RECEITA: COCIDO (2) INGREDIENTES: • Chourizos • Grelos • Patacas • Cacheira • Garavanzos
ELABORACIÓN: Cocer nunha pota a cacheira e os chourizos. Cando están cocidos sácanse e cócense na auga os grelos e mailas patacas. Sérvense os grelos, as patacas e os garavanzos nunca fonte; a carne e mailos chourizos noutra.
POR: ALBA PÉREZ VILA
C RECEITA: COCIDO (3)
INGREDIENTES: • Patacas cocidas • Xamón salgado de porco • Costela salgada • Carne de bitela • Chourizos • Grelos As cantidades dependerán do nº de comensais.
ELABORACIÓN: Nunha pota o suficientemente grande colocamos a carne (a salgada previamente desalgada) e cubrímola con auga. Poñemos a pota ao lume ata que estea próximo a ferver. Mentras tanto pelamos as patacas, lavamos os grelos e engadímolos á pota onde coce a carne, xunto cos chourizos. Cando todo estea no punto, escoamos a auga da pota e serviremos a carne nunha fonte e as patacas xunto cos grelos noutra.
POR: Iria Pico Picos
RECEITA: COCIDO INGREDIENTES: • 1 lacón • 5 chourizos • Metade dunha cachola • 1 xarrete • 1 costela • Grelos • Patacas
ELABORACIÓN: Cócese o lacón, os chourizos, a cachola, o xarrete e a costela. Cando vaia case cocido, bótanse os grelos e as patacas e déíxanse cocer durante unha hora máis aproximadamente. Finalmente escóase todo e a comer en quente.
POR: FAMILIA DE ANTÍA LÓPEZ SOUTO
RECEITA: CROQUETAS DE GRELOS INGREDIENTES: • Grelos • 200 gr de manteiga • Leite • 1 pastilla de Avecrem • Fariña • Noz moscada • Sal
ELABORACIÓN: Cocer os grelos e cortalos en anacos pequenos. Mesturalos coa manteiga previamente derretida. Engadir o leite e deixar ferver a lume lento botándolle o sal, o Avecrem e a noz moscada. Cando ferva vaise incorporando a fariña ata que espese. Logo retírase do lume deixando que enfrie. Por último rebózase en pan raiado e ovo e pásase pola tixola.
POR: FAMILIA DE SANDRA VÁZQUEZ CALVO
C RECEITA: FIGADO E TOUCIÑO
INGREDIENTES: • 1 dente de allo • 250 gr de fígado de año • 2 culleradas de fariña • Un pouco de aceite de oliva • 2 follas de loureiro • Sal, pementa negra, pirixel • 5 laxas de touciño
ELABORACIÓN: 1. Picar o pirixel. 2. Cortar as laxas de touciño en cuartos. Pelar o allo e picar fino. 3. Cortar o fígado en laxas e enfariñalas coa fariña mesturada co sal e a pementa. 4. Poñer nunha tixola o aceite e fritir o touciño co allo e o loureiro, ata que estea feito. 5. Fritir o fígado. Servilo todo xunto.
POR: GEOFFEY THOMAS
RECEITA: FILLOAS DE ANÍS INGREDIENTES: • 6 ovos • 24 culleradas de fariña • 1 vaso de anís • 1 vaso de auga • 1 ½ de leite • 250 ml de nata • Un pouco de touciño
ELABORACIÓN: Mestúranse os ovos batidos co anís, a auga, o leite e a nata. A continuación vaise engadindo pouco a pouco a fariña, remexendo continuamente coas barillas ou o batedor, a pouca velocidade, ata que a masa teña unha consistencia suave. Co touciño úntase a tixola ou a freixoeira e bótase unha pouca masa, de xeito que quede o máis fina posible. Esperar a que se faga por un lado e darlle a volta para que se faga polo outro. É preciso untar a tixola ou a freixoeira para facer cada filloa.
POR: FERNANDO MEIZOSO TEMBRÁS (pai de Galaaz Meizoso Antón)
C RECEITA: FILLOAS SALGADAS
INGREDIENTES: • Osos de porco • Fariña (1 quilo) • 6 ovos • Touciño
ELABORACIÓN: Cocer os ósos en auga abundante ata que quede sobre un litro e medio de caldo limpo. Engadir a fariña e remexer ben. Engadir os ovos e bater outro pouco ata que quede unha masa lixeira, parecida a unha sopa (amoado). Engraxar a freixoeira ou tixola co touciño, coller un cullerón de servir de amoado e vertelo na freixoeira, de maneira que cubra toda a superficie. Esperar a que estea cocido (despegarase polas beiras) e darlle a volta para facelo polo outro lado. Pasar as filloas, unha vez feitas, a un pano, ata que perdan a calor. Pódense rechear de nata, crema, chocolate, verduras ...
POR: Pilar Barros Cabarcos (tía de L. Martín Calvo Barros)
RECEITA: FILLOAS INGREDIENTES: • 2 ovos • 5 culleradiñas de sal • 1 taza de leite • Medio vaso de anís • Raiadura de limón • Fariña • Azucre
ELABORACIÓN: Verter nun bol os ovos, a fariña, o sal, o leite, o anís, o limón e mesturalo todo ben. Nunha tixola pequena poñer un pouco de aceite, quentalo ben e verter un pouco de masa, estendéndoa ben. Cando empece a callar, darlle a volta; unha vez feita pasala a un prato e botarlle azucre.
POR: FAMILIA DE AARÓN TENREIRO SELMA
RECEITA: FLORES (2) INGREDIENTES: • Ovos • Fariña • Anís • Levadura • Leite • Azucre • Aceite
ELABORACIÓN: Primeiro batimos os ovos para de seguido mesturalos ben coa fariña. Cando xa está feito este labor engadimos o resto dos ingredientes, remexendo de novo ata crear unha boa pasta. Precisamos dun molde con forma de flor, que mollaremos coa masa creada e despois encheremos sen que o recheo pase por riba do molde. En aceite ben quente frítense ata que collan cor. Cando as tiremos para un prato botámoslle azucre.
POR: KEVIN ORDÓÑEZ RODRÍGUEZ
RECEITA: FLORES DO ENTROIDO INGREDIENTES: • 300 gr de fariña • 500 ml de leite • 3 ovos • 1 copa de anís • Ralladura de dous limóns • Un chisco de sal • 1 culleradiña de azucre • Aceite para fritir • Azucre para esparexer por riba
ELABORACIÓN: Nun bol batir os ovos. Engadir o leite, a fariña, o sal, o azucre e batir todo (pódese usar a batidora para que non faga gromos). Vaise quentando o aceite nunha tixola fonda. Introdúcese o molde para que colla temperatura (ten que estar cuberto polo aceite). Logo métese o molde na masa pero non de todo para que a flor non se pegue. Cando a flor está na tixola, deixar que se dore, darlle a volta, deixar que se dore, sacala e escoala, colocándoa nunha bandexa con papel absorbente. Logo esparexerlle o azucre por riba. Entre flor e flor o molde ten que estar na tixola. Con esta cantidade saen unhas 45 flores.
POR: Mª JOSÉ PORTA MIRAD
RECEITA: FLORES INGREDIENTES: • 4 ovos • 1 litro de leite • Raiadura de limón • Fariña
ELABORACIÓN: Bater os ovos, o leite e a raiadura de limón. Ir botando a fariña pouco a pouco ata que se forme unha masa parecida á dos freixós. Deixar repousar durante dúas horas. Coller un cazo, quentar moito o aceite e meter dentro o ferro con forma de flor para que se quente. Nunha tixola ter abundante aceite para fritir. Meter o ferro quente na masa e fritila na tixola. Sacar o ferro e volver repetir a operación ata rematar a masa. Finalmente cubrir con po de azucre por riba.
POR: FAMILIA DE MARCOS PENABAD SOTO
RECEITA: FREIXÓS INGREDIENTES: • Leite • Ovos • Fariña • Anís • Un chisco de sal
ELABORACIÓN: Nun recipiente fondo bótase o leite, os ovos o anís, sal e despois vaise engadindo a fariña ata que vexamos que espesa ao noso gusto. Nunha filloeira ou tixola untada con touciño imos botando unha cullerada do amoado; cando estea callado dámoslle volta.
POR: ANA PAZ REDONDO
RECEITA: FREIXÓS (3) INGREDIENTES: • 6 ovos • 21 culleradas de fariña • 4 vasos de leite • 1 vaso de anís • 1 vaso de azucre • Aceite • Touciño
ELABORACIÓN: Nun recipiente bótanse todos os ingredientes agás o touciño e bátense ben coa batidora. Despois ponse unha freixoeira ao lume e úntase cun cacho de touciño; unha vez quente, cun cazo imos botando a mestura, deixando que se faga, dámoslle a volta, deixamos outro pouco e retiramos da freixoeira.
