Christian Albor Mosquera
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Sumario Máis portadas 2 O noso traballo en Educación Infantil 5 Chegamos a 1º! 11 A palabra máis fermosa 17 Mirando dende 2º B 21 Torre Eiffel 23 Receitas 24 Cousas da escola 27 Romance de 4º 34 Reporteiros 41 Chistes 44 Cales son os refráns favoritos dos adultos desta escola? 45 Club de lectura 46 1º Concurso das Letras Galegas 51 Saúdo da ANPA 56 Pasamos o tempo con Manuel María 57 Nós 64
1
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Máis portadas Carlos Rodríguez Ríos EI 3 anos
David Castiñeiras Landeira EI 4 anos
Laura García Garea EI 5 anos
2
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Brais Mugico Gómez 1º EP
Hugo Martínez González 2º EP - B
Eva Viqueira Vidal 3º EP
3
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Iria Mata Portos 4º EP
Lucía Riveiro Becerra 5º EP
Aida Otero Mujico 6º EP
4
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
O noso traballo en Educación Infantil Os nenos e as nenas das aulas de Educación Infantil do CEIP Arquitecto Casas Novoa, e as súas mestras, un ano máis, continuamos a traballar de xeito coordinado. As tres aulas de Infantil desenvolvemos ao longo do curso moitas actividades conxuntas e pequenos proxectos. Queremos que saibades que fixemos fincapé na xestión das emocións, un aspecto que nos parece fundamental ao longo de toda a escolaridade, pero máis, se cabe, nesta etapa. O alumnado deste nivel non sabe, inicialmente, poñerlles nome nin xestionar as emocións, e é a persoa adulta a que debe acompañalo/a para poderen, así, ir aprendendo e adquirindo ferramentas e recursos persoais que lles permitan manexarse de maneira autónoma.
COMO TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS? Cada grupo, coa súa titora, foi escollendo algunhas das seguintes: Actividades de relaxación e respiración: Obxectivos: liberar a tensión, aprender a relaxarnos … Actividades: - Xogo da formiga e o león. Xogamos a respirar como o fai a formiga, de xeito lento, e como o fai o león, rápido e con forza. Preguntaremos con que respiración nos sentimos mellor. - Xogamos a notar como se inchan os nosos pulmóns. Estomballados/as no chan, cunha música relaxante poñemos as mans no abdome e percibimos como se incha ao inspirar e se desincha ao expirar.
5
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
- Cantos sons hai na escola. Estomballados/as ou sentados/as e, cando todas e todos esteamos moi calados/as, escoitaremos os sons e ruídos que se producen na escola, na rúa... e nomeámolos.
Actividades para mellorar a autoestima: Obxectivos: incrementar a autoestima e desenvolver sentimentos de seguridade. Actividades: - O espelliño máxico: Cun espello de man, que irá pasando duns/unhas a outros/as, os/as nenos/as irán dicindo como se ven, o que máis lles gusta de cada un/unha... Despois o espello será o compañeiro/a que, mirando ao que lle toque de parella, dirá como o/a ve e o que máis lle gusta del ou dela. - Álbum de familia: Cada alumno/a trouxo fotos da súa familia, para elaborar un álbum familiar da escola e amosaralle aos compañeiros/as esas persoas que tanto o/a queren. Actividades para coñecer e expresar os nosos sentimentos: Obxectivos: aprender a identificar as emocións, aprender a expresar sentimentos. Actividades: - Que sinto como me sinto? Cada neno/a pega a súa foto no panel dunha das catro emocións básicas e explicará, se quere, por que se sente dese xeito. - Colocamos o noso nome no tren das emocións. Cada neno/a pega o seu nome no tren das emocións. - Contos e emocións: Utilizamos diferentes contos para identificar as emocións que producen determinadas situacións que neles acontecen. 6
