O traballo que se presenta a continuación pretende poñer de manifesto a crise espacial e social que sofren as cidades hoxe en día, plantexando que a súa recuperación pasa por reconquistar o espazo público por parte da cidadanía. Nesta reconquista, nenos e adolescentes xogan un papel importante como axentes de cambio, papel que na actualidade lle estamos a negar. Como involucralos na construción do seu entorno inmediato? Consideramos que un cambio de visión respecto do noso entorno é posible a través da educación. Partindo de experiencias educativas relacionadas co ámbito urbano, os rapaces adquirirán as ferramentas que lles permitan ser axentes activos na construción das cidades presentes e futuras.
No traballo elabórase un texto teórico descritivo partindo dunha revisión bibliográfica, para logo pasar a recopilar unha serie de experiencias educativas que nos van permitir facernos unha idea sobre a presenza da educación en arquitectura enfocada aos máis novos.