1
I.E.S María Soliño
Arando Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Editorial Curso 20142015 xa pouco queda. Sempre hai algunhas novidades, compañeiras que se aposentaron, alumnado estranxeiro que chega con programas europeos de intercambio, unha nova auxiliar de conversa en inglés, múltiples actividades tanto no centro como no exterior. Neste centro de ensino público, o viveiro de proxectos, concursos e actividades tanto artísticas como deportivas, literarias ou de conmemoracións ten xa unha longa tradición. A revista do centro Arando cedo, é o soporte de moitas das preocupacións, reflexións, inquedanzas e serve tamén de canle para que a lingua propia se visibilice e se torne vehículo de expresión por todos os altruístas e entusiastas colaboradores. Neste número, e xa van nove. Arando cedo recolle calquera actividade, ben sexa contar a experiencia de chegada ao centro, explicar un proxecto de tecnoloxía, entrevistar a “persoeiros” que xa non están entre nós pero que foron alumnos do centro ou que chegaron este ano ao centro por mor dun programa europeo como acontece co alumno sueco Adam. Calquera tipoloxía textual ten cabida nesta revista. Poesía, ensaio ou o artículo … enchen as páxinas deste proxecto. Cobra especial relevancia a expresión plástica. O feito de termos entre nós un bon número de alumnado e profesorado vencellados ao bacharelato artístico contribúe a que a edición deste centro cobre un enfeite especial. Só temos que ollar a capa e a contracapa, os deseños de camisolas ou os sinxelos marcapáxinas así como a nosa campaña de aforro enerxético.
1
I.E.S María Soliño
Arando
A nosa chegada ao bacharelato artístico
Cando se aproximaba a data de entrarmos no novo instituto estabamos mui nervosas, non coñeciamos a ninguén. O noso grande desexo era que nos tocasen como compañeiras as únicas rapazas que procedían do mesmo centro ca nós.Tivemos sorte e así foi. O primeiro día de clase, foi de tanteo do ambiente, non foi moi boa a impresión. Todo mudou pasado pouco tempo, descubrimos boa xente e na actualidade mesmo bos amigo/as
2
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
O instituto en xeral pareceunos moi bonito, e sobretodo menos estricto e controlador có centro do que procediamos. Encatáronnos todas as festas que se organizaron ao longo do curso, o samaín e o magosto, o entroido ... Tamén as actividades que se fan ao aire libre, como as carreiras de orientación ou as obras de teatro. En canto ás instalacións do centro están mui ben e en mui bon estado. O que máis nos gusta é a Ágora coa súa vexetación e os confortables sofás que hai nos seus laterais, par uso e desfrute do alumnado. Ponto de encontro imprescindible no tempo de lecer. Pero non todo ía ser perfecto! Tamén hai algunha instalación que non está todo o ben que desexariamos. O pavillón, ten graves carencias no seu tellado e iso provoca que o nível de humidade sexa, por veces, tan alto que non podemos usalo para facer deporte. Cremos que é a materia pendente deste centro. Tendo en conta ademais que neste IES se imparte un ciclo superior de educación física. A nosa escolla deste centro é o bacharelato artístico, único centro en toda a comarca do Morrazo. Concluímos que foi mui atinada a nosa escolla e estamos mui satisfeitas a todos os niveles. Grande acerto...
Andrea Sánchez Nores Noemí Santomé Fervenza Cristina Cereijo Romero
1 bach B 1 bach B 1 bach B
3
I.E.S María Soliño
Arando
Entrevista a un mariñeiro. Chámome Verónica e decidín facer esta entrevista ó meu pai Roberto Brun Núñez que leva bastante tempo na mar e creo que ten bastante experiencia. En qué consiste o teu traballo? R: Consiste na captura e elaboración do bacallau. Hoxe en día o traballo do mariñeiro é moi distinto o de hai algúns anos. O peixe súbese ó barco coa axuda dun motor que é o que tira pola rede. Unha vez na cuberta a rede abre por abaixo e o peixe entra na adega. Hai, unha serie de máquinas que limpan o peixe, quítanlle a espiña e transfórmano en filetes de bacallao. A través dunha fita transportadora chega a cada un dos mariñeiros, que o clasifica e méteno en caixas. Deseguida estas caixas métense nuns armarios conxeladores. Que tipo de pesca fas ou facías? R: O tipo de pesca que fago, chámase pesca de altura. En que tipo de embarcación? R: Nun barco conxelador. A que anos fuches por primeira vez ao mar?
4
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
R: Comecei moi novo a traballar, concretamente aos 16 anos, en augas de Canarias. Alí collía, sobretodo polbo. Só deixei de traballar para facer o servizo militar, e ao rematar seguín coa miña actividade. Traballei en Canadá onde pescaba bacallao e fretán. Despois probei sorte nas Malvinas onde capturaba pescada e luras. Finalmente comecei a traballar en augas de Noruega hai xa 17 anos. Despois de tantos anos como mariñeiro o meu traballo foi recompensado cun pequeno ascenso, pasando a ser contramestre. O traballo é o mesmo que o de mariñeiro pero coa responsabilidade de organizar o traballo na adega e facendo anotación da pesca en cada lance, que é cada unha das veces que se bota e recolle a rede. Que anecdotas interesantes che ocorreron no mar? R: Algunhas noites vexo auroras boreais e cando traballo vexo baleas. Como é o aspecto económico? R: Dá para vivir pero eu creo que podía estar mellor pagado, posto que o traballo na mar é moi duro. Non só porque as quendas son moi estritas, con moi poucas horas de descanso senón tamén porque a vida está marcada pola rutina, os días pasan e todos son iguais. Pero o máis duro, sen dúbida, son os meses fóra da casa. Verónica Brun 1º ESO A
5
I.E.S María Soliño
Arando Conexión Cangas* Rikiavik* Compostela A pregunta do millón é por qué Islandia. Por que non optou por un destino que estivese máis preto, ou que non fose tan frío. Elías Knörr, que en realidade é Elías Portela, reencontrouse en xaneiro co María Soliño, o seu instituto da adolescencia. Aproveitamos esta visita intencionada para entrevistarlo, para coñecer como chegou a converterse nun personaxe tan recoñecido en Islandia, país no que reside dende hai anos. Atraído polo latín e a literatura medieval, estudou Filoloxía Románica en Santiago de Compostela. El mesmo conta que nin sequera algúns dos seus compañeiros cos que compartía certas materias, véxase Filoloxía Inglesa, sabían da existencia desta inusual carreira. Ó rematar, decidiu que sería xenial pedir unha bolsa e marchar da súa terra para explorar territorios vikingos e aprender novas linguas. Así é. Dende o minuto catro percátaste de que Elías é un home de mundo, que ben podería dicir que viviu toda a súa vida no corazón de Reikiavik, porque a súa pronuncia, alomenos para quen non ten ni idea, é perfecta. A verdade é que é bastante particular. Entre pregunta e pregunta, apoveitaba para darlle un chancho á raíz de xenxibre que tiña. Non preguntei, aínda que morría de curiosidade. Fala galego, si. Pero de cando en vez di palabras noutros idiomas, sexa inglés ou islandés. Di que é porque hai palabras que significan exactamente o que queres expresar, e estas, traducidas, xa non son o mesmo. Non teñen ese minúsculo matiz.