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Tamén utilizaremos outros contos e libros de imaxes para localizar e identificar sentimentos, tendo conta as imaxes, os xestos dos/as protagonistas ... Actividades para mellorar o autocoñecemento: Obxectivos: descubrirse e valorarse, a un/unha mesmo/a e aos/ás demais. Actividades: - Gústame / Non me gusta – Gústache / Non che gusta. Xogamos a dicir o que máis nos gusta da escola, da casa, da rúa... e xogaremos a preguntarlle aos demais o que lles gusta e non lles gusta. Actividades para mellorar a comunicación: verbal e non verbal: Obxectivos: aprender a escoitar, aprender a presentarnos e a utilizar as expresións de saúdo e agradecemento. Aprender a expresarnos co corpo e con xestos. Actividades: - Ola /Adeus - Bos días / Boas tardes: Utilizamos estas expresións cada día ao chegar ao marchar, pola mañá, pola tarde... - Encantada/o de coñecerte: Cada alumno/a preséntase e pregúntalle o nome ao compañeiro/a e o seu animal favorito, por exemplo, e dille o contento/a que está de coñecelo/a. - Cantamos, bailamos e expresámonos sen falar: Por medio de xestos, intentamos dicirlles aos/ás demais que temos fame, frío... e expresamos emocións como a alegría, tristura ou rabia. Tamén a través das cancións que dramatizamos e do baile. COMO TRABALLAMOS OS PEQUENOS PROXECTOS DE AULA? Estes proxectos, sobre a vaca e sobre a auga, realizámolos grazas, en grande medida, á colaboración das familias e facendo o maior número de actividades de observación e experimentación posibles. Así, leváronse a cabo diferentes actividades, formuláronse preguntas, proporcionáronse experiencias que contribuíron a espertar o interese do alumnado e que aumentaron a súa necesidade de coñecer e aprender. Traballamos previamente, na fase de preparación, despois na fase de desenvolvemento, onde xa se porá efectivamente en práctica o proxecto, coas tarefas e actividades deseñadas conxuntamente. A última fase do proxecto foi a fase de valoración, na que avaliamos de xeito global o desenvolvemento do mesmo.
7
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
En ambos os dous proxectos, incluímos poemas de Manuel María a través do seu poemario Os soños na gaiola. Fíxamonos uns obxectivos e desenvolvemos uns contidos, partindo dos coñecementos previos do alumnado, e da verbalizaron dos seus intereses e inquedanzas ao respecto da vaca e da auga.
Coñecemos distintas razas de vacas, a súa alimentación e potenciouse a importancia da conservación do medio ambiente e a súa repercusión na vida dos animais e das persoas.
Iniciámonos nas habilidades lóxicomatemáticas diferentes
ao
desenvolver
experimentos
e
actividades relacionados co ciclo da auga,
reforzáronse
hábitos
relacionados co bo uso da auga...
8
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
No Entroido, por suposto, tamén nos disfrazamos de vacas e a grande saída
deste curso,
por suposto
tamén, foi a unha granxa.
Con estes proxectos fixemos exposicións, cociñamos …
Este curso ademais fixemos outras saídas, a primeira delas foi á granxa O Ventoso na Laracha, onde puidemos montar en poni, facer pan e ver diferentes animais. Tamén puidemos observar as tarefas que se desenvolven nunha granxa.
9
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Outra foi ao Auditorio a unha representación teatral, e á Galería Sargadelos para participar na Campaña de Ánimación á Lectura que organiza o Concello xunto coa Editorial Kalandraka. Escoitando “Os contos da choiva” .
Pero, quizais, do que máis desfrutamos este curso foi da titorización de contos e dos contacontos, ás veces incluso musicados, que o alumnado do Club de Lectura desenvolveu para nós. Pasámolo moi, moi ben, moitísimas grazas! O noso agradecemento tamén á inestimable colaboración das familias. Seguiremos a traballar e contarémosvos máis cousas na revista do vindeiro curso.
