Boimorto - Memoria dun Silencio
Concello de Boimorto
Autor: Xosé Luis Rivas Cruz - Mini Enmaquetación e deseño: Xosé Anxo Grande Penela Edita: Concello de Boimorto Imprime: Imprenta Meligraf (Melide) Depósito Legal C 2765-2007
Como Alcalde do Concello de Boimorto, por tanto herdeiro da historia do mesmo, teño a ben encabezar estas páxinas sobre feitos non moi lonxanos que só estaban na memoria das familias que o sufrían e que os levaban ó lombo como un peso escuro e secreto, con medo. Gracias á democracia estes acontecementos poden sair á luz e honrar ós homes e mulleres que, sin ningunha culpa, foron masacrados, humillados e olvidados. Espero que este libriño nos abra os ollos para non volver a cometer nunca actos semellantes. O Voso Alcalde José Ignacio Portos Vázquez.
Para os que morderon sangue ou silencio durante tantos anos porque non sei, se por culpa dese longuísimo e pesado silencio, o tempo poderá cumprir o seu labor de poñer a cada quen no seu sitio.
Ás viúvas e orfos, caseiros moitos deles, que tiveron que sufrir a miseria e a indecente moralidade dos asasinos, ano tras ano, nunha convivencia que deixou de selo desque correu o sangue.
INTRODUCCIÓN
-9-
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
INTRODUCCIÓN Non me vai ser fácil explicar convenientemente esta moción sen levantar suspicacias. De todos xeitos considérome obrigado a presentala. Quixera que se me entendese ben e non sei se conseguirei facerlles chegar, compañeiros de Corporación, a verdadeira intención que me anima. O ano próximo cumpliranse setenta do principio da guerra civil-incivil que asolou España e deixou fondas feridas. Vai ser o momento de recordar aquela matanza (inútil vista desde hoxe) e, lembrar ós que dun xeito ou doutro tiveron que acudiren ó frente de batalla a matarse veciño contra veciño, irmán contra irmán. Antes de que isto suceda. Antes do recordo xeral a todos, penso que temos unha débeda que saldar cos que caeron en silencio pasados polas armas dun xeito ignominioso e ilegal. Os que nunca tiveron un xuizo. Que as súas familias non recibiron notificación oficial da súa morte nin puideron recuperar os seus corpos. Estou falando da Corporación Municipal de Boimorto do ano 36 e dalgún outro represaliado se o houbese. A razón que me move é que 69 anos despois, o silencio, a vergoña e certo medo incomprensible nunha democracia seguen a tapar eses
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 10 -
feitos. Non son horas de buscar culpables, nin de dar razóns nin xustificacións á súa morte. Son horas, creo, de recuperar do silencio a súa memoria. De dar sepultura ós seus restos, anque sea simbólicamente, para que descansen en paz. Na paz que buscamos hoxe. A paz da tolerancia e da discrepancia pacífica. A que tentamos construir día a día para ben de todos. E certamente debemos de séremos nós, a Corporación Municipal, quen deamos o primeiro paso na restitución da súa cidadanía plena. E ese primeiro paso para recuperar para eles a plena cidadanía que se lles negou co seu ignominioso "paseo" é nomealos aquí, públicamente. Restituílos á memoria dos presentes e que esta restitución quede escrita na acta deste Pleno. Propóñolle ademáis a este Pleno Municipal de Boimorto a celebración dun acto simbólico que ben podería ser o de depositar unha rosa por cada fusilado no lugar ou lugares dos feitos e, o inicio das accións que entre todos acordemos para devolverlles a dignidade pública, porque a outra non a perderon nunca e ofrecer ás súas familias, se o teñen a ben, a colaboración necesaria para recuperaren os seus restos. Así poderiamos traer a súa memoria novamente entre nós. Creo que podería ser un acto de afirmación democrática. De recuperación da paz da que antes falaba e transmitirlles ós nosos veciños a reflexión de que nunca deben falar as armas, a violencia, os odios nin a vinganza. Que debemos aprendermos todos, principalmente os máis novos, dos erros cometidos no pasado. Que a histo-
- 11 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
ria está para sacar leccións, e non ser repetida. Que o diálogo, e a convivencia na discrepancia é a meta que día a día teremos que conseguir para o ben social. Os pobos que non reflexionan sobre a súa historia están condeados a repetila. Feito este desagravio que hoxe propoño a este Pleno poderemos encarar dun xeito limpo as posibles celebracións dos setenta anos do comezo da Guerra Civil Española. Apelo á xenerosidade dos sres. Concelleiros no momento de votar esta moción e pido disculpas, de todo corazón, polas feridas que esta poida reverdecer. Gracias. Este é o texto da moción apresentada e defendida polo concelleiro do BNG. de Boimorto, este que subscribe, no Pleno Ordinario da Corporación Municipal o día 26 de agosto de 2005 e que foi aprobada por unanimidade despois de longa discusión. E este é o texto que dá pé para comezar a contactar coas familias dos represaliados e facer indagacións de cómo e por qué sucederon os feitos a que fai referencia. Foi un camiño longo e cheo de contratempos. Eu non sabía cando apresentei a moción que había entre os paseados veciños de Boimorto que non formaban parte da Corporación Municipal do 36. Faltábanme moitos, moitos datos. Aínda hoxe chégalle ben. Non tódalas familias responderon de igual xeito. Foi preciso ir rompendo o xeo pouco a pouco. Tampouco se deu contactado con todas, se cadra porque non soubemos facelo.
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 12 -
O ano da memoria celebrado no 2.006 axudou. De feito en novembro dese ano, na parroquia de Ortoño, que foi onde apareceron seis dos mortos, celebrouse, por parte do equipo de goberno do concello de Ames, un acto na memoria deles, as víctimas dos Batáns, coa asistencia dos familiares que demos avisado e cunha representación da Corporación de Boimorto presidida polo seu alcalde. Este libriño forma parte da recuperación da memoria dos asasinados o 20 de agosto do 36 en Ortoño e no Amenal. Os actos foron programados conxuntamente entre representantes de cinco familias dos fusilados e o concello de Boimorto dando así cumplimento á moción aprobada en Pleno da Corporación Municipal como non podería ser doutra maneira. Este traballo vai dirixido especialmente ós veciños de Boimorto. Leva dentro, non sei se claramente, un desexo de traer a todos nós a nosa propia historia, a máis próxima, a que non ven nos libros da escola. Non tenta levantar feridas aínda que, de entrada, poida suscitar recelos. As cousas foron como foron e nada as pode mudar, pero si podemos continua-lo noso camiño cara adiante sen agachar nada. A liberdade que disfrutamos hoxe permítenos isto: comparti-lo noso con total naturalidade. Non pretende ser só un relato dos feitos, senón un achegamento ó tempo histórico e un desexo de acabar co silencio que sobre deles pesou durante tantos anos. Temos a vantaxe de que se conservan os Libros de Actas das Sesións e algúns documentos daquel tempo. Tamén me achegaron outros documentos da época que se conservan nos arquivos provinciais, dos xulgados militares,e consultei o Arquivo do Reino de Galicia.
