HISTORIA DO PRESENTE
PENSAMENTO ECONÓMICO NO SÉCULO XVIII
HISTORIA DO PRESENTE TEXTOS SOBRE O NOVO PENSAMENTO ECONÓMICO NO SÉCULO XVIII. IDEAS BÁSICAS 1. “III. Que o goberno e a nación non perdan nunca de vista que a terra é a única forma de riqueza e que é a agricultura a que a multiplica. Porque o aumento de riqueza asegura o da poboación; os homes e a riqueza fan prosperar a agricultura, atendendo ó comercio, animando a industria, aumentando e perpetuando a riqueza... IV. Que a propiedade dos bens raíces e a riqueza mobiliaria sexan aseguradas a aqueles que sexan os seus lexítimos posuidores; porque a seguridade da propiedade é o fundamento esencial da orde económica da sociedade. Sen a certeza da propiedade, a terra quedaría inculta... IX. Que unha nación que teña un gran territorio para cultivar e a posibilidade de exercer un gran comercio de mercadorías en bruto, non confíe demasiado no emprego dos cartos e dos homes nas manufacturas e no comercio de luxo, en perxuizo dos traballos e gastos da agricultura... XXV. Que se manteña a máis total libertade de comercio, porque a política máis segura de comercio interior e exterior, a máis exacta, a máis proveitosa á nación e ó Estado consiste na plena libertade de concurrencia...” F. Quesnay. Táboa económica, 1758.
Quesnay defende: a. A base da riqueza é a agricultura. b. O respeto da propiedade privada e particular, un dos dereitos do individuo que xa fora enunciado por Locke a finais do século XVII. c. A expansión das terras cultivadas e colonización doutras novas, co obxecto de incrementar a produtividade e produción da agricultura. d. A libertade de comercio e o librecambismo (aspecto no que coincidirá co liberalismo económico de Adam Smith).
HISTORIA DO PRESENTE 2. “Cada individuo en particular pon todo o seu coidado en buscar o medio máis oportuno de empregar con meirande vantaxe o capital do que poida dispor. O que desde logo se propón é o seu propio interese, non o da sociedade en común; mais eses mesmos esforzos cara á súa propia vantaxe inclínano a preferir, sen premeditación súa, o emprego máis útil á sociedade como tal. (…) Nengún polo xeral se propón primariamente promover o interese público, e acaso nin coñece como o fomenta cando non o pensa fomentar. Cando prefire a industria doméstica á industria estranxeira só medita na súa propia seguridade; e cando dirixe a primeira de xeito que o seu produto sexa o de maior valor que poida, só pensa na súa ganancia propia; mais neste e en moitos outros casos é conducido como por unha man invisible a promover un fin que nunca tivo parte na súa intención.” Adam Smith. A riqueza das nacións. 1776.
Adam Smith defende: a. A base da riqueza é o capital. b. O egoísmo individual (individualismo) e a busca do propio beneficio están na base da economía capitalista. c. Débese promover o librecambismo para incrementar a riqueza das nacións (iso derivará na idea da “vantaxe comparativa” e especialización produtiva que propón Ricardo). d. Unha man invisible regula o funcionamento da economía de mercado; polo tanto, o Estado non debe intervir na regulación da economía.
HISTORIA DO PRESENTE RECAPITULANDO...
Fonte:
http://raulrv.blogspot.com.es/2009/09/la-ilustracion.html
E tam茅n para ollar: Video Del mercantilismo al liberalismo econ贸mico: https://www.youtube.com/watch?v=Xlfeg4KmFkw