POR: JUAN VILAR GABEIRAS
RECEITA: FREIXÓS SALGADOS INGREDIENTES: • 1 ½ ou 2 l de caldo de carne e auga • 1 Kg de fariña • 6 ovos • Touciño • Sal
ELABORACIÓN: Bater os ovos e colalos, engadir o caldo e a fariña e bater ata que non queden grumos, probando se ten sal suficiente. Untar a tixola ou a pedra co touciño e ir botando a masa para facer os freixós. Esperar a que se faga o freixó por un lado e darlle a volta para que se faga polo outro.
POR: JACOBO BALSEIRO NAVEIRAS
RECEITA: FREIXÓS INGREDIENTES: • 1 litro de leite • 1 litro de auga • ½ litro de anís • 6 ovos • 1 kg fariña • Azucre • Sal
ELABORACIÓN: Férvese o leite e engadeselle o litro de auga. Bátense os ovos e mestúranse coa auga e co leite. Botaselle o azucre, o anís, o sal e por último a fariña. Reméxese ben ata que quede a fariña ben desfeita. Ponse unha freixoeira no lume, déíxase quecer e cun cullerón vaise botando a masa, estendéndoa ben. Cando se supoña que está, dáselle a volta e así ata acabar a masa.
POR: FAMILIAS DE ANTÍA LÓPEZ SOUTO E DE LUCAS VILARIÑO GARCÍA
RECEITA: LACÓN CON GRELOS GALEGO INGREDIENTES: • 1 Kg de lacón salgado, de calidade. • 4 chourizos. • 2 patacas grandes. • 2 mandas de grelos.
ELABORACIÓN: Desalgar o lacón deixándoo en auga 48 horas e cambiándolle a auga cada 6 horas. Poñer a cocer en abundante auga, con pouco lume, durante 3 horas aproximadamente. Cando case estea cocido o lacón, engádense os chourizos e os grelos. E cando os grelos estean a media cocción, bótanse as patacas. Sérvense o lacón e os chourizos nunha fonte e os grelos e as patacas noutra. Opcionalmente podemos engadir un chorriño de aceite de oliva sobre as verduras.
POR: SERGIO OTERO RODEIRO
C RECEITA: LACÓN CON GRELOS
INGREDIENTES: • Lacón • Cachucha de porco, rabo e orella • Chourizos • Xarrete de vaca • Grelos • Patacas
ELABORACIÓN: Ponse a cocer a carne. Unha vez cocida, quítase para unha fonte. No caldo que queda na pota, cócense os grelos, as patacas e os chourizos. Unha vez no punto, escóanse e sírvense acompañados da carne e os chourizos.
POR: Marisa Alonso (avoa de Noelia Fornos Pico)
RECEITA: LEITE FRITIDO (2) INGREDIENTES: • 1 litro de leite • 3 ovos • 150 gr de azucre • 50 gr de fariña • 50 gr de maicena • Casca de limón • Canela en rama
ELABORACIÓN: Ferver o leite coa casca de limón e a canela en rama. Aparte mesturar as iemas, o azucre, a fariña e a maicena formando unha pasta. Engadir o leite pouco a pouco poñendo no lume a ferver ata que espese. Retirar do lume e poñer a crema nun molde engraxado ata que enfrie e se poña duro. Cando estea lista, cortala en triángulos, pasala pola fariña e ovo e fritila. Pódese cubrir con po de azucre moído ou con canela.
POR: FAMILIA DE JOSÉ SABÍN GÓMEZ
RECEITA: LEITE FRITIDO (3) INGREDIENTES: • 6 ovos • 60 gr de maicena • 60 gr de fariña • 120 gr de azucre • 1 culleradiña de esencia de vainilla • 1 noz de manteiga • ½ l de leite PARA DECORAR • 1 culleradiña de canela en pó • 100 gr de azucre moído
ELABORACIÓN: Ponse a ferver o leite nun cazo. Noutro cazo póñense os ovos batidos, o azucre e a vainilla. Engádese a fariña, a maicena e mestúrase todo moi ben. A continuación, sen deixar de remexer, bótase o leite fervendo e déixase cocer uns 5 minutos. A crema debe quedar moi espesa; se non é asi, desfaise máis maicena en leite e vaise agregando pouco a pouco ata conseguir o espesor axeitado. Pásase a crema por un colador grande para que non leve gromos. Úntase unha fonte do forno cun pouco de manteiga e vértese a mestura ata que calle ben. Córtase en porcións e desmóldase. As porcións pásanse por fariña e ovo batido, rebózanse ben por ambas caras e frítense. Cando estean douradas sérvense nunca fonte; despois esparexelas con azucre e canela.
POR: Mª JOSÉ PORTA MIRAD
RECEITA: LEITE FRITIDO INGREDIENTES: • 6 ovos • 60 gr de maicena • 60 gr de fariña • 120 gr de azucre • 1 culleriña de vainilla • ½ litro de leite • Manteiga
ELABORACIÓN: Nun cazo ponse o leite a ferver. Noutro cazo póñense os ovos batidos, o azucre e a vainilla. Logo engádese a fariña, a maicena e mestúrase todo moi ben. Engádese o leite fervido e sen deixar de bater, cócese cinco minutos máis. Ten que quedar una crema moi espesa. Logo úntase unha fonte con manteiga e vértese nela a mestura ata que calle. Cando estea callada, córtanse as porcións e desmóldase. Cada porción pásase por fariña e ovo e frítese nunha tixola. Cando estean douradas sírvense nunha fonte con azucre e canela por riba.
POR: FAMILIA DE ÁNGELA PAZ PAZ
RECEITA: MARRUCHOS INGREDIENTES: • 2 ovos • 2 vasos de auga • 1 vaso de leite • 1 cullerada de aceite por ovo • Un pouco de sal • Raspas de limón • Canela, anís e fariña • Unto
ELABORACIÓN: Poñemos todos os ingredientes nun bol e amasamos coa axuda dunha batedora ata conseguir unha masa lixeira que deberemos deixar repousar un mínimo de dúas horas. Transcurrido este tempo, poñeremos una tixola ao lume para que se quente. A continuación botámoslle un pouco de unto no fondo e coa axuda dun cullerón botamos unha pouca masa, que estendemos polo fondo. Cando estea feita, dámoslle volta coa axuda dun garfo. Logo, pasámola a un prato e vertémoslle por riba auga con canela. Podemos servila así ou acompañada co que nos guste: mel, xarope de chocolate, fresa, nata, etc.
POR: FAMILIA DE MICHELLE VÁZQUEZ PAREDES
RECEITA: ORELLAS (2) INGREDIENTES: • 1 Kg de fariña • 6 ovos • Raspas de limón • Anís • 1 sobre de Royal • Leite • Manteiga
ELABORACIÓN: Mesturar todos os ingredientes. Amasar todo xunto e traballar a masa coas mans. Deixar en repouso e por último estirar a masa para facer as orellas. Despois fritímolas nunha tixola co aceite ben quente. Ímolas poñendo nun prato e esparexémoslles azucre por riba.
POR: ANA PAZ REDONDO
RECEITA: ORELLAS (3) INGREDIENTES: • Fariña • 1 ovo • Aceite • 2 noces de manteiga • Un chisco de sal • Unha copa de anís • Azucre moído
ELABORACIÓN: Derreter a manteiga e engadir a fariña que admita e un pouco de sal. A continuación botar o ovo batido e a copa de anís. Mesturar todo ben e deixar arrefriar. Estirar a masa cun rolo e cortala en láminas pequechas. Fritir esas láminas en abundante aceite dándolles a forma de orella. Unha vez fritidas, esparexer con azucre moído.
POR: MANUEL ARNOSO ANCA
RECEITA: ORELLAS (4) INGREDIENTES: • 4 ovos • 2 cuncas de fariña • 2 copas de anís • 2 paquetes de levadura • 4 culleradas de manteiga • Raspas de limón
ELABORACIÓN: Amasar os ingredientes nun cunco ou na mesa. Estirar a masa cun rolo e vanse cortando, dando a feitura das orellas. Ponse unha tixola con aceite ao lume e vanse fritindo pouco a pouco. Ao sacalas botaselles azucre por riba.
POR: ALBA PÉREZ VILA
RECEITA: ORELLAS (5) INGREDIENTES: • 6 ovos • 1700 gr de fariña • 300 gr de manteiga • Un pouco de azucre • 500 ml de auga • 500 ml de anís • Levadura • Ralladura dun limón
ELABORACIÓN: Bátense os ovos. Derrétese a manteiga e engádese a auga, o anís, a raspadura de limón, os ovos xa batidos, o azucre, a fariña e unha pouca de levadura; amásase todo xunto e deixase repousar un pouco. Pártese a masa en bólas pequenas e estíranse co rolo. Frítense en aceite moi quente. Esparexer cun pouco de azucre.
POR: IRIA BOUZA SABÍN
C RECEITA: ORELLAS (6)
INGREDIENTES: • 400 gr de fariña • 1 ovo • 50 gr de manteiga • 2 culleradas de azucre • ½ vaso de anís • ½ vaso de auga morna • Un pelisco de sal
ELABORACIÓN: Disolver o azucre e o sal na auga morna. Botar a manteiga e desfacela ben. Engadir o anís e a fariña ata que estea espeso. Bater o ovo e mesturalo ben. Facer un volcán co resto da fariña, botar o contido e seguir amasando uns minutos. Debemos ter unha bola que se poda amasar coas mans e non se pegue. Cubrir a masa cun pano e deixar repousar 15 minutos no frigorífico. Estirar a masa moi fina, cortar en forma de orellas e fritir por tandas en abundante aceite.
POR: Mª Jesús Vilar (tía de Nuria Bouza Vilar)
RECEITA: ORELLAS DE ENTROIDO (4) INGREDIENTES: • 1 ovo • 200 cl de auga con sal • 1 cullerada de levadura • 100 gr de azucre • 500 gr de fariña • 100 gr de manteiga • Anís • Aceite para fritir • Un rolo de amasar
ELABORACIÓN: Mesturamos a fariña e a levadura nunca pota grande, deixando un oco no centro. Batemos os ovos co azucre e cun chorriño de anís; engadímolo á masa xunto coa auga e a manteiga. Amásase suavemente e pásase a unha mesa onde esparexer con azucre un pouco de fariña para que non se pegue; continuamos amasando ata conseguir unha masa elástica e suave, engadindo máis fariña á auga se fose preciso. Deixar repousar 20 minutos. Cortamos a masa en cachos duns 250 gr e ímolos estendendo co rolo sobre a mesa ata que queden unha tiras finas. Unha vez ben estiradas, vanse fritindo unha a unha en abundante aceite, moi quente. Colocalas nunha fonte e esparexer con azucre por riba.
POR: JACOBO BALSEIRO NAVEIRAS
RECEITA: ORELLAS DE ENTROIDO (5) INGREDIENTES: • ½ vaso de auga morna • ½ vaso de aceite de oliva • 100 gr de manteiga derretida • ½ vaso de anís • Sal • 2 ovos • Azucre • Fariña (a que admita)
ELABORACIÓN: Poñemos nunha cunca a auga, o aceite, a manteiga derretida, o sal, o anís e os ovos batidos. Engadimos a fariña, pouco a pouco, ata que se forme unha masa manexable. Poñémola na mesa e amasamos ata que non se pegue. Deixámola repousar 30 minutos. Fanse porcións do tamaño dunha noz e estiramos deixándoas moi finas. Poñemos a fritir as orellas en abundante aceite, moi quente, ata que se tosten. Retirámolas para unha fonte cuberta con papel absorbente. Esparexer con azucre. Deixamos arrefriar e servímolas.
POR: FERNANDO MEIZOSO TEMBRÁS (pai de Galaaz Meizoso Antón)
RECEITA: ORELLAS DE ENTROIDO INGREDIENTES: • 1 ovo • ½ casca de ovo de anís • ½ casca de ovo de auga • ½ casca de ovo de aceite • Raspas de limón • Un pouco de sal
ELABORACIÓN: Mesturar todos os ingredientes ata facer unha masa que traballaremos ben. Deíxámola repousar un tempo. Logo, estirámola e cortámola en tiras que fritiremos en abundante aceite quente. Finalmente botámoslle azucre con canela por riba e servimos.
POR: FAMILIA DE MICHELLE VÁZQUEZ PAREDES
RECEITA: ORELLAS DE ENTROIDO (2) INGREDIENTES: • 200 ml de auga morna • 500 gr de fariña • 50 gr de azucre • 100 gr de manteiga • 50 ml de anís • 1 ovo
ELABORACIÓN: Collemos un recipiente e poñemos a auga morna, o sal, o azucre, o anís, a metade da manteiga derretida e mesturamos todo ben. Engadimos o ovo batido, a fariña e amasamos todo. A continuación botamos a outra metade da manteiga en pedaciños e amasamos todo ata que a masa quede elástica; deixámolo repousar unha hora. Coas mans molladas en aceite, o mesmo que a mesa e o rolo, collemos pequenas porcións de masa e estendémola co rolo deixándoa fina e dándolle a forma de orella. Fritímolas na tixola con abundante aceite.
POR: OMAR PIÑEIRO CAL
RECEITA: ORELLAS DE ENTROIDO (3) INGREDIENTES: • ½ vaso de auga morna • ½ vaso de aceite de xirasol • 100 gr de manteiga derretida • Un chisco de sal • Dous ovos • Azucre • 400 gr de fariña • Esencia de anís ou rela de limón
ELABORACIÓN: Poñer nun recipiente a auga, o aceite, a manteiga derretida, o sal, unha copiña de anís e os ovos batidos. Engadimos a fariña pouco a pouco ata que se forme unha masa manexable, que non estea dura, senón que case quede pegada nos dedos. Deixar repousar unha hora. Colleremos porcións da masa do tamaño dunha noz. Teremos as mans, a mesa e o rolo mollados en aceite. Estendemos a masa e facemos triángulos Fritímolas en abundante aceite. Poñer nun prato co papel absorbente. Cando estean ben escorridas pasámolas a outra fonte e esparexer con azucre. Ao que non lle guste o anís pode empregar raspadura de limón.
POR: SERGIO OTERO RODEIRO
RECEITA: ORELLAS DE ENTROIDO (6) INGREDIENTES: • Fariña • 5 ovos • 1 cunca de leite • Unha pouca manteiga • 1 copa de anís • 1 sobre de “Royal” • Sal
ELABORACIÓN: Férvese o leite coa manteiga e o sal. Déixase arrefriar. Bátense os ovos e engádese o anís. Mestúranse todos os ingredientes e amásase coa fariña ata que non se pegue a masa aos dedos. Déixase levedar, máis ou menos unha hora. Estírase a masa (mellor cunha botella de vidro), córtase en cachiños e frítense en aceite moi quente. Esparexer con azucre.
POR: AVOA DE AROA GABEIRAS SÁNCHEZ
RECEITA: ORELLAS INGREDIENTES: • 200 ml de auga morna • 50 gr de azucre • 50 ml de anís • 100 gr de manteiga • 1 ovo • 500 gr de fariña
ELABORACIÓN: Nun recipiente vertemos a auga morna, o azucre, a metade da manteiga derretida e mesturamos ben. Logo engadimos o ovo e batemos. A continuación engadimos a fariña e amasamos; despois imos incorporando a outra metade de manteiga e continuamos amasando. Feita a masa, deixámola repousar unha hora. De seguido imos collendo porcións pequenas, que estendemos cun rodiño, deixándoa o máis fina posible. Dámoslles forma de orella e fritímolas nunha tixola. Retirámolas a unha fonte cun papel absorbente e cubrimos con po de azucre.
POR: FAMILIAS DE ÁNGELA PAZ PAZ E DE LUCAS VILARIÑO GARCÍA
RECEITA: ROLIÑOS DE GRELOS INGREDIENTES: • Grelos • Carne picada • 2 cuncas de fariña • 1 cebola • 1 tomate • ¾ dun vaso de auga • Salsa de tomate
ELABORACIÓN: Mesturamos a fariña con auga temperada, sal e deixamos repousar no frigorífico durante 30 minutos. Nunha tixola refogamos o tomate e a cebola picada. Logo engadimos os grelos cocidos e picados, salteamos e engadimos a carne picada, deixando cocer ata que estea no punto. Estendemos a masa cun rodiño, cortámola en forma de rectángulos e recheamos co contido da tixola. Presionamos os roliños polas esquinas cun garfo e fritimos. Pódense acompañar con salsa de tomate.
POR: FAMILIA DE ANDREI CANCELO BOUZA
RECEITA: ROSCAS INGREDIENTES: • 1 ovo • 1 taza de leite • ½ vaso de anís • 2 tazas de fariña • 1 sobre de levadura • ½ taza de azucre • 1 corteza de laranxa
ELABORACIÓN: Ferver o leite con medio vaso de aceite, o anís e a corteza de laranxa. Despois engadir o azucre e deixar temperar. Nun bol verter dúas tazas de fariña xunto coa levadura, o leite temperado e o ovo batido. Mesturar ben e verter máis fariña pouco a pouco ata que a masa quede ben dura. Logo coller anacos de masa dándolles forma de roscas e fritilas en abundante aceite. Unha vez colocadas nunha fonte cubrilas con po de azucre moído.
POR: FAMILIAS DE AARÓN TENREIRO SELMA E DE ANDREI CANCELO BOUZA
RECEITA: ROSQUILLAS (2) INGREDIENTES: • Fariña • 6 ovos • 250 gr azucre • 1 copa de augardente
ELABORACIÓN: Batemos as xemas do ovo co azucre e a augardente. Poñemos as claras a punto de neve e imos incorporando as xemas. Engadimos a fariña que admita e mesturamos ata que a masa teña unha consistencia para darlle forma ás rosquillas, que se friten no aceite moi quente. Esparexer con azucre.
POR: SARA BOUZA SECO
RECEITA: ROSQUILLAS DE ANÍS INGREDIENTES: • Fariña • 250 gr de azucre • Un vaso de aceite • Un vaso de augardente de anís • Canela e azucre moído
ELABORACIÓN: Mesturar o aceite, o augardente de anís e o azucre; engadir a fariña ata que a masa se solte das paredes do recipiente. Coa masa facer as roscas pequenas. Untar con aceite e fariña unha placa do forno, colocar nela as roscas, esparexer con azucre e canela e metelas no forno durante 30 minutos a 180º.
POR: MANUEL ARNOSO ANCA
RECEITA: ROSQUILLAS DE ENTROIDO INGREDIENTES: • 300 gr de fariña, aproximadamente • 2 ovos • 4 culleradas de anís • 4 culleradas de aceite • 1 culleriña de “Royal” • ½ culleriña de canela • Raspas de limón
ELABORACIÓN: Primeiro bátense os ovos co azucre. A continuación engádense o resto dos ingredientes e bátese todo. Collemos pedaciños de masa e imos dándolle forma de rosquilla. Fritímolas con moito aceite, ben quente. Cando estean fritidas esparexer con azucre.
POR: AVOA DE AROA GABEIRAS SÁNCHEZ
RECEITA: ROSQUILLAS DE NATA INGREDIENTES: • 2 ovos • 125 gr de nata • 125 gr de azucre • 10 gr de levadura en po
ELABORACIÓN: Bátense a nata cos ovos e o azucre ata que quede unha crema. A continuación bótase lentamente a fariña mesturada coa levadura, amásase e trabállase ata que quede moi fina; déíxase repousar durante unha hora. Pasado ese tempo, fanse as rosquillas e déixanse sobre unha mesa. Ponse aceite a quentar nunha tixola e frítense, retirándoas cando estean douradas. Cúbrense con po de azucre.
POR: FAMILIA DE MANUEL ALVARIÑO PAZ
C RECEITA: ROSQUILLAS FRITIDAS
INGREDIENTES: • 1 ovo • 1 cunquiña de aceite (fervido e frío) • 1 cunquiña de anís • 1 cunquiña de leite • 2 cunquiñas de azucre • Raspas dun limón • 1 culleriña de bicarbonato • 1 culleriña rasa de sal • 1 pelisco de azafrán • 750 gr de fariña
ELABORACIÓN: Amasar todo coas mans ata que a masa se despegue ben das mans. Facer as rosquillas pequeñas e non moi grosas. Fritir en aceite abundante. Non levan azucre por riba.
POR: Mª Jesús Vilar (tía de Nuria Bouza Vilar)
RECEITA: ROSQUILLAS INGREDIENTES: • 4 ovos • 8 culleradas de aceite • 1 sobre de Royal • Fariña que se precise • 8 culleradas de anís • 8 culleradas de azucre • Ralladura dun limón
ELABORACIÓN: Amásanse todos os ingredientes ata que queda unha masa nin moi dura nin moi branda. Fanse as rosquillas e frítense. Ao quitalas da tixola pásanse polo baño e déixanse secar e enfriar. Baño Bátese unha clara a punto de neve e engádese o zume de ½ limón, unha copa de anís e unhas culleradas de azucre (4 ou 5). Hai que batilo moito.
POR : AVOA DE SHEYLA GÓMEZ PEREIRA
RECEITA: TORRADAS (2) INGREDIENTES: • Pan • Ovos • Leite • Limón Azucre • Aceite
ELABORACIÓN: Cortamos o pan (mellor pan vello) en torradas delgadas. Batimos os ovos nunha cunca e poñlemoslle unha pela de limón. Mollamos o pan no leite e logo no ovo. Despois fritímolas nunha tixola co aceite ben quente. Imolas poñendo nun prato e esparexémoslles azucre por riba.
POR: ANDREA PAZ E ELSA GÓMEZ
RECEITA: TORRADAS (3) INGREDIENTES: • 6 rebanadas de pan non fresco • Medio litro de leite • 2 ovos • Aceite de oliva • 3 culleradas de azucre • Canela
ELABORACIÓN: Nun prato vertemos o leite xa quente, co azucre incorporado e imos mollando moito cada rebanada de pan, sen que se desfagan. Póñense nunha fonte para que escoen. Despois pásanse polos ovos batidos e fritímolas ata que estean douradas polos dous lados. Cúbrense de po de canela e de azucre a gusto de cadaquén. Pódense comer frías ou quentes.
POR: FAMILIA DE JOSÉ SABÍN GÓMEZ
RECEITA: TORRADAS (4) INGREDIENTES: • Unha barra de pan • Anís • Leite • Azucre • Aceite
ELABORACIÓN: Cortamos a barra de pan en rebandas e mollamos cada unha delas en leite (que ten o anís para pillar sabor). Fritímolas nunha tixola e cando van douradas retirámolas e cubrímolas con po de azucre.
POR: MARÍA GÓMEZ DÍAZ
RECEITA: TORRADAS DE ANÍS INGREDIENTES: • 3 ovos • Unha barra de pan • 1 l de leite • 1 vaso de anís • Azucre
ELABORACIÓN: Córtase a barra de pan en rebandas de 2 cm de grosor. Despois pásanse por unha mestura que facemos co anís e o leite. De seguido rebózanse nos ovos (xa batidos) e frítense. Unha vez fritidas póñense nun prato e botaselles azucre por riba
POR: MARIBEL FRANCO E ALMUDENA
RECEITA: TORRADAS RECHEAS INGREDIENTES: • 1 paquete de pan de molde • 4 ovos • Un pouco de leite • A pela dun limón • Unhas gotas de anís • Crema pasteleira
ELABORACIÓN: Preparamos a crema pasteleira mesturando o sobre de Flanín, o azucre e incorporando os ovos de un en un; remexemos ben. Engadimos o leite frío e seguimos mesturando. Poñemos a quentar sen deixar de remover. Cando ferva, retiramos do lume, cubrimos con po de canela e deixamos enfriar. Nunha cunca poñemos o leite, os ovos, a pela do limón, as gotas de anís e batemos todo. Cortamos o pan en triángulos e recheámolos de crema pasteleira. Logo mollámolas na mestura e fritímolas nunha tixola con abundante aceite. Cando xa estean listas, poñémolas a escoar nunha servilleta para tirarlles o aceite. Finalmente colocámolas nunha fonte listas para comer.
POR: FAMILIA DE JOSÉ SABÍN GÓMEZ
RECEITA: TORRADAS INGREDIENTES: • 6 ovos • 12 rebandas de pan • ½ litro de leite • 30 gr de azucre • Raspas de limón • 1 rama de canela • Azucre moído
ELABORACIÓN: Cortamos as rebanadas de pan de un cm de grosor. Poñemos nun cazo o leite, o azucre, a rama de canela e as raspas de limón. Deixamos que ferva uns minutos e deixamos temperar. Mollamos o pan no leite por un lado e poñémolas nunha placa con orificios coa parte sen mollar para abaixo. Deixamos repousar dúas horas. A continuación pasámolas polo ovo batido e fritímolas en aceite ben quente. Poñémolas en papel absorbente ata que arrefrien. Cubrimos con po de azucre e canela. Esperamos que vos gusten.
POR: FAMILIA DE MANUEL ALVARIÑO PAZ