Xa a finais do curso 2015/16, o noso colexio
decidiu
solicitar
a
participación nun proxecto piloto relacionado coa robótica. Fomos seleccionados, xunto con outros 20 centros educativos de Galicia, para poñer en marcha o Proxecto Escornabots e a biblioteca escolar. Así, coa intención de fomentar as alfabetizacións múltiples, o curso pasado comezamos a traballar cos Escornabots, recurso que tivo unha boa acollida entre o alumnado. Aceptada a nosa continuidade no proxecto en base ao traballo realizado, de cara ao presente curso, dende Bibliotecas Escolares enviáronnos unha impresora 3D . A que a continuación presentamos é unha mostra do traballo realizado. Todos os obxectos gardan relación co tema do proxecto no que o colexio leva traballando todo o curso, Rianxo.
Pezas para construír un novo Escornabot. Os primeiros pasos coa impresora 3D. Estes son algúns obxectos de proba.
Cana de pescar feita peza a peza coa impresora 3D.
Á esquerda, escudos de Rianxo inspirados nos debuxados por Castelao. Baixo estas liñas, fichas dun xogo sobre Rianxo que representan produtos da ría.
Xoubiñas da ría inspiradas na mascota da biblioteca do colexio, a Xoubiña Castelao. Á dereita, un deseño libre do Castelo da Lúa.
Mapa crebacabezas das parroquias de Rianxo.
Trasno da portada do libro de R. Dieste Dos
Manuel Antonio e as estrelas, sempre presentes nos
arquivos do trasno.
seus poemas.
Silueta da caricatura de Castelao.
Obxectos inspirados no relato de Rafael Dieste De cรณmo veu a Rianxo unha balea.
Chaves para Abrir Rianxo ao
mundo, título do proxecto e letras do nome de Rianxo.
Construcións tradicionais: muíño, lavadoiro e ponte. Tamén landras, froitos de árbores autóctonas. Batea con 180 mexillóns.