Este era o xastre de Santa Claus, que tiña por costume coser sempre ao pé dunha gran árbore de Nadal. Aló pola tardiña doulle a fame e decidiu merendar un pouco de turrón, algúns polvoróns e uns cantos mazapáns. Había tanto, que aínda ía na metade e xa estaba farto. - Estes polvoróns que quedan comereinos máis tarde – murmurou o xastre. E deixounos riba da mesa. O recendo dos doces atraía ás moscas e, ó pouco, xa había un bo fato delas revoando arredor dos mazapáns. - Eh!, quen vos convidou a esta merenda? – dixo o xastre, mentres as escorrentaba. E nisto as moscas fuxiron pola fiestra. Pero non todas, sete delas quedaron espachurradas en riba da mesa. - Que fazaña fixen! – dixo o xastre moi fachendoso polo que tiña feito – Isto hase coñecer en todas partes. E colleu de contado unha cincha da árbore de Nadal e escribiu nela :”SETE DUNHA VEZ”. Despois atouno á cintura de xeito que se puidesen ler tódalas letras, e saíu pregoala súa valentía. A súa única equipaxe era un saco como o que utiliza Santa Claus para transportalos regalos cun anaco de queixo de cabra. Ó saír da vila viu un gorrión atrapado entre adornos navideños, e meteuno dentro do saco para que lle fixese compaña ó queixo. Anda que anda chegou ata un outeiro onde un xigante estaba tomando o fresco. Achegouse sen medo e díxolle: - Bo Nadal, xefe!, queredes vir comigo facer fortuna? O xigante mirouno con desprezo e díxolle: - Contigo?Non es máis ca un miserable anano! - Iso é o que credes, non?- respondeu o xastre.- Lede, lede isto e decatarédesvos de que casta de home son eu. Cando o xigante viu SETE DUNHA VEZ, pensou que quería dicir homes, e xa empezou a mirar con respecto ó xastre. Pero primeiro quixo poñelo a proba. Agarrou unha pedra coa man e apretouna ata que a converteu en area, que lle caía por entre os dedos. - A ver se o podes facer ti? – díxolle o xigantón. - Só iso? – contestou o xastre. Iso fágoo eu coma se nada, oh! E mentres o dicía colleu o queixo do saco e apretouno ata sacarlle o soro. - Qué vos parece? – díxolle.
Aínda non lle chegara esta proba ó xigante e colleu unha pedra e, lanzouna con tanta forza que case non se viu. - Agora ti. - Aínda tedes forza. Pero vexo que a pedra caeu ó chan. Eu lanzoa asubiando e ademais non deixo que a pedra volva caer. E mentres o dicía colleu o gorrión do saco e ceibouno. - Qué vos pareceu? - Si, non o fas mal. Pero Quero ver se tes forza para axudarme a arrastrar esta árbore de Nadal que está no chan. - Moi ben – dixo o xastre. – Collédeo vós polo toro eu agarrareino polas pólas que pesan máis. - Isto fago eu cun dedo oh! O xigante cargou co toro ó lombo, pero como non podía mirar para atrás, non se decataba de que o xastre ía sentado nunca póla enredando cos adornos navideños. De alí a un pouco o xigante estaba cansísimo. - Non podo máis – dixo o homazo, mentres o xastre saltaba ao chan e se agarraba ás pólas como se as estivese cargando. - Tan grandón e non sodes capaz de erguer unha árbore! – dixo o xastre. O xigante impresionado pola forza do seu compañeiro decidiu non se meter máis con el e marchou celebrar o seu Nadal a outras terras. O xastre camiñou e camiñou dun lado a outro. E camiñando, un día chegou a un pazo grandísimo, cheo de luces de cores, engalanado con fermosísimas guirnaldas e cun abeto no xardín ao que soamente lle faltaba a estrela da punta, o máis importante dos adornos. Tódolos anos ao chegar o Nadal, dous bravos xigantóns roubaban a estrela co único fin de augalas festas ós veciños do pazo. Cando os porteiros viron chegar ao xastre con aquel impresionante rótulo, SETE DUNHA VEZ, foron ó rei para dicirllo: - Un home coma este tería que ser dos nosos. –respondeu o rei.- Dicídelle que temos un sitio para el no noso exército. E así foi. O xastre, que pasara toda a vida pegando mangas e cosendo pantalóns, pensou que era un bo cambio e díxolles: - ¡Ben! Dende agora podedes contar comigo. Ós demais soldados do exército real, non lles fixo graza algunha o novo compañeiro que se cargaba os homes de sete en sete. Tíñanlle medo e envexa. E foron de novo onda o rei:
-Ou el ou nós, Súa Maxestade! Debedes escoller. Non estamos dispostos a vivir cun fachendoso coma ese. O rei ficou pensativo: doíalle perder ós soldados de toda a vida e dáballe medo perder ó Valente heroe que acababa de contratar. Fíxoo chamar e preguntoulle: - Ti que es tan Valente, serás quen de recuperar a estrela que os dous xigantóns da montaña nos roubaron? - Feito! Pero, con que ides pagarme? O rei para animalo a dicir que si, contestoulle: - Serás o noso convidado de honra, na cea de Noiteboa. - Pois xa podedes empezar a cociñar. E marchou cara á montaña. Nada máis chegar á montaña, viu ós dous xigantes botando unha sesta á sonbra dunha árbore. Colleu unha boa presa de pedras e puxo mans á obra. Primeiro ceibou unha pedra xusto na metade do peito dun deles. Deu volta o xigante cara ó outro grandullón: - Por qué me zurras? - Eu? Se estou durmindo, cómo ía pegarche? – berrou o outro. E volveron durmir. O xastre tiroulle unhas cantas pedras ó outro xigante. - Por qué me tiras pedras? – preguntou. - Veña oh!, soñaríalo. Tiñan tanto sono que volveron durmir. Entón o xastre escolleu a pedra máis grande que tiña e deu con ela no ollo do primeiro xigante. - Basta xa de lerias! Hasmas pagar! E enguedelláronse nunca liorta tremenda. Foi tan grande a loita que ó pouco cada xigante emprendeu o seu camiño para nunca máis volver. - Xa está! – dixo o xastre baixando da árbore e apurándose a coller a estrela. Logo, sen perder tempo marchou cara ó pazo. Alí recibírono
entre vítores e
aplausos. Todos xuntos gozaron dunha gran festa, na que os polvoróns e os mazapáns se degustaron a ritmo de alegres panxoliñas.