Biblioxornal 67

Page 1

Número 67

Verán 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Falamos de vacacións, falamos de lecturas estivais Remata outro curso máis. Sexan benvidas as vacacións!, un bo tempo para deleitarnos coa lectura sen abafos; unha época para ler porque si, porque nos gusta, porque nos peta e queremos e danos a gana, porque nos sae de dentro (como diría Celso Emilio) Se xa tes seleccionadas as túas lecturas, adiante! Se andas a busca delas, dende a biblioteca ofertámosche esta pequena guía, escolle nela, tes distintas posibilidades. Mais no só falamos de lecturas, falamos tamén de descanso, por tanto: para tod@s (lector@s e non lector@s) que gocedes dun merecido ocio para volver en setembro pletóric@s de saúde e forza! Boas lecturas e bo verán! AVENDAÑO, Alberto, Maasai, Galaxia, Vigo, 2022, 138 pp. Unha novela chea de aventuras baseada na vida de Laibon Mbatian, un dos míticos líderes espirituais do pobo Maasai. Un libro no que a beleza da sabana do leste africano contrasta cos sentimentos e a sabedoría duns personaxes que envían mensaxes eternas e necesarias. Parte do aquí narrado escoitouno o autor en Mombasa a mediados dos anos oitenta do século pasado. BARRAL PRECEDO, Miguel, Que la ciencia te acompañe. Diálogos de películas con errores científicos, Universidade de A Coruña, A Coruña, 2022, 216 pp. Se nos fiamos do cine, o noso planeta e en particular a especie humana atópanse permanentemente ao bordo da apocalipse, baixo a ameaza dunha infinidade de catástrofes en grao sumo variadas: asteroides, pandemias, terremotos, pragas… Sorte que aínda hai guionistas que se empeñan en que estas sexan unha ameaza pantasma. Coñece corenta e oito gazapos de contido científico descubertos en algunhas películas tanto clásicas como recentes. BARRAL SÁNCHEZ, José G., Cruzados polo camiño, Galaxia, Vigo, 2022, 386 pp. Cando remata 2010 comeza a estenderse en medios eclesiásticos o presentimento de que, na súa visita a Compostela, a seguridade do papa Bieito XVI podería perigar. Así iníciase unha frenética pescuda de sospeitas e indicios onde personaxes singulares conflúen para dar coa suposta maquinación. A novela traslada ao lector, sen renunciar á mordacidade, a lugares senlleiros da ruta xacobea, dando pé a un relato que entretece a arte, o ocultismo e a figura do apóstolo nunha desenfreada carreira contra as conxuras e o tempo.

BLAS, Javier e FARCHY, Jack, El mundo está en venta: La cara oculta del negocio de las materias primas, Península, 2022, 528 pp. Os autores sacan á luz un dos aspectos menos coñecidos da globalización: as actividades das empresas que compran, acumulan e venden os recursos do planeta e que moven un terzo da economía global: proporciónannos o café que bebemos, os metais cos que se fabrican os nosos teléfonos e a gasolina dos coches que conducimos e, con todo, poucas veces sabemos quen son, así como de onde proceden esas materias primas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.