Cinexornal 12

Page 1

Número 12

B

NADAL 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

ARXENTINA, 1985 (Santiago Mitre, Arxentina, 2022, 140´, Prime Vídeo) Baseada na historia real do fiscal Julio Strassera, Luís Moreno Ocampo e o seu novo equipo xurídico que se atreveron a acusar, contra vento e marea, a contrarreloxo e baixo constante ameaza, aos altos mandos da sanguenta ditadura militar arxentina (1976-1983) do xeneral Rafael Videla xunto con nove comandantes ao seu cargo, no chamado Xuízo ás Xuntas de mediados dos anos 80. UN ASUNTO PRIVADO (Ramón Campos, Teresa FernándezValdés, Gema R. Neira, David Pinillos, María Ripoll, Daniel Aranyo; España, 2022, 8 capítulos de 52´, Prime Vídeo) Na Galicia dos anos corenta unha atrevida moza de clase alta con alma de detective, Mariña Quiroga, proponse dar caza ao asasino en serie que axexa desde hai meses a cidade e faino coa axuda do seu fiel mordomo, Héctor. Xuntos loitarán contra todos os obstáculos para logralo e superarán os prexuízos de xénero da época, a resistencia do novo comisario ou os intentos da nai de Mariña por casala. Serie con localizacións en Vigo e Tui. AVATAR: O SENTIDO DA AUGA (James Cameron, USA, 2022, 190´) Secuela de Avatar que comeza contando a historia da familia Sully (Jake, Neytiri e os seus fillos), os problemas que os perseguen, o que teñen que facer para manterse a salvo, as batallas que libran para seguir con vida e as traxedias que sofren. A CIDADE PERDIDA (Aaron e Adam Nee, USA, 2022, 120´, Prime Vídeo) Durante a xira para promocionar o seu novo libro xunto a Alan, Loretta é raptada por un excéntrico multimillonario, coa intención de que a autora o guíe ata o tesouro da antiga cidade perdida sobre o que trata o seu último relato. Desexoso de demostrar que pode ser un heroe na vida real, e non simplemente nas páxinas das súas obras de ficción, Alan lánzase ao rescate da novelista. O CORPO ABERTO (Ángeles Huerta, España, 2022, 91´) A historia dun mestre que, a principios do século XX, ten o seu primeiro destino en Lobosandaus, unha pequena localidade da "raia seca", na fronteira entre Galicia e Portugal. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño do pobo libera a un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, o que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.