6
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Cóntanos que en Islandia, a cultura mírase dun xeito moi diferente. Ténselle respeto. Tanto na literatura como na música, que se espallou moito nas últimas décadas. Neste país, foi capaz de abrirse oco entre os mellores poetas, ata chegar a ser, segundo a revista británica UK Poetry Review, o terceiro poeta máis importante do país. Knörr tamén é traductor. As dúas obras en galego que publicou recóllense baixo os títulos “Imaxes na pel” e “Cos peitos desenchufados”. Falando de cultura, preguntámoslle cal é a súa opinión sobre que o libro de Belén Esteban (que por certo, nin sequera o escribiu ela) sexa con diferenza o máis vendido no país. Elías, como non podería ser doutra forma, recorre ó inglés para definilo como “white trash”. Deixando a sutileza de lado, poderíamos dicir que é sinxelamente lixo comercial. Programas fáciles, moi económicos de facer, que engatusan a poboación e que resultan unha mina de ouro. Ó poeta tamén lle gusta cantar. Conta que nun dos certames nos que participou, despois de mostrar a súa voz cantando un poema, unhas velliñas islandesas achegáronse a el dicindo que había moito tempo que non escoitaban esa derradeira melodía tradicional da illa de xeo. Elas, sorprendéronse moitísimo cando Elías lles dixo que non era islandés, pero que proviña dunha terra con raíces celtas. Resulta que a melodía islandesa e galega son exactamente iguais. Algo que comparten ambas culturas. Sexa cantando, traducindo ou escribindo, Elías conseguiu destacar no mundo da literatura en dúas terras. Probablemente o primeiro cangués conquistando Reikiavik, e quen sabe cantos lugares máis. Estela Costas 2º Bacharelato
7
I.E.S María Soliño
Arando
Viaxe a Roma Durante a semana do 20 ao 24 de abril un grupo de alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizaron unha viaxe de estudos por Italia, visitando os lugares máis emblemáticos de Roma. Os vintecinco alummnos do IES María Soliño foron acompañados polas profesoras Eva Ríos e Ruth Fernández. Xa en Italia,a visita comezou no Vaticano, para ver a Igrexa de San Pedro e a Capela Sixtina, desfrutando da pintura ao fresco de artistas coma Miguel Anxo ou Rafael,podendo contemplar arquicoñecidos frescos coma o da Creación ou o Xuízo Final e outras pinturas coma a da Escola de Atenas.Na seguinte xornada o alumnado e as profesoras acompañantes achegámonos ao Coliseo, para ver os restos do anfiteatro romano, así coma o foro, visitando, entre outros lugares,o espazo que acollía o templo das vestais.
8
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Dende aí desprazámonos ata os Museos Capitolinos, para ver in situ a escultura que lembra á Loba que amamantou aos xemelgos Rómulo e Remo, fundadores da cidade de Roma. O día anterior ao do regreso a Cangas desprazámonos a Florencia, para facer unha visita á cidade e contemplar na Galería da Academia a obra escultórica máis aplaudida do xenial Miguel Anxo, o David.Para a lembranza quedan centos de fotografías como as que compartimos… O alumnado puido desfrutar dunha viaxe extraordinaria na que achegarse á cultura romana e á arte renacentista, visitando espazos turísticos de Roma e Florencia e mergullándose na gastronomía típica do país, para poñer especial atenció aos xeados, que serviron para adozar o padale mitigar as altas temperaturas desa semana.