- 13 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Os protagonistas daqueles feitos e daquel tempo xa case todos morreron. Descansen en paz que bastante guerra tiveron. Non é a miña intención como autor deste traballo xulga-los feitos neste libro. Eu teño o meu xuizo e a miña opinión que non vou expoñer aquí. Tratei en todo momento de axustarme ós feitos históricos cos datos que puiden arrecadar. Haberá quen opine que o relato referente á II República está manipulado. Non é certo. Alá el. A manipulación é anterior e procede do periodo da dictadura franquista e do medo á verdade que quedou en tódolos que sufrimos ese réxime totalitario. Non se sostén que hoxe, tras trinta anos de democracia se poida defender desde posicións demócratas a dictadura de Franco. Consultei diferentes historiadores. Os menos sospeitosos de extremos de dereita ou de esquerda. Tentei expoñer a Historia de xeito que sexa comprensible para todos. Non sei se o conseguín. A miña memoria non é daquí, pero os derradeiros 24 anos da miña vida si. Por iso e porque os meus alumnos merecen saber a verdade histórica fago este traballo; para que os máis novos gañen a liberdade e a exerzan nunha democracia fértil e venturosa para todos. Os vellos estamos marcados e mancados polos tempos pasados. Os novos case non e, polo tanto non podemos permitir que corran o risco de repeti-la Historia. Sexamos pois xenerosos uns e outros e fagamos dos feitos que aquí se relatan unha aprendizaxe positiva en ben do futuro e da convivencia. Brates, xullo do 2.007
A II REPÚBLICA ESPAÑOLA
- 17 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
A II REPÚBLICA ESPAÑOLA
O atraso económico, social e cultural que padecía Galicia a finais da Dictadura de Primo de Rivera era semellante ó doutros pobos do Estado Español. Arrastrábanse as consecuencias das guerras carlistas, a perda das colonias, a sangría de mozos da guerra de África e a preguiza dunha clase politica e social dominante que non daba solución a estes graves problemas. Nada se movía para facelas reformas necesarias para unha modernización que sacase ós pobos de España da miseria e da apatía. Aquí, na Galicia rural conservábase todo: o feudalismo dos amos e caseiros, o analfabetismo da poboación, o caciquismo máis atroz, a relixión avasalladora que frenaba todo o que cheirase a novo, a progreso. Todo isto, sendo certo, non é toda a verdade. Anos atrás fervera un movemento agrarista de asociacionismo e loita pola redención (supresión) dos foros, de sociedades agrarias que buscaban a modernización das técnicas de cultivo e manexo e mellora do gando..., aínda que a súa actividade era xa moi baixa cando Primo de Rivera da o seu Golpe de Estado.
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 18 -
Co final da Dictadura do xeneral Primo de Rivera, que durou case oito anos e que foi tempo dalgunhas reformas pero de represión política e falta de libertade, os movementos obreiros e campesiños comezan a cobrar novamente forza. A Monarquía, co rei Alfonso XIII á cabeza, estaba esgotada e os máis sensatos clamaban pola República, de xeito que o día 14 de abril foi unha manifestación case unánime de alegría e de esperanza: A República pola que case todos agardaban iba solucionar tódolos problemas que tiña o País. Esa era a crenza xeral naquel momento.Por iso cando se proclama , a Monarquía cae sen resistencia, coma algo natural que se vía vir. No rural galego teñen especial importancia as xentes que regresaban da emigración a Cuba e Arxentina. Traían novas ideas e perderan o medo ás loitas sociais, pero sobre de todo, en liñas xerais, eran xentes con preocupación pola cultura, lían o periódico naqueles tempos, estaban informados e cavilaban e falaban con liberdade. Cinco, polo menos, dos fusilados de Boimorto o 20 de agosto do 36 estiveran en Cuba ou na Arxentina. Galicia fervía nos primeiros trinta anos do século XX e a República aparece coma un periodo de convulsións políticas e sociais enriquecedoras, con medidas reformadoras e modernizadoras dunha sociedade na que a uns parécenlle demasiado poucas e lentas e a outros demasiadas e moi rápidas. A II República ten unha forte ansia de eleva-lo nivel cultural do pobo. Por iso nos cinco anos que dura pasa de máis ou menos 16.000 escolas a cerca de 23.000, é dicir case 7.000 escolas máis en todo o Estado. Este esforzo unido a outras medidas educativas pasa a ser
- 19 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
un perigo para a dominación que exerce a Igrexa Católica, única posuidora da verdade absoluta ata aquel momento, porque ademáis, as escolas da República son laicas. A Liberdade e as ansias de igualdade que proclaman os partidos de esquerda, a Reforma Agraria e as medidas salariais e de protección dos obreiros alporizan ós amos terratenentes e ós patronos das fábricas que xa desde o primeiro día conspiran contra da República. O primeiro intento de vira-la situación é o de Sanjurjo no ano 32 e logo Franco dalle o tiro de gracia a este primeiro intento serio de democracia e modernización. Con el vén a represión, o temor e o rechazo á política: "Rapás, non sexas tolo, non te metas en política, eso non che é pra nós..." Pero isto xa é outro cantar. Os anos do medo e da incultura franquista non nos permitiron estudiar nin saber dese tempo nada de nada. Na escola deixabamos de estudiar historia cando chegabamos a Isabel II e de aí saltabamos a Franco, case cen anos que deixaban de existir nun silencio. Era perigoso o saber, e por iso permanecimos (permanecéronnos) incultos ata hai ben pouco. A transición política á democracia foi dun silencio covarde e temeroso da volta atrás. As pistolas fascistas e as espadas militares seguían mandando e controlándonos a nós, pobres ovellas que nos podiamos emborrachar de libertade. Nos cinco anos que tivo de vida, a República emprendeu un proceso de democratización nunca visto ata daquela no Estado español: elabórase unha Constitución progresista que inclúe a igualdade de homes e mulleres,
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 20 -
divorcio, dereito ó traballo; recoñecemento de liberdade de prensa, reunión, asociación, sindicatos, dereitos laborais, estatutos de autonomía...
OS TRES PERIODOS Coalición republicano-socialista ou Reformista: (abril do 31 a novembro do 33) Elabora unha nova Constitución e fai frente ós problemas fundamentais que impiden a modernización do Estado: a cuestión agraria, o problema militar (case tantos oficiais coma soldados ), a separación Igrexa-Estado, liberdade de cultos, o dereito a voto das mulleres... ; os estatutos de autonomía e a reforma educativa ( ensino laico e obrigatorio, creación de escolas, alfabetización da poboación...) Bienio Conservador ou Negro (1934-35) Rompida a coalición republicano-socialista a dereita contraria á Republica recupera o control político e adícase a tirar por terra tódalas reformas postas en marcha no período anterior. Estala a Revolución do 34 con rebelión obreira en Asturias, desobediencia civil en Cataluña, folga xeral... e as diferencias entre dereitas e esquerdas fanse
- 21 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
cada vez máis fondas.
Frente Popular (febreiro do 36 ata a fin da guerra) Unha alianza de partidos pequeño-burgueses de esquerdas, nacionalistas e proletarios gaña as eleccións e reanuda con máis enerxía as reformas interrompidas polo Bienio Negro. Os grandes capitais, as clases dominantes, a igrexa e a dereita co apoio do exército conspira e dá un golpe de estado o 18 de xullo de 1936
A VIOLENCIA CIVIL A pregunta que nos facemos moitas veces é de como puido ser que aquilo rompese cun baño de sangue e a resposta que nos damos, tamén a miudo, é que o sistema económico anticuado e insostenible de inxusticia social rompía por todas partes en loita de clases e violencia social. Pero hai máis razóns que xa estaban metidas na sociedade desde moitos anos atrás. Aínda hoxe a palabra faucioso ten significado na sociedade rural. As guerras carlistas foran dunha violencia extrema para co campesiñado. As contínuas represións e manifestacións de integrismo social e relixioso das carlistadas, (os fauciosos), estaban nos anos trinta aínda moi presentes. Nada se podía mover coma non fose a costa de poñer en xogo a propia
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 22 -
vida e a da familia. Lembremos que en Boimorto xa fora fusilada unha partida de homes (entre 14 e 22) que se negaron a ir á guerra, con seguridade nun reclutamento forzoso nunha das citadas guerras carlistas. A loita política tiña, polo tanto, ese componente de eliminación física, sobre todo por parte da dereita daquel tempo que se cría dona da verdade absoluta e bendecida polo divino dunha relixión que non admitía disidencias. A democracia como convivencia política foi admitida como algo novo só a partir da chegada da II República, porque esta foi recibida coma unha esperanza colectiva, coma unha gran festa. A experiencia de democracia anterior á República fora unha burla admitida por todos na que se manipulaban as urnas, os votos e os resultados. Era un xogo picaresco no que todos sabían que non servía para nada bo. O LAICISMO E A CUESTIÓN RELIXIOSA Nunha sociedade de miseria económica, de sometimento, de amos e servos, é necesaria unha xustificación para seguir vivindo... como servo. Esa xustificación, a mansedume e a resignación proporcionábase desde o púlpito. A Igrexa xustificaba a necesidade das clases sociais e a división entre explotadores e explotados como algo lóxico, coma se dunha lei natural se tratase, e ofrecía como solución un concepto devaluado a través dos séculos: a caridade cristiana, como elemento reparador da inxusticia frente ó concepto marxista de igualdade e loita de clases.
