodas 20:00h. a 21:00h. B envida ao solsticio de verán en Penas de Rodas 21:30h. a 22:30h. C oncerto acústico de Doa Presentación de novo disco Disco A fronda dos cervo.

Día do Deporte O día 13 de maio, celebrouse no Concello de Begonte o Día do Deporte, que puideron disfrutar os alumnos/as das Escolas Deportivas Municipais, dende as 17h30 ata as 20h, no Pavillón Polideportivo Municipal de Baamonde. Planificaronse as seguintes actividades: • 17:30 recepción participantes e reparto polas diferentes actividades • 17:45 1º parte activiades: Taekwondo Pilates Patinaxe Instrumentos Zona de Ocio • 18:45 2º parte activiades: Aerobic Danza Fútbol Sala Zona de Ocio 19:45 Entrega da Revista Oficial das Escolas Deportivas Municipais. 20:00 Foto Oficial EDM Begonte, peche e despedida

5

Actuacións artísticas e teatrais no Concello de Begonte Dentro do proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, no concello de Begonte tiveron lugar as seguintes actuacións: •O grupo de teatro Axóuxeres presentou a súa obra Farsa á escocesa e matrimonio secúlo XXI, o día 14 de mai, na Casa da Cultura de Begonte. •O grupo de teatro Novaescena presentara a obra O Inspector o día 12 de xuño, na Casa da Cultura de Begonte. Ademáis o Concello de Begonte participa no programa Camiños da Cultura 2011 da Xunta de Galicia, no que realizaranse dúas ac-

tuacións: • O grupo teatral DANTHEA, presentara o seú espectáculo de monicreques, Carapuchiña Vermella ou o Conto do Lobo, dirixido para os máis pequenos da casa, o día 9 de xullo as 20h na Praza Irmáns Souto Montenegro, o lado da Casa do Concello. • E o mago Cayetano Lledó, presenta o seu espectáculo d e maxia o día 20 de agosto as 20h, na Casa da Cultura de Begonte, dirixido para tódolos públicos.

Festa de Terceira Idade Dende o concello de Begonte estase a organizar, para o vindeiro 1 de xullo, unha nova edición da Festa da Terceira Idade, un día de encontro de tódolos maiores do noso concello, no que poderán participar os/as pensionistas maiores ou menores de 65 anos e os acompañantes que así o desexen. O programa dos actos deste día será o seguinte:

13:00 hras.: Misa na Igrexa parroquial de San Pedro de Begonte 14:00 hras.: Xantar no Pavillón Polideportivo do Colexio de Begonte 15:30 hras.: Actuación musical 19:30 hras.: Peche dos actos Para todas aquelas persoas que o desexen haberá autobuses que pasarán a recollelos polas parroquias e logo os levarán de regreso


6

A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Castro de Rei

O deporte como fonte de vida Mario Saaqvedra Pérez, concelleiro de deportes, educación, cultura, considera que as actividades deportivas desempeñan funcións que poden servir de apoio para mellorar a calidade de vida do noso contorno, creando ámbitos de actuación nos que repercute o deporte para que nos axude a estruturar as liñas de aprendizaxe dos nosos nenos e nenas. O deporte como hábito de saúde ven dado pola práctica deportiva que debe ir acompañado con sistemas de control sanitario e unha supervisión de monitores con coñecemento sobre o desenvolvemento de cada especialidade deportiva. O deporte ten que ser un fenóme social onde o valor non está só na comunicación senón nun modelo de exemplo dos grandes ídolos para os nenos e nenas do noso Concello favorecendo e extensión de comportamentos exemplarizantes. Eiquí ten que estar a familia de cada neno ou nena apoiando o deporte como formación e non como competición. Gañar non vale nada se perdemos un amigo.

No podemos esquecer o deporte como instrumento educativo. O aprendizaxe en equipo e o esforzo personal son os valores internos de calquera sistema educativo. A violencia, o non saber perder, non saber competir, teranse en conta como medida de prevención. Outro dos eidos da dimensión do deporte é o ocio entendido como ferramenta de entretemento acompañando a actividade diaria das personas que fomentan a súa creatividade con diferentes formas de pasalo ben e ó mesmo tempo cubrir aqueles espazos adicados ó lecer. Podemos falar e falar de moitas outras dimensións do deporte mais nunca debemos de esquecer a dimensión familiar onde os país, nais, avós e avoas teñen que estar ó carón dos nosos nenos e nenas na práctica do deporte. O fomento do deporte neste senso crea unha socialización aproveitando as infraestructuras deportivas municipais cada día. Practica o deporte como fonte de vida.

Visita ao mercado gandeiro co galo do foro dos mercados

Nova equipación deportiva en Castro de rei

Entrega de trofeos en Castro Subcampeóns de Xadrez Provincial

Subcampeón de Fútbol Sala. Torneo de Copa


Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Historia de Castro de Rei. Pasado, presente e futuro. As Cruces. Moitas veces escoitamos, comenta Mario Saavedra Pérez, profesor e investigador do eido cultural, (Proxecto Carboeira) e autor de varios libros que debaixo da terra está agochada a mellor Historia. En tódolos pobos, Castro de Rei non ía ser menos, dícise que hai un libro enterrado agardando o momento de ver a man bondadosa da xente para ser paxinado. Os cruceiros creadores da paisaxe diferente son parte dun patrimonio no que está presente o pensar, a forma de vida, os atrancos, as promesas, as devocións, dos nosos devanceiros. Estas personas foron os creadores dunha cultura, aínda non esquecida, e que cada quen ten que mellorar, coidar e protexer. Os tempos pasan e as personas deixan o andar nun recuncho do seu lar. A vida terrenal, o máis aló, os agradecementos, os favores, os desenganos, son un anaco en cada cruz. Sabemos perfectamente que detrás de cada cruceiro hai una historia vencellada a algún acontecemento triste e outras veces ligada a unha fonda devoción, promesa, ofrecemento, voto, devoción, Moitos destes aspectos, desta vida interior dos cruceiros, aparecen nas inscricións e lendas de moitos deles. Se non somos

capaces de transmitir esta intrahistoria ás novas xeracións, o seu papel simbólico e o seu significado acabará por perderse no sono do tempo. Por moitas razóns é convinte ir recollendo aquela pequena Historia, decir, lenda, que nos reflicten unha mentalidade, un modo de vivir, a maneira de ver a morte, moi peculiares en determinados eidos do paso do tempo como reloxio de cada quen. A Historia de cada pobo ímola escribindo coa pluma do tempo cada día que pasa e, entre cada liña está o noso pensamento como exemplo para os demáis. En Castro de Rei, ne eido dos cruceiros, vemos a man duns grandes canteiros afincados na Terra Cha como foron os canteiros de Román, concretamente da familia dos Carboeiras e outros de Parga e da propio Concello. As mans destes canteiros espallaron pola nosas parroquias os cruceiros, cristos, cruces e petos de ánimas e concretamente os de Villamel, Pontenova, Vilar, Caínzada, Beloi, Caparis, A Torre, Castro, Cornide, Carril, Ribeiras de Lea, Cruceiro do Hospital, directa ou indirectamente saídos dos seus obradoiros; xa que eles eran os verdadeiros mestres da pedra.

7

Aulas Abertas:

Unha axuda ós nenos/as e familias Dentro do eido educativo e de formación o Concello de Castro de Rei, a concellería de Educación ó fronte da que está Mario Saavedra, segue coa oferta ós nenos e nenas do Concello e, por suposto, ás familias co Programa de Aulas Abertas que se iniciou no mes de maio de 2011. Esta actividade desenrólase nos colexios Ramón Falcón, Veleiro Docampo e IESS de Castro como unha nova tempada de aulas abertas. Nesta nova tempada figuran na programación un apoio á mellora das habilidades comunicativas con inglés para todos e todas facendo fincapé na conversa para os niveis de Educación Infantil, Primaria, Eso e familias. Por outra banda destaca o reforzo da aprendizaxe a través das tecnoloxías da información e comunicación onde se poden adquirir competencias nas áreas instrumentais como son as Matemáticas na

