Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes
Nº 25 Decembro 2011
CAMIÑO DO POUSO, 2 * 36.560 SOUTELO DE MONTES BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES e-mail: verboxido@yahoo.es
Dez anos
Blog: www.verboxido.wordpress.com
Na primavera do ano 2001 nacía en Soutelo de Montes a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes VERBO XIDO, un colectivo aberto e plural, con dous obxectivos claros: a difusión cultural e a defensa do medio ambiente. Para preservar e dar a coñecer a cultura e o patrimonio da Terra de Montes, VERBO XIDO desenvolveu un importante labor editorial concretado en máis dunha ducia de libros, 25 Boletíns de periodicidade cuatrimestral, unha guía do Centro Etnográfico de Terra de Montes e diversos trípticos para criticar a desfeita do patrimonio arquitectónico e poder levar a cabo os roteiros do Padre Sarmiento e do Monte do Seixo. Ademais, levamos a
Tampouco
podemos
bo porto sete edicións das
esquecer o gran esforzo rea-
Xornadas de Terra de To-
lizado para recuperar a Me-
d@s, nas que se trataron te-
moria da represión franquis-
máticas tan variadas como as
ta na bisbarra e dignificar a
políticas culturais dos nosos
lembranza
concellos, a repercusión do
mediante diversas publica-
AVE, as enerxías alternativas,
cións, actos de divulgación e
a importancia do oficio dos
a homenaxe que teñen lugar
canteiros, a reivindicación de
todos os anos no sinxelo
personaxes senlleiros da cul-
monumento recordatorio eri-
tura como o Padre Sarmiento,
xido na Ponte do Barco
Xosé Otero Espasandín ou
(Pedre).
dos
vencidos,
Antonio Rodríguez Fraiz. Nesta delongada e dificultosa andaina, non podemos esquecer a Fermín Martínez, autor do noso ilustrativo logotipo, nin aos presidentes que me precederon, Constantino González e Fernando Salgado. Para rematar, tamén queremos lembrar á Asociación de Mulleres ESPADELA, coa que compartimos tantas cousas, e ao noso particular punto de encontro, o Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMo), polo que apostamos dende o comezo e no que seguimos debruzados para asegurarlle longa vida, como verdadeiro referente e testemuño da cultura e o patrimonio da Terra de Montes. Longa vida, tamén, a VERBO XIDO Lola Varela (Presidenta de Verbo Xido)
Apostar pola Terra de Montes. Unha oportunidade de futuro Fai dez anos, comezaba Verbo Xido a súa
aconteceu todo o contrario e a cota de poder do
andaina poñendo a mirada sobre o Medio
PP incrementouse e consolidouse nunha maioría
Ambiente e a Cultura na nosa comarca, desde
folgada.
unha vertente progresista. Dous eran entón os obxectivos deste colectivo: denunciar as accións
Cadro 1: Evolución da poboación na comarca TabeirósTerra de Montes
que atentasen ao Medio Ambiente e poñer en valor o noso patrimonio etnográfico, natural e cultural desde o Centro Etnográfico da Terra de Montes. Hoxe, ninguén pon en dúbida o enorme potencial natural e cultural da Terra de Montes nin o valor do Centro Etnográfico como foco dinamizador da comarca, pero nos comezos non foron poucos os atrancos daqueles que pensaban que
CONCELLO A ESTRADA FORCAREI CERDEDO
acostumado a controlar o tecido social do territorio segundo os seus intereses e sen apenas competencia en materia cultural.
2010 21.828 4.108 2.299
Fonte: Instituto Nacional de Estatística. Datos a 1 de xaneiro de cada ano.
Cadro 2: Número de concelleiros/as obtidos polos partidos nas eleccións municipais de 1999 e 2011
1999
Verbo Xido e o Centro Etnográfico podían ser elementos conflitivos para un goberno local
ANO 2006 22.013 4.505 2.330
2001 22.216 4.849 2.523
2011
PsdeG
CONCELLO A ESTRADA FORCAREI CERDEDO
PP PSOE
14 10 8
PsdeG BNG PP PSOE BNG
4 2 1
3 1 2
11 6 10
9 4 1
1 1 0
Fonte: Instituto Nacional de Estatística.
Este colectivo, ao igual que moitos outros
Neste escenario descrito cabe resaltar que
que foron emerxendo nesta última década,
os concellos da comarca ao igual que no resto de
apostou desde o primeiro momento pola Terra de
Galicia tiveron que asumir novas competencias,
Montes como un territorio cun futuro de oportunid-
sobre todo en servizos sociais, ao mesmo tempo
ades e mantivo unha actitude crítica coas accións
que se lanzaron a actuar case como xestores
que puidesen atentar precisamente a estas
culturais e turísticos en lugar de sentar as bases
oportunidades. Que pasou mentres?
para que a cultura e o turismo fosen unha fonte de emprego e desenvolvemento empresarial promo-
Neste espazo de tempo na comarca
vida desde a administración local.
Tabeirós-Terra de Montes temos que falar dunha vertente social caracterizada pola perda e enve-
O resultado está á vista: incremento de
llecemento da poboación e dunha vertente política
espazos municipais, de traballadores locais para
caracterizada por gobernos do Partido Popular en
servizos difusos e sobre todo, aumento da
Forcarei, Cerdedo e A Estrada, salvo o período
dependencia económica da administración auto-
2007-2011 de goberno de coalición PSdeG-
nómica e provincial, colocando aos tres concellos
PSOE/BNG neste último concello. Se ben é certo
nunha posición delicada para administrar o pre-
que o poder popular en A Estrada e Forcarei foi
sente. De feito, entre Forcarei e Cerdedo, que
diluído lixeiramente nos últimos anos, en Cerdedo
apenas suman 6.500 habitantes contan con dúas
escolas infantís, tres pavillóns deportivos cuber-
Os nosos concellos deben preservar a súa
tos, dous auditorios, tres bibliotecas municipais,
condición de administración ao servizo do cidadán
dúas piscinas municipais e unha praia fluvial,
ante o inminente perigo de converterse nun lastre
ademais de diversos bens baleiros, de titular-dade
para estes (os datos do 2010 da débeda viva por
municipal, esperando momentos mellores. E no
habitante así o amosan). E nesta irrenunciable la-
ámbito da contratación de persoal de servizos
bor deben contar con todas as forzas políticas que
podemos citar técnicos deportivos, axentes de
compoñen as corporacións municipais pero sobre
desenvolvemento local, educadores familiares,
todo co tecido social, un tecido social que leva
técnicos en turismo, técnicos de cultura, etc... En
anos traballando para demostrar que o medio
definitiva, máis servizos, máis equipamentos e
rural non é un negocio, senón unha forma de vida.
máis esforzo económico para menos poboación e menos ingresos nas arcas municipais. Ata cando?
Fai dez anos, cando o Centro Etnográfico da Terra de Montes abría as súas portas, a nosa
Cadro 3. Orzamento municipal dos concellos para gastos
comarca comezaba a pechalas, entrando na liña
correntes
de non retorno demográfico. E hoxe, ante un pre-
ANO GASTO EN BENS
que os gobernos locais e os colectivos políticos e
CORRENTES E
2001 A ESTRADA 2.504.305 FORCAREI 684.704 CERDEDO 300.019
SERVIZOS
sente complicado e un futuro incerto, insisto en
2008 4.665.581 1.241.133 647.797
Fonte: Instituto Galego de Estatística (as referencias temporais
sociais están chamados a entenderse, a deixar de mirarse de esguello para mirar ao fronte e a pensar que algo terá que perder cada un para que gañemos todos.
pertencen ao primeiro e ao último ano dos que se dispoñen de datos gravados).
Nestes dez anos leváronse a cabo iniciativas como a construción de solo industrial, a mellora da conexión con Santiago de Compostela ou a xestión de dous programas de fondos euro-
Dicía Victor Hugo que “o futuro ten moitos nomes: para o débil é o inalcanzable, para o medorento, o descoñecido e para o valente, a oportunidade”. Agora máis que nunca, toca ser valentes.
peos para o desenvolvemento rural (agora estase xestionando o terceiro) pero a nosa comarca non logra frear a sangría demográfica nin xerar un dinamismo económico que reverta de forma clara no territorio por parte dos poderes públicos. Chegou pois, o momento de que os concellos de Tabeirós-Terra de Montes, actúen con valentía e aborden máis cedo que tarde a mancomunidade de determinados servizos, a racionalización do gasto corrente e o deseño de estratexias de desenvolvemento económico conxuntas, que partan dun diagnóstico científico e realista.
Ana Doval Fraíz Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Forcarei
E se o Seixo for o Monte Medulius...? A Blanca García Fdez.-Albalat, André Pena Graña e José Manuel Barbosa, con amor
A Terra de Montes –no antigo, Montes Meta– foi a patria dos metacios, un dos pobos celtas da Gallaecia (ou Kalláikia), inmortalizados no Parochiale suevum, Divisio Theodomiri ou Concilium Lucensis, acta que dimanou do Concilio de Lugo celebrado o Aninovo de 569. O topónimo Montes Meta é un orotopónimo tautolóxico, é dicir, a forma Meta tamén significa “montaña” “elevación”. A expresión latina Montes Meta é o resultado de identificar como “monte” unha realidade xa recoñecida como tal en lingua celta.
Cónica é a feitura do monte do Seixo (Outeiro do Coto, 1.015 m), albiscado dende a estrada de Cerdedo a Soutelo de Montes e, parafraseando a Floro e a Orosio, a 30 km en liña recta –cara ao NO– do río Miño (Ribadavia). O propio Cabeza Quiles engade: Topónimo notable, que pode provir da prolífica “meta” latina, é o do mítico monte Medulio [...] que aínda que de difícil ou imposible localización ha ter forma cónica (páx. 260). Meda, medorra, medoña... son outras formas coas que se nomea unha mámoa, sepultura neolítica, v.g.: Chan de Mamas, no alto do Seixo.
As raíces *med-/*met- célticas aparecen en innumerábeis orotopónimos galegos: Meda, Medo, Medeiros, Medela, Medelo (sen ir máis lonxe, no veciño Caroi-Cotobade)..., dando testemuño da súa rendibilidade substratística (E. Rivas Quintas, 1982).
O verbo latino metor significa “fixar os lindes”, “chantar fitos”. Tomando en consideración ambas as dúas solucións, a Terra de Montes, Montes Meta, agocharía o significado de “montaña cónica que serve de fronteira”. Mais, fronteira de que?
Por outra banda, o substantivo meta-ae latino significa “columna cónica” ou “extremidade” “termo”. Cotéxese co irlandés metho “fito de deslinde”.
Voltemos ao Parochiale. Neste documento, recóllese a división parroquial –as trece cadeiras– que a potestade sueva arbitrou para o reino da Galiza no século VI, recoñecendo Lugo como diocese metropolitana, a semellanza de Braga. A provincia romana da Gallaecia segregábase, tras o sínodo, en dúas sés arcebispais, Lugo e Braga, respectando as áreas de influencia destes dous antigos conventos xurídicos romanos. A sé de Lugo perderá o seu carácter de metropolitana tras a época sueva.
F. Cabeza Quiles (Os nomes de lugar, 1992, páx. 259) di que o vocábulo “meta” pervive na toponimia de Galicia dando nome a elementos de topografía máis ou menos cónica que son sempre montes e montañas.
Na romanidade, as derregas do conventus lucensis e do conventus bracarensis adaptáronse aos accidentes naturais do país (o terceiro dos conventus era o asturicensis, a Galiza do leste). Dende o oeste, os lindes seguían o val do río Lérez –ou o do río Verdugo– e os cordais interiores da actual provincia de Pontevedra (a serra do Cando e a serra do Candán), fontes fluminum, atinxindo cara ao leste as ribeiras do Sil. Como se deduce, a tribo dos metacios, os indíxenas da Terra de Montes, asentaban en predios fronteirizos.
Unha meda (metoca ou metouca), termo agrícola, é unha morea de forma cónica, que se forma pola acumulación ordenada de feixes de centeo, trigo, millo, herba, etc. (Dicionario Xerais da Lingua, páx. 785). Di o refrán: Home cazador ou troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.
No momento de organizar a provincia da Gallaecia, a autoridade romana valeuse dunha máis antiga división política (oinaikoi) de época celta. A federación de territorios políticos (trebas, máis tarde civitates, populi) na que se adscribían os metacios era o oináikos Growion, localizado ao sudoeste da Kalláikia, tendo como capital a Bracara (Braga). Aínda pertencendo á dita federación, os metacios (unha das tribos dos artódioi) habitaban a carón da marca do oináikos Ártabron, a federación céltica do norte, con capital en Lucus (Lugo). Xa daquela, a estrema estaba debuxada pola ría de Pontevedra, o
río Lérez e as serras do Cando e Candán. A treba metacia viviu, entón, dende a máis remota antigüidade, no limes, no cabo dun territorio e no comezo doutro. Asumido o cristianismo polo pobo suevo – moitos galaicos xa eran priscilianistas dende e o século IV–, o rei Miro (570-583) fixo realidade o proxecto de seu pai, Teodomiro, de organizar a igrexa nacional sueva. O plan reestruturador contou co apoio do influente bispo Martiño de Dumio (515c580c), flaxelo do arrianismo de Aiax –“o inimigo da fe católica e da Divina Trindade”, segundo o cronista Idacio–, impulsor, que foi o dumiense, da conversión relixiosa dos bárbaros do Noroeste. O reino suevo da Galiza ficou dividido en trece “sedes” (hoxe, dioceses). Cada unha das “sedes” dividíase á súa vez en “dioceses” (hoxe, comarcas ou arciprestados). Segundo se le no Parochiale, á diocese de Iria, inserida no arcebispado de Lugo, correspondíanlle a xestión do seu propio territorio e o das parroquias (antigas trebas celtas) dos Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mercienses, Postamaricos (Coporos, Celticos, Bregantinos, Prutenos, Prucios, Besancos, Trasancos, Lapaciencos e Arros); todos eles etnónimos. No Chronicón Iriense, composto en época posterior (sécs. XI-XII), corroboramos a asignación da Terra de Montes á diocese de Iria por parte do rei Miro: Mirus Rex Sedi suae Iriensi contulit Dioeceses, scil. Moracium, Salines, Moraniam, Celinos, MONTES (Terra de Montes), Mertiam, Taberiolos (A Estrada), Velegiam, Loutum, et Pistomarcos, Amercam, Coronatum, Dermianam, Gentines, Celtagos, Barchalam, Nemancos, Vimiantium, Salagiam, Bregantinos, Farum, Scutarios (Cotobade), Dubriam, Montanos, Nemiros, Prucios, Visancos, Trasancos, Lavacengos, et Arras, et alias, quae in Canonibus resonant. Baixo o reinado de Afonso II o Casto (760c842), áchase en Iria Flavia (ano 813), capital da diocese, o suposto sartego do apóstolo Santiago. As constantes razzias viquingas propiciarán, posteriormente, o traslado da sé iriense –e dos venerábeis despoxos (con certeza, de Prisciliano)– a Compostela, que se converterá en metropolitana ao longo do século XII, en tempos de Xelmírez, e até os nosos días. Recuemos de novo no tempo. Durante as campañas militares que o emperador romano Octavio Augusto (63 a. C.-14 d. C.) desenvolveu no norte da Península, aconteceu, nun lugar impreciso, mais montuoso, do interior da Galiza, a célebre batalla do monte Medulio, decisiva na conquista do territorio galego.
Cara ao ano 20 a. C., os superviventes daquel feroz combate resistiron afoutamente o delongado asedio ao que os someteron as lexións romanas de Cayo Furnio e Publio Carisio. Os celtas da citania do Mons Medulius preferiron o suicidio – tras a inxesta de bagas de teixo–, antes que entregarse con vida ao inimigo: “Denantes mortos que escravos”, escribiría Castelao. Lembremos que o episodio de Trentinán, a mítica vila asolagada do Seixo, amenta os romanos no alto da montaña. Na mesma, érguese maxestosa a peneda fortificada do Castro Grande. Se atendemos a unha das etimoloxías propostas para Medulius (<Mediolanum), este viría significar “a chaira do medio”, “lugar central”. A profesora Blanca García Fdez.-Albalat describe o mediolanum, por mor das súas características, como lugar asembleario, escenario ritual, santuario, feira, foro, oenach, onfálica encrucillada... Chegados a este punto, a vista vólvese de novo, sen esforzo, cara ao alto do Seixo, cara ao cruzamento de Portalén (a porta do Outro Mundo), cara o Marco do Vento, descomunal pedrafita (a trebopala), alí, na Feira Vella, onde como di a lenda, todos os ventos dan a volta. Dende tempos inmemoriais, os 30 m3 de pedra de gran do Marco do Vento (ou Marco do Seixo) –6 m de altura– e as cruces de termo gravadas nas súas faces veñen exercendo de chantón divisorio. A chaira onde se ergue, a Feira Vella, relanzo sacro, terra de ninguén e de todos, confluencia de camiños, foi senlleiro escenario do ciclo festivo celta. Os metacios, o populus que morou na redonda da montaña, condensan no seu nome o carácter singular dos que habitaron ao pé do outeiro da marca, na fronteira final. Moitas son as candidaturas presentadas para acoller o nemeton meduliano, mais ningunha tan ricamente adobiada como a proposta polo monte do Seixo. Quen dá máis? Irmáns no amor á Suevia de lexendaria historia, en pé! en pé dispostos a non morrer sin loita! O día do Medulio con sangue quente e roxa mercámo-lo dereito á libre, honrada chouza! Ramón Cabanillas Calros Solla Texto extraído d’O código da vincha. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo, de próxima publicación
A memoria dos vencidos na Terra de Montes A brutal represión que sufriron estes territorios tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936, represión que sumou cando menos 42 mortos e outros 175 veciños e veciñas obxecto de distintas represalias, aos que habería que engadir 34 falecidos loitando no Exército Popular da República, levou de seu o escarmento xeral e a reserva a transmitir ás xeracións vindeiras non só o acontecido naqueles días de ferro, mais tamén as lembranzas da farturenta historia social dos movementos agrarios e obreiros nesta bisbarra, moi anteriores á etapa republicana. Agás ocasións especiais, nas que a carón da lareira o silencio rachaba tan só en presenza de familiares ou amigos de moita confianza, o medo imperou e moita xente nova a penas albiscou a implicación dos seus achegados naqueles tristes sucesos e, sobre todo, as tremendas consecuencias vitais que carrexaron: morte, cadea, exilio, fame e miseria, emigración forzada, humillacións, marxinación e discriminación, expulsión dos traballos...., foron pan de cada día para os “vencidos”. Dende o tempo de posguerra até a década dos 70, tan só (que nos saibamos) un veciño de Figueroa atreveuse a plasmar por escrito as súas vivencias como soldado da República durante toda a Guerra Civil, lembranzas acompañadas por un feixe de fotografías dos seus conveciños e compañeiros de loita na 39 Brigada Mixta do Exército do Centro e salferidas por algún que outro dato respecto das infames represalias que estaban a se producir polas terras de Cerdedo: referímonos ás Memorias de Rogelio Arca Rivas, ben coñecido por ser fillo dun dos sacrificados na Ponte do Barco o 13 de agosto de 1936. Estas Memorias, que durante anos pasaron discretamente polas mans dalgúns familiares de represaliados ou mortos na contenda formando parte do bando perdedor, foron obxecto dunha edición parcial no ano 2008, acompañadas dunha documentación fotográfica salientable (1). Pero falar da memoria escrita dos vencidos por estas terras, é referirse, de xeito paradoxal, a unha persoa que, se ben exerceu cargos na Igrexa dos vencedores (o de Consiliario das JOC), mudou radicalmente de visión a fins dos anos 50: referímonos ao sacerdote Antonio Rodríguez Fraiz, autor na década dos 70 dunhas impagables entradas na “Gran Enciclopedia Gallega”, onde dá conta do vello agrarismo na Terra de Montes, aporta a semblanza dalgúns dos seus militantes máis destacados (os
forcaricenses Alfredo Iglesias ou os irmáns Dionisio e Narciso Quintillán, sen ir máis lonxe) e intercala algunha información respecto das aldraxes franquistas, mesmo de certos represores. Logo, nos seus derradeiros libros (2), Rodríguez Fraiz deixará caer, acá e acolá, charamuscas do acontecer dos vencidos neste territorio do que foi Cronista.
Na primeira década do século XXI, a situación muda de vez e co labor constante de Verbo Xido desvelase a magnitude das represalias e a magoada traxectoria vital de todas e cada unha das vítimas da represión franquista, fáiselles visibles ao conxunto da sociedade e iníciase unha dura teima pola súa dignificación e público recoñecemento; teima que persiste arestora: edición de publicacións, emprazamento do monumento da Ponte do Barco, organización de conferencias e homenaxes, esixencia de cumprimento da Lei de Memoria no relativo á eliminación da simboloxía franquista... En resposta, os sectores máis escurantistas defenderon a súa espúrea “memoria dos vencedores” con distinta metodoloxía: mentres uns, os máis arroutados, atentaron por tres veces contra a humilde placa da Ponte do Barco, outros apelaron “á honra” dos seus devanceiros procurando calar ao mensaxeiro mediante accións xudiciais, argalladas contra a liberdade de investigación e o dereito a saber da cidadanía. Todo en van: o monumento da Ponte do Barco está en pé, como perpetuo recor-
datorio da barbarie, e os historiadores continúan o seu perseverante labor. Capítulo aparte é a actitude dos Concellos, gobernados todos eles con maioría absoluta polo PP. Ata o intre de escribir estas páxinas, a súa actitude foi, sen a penas excepcións, a mesma: indiferencia e desconsideración cara as vítimas (e os seus achegados) do peor andazo que viviu o territorio nos últimos séculos, obviando a legalidade vixente e facendo ouvidos xordos ás reclamacións de veciños e colectivos memorialísticos, para recoñecer e homenaxear como se merecen a aqueles que morreron ou padeceron inxustamente polo seu devezo dunha vida máis libre e igualitaria. Particularmente indignante é o escarnio que representa para os represaliados e para ás súas familias manter, ben a “camisas vellas” falanxistas que ostentaron alcaldías nos anos da “longa noite de pedra” (Manuel Gutiérrez en Cerdedo; Francisco Filgueira en Forcarei), ben a golpistas ou prebostes da ditadura (ao “Generalísimo” e a Carrero Blanco, en Beariz; a José Antonio en Doade), nos respectivos callejeros. E tampouco pasan desapercibidos nin o noxento xugo falanxista instalado con toda fachenda na Feira de Doade, nin os mesmos emblemas facciosos gravados nas fontes
cerdedenses, con placa de mármore incluída no caso da existente no lugar de Cuíña. En suma, a “memoria dos vencidos” non recibe un trato considerado por parte dos nosos organismos municipais. Aínda máis: o feito de que as vítimas do franquismo non recibiran ate o momento ningún recoñecemento por parte dos Concellos da zona, é dabondo preocupante e di ben pouco da calidade democrática das actuais Corporacións. Pola nosa banda, chova que neve, dende Verbo Xido seguiremos a espallar a mensaxe de que o esquecemento forzado é cómplice dun crime de lesa humanidade que nunca prescribirá, mentres que a homenaxe ás vítimas da barbarie franquista representa, ao tempo, un deber de xustiza e unha garantía de liberdade futura. Dionísio Pereira (1) Arca Rivas, R. e Pereira, D. “Album de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República”, Difusora de Artes e Ideas, Ourense, 2008. (2) Rodríguez Fraiz, A. “Canteiros e artistas de Terra de Montes e Ribeiras do Lérez” Pontevedra, 1982, e Rodríguez Fraiz, A. “Santa Mariña de Tomonde: Terra de Montes. Cerdedo”, Pontevedra, 2002.
A Constante Liste, arxina xido e Vedello Bate de Teo, estafado no luceiro de estafamorio de 1936. A Constante Liste, canteiro bo e Tenente de Alcalde de Teo, asasinado no ano da morte de 1936
Caifós escainaron coma lumias acalmadas por escurias dangres Reloxos racharon coma farois golpeados por mazas grandes
Oreta degranxo repula escarriou no mouto e nende goreaba Auga moi fría naceu no monte e non cantaba
Nende se entalxía xambrear a oreta repula no mouto de raula Non se escoitaba escorrer a auga fría no monte escuro
Samarúa abatida da toa estafeira xarou a oreta repula que escarriou no mouto de raula Compañeira silandeira da túa morte foi a auga fría que naceu no monte escuro
Trefes coma pacheseadeiras clavucidas en vixos de purria xurufe Ruíns coma agullas espetadas en ollos de muller bonita
Aghives xaraban os ghruños nende-xilóns que te estafaron Así eran os porcos non-homes que te mataron
Nende-xilóns que abismaban de ñurre Non-homes que miraban de esguello
Trefes xaraban coma cermión trefe de chacurros do mouto estafados Ruíns eran coma unto ruín de cans do monte mortos
Enxameas de cutifarras aferpeladas de verdeo dos samarúas máis xidos Enxeñeiros de navallas vestidas de sangue dos compañeiros mellores
Llastían escainas nas soas galrúas e verdearon richivaus en raulas de nusca Levaban mentiras nas súas bocas e ensanguentaron ventos en noites de lúa
Imes encatifo cara vobis orifos de areón dangres corruñindo as vosas ganchas tefes Eu boto cara vós ouriños de boi grande lembrando as vosas mans ruíns
Samarúa xido xara o papiloso ou arría de arxina pra corruñir o conxeleme de Ameneiro Compañeiro bo é o papel ou pedra de canteiro pra lembrar o concelleiro de Ameneiro
Trefes motos catrolos tufaneiros abarcados de xanxonas da estafeira ñurre galrúo Ruíns carneiros maliciosos escopeteiros preñados de moscas da morte esconxuro
Encatifo aquives oreta dos imes vixos no curruño do arxina xompaina que estafaron humáns bixairos Boto aquí auga dos meus ollos na lembranza do canteiro compañeiro que mataron homes covardes
Xosé Luis Santos Cabanas
Terra... de Montes? A crise ecolóxica global que vivimos supón que por primeira vez na historia temos capacidade para destruír os ecosistemas onde a vida humana é factible. Neste sistema globalizado no que o obxectivo é o crecemento da produción en si mesma, as empresas véndennos produtos industriais de pouca vida e que logo non sabemos onde e como desfacernos deles, e alimentos producidos industrialmente que veñen envasados e transportados dende miles de quilómetros, e mesmo homoxenizan os hábitos e as culturas. Isto consume moita enerxía, destrúe recursos, contribúe ao quecemento climático e destrúe os xeitos de vida tradicionais; privatiza as terras que pasan a ser vendidas ás multinacionais e fai que a poboación teña que fuxir as cidades en peores condicións de vida. Isto vén dunha tendencia ao desregulamento dos controles sociais, económicos e medioambientais e da cesión do poder dos estados cara as empresas multinacionais. En Galicia esa relaxación normativa ao modo neoliberal, supón mesmo non protexer as zonas “protexidas”. Como se pode ver, supón non ter as suficientes medidas preventivas para que non arderan máis de 10.000 Has. de monte protexido en Ourense, na Reserva da biosfera Xurés-Gêres, en catro espazos da Rede Natura 2000 na BaixaLlimia e no Macizo central. Ou supón tamén que se aprobase o Plano director da Rede Natura tarde e mal: tarde, con 6 anos de retraso, e despois de que Bruxelas apercibise a España por non cumprir Galicia a obriga de declarar as Zonas de Especial Protección; e mal, pois rebaixa a protección, xa que poden permitirse en zonas de alto valor ambiental incineradoras, rallyes, recualificar terreo rústico, etc, e tamén desaparecen as reservas integrais. E por se isto fora pouco, na Lei de Acompañamento dos Orzamentos 2012 suprímese a tramitación ambiental dos proxectos sectoriais, elimínase a avaliación de efectos ambientais e derógase toda a lexislación galega sobre ruído; así, moitos eólicos, piscifactorías ou proxectos urbanísticos supramunicipais, xa non terán que facer avaliación ambiental. Na Terra de Montes, para fuxir da desfeita, debemos facer precisamente dos montes unha oportunidade fronte á crise. Temos que compaxinar a defensa territorial, co desenvolvemento económico e social. Xa temos os cumes dos montes coroados con eólicos dos que pouco proveito tiramos e, por este camiño, aínda teremos máis sen planificar a súa necesidade nin elixir o sitio máis axeitado. Pero temos que ser quen de, como propón a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, preservar o concepto xermánico (indivisible, inalienable…) da súa titularidade, pois os montes veciñais son parte do noso futuro: un monte multifuncional e sustentábel, que
faga fixar á poboación nova neste territorio condenado ao despoboamento. Dende un punto de vista agroecolóxico o monte é “un todo natural, ambiental, social, económico, rural e cultural que relaciona factores físicos e socioculturais. Polo tanto é un sistema complexo con interaccións de distintas realidades tanto físicas (climatolóxicas, xeográficas, atmosféricas, etc) como sociais (uso do solo, xestión do territorio, propiedade, costumes, etc...)”. Debe superarse a consideración dos montes como espazos de producción de madeira ou biomasa, para desenvolver outros usos asociados ao turismo, á paisaxe, á biodiversidade, á etnografía, etc.. No monte tamén hai patrimonio arqueolóxico, cultural e histórico; mámoas, castros, petroglifos, que na visión reducionista monofuncional non teñen valor e poden destruírse impunemente, como aconteceu coas mámoas do Seixo.