- 23 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
O poder económico da Igrexa fora minguado polas desamortizacións dos gobernos liberais do século XIX ó quitarlle as terras e demáis propiedades que foron subastadas. Pero ese poder económico pasara á burguesía e non ás clases humildes sen terra que seguían na mesma ou pior. Pero o poderío social e mental da Igrexa estaba aínda intacto. O dominio das conciencias, e a resistencia á entrada dos avances científicos era brutal. A crenza de que a cultura era perigosa difundíase desde os púlpitos. O control social para que o pobo non adquirise letras e cultura era imprescindible para manter a situación de dominio existente. Esta é a razón pola que ten tanta importancia para o rural a emigración a Arxentina e sobre todo a Cuba, países que había pouco que conseguiran a independencia despois de revolucións de corte liberal progresista. Alí os nosos emigrantes entraban en contacto con todo canto aquí era difícil: liberdade, progreso e cultura; e cando regresaban, os que o facían, viñan impregnados de novas ideas que en principio poñían en tea de xuizo a monarquía, o caciquismo e o poder relixioso. Eran xentes afoutas cunha forte necesidade de transformar este seu País en algo novo e máis xusto e moderno.
ALGO DO PERÍODO REPUBLICANO EN BOIMORTO
- 27 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
ALGO DO PERIODO REPUBLICANO EN BOIMORTO
AQUELES TEMPOS Para o día 12 de abril de 1931 son convocadas eleccións municipais en toda España. O censo de poboación en Boimorto, feito en 1930, é de 4.468 habitantes de Feito e 4.471 de Dereito. O 15 de marzo de 1931 celébrase no Concello de Boimorto unha Sesión Extraordinaria da Corporación Municipal dando cumplimento a unha Real Orde de 10 de marzo, con motivo de que nas próximas eleccións municipais de abril sexan elixidos o número de concelleiros que lle corresponde a este Concello segundo o censo do ano 29 pasando a DOCE, dous dos cales serán Tenentes de alcalde en virtude de ter este Concello entre 4.001 e 5.000 residentes. Establécense dous distritos, elixíndose seis concelleiros por distrito. Nestas eleccións, como xa foi dito, nas cidades de España hai un claro trunfo dos partidos de esquerda, non así no medio rural. Os partidos de centro e de esquerda
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 28 -
eran claramente contrarios ó Rei e polo tanto republicanos. Isto fai que se celebren manifestacións multitudinarias e que se faga realidade o dito de que España o día doce "deitouse monárquica e amañeceu republicana." O día 14 de abril é proclamada a II República e o rei Alfonso XIII marcha para o extranxeiro, sen opoñer a máis mínima resistencia.
INFORME POLÍTICO Para comprender un pouco mellor o Boimorto dos anos trinta vaian estes anacos dun extenso informe político privado que o secretario deste concello envía privadamente ó Gobernador Civil o día 24 de abril de 1931 despois dunha entrevista personal mantida o día anterior con motivo da protesta apresentada por socios e elementos simparizantes do Sindicato Agrícola de Boimorto encabezados polo seu Presidente Pedro da Arentía. ...Desde tiempo inmemorial estuvieron sometidos al yugo opresor del caciquismo estos aldeanos, pues primeiro con el fallecido ....... padre del abogado de esa capital .........y después con el llamado ............... tuvieron un JEFE POLÍTICO, que era el que marcaba la orientación política, a gusto de su acomodo o conveniencia, sin tolerar, bajo ningún estilo, la más pequeña protesta ni el menor distingo de lo que ellos mandaban...../... una Cooperativa Agrícola que hubo se vió precisada a desaparecer y el Sindicato Agrícola de Boimorto y sus Contornos en sus
- 29 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
actuaciones se limitó siempre a cumplir sus fines reglamentarios, puesto que en otra forma las represálias y venganzas hubieran sido inmediatamente aplicadas por quien era el detentor de la voluntad ciudadana... - Fala tamén que a situación vese agravada pola activa intervención política dos oito cregos que, quitando o de Cardeiro. ...todos hubieron de sentir afán de poderío y sus feligreses hubieron de lamentar infinitas veces el peso de sus abusos e imposiciones,..../....ya que,entre otros, el de Andabao era pleitista y camorrista profesional, sin perdonar medio para maltratar a cuanto se opusiera a sus designios./... - A alternativa dos propietarios pequenos e medios ...Constituídos los Ayuntamientos automáticamente en 1930 dando lugar a la entrada de algunos vecinos, que nunca participaron en la vida municipal, por el concepto de mayores contribuyentes, ( ata 1930 o veciño que máis contribuía , é dicir o máis rico era alcalde de dereito ), y estos como más independientes y en mejores condiciones para resistir las amenazas o el peligro de imposiciones fueron dándose cuenta de lo que realmente había y recientemente reaccionaron, agrupándose para anular el ancestral caciquismo de ...... - O poder do cacique ...que para reflejar la potencia de su situación basta sólo exponer en dos palabras su historial: Llegó hace unos cuarenta años de su pueblo natal, que no es este, para
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 30 -
desempeñar la función de ESCRIBIENTE en el Ayuntamiento, y hoy, con su labor absorvente logró, anular al otro difunto cacique, ser SECRETARIO DEL JUZGADO MUNICIPAL, SECRETARIO DEL AYUNTAMIENTO DE VILASANTAR, RECAUDADOR DE HECHO EN BOIMORTO( pues tiene un testaferro que figura como tal), INFLUYENTE EN EL MUNICIPIO DE SOBRADO( allí está de Secretario un hijo suyo), y MAYOR CONTRIBUYENTE DE BOIMORTO...... - Explica agora o seu carácter acomodaticio goberne quen goberne e di que ata na Dictadura de Primo de Rivera foi Deputado Provincial ... y si ahora no se le residencia (mandalo á casa) definitivamente, ha de intentar mezclarse vergonzantemente para afianzar su caciquismo o mandatarios suyos ( que por desgracia abundan por ser muchos los sujetos (atados) por falta de medios de vida a su protectora y egoísta ayuda) que ante el peligro de negarle el préstamo en dinero o en especie o amenazarle con el apremio si no abona con puntualidad el recibo del Reparto, le servirán ciegamente y serán instrumentos suyos.../ - Como restarlle poder .... su modo de proceder dió ocasión a que por los sectores independientes ( todos los que no precisaban de su apoyo o no temían sus iras), integrado por numerosos propietarios y por aldeanos que eran favorecidos menos interesadamente por otros adinerados, se tratase de suprimir sus actividades y para ello dieron el primer
- 31 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
paso los que integraban el Pleno de la Corporación, que al resolver, en julio de 1930, proveer la vacante de Secretario.../ Quen desempeñaba este labor nas interinidades de feito era o tal cacique ... y de entre los aspirantes nombraron al que pensaron más capacitado para actuar sin tener que depender de la práctica profesional del cacique.../ - Necesidades e as eleccións de abril do 31 ... Como este Municipio ha estado siempre abandonado y tiene muchas necesidades, entre otras, locales para Escuelas, arreglo de las carreteras que lo atraviesan, línea de autos que lo comuniquen con la capital del Partido (Arzúa) y con el ferrocarril, trataron de buscar el apoyo oficial, y para ello, como estaba encasillado (deputados que escollía o goberno e que saía elixido automáticamente mediante o sistema de pucheirazo, amaño ou falseamento) por el gobierno el que fué ultimamente Subsecretario de Fomento, Eduardo O´Shea cuya etiqueta era de ciervista, al llegar a las elecciones, los elementos que trataban de regir el Municipio, como tales se afiliaron, sin que pueda decirse que tuvieran tal matiz ya que siempre carecieron de él. Ven dicindo, máis ou menos, que para poderen acometer obras e faceren algún labor aceptaron afiliarse á corrente política que mandaba. Primero se aliaron todos los elementos desafectos de........... y por el art. 29 iban a la proclamación, (por non haber máis candidatos) pero la presencia del hijo del antiguo cacique y la proclamación por él de cinco candi-
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 32 -
datos les obligó a la apertura de los Colegios y el 12 se celebraron las elecciones, en las que votaron en cada uno de los Colegios (tiene 2 el distrito) un número menor de 200, de más de 400 que tienen cada uno de ellos.../... no hubo coacciones ni amenazas ni nada que se le parezca.../ - Como extende-la idea da nova democracia ... es posible que en brevísimo plazo se obtenga un potente núcleo de opinión republicana, para lo cual (yo) tenía el propósito de comenzar una serie de conferencias o charlas vulgarizadoras de captación popular, para preparales en forma de que lo que hoy sienten como protesta contra los viejos abusos caciquiles sea un grito hondo y sentimental de lo más íntimo de sus conciencias.../... pues creo que estas buenas gentes son dignas de mejor trato que el tenido anteriormente, y no debe abandonarse sus intereses en manos de los que siempre abusaron de ellos. - Dúas alternativas á situación ...Por ello creo elemento muy aprovechable, el Presidente del Sindicato, D. Pedro López Bodelo, y algunos otros elementos del mismo, como ese Peteiro y el apellidado Carreira, en unión de elementos sanos ( que los hay entre los propietarios )... Engade que para el non faría falla cambia-la Corporación elexida pois as eleccións foron limpas segundo os seus informes, e ademáis fala da profesión de verdadeira e real opinión republicana dos novos concelleiros elexidos, antes da toma de posesión da nova Corporación e posesionarse dos seus cargos, sen que houbese suxerencia de ninguén...