REDE, resolución de conflictos,e animación á lectura. Tamén teñen presenza neste Programa as técnicas de estudio interactivo para o terceiro ciclo de Educación Primaria, Eso e familias; e as competencias sociais e cidadás no eido da Informática e internet en varios niveis para Primaria, Eso e familias con contidos educativos de creación de ”Webquest, miniquest e hot potatoes”. Non deixamos no esquecemento as Redes de apoio á orientación educativa considerando ás familias como axente do reforzó educativo (escola de país e nais- Familias), as habilidades de relación e interación social con programas específicos (Coñécete, Enrédate, Sácate partido, Facebook…) e finalmente o tratamento do absentismo e abandono escolar con protocolos de actuación dirixido ós mozos e mozas e familias do noso alumnado.

PROGRAMA ACTIVIDADES DEPORTIVAS ACTIVIDADES

DATAS

INSTALACIÓNS

PROGRAMA

Natación

xullo agosto

Piscina Municipal

cursos natación kayak inchables ...

Campus Fútbol Sala

27 xuño 1 xullo

Pavillón Municipal

adestramentos charlas xogos ...

Campamento Verán

xullo

Teleclub Castro de Rei

excursións telleres sendeirismo animación ...

Torneos

xullo agosto

Pistas Polideportivas

baloncesto fútbol sala tenis

Xogos Populares

xullo

Campos Bolos de Pacios

bolos chave ferrón ...

Día do Neno

19 xuño

Castro Ribeiras do lea

xogos inchables animación ...

Sendeirismo

xullo

Rutas Castro de Rei

azúmara cruceiros

Ximnasia mantemento

xuño agosto

Pavillón Municipal Teleclub de Bazar Ponte de Outeiro

baile movilidade art. estiramentos control postural fortalecemento ...

Lecer e baño

xullo agosto

Castro de Rei

control zona de baño

Castro - Castro de Rei

programación

Actividades puntuais


8

A Terra ChĂĄ Naturalmente / XuĂąo 2011

1

2

9

6

2

1

8

3

5

7

9

7

6

Â

Â?

Â?

Â?

Â?

5

Â

­Â€


XuĂąo 2011 / A Terra ChĂĄ Naturalmente

3

8

4

9

4

9


10

A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Concello de Cospeito

Coñece Cospeito As Festas en Cospeito En Cospeito ten lugar unha serie de festas, entre as que se pode destacar: • F esta da Filloa de Muimenta, celebrada o 1 de maio. • R omaría de San Paio dos Redos, celebrada na parroquia de Sistallo sobre o 10 de xullo de cada ano. • F esta da Muller, na parroquia de Xustás, sobre mediados do mes de Agosto. • F esta do Veciño de Bexán, no mes de abril. • F esta do Río, celebrada en Muimenta o 1º fin de semana de setembro. • F esta do Lume novo de Sisoi. • E n cada parroquia do Concello celébrase ademáis unha ou varias festas ó longo do ano

existe unha variada e rica gastronomía, contando cuns platos típicos galegos elaborados de forma exquisita polos distintos restaurantes e casas de comidas da nosa localidade. Promovidas dende o propio concello, contamos con diversas degustacións de productos típicos, como sucede coa degustación na época da matanza, de productos do porco, coincidindo coa famosa feira do porco da ceba. Pero tamén temos a degustación da filloa na festa da Filloa de Muimenta, ou a posiblidade de saborear o pulpo á feira en calquera das feiras que se celebran en Cospeito. Estas exquisiteces para o paladar pódense degustar nos restaurantes da comarca.

Lugares a visitar Antenas Nas localidades de Arneiro e Momán (Cospeito) existen unhas ruinas militares de gran atractivo turístico. Trátase de 3 altas antenas entre as que media a mesma distancia. Xunto á antena central (Arneiro) atópase a estación de control e edificios que se adicaban á vivenda.

Rutas Nunha visita ó Concello de Cospeito pódense elexir numerosas rutas para gozar das súas magníficas fermosuras, entre estas rutas destacan: Visita á Lagoa de Cospeito: Entorno a este maravilloso humedal existe unha ruta de sendeirismo que tanto se pode realizar a pé ou en bicicleta, e na que se poden facer diversas paradas para observar as aves da Lagoa nos miradores que se atopan ó seu arredor. No caso de querer interesarse en información sobre estas aves pódece facer unha parada no Centro de Interpretación no que o concello ten un guía municipal especializado nesta información. Se a ruta se quere facer de forma máis longa pódese partir dende a Feira do Monte por un camiño empedreado que nos leva directamente ata o Centro de Interpretación. Visita ás maravillas arquitectónicas do noso Concello: Pódese partir dende a Torre de Caldaloba, sita na parroquia de Pino, parte conservada dunha antiga fortaleza medieval. Accédese a ela por unha ruta de sendeirismo a pé. Tras observar este castelo, a poucos metros temos enfrente o Pazo de Caldaloba, un pazo espectacular cunha capela fundada en 1685 por D. Rodrigo Montenegro, actualmente en propiedade particular. Estas dúas construccións distan moi poucos metros da estrada que une Rábade con Vilalba. Nesta visita arquitectónica cómpre facer un alto ante o Pazo de Sista-

Muiños Ó longo das parroquias que compoñen o noso Concello existen unha gran variedade de muiños, que son reflexo da nosa cultura. Estes muiños acadaron no pasado un importante protagonismo, situados no curso prácido e tranquilo dos ríos, curso delatado por un horizonte prolongado de praderías, carballeiras e fragas. •O s máis importantes destes muiños son: •O muiño do Castro en Sistallo, muiño do Bao en Cospeito, muiño de Ribeiroa en Vilapene, muiño de San Roque en Arcillá, muiño de Támoga, muiño de Riba da Insua en Roás, muiño de Cerracín en Xermar, muiño da Pesqueira en Xustás, os muiños de Frouseiro, Peteira, Guisande e Villagal en Goá, Pino conta con 6 muiños: o muiño de Salgado ou de Reás, o de Teixido, o de Farruco, o de Fulieiro, o de Adrián e o da Casiña Gastronomía No Concello de Cospeito, ó igual que no resto dos Concellos chairegos

llo, construído polo arquitecto Salero Meizo, por encargo de Fernando Verdes de Montenegro, fillo do Cabaleiro Irlandés O ´Shea.Ten uns xardíns cunha beleza impresionante, está na estrada de Cospeito a Vilalba, a uns 3 quilómetro do Pazo de Caldaloba. Pero neste recorrido tamén se poden visitar outros pazos existentes no noso Concello e de gran importancia como son os pazos de Barreira e Pumares. Observase polo tanto como nun espazo de poucos quilómetros temos unha gran variedade de xoias arquitectónicas para visitar. Visita á arquitectura relixiosa: En tódalas parroquias do noso Concello se conta cunhas igrexas que datan dunha época pasada, cunhas estructuras espectaculares. Así pódese facer un percorrido polas distintas igrexas que datan de séculos como o s. XV, XI, XII, …, así como as grandiosas cruces feitas en cantería que locen nalgúns cemiterios como por exemplo o de Seixas. Visita ós muiños: En Cospeito atopamos unha serie de muiños ó longo de tódalas parroquias. Así en parroquias como Pino existen unha gran variedade de muiños, algúns deles nun estado de conservación moi bo. Pois ben unha ruta interesante e bonita para facer en bici pode ser un percorrido polos distintos muiños a través dos sendeiros que levan a eles. Ruta do Río Támoga: Esta ruta ten unha lonxitude aproximada duns 17 quilómetros, e parte dun entorno natural excepcional como é a Lagoa de Cospeito, discurrindo por camiños existentes próximos ós marxes do río, que forman parte da rede de camiños do Concello de Cospeito. Esta ruta atópase en fase de recuperación, para facilitar o tránsito peatonal, para o que xa existen obras adxudicadas. Esta ruta pasará polo núcleo de Támoga e introdúcese no concello de Begonte por camiños existentes no marxe dereito dos ríos Támoga e Miño, ata chegar á illa de San Roque onde concluiría a actuación de recuperación. Ó longo desta ruta pódese observar a beleza de gran cantidade de caneiros, muiños e fontes; ruta que remata na desembocadura do Támoga no Miño, uníndose á Ruta do Miño.


Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

Concello de Guitiriz

“VI Carreira Popular Guitiriz Termal” 25 de xuño INSCRICIÓNS: 2€ o que teña Chips e 3€ que non teña Chips. Categorías Mini, Benxamín, Alevin, Infantil: GRATIS. As inscricións escolares (Mini,Benxamín, Alevin, e infantil) faranse no Concello de Guitiriz, ben de forma presencial ou por Fax: 982-372-178 ou mail: deportes@ concellodeguitiriz.com As outras inscricións faranse a través de Championchip no mail www.championchipnorte.com. A Data Límite das inscricións será o xoves 23/06/2011, non se admitirán o propio día da carreira. Farase constar o seguinte: Nome, Apelidos, NIF, Data de Nacemento, Procedencia, club, e farase o pagamento a través de Web. A proba de adultos estará controlada o largo de todo o recorrido a través dun Chip que se entregará a cada corredor que non sexa propietario e logo terá que devolvelo e que se colocará nas zapatillas. Todos aqueles corredores que no sexan propietarios teñen que devolver o chip ou non entrarán na clasificación final nin nos premios ou sorteos. Todo corredor de calquera proba que non entre na liña de meta co dorsal ben visible no peito para a súa identificación, comenta algunha irregularidade ou non respecte as indicacións dadas pola organización ou algún dos seus membros será automaticamente descalificado. Os recorridos

estarán convenientemente indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico o largo do percorrido. O Concello de Guitiriz non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso. Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente), e non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo decisións inapelables. A participación con leva a total aceptación deste regulamento. Hai un seguro de responsabilidade civil e un seguro de accidentes para os participantes, e unha ambulancia para o recorrido. Haberá bebida e agasallos para todos. Sortearase unha estancia no Balneario de Guitiriz para dúas persoas (farase o sorteo polos números dos dorsais). So se entregará o que estea presente o final da entrega de premios.

Regulamento xeral: Día: 25 de xuño de 2011. Lugar: Guitiriz (Lugo). Saída e Meta: Campo da Feira. Entrega de Dorsais e Chips: 18:00 h. Carreira Mini:19:00 h. Carreira Benxamín: 19:15 h. Carreira Alevin: 19:30 h. Carreira Infantil:19:45 h Carreira Xeral: 20:00 h. Entrega de Premios: 21:00 h. Aproximadamente. Categorías / ano distancias. Mini (2004/05): 400m. Benxamín (2004/03/02): 800 m. Alevín (2001/00/99): 800 m. Infantil (1998/97): 2 Km. Cadete (1996/95): 5.5 km. Xuvenil (1994/90): 5.5 km. Junior (1989/85): 5.5 Km. Promesas (1984/1980): 5.5 Km. Senior 32-40 anos: 5.5 km. Veteranos 1. 41-50 años: 5.5 km. Veteranos 2. 51-60 anos: 5.5 Km. Superveteranos 61 anos e máis: 5.5 Km. Organiza: Concello de Guitiriz. Colaboran: CocaCola, Diputación de Lugo Área de De Deportes, Hotel Balneario de Guitiriz, Asogal, Champion Chip, Protección Civil, Policía Local, Grumir, Voluntarios. Carreira xeral absoluta. Para ambas categoría masculina e feminina. 1º Premio: Estancia en el Balneario +200€. 2º Premio: Estancia en el Balneario +100€. 3º Premio: Trofeo +75€. 4º Premio: Trofeo + 50€. 5º Premio:Trofeo +25€ 1º Premio de Guitiriz: 50€.

