Número 11
B
VERÁN 2022
I.E.S. “San Paio” — Tui
O
L
E
T
Í
N
D
O
E
Q
U
I
P
O
D
A
O ACONTECEMENTO
B
I
B
L
I
O
T
E
C
A
(Audrey Diwan,
Francia, 2021, 100´) Baseada na novela homónima de Annie Ernaux (Tusquets Editores, Barcelona, 2019, 128 pp.) Na Francia de 1963 Anne, unha nova e brillante estudante cun futuro prometedor, descobre que está embarazada. Da noite para a mañá ve truncada a oportunidade de terminar os seus estudos e fuxir das asfixiantes restricións da súa contorna. Cos exames finais achegándose e un ventre que non para de crecer, Anne decide actuar, mesmo se supón confrontar a vergoña, a dor e ata ir ao cárcere por iso.
ALCARRÀS (Carla Simón, España, 2022, 120´)
Todos os veráns no pobo catalán de Alcarrás a colleita de pexegos é abondosa. Mais para a familia Solé as cousas cambiaron este ano. Un día, os integrantes desta familia espértanse para descubrir que algúns tractores están a arrincar as súas árbores. Tras a partida do patriarca da familia, o acordo que tiña co antigo propietario da terra podería estar desactualizado. Diante desta ameaza, tanto os nenos como os adultos Solé reuniranse para cultivar os seus pexegos por última vez.
ANIMAIS FANTÁSTICOS: OS SEGREDOS DE DUMBLEDORE (David Yates, Gran Bretaña, 2022, 142´) O profesor Dumbledore sabe que o poderoso bruxo Gellert Grindelwald está a facer plans para apoderarse do mundo máxico. Incapaz de detelo el só, confía no Magizoólogo Newt Scamander para dirixir un intrépido equipo de bruxos, bruxas e o valente panadeiro Muggle nunha misión perigosa, onde atopan antigos e novos animais e enfróntanse a unha lexión cada vez máis numerosa de seguidores de Grindelwald.