10
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
11
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
12
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
13
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
14
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
15
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
16
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
A palabra máis fermosa 2º curso de Educación Primaria A
A bolboreta e as abellas. Había unha bolboreta que ía recoller o pole das flores para alimentarse. Voou polo campo na procura de flores pero só atopou margaridas. - Teño que pedir axuda ás abellas para que me ensinen onde están as flores. Seguiu voando pero cada vez ía máis triste porque as abellas trasladáranse a outro campo e non as atopaba. Ao final xa ía chorando cando sentiu que a chamaban. - Bolboreta, bolboreta! Era un coello que, ao saber do seu problema, ofreceuse a axudala. - Sobe no meu lombo que xuntos as atoparemos. A bolboreta subiu ao lombo do coello e seguiron camiño. Xuntos, por fin, atoparon ás abellas, pero… faltábanlle cinco compañeiras! - Ai! Miña madriña! Xa comenzaba a chover e non atopaban as cinco abellas que faltaban. Por fin atoparon dúas que xogaban, sen se decatar da preocupación das súas compañeiras. Xa só lles faltaban tres, cando viron formigas en formación. - Un, dous… un, dous..!
No desfile ían as tres abellas que faltaban. As abellas, agradecidas por ter atopado ás súas compañeiras, levaron á bolboreta a un prado secreto cheo das flores máis fermosas nunca vistas. Xoán Castro, Álex, Alba e Óliver. 17
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
O paxaro e as eirugas. Había unha vez un paxaro que, na compaña dunhas eirugas, paseaba de camiño ao parque. Tan contentos como ían, non se decataron de que unhas persoas case pisan ás eirugas… menos mal que o paxaro as colleu co seu peteiro e salvounas. Así fixéronse amigos e tan entretidos ían charlando que se perderon no bosque. Comezou a facer mal tempo e non atopaban refuxio. Chovía e mesmo tronaba; a auga caía a chorros. Cando parou de chover, atoparon un ananiño e preguntáronlle como se chamaba. - Chámome Xoán. O ananiño levounos a coñecer á súa familia e fixéronse todos amigos. Pero a ledicia durou pouco porque un grupo de persoas, que ían de excursión, estiveron a piques de descubrilos.
O paxaro e as eirugas correron detrás dos ananos e atoparon refuxio nunha cova. Nela quedaron a vivir e foron felices. Cristina, Karla e Ramón. 18
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
O espantallo e os merlos. Nunha casa, nas aforas da vila, vivía un granxeiro que decidiu facer un espantallo para protexer os seus campos.
Cando rematou, sementou millo e chantou no medio o espantallo. Ao longo duns días naceu o millo; os merlos tiraron co pobre do espantallo e comeron o millo. Cando o granxeiro foi recoller o seu millo viu que non tiña nada e o espantallo no chan. Enfadado, entrou na casa e colleu unha vasoira para petar nos merlos, pero non puido collelos. Volveu sementar, pero desta vez puxo leitugas para ver se non lles gustaban aos merlos. Unha vez máis chantou o espantallo no chan.
Volveron os merlos e coméronlle outra vez a colleita, pero non tiraron ao espantallo. Cando xa fuxían tan contentos, os merlos empapáronse nun charco de lama, que lles puxera de trampa o granxeiro, e non podían voar. Cando o granxeiro os atopou perdoounos, pero fíxolles prometer que só comerían o que el lles deixara nunha caixiña de metal e que nunca máis tirarían o espantallo. Prometeron os merlos e nunca máis lle comeron a horta. Carme, Antía e Xoán Fiaño. 19
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
O colar de cunchas. Había unha vez un neno chamado Iván. Un día atopou na praia un colar de cunchas; era de cor azul, con cunchas de cor marrón e branco. Tanto lle gustaba o colar que sempre o levaba; pero un día perdeuno no colexio e o colar colleu vida, porque tiña unha cuncha de cangrexo. O colar adicouse a pasear pola escola ata que o atopou unha nena chamada Iria. Iria foi correndo a ensinarllo ao seu amigo Christian. Christian quería quedar con el porque era moi bonito, pero, como non era o seu dono, o colar escapáballe das mans. Iván estaba a buscar o colar por todas partes, incluso foi á oficina de obxectos perdidos… pero nada! Iria e Christian non sabían de quen era o colar, así que decidiron preguntar por toda a vila. Non era de ninguén… ata que na casa de Iván recoñeceron o colar. Cando Iván chegou á casa, os seus pais déronlle o colar.
