CURRICULUM VITAE

Page 1

young creative company


Xa pasaron 12 anos dende que comezamos a aventura de Vida Láctea ao carón do Camiño de Santiago coa ilusión dos grandes proxectos que día a día, e ano a ano se vai consolidando como unha das ofertas máis sólidas no lecer e no tempo libre da nosa terra galega. No camiño quedou o bo traballo feito polos equipos de profesionais que sempre traballaron baixo as premisas duns coordinadores que tiñan moi claro que esta empresa tiña un novo xeito de entender o lecer e o tempo libre. No camiño tamén quedaron personas que tiveron moito que ver connosco e que teño que lembrar e homenaxear nestas liñas. Nembargantes Vida Láctea é un proxecto que perdura e perdurará no tempo máis aló das personas e que quedará na memoria de todos aqueles usuarios e usuarias que estiveron connosco perante todos estes anos, porque somos conscientes de que a moitos nenos e nenas que estiveron nas nosas actividades nos levarán no seu recordo, xa que somos sabedores do que chegamos a participar no proceso evolutivo de todos eles formando parte das súas vidas. Nesta publicación somentes queremos facer un repaso moi somero do que fixemos ata dagora, que non foi pouco; e tamén queremos amosar o que seremos a partires dagora a través de todo o que facemos e o que faremos nun futuro máis inmediato. Con ela queremos agradecer a todos e a todas os que creron neste proxecto, que foron moitos; pero sobre todo queremos facervos partícipes de novas realidades que a partir dagora poderedes conferir coas nosas actividades, as novas e as vellas. Porque nós sempre nos caracteritazamos por un respecto profundo polas tradicións pero cunha clara aposta pola innovación no sector, creando programas totalmente vangardistas baixo unha liña de traballo que sempre tivo como transversalidade a seguridade e a profesionalidade dos nosos equipos técnicos. Grazas a todos por estes dez anos de ledicias.

Xosé Luis Garza Silvela


dinamizaci贸n young creative company


A dinamización é unha das primeiras actividades que tivemos en Vida Láctea porque notabamos que no noso ámbito os eventos infantís eran tratados con certa lixeireza. Así creamos o programa “Un sorriso para tí” que especializa a profesionais en Eventos Infantís. A partires do mesmo naceu Vida Láctea Events con sé en Sarria e que se encarga de dignificar os eventos dos máis cativos da casa. Momentos especiais para nenos e nenas especiais. young creative company

ANIMACIÓNS INFANTÍS EN EVENTOS CAMPAÑA DE NADAL E ANTROIDO NA MIÑA CASA XÓGASE AsÍ (Obradoiro de Xogo e Deporte Tradicional de Galicia). OBRADOIROS DE CONTACONTOS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES OBRADOIROS DE BAILE NO TEMPO LIBRE PROGRAMA “XOGAUTEIRO” PROGRAMA “AVENTURARZÚA” PROGRAMA “PARAVENTÚRATE” PROGRAMA “XOGOPÁRAMO” OBRADOIROS DE AXILIDADE NO MAIOR OBRADOIROS DA RISA ESCOLAS DEPORTIVAS OBRADOIROS TRADICIONAIS CRAR DINAMIZACIÓN EN FEIRAS DE ARTESANÍA I ENCONTRO DRAGAL (Ed. Xerais)


campamentos young creative company


Somos a primeira empresa que en Galicia tematizou e especializou os programas educativos nos campamentos, tanto os públicos como os privados. Un campamento tén que ser unha experiencia irrepetible para un neno ou nena e en Vida Láctea entendemos que os momentos de lecer dos máis pequenos son únicos na súa vida.

young creative company

CAMPAMENTO ON ENGLISH LUG2 CAMPAMENTO ON ENGLISH BOIRO CAMPAMENTO BOSCALIA I CAMPAMENTO BOSCALIA II CAMPUS DIEGO LÓPEZ SURF CAMP COMPOSTELA CAMPAMENTO CCE N. SRA. DE LOURDES SURF CAMP SILLEDA SURF CAMP ARZÚA-BOIMORTO CAMPAMENTO DE CAMBRE NO PAÍS VASCO CAMPAMENTO DE TRIACASTELA CAMAPMENTO DE SANTIAGO EN QUIROGA CAMPAMENTO DE OUTES EN QUIROGA CAMPAMENTO DE CAMBRE EN PEARES CAMPAMENTO DE LOSAR DE LA VERA CAMPAMENTO DE VERÁN DE ASPRONAGA CAMPAMENTO DE AMES EN LUGO CAMPAMENTO DE AMES EN QUIROGA CAMPAMENTO DE PORTOMARÍN I, II, II e IV CAMPAMENTO DE ENTRIMO CAMPAMENTO DE PALAS DE REI CAMPAMENTO DE PORTONOVO CAMPAMENTO DE TEVERGA