Ruth Fernández (Profesora
de Lingua Castelá e Literatura)
9
I.E.S María Soliño
Arando
Coñecendo a Tonisha 1. En EE.UU, actualmente, hai un serio problema de racismo, pensas que no teu condado se trata de forma igualitaria a brancos e a negros? Si, creo que aínda existe un problema de racismo sobre todo debido á historia de escravitude. Na miña vila non hai moitos afroamericanos, pero nos lugares onde hai máis, cidades máis grandes ou no sur o problema si existe, aínda que a xente di “ben, aquí non hai nada de racismo” os afroamericanos sempre din que se lles trata diferente por ser negros, e eu penso que si é así. 2. O problema é evidente, pero o voso presidente é negro, como cres que se explica esa contradición? Ben, é boa pregunta. Algunha xente di que estamos dando un paso para adiante porque temos un presidente negro e que é un bo paso para a poboación negra, non obstante penso que é unha mellora para a poboación branca porque nos estamos dando conta de que os brancos son iguais que os negros. Non sei como explicalo… creo que nalgúns estados o problema do racismo é menor que noutros, así que ao mellor entre cincuenta estados xa se pode equilibrar. 3. Hai moita diferenza no modo de tratar aos negros nos estados do norte aos estados do sur? Ben, non coñezo o sur do meu propio país non o sei, pero como dixen antes hai unha poboación negra maior no sur, como sempre foi así, e non sei como é exactamente porque nunca estiven alí, pero penso que é moi diferente porque nos estados do sur eran os que si tiñan escravos e que loitaban porque querían seguir téndoos, mentres que nos do norte non querían a escravitude, pero por experiencia propia non teño nin idea…
10
Xuño 2015 Nº 9
Cedo
4. Que é o que máis che gusta do sistema americano? E o que menos? (Risas) ben, non son moito de política. Penso que temos unha “voz” ou sexa, que a xente que escollemos para representarnos máis ou menos faino ben, e sentimos que se non nos gusta algo que está ocurrendo podemos protestar e váisenos escoitar, e vanse facer cambios. O que menos me gusta é o sistema sanitario está fatal. Vexo aquí que se vas a un médico público non pagas nada, incluso eu, que non son de aquí pero que teño a residencia, se vou eu, non pago nada e para min é xenial porque supoño que todos saben da serie “Breaking Bad”, por un lado, ten algo de gracia que se montara esta historia dun home que tiña que fabricar metanfetamina para pagar as facturas para tratar o seu cancro, pero por outro lado dáme algo de pena porque é verdade: Hai xente que está enferma que non pode pagar o tratamento así que, ou non van, ou teñen moitas débedas, ou a súa familia ten que pagalo e si que é un problema porque eu a veces digo “ben, debería ir ao médico para que me vexa non sei que” pero ás veces non vou porque non quero pagar, porque logo recibo unha factura que case non me merece a pena. 5. Hai algo che guste especialmente de España? Ben, o sistema sanitario porque gústame que a xente sinta que pode ir e que os seus pais “cóidaos” porque iso non o temos nós. Se me atopo mal, dálle o mesmo aos demais. Laura Bouza 1º Bacharelato C
11
I.E.S María Soliño
Arando
Entrevista a Adam 1.Por que decidiches vir a España e con que finalidade? Por unha bolsa que había no meu instituto. Ao principio non estaba moi convencido pero meu pai persuadiume bastante para que así mellorase o meu español. Xa estivera aquí pero en sitios turísticos como Mallorca ou Canarias. 2. Que opinas da sociedade española? A sociedade aquí é moi distinta á de Suecia, non na forma de ser, senón en como se vive. Por exemplo aquí parece que a xente pasa todas as súas horas estudando, mentres que en Suecia soamente estudamos cando é a época de exames. Isto chama un pouco a atención porque nas estatísticas adoitan saír mellores resultados en países nórdicos como Suecia, Finlandia ou Noruega que teñen un plan distinto de estudo. 3.Recibiches unha boa acollida por parte dos teus compañeiros e profesores? A verdade é que si, síntome ben aquí. É evidente que por ser de fóra hai unha forma distinta de trato porque as primeiras semanas ás veces era un pouco incómodo ao escoitar á xente dicir ‘ah o sueco’ mentres eu pasaba, pero agora xa non.
12
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
4.Notas moita diferenza entre o sistema educativo español e sueco? Si, na miña opinión si. En Suecia temos un ano máis de estudos preuniversitarios, o que sería aquí o Bacharelato, e tampouco temos o selectivo. Pero si que temos unha proba de acceso para entrar no Bacharelato; por exemplo para entrar na rama de ciencias da natureza tes que ter unha boa nota xa que está moi cotizada e a xente adoita ter moita máis motivación. Temos catro tipos de bacharelato para acceder á Universidade: de ciencias naturais, de ciencias sociais, ciencias tecnolóxicas e humanidades. Despois hai outros tipos de estudos como o de danza, o musical, o artístico.. e tamén hai formación profesional como aquí, por exemplo: eléctrica, carpintería, mecánico, restaurante e hotel, cuidado de nenos.. 5.A vida en xeral que se leva en Suecia é moi distinta a que se leva aquí? Teño que dicir que si, aínda que eu son maior có resto dos meus compañeiros de clase, polo que pode ser por iso tamén. A meirande parte dos meus amigos en Suecia teñen carnet de conducir e tamén adoitamos ter un traballo de fin de semana, polo que podemos facer máis cousas que aquí. Na miña vila, que é algo máis grande que Cangas, todos coñecemos a todos e cos meus mellores amigos, que viven preto de min, soamente teño que chamalos, non fan falta plans. Non estou dicindo que aquí me aburra, todo o contrario, pero nese sentido prefiro a vida levada en Suecia.
13
I.E.S María Soliño
Arando
Entrevista a Adam 6.Que opinas dos horarios de comidas ou de colexio que hai? Na miña opinión, os horarios do colexio son malos pero agora xa estou acostumado. Aquí todas as clases son de cincuenta minutos mentres que alí poden ser de cuarenta minutos, unha hora e media, dúas horas.. e sempre hai un recreo de cinco minutos entre as clases para ir ás taquillas e voltar a outra aula, no caso de que as clases sexan en distintos edificios hai dez minutos de recreo. Nos horarios de entrada e saída seméllanse bastante, aínda que alí depende do curso. 7. Existe diferenza entre as materias de Suecia? Hai moitas que son comúns pero noto maior diferenza nas optativas. Alí por exemplo filosofía non é obrigatoria e ademais non se adoita coller. Existen outras como retórica, español, alemán, francés.. 8. Que opinas do noso instituto en xeral? A min gústame bastante aínda que é un pouco extraño para min que existan muros e que non estea totalmente aberto; en Suecia non adoita haber ese sistema de ensinar o carnet para poder saír. Outra cousa que tamén me choca é que nun mesmo instituto haxa rapaces da ESO. 9. A idea que tiñas antes de vir aquí sobre a nosa cultura, correspóndese a que atopaches ao chegar? A verdade é que corresponde bastante ben. No norte temos a idea de que no sur tedes a costume de berrar mentres falades, utilizando acenos.. Meu pai sempre me dixo desde pequeno que falaba moi alto e cando el estivo aquí deuse conta de que me misturaba con moita facilidade con vós, aínda que eu non lle dei a razón!
14
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
10.Notaches moita melloría no teu español? Si, claro. É evidente que estando aquí tantos meses apréndese moitísimo pero ás veces foime moi frustrante porque non podía formar parte dunha discusión ou debate, pero falando así como contigo agora mesmo, podo entender e responder moito mellor sen comparación a antes de vir. Cando estou cos meus compañeiros e falan de algo que leron nun periódico custame moito entrar porque é un idioma diferente ao meu.
Laura García 1º Bacharelato C
15
I.E.S María Soliño
Arando
Podemos Facer Moito
Na Clase 3 ESOPDC
Con motivo do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, os alumnos de 3º ESO C, PDC, elaboraron un traballo mural coa profesora do Ámbito lingüísticosocial, Ruth Fernández, que estivo exposto no centro. As alumnas Naira, Mary Paz e Rebeca fixeron una exposición do traballo no salón de actos, para cursos da ESO e BACH, tendo moi boa acollida.
16
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Durante o curso académico 2014‐2015 o alumnado de 3 de ESO‐PDC participou activamente na conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero, así como na celebración doutras efémerides, elaborando traballos murais para o día da Paz, para a composición dun refaneiro popular, etc. De igual xeito, a comezos do curso, baixo a proposta da súa titora, a profesora Ruth Fernández, decidiron formar un clube de lectura, no que se leron obras de Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Jordi Sierra i Fabra e mesmo Ledicia Costas. Precisamente desta autora leron dous títulos, Unha estrela no vento e o seu último libro publicado en Xerais, Recinto Gris. Con motivo desa lectura, a profesora concertou para o día 3 de xuño unha cita con Ledicia Costas, para manter unha conversa sobre os libros co alumnado participante e ter a oportunidade de facerlle unha pequena entrevista á autora.
17
I.E.S María Soliño
Arando Xosé Fernández Filgueira Valverde
Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e morreu o 13 de setembro de 1996, foi un escritor, intelectual, investigador, erudito e critico da lingua galega e castelán. Se lle coñece co sobrenome de “O vello profesor”. Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra, presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Este ano adícaselle o día das letras galegas polo seu traballo a prol da lingua e da cultura galega.
Xosé Fernando Filgueira Valverde de pequeno.
18
Xosé Fernando Filgueira Valverde
Cartel da obra Agromar
Xuño 2015 Nº 9
Cedo
En 1922 empezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e acabou en 1927 na Sección de Ciencias Históricas, na Universidade de Zaragoza. En 1928, termina en Santiago, con o Premio Extraordinario, os estudios de dereito. Dende moi mozo estivo involucrado en proxectos culturais. Con 17 anos fundou con Lois Tobío e Fermín Bouza Brey o Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia de Literatura. Anos despois dirixía o Instituto de Estudos Galegos Padre Sardimiento. En 1927 creou o Museo de Pontevedra co que colabora ata que morre. En 1942 foi nomeado membro da Real Academia Galega e vocal do Instituto da Lingua galega da Universidade de Santiago en 1972. A súa creación literaria comezou con Os nenos, O vigairo e Agomar, unha obra teatral para os nenos.
Firma de Xosé Fernando Filgueira Valverde
19
I.E.S María Soliño
Arando A Miña Vida dentro de 20 Anos Riiiiiing!!!
Apago a alarma e abro os ollos. Estou así uns minutos, coa ollada perdida nalgún punto indefinido. Érgome da cama e vístome. Mentres, vou observando a miña axenda. Para hoxe pola mañá non teño nada especial que facer. Diríxome á cociña e miro o reloxo, son as nove menos cuarto. Fago o zume, quento o leite, preparo as torradas e un bol de cereais. Remato o almorzo e vou ao cuarto de baño para lavar os dentes. De súpeto, soa o teléfono. Remato de lavar os dentes e vou correndo a collelo. É o meu adestrador, que me informa de que teño a mañá libre, pero que pola tarde haberá adestramento extra para preparar o gran partido de mañá. Despídome del, lavo a cara e sento no sofá pensativo, maquinando que farei en toda a mañá. Vai calor, e nun día de verán tan solleiro coma este non teño moi claro que facer. A través das cortinas chégame un son...Ladridos... Claro! Xa sei que facer! Un bo paseo co meu can! Collo a gorra e meto algunhas cousas na mochila. Saio fóra e vén o meu can recibirme, que comeza a darlle ao rabo cando ve a correa. Saímos os dous, camiñamos quince minutos e chegamos á praia, onde curiosamente case non hai xente. Alí corremos e paseamos á beira do mar. Máis tarde, tomo algo como almorzo de media mañá. Mentres como, o can óllame dun xeito que entendo perfectamente. Sorte que lle trouxen algo! Doulle un pequeno saco de penso e finalmente, un deses "premios" que tanto lle gustan.
20
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Volvemos para a casa e fago a comida. Como. É a unha e cuarto. Preparo as cousas e, antes de marchar, volvo encherlle ao can os cacharros da comida e da auga, tiña pouca. Levarame un tempo ir camiñando, pero teño bastante. Ao rematar unha dura xornada de adestramento estamos preparados, física e mentalmente, para o partido decisivo de mañá. É importantísimo, oxalá gañemos! Un compañeiro lévame no coche até a miña casa. Chego, ceo e métome na cama. Mañá teño que estar ben esperto! Iker Piñeiro 1º ESO
21
I.E.S María Soliño
Arando O Noso Camiño de Santiago
Os días 5 e 6 de maio de 2015 fixemos una actividade moi especial: un tramo do Camiño (Portugués) de Santiago. Aos alumnos de 2º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato acompañáronos os profesores Serafín e Antonio. Ademais, tamén viñeron os do TAFAD. Saímos do instituto en bus e paramos un pouco máis alá de Pontevedra. Alí, a 52 quilómetros e medio de Santiago, comezaba a nosa experiencia. Andamos os primeiros 5 quilómetros bastante ben, pero a partir de aí empezouse a notar o cansazo… Vivimos una situación un tanto cómica esa mañá: chegado un momento, o camiño estaba enlamado e, para evitalo, metémonos por unha finca. De súpeto, no outro extremo do terreo, unha señora nos observaba ameazante, impoñente. Ás 12 e algo fixemos un alto no camiño para repoñer forzas, e algúns alumnos fixeron “GeoCatching”.
22
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Chegamos a Caldas de Reis e nós, os de 2º, separámonos dos demais, pois era a hora do xantar. Deixando ó grupo atrás, Alex Camaño, Moisés, Xian e mais eu fomos a comprar bocadillos. No bar eran uns incompetentes e tardaron 25 minutos en preparar dous bocadillos… Unha vez cos bocatas, fomos ao lugar onde nos deixaran anteriormente os do grupo e… non estaban! Buscámolos durante 5 minutos e encontrámolos, pero só puidemos descansar uns cinco minutos antes de retomar o camiño. Chegamos ao albergue de Valga, situado no quilómetro 32.441 ás 16:15. Duchámonos e deixamos as nosas cousas. Demos unha volta, sacamos unhas fotos (incluídos os “selfies”) e ceamos no restaurante “O Criollo”, onde varias persoas o único que querían facer era ver o partido… Á noite Sandra, da nosa clase, enfermou. Viñeron axentes da CIA e do FBI, pois resulta que era unha espía… Ben, en realidade isto é mentira, pero estabamos todos arredor dela como sucede cando alguén agasalla comida nos recreos. Finalmente, viñérona buscar, e foise con moita pena por non poder completar o camiño. As lendas milenarias de 2015 (a xente da excursión) contan que na noite oíronse uns estraños sons, aínda que eu non escoitei nada. Ao día seguinte espertamos ás 7:20. Almorzamos no restaurante, onde o almorzo era de balde (incluído no prezo da excursión). Ás 12:10 descansamos en Padrón, onde sacamos unha foto de grupo coa nosa amiga a escritora Rosalía de Castro. Que pena non ter visto a María, a profe de matemáticas… Continuamos o noso árduo camiño, superando obstáculos impensables: o aburrimento, as pozas e, algunhas persoas, o feito de non ter acceso á Internet… Paramos a xantar nunha vila da que non me lembro do seu nome, só sei que estaba entre Padrón e Santiago. Fomos a un restaurante onde a comida estaba moi boa (sobre todo o pastel de chocolate…).
23
I.E.S María Soliño
Arando O Noso Camiño de Santiago
A nosa aventura depararíanos un lugar inhóspito: unha fonte cun cadeado. Estivemos moitísimo tempo enchendo as botellas de auga porque aquela billa botaba pouquísima auga ao ter o cadeado. A nosa próxima parada foi en Milladoiro. Alí uns marcianos raptaron a Lucía, Samuel, María e Serafín, ademais de roubar algunhas mochilas. En realidade, o que pasou foi que abandonaron o camiño e algúns camiñantes deixaron as súas mochilas, pero estaría ben encontrármonos cos extraterrestres. A uns 8 quilómetros do noso destino, comezamos a camiñar de novo (Raúl en vez de camiñar, máis ben parecía un potro acabado de nacer debido á súa dor no xeonllo). Cando entramos en Santiago, dividímonos en tres grupos, pero finalmente chegamos os 38 alumnos á Catedral. Non sei que me sorprendeu máis: o simple feito de chegar, que Raúl aguantase ata o final ou... ver a Eladia. Foi unha casualidade que ninguén se esperaba (en realidade levabamos todo o día pensando que sería gracioso encontrarnos con Eladia).
24
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Unha vez no autobús, reencontrámonos cos que abandonaran e volvemos a Cangas, orgullosos de conseguir completar o Camiño. Esta experiencia gustounos moito, xa que estivemos todos xuntos e pasámolo moi ben (exceptuando a dor de pés). Aínda así, sería mellor se Sandra fose unha espía moi buscada e se os marcianos raptasen aos nosos compañeiros e a Serafín. Espero que o ano que vén se volva a organizar esta actividade. André Nerga García, 2º ESO A
25
I.E.S María Soliño
Arando Exposición Entroido Galego Con motivo da celebración do Entroido, celebrouse no centro unha exposición de fotografía sobre o Entroido tradicional galego.
26
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
27
I.E.S María Soliño
Arando
Sabes Portugês? Comezamos a estudar portugués hai catro anos. Eliximos estudar esta lingua por moitas razóns, entre as cales destaca que o portugués e o galego eran a mesma lingua. O feito de ter unha boa competencia en galego axudounos a comprender mellor o portugués. Sabías que a porcentaxe de palabras iguais nun texto en galego e outro en portugués é de, máis ou menos, 68%? No segundo ano o número de alumnos na materia reduciuse, aínda así non as ganas de aprender. Atopámonos con moitas dificuldades cos verbos e coa fonética, por seren o máis afastado do galego que coñecemos ata o momento. No terceiro ano reduciuse aínda máis o número de alumnos, pasando de ser 12 a 7. As dificuldades non mudaron, xa que seguían custándonos os verbos. A pesar desa barreira gramatical (que non é insalvable con traballo e estudo) somos capaces de falar sobre música, cultura e gastronomía tanto de Portugal como das súas excolonias (Moçambique, GuinéBissau, Angola, Timor, Brazil, Macau, São Tomé e Príncipe...)
28
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Actualmente, no cuarto ano, coñecemos o ensino público de Portugal así como as tradicións das novatadas universitarias (chamadas en portugués “praxe”) e as festas estudantís como “a queima das fitas”. Tamén coñecemos profundamente lugares onde se fala portugués como Angola e Brasil. Aroa Costas 4º ESO
29
I.E.S María Soliño
Arando
Camisetas Alumnado de 2º de Bacharelato de Artes realizou estes deseños para camisetas, con motivos relacionados coa cultura galega.
