Nadal: tempo de lecturas

Page 1

Número 68

Decembro 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Escribir o Nadal

Remata o ano, chegan as vacacións de Nadal, tempo para escribir bos propósitos e boas verbas, tempo de lecer e de ler, tempo de amigos invisíbeis e agasallos recíprocos. Por iso, un ano máis, ofrecémosvos esta pequena dose de lecturas para todo tipo de gustos e idades, para o teu gozo privado ou para compartir. En calquera caso e, por riba de todo, con lecturas ou sen elas, non deixemos de escribir nos nosos cadernos e nos nosos corazóns os mellores devezos para estes días e para todo o vindeiro Aninovo. Bo Nadal e que o 2023 traía paz e felicidade a esgalla! ANIDO REGUEIRO, Rubén, Os derradeiros días de Ulises e Penélope, Medulia, 2022, 130 pp. Ulises apoiou o seu corpo contra a vella maceira lindeira coa horta e volveu suspirar, agora máis disimulado. Miraba o infinito por riba das fabas e das plantas dos tomates, relucentes como boias nun mar ao sol. -Na terra hai unha certeza: por ela non anda Poseidón. Non hai nave que gobernar nin tampouco tripulación. Simplemente vive aquí un vello piloto e a súa derradeira esperanza no mundo, Penélope. “Unha breve refolada de aire cruzou a través das árbores e moveu a herba axitándoa lixeiramente. Era un aire algo salobre, dun mar só intuído, vagaroso, con algo de pintura difuminada sobre un lenzo imaxinario. Moveu os cabelos brancos dun Ulises velleiro e coa mirada vidrosa, como un océano sen apenas brillo. Penélope reparou nas súas propias mans, outrora dunha fineza de cristal e agora tornadas en algo semellante a un coiro vello, sen rastro do que foran cando, áxiles, se dedicaban a tecer e destecer, sempre incansábeis” (Rubén Anido) BLANCO, Isabel, Galegas nas artes, (ilustracións de María Lapido), Belagua, 2022, 52 pp. “No mundo da arte, as mulleres viviron durante séculos silenciadas e ignoradas. Ata finais do século XIX as mulleres artistas só foron aceptadas como artesás, un status social afastado do recoñecemento público, do prestixio e da Academia, á que non accederon ata case principios do século XX. Tratábase de fillas ou irmás de pintores e escultores, que aprendían con eles nos talleres familiares. Só se pertencían ás clases máis adiñeiradas, as mulleres con inquietudes artísticas tiñan como mestres a artistas varóns consagrados e chegaron a ter éxito como damas da Corte con recoñecemento internacional. De calquera xeito, a dependencia dos homes por parte das mulleres artistas era absoluta... neste libro... percorremos as rutas biográficas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais (fotógrafas, pintoras e escultoras) nacidas entre o final do século XIX e a metade do século XX, cuxos recoñecementos —cando os houbo— chegaron en moitas ocasións tarde, e sempre detrás dos recibidos polos artistas varóns” (Isabel Blanco)

CAJARAVILLE, Héctor, Francisco Fernández del Riego. O legado silanderio, Xerais, 2022, 88 pp. As vésperas do ano cuxo día das Letras lle adicaremos é un bo momento para introducirnos na vida e obra de don Paco, un dos principais dinamizadores do galeguismo cultural, un home comprometido coa recuperación do status do galego como lingua de cultura, unha ponte entre o galeguismo do exilio exterior e interior e as novas xeracións de galeguistas e un dos promotores do día das Letras como data de homenaxe a nosa cultura.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.