- 33 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
O informe é moito máis extenso e é asinado e rubricado por Antonio Iglesias Garcés, secretario do Concello de Boimorto desde outubro de 1930, procedente de Sedano (Burgos) onde tiña as mesmas funcións. Polo que se desprende do seu informe este Secretario sería de tendencia republicana de centro-dereita a meu xuizo.
PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA EN BOIMORTO O 19 de abril, previa citación, reúnense no local social de Andabao a maioría dos socios do Sindicato Agrícola de Boimorto y sus contornos, habendo, segundo reza a acta, representantes de tódalas parroquias. O tema é a proclamación da República en toda España inclusive en los más remotos contornos faltando solamente aquellos lugares donde las desaforadas arbitrariedades se sucedieron años y años como pasó en este municipio desde hace tantos años. Logo dunha longa deliberación acórdase por unanimidade protestar ante o Gobernador Civil da provincia e impedir por tódolos medios ó seu alcance que tomen posesión os concelleiros ciervistas designados polo cacique de sempre, que aparecen electos o día doce. Acórdase tamén por unanimidade sairen en manifestación ó Concello e faceren presentes os acordos e desexos do pobo soberano. E como ó frente da manifestación estaban os representantes desta sociedade, con bandeira republicana desplegada, é acordo da maioría subiren ó Concello e proclamaren a República, izando a
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 34 -
bandeira no edificio municipal, regalándoa como recordo. Por último acórdase remitir copia desta acta ó sr. Gobernador por conducto do Axuntamento e baixo sobre certificado. Noméase unha comisión de dous individuos para transladárense á Coruña a faceren presente ó sr. Gobernador dos atropelos cometidos. Esta acta leva 47 firmas constando que son só algúns os que o fan. - Comparecencia e protesta oficial O 21 de abril ante o alcalde D. Andrés Carril Rey, asistido polo Secretario do Concello comparece D.Pedro López Bodelo acompañado de varios socios do Sindicato Agrícola. Este manifesta que o domingo 19, ás dezasete horas se personaron neste Municipio con gran número de socios e correlixionarios co obxecto de formular protesta contra as eleccións efectuadas o doce pasado e efectua-la proclamación da República facendo entrega dunha bandeira republicana que como regalo facían á Corporación e, por ser festivo ese día e non funcionaren as oficinas municipais tiveron que aprazar a dita protesta que no día de hoxe veñen formularen... - Toma de posesión da nova Corporación Ese mesmo 21 de abril reúnense os concelleiros saíntes e os electos para cesaren os primeiros e constituiren a nova Corporación os segundos. Segundo reza no libro de actas do Concello deses anos: " O sr. Alcalde saínte, D. Andrés Carril Rey, manifesta ós concurrentes que momentos antes se apresentaron ante el D. Pedro López Bodelo, presidente do Sindicato Agrícola de
- 35 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto y sus Contornos acompañado por outros varios socios para formular verbalmente a súa protesta contra as eleccións efectuadas neste distrito electoral o doce do actual e que extendida a correspondente comparecencia a poñía de manifesto á Corporación para a adopción da resolución que se estimase conveniente.” Exposto o criterio de tódolos presentes, por unanimidade acordan que sendo unha cuestión que debe ser tramitada pola Alcaldía ó Exmo. Sr. Gobernador Civil da Provincia e, considerando que as órdenes circuladas sen revocación competente e oportuna deben seren cumplidas fielmente por estimar que así se serven os intereses da República á que ademáis do acatamento leal e sincero que fixeron poñen á súa disposición canto signifique sacrificio e esforzo polo seu afianzamento e progreso. Elíxese alcalde novamente a D. Andrés Carril Rey e queda constituído o novo Concello. A citada comparecencia cúrsase ó Goberno Civil acompañada dun curioso informe do alcalde sainte e entrante no que fai profesión de fe republicana e anticaciquil, asegurando a súa independencia e a da súa candidatura gañadora, e poñéndose a disposición das novas autoridades republicanas para o que teñan a ben. - Comisión Xestora e novas eleccións O día 27 de abril e segundo consta no citado libro de actas " Apreséntase D. Julio Wonemburger Canosa como representante da Federación Republicana Gallega e entrega ó Sr. Alcalde un oficio do Gobernador Civil ordenando a suspensión da Corporación recentemente consti-
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 36 -
tuída e a súa substitución por unha Comisión xestora integrada por tantos veciños coma distritos electorais existan no Municipio. Para dar cumplimento á dita disposición, coa cal se conformou o Alcalde, unha vez oídos e a proposta dos elementos republicanos e socialistas da localidade, designa, o Sr. Wonemburger ós veciños D. Pedro López Bodelo e D. José Mª Vázquez Garea, quen presentes foron posesionados no seu cargo. Esta Comisión Xestora leva os asuntos deste Concello ata que se repiten as eleccións o domingo 31 de maio e o día 5 de xuño toma posesión a nova Corporación saída desas eleccións. Esta nova Corporación, xa composta por concellais de partidos tanto de dereitas coma de esquerdas, elixe por once votos a favor e unha papeleta en branco a D. Pedro López Bodelo como alcalde, a D. José Cabanas Vázquez como primeiro Tenente de alcalde e a D. Manuel Carro Sandá como Segundo Tenente de alcalde co mesmo resultado de votos antes expresado.