11

CATEGORIA MINI 06/05 CATEGORÍA BENXAMIN 04/03/02 CATEGORÍA ALEVÍN 2001/00/99 CATEGORÍA INFANTIL 1998/97 CATEGORÍA CADETE 1996/95 MASCULINO

FEMENINO

1º Trofeo

1º Trofeo

2º Medalla

2º Medalla

3º Medalla

3º Medalla

1º de Guitiriz Medalla

1º de Guitiriz Medalla

CATEGORÍA XUVENIL 1994/90 CATEGORÍA JUNIOR 89/85 MASCULINO

FEMENINO

1º Trofeo

1º Trofeo

2º Trofeo

2º Trofeo

3º Trofeo

3º Trofeo

1º de Guitiriz Medalla

1º de Guitiriz Medalla

CATEGORÍA PROMESAS 84/80 CATEGORÍA SENIOR 32-40 AÑOS MASCULINO

FEMENINO

1º Trofeo

1º Trofeo

2º Trofeo

2º Trofeo

3º Trofeo

3º Trofeo

1º de Guitiriz - Trofeo 1º de Guitiriz - Trofeo

CATEGORÍA VETERÁNS 1. 41-50 ANOS. CATEGORÍA VETERÁNS 2. 51-60 ANOS CATEGORIA SUPERVETERANS DE 61 ANOS E MAIS MASCULINO

FEMENINO

1º Trofeo + Circuito termal

1º Trofeo + Circuito termal

2º Trofeo

2º Trofeo

3º Trofeo

3º Trofeo

1º de Guitiriz - Trofeo 1º de Guitiriz - Trofeo


12

A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

Observatorio Chairego da Auga (OCA)

Concello de Vilalba

Parque infantil del área recreativa A Magdalena El Concello de Vilalba renovará por completo los juegos del parque infantil del área recreativa A Magdalena. Esta obra tendrá un coste de 20.477,13€ y será sufragada en su totalidad con fondos municipales. Esta área de juegos estará orientada a niños y niñas de 2 a 14 años y contará con diversos elementos en los que podrán jugar de forma simultánea hasta 29 niños y niñas, como son: O Concello de Guitiriz xunto a Asociación Galega de Investigadores da Auga, a Sociedade Galega de Agricultura Ecolóxica e a Asociación Galega de Investigadores para o Desenvolvemento Rural constitúen o Observatorio Chairego da Auga (OcA) coa finalidade de promover o coñecemento mutuo e as relación dos diferentes axentes sociais implicados na xestión e o aproveitamento da auga no ámbito da Terra Chá favorecendo a súa interacción. Si a investigación consiste en adicar recursos a creación de coñecemento, esta iniciativa pretende transformar o coñecemento en recursos. Para elo asócianse un grupo importante de investigadores interesados no papel da auga no desenvolvemento rural, cunha forte presenza da Universidade de Santiago e liderados polo Concello de Guitiriz. A clave para xerar riqueza a partires do coñecemento froito da investigación radica en valorizar o patrimonio do noso territorio. Con esta finalidade, e reunidos na localidade de Guitiriz un grupo de persoas interesadas en esta iniciativa, constituimos o Observatorio Chairego da Auga (OcA) nomeando Presidenta a Dª Regina Polín, en representación do Concello de Guitiriz, Vicepresidente a D. Xan Neira, en representación da Sociedade Galega de Agricultura Ecolóxica, a D. Tomás Cuesta, en representación Asociación Galega de Investigadores da Auga e a D. Carlos Álvarez, en representación Asociación Galega de Investigadores para o Desenvolvemento Rural. Con este plantexamento, os primeiros pasos do Observatorio Chairego da Auga (OcA) se centran en dúas actuacións diferenciadas e ben concretas:

1. C elebración dun Curso de Verán nos días 18 e 19 de xullo en Guitiriz titulado “Auga e Territorio: a ruta da auga en Guitiriz” xunto coa Universidade de Santiago de Compostela. Neste curso se tratará o papel dos sistemas brandos, ou de baixo custe, para o tratamento de augas residuais para pequenas comunidades mediante humedais artificiais. Coñeceremos as experiencias piloto en Galicia e contaremos coa presenza de especialistas para finalizar cun obradoiro onde aprenderemos a deseñar un pequeno humedal para unha pequeno núcleo. Este curso está recoñecido como Actividade de Formación Continuada polo Servizo de Formación de Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e cun crédito pola USC (libre elección nas titulacións non adaptadas e optativo nas titulacións adaptadas). O prazo de matrícula estará aberto a partires do 31 de maio (http://www. usc.es/cultura). 2. E laboración e publicación dunha Guía “Descobre a Ruta da Auga de Guitiriz” que facilite achegarnos o coñecemento da relación entre a auga e o territorio nun espazo determinado: o concello de Guitiriz. Os obxectivos concretos da elaboración deste son: • c oñocer, e dar a coñecer, a Ruta da Auga. • p reparar un material que poda empregarse nos centros educativos da comarca. • v alorizar o recurso do río. • p otenciar a Ruta da Auga como elemento turístico.

1 columpio cesta 2 columpios normales 2 toboganes 1 muelle cuádruple y otro simple 3 torres-casa con diferentes juegos y unidas por 1 túnel y 1 puente 4 trepas 1 red pequeña

Las obras de renovación de este parque estarán finalizadas antes de que acabe el presente mes de junio por lo que se podrá disfrutar de los nuevos juegos durante toda la temporada de verano. Este es el quinto parque infantil que se renueva y se adapta a la normativa vigente desde que se acometiera la obra de mejora de los parques de la plaza de la constitución y de la alameda allá por el mes de septiembre de 2.008. En marzo de 2.010 se construyó el parque infantil que hay frente a la guardería y en mayo de ese mismo año se reformó por completo la zona infantil del parque del antiguo cementerio. En estos 3 años escasos se invirtieron un total de 125.000€ de los presupuestos municipales y, cuando se finalice la obra de la magdalena Vilalba contará con 2.000 m2 de parques infantiles perfectamente equipados y adaptados.


Xuño 2011 / A Terra Chá Naturalmente

13

Concello de Xermade

VII Xornadas Interxeracionais Rurais Nestas sétimas xornadas interxeracionais rurais pretendemos seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate para as persoas maiores deste municipio. Trátase dunhas xornadas que van dirixidas fundamentalmente ós nosos maiores e nas que quqeremos ofrecerlles charlas, presentación de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Pero tamén se trata dunhas xornadas interxeracionais pensadas para que xoves e maiores poidan desenvolver un traballo conxunto, xa que un dos grandes desexos

e legados dos nosos maiores é que sexan escoitados e podernos transmitir todo o que aprenderon durante a súa vida. Para eso estamos ante unhas xornadas abertas mas que queremos contar cos máis novos. Así mesmo, pretendemos ofrecer actividades ós maiores que lles permitan seguir aprendendo cousas que poidan resultarlles útiles e interesantes. A Actividades está recoñecida con un crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santiago e da Universidade da Coruña.


14

A Terra Chá Naturalmente / Xuño 2011

I Festa das Migas con Touciño e Chourizo XERMADE, 18 de Xuño de 2011

Mer ca o t Afo ro 3 eu tick et 50 p erso . as

9:00 h. Inauguración da ruta de sendeirismo Xermade – Sotavento (9,5 km (ida). Ás 11,45 sairá un autobús desde Sotavento para traer aos senderistas ata a praza do concello. 12:00 h. Misa 12:30 h. Conmemoración dos 100 anos do Pino da Igrexa Inauguración exposición manualidades na Biblioteca Pública de Xermade Pasarrúas e actuación do grupo de gaitas AXÓUXERE 14:00 h. Xantar (migas con touciño e chourizo – 12€) 16:30 h. Xogos populares (carreiras con sacos, tiro da corda, etc… 18.00 h. Actuación musical: LOS GUACAMOLA: ritmos latinos, música mexicana, música de festa -----------------------------------------------------------------------------22:00 h. Cea (sardiñas e churrasco – 12€) 23:30 h. Actuación musical: A BANDA DA BALBINA (Pachanga - folck)

Ruta Senderismo Xermade - Sotavento


XuĂąo 2011 / A Terra ChĂĄ Naturalmente

15



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.