1 minute read
Miriam Reyes
Canto máis me pegues, máis débil faraste ti, máis forte fareime eu» 20 voces poéticas para o 25 N
Lilliam Moro Núñez.-
Advertisement
A máis fermosa
Ese rostro que ves no espello non é o teu. Mírate ben: búscate máis aló do perfume barato da cara pintada, do afán de agradar; atópate detrás das olleiras, do ollo inchado, da mirada opaca envellecida antes de tempo, das palabras que arrincaron a tiras a pel do corazón. Unha vez que te teñas descuberto abrázate coma se foses a nai de ti mesma, o amante soñado desde a mocidade, o deus que sempre te ve fermosa. E rompe os espellos.
Julia Navas Moreno.-
Hibernar na estación do medo
Camiñar polos corredores con pés de manteiga. Perder a voz, a risa, a elocuencia; as ganas de pintar os beizos e desafiar a túa mirada fronte ao espello.
Temes as portas sen ferrollo e o seu alento na túa caluga; os silencios que preceden á ira desatada; os seus beizos finos e apertados antes de sentir poutas nos teus pulsos mentres borboriña: Por que me fas isto?
Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”- IES “San Paio” 13
20 voces poéticas para o 25 N
Despois, a humillación, o golpe, o chan frío na túa fazula, a roupa arrincada, a nudez da alma, o pranto esgotado na seca…
Soñas coa soidade da túa cama e tenteas, desde a túa ínfima esquina, para comprobar a tersura da saba ao outro lado. Buscas nun mapa imaxinario o punto máis afastado sabendo que, aínda lixeira de equipaxe, non haberá distancia nin teito seguro. Entón, faste un nobelo e hibernas.
Soñas coa súa caída nos malditos infernos. Espertas.
Non respiras, non suxires, non opinas. Non paseas, non saúdas, non miras.
E morres de frío aos poucos entre paredes de xeo polar.
Miriam Reyes.-
Cando a túa man me toca grava en min chagas que pronto se converten en grandes buracos inzados de todo tipo de criaturas repugnantes (vermes gordos como falos penecillos con boca de peixe...)
Cando, satisfeito, vas seguro de colmarme de amor e de ti, quedo cubrindo de tristeza un enorme baleiro.
Que podes gravar nos meus ósos máis forte que a súa propensión para eternizarse po?
Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”- IES “San Paio” 14