Na actualidade, cando falamos de educación, non podemos pensar únicamente nun estadio de aprendizaxe dentro dos currícula oficiais. A educación ten que ser
contemplada como o eixo central do desenvolvemento das persoas. O coñecemento e a formación téñense que adaptar constantemente para optimizar ese proceso de
aprendizaxe, pero tamén para transmitir outros valores transversais que nos permitan mirar con outros ollos os nosos montes, cidades, vilas ou aldeas.
Con esta filosofía e concepción da educación xurde a proposta educativa das empresas ounresáns Xeitura e Bilurico co obxectivo de ofertar recursos ao servizo da cidadanía fomentando o coñecemento do patrimonio máis próximo e menos valorado.
Con este fin presentamos a guía de servizos e actividades didácticas con catro tipo de actividades: obradoiros de educación ambiental, talleres didácticos, visitas guiadas e itinerarios interpretativos.