1 minute read

Teresa Ríos

Next Article
Miriam Reyes

Miriam Reyes

20 voces poéticas para o 25 N

Cando o rei da casa entraba había que correr á porta con zapatillas, cervexa e reverencia.

Advertisement

Por algunha razón el supoñía que debiamos estar felices de verlle volver cada noite para escoitar os seus xuramentos crer os seus soños, vivir das súas mentiras.

Volvinme demasiado sensata, comprensiva, abnegada, perfecta ata a náusea. Déixo que te pasees co teu aire de semental ao baño, á cociña a por un pouco de auga. Se me preguntas dígoche que si para non entrar en detalles para que durmas tranquilo e rendas na oficina. A mentira é a miúdo máis fácil e espontánea como estar xuntos. É cómodo o meu corpo, ten esquinas redondeadas e formas ergonómicas (sen falar do moito que abriga e o pouco que pesa). Non pide nada, non fai preguntas, prefire non saber. Acolchado de amor hai tempo que non sente a cabeza.

Inmóbil, abandonado ao teu fastío de home inmóbil, mírasme con antiquísimos resentimentos. Óeme ben, son inocente do teu pasado, non son a túa puta nai, nin a túa enferma nai, nin a túa tola nai, aínda que sexa puta tola. Non merezo recibir agresións alleas, atrasadas e caducas. Non proxectes sobre min os espectros da túa nenez, teño forma, cor e dimensións propias.

Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”- IES “San Paio” 15

This article is from: