20 voces poéticas para o 25 N

Page 13

20 voces poéticas para o 25 N Canto máis me pegues, máis débil faraste ti, máis forte fareime eu»

Lilliam Moro Núñez.A máis fermosa Ese rostro que ves no espello non é o teu. Mírate ben: búscate máis aló do perfume barato da cara pintada, do afán de agradar; atópate detrás das olleiras, do ollo inchado, da mirada opaca envellecida antes de tempo, das palabras que arrincaron a tiras a pel do corazón. Unha vez que te teñas descuberto abrázate coma se foses a nai de ti mesma, o amante soñado desde a mocidade, o deus que sempre te ve fermosa. E rompe os espellos.

Julia Navas Moreno.Hibernar na estación do medo Camiñar polos corredores con pés de manteiga. Perder a voz, a risa, a elocuencia; as ganas de pintar os beizos e desafiar a túa mirada fronte ao espello. Temes as portas sen ferrollo e o seu alento na túa caluga; os silencios que preceden á ira desatada; os seus beizos finos e apertados antes de sentir poutas nos teus pulsos mentres borboriña: Por que me fas isto?

Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”- IES “San Paio”

13


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.