Ao día seguinte no colexio, cando Iria e Christian xogaban no patio, Iván déulles as grazas. Foron para a clase e contáronlle a historia á súa profe Marica e aos seus amigos. Todos os compañeiros estaban moi contentos co final da historia; tanto que decidiron facer unha festa e… pasárono todos super ben! Christian, Iván e Iria. 20
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
21
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
22
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
23
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Receitas 2ยบ curso de Educaciรณn Primaria B
24
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
25
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
26
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Cousas da escola 3ยบ curso Educaciรณn Primaria
27
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Xosé Moscoso Sánchez.
28
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Naira Vรกzquez Rey. 29
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
30
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Naira Vรกzquez Rey.
31
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
32
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
33
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
34
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
35
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
36
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
37
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
38
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
39
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
40
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Reporteiros 5º curso Educación Primaria OS ALUMN@S DE 5º ENTREVISTAN AOS MESTR@S E TRABALLADOR@S DO COLEXIO Entrevista á profe Susana:
Que é o que máis che gusta de ser profesora? Por que? O que máis me gusta é estar cos nenos e nenas porque o paso moi ben con eles e me divirto moito.
Gústache traballar neste cole? Si por iso levo moitos anos.
Con que alumnos comezaches a ser profesora neste centro? Empecei cos que agora están en quinto de primaria e son os máis choróns que vin en toda a miña carreira.
Por que este ano os nenos de infantil traballan tanto coas vacas? Porque traballamos por proxectos e pensamos que lles gustaría ese tema.
Que querías ser de pequeña? Quería ser veterinaria, despois cambiei a meteoróloga e finalmente quixen ser profesora. Andrea, Alba, Begoña e Nerea.
Entrevista ao director Manel:
Por que te fixeches director? Polas circunstancias, non había director no centro e a inspección educativa propúxome selo a min.
Cantos anos levas de director nesta escola? Levo 18 anos no colexio e 10 como director.
E de mestre? Levo sendo mestre 31 anos.
Que che parece o alumnado? En xeral é traballador, servicial e aplicado pero barullan moito. 41
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Entrevista ao conserxe José.
Por que te fixeches conserxe? Porque me presentei ás oposicións que había.
Cantos anos levas traballando nesta escola? Levo 16 anos.
Que che parece o alumnado? Paréceme que mellora ao longo dos anos. Lucía Rivero e Nerea García
Entrevista á profe Ana:
Que che pareceu a excursión aos Castros de Baroña? Gustoume moito, había moito tempo que non ía pero sempre me sorprende, como eu son moi imaxinativa penso nese momento que estou no século I a.C. vivindo no castro. Tamén me gustaron as explicacións dos arqueólogos e como non o meu delicioso bocata de xamón e queixo, ja,ja,ja!
Que foi o que máis che gustou da excursión ao Citius? A explicación sobre a supercomputación porque me fascina o rápido que avanza a tecnoloxía.
Que querías ser de maior? Quería ser bailarina de ballet clásico ou profesora.
Que é o que máis che gusta de ser profesora? O moito que aprendo cada día dos meus alumn@s.
Que che gusta deste centro? O que máis me gusta deste centro é que é unha escola pequena, así coñecémonos mellor uns aos outros e somos como unha gran familia. Carmen, Lorena, Alba M. e Carlota.
Entrevista á coidadora Mariló:
Gústache o teu traballo? Si gústame, é unha experiencia moi bonita non o cambiaría por ningún outro.
Cantos anos levas facendo este traballo? Levo 15 anos.
42
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Aos nenos que coidas colleslle cariño? Si claro, son como os meus fillos.
