Vivía na terra unha princesa chamada Psique. Era moi fermosa, pero non conseguía atopar o amor. A deusa Venus, celosa da súa beleza, pediulle a Cupido que fixera que se namorase do home máis malvado e feo do mundo. Cupido aceptou o encargo, pero, cando estaba a piques de dispararlle unha das súas
frechas,
pasou
algo
inesperado:
nada máis vela, namorouse. Por arte de maxia, Cupido levou a Psique a un afastado castelo. Psique, ao oír a súa doce voz non sentiu temor e tamén se namorou del. Ó fin casáronse. Pero a deusa Venus, furiosa, impúxolles unha
condición:
Psique
non
podería
mirar nunca a Cupido. Durante un tempo, os dous foron moi felices, ata que un día, convencida polas súas envexosas irmás, Psique incumpriu a condición e mirou a Cupido. Traizoado, Cupido díxolle que o amor non pode vivir sen confianza e foise. Arrepentida, a princesa recorreu o mundo buscando ao seu amado. A deusa Venus púxolle moitos desafíos perigosos e difíciles para impedir que atopara a Cupido. Despois de moito tempo, Venus encargoulle unha tarefa a cambio de levala ata Cupido: debía levar unha caixa ao Inframundo, pero non debía mirar o que había dentro. Psique emprendeu a viaxe, pero venceuna a curiosidade e mirou dentro da misteriosa caixa. Nada máis abrila, caeu nun profundo sono. Así foi como a atopou Cupido quen, cos seus poderes, sacoulle o sono mortal e meteuno de novo na caixa. Ó ver o moito que se querían, Venus perdoou a Psique e converteuna nunha deusa. Felizmente Cupido e Psique puideron estar xuntos para sempre.
CEIP A.D.R. Castelao
Equipo de Biblioteca e EDLG
ACTIVIDADES SOBRE A LECTURA
Que lle encargou Venus a Cupido? ……………………………………………………………………………………………………………. Por que Cupido non cumpriu o encargo? ……………………………………………………………………………………………………………. Cal era a condición que Psique debía cumprir para estar con Cupido? ……………………………………………………………………………………………………………. Que lle dixo Cupido a Psique ao sentirse traizoado? ……………………………………………………………………………………………………………. Que tarefa lle encomendou Venus a Psique a cambio de levala ata Cupido? ……………………………………………………………………………………………………………. Busca na lectura tres substantivos propios. ……………………………
…………………………………
………………………………..
Busca na lectura tres adxectivos. …………………………....
…………………………………
………………………………….
Psique era unha princesa moi fermosa. Descríbea e debúxaa. …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… …………………………………………………………………………………………………………… CEIP A.D.R. Castelao
Equipo de Biblioteca e EDLG