ASUNTO DOS CEMENTERIOS En Sesión Ordinaria da Corporación Municipal celebrada o 29 de novembro de 1932 ponse a debate pola presidencia o asunto da incautación dos cementerios parroquiais que foron secularizados pola lei de 30 de xaneiro deste mesmo ano, coincidindo tódolos sres. concelleiros presentes na opinión de que os cementerios deben pasaren a poder do municipio acordando que por parte da alcaldía se apresente un informe detallado acerca
- 37 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
deste asunto no que se fará explicación clara e ampla da necesidade, prazo e modo para levar a cabo o proxecto a que se refire o presente acordo. -En Sesión Ordinaria celebrada o 18 de decembro de 1932 dase lectura ó seguinte informe: O AlcaldePresidente do Concello de Boimorto, que subscribe,en cumplimiento do acordo del Pleno fecha 29 de noviembre próximo pasado, procurou estudar coa suficiente atención e o suficiente detenimento o asunto relacionado coa incautación dos cementerios parroquiais polo Axuntamento, emitindo en consecuencia as seguintes consideracións.= A ninguén se lle oculta a importancia que este asunto trascende dentro da vida rural e pacífica do término municipal de Boimorto. Pode dicirse que é este o primeiro paso dado en sentido revolucionario desde o advenimento da República. Incluso hai que convir en que esta incautación que se pretende levar a cabo suporá para algúns veciños o escándalo e a persecución relixiosa cando non é máis có cumplimento das disposicións emanadas do Ministerio de Xustiza co sano e democrático desexo de establecer fixamente a liña divisoria que no futuro separará o poder civil e a autoridade eclesiástica. Precisamente, por tratarse de tan serio proxecto, cré o abaixo firmante que debe acometerse coa máxima urxencia e a máxima inflexibilidade, dando a sensación así de que a autoridade local se preocupa con dilixencia e celo de colaborar nesta obra de rexeneración social que, desde o advenimento da República, preocupa ás figuras máis destacadas da mesma.= Na lei de secula-
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 38 -
rización de cementerios de data de 30 de xaneiro último ordéase a construcción de cementerios municipais no prazo dun ano a aqueles municipios que por calquera causa non tivesen cementerios da súa propiedade. Coñecidas as posibilidades económicas do noso municipio, non se pode razonablemente pensar na construcción dos once cementerios que se necesitan para substituir ós actuais parroquiais. Únicamente establecendo para elo a prestación persoal veciñal que se necesita para aproveitala noutras obras de tanta ou maior importancia local como son as escolas e os camiños. En cambio queda o recurso da incautación, circunstancia que autoriza o parágrafo segundo do artigo primeiro da mencionada lei. Non se estableceron ata o de agora polo Poder Executivo as bases anunciadas para a expropiación dos dereitos que sobre os cementerios poida acreditarse. Mais isto non quita que a incautación se leve a cabo, levantando ó efecto unha acta na que, previo inventario dos bens, instalacións ou dependencias, se fará reserva a favor da autoridade eclesiástica dos dereitos que lle corresponden, que se satisfarán no seu día con arreglo ás bases xa citadas, que como xa se dixo, non se dictaron ata o de agora.-A autoridade que subscribe non coida necesario espallarse en máis consideracións a prol do proxecto que motiva este informe. As razóns da incautación quedan xa sinaladas dun xeito xeral. Compre agora ó Concello Pleno sinala-las cuestións de detalle, que terán de terse en conta ó tempo de realiza-lo que ata o de agora é tan só un proxecto nado do desexo de colaborar no sanea-
- 39 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
mento da conciencia nacional e no engrandecemento da Patria.-A Corporación acordará o que considere máis oportuno.-Boimorto 10 de decembro de mil novecentos trinta e dous.-Pedro López. Rubricado. - Acordo de incautación A Corporación, por unanimidade, amóstrase conforme co informe precedente. En consecuencia, e tendo en conta que hai cuestións de detalle que non se poden precisar no momento, tais coma datas e horas de incautación, testemuñas presenciais e demáis circunstancias, acórdase designar unha comisión, composta polo alcalde, López Bodelo, coma presidente, e polos sres. concelleiros, Boado Seijas e Cabanas Vázquez, a quen se lles outorgan facultades para a incautación en nome do Concello, para designación de testemuñas, para comunicación ós párrocos e demáis detalles, dando sempre conta á Corporación nas sesións a que asistan, do curso do expediente que con tal motivo se instruirá polo Secretario do Concello, quen deberá intervir, tamén, en tódolos actos a que asista a comisión anteriormente nomeada. En Sesión Ordinaria de 15 de xaneiro de 1933, a Corporación queda enteirada da acta de incautación do cementerio parroquial de Boimorto levada a cabo na mañá do mesmo día da sesión polos sres. López Bodelo e Cabanas Vázquez en representación do Concello. -¿Volta atrás na incautación? En Sesión Ordinaria de 19 de febreiro de 1933 dase
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 40 -
conta dunha instancia escrita por D. Antonio López Castiñeiras, cura párroco de Boimorto, en solicitude de que se revoque o acordo tomado por este Concello o 18 de decembro último referente á incautación dos cementerios parroquiais. Ó mesmo tempo dase conta e lectura dunha moción que respecto a este tema, apresenta o concelleiro sr. Boado Seijas no sentido de que debe accederse ó solicitado polo sr. López Castiñeiras, revocando en consecuencia o tal acordo. Sometida a votación, acórdase aprobala por maioría; votando en contra da mesma os sres. López Bodelo, Cabanas Vázquez, Tojo García e Espiñeira López. O sr. Vázquez García non toma parte na votación. Nos libros de actas non volve a mencionarse o asunto dos cementerios nin aparece documento algún que faga referencia a este asunto a partir desta data polo que se deduce que rematou aquí... ou no Amenal e en Ortoño.
A REVOLUCIÓN DE OUTUBRO DE 1934 En agosto de 1932 o xeneral africanista Sanjurjo levántase en armas contra a República. O golpe militar é abortado, pero deixa o sabor da posibilidade de que o soño republicano poida finalizar violentamente. En novembro de 1933 celébranse eleccións lexislativas. O goberno da etapa anterior, entre outras reformas, incluira que por primeira vez puidesen vota-las mulleres. Hai opinións de que o voto feminino contribue de maneira importante ó trunfo das dereitas. Naquel
- 41 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
tempo e tamén despois foi moi debatido sen chegaren a acordo ningún os historiadores. O caso é que Alejandro Lerroux do Partido Radical forma goberno dando entrada a elementos moi reaccionarios e contrarios á mesma República. Ó cabo de poucos meses, o novo goberno de dereitas indulta ó xeneral Sanjurjo e comeza a botar abaixo tódalas reformas progresistas do anterior goberno presidido por Manuel Azaña. Isto quenta os ánimos das organizacións traballadoras que declaran en outubro a folga xeral revolucionaria que ten unha especial e sanguenta repercusión polos excesos dos insurrectos pero sobre de todo pola desmedida e brutal represión en Asturias. A prensa foi censurada e así os lectores non puideron le-las novas do terror imposto polo xeneral Franco que sofocou a revolta, aperitivo do que este xeneral africanista iba ser capaz andando non moito tempo. -Suspensión e detención do Alcalde e outros En Boimorto o día 21 de outubro non se puido celebrar sesión ordinaria do concello por non asistiren número suficiente de concelleiros e convócase unha sesión supletoria o día 24, presidida polo primeiro Tte. de alcalde José Cabanas por detención xudicial do alcalde Pedro López Bodelo. Asisten cinco concelleiros. O alcalde Pedro López Bodelo está detido e encausado xunto con Antonio Vidal Novo por reunión clandestina celebrada no local do Sindicato Agrícola o 7 de outubro. Pídense informes da conducta pública e reservada, por parte do Xulgado de Instrucción de Santiago, ademáis dos xa citados, de José Vázquez López, Antonio Veiga
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 42 -