Xa de pequeña querías ser coidadora? A verdade é que non pero sempre me gustaron os nen@s.
No verán botas de menos aos nen@s? A verdade é que si, algún día non deixo de pensar neles. Alba Nerea e Alba López.
Entrevista ao profe de inglés José Luis:
Gústache o teu traballo? Si gústame moito.
Antes de ser profesor, que che gustaría ser? Gustaríame ser crítico de cine.
Como o pasades nas clases? Eu penso que moi ben.
Pórtanse ben os teus alumn@s nas clases? Xeralmente si. Cristina.
Entrevista á profe Rosa:
Que é o que máis che gusta deste colexio? O que máis me gusta é o alumnado, os compañeir@s e as familias. É un cole moi familiar onde nos coñecemos todos.
Cando empezaches a traballar neste centro? Incorporeime no curso 2012/2013 ainda que xa tiña destino no CEIP Arquitecto Casas Novoa con anterioridade. O primeiro grupo que tiven neste centro foi o alumnado que agora está en 1º de primaria.
Gustouche coordinar o club de lectura? Gustoume moito por que o pasaron moi ben, amosaron moito entusiasmo e solventaron os problemas con alegría e moita disposición.
43
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Por que che gusta ser mestra de infantil? Por moitas razóns, sempre me amosan cariño, case sempre están contentos e con gañas de aprender e con el@s tamén se aprende algo cada día.
Que querías ser de pequena? Quería ser escritora, xornalista, pediatra e mestra. Begoña, Alba M., Nerea M., Andrea e Lorena.
CHISTES o
Que lle di unha pulga a
vaqueiro máis porco do
outra? Crees que haberá
mundo? Yoni Melavo.
vida noutros cans?
Como
se
chama
Por que os elefantes non
suben
Que é unha hipoteca?
ás
Unha
palmeiras? Porque lles
discoteca
para
hipopótamos.
da medo o coco.
Guillermo. 44
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
CALES SON OS REFRÁNS FAVORITOS DOS ADULTOS DESTA ESCOLA? 5º curso Educación Primaria EVA: en abril augas mil. MARICA: polo San Xoan a sardiña molla o pan. JOSÉ LUIS: no news is good news. JOSÉ (conserxe): sogra e nora, can e gato non comen ben no mesmo plato. MANEL: no desprecies a la serpiente por no tener cuernos. SUSANA (profe de infantil): a cada porco lle chega o seu San Martiño. ROSA: nunca chove a gusto de todos. CRISTINA: vísteme despacio que tengo prisa. ANA: si non sabes onde vas alí seguro chegarás. MARILÓ: máis vale maña que forza. SUSANA (profe de relixión): ata o corenta de maio nos quites o saio e do corenta para arriba non te molles a barriga. CARMEN (cociñeira): haz bien y no mires a quien, haz mal y guárdate. ANTONIO: mas vale pájaro en mano que ciento volando. MARTA: perro ladrador poco mordedor. MARIBEL: euro a euro é como se aforra. Carlota e Carmen.
45
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Club de lectura Xa hai tres cursos que se puxo a andar o Club de lectura dende o Equipo da Biblioteca. Cada ano fomos ampliando as actividades e, este curso, traballamos máis ca nunca. Empezamos achegándonos á figura de Manuel María e a algunha das súas obras: Os soños na Gaiola, Cando o mar foi polo río ou A tribo ten catro ríos. Xuntámonos para ler, comentar, debater... case todos os xoves, na hora do recreo e incluso nos atrevemos, grazas á colaboración da mestra de relixión, a representar a obra de teatro, do mesmo autor, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. A representación non nos saíu como quixeramos, porque xurdiron diferentes imprevistos e houbo algunha ausencia por enfermidade... pero pasámolo moi ben! Pero non só traballamos sobre Manuel María, tamén lemos Historia de Galicia de Pepe Carreiro que, nos visitou no centro para comentar o porqué desta obra e o seu quefacer como ilustrador. A lectura deste libro fíxonos falar de arqueoloxía e así tivemos tamén a sorte de que nos visitara un arqueólogo, Roberto Aboal, que nos aclarou moitas dúbidas ao respecto da vida na Prehistoria. Este traballo tan interesante que desenvolvemos levounos a Axeitos e a Baroña. Pero houbo unha saída máis, a que fixemos co alumnado do López Ferreiro, unha rota rosaliana por Compostela. Da nosa saída ata informou a prensa da cidade. Este curso tamén, por primeira vez, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo de Biblioteca, convocou o Iº Certame das Letras. Dende o Equipo da Biblioteca estamos moi contentas e contentos co alumnado que participou, case todos os nenos e as nenas de 5º e 6º. A súa actitude cara ás nosas propostas superou todas as expectativas. Grazas a esta vontade e á colaboración das mestras responsables destes cursos e tamén do mestre de música, titorizáronse contos, leváronse a cabo contacontos musicados... Amosámosvos algunhas imaxes do noso traballo e un dos poemas que recitamos na rota por Compostela. Moitas grazas a todas e a todos!!!
46
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
47
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
De Cantares Gallegos. Recitado na Praza de Vigo, onde estaba a casa natal. Nasín cando as plantas nasen, no mes das flores nasín nunha alborada mainiña nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin nigunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabou para min, que eras para min todo, miña groria e meu vivir. ¿De que, pois, te queixas, Mauro? ¿De que, pois, te queixas, di, cando sabes que morrera por te contemplar felís? Duro cravo me encravaches con ese teu maldesir, con ese teu pedir tolo que non sei que quer de min, pois dinche canto dar puden avariciosa de ti. O meu corasón che mando Cunha chave para o abrir. Nin eu teño máis que darche, nin ti máis que me pedir. 48
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
49
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
50
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
1º Concurso das Letras Galegas No presente curso, o Equipo da Biblioteca do CEIP Arquitecto Casas Novoa, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou o 1º Concurso das Letras Galegas. Convocáronse tres modalidades: 1.- Debuxo ou cartel sobre Manuel María. 2.- Conto de tema libre, con extensión mínima dunha carilla e máxima de dúas carillas. 3.- Microrrelato de tema libre, con extensión máxima de duascentas palabras. As categorías establecidas foron catro: Categoría A: Alumnado de Educación Infantil. Podía participar na modalidade de debuxo ou cartel. Categoría B: Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. Podía participar na modalidade de debuxo ou cartel. Categoría C: Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. Podía participar na modalidade de conto. Categoría D: Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Podía participar na modalidade de microrrelato. Os traballos escritos debían presentarse en galego. O xurado estivo composto polas mestras e mestres organizadores do concurso. O grao de participación foi moi satisfactorio e o traballo de selección difícil. Todos os participantes recibiron un diploma acreditativo; as gañadoras e gañadores recibiron como agasallo un lote de libros. A entrega de premios levouse a cabo o día da Festa das Letras. A continuación reflectimos os traballos premiados.
51
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Gañadora categoría A: Mar Fraga Enjo.
52
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Gañadora categoría B: Laura Lameiro Rial.
53
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Gañador categoría C: Anxo Del Río Enjo. A noite máxica de San Xoán Nunha noite escura en Galicia un peregrino viu unha luz moi brillante. Adentrouse no bosque porque pensou que a luz proviña da fogueira de San Xoán. Ao chegar alí, en vez de seguir vendo a luz, viu unha serie de puntos azuis. Non se resistiu e seguiunos. Chegou a un xardín máxico con dezaseis portas e no medio do xardín había unha roda onde poñía: “Cada porta leva a un mundo distinto. Para sobrevivir tes que elixir un símbolo de cada porta, fíxate que cada porta ten tres símbolos. Xunta os símbolos correctos e darás coa porta exacta”. O peregrino xuntou os símbolos e abriu a porta e atopou un mundo marabilloso. Entón deu un paso á fronte, sentiuse seguro e correu e correu ata caer baleiro. De repente, despertou. Eran as nove da mañá, sentía a calor das brasas da fogueira de San Xoán, estaban apagadas, pero aínda daban calor.
. 54
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Gañador categoría D: Álvaro Viqueira Vidal. Un grande desastre –Aaaah! Axudaaaaa! O meu gato está atrapado nesa árbore –dixo unha vella. –Xa lle axudo eu –dixo un neno atrevido. O neno gabeou pola árbore, pero quedou enganchado e non podía baixar. O neno tiña un móbil e chamou aos bombeiros. Ao cabo duns minutos empezouse a escoitar... Ni, no, ni, no. Eran os bombeiros. Un bombeiro colleu unha escada e subiu pero... o chanzo da escada rompeu. Alí estaban o gato, o bombeiro e o neno atrapados. –Mirade a vella! –dixo neno Todos miraron e viron que a vella tiña unha motoserra na man. Acendeuna, cortou a árbore e dixo: –Así de fácil! Colleu o seu gato e marchou tranquilamente.
55
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Saúdo da ANPA Un novo curso chega á súa fin, e un novo verán comeza a agasallarnos co seu sol, despois dunha primavera que pasou case desapercibida. E nestas datas sae do prelo, fiel á súa cita. a revista Furabolos, como testemuña de que os nosos fillos e fillas medraron un ano máis en idade e coñecementos. E como non pode ser doutro xeito, temos que agradecer a todo o profesorado e persoal do centro o seu traballo diario, o seu esforzo, en ocasións moito máis aló das súas obrigas, que fai que a formación dos nosos nenos e nenas teña unha base ben sólida que os permitirá enfrontarse cunha sociedade cada vez máis esixente. Non son bos momentos para o ensino público. As autoridades educativas actuais non o miman como deberían, senón todo o contrario: escatímanse cada vez máis recursos e esforzos, recursos e esforzos que en ocasións se desvían para subvencionar o ensino concertado. A todo isto únese a vixencia da LOMCE, unha lei educativa inxusta e discriminatoria, que segue gravitando sobre nós despois duns meses de desgoberno en España. Esta lei deixounos este ano unha nova reválida en 6º de primaria, ademais da xa coñecida de 3º. A ambas se opuxeron maioritariamente as familias ó non enviar os seus fillos e fillas á escola para facer a proba. Esperemos que esta mensaxe chegue ós nosos lexisladores e logren ver que o que precisa o ensino público non é desviar del o alumnado con máis dificultades, senón integralo co esforzo de toda a sociedade. E con esta esperanza temos xa todos posta a vista no curso que comezará en setembro, iso si, despois dun verán que sirva de merecido descansos para os nosos fillos e fillas, para os seus educadores e educadoras e para as familias. Moi bo verán para todos e todas, un saúdo de parte da Xunta Directiva, e verémonos de novo en setembro. A Xunta Directiva da ANPA da Sionlla 56
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Pasamos o tempo con Manuel María Seminario Galán
57
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
58
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
59
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
60
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
61
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
62
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
63
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Nós Educación Infantil, 3 anos
Daniel Martínez, Diego Carrillo, Asier Couselo, Carlos Rodríguez, Gael Fraga, Antía Bermúdez. Lucía Otero, Jacobo Pousada, Martín Couselo, Noa Trillo e Aarón Liste. Antón Suárez, Leo Gómez, David Castro, Noa G. Lamelas, Mateo Adrán, Adrián Otero, Adrián Del Río, Noa Cortés, Alejandra Nogareda, Laura Carollo, Mateo Seijo e Lois Muíño.
Educación Infantil, 4 anos
Nagore Mosquera, Patricia Blanco, Noa Chaves, Diego Gendra, Manuel Martínez, Nuria Naveiro, Jorge Lado e Pablo Otero. Pablo Seoane, David Castiñeiras, Lucía Vázquez, Celia Sánchez, Marta Puga, Carla López, Darío Martínez, Sofía González e Rubén López.