30
Cedo Made in Galicia
Xuño 2015 Nº 9
31
I.E.S María Soliño
Arando
Compartindo Lecturas Ás veces un escolle o libro pola trama, outras polo autor, polas críticas recibidas, pola temática... hai múltiples razóns para elixir unha obra e non outra nun momento determinado da nosa vida. Ás veces mesmo nos deixamos levar por títulos suxestivos. Así pode acontecer con algunha das obras de Albert Espinosa, tal é o caso de Si tú me dices ven lo dejo todo... pero dime ven. No libro coñecemos a historia de Dani, un home de corenta anos que acaba de romper unha relación sentimental cunha muller coa que agardaba ter un fillo chamado Izan. Ela vaise e de inmediato o home recibe un encargo: buscar a un neno desaparecido en Capri. Alí volve ao inicio da súa vida e recupera o sentido da mesma, salvándose de si mesmo e recuperando o amor perdido. Afírmanse cousas como que amar só pode conxugarse en pasado e que querer é o presente. O autor deixa pasaxes para a lembranza ao escribir que na vida hai persoas que te alimentan con só velas, sen precisar nada máis, porque nos transmiten a enerxía que necesitamos. Pero talvez o mellor dos momentos do libro, ou o que eu escollería agora para compartir cos lectores destas páxinas é o que ten lugar cando a Daniel lle comunican o sentido da vida: que nos desparraman no mundo para que co tempo vaiamos encontrando aos outros catro diamantes necesarios para acadar unha vida plena. Afirma que algunhas perlas pasan a ser diamantes, que cada oitenta ou noventa perlas aparece un.
32
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
A do diamante é unha fermosa metáfora que fai referencia a unha desas persoas que se fai tan básica e tan importante nas nosas vidas que semella creada unicamente para cada un de nós. Outra das afirmacións para apuntar é a que di: ‘recorda algo tan sinxelo como que querer é sempre máis valioso que que te queiran (...) Querer move e detén mundos. Que te queiran se ti non queres, acábate aletargando’.
<<Os amarelos son as persoas que dan sentido á nosa vida e que se sitúan entre o amor e a amizade>>. << Ama o teu propio caos, aquelo que te fai único>>.
33
I.E.S María Soliño
Arando
Compartindo Lecturas Tras esa lectura de Espinosa, achegueime intrigada a outra obra anteriormente asinada polo autor catalán, tamén cun título curioso (lembremos unha das súas películas, ‘No me pidas que te bese porque te besaré): Todo lo que podríamos haber sido tú y yo si no fuéramos tú y yo. Aquí o protagonista é Marcos, un home que acaba de perder á súa nai, unha artista da danza que lle recomendaba ‘ser Valente na vida, no amor e no sexo’. Durante a viaxe que propón Espinosa nesta obra sabemos do desexo do protagonista por deixar de durmir, para estar sempre esperto e non ter que sufrir as consecuencias do insomnio padecido dende tempo atrás, pero tamén coñecemos que posúe un don para adiviñar o que pensa a xente e o que viviu con anterioridade. Precisamente iso conecta cun dos asuntos principais tratados na obra: o das distintas vidas gozadas polos personaxes, o que os fai confluír nalgún planeta en determinado momento. O fundamental é recoñecernos. Reencontrarnos. Así lle pasa a Marcos coa rapaza que cría tan especial para él despois de tela visto na praza do Teatro Español unha soa vez: era a súa filla. Se tivera que quedar cunhas palabras extraídas do libro, as elixidas serían estas: ‘Nunca se sabe que atopará un tras unha porta. Talvez niso consiste a vida: en xirar pomos’. Son anacos para a reflexión, que convidan a pensar no día a día, nas pequenas cousas, que en realidade son a base da nosa existencia, como tamén se reflicte noutro libro seu, El mundo amarillo.
34
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Nisto é experto Albert Espinosa, un Enxeñeiro Industrial en Química, tamén director de cine e guionista (lembremos as películas ‘Planta 4a’ ou ‘Va a ser que nadie es perfecto’, así como a serie ‘Pulseras Rojas’ recentemente emitida por Antena 3), que acaba de publicar un novo libro, El mundo azul. Ama tu caos. Esa será a primeira lectura do verán, agora que chegan as vacacións. Felices días de lecer! Ruth Fernández (Profesora de Lingua Castelá e Literatura)
<<Saber que existe un arquipélago de persoas que sempre che dirán a verdade vale moito... Quero que formes parte do meu arquipélago de sinceridade>>. << Saber que podes confiar na outra persoa, que nunca che vai mentir, que sempre chedirá a verdade cando llo pidas, non ten prezo... Faite sentir forte, moi poderoso...>>. << E é que a verdade move mundos... A verdade faite sentir feliz... A verdade creo que é o único que importa...>>.
35
I.E.S María Soliño
Arando
Mostra de Teatro A finais do mes de abril o noso centro acolleu a dezanove edición da Mostra de teatro do ensino secundario do Morrazo. Participaron os grupos de teatro dos institutos As Barxas, de Moaña, Johan Carballeira, de Bueu, Rodeira, de Cangas, o Colexio Eduardo Pondal e o noso Obradoiro María Soliño. O instituto encheuse de cor e animación, como podedes comprobar nas fotos, e durante catro días fomos o centro de toda a actividade teatral escolar da comarca. Mesmo houbo alguén que creu ver un grupo de hobbits mesturándose cos asistentes a unha das funcións.