Regueiro, Ramón Remeseiro García, Isidro López Filloy, José Tojo Vilariño, Manuel Carreira Vázquez, Dolores Senín Garea e Amalia López Filloy. A petición vai dirixida ó novo Alcalde que a contesta favorablemente. Non así a Garda Civil que os tacha de individuos de ideas extremistas e perigosos para o orden público. Ós dous primeiros incóaselles proceso e díctase auto de prisión, e o 30 de Novembro é sobreseída a causa deixándoa en neglixencia que debe sanciona-lo Gobernador Civil, dos demáis non atopamos documentación. Resulta curioso que como proba da "perigosidade " de Pedro da Arentía, na documentación da causa levada contra el inclúese o borrador dunha carta que tiña escrita para o Sr. Ministro de Agricultura, ( que non sei se chegou a mandala), informándoo da situación dos labradores en Boimorto. Carta que se inclúe ó final deste libro escrita de novo para que sexa fácil de ler porque en orixe non se consegue entender coma non sexa con lupa e pacientemente. Dicir tamén que estamos no Bienio Conservador chamado tamén Negro que se ocupaba de botar atrás tódalas reformas do anterior periodo republicano de Azaña. O 13 de novembro, en sesión supletoria ordinaria tamén e segundo consta na acta da mesma, o alcalde segue detido e o primeiro Tte. de alcalde está destituido. Preside o terceiro Tte. de alcalde D. Manuel Carro, que co tempo destacará tamén nos labores represores nesta comarca. Nesta sesión, á que asisten oito concelleiros, os
- 43 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
sres. Boado e Espiñeira apresentan unha moción que di así: " Os que subscriben, concelleiros deste Axuntamento ós seus compañeiros de Corporación propoñen se tome o acordo de adherirse con todo entusiasmo ó Réxime Republicano, ó Xefe do Estado e ó Goberno por ter dado este saír victorioso da revolución social-comunista e a do separatismo catalán, remitindo sen perda de momento as comunicacións oportunas na que literalmente se transcriba tal acordo.- Asímesmo propoñen consignar en consonancia cos fundos municipais e posibilidades deste Concello destinada a engrosa-la suscripción aberta para homenaxe ás forzas públicas quen tan gloriosamente souberon reprimir os actos vandálicos e de barbarie cometidos polos insensatos que por breves días conseguiron perturba-la paz nacional, cuantía que se remitirá ó Exmo. Sr. Gobernador civil da provincia." A Corporación acorda por unanimidade e sen discusión a conformidade coa primeira parte da proposición e con respecto á segunda parte os sres. concelleiros tendo en conta a penuria en que se atopan as arcas municipais que nin siquera conta con cantidade algunha para imprevistos, aínda contra da súa vontade vese obrigada a adopta-lo acordo de non contribuir á suscripción que se propón na mentada moción. O Sr. Espiñeira, que según se deixa ver pola moción non estaba dacordo coa Folga Xeral, sería posiblemente un republicano moderado, é dicir, de centro ou de dereitas. A pesar de todo tamén é paseado no 36
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 44 -
- Destitución de Concelleiros de esquerda Os sres. Pedro López Bodelo, José Cabanas Vázquez, José Tojo García e Ramón Vázquez Garea non aparecen en ningunha acta ata marzo de 1936 despois do trunfo da Frente Popular nas eleccións de febreiro. Son destituídos, do seu cargo por orde gubernativa. O 13 de decembro do 34 celébrase unha sesión extraordinaria na que toman posesión catro concelleiros “nomeados interinamente polo Exmo.Sr. Gobernador civil para substituir ós catro que esta superior autoridade suspendera preventivamente" Tamén, e despois de ser lida a comunicación antes citada do goberno civil, os sres. concelleiros José Boado Seijas, Ramón Montero Gallardo e Manuel Casal Novo expoñen a súa renuncia ós seus cargos de concelleiros que desempeñan " por non estaren dacordo coa actuación dos seus compañeiros de concello, os dous primeiros e o último por estar enfermo e a Corporación acorda que sobre estas renuncias resolva o Exmo.Sr. Gobernador civil" Non me é posible saber o que pasou despois porque estes tres concelleiros que renuncian aparecen como asistentes nas actas das sesións seguintes, e mesmo o Sr. Boado pasa a ser primeiro Tte. de alcalde quince días despois e, en xaneiro do 36 é elixido alcalde, sendo vicepresidente fundador da Agrupación Local do Partido de Unión Republicana de Boimorto en 17 de maio do 36. En Sesión extraordinaria do 28 de decembro do 34 dando cumplimento a un oficio do Goberno civil procéde-
- 45 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
se á elección de alcalde e Primeiro Tte. de alcalde, saindo elixido o Sr. Manuel Carro Sandá como alcalde e José Boado Seijas como primeiro tenente de alcalde. A PREOCUPACIÓN POLAS ESCOLAS O 16 de agosto de 1931, como resultado do esforzo do Goberno republicano en que a instrucción e a cultura chegue a tódolos cidadáns, recíbese no Concello a proposta de creación de escolas mixtas en Arceo e Sendelle, cun prazo de resposta que finaliza o 8 de setembro. Como o presuposto non chega a nada e menos para este esforzo que obrigaría a aumenta-los impostos considerablemente, a Corporación vese entre a espada e a parede e acorda solicitar do Goberno o adianto da suma para a construcción ou aluguer de locais, suma que reembolsará nun prazo de 25 ou 30 anos mediante un recargo dun 5% máximo das cuotas dos contribuíntes. Créase unha nova unidade na escola de Dormeá quedando, coa que xa había, unha para nenos e outra para nenas. Tamén se intenta crear unha en Sendelle e outra en Brates. Os libros de actas do periodo republicano só contemplan a creación da xa dita de Dormeá, existindo outros documentos no arquivo municipal sobre o mesmo feito. É de supoñer que como no ano 33 aínda se andaba a voltas coa posibilidade por falla de cartos, e como co cambio de goberno do Estado nese mesmo ano, o Bienio Conservador deixou en suspenso tódalas reformas do
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 46 -
anterior, non se retomara o asunto ata o novo periodo que racha coa Guerra. O 10 de abril do 32 acórdase en pleno crear unha Biblioteca Escolar Circulante que con sede na Casa Consistorial poida ser facilitada ós mestres das distintas escolas do Municipio coa fin de que poidan disfrutar da súa lectura e ensinanza os alumnos que acoden ás mesmas. O importe da biblioteca é de 469pts. E encárgase a unha afamada librería cunha suscripción mensual de 10pts. por parte do Concello. Mantense un criterio de melloras dos locais escolares que son todos alugados. O de Cardeiro non está habitable e mándaselle un apremio á dona que vive en Santiago para que o arranxe, e como non o fai a plena satisfacción da Comisión de Obras e Cultura, esta busca outro local axeitado. Tamén se rebaixa o aluguer das de Boimorto que se considera excesivo. Outros asuntos Este primeiro periodo é rico desde a Corporación Municipal, sendo dun criterio coas obras sempre tendente á rentable utilización dos cartos públicos evitando esta, dar subvencións para obras onde sospeita que están instigadas e benefician a algún terratenente en exclusiva. Hai varios casos. É un Concello que funciona democráticamente pois os acordos tómanse despois de informes feitos por comisións nas que participan tódolos compoñentes da Corporación, e esta faculta ó alcalde para que execute nos
- 47 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
términos que lle marca. Négaselle a percepción de haberes por importe de 2.500pts. ó veterinario encarregado de face-las inspeccións sanitarias na feira, matanzas etc. porque, seguindo o costume da época, soamente aparecía por Boimorto para cobrar. Tamén o fará a Corporación do 34. Suspenden a un funcionario por prácticas caciquís e varias veces apremian ó recaudador de impostos a que ingrese os cartos que se esfuman. A partir de outubro do 34 hai demasiados cambios e inestabilidade política, non apreciándose, nas actas, que haxa no funcionamento do Concello obras nin proxectos a destacar. Todo é suprimido dun plumazo, e de que maneira, en xullo do 36. a partir de aquí hai un vaivén de alcaldes e corporacións nomeadas a dedo co que os concellos súmense nunha apatía e nunha inoperancia extrema. Na mentalidade popular, de hai máis de dez anos, teño oído dalgúns vellos, nada sospeitosos de esquerdistas nin farrapos de gaita, a opinión que Pedro da Arentía fora o mellor alcalde que tivera nunca Boimorto. Pagárono ben.
A SUBLEVACIÓN MILITAR DE FRANCO E A REPRESIÓN
- 51 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
A SUBLEVACIÓN MILITAR DE FRANCO E A REPRESIÓN Prácticamente xa desde o advenimento da República no ano 31, a España das clases privilexiadas, os terratenentes, o gran capital, a igrexa... está disposta a alzarse en armas contra o novo réxime democrático. O xeneral Sanjurjo e Mola, entre outros, comezan a conspirar e organizar unha trama golpista. O 18 de xullo de 1936, unha conxura de militares, elementos dereitistas contrarios á República e elementos falanxistas levántanse en armas contra o goberno lexítimamente constituido. O día primeiro de outubro o xeneral Franco é nomeado xeneralísimo dos exércitos e ese día unifica oficialmente a Falanxe e o Requeté que andaban a paus entre eles. O xeneral Franco labrárase o seu xeneralato a base de ascensos rápidos en África e a sona de valente e bo estratega gracias á propaganda que del facía sobre todo o xornal ABC, de tendencia monárquica. É curioso que este xeneral é o mesmo que en 1930 declaraba no Consello de Guerra sumarísimo seguido conta os capitáns Galán e García Hernández polos sucesos de Jaca o seguinte: "Recibiendo en sagrado depósito las armas de la Nación y las vidas de los ciudadanos, sería criminal en todos los tiempos y en todas las situaciones que los que
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 52 -
vestimos el uniforme militar pudiésemos esgrimirlas contra la Nación o contra el Estado que nos las otorga." De tódolos xeitos os cerebros do golpe eran Sanjurjo e Mola, este último un sanguinario como o demostran as súas ordes de pasar polas armas, se se dese o caso, ata á súa propia nai, segundo declaracións feitas públicas. En A Coruña e en case toda a provincia o golpe de estado non trunfa ata o día 20, pero non é unha guerra civil o que aquí en Galicia acontece: Despois do 20 de xullo de 1936 existiu en A Coruña unha guerra civil distinta á que durante os anos do franquismo nos contaron. Na nosa cidade non existiron crimes de roxos que levar á Causa Xeral aberta unha vez rematada a victoria nacional para castigar debida e exemplarmente ós vencidos... En A Coruña as inxustizas e as violacións foron cometidas soamente por uns, polos chamados azuis ou nacionais, mediante asasinatos disfrazados coma actos de xustiza, con fusilamentos sistemáticos, con sacas de presos para pasealos, con encarcelamentos, con depuracións, con incautacións patrimoniais, con sancións económicas xeralizadas, con agresións físicas e psíquicas etc...,etc..., que encerraban o obxectivo de impedir crecer as persoas nun trunfo irracional do fascismo... Luis Lamela - A Coruña, 1936 - Memoria convulsa de una represión - Ediciós do Castro. Certamente. E o Golpe trunfou só parcialmente. Como golpe tiña fracasado. Os golpistas contaban con meter á República en cintura en tan só uns poucos días, pero a resistencia dos partidarios da Legalidade foi maior do que contaban. Non lles quedou máis remedio que iren
- 53 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
a unha guerra longa e cruenta en demasía. Metidos xa na allada da rebelión non tiñan volta atrás, a alternativa era un Consello de Guerra e o fusilamento por traidores. Por iso os asasinatos xeralizados non comezan ata agosto, cando xa se conta que a República é dura de pelar e hai que ir a unha contienda en toda regla. Ata principios dese mes de agosto todo é un caos e só cando Alemaña confirma a súa axuda ó bando rebelde é cando se deciden a iren a por todas. Armas de toda clase, as máis modernas, aviación e homes que lles fornecen os gobernos fascistas de Alemania e Italia danlles ánimo para enfrentarse á España que queda baixo o goberno lexítimo. A primeiros de agosto nomean os delegados de Orden Público e comezan ós poucos días os asasinatos. A represión é planificada, programada. Limpa-la retaguardia, eliminar a todo sopeitoso de defender á República. Os paseos e demáis desmanes non son froito do caos, son consecuencia dunha premeditación e unha organización. E tamén, de paso, aproveitase para saldar vellas contas personais que ás veces nada teñen que ver coa política. É o tempo tamén dos convencidos de última hora. Eses que son coma os lirios. Saen da corte cando está bo tempo. O noso País cóbrese de cadáveres, que aparecen xeralmente nas beiras das estradas, onde todos os poidan ver para que, cheos de terror, ninguén se mova. É en Agosto cando comeza a represión máis brutal. A mediados. Sistemática, de xeito que non escape ninguén. Salvan poucos: os que foxen para os montes ou se agachan para esperar mellores tempos. Outros, os máis decididos ou os máis desesperados, pasan a formar parte da guerrilla.
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 54 -
Pero iso xa é outra historia. Os que son xulgados sono por rebelión militar (cando os rebeldes en armas eran os que se converteran en xuíces), aínda sendo civis, nunhas farsas de xuizos onde o que se libra é con cadea perpétua que pasando os anos irán rebaixando porque non había onde meter tanto preso. Foi no tempo da malla En Boimorto, a mediados de agosto, partidas de facistas, principalmente falanxistas, deciden xuntar ás xentes significadas da esquerda para dar un escarmento. Segundo tódolos testimonios, fano instigados polo crego de Boimil - Andabao, D. Emilio, de quen dá un perfil axeitado o informe sobre a situación política en Boimorto feito polo Secretario do concello no ano 31. Nunca ninguén me falou ben del. Este señor tivera diversos enfrentamentos co alcalde Pedro da Arentía e coas xentes do Sindicato Agrícola afecto á UGT. A verdade é que había poucos veciños de Andabao cos que non tivese problemas.A gota que colmara o vaso fora posiblemente a expropiación dos cementerios, aínda que hai tamén incidentes que reflexan as actas do Concello coa familia Filloy de Parabico por culpa dunhas obras nun camiño veciñal e co mesmo vecindario por negarse a dar enterro civil a un menor de idade como consta nas actas do concello en xullo de 1931. Seica tamén organizaran a festa e subastaran o hórreo do cura que fora feito con madeira da parroquia. Parece ser tamén que o crego fora a vivir para Boimil for-
- 55 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
zado polas desavenencias que tiña cos máis dos veciños da parroquia de Andabao. Tamén houbo un ataque á súa casa de Andabao con petardos e algún tiro. Pedro, o alcalde é o cabeza visible dos contrarios a D. Emilio e vai ser o que buscan con máis saña. É o tempo da malla, mediados de agosto do 36. Van por algún á casa; a outros mándanlles recado de que se presenten na Gándara. A disculpa é firmar uns papeis no Concello. A maioría viste a mellor roupa, a dos domingos. Deixan o traballo e case todos din que logo volven. A lista é longa de máis. -Antonio Felpete Budiño dos Currás - Cardeiro. -Isidro Filloy López de Parabico-Andabao. -José Cabanas Vázquez do Vilar-Andabao. -Ramón Sánchez Rapela de Andabao. -Andresito Filloy. -Pedro López Bodelo da Arentía-Andabao. -Manuel Sánchez de Valente de Andabao -José Sánchez -José Barreiro Pérez, o home da Gabrianta de Cardeiro. -José Tojo García de Piñeiro-Cardeiro. -Manuel Espiñeira López de Bertomil-Brates. -Ramón Vázquez Garea de Cheda-Boimorto. -Juan Martínez Bao do Boído-Boimorto. -Ramón Enjamio Pombo da Gándara-Boimorto. -Ramón Lodeiro da Gándara-Boimorto. -Andrés de Cardelle de Boimorto. -Caitán García do Quinto de Orros
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 56 -
