Peito de lobo

Page 1


AĂ­nda era eu estudante cando se me ocorreu facer un cabezudo, e como aos mozos todo lle resulta ledo, busquei o tipo mĂĄis feo da vila para que todos os veciĂąos escachasen coa risa, sen darme conta de que era o meu amigo.


Traballei moito para rematar a obra, da que xa se falaba na vila pola miĂąa sona de maĂąoso, e estaba anunciado no programa das festas.


Un fogueteiro levaba un feixe de foguetes e sopraba na mecha mentres esperaba a primeira badalada das doce.


De sĂşpeto, soou a

primeira badalada, estalaron os foguetes e unha ben afinada banda comezou a tocar.


A cousa xa non tiña remedio. Saíu o meu cabezudo e no mesmo intre a xente escachou a rir:

-É Peito de Lobo! É Peito de Lobo!


Entón, dun recuncho da praza apareceu Peito de Lobo. Quería esnaquizarnos: ao cabezudo e máis a min.


Co medo que papei non puiden gorentar o carneiro da festa. Era moito home para min, , que xa me sentĂ­a esfrangullado nas sĂşas poutas de ferro.


Contaban que unha vez Peito de Lobo, querendo botar o barco ao mar, afundiulle o costal co lombo .


No remate da comida, apareceu a muller de Peito de Lobo: -Véñolle dicir que se garde do meu home! O pobre non fai mais que dicir: “As espullas heillas de dar eu a el!”, porque o que máis o amolou foi que lle imitase as espullas do nariz.


Aquela mesma tarde limpei de espullas o nariz do cabezudo.


Peito de Lobo, preso na casa por medo de matar a un home, deitouse cedo, escoitando o son esvaĂ­do da mĂşsica e dos foguetes.


Pasaron meses, e un bo dĂ­a atopeime con Peito de Lobo no peirĂĄn da ribeira. En canto me viu, virouse de costas ollando o mar. Pensando que xa non me querĂ­a pegar, arrisqueime a falarlle. Despois de moita leria, quedamos como amigos.


No segundo ano, Peito de Lobo ata bailou co cabezudo nas festas e dáballe bicos e apertas, e chamáballe “meu irmanciño”.


No terceiro ano saĂ­u o cabezudo con espullas no nariz, cousa que me mandou facer o mesmo Peito de Lobo. Dende entĂłn o meu amigo considerouse un pouco inmortalizado.


Fuxiron os anos e fuxiron as sardiĂąas para os xeiteiros. Peito de Lobo envelleceu de tempo e de fame.


As festas viñeron a menos, como os quiñóns dos mariñeiros; mais o cabezudo aínda saía, un pouco estragado polo trato que lle daba o sancristán.


Fai dous anos estaba un forasteiro ollando o cabezudo e, Peito de Lobo achegouse a el paseniñamente e, dándolle co cóbado díxolle quediño na súa orella: -O cabezudo son eu.

Peito de Lobo ollaba no cabezudo a súa fortaleza pasada, a súa esvaída popularidade. O cabezudo non volveu saír.


O ano derradeiro pasei diante da casa de Peito de Lobo. Que tristura me dou! Estaba no balcรณn sentado.


Saudeino con agarimo e díxome a súa muller con bágoas nos ollos: -Alá se foi o cabezudo, señor!


Adaptaciรณn do relato Peito de Lobo de Castelao, recollido no libro Retrincos .

Ilustrado polos nenos e nenas de 2ยบA. Curso 2017/2018



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.