Vello almacén mineiro en Presqueiras
Pero de novo as leis non nos son moi favorables. Tanto o borrador da Lei de Montes, como o documento de Directrices de Ordenación do Territorio, non son normas integrais que abarquen todos estes aspectos do monte e máis ben a súa función pasa a ser só forestal e para cultivos de biomasa, o que supón de feito a privatización dos montes veciñais e a súa destrución. O gran problema que é o abandono non se solucionará. Ademáis, con estas normativas a Administración deixa nas mans privadas a xestión da terra. Os montes veciñais pasan de seren solo rústico de protección forestal a ser de protección ordinaria, polo que poden ser máis facilmente urbanizables, e elimínanse axudas para fomentar outros usos (agro-gandeiro, cogomelos, mel, etc).
O novo proxecto de Lei favorece totalmente o monocultivo de especies de turno rápido (piñeiro, eucalipto), ao non fomentar a plantación de frondosas e permitir cambiar o uso das terras de agrario a forestal, diminuíndo así a terra para produción de alimentos e forraxe. Na práctica contemplase só o beneficio económico a curto prazo, favorecendo a Ence e a outras empresas produtoras de biomasa. Ademais, non se considera esta actividade vinculada á limpeza do monte e á prevención dos lumes, senón un negocio en si mesmo, polo que ata se fala de plantar especies foráneas de rápido crecemento para alimentar estas plantas de biomasa o que suporía un desastre ecolóxico. É preciso prestar moita atención á Planta de Biomasa do polígono de Vilapouca, para impedir que iso aconteza. A maiores, os parques eólicos poderán porse onde queiran as empresas, xa que os titulares dos montes perderon toda capacidade de decisión ao se derrogar o Decreto da enerxía eólica e coa lei de aproveitamento eólico e a creación do canon ambiental. Tamén a Lei de Augas abre a porta á privatización e mercantilización da auga ao entregarlle a Augas de Galicia, un organismo que pasa a
transformarse en sociedade anónima, a xestión do subministro, obras hidráulicas e saneamento, así como o cobro do famoso canon polo que deberemos pagar por pozos particulares e traídas construídas con moito esforzo veciñal en terreos comunais. Non debemos esquecer tampouco dúas ameazas contra o noso territorio: a primeira, as prospecións que unha empresa canadiana está a facer entre Presqueiras (Forcarei) e Rubillón (Beariz), na procura de litio e tantalio, algo que pode derivar nunha explotación mineira a ceo aberto; a segunda, a incineradora do Irixo, obsoleta fórmula de tratamento do lixo, prexudicial para o conxunto da poboación. Non as perderemos de vista. É preciso RELAXARSE si, relaxarse, pero no sentido do termoque se lle dá na parroquia da Madalena na Terra de Montes: aquí relaxarse é indignarse, e iso haberá que facer ou teremos que cambiar o nome de TERRA DE MONTES por MONTES S.A. Concha Alonso
Desenvolvemento rural? Desenvolvemento económico? Desenvolvemento político? Análise dende unha perspectiva local Ás veces non nos decatamos do papel tan importante da economía na nosa vida. Como inflúe unha determinada política económica no día a día. E é curioso porque, canto máis inflúe ou máis capacidade de acción ten sobre a nosa vida, máis lonxana a queren facer ver. Deste xeito, escenifican o complicado que é facer cambios porque a toma de decisión está moi lonxe. Ao mellor é máis doado e depende tan so da vontade política de querer facer . Se nos trasladamos ao ámbito rural é moito máis evidente; a economía trátase como asunto de política maior como se os veciños e veciñas non tivesen capacidade para decidir sobre ela. Curioso paradoxo porque é o ámbito máis cercano. E temos que lembrar algúns casos nos que son os/as propios/as cidadáns os/as que elaboran orzamentos municipais cun elevado grao de satisfacción. O desenvolvemento económico nos concellos é un tema complexo que depende de moitas cuestións e son moitos os que sitúan nun punto de non retorno aos pequenos municipios rurais. Dende
o meu punto de vista os problemas económicos destes teñen que ver con 2 variábeis fundamentais: A variábel externa: a falla de financiamento Os concellos rurais, como os da Terra de Montes, teñen certas limitacións orzamentarias. Disto a ninguén lle cabe dúbida. Pero o problema é que á insuficiencia orzamentaria se lle engade a ausencia de planeamento, de priorización e falla de xestión. Isto fai que falar de desenvolvemento económico sexa considerado como utopía. Mais o peor é ter que enfrontarse á existencia da tan manida rede de clientelismo caciquil que confunde a xestión municipal orzamentaria coa necesidade de votos. Non é a miña intención desvirtuar á política (obviamente!) pero si que creo que é necesario, para dignificar a acción política, que os/as responsábeis políticos/as teñamos estas cuestións claras e comprendamos que a xestión debe ter un obxectivo concreto de servizo público. Un dos argumentos que segundo algúns/as frean o desenvolvemento económico é o modelo de
financiamento local que ten como consecuencia derivada, na maioría dos casos, a desatención dos servizos públicos. Na maioría dos casos semella que este problema non ten solución. Eu pregunto entón: é intocábel o modelo de financiamento local? Para min, non. Neste contexto de crise, que por suposto atinxe tamén aos concellos, o investimento social e público debe ser prioritario. De onde veñen estas carencias? Por unha banda a caída dos ingresos estatais e por outra banda a ausencia dun método equitativo de recadación municipal, fan que proxec-tos dirixidos a mellorar as condicións dos concellos fiquen adormecidos por falla de creto. En resumidas contas, a solución pasa pola necesaria reforma do sistema impositivo local que non outorga autonomía para unha política tributaria progresiva e ordenada. É básica a recadación segundo ingresos, quen máis teña que máis pague, ou se preferimos un xeito máis técnico debemos falar da posibilidade de establecer gravames máis elevados no Imposto, por exemplo, sobre Bens Inmóbeis (IBI) cando o suxeito pasivo sexa posuidor/a de grandes patrimonios. Debemos reclamar unha solución normativa á tributación local para procurar novos ingresos, ademais das taxas xa previstas por ocupación de dominio público local, que se deben aplicar sempre e cobrar, porque, tendo xa nesta bisbarra os nosos montes e ríos explotados e esquilmados non recibimos compensación algunha. Tamén temos que forzar os ingresos relativos a outros dominios públicos xestionados polo Estado (espazo radioeléctrico) e tamén nos que atinxen á ocupación de vía pública (caixeiros automáticos) polas de empresas privadas. A variábel interna: ausencia de planificación e priorización Pode que a solución para unha cuestión tan importante como a que nos ocupa, teña unha solución doada mais complexa na praxe. E sinto que esta solución non teña un nome rimbombante nin a traian a nós consultoras externas que por un módico prezo fan unha diagnose do rural galego. Estoume a referir á planificación na xestión. Baseo a miña argumentación na actual au-sencia de priorización das equipas de goberno mu-nicipais, que deben ter claros os seus obxectivos políticos. E digo políticos porque a priorización é froi-to de decisións políticas. É necesario, para lograr desenvolvemento económico, darlle prioridade aos sectores produtivos da nosa bisbarra, que xa sofre o azote do despoboamento e o abandono de terras e dos sectores produtivos básicos. O que acontece aquí non é excepción senón que é a norma no resto do país. Tanto é así que Galiza importa máis alimentos dos que exporta a consecuencia, entre outras cousas, de ter utilizado durante 16 anos os cartos europeos para promocionar o desmantelamento do medio rural. Polo tanto, hai que mirar para adiante, hai que darlle vida ó medio rural. Pero non podemos pensar en
desenvolvemento económico sen trazar liñas básicas de acción a medio e longo prazo, malia que este tipo de enfoque normalmente está reñido coas urxencias electorais tal e como acontece coa política municipal na nosa bisbarra. No que atinxe á Terra de Montes, a planifi-cación debería estar artellada en tres eixos funda-mentais:
Primeiro debemos reforzar a base produtiva agraria e forestal. O sector primario é básico. Dende os concellos deben apoiarse iniciativas concretas que fomenten o desenvolvemento; entre elas, ordenar e localizar as terras abandonadas e poñelas a disposición de quen queira traballalas. E xa que a Xunta non o fai, debe ser a administración municipal quen o faga, exemplos hai de abondo. No eido forestal é necesario o diálogo coas comunidades de montes e impulsar os plans de ordenación forestal. Tamén é necesario ter unha postura clara con respecto ás multinacionais que esquilman os nosos montes colocando aeroxeneradores ou antenas a prezo de custo. E somos os/as veciños/as os/as que pagamos as consecuencias.
Outra das cuestións precisas é desenvolver novas actividades compatíbeis coa sustentabilidade do medio ambiente como a pequena industria, a produción de bens artesanais e o turismo rural, pero sempre dende a óptica do respecto ao entorno. Mención aparte merece a promoción do noso patrimonio natural e cultural (un dos mellores activos e avais a nível económico) e é aí tamén onde debemos ter en conta que hai asociacións que avanzan e propoñen neste eido, que organizan actividades, que se encargan de manter e dar coñecer o noso patrimonio ao tempo que xeran produtividade cultural e económica atraendo visitantes. Preciso é sentalas á mesa da xestión e planificar con elas.
Por último, o desenvolvemento dun concello debe pasar por seguir avanzando na equiparación dos servizos da área rural fronte a urbana (sobre todo nos servizos sociais), garantindo a cobertura absoluta a aquelas persoas que teñan entre as súas prestacións a axuda no fogar . Por tanto o desenvolvemento económico dos concellos da Terra de Montes pasa, forzosamente, polo desenvolvemento político, entendendo político como sinónimo do emprego racional dos recursos. E acaso non temos recursos na nosa comarca? A única receita válida é a posta en valor dos mesmos e xerar riqueza a partir deles: é o que se coñece por desenvolvemento endóxeno. Ou sexa, o único tipo de desenvolvemento que garante riqueza porque non depende da instalación de fábricas miragreiras, que cando atopan mellores condicións noutra parte marchan sen máis. O desenvolvemento endóxeno é aquel que iguala economía, garantía social e garantía medio ambiental. A única receita para evitar que o rural morra. Anabel Gulías Torreiro Concelleira do BNG en Forcarei
Muller e sociedade na Terra de Montes Cando Lola Varela, en nome da Asociación
folletos. E sabía a gloria, porque ela, ademais dos
Espadela, me chamou para acompañarvos neste
ingredientes sinalados, botáballe unha copiña de
día, creoume un dilema. Hai xa anos que participo o
Sansón para facela máis doce. Unha larpeirada!
sábado e domingo no entroido de Cacheiras, parro-
A miña avoa, e tamén a miña nai, son unha
quia en que actualmente vivo, polo que o meu
boa representación daquelas ás que está dedicada
primeiro impulso foi dicirlle que non. Mais é moi
este ano a undécima edición da festa da vincha: as
difícil dicir que non á festa da vincha, un doce que
mulleres da Terra de Montes. A miña nai, porque,
forma parte da miña infancia, que, ademais, se
ante a falta de expectativas laborais, tivo que
celebra na Terra de
emigrar.
Montes, comarca do
Suíza,
meu nacemento.
puido ter ido, como
Total,
que
foron
Ela pero
outras
foi
a
tamén moitas
busquei e atopei unha
veciñas, a Francia, a
solución de consen-
Alemaña, a Inglaterra,
so: hoxe, vestida co
a Andorra, a México, a
traxe e a gorreta de
Venezuela, a Bilbao, a
correo prestados pola
Barcelona. Alí, armán-
comisión de Cachei-
dose de valor para
ras, estou aquí dis-
superaren
posta a probar a vin-
saudades e estrañe-
cha convosco; onte
zas,
saín cos de Cachei-
aprender unha nova
ras e con eles volve-
lingua e un traballo
rei despois de rema-
especializado que na-
tar.
da tiña que ver coa Se
hai
morriñas,
tiveron
que
un
formación
que
aquí
sabor que teño aso-
recibiran.
Miña
nai,
ciado ó entroido e á
por exemplo,
infancia ese é o da
llou nunha fábrica de
traba-
vincha. Aínda lembro coma se fose hoxe que na
agullas para tocadiscos cando ela nunca antes vira
cociña da miña casa, dende que se facía a mata ata
un aparello deses. Así foi a vida de moitas nosas
que chegaba o entroido, penduraban do teito os
emigrantes: veren mundos distintos e aprenderen
chourizos para comer en fresco, o unto e maila
novas maneiras para logo, ó volveren onda nós,
vincha. A cantidade de chourizos ía devecendo
contárnolo e facernos avanzar.
segundo pasaban os días e ó unto faltáballe un
A miña avoa foi labrega e muller de
anaco de cada vez que se facía o caldo. A vincha,
emigrante. E iso significa que sobre as súas costas
cada vez máis amarela e con menos aire, desapa-
recaeu o traballo da casa e de fóra. Non fai falta que
recía no entroido. Nese momento era cando a miña
lembre que iso significa que había que erguerse
avoa a preparaba tal e como aparece na receita dos
cedo para muxir as vacas e acomodar os outros
animais; despois marchar para labrar ou sementar
res non tiñan acceso ós mesmos ámbitos cós ho-
ou apañar a herba ou o que cadrase segundo a
mes. Non estaba ben visto, por exemplo, que elas
época do ano; volver á casa para facer a comida;
fosen á taberna, pero iso ten máis que ver coa
sacar as vacas a pacer, apañar comida para a
concepción do papel da muller na sociedade
facenda, acomodar de novo os animais e prepara-la
difundido pola relixión que coas regras creadas pola
cea para a familia. De vez en cando tamén había
propia sociedade.
que acudir ás feiras para mercar o necesario para a
En definitiva, as mulleres sempre estivemos
casa e a familia e para vender o excedentario.
á par dos homes, en saberes e en traballos, aínda
Moitas mulleres houbo que, ade-mais do sinalado,
que a nosa presenza no ámbito público non fose tan
aínda sacaban horas para vender polas aldeas pan,
relevante. Que nos fosen prohibidos espazos de
froita ou peixe. Un traballo de titanas, de xigantas
expansión pública obrigounos a pecharnos nas ca-
sen o cal moitos e moitas de nós hoxe non
sas. E nese encerro inventamos exquisiteces como
estariamos aquí.
a que hoxe degustamos: a vincha.
Hai moitos libros de etnografía que explican
Vou rematar esta intervención, que xa vai
como nas sociedades labregas hai unha separación
longa de máis, e vouno facer botándovos unhas vi-
do traballo por sexos porque as mulleres, por seren
vas propias do entroido da Ulla, labor que adoitan
impuras, non podemos ocuparnos de depende que
facer xenerais e correos na miña terra de adopción.
asuntos. Dise así que as mulleres non poden
É verdade que para ser auténtico eu debería ir sobre
manipular a carne do porco acabado de matar por-
un cabalo, ter unha espada ou unha fusta na man e
que iso faría que a carne se perdese, pero a
estar acompañada por un coro. Como dispoño da
sementeira deben facela as mulleres porque elas
vosa colaboración, deste traxe e tamén da entoación
son as encargadas de dar vida.
axeitada, velaí van esas vivas do entroido da Ulla:
Se cadra esta teoría é verdade, non o vou discutir, pero dende que eu teño lembranzas sempre
Atención señoras e señores, digan todos comigo nunha voz:
vin as mulleres labregas traballar de par dos homes. A única separación que percibía era a separación que impoñía a forza física: os homes labraban por-
Viva a Asociación Espadela como organizadora desta festa da vincha
que lles era máis fácil a eles moveren o arado, os nenos e nenas chamabamos as vacas, labor para o que non era necesario a especialización nin forza; e as mulleres sementaban, traballo que non requiría forza, pero si arte. E cando se mataba o porco igual: os homes agarraban e mataban e as mulleres chamuscábano, os homes abríano e cortábano e as mulleres enfia-
Vivan as súas membros como cociñeiras maiores destas vinchas. Vivan as mulleres de Terra de Montes que nos deron vida e orgullo. Vivan as persoas que nos miran, acompañan e arrodean.
ban as tripas e íanas lavar ó río. E cando non había homes, as mulleres sacaban a forza de onde podían e asumían as tarefas que eles tiñan encomendadas. O reparto do traballo na sociedade labrega, na sociedade da Terra de Montes, era paritario, pero esta sociedade non era igualitaria porque as mulle-
Viva a Nosa Unión. Carme Hermida (Pregón da XI Festa da Vincha de Cerdedo)