Receitas de outono recompiladas no CEIP Mosteiro de Caaveiro

Page 1


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: AMEIXAS CON SETAS INGREDIENTES: Para 4 persoas • 500 gr de ameixas • 1 kg de setas • 2 pementos • 1 cebola grande • 2 dentes de allo • 1 rama de azafrán • ½ guindilla • 1 copa de viño Branco • Pirixel • Aceite • Sal

ELABORACIÓN: Paso 1.- Limpar as setas quitándolles ben a terra, pero sen lavalas con demasiada auga. Paso 2,- Picar os pementos, a cebola, os allos e o pirixel. Paso 3.- Nunha cazola axeitada verter o aceite e quentalo. Paso 4.- Engadir pementos, a cebola, os allos, o azafrán e o pirixel para facer un sofrito. Paso 5.- A continuación engadir as setas, a copa de viño, a media guindilla e sazonar. Paso 6.- Remexer ben e engadir as ameixas, deixándoas cocer ata que se abran.

POR: ANA Mª PAZ REDONDO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: ARROZ CON COGUMELOS INGREDIENTES: • Arroz • Carne • Cebola • Pemento • Allo • Sal • Tomate • Cogumelos

ELABORACIÓN: Nunha pota con aceite ben quente botamos o allo ben picado, a cebola, o pemento e a carne. Imos remexendo mentres colle cor dourada e logo botamos os cogumelos ben limpos e troceados. Seguimos remexendo e deixamos que se vaian facendo. Engadimos o tomate (en salsa ou natural), ben maduro e logo o arroz necesario (para unha medida de arroz, tres de auga). Remexemos e deixamos cocer ata que se consuma gran parte da auga. Apagamos e deixamos apousar.

POR: ELSA GÓMEZ E ANDREA PAZ


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: ASADO DE XABARÍN CON CASTAÑAS INGREDIENTES: • 8 costeletas de xabarín • 1 bote de castañas en conserva • Medio vaso de fondo de caza • Medio vaso de nata líquida • 60 gr de manteiga • Sal e pementa

ELABORACIÓN: Paso 1.- Salpimentar as costeletas e douralas polos dous lados nunha tixola con manteiga. Retiralas e conservalas en quente entre dous pratos. Paso 2.- Incorporar o fondo de caza, o líquido de cocción da carne a lume moderado e deixar reducir á metade. Engadir a nata e rectificar de sal. Paso 3.- Escoar as castañas do líquido da conserva, douralas nun pouco de manteiga e reservalas nun sitio quente. Paso 4.- Servir a carne, botarlle a salsa moi quente e acompañala das castañas.

POR: ANA Mª PAZ REDONDO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: BISCOITO DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 150 gr de fariña • 125 gr de azucre • 4 ovos • 100 gr de castañas (en po) • 50 gr de manteiga • 1 cullerada de auga • 1 cullerada de raspadura de limón • 1 cullerada de levadura en po • ¼ l de crema pasteleira • 500 gr de castañas, en puré

ELABORACIÓN: Biscoito: Bátense os ovos co azucre e a raspadura de limón; cando estean a punto engadeselle a fariña mesturada coas castañas en po, a levadura e a manteiga. Vértese nunha placa untada coa manteiga e métese no forno de 12 a 15 minutos. Recheo: Mesturamos a crema pasteleira fría co puré de castañas e a manteiga ata que se forme unha crema fina. Pártese o biscoito pola metade e reénchese coa crema. E BO PROVEITO!

POR: SARA BOUZA SECO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: CALDO DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 1 quilo e medio de castañas • 1 cebola • 1 dente de allo • 4 culleradas de cebola moi picada • 1 culleradiña de vinagre • 1 vaso de aceite • 1 pedazo de touciño • ½ orella de porco e sal

ELABORACIÓN: Sacanselles as pelas de fóra ás castañas e cócense en auga con sal, deixando que dean un fervor, escóanse e acábanse de pelar. En abundante auga limpa ponse a cebola enteira, o dente de allo, o touciño, a orella (vale calquera parte do porco que se teña na casa) e as castañas peladas. Déixase cocer ata que todo estea no seu punto (castañas e carne). Mentras coce podemos facer un rustrido coa cebola picada, aceite e unhas pingas de vinagre, que engadiremos ao caldo. A carne pódese comer despois do caldo cunhas patacas cocidas ou ben trocealo e comela co caldo.

POR: JUAN MANUEL ALONSO SALIDO

C


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: COGUMELOS EN SALSA INGREDIENTES: • Cogumelos • Sal • Viño branco • Allos

ELABORACIÓN: Limpamos cun pano os cogumelos. Poñemos unha tixola ao lume, cun pouco de aceite; cando empece a ferver botamos os allos ben picadiños. Cando comecen a estaren dourados engadimos os cogumelos troceados. Ao se iren facendo poñemos o viño e o sal. Unha vez que o viño se vaia consumindo apagamos e xa podemos servir o prato.

POR: JUAN VILAR GABEIRAS


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: CORZO CON COGUMELOS INGREDIENTES: • Corzo • Cebola • Allo • Pemento vermello e verde • Cogomelos • Cenorias • Pementa negra • Ourego, loureiro • Aceite

ELABORACIÓN: Para facer a salsa: Poñer o aceite nunca cazola e cando estea quente engadir as cebolas, o allo, os pementos vermello e verde, as cenorias, a pementa negra, o ourego e o loureiro; deixámolo refogar e a continuación engadir viño branco. Fritir os cogomelos na tixola . Noutra pota douramos a carne. Cando estea cocida engadimos a salsa. Servimos a carne coa salsa e acompañamos cos cogomelos para presentar o prato.

POR: MANUEL ARNOSO ANCA


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: CREMA DOCE DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 500 gr de castañas • 125 cl de nata líquida • 2 claras de ovo • 150 gr de chocolate de cobertura • 1 cullerada de brandi • Folla de loureiro • Medio vaso de leite • 80 gr de azucre • Unha chisca de manteiga

ELABORACIÓN: Cocemos as castañas en auga abundante durante 10 minutos. Escoámolas e retirámoslles a casca e a pel interior marrón. Introducimos as castañas peladas nunha pota xunto con medio vaso de auga e o leite e deixamos que cozan durante 15 ou 20 minutos; pasámolas polo pasapuré. Montamos as claras a punto de neve, con 40 gr de azucre. Montamos a nata con outros 40 gr de azucre. Mesturamos primeiro a nata montada co puré de castañas e despois facemos o mesmo coas claras a punto de neve. Fundimos o chocolate a baño maría xunto coa manteiga, dúas culleradas de auga e o brandi. Para presentar a crema doce de castañas repartimos en capas, poñendo unha de crema, unha de chocolate e así sucesivamente.

POR: ÁNGELA PAZ PAZ


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: CROQUETAS DE CASTAÑAS INGREDIENTES • 1 kg de castañas • ½ litro de leite • 150 gr de azucre • 100 gr de azucre moído • 50 gr de manteiga • 3 ovos • 100 gr de pan raiado • Vainilla

ELABORACIÓN: Cocemos as castañas peladas en abundante auga. Poñemos o leite, a vainilla e as castañas a cocer. Cando o leite se evapore, pasámolas por un tamiz para formar puré. A continuación, engádese a manteiga, o azucre e os ovos. Mestúrase todo moi ben. Cando estea temperado fanse as croquetas, pásanse por azucre moído, rebózanse en pan raiado e frítense en abundante aceite. Sírvense acompañadas de nata montada e chocolate.

POR: FAMILIA DE ANDREA GONZÁLEZ GALDO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: DOCE DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 1 kg de castañas • 200 gr de azucre • 5 ovos • 1 tableta de chocolate • 2 culleriñas de azucre á vainilla • Manteiga

ELABORACIÓN: Pelar as castañas, fervelas en auga e pasalas polo “pasapuré”. Engadir 3 xemas de ovo, o azucre, o azucre de vainilla, mesturar e engadir 3 claras do ovo batidas a punto de neve. Remexer ben toda a masa, poñela nun molde rectangular e cocela no forno a temperatura media, durante 1 h Mentras, derreter nun cazo o chocolate coa manteiga ao baño María. Logo incorporar as dúas xemas restantes e remexer ata que espese. Retirala do lume e vertela sobre o doce de castañas. Decorar con pedazos de noces e deixalo no frigorífico ata que enfríe.

INFORMANTE: Mª JOSÉ LÓPEZ FERNÁNDEZ

C


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: FLAN DE CASTAÑAS (2) INGREDIENTES: • Tres cuartos de litro de leite fresco • 4 culleradas de puré de castañas • 2 ovos • 6 xemas • 200 gr de azucre • Unha rama de canela • Pela de limón

ELABORACIÓN: Preparamos o caramelo con auga e con azucre e caramelizamos a flaneira que imos usar. Nun cazo poñemos o leite coa canela e a pela do limón; cando ferva retiramos do lume e deixamos enfriar uns minutos. Batimos os ovos, as xemas co azucre, nun recipiente ata que estean espumosas. De seguido botamos o leite amodo para que callen os ovos; non se pode parar de remexer. Engadimos o puré de castañas e mesturamos ben coas variñas de remexer. Para rematar vertemos o flan no molde e colocámolo nunha bandexa con auga, ao baño maría. No forno, a auga da bandexa debe cubrir algo máis da metade da flaneira. Introducímola no forno a 180º durante 50-60’, ata que estea callado. Enfriamos no frigorífico e xa se pode servir

POR: FAMILIA DE JOSÉ SABÍN GÓMEZ


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: FLAN DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • Medio quilo de castañas • 4 ovos • 3 tazas de leite • 250 gr de azucre • Media taza de nata montada • Unha rama de canela • Caramelo líquido

ELABORACIÓN: Dámoslles un corte ás castañas e cocémolas durante 20’, ata que estean a medio cocer; escoámolas, pelámolas e tirámoslles a pel marrón interior. Colocámolas nun cazo co leite e co azucre; volvémolas cocer ata que estean brandiñas (outros 20’). Pasámolas por un pasapuré e reservámolas. Batimos os ovos coa metade do azucre. Cocemos o leite uns minutiños coa rama de canela; tiramos a ramiña, engadimos o leite temperado aos ovos batidos. Despois sumámoslle o puré de castañas. Untamos un molde co caramelo, introducindo no mesmo o elaborado ata ese momento; colocamos o molde nun recipiente con auga, apto para altas temperaturas. Cocemos o flan ao baño maría uns 40’ no forno (xa quente) a 170º. Cando enfríe, desmoldámolo e decorámolo con nata montada.

POR: LAURA CALVO VILAR


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: FREIXÓS CON COGUMELOS INGREDIENTES: • 2 ovos • 1 cullerada de fariña • 1 cullerada de leite • 2 cogumelos • 1 dente de allo • Pirixel • 1 puñado de queixo relado parmesano • 50 gr de manteiga • Sal • Pementa

ELABORACIÓN: Lavar e picar os cogumelos en pedazos finos. Poñelos nunha tixola con 25 gr de manteiga, un dente de allo e pirixel picado. Deixar cociñar 30 minutos aproximadamente. Por outro lado batemos os ovos coa fariña e o leite, sazonamos con sal e pementa e facemos os freixós, nunha freixoeira untada en manteiga. Poñemos os freixós nun prato e cubrímolos cos cogumelos e un pouco de queixo relado, enrolamos e xa están listos para servir.

POR: ALBA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

C


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: GARAVANZOS CON SETAS INGREDIENTES: • 350 gr de garavanzos • 250 gr de setas • 2 tomates • 1 l de caldo de verdura • 150 cc de viño branco • 1 cebola e 1 allo • Loureiro, tomiño e sal • Pementa negra • Aceite de oliva virxe

ELABORACIÓN: Poñer os garavanzos a remollo en auga temperada durante 12 h; pasado este tempo escoalos e poñelos co loureiro na olla rápida que terá auga fervida. Pechala e cocer durante 10-12’. Paralelamente picar en anaquiños pequenos a cebola e o allo e pasalos a unha cazola con aceite no que estarán durante 8-10’. Despois dese tempo engadir os tomates pelados e troceados en dados, así como as setas troceadas, remexendo todo. Mesturar os garavanzos co viño e pasados un par de minutos engadir o caldo de verduras, deixando cocer todo xunto durante uns 15’. Engádese entón un pouco de tomiño, pementa negra, pirixel picado e sal, deixando cocer uns minutiños máis.

POR: LAURA CALVO VILAR


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: OVOS CON CHAMPIÑÓNS INGREDIENTES: • 1 quilo de champiñóns frescos • 100 gr de xamón • 1 dl de viño branco • 6 ovos • Pirixel • Allo • Sal • Aceite

ELABORACIÓN: Nun cazo con aceite ponse a fritir o xamón cortado en anacos pequenos. Cando comece a pillar cor engadimos o allo e o pirixel picados. Máis tarde sumámoslle os champiñóns (limpos e troceados) e o viño. Deixamos cocer a modo ata que se evapore a auga que soltan. Salgamos e botamos os ovos (pouco batidos), remexendo ata que callen. Servimos en cuncas de barro individuais que estean quentes.

POR: MANUEL ALVARIÑO PAZ


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: PAPAS DE MILLO INGREDIENTES: • Millo torrado moído • Sal • Leite • Auga • Pan

ELABORACIÓN: Poñemos auga con sal a ferver; cando ferva botamos a fariña de millo e deixamos que coza unha hora. Unha vez cocido repártese en pratos fondos ou cuncas. Deixamos que tempere e xa podemos comer as papas, engadindo leite frío e algo de pan.

POR: LUCAS VILARIÑO GARCÍA


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: PASTA CON SETAS INGREDIENTES: • Pasta (a elexir) • Setas • Allo • Pirixel • Aceite • Sal

ELABORACIÓN: Cocer a pasta ao punto. Saltear as setas cun pouquiño de aceite, allo e pirixel. Unha vez salteadas as setas, escurrimos a pasta e engadímola. Salteamos todo durante dous ou tres minutos.

POR: FAMILIA DE ALEJANDRO RIOBÓ CAZÁS


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: PASTEL DE CASTAÑAS INGREDIENTES: Para o pastel • 6 ovos • 150 gr de azucre • 150 gr de fariña • Chisca de manteiga Para a crema • Medio quilo de castañas • Medio l de nata • 2 culleradas de mel • 100 gr de azucre

ELABORACIÓN: Batemos a nata co azucre. Engadimos o mel e as castañas (previamente cocidas e pasadas polo pasapuré). Batemos os ovos co azucre e imos engadindo a fariñas de vagar. Poñemos a masa nun molde rectangular, engraxado e enfariñado. Metemos este molde no forno a 150º durante 20 minutos. Botamos o recheo sobre o pastel, envolvéndoo.

POR: MANUEL ALVARIÑO PAZ


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: PAVO CON CASTAÑAS INGREDIENTES: • 800 gr de peituga de pavo • 200 gr de castañas • 2 culleradas de aceite de oliva • Tomiño • 2 mazás • 2 ml de caldo de polo • 1 cullerada de soia • 1 cullerada de maicena • Sal • Pementa • Auga

ELABORACIÓN: Cocemos as castañas en auga abundante durante 20 minutos; escoámolas e retirámoslles a casca e a pel interior marrón, reservándoas. Douramos nunha tixola con aceite a peituga de pavo adobada con sal e pementa. Nun recipiente apto para o forno poñemos o tomiño e a carne, asándoa durante 20 minutos, co forno a 200º. Despois engadimos a soia e o caldo de polo, continuando o asado outros 40 minutos a 180º. Cortamos as mazás en dados e poñémolas, xunto coas castañas, no asado durante outros 20 minutos. Retiramos a carne, as castañas e a froita do recipiente e a salsa que creou pasámola a un cazo, no que engadimos a maicena diluída en dúas culleradas de auga. Mantemos cocendo ata que espese e despois botamos por riba as castañas e a mazá. Servimos a carne cortada en filetes, coa salsa por riba

POR: ÁNGELA PAZ PAZ


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: PEMENTOS RECHEOS INGREDIENTES: • Pementos do piquillo • Bechamel • Zorza de polo • Setas • Nata • Viño de Oporto e viño branco

ELABORACIÓN: Preparamos unha bechamel con manteiga, leite, fariña e un pouco de pemento e noz moscada. Debe quedar un pouco solta, reservándoa para logo. Picamos a zorza de polo coa picadora. Nunha tixola poñemos aceite e salteamos as setas, cortadas tamén moi miúdas. Cando estea un pouco feito, engadimos un groliño de viño branco. Deixamos reducir e engadimos a zorza de polo . Unha vez feito, ligamos isto coa bechamel e enchemos os pementos con esta mistura. A continuación facemos unha salsa. Na tixola poñemos uns dentes de allo picados, engadimos un groliño de viño de Oporto, a salsa sobrante dos pementos e por último engadímoslle a nata. Deixamos que se reduza un pouco e engadimola aos pementos. Finalmente metémola un anaco no forno e servímola.

POR: FAMILIA DE ANDREA GONZÁLEZ GALDO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: POLO CON SETAS E CASTAÑAS INGREDIENTES: • Un polo limpo • 150 gr de castañas • 250 gr de setas • 1 cebola mediana • 1 vaso de viño branco • 1 pastilla de Avecrem • 2 dentes de allo • Aceite • Sal • Ourego • Pirixel • Patacas asadas ou arroz cocido

ELABORACIÓN: 1º.- Cocemos as castañas, sen casca pero coa pel interior, cun pouco sal, durante 20’. Escoámolas e reservamos un vaso de auga da cocción. 2º.- Douramos o polo polas dúas caras, primeiro coa pel para abaixo; unha vez rematado, retiramos para un prato. 3º.- Na mesma tixola ou pota na que douramos o polo salteamos as setas coa cebola; despois incorporamos o polo, ourego, pirixel e viño. Cando ferva engadimos a pastilla de Avecrem, disolta no caldo reservado da coción das castañas, deixando que se faga a lume baixo. 4º.- Cinco minutos antes de que estea ben cocido engadimos as castañas e rectificamos con sal. 5º.- Servimos. acompañando con patacas asadas ou arroz cocido.

POR: MARCOS PENABAD SOTO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: POLO CON SETAS INGREDIENTES: • 500 gr de polo • 2 bandexas de setas • 250 ml de nata • Aceite • Sal • Pemento picante • Allo, pirixel • Viño branco

ELABORACIÓN: Aderezamos o polo co allo picado, pirixel e sal. Poñemos unha pota ao lume cun pouco de aceite e botamos o polo na pota para douralo. Cando estea dourado botámoslle as setas picadas; deixámolas 2 minutos e regamos cun chorro de viño branco. Engadimos a continuación o pemento picante e a nata e deixamos cocer 15 minutos. Listo para comer!

POR: GALAAZ MEIZOSO ANTÓN


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: PURÉ DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 500 gr de castañas • Auga • Fiúncho

ELABORACIÓN: Pelamos as castañas e poñémolas nunha pota co fiúncho, cubertas de auga quente. Cando rompe a ferver báixase a temperatura do lume e déixanse cocer ata que se desprenda a pel das castañas. Pélanse e vanse botando nun cazo que conteña auga quente. Póñense a cocer de novo e cando estean brandas escórrense e pásanse polo chino, formando unha especie de ralladura. O puré de castañas pódese utilizar para acompañar os asados ou para postres. Para acompañar os asados, o puré mestúrase con leite ou con nata. Para facer postres mestúrase con crema pasteleira, chocolate ou nata montada,

POR: IRIA BOUZA SABÍN


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: REVOLTO DE SETAS INGREDIENTES: • Setas • Ovos • Gambas • Sal

ELABORACIÓN: Nunha tixola con aceite douramos as setas; cando estean un pouco feitas engadimos as gambas e o sal. Nun bol batimos os ovos e cando case estean feitas as setas e as g ambas, escoamos case todo o aceite, engadindo o ovo. Remexemos cun garfo de pau ata que vexamos que vai callando.

POR: REYES SOUTO SEIJO


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: SOMBREIROS DE SETAS RECHEOS INGREDIENTES: • Amanita caesarea • Queixo parmesano raiado • Miga de pan fresco • Ovos • Aceite, allo, ourego • Sal, pementa, mellorana

ELABORACIÓN: Separar os sombreiros dos cogomelos e limpalos. Logo picar os talos e machacalos co allo. A continuación engadir a miga e facer unha masa cunha textura parecida á crema. Poñer a masa nunha cazola de barro e engadir os ovos, o parmesano, o ourego, a mellorana, o aceite e a pementa moída (sempre remexendo). A continuación encher coa masa o oco de cada sombreiro. Untar con aceite o molde e colocar os cogomelos. Regalos cun pouco de aceite e metelos ao forno deixándoos uns 30 minutos. Sacalos e a comer.

POR: FAMILIA DE AINHOA BOUZA RIVEIRA


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: SOPA DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 2 l de auga • 1 ½ Kg de castañas • 2 cebolas • 1 dente de allo • ½ orella de porco • 1 cacho de touciño • 1 vaso de aceite • Vinagre e sal

ELABORACIÓN: Poñemos as castañas nunha pota con auga e sal ata que empecen a ferver. Retiramos as castañas do lume e quitámoslles a pel. Noutra pota poñemos auga con sal e engadimos unha cebola, o allo, o touciño, a orella e as castañas. Deixamos cocer durante dúas horas. Nunha tixola facemos un sofrito de cebola e botámoslle unhas pingas de vinagre. Agregamos o sofrito ao caldo, deixándoo ferver, todo xunto, vinte minutos. Retiramos a pota do lume e tallamos o touciño e maila orella. Servimos nunha sopeira poñendo primeiro a carne tallada e logo vertemos o caldo quente e as castañas.

POR: JACOBO BALSEIRO NAVEIRAS


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: TALLARÍNS CON CHAMPIÑÓNS INGREDIENTES: • Champiñóns • Tomates • Allo • Pirixel • Manteiga • Queixo relado • Sal

ELABORACIÓN: Cócense os tallaríns e refóganse coa manteiga e os champiñóns; engádense os tomates troceados, sen pel nen sementes, cun pouco de allo e pirixel picados. Bótase un pouco de quexo relado e algo de sal. Dáselle un fervor e sérvense quentes.

POR: CARMEN BOUZA


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: TARTA DE CASTAÑAS INGREDIENTES: • 1 kg de castañas cocidas • ¼ de manteiga • ¼ de azucre • 1 copa de viño doce • Auga • ½ l de leite • 1 caixa de galletas cuadradas • Chocolate negro • Noces

ELABORACIÓN: Almíbar: catro culleradas de azucre, un pouco de viño doce e auga. Cobertura: cacao, manteiga e leite. Elaboración: bátense as castañas coa manteiga, azucre, viño doce e leite, ata ter unha crema. Úntase un molde con manteiga e fórrase coas galletas molladas en almíbar. Cúbrese coa crema de castañas, outra de galletas e así ata rematar. Métese no frigorífico vinte e catro horas. Dáselle a volta nunha bandexa e cúbrese cunha capa grosa de chocolate negro (leite, manteiga, cacao). Adornar con noces picadas.

POR: CHUS (tía de Nuria Bouza Vilar)

C


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: TARTA OU BOLA DE NOCES INGREDIENTES: • 1 iogur natural (o vaso servirá de medida) • 1 vaso de aceite • 2 vasos de azucre • 3 ou 4 vasos de fariña • 3 ovos enteiros • 1 sobre de Royal • Noces peladas

ELABORACIÓN: Bater os tres ovos, engadir o azucre, o aceite, o Royal e o iogur; logo a fariña e mesturar ben. Untar un molde con aceite e meter no forno a 180º uns vinte ou vinte e cinco minutos. As noces póñense por enriba da masa antes de meter no forno.

POR: Mª BEGOÑA PAZ PARDO (nai de Xalo)

C


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: VIEIRAS CON SETAS INGREDIENTES: • 16 vieiras • 1 kg de setas • 1 cebola • 2 dentes de allo • Aceite de oliva, pirixel, caiena e sal

ELABORACIÓN: Límpanse as vieiras e trocéanse as setas. Córtanse as cebolas en medias lúas finas e pícanse os allos. Nunha tixola cun pouco de aceite sofríense os allos coa cebola e a caiena. Incorpóranse as setas e cócense a lume vivo ata que se evapore a auga. Engádense as vieiras e mantense a tixola no lume de dous a tres minutos máis. Sálganse e e sírvense ben quentes cun pouco de pirixel por riba.

POR: FAMILIA DE NOA VIDAL CAZÁS


Generated by Unregistered Batch DOC TO PDF Converter 2012.4.605.1614, please register!

RECEITA: VITELA RECHEA DE COGUMELOS INGREDIENTES: • 1 ½ kg de aleta de vitela • 150 gr de xamón picado • 150 gr de cogumelos • 2 ovos duros • 100 gr de pan relado • 100 gr de manteiga de porco • 1 chourizo • 3 cenorias • 1 vaso de viño de Xerez seco • 1 vaso de caldo, sal e fariña

ELABORACIÓN: Prepárase a aleta, abríndoa coma un filete grande. Recórtase para que quede unha forma regular. Os sobrantes pícanse, xunto co xamón e o chourizo. En dúas culleradas de manteiga de porco, pásase o picadiño de carne, chourizo, xamón e cogumelos. Esténdese sobre a carne, colocando no centro os ovos cocidos e pelados. Enrólase e átase cun cordel fino. Pásase o rolo por fariña e dórase en manteiga ou aceite. Unha vez dorada, pásase a unha tarteira. Na graxa que quedou de dorar o rolo, frítense as cenorias cortadas. Ponse todo esto na tarteira, xunto co rolo de carne, o caldo e o xerez, deixando que coza a lume lento, ata que estea tenro. No momento de servir, pásanse cenorias e caldo polo batedor e bótase esta salsa por encima d o rolo de carne, que teremos colocado nunha fonte. Pódese acompañar cunha guarnición de patacas ou verduras.

POR: JUAN MANUEL ALONSO SALIDO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.