36
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
37
I.E.S María Soliño
Arando Entrevista a D. Darío Villanueva Prieto. Presidente da Real Academia Española Da Lingua
Elixido o 5 de xullo de 2007 como membro da RAE, Darío Villanueva tomou posesión como académico o 8 de xuño de 2008 co discurso titulado “<<El Quijote>> antes del cinema”. Dende entón ocupou a 'Silla D' da institución. Agora foi elixido director da RAE, o 11 de decembro de 2014, ocupando o cargo dende o 8 de xaneiro de 2015. Xa estivera á fronte da secretaría da RAE dende xaneiro de 2010 e tamén é o presidente da Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE), creada en México en 1951. Darío Villanueva é licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e douctor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Madrid. Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, de cuxa Facultade de Filoloxía foi decano entre 1987 e 1990, é correspondente da Academia Arxentina de Letras e doutor honoris causa por sete Universidades de Arxentina, Estados Unidos, Perú, Reino Unido e Suecia. En xuño de 1994 foi elixido reitor da USC, reelixido en maio de 1998. Na actualidade é membro do patronato e director do consello científico da Fundación Biblioteca Virtual de Cervantes. Foi profesor visitante ou conferenciante en universidades de Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Canadá, China, Corea, Cuba, Ecuador, Exipto, Estados Unidos, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Xapón, Luxemburgo, México, Panamá, Perú, Portugal, Puerto Rico, Reino Unido, República Dominicana,
38
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Rusia, Sudáfrica, Suecia, Suiza e Taiwán, e publicou en español e inglés máis de tres centenares de artigos de teoría, crítica e literatura comparada en revistas españolas e estranxeiras. Entre os seus libros figuran Trayectoria de la novela hispanoamericana actual e Teorías del realismo literario, finalista do Premio Nacional de Ensaio en 1993. Tamén destacan ValleInclán, novelista del Modernismo, La poética de la lectura en Quevedo ou Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca, que recibiu o primeiro Premio Internacional de Investigación Humanística da Sociedade Menéndez Pelayo. O 17 de outubro de 2014 pronunciou un discurso na sesión conmemorativa do III Centenario, presidida por los Reis, na que se presentou oficialmente a 23.a edición do Diccionario de la lengua española. Desde o 30 de xaneiro de 2015 é, pola súa condición de director da RAE, presidente da Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA), e, dende o 12 de febreiro, membro do Consello de Estado.
39
I.E.S María Soliño
Arando Entrevista a D. Darío Villanueva Prieto. Presidente da Real Academia Española Da Lingua
1. Que requisitos se teñen en conta para que se acepte unha nova palabra e sexa engadida no dicionario? Que proceso se segue para a súa incorporación? Fundamentalmente, o seu uso xeralizado en toda a comunidade hispánica ou unha parte considerable dela, e durante un periodo de tempo suficiente (algúns anos). Para iso recorremos ao CORPUS DO ESPAÑOL DO SÉCULO XXI, que compila cada ano 25.000.000 de formas do español falado, un 70% procedentes de América e un 30% de España. 2. Como se decide a incorporación de novos membros na Real Academia Española? Cando hai una vacante, tres académicos propoñen un candidato, e logo o pleno vota entre os que se tivesen presentado. A última elección recaeu en favor da poeta Clara Janés fronte ao outro candidato, o anglista Fernando Galván. 3. Que periodo de tempo pode desempeñar un académico o cargo de presidente da RAE? Un primeiro mandato de 4 anos con posibilidade dunha reelección. 4. Que obxectivos ten en mente agora que é presidente da RAE para mellorar esta institución? Fundamentalmente, abordar a elaboración da 24a edición do DiLE (Diccionario da Lingua Española) sobre una planta dixital, e desenvolver un plan estratéxico para superar a crise económica destes catro últimos anos.
40
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
5. Hai algunha palabra que se incorporase recentemente, na última edición do dicionario, e que non teña contado coa súa aprobación? Proporía a incorporación dalgún novo termo, que non se tivese en conta ata este momento? Non e non. O director simplemente dirixe os traballos da corporación, onde os acordos se toman case de forma exclusiva por consenso.
6. Temos lido que a Real Academia Española está pasando por unha situación económica difícil, como cre que pode solucionarse este problema? Mediante un plan estratéxico que rentabilice os produtos e servizos da RAE no universo dixital. 7. Podería ser presidente da RAE alguén que non fose español, que pertencese a algún outro país de fala hispana? Non, porque o director da RAE ten que ser xa académico da RAE, e para selo ten que ter a nacionalidade española. Mario Vargas Llosa si a ten; polo tanto el si que podería ser director.
41
I.E.S María Soliño
Arando Entrevista a D. Darío Villanueva Prieto. Presidente da Real Academia Española Da Lingua
8. Por que na lingua castelá non optaron por eliminar os signos de interrogación e de exclamación a comezo das oracións, como ocorre nun idioma tan próximo coma o galego ou como acontece co inglés? Porque consideramos que a entoación interrogativa ten que advertirse dende o principio da frase e non só ao final. 9. Considera que a lingua, ao ser un sistema de comunicación, debe adaptarse aos seus falantes ou son eles os que deben cinguirse ás normas lingüísticas preestablecidas? Segundo o pai da lingüística moderna, cuxo centenario luctuoso temos conmemorado fai pouco, Ferdinand de Saussure, a linguaxe é á vez FALA, expresión da individualidade, e LINGUA, código social compartido. O primeiro fai evolucionar ao segundo, pero o segundo condiciona o primero. As preguntas que conforman esta entrevista foron elaboradas polo alumnado de 2o de Bacharelato de Ciencias (2o BACH D) coa súa profesora de Lingua Castelá e Literatura. Como era o propio, a entrevista foi feita en Lingua Castelá, para publicarse nesta revista foi traducida á Lingua Galega. RUTH FERNÁNDEZ
42
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Daniel Otero, Raúl Pino, Saúl López, Sara Villar, Alexia Vidal, Pablo Bastón, Aldara Martínez, Laura Barreiro, Daniel González, Noelia Costas, Ana Vidal, Raúl Otero, Sara Otero, Johana Villar, Juan Comesaña, Iván Pérez, Moisés Cordeiro e Andrés del Río na biblioteca do IES María Soliño, cos novos dicionarios de Lingua Castelá da RAE, acompañados pola profesora Ruth Fdez. <<Dende o 8 de xaneiro de 2015, e como consecuencia do resultado das eleccións celebradas a mediados de decembro do ano anterior, teño a honra, o compromiso e a responsabilidade de convertirme oficialmente no trixésimo director desta corporación. Ser o primus inter pares dunha institución fundada en 1713 co nobre propósito de elaborar un dicionario que contribuíse a mellorar e divulgar o coñecemento da nosa lingua constitúe un privilexio indubidable e implica tamén moitos desafíos. Todos eses retos e inquietudes, non moi diferentes aos da sociedade hispanofalante na que vivimos e á que servimos, pódense resumir nunha humilde pero ambiciosa aspiración: a de continuar co traballo emprendido por aqueles que me precederon neste cargo ao longo dos tres últimos séculos, cada un coas súas circunstancias e, nalgúns casos, en períodos moi convulsos da nosa historia, reflectidos na vida desta casa das palabras>>. (Extraído e traducido da páxina http://www.rae.es)
43
I.E.S María Soliño
Arando
Proxectos Tecnoloxía Coche que persegue á luz. Neste curso 2014/2015, na materia de tecnoloxía fixemos un proxecto empregando a electrónica analóxica. Consiste nun coche que se move seguindo a luz dunha lanterna. No seu interior agocha dispositivos electrónicos como LDRs, que son sensores da luz, estes conectan cun transistor que a súa vez fan mover un motor. Hai dous motores, un por cada roda traseira. O circuíto actívase cun interruptor, colocado nun dos laterais do coche, e un LED na parte superior indica que está encendido. Cando a luz incide nun dos LDRs, colocados nos faros do coche, a roda do lado contrario móvese, seguindo a luz. Paula Sotelo e Matina Páramos, 4º ESO B
44
Xuño 2015 Nº 9
Cedo Cruce regulado por semáforos.
Este curso, na materia de tecnoloxía de 4º de ESO, fixemos un proxecto sobre electrónica analóxica que consiste en: Unha vía principal na cal o semáforo sempre está en verde, agás cando pasa un coche por unha estrada secundaria que se incorpora. Esta vía secundaria consta doutro semáforo que só se pon en verde cando hai un coche esperando o paso, para poder ter un tránsito fluído na vía principal. Este circuíto está baseado no chip 555, que permite realizar temporizacións. Este chip actívase grazas a un sensor LDR (de luz) que, ao cruzar o coche, interrompe o paso desta, cambia a posición do transistor e activa ao chip 555. Zaida Bastón, Sara García e Daniel Hermelo, 4º ESO B
45
I.E.S María Soliño
Arando
Proxectos Tecnoloxía Cartel crepuscular. Este ano na clase de tecnoloxía de 4º ESO fixemos un proxecto para por en práctica o aprendido en electrónica analóxica. Este consiste nun cartel luminoso que se encende cando escurece. Isto puidemos levalo a cabo gracias a un sensor de luz (LDR) que ao non detectar luz cambiaba a posición dun transistor. Este á súa vez, cambiaba a posición dun relé que activaba un circuíto cun chip 555 que facía que os diodos que iluminaban o cartel se encenderan e funcionaran intermitentemente. Blanca Budiño, Ana Piñeiro e Cristina Sánchez, 4º ESO B
46
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Estruturas resistentes feitas con papel. O alumnado de 3º de PDC tivo un reto nada doado, tiveron que construir unha estrutura que resistise o peso dun rapaz ou rapaza...... pero feita de papel. Aquí os resultados.
47
I.E.S María Soliño
Arando
Proxectos Tecnoloxía Estruturas resistentes feitas con papel. E aquí a proba definitiva.
Aguantaron o peso! Proxectos realizado por: Brais Coya, Coraima González, Patricia Hermelo e Raúl Martínez. Mary Paz Bermúdez, Rebeca Gómez e Naira Novas.
48
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
Estruturas resistentes feitas con papel. Alumnado de 2º de ESO: No proxecto do tangram baixamos ao taller de tecnoloxía e traballamos coa madeira. Coa axuda da segueta cortamos as pezas e a caixa, e finalmente decorámolas.
49
I.E.S María Soliño
Arando
Proxectos Tecnoloxía Estruturas resistentes feitas con papel. Alumnado de 2º de ESO: o proxecto fixémolo na clase. con tubos de papel construimos unhas estructuras trianguladas que, en teoría, tiñan que aguantar un peso dunha caixa de folios. E aguantaron, ainda que dúas caixas non todas..
50
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
51
I.E.S MarĂa SoliĂąo
Arando
Capas da Revista A capa e contracapa da revista foron realizadas polo alumnado do Bacharelato de Artes. Estas foron outras propostas:
52
Cedo
Xuño 2015 Nº 9
53
I.E.S María Soliño
Arando Cedo
Pergamiño Vindel
No ano 2014 cumpríronse 100 anos de achado do Pergamiño Vindel. O acontecemento tivo unha extraordinaria importancia porque, como sabedes, contén a música orixinal das cantigas de amigo de Martín Códax. Ademais é un poeta da nosa ría, así que había que celebralo, por iso decidimos organizar unha festa de aniversario, con torta incluída, vestidos de época...... e a reprodución do pergamiño que presentamos aquí. 800 anos nos contemplan desde este pergamiño, pero é cultura viva e querémola con nós, aínda que como tamén sabedes, o orixinal está na Pierpont Morgan Library, en N. York. Por certo, sei de boa tinta que en Vigo van celebrar unha magna exposición proximamente, para o que xa se puxeron en contacto coa Pierpont Morgan, para que lle deixen traer e expoñer na cidade o orixinal.
1 54
Xuño 2015 Nº 9
Revista maquetada polo alumnado de TIc de 1º de Bacharelato B
Rodrigo Álvarez Óscar Broullón Ángela Dinis Fernando Fernández Borja Juncal Nicolás Maquieira Pedro Martínez Brais Oya Elsa Pazó Pedro Pérez Brais Riobó Andrea Sánchez Noemí Santomé Rita Seijas
Equipo de Dinamización Lingüística IES María Soliño