64
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
Educación Infantil, 5 anos
Inma Vázquez, Adriana Blanco, Anxo Sánchez, Ruth Barreiro, Brais Barreiro, Xiana Fiaño, Belén Rioboó, Diego Cao, Paula Quiñoy, Mateo González e Paula Fernández. Dana Ventos, Nerea Gómez, Ángel Alves, Noelia Mallo, Laura García, Mar Fraga, Sara Rodríguez, Alba Calvete, Noa Suárez, Álex Otero e Fernando Mosteiro.
1º de Educación Primaria
Vicente Giadás. Sheila Labandeira, Esteban M. Muíño, Paula Rodríguez, Brais Mugico, Hugo Castro, Adriana Suárez, Daniela Otero, Sara Mosquera, Carlota Bermúdez e Hugo Viqueira. Martín Seoane, Carlos Piñeiro, Uxío Codesido, Andrea Villar, Luis Martínez, Sonia Martínez, Sabela Iglesias, Lorena Lugo, Minia Liñares, Marco Suárez e Enrique Carollo. 65
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
2º de Educación Primaria A
Ramón Domínguez, Óliver Labandeira, Xoán Fiaño, Alejandro Couselo, Cristina Aboy, Alba Fernández e Antía De Barros. Iván Conde, Xoán Castro, Carme Balsa, Iria Couselo, Karla Castelao e Christian Albor.
2º de Educación Primaria B
Nuria Suárez, Laura Lameiro, Jessica Juncal, Candela Giadáns, Lucas Fernández, Lara Piñeiro, Ricardo García e Nicolás Martínez. Anxo Neira, Borja Lado, Hugo Martínez, Xoel Piñeiro, Aroa García, Xan Portos e Gabriel Quiñoy. 66
CEIP Arquitecto Casas Novoa
Furabolos 2016
3º de Educación Primaria
Nerea Pinto, Yeray Roa, Aarón Rey, Aroa Ventos, Lara Liñares, Ainhoa Barral, Adrián Domínguez, Uxía Otero, Naiara López e Lucía Sande. Anxo Del Río, Xosé Moscoso, Brais Muíño, Eva Viqueira, Naira Vázquez, Darío Ferreira, Noa Sánchez, Alejandro Del Río, Cristina Otero e Pablo Padilla.
4º de Educación Primaria
Leticia Hernández, Daniel Blanco, Maika Martínez, Paula Fole, Andrea De Barros, Paula Rodríguez, Uxía Seoane, José Manuel Varela, Yago Rodríguez e Javier Piñeiro. Alba Vidal, Aroa Liñares, Lucía Fernández, Iria Mata, Rustam Couselo, Ana Boo, Adrián Doce, Rodrigo Mallo, Natalia Domínguez e Jacobo Giadáns. 67
Furabolos 2016
CEIP Arquitecto Casas Novoa
5º de Educación Primaria
Lorena Viqueira, Alba Martínez, Nerea Martínez, Alba López, Nerea García, Begoña Calviño, Óscar Iglesias, Álvaro Viqueira, Lucía Riveiro e Cristina Cendón. María Pampín, Carmen Portos, Andrea Chico, Carlota Sánchez, Alba Nerea Barreiro, Adrián Cotón, José Balsa, Guillermo Del Río, Brais Neira, Iria Piñeiro e José Mª Montero.
68
Os nosos mellores desexos … 6º de Educación Primaria
Juan Carlos Mosquera, Manuel Iglesias, Iria Rodríguez, Aida Otero, Xiana Piñeiro, David Barreiro, Iván Viqueira, Anxo Varela e Xoel Garabal. Sara Mata, Nicolás Garea, Hugo Pérez, Brais Iglesias, Laura Mallo, Uxía Criado, Santiago Garea e Javier Rodríguez.
CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA A Sionlla de Abaixo, 10 15.884 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono e fax: 981 88 80 44