CAMPAMENTO SINTE GALIZA CAMPAMENTO SONS DA DEVESA CAMPAMENTO XOGARZÚA CAMPAMENTO URBANO DE BÓVEDA CAMPAMENTO SINTE GALIZA CAMPAMENTO UNHA VIAXE A TRAVÉS DO TEMPO CAMPAMENTO PARAVENTÚRAMO CAMPAMENTO BIERZO EN GANDARÍO CAMPAMENTO DE TEVERGA 2 CAMPAMENTO CHACOTES I CAMPAMENTO CHACOTES II CAMPAMENTO URBANO DE COIRÓS CAMPAMENTO DE CABÉRCENO CAMPAMENTO TERRAMAR (LÓUZARA-CARNOTA) CAMPAMENTO CORES PARA A DISCAPACIDADE CAMPAMENTO DE ALFEIZERAO CAMPAMENTO DE OVAR CAMPAMENTO DE TEATRO DE LUGO


campos de traballo

young creative company


Vida Láctea é especialista en xestionar campos de traballo internacionais, unha experiencia única para rapaces e rapazas vidas de todo o mundo a coñecer a nosa terra galega. Temos moi claro cal é a aportación dos campos de traballo á nosa terra e por suposto todo o que poden facer os voluntarios e voluntarias aquí. Os noso campos de traballo internacionais son garantía de calidade e de éxito.

CAMPO DE TRABALLO ULTREIAMUNDI PALAS I CAMPO DE TRABALLO ULTREIAMUNDI PALAS I CAMPO DE TRABALLO ULTREIAMUNDI FISTERRA CAMPO DE TRABALLO ULTREIAMUNDI O PINO CAMPO DE TRABALLO VIVA GALICIA I CAMPO DE TRABALLO VIVA GALICIA II CAMPO DE TRABALLO DE OURENSE CAMPO DE TRABALLO DE MELIDE I CAMPO DE TRABALLO DE MELIDE II CAMPO DE TRABALLO ILLAS CIES I, II, III e IV CAMPO DE TRABALLO NEW EMPRENDE CAMPO DE TRABALLO PARQUE NATURAL DO XURÉS CAMPO DE TRABALLO DRAGAL DE BOQUEIXÓN CIES WORK CAMP I, II, III e IV CAMPO DE TRABALLO DE OUTES

young creative company


turismo deportivo

young creative company


No ano 2008 Vida Láctea comeza a súa actividade no eido do turismo deportivo dando de alta a súa empresa dentro da administración de turismo de Galicia. Confeccionamos a partir de aquí programa VIDA NATURA baseado no turismo deportivo para dar a coñecer Galicia, sobre todo a gran descoñecida provincia de Lugo: Terras de Lemos, A Mariña, A Terra Chá, Montaña Luguesa,... toda a provincia percorrida a través das nosas rutas de sendeirismo e onde desenvolvemos programas de deporte activo. Pero tamén fomos innovación, creamos rutas de sendeirismo dramatizadas e xogos de rol en vivo onde os participantes podían coñecer e disfrutar o lugar dende o punto de vista das personaxes que viven ou viviron no lugar e meténdose na pel de cada un deles: son as nosas rutas dramatizas.

DINAMIZACIÓN NO CAMIÑO DE SANTIAGO PRIMAVERA ACTIVA MULTIAVENTURA NO MIÑO ROTEIROS PARA A XUVENTUDE AULA XUVENTUR PARA RAPACES PROGRAMA H20 SEMANA MULTIAVENTURA PARLAMENTO XOVE DINAMIZACIÓN TURÍSTICO-DEPORTIVA NA MANCOMUNIDADE AROUSA NORTE AVENTURA NA NEVE XUVENTUR ROTEIROS PARA TOD@S VAITE AO RURAL *novidade PROGRAMA ROTEIRO *novidade


voluntariado

young creative company


VOLUNTARIADO DA SABEDORÍA: PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO CON PERSONAS MAIORES DE 65 ANOS VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL EN LÓUZARA: PROGRAMA DE VIXIANCIA DOS MONTES GALEGOS NA MONTAÑA LUGUESA VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL EN BÓVEDA: PROGRAMA DE VIXIANCIA DOS MONTES GALEGOS NA MONTAÑA LUGUESA

young creative company

Os nosos programas de voluntariado destacan pola implicación que logramos dos voluntarios e voluntarias nos diferentes proxectos nos que nos comprometemos levar a bo porto. O voluntariado social foi sempre a liña de traballo máis definida nos nosos deseños de programas de voluntariado, pero non debemos de olvidar os programas medioambientais.


servizos pĂşblicos

young creative company


ESPAZOS LÚDICOS DE SILLEDA LUDOTECA DE ARZÚA PROXECTO “COMEDORES DE SANTIAGO” CENTRO DE LECER LUG2 ALBERGUE INTERNACIONAL LUG2 CENTROS RURAIS CONCELLO DE LUGO INTERNATIONAL EDUCATION & LEISURE CENTRE (IELC) SERVIZOS DE CONCILIACIÓN EN VARIOS CONCELLOS GALEGOS

young creative company

Dentro das funcións de Vida Láctea tamén se atopa a xestión de servizos públicos de referencia. Para nós sempre foi un gran reto ter que dinamizar complexos proxectos integrais que van dende a propia xestión dun edificio á dinamización integral do mesmo. Para elo creamos programas de xestión baseados na formación, na dinamización da mocidade, na dinamización cultural e deportiva,... en definitiva, unha xestión sostible do lugar acorde coas necesidades e innovación en novos xeitos traballar.


formaci贸n

young creative company


Para Vida Láctea sempre sempre puxemos moito énfase na formación como principio básico nos nosos equipos. Para nós é moi importante a continua reciclaxe de todos os nosos monitores e directores xa que cremos que mantén viva a chama da vocación. Por elo dende hai anos mantemos convenios coa Escola Rural de Tempo Libre para recibir varios cursos en diferentes ámbitos que son necesarios para que os nosos equipos teñan unha base educativa sólida para poder traballar con tódolos sectores da nosa poboación.


PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA DA XUNTA PDF VOLUNTARIADO CURSOS DE ESCALADA EN ROCHÓDROMO CURSOS DE ESCALADA EN ROCHA ESCALADA CON FÉLIX CRIADO PROGRAMA MOCIDADE EN FORMACION CURSOS MONITORES DE TEMPO LIBRE CURSOS DIRECTORES DE TEMPO LIBRE CURSOS CAMPOS DE TRABALLO CURSOS OLAS CURSOS KAIAK CURSOS DIVERSIDADE FUNCIONAL CURSOS TÉCNICAS ARTÍSTICAS CURSOS NOVAS TECNOLOXÍAS.

young creative company


mocidade e Europa

young creative company


young creative company

MOVIC ESTANCIAS CREATIVAS MOBILIDADE CREATIVA PARA REAJ IMAGINA ATLANTICA EN COMPOSTELA TEATROS DE PEDRA IMAGINA ATLANTICA 3.0 INNOVATUR COACH CREATIVO REVISTA EU PODO-TI PODES XUVENTUDE CREA EXPOSICIÓN IMAGINA ATLÁNTICA PROXECTO EMPRENDE PROXECTO XUVENTUDE PROMETE PROGRAMA L¡FE GALIC!A PARA ENTIDADES LOCAIS *novidade

A gran aposta de Vida Láctea para o ano 2014 ata o 2020 é a apertura dos seus proxectos tentando a través do proxecto Life Galicia, no que colabora estreitamente achegar Europa á mocidade. Para elo tenta crear sinerxias colaborativas con diferentes ideas e proxectos de empresa internacionais que se materializarán incluso no vindeiro ano 2016. Con todo, sempre partindo da creatividade como pedra angular da execución dos seus proxectos multisectoriais.


www.vidalactea.com

young creative company


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.