A lista con dezasete homes era aínda máis longa. O crego de Sendelle parece ser que se opón firmemente e salva a uns cantos dos seus fregueses. O de Brates inténtao en Sobrado e bótano de malas maneiras dicíndolle un: Váiase se non quere quedar con eles. O aviso para os de Andabao era de xuntárense na escola. Pedro López Bodelo, Manuel Sánchez de Valente e José Sánchez non se presentaron, ventaron a trampa. Fuxiron e, os dous primeiros, andiveron escapados ata o ano 1941. En xaneiro deste ano 41 entréganse no cuartel de Sobrado, son encarcelados e xulgados por Auxilio á rebelión, e condeados o primeiro a oito anos e segundo a seis anos e un día. O que máis cumple é Pedro que bota nove meses Isidro do Canteiro era sindicalista. Traballaba e fora expulsado da fábrica de tecidos de Présaras, na que traballan máis de duascentas mulleres. Parece ser que por defender os máis elementais dereitos laborais destas. Isidro tamén o cheirou: "Non vou escapar, eu non fixen nada. Logo díxolle a Josefa, a súa filla: " Nena, vai xunto a Andresito e dille que escape." Andresito era o sobriño, o fillo de Amalia. Andaba polos dezaoito anos. E Isidro foi á escola. Canda os demáis. Enfrente da escola vivía unha irmá e díxolle á sobriña que estaba alí: " Nena, vai á casa e dille a Casimiro que me traia os cartos que están gardados." Un dos facistas mirou para el e díxolle: "Tranquilo que pa onde ti vas non precisas cartos." Cando Casimiro chegou xa os levaran. Andrés de Cardelle preséntase de traxe pensando
- 57 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
que iban recibir a algunha autoridade. Mándano de volta para a casa porque era o amo de chaves da casa de Cotarelo. Juanito de Froito do Boído, de trinta e dous anos, dispoñíase a almorzar e súa nai dille: Juanito, come as sopas que xa están feitas. / Mamá, vou ó Ayuntamiento, que logo veño; tardarei un cuarto de hora. Alí quedaron as sopas, xunto á muller, Consuelo, e catro fillos noviños. Antonio Felpete dos Currás foi a Boimorto con présa porque os da casa estaban para mallar. Eran sobre as nove da mañá. Na Gándara, espósano e méteno no camión canda ós outros. Cae na conta de que non leva cartos. Pídelle un peso prestado ó dono da taberna da Gándara, o sr. Antonio "O Coxo", e o sr. Antonio dallo para a man. Tempo despois Carmela, a viúva, cumplidora coma case tódolos humildes, volveullo. En Sobrado o sarxento que mandaba as forzas deixou fuxir a Ramón Lodeiro, escribano do Concello. Ramón Lodeiro estivera encausado xunto co Pedro da Arentía pola Folga Xereal de outubro do 34. No expediente aparece como socialista, pero eso de ser escribano á Garda Civil daquel tempo causáballe moito respecto. Chegaba con ter asistido a un mitin das esquerdas. No saco entraban tamén republicanos de dereitas ou de centro. Véxase o caso de Manuel Espiñeira López, veciño de Brates e concelleiro, que celebrou cunha moción a victoria das forzas que reprimiron a folga xeral en Asturias do 34. Tamén caeu. A sede de sangue era moita... Espiñeira vivía en Bertomil. Algo ventaban todos. O seu veciño e
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 58 -
amigo, Andrés do Castelo, díxolle: Escápate que eu vexo as cousas moi mal. Eu no que poida heiche levar comida e axudareiche onde sepa que esteas. Espiñeira contestoulle: Andrés... tenme tino dos tres rapaces, que non pasen fame. Desde a Gándara lévanos nun camión para Sobrado. Alí téñenos 48 horas, sen comer nin beber cunha saca de mineral de cen quilos ó lombo paseando. Logo mallan neles con saña. Isidro ten maña de sacar unha pequena nota para a súa muller: Sr. Dn,Encarnación Budiño Mi querida Esposa deseo que te encuentres bien de salud en compañía de nuestros hijos la mía buena, querida esposa aun estamos en Sobrado y contamos de salir uno de estos días y nose para donde y deseo que reprendas a nuestros hijos y ellos que se guien por ti y le entregas esta carta al señor maestro y el os dira como teneis que hacer las mujeres de los que estamos detenidos Recuerdos para los niños y tu recibes un beso de este tu esposo Isidro Sobrado 17 de Agosto de 1936 Na memoria da xente hai a opinión de que estaban todos no Axuntamento. Non é certo. Isidro nunca fora concelleiro e Andresito Filloy tampouco. Catro deles, Antonio
- 59 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Felpete Budiño, José Barreiro Pérez, Juan Martínez Bao e Ramón Enjamio Pombo tomaran posesión catro meses antes. Posiblemente o 20 de madrugada lévanos a Santiago. Segundo apunta a memoria que quedou na xente deste concello alí dixéronlles que volvesen con eles para a casa ou que fixeran o que estimasen oportuno. Alí xa non había sitio para máis... Na parroquia de Ortoño, na curva dos Batáns, á beira da carretera aparecen seis. Os veciños recóllenos e lévanos ó adro da igrexa nun carro do país. Alí son fotografiados un por un e inscritos con partida de defunción, numerados, coma descoñecidos. O cura, que ve que algúns levan escapularios ó pescozo, mándaos soterrar en sagrado nunha fosa común xunto cun mestre novo do que non sabemos o nome. Están no lado dereito, á beira do ángulo dianteiro da igrexa parroquial. Anos despois serán identificados pola foto e pola descripción por familiares seus. Na memoria de Ortoño son coñecidos como "Os homiños de Boimorto." No Amenal fusilan seis. Cando lles dan o tiro de gracia, chegados ó corpo de José Cabanas, ensanguentado polo compañeiro, aforran a bala e Cabanas salva a vida. Mandan vir a uns veciños para que caven unhas tumbas no monte. Nunha carballeira que alí había. Alí, á beira da carretera. Tedes seis para enterrar, dinlle a un dos que buscan para cavar. Cando chegan polos corpos só hai cinco. Os enterradores son escollidos pola súas simpatías coa causa republicana. Así íbanlles metendo a cravuña... Dixo un veciño do Amenal hai poucos días. Cavan dúas fosas.
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 60 -
Nunha meten dous e na outra, un pouco máis abaixo tres. Cabanas vai monte arriba ferido nunha perna. Alguén no monte, din que un pastor, empréstalle un fouciño ou unha navalla para quita-la bala. Logo agáchase como pode e vive así un longo tempo. Destes cinco do Amenal queda o nome do lugar: " A chousa dos mortos." O seu nome é propiamente Agra da vila. Desde aquela ten dous. Non se sabe quen, pero as tumbas botaron anos coidadas e visibles. Ningún xuiz fixo o levantamento dos cadáveres preceptivo, nin fixo fotografías. Non hai partida de defunción. Non existen. Nunca existiron. Doce para matar e mataron once. Trinta anos de ¿democracia? e aínda, posiblemente, este libriño e estes actos que se van facer dean moito que dicir en contra. Que se non paga a pena revivi-lo pasado. Que se é remexer vellas feridas. Que... ¿Qué? Tal vez sexa necesario apelar á ¿xenerosidade? Non sei. Para min é un acto de xustiza e nada máis. Unha necesidade colectiva. Unha catarse... ¿Un exame de conciencia?
AS OUTRAS VÍCTIMAS
- 65 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
AS OUTRAS VÍCTIMAS
Non me resisto a facer este capítulo porque é algo que sempre me preocupou. ¿Qué foi dos que quedaron, das viúvas, fillos e demáis familiares? ¿E que foi tamén dos que salvando a vida viviron corenta anos no silencio e baixo sospeita, marcados coma xente "perigosa socialmente e de ideas extremistas" Polo de pronto tiveron que tirar para adiante como puideron. Á maior parte das viúvas, a familia botoulles unha man cos fillos e co traballo. Anos de guerra e posguerra con fame e miseria para case todos. E para eles máis. Os fillos e irmáns das víctimas, así coma os que non morreron, tiveron que face-la guerra ó lado dos que os perseguían. Ó lado daqueles que mataran a algún dos seus familiares. Finalizada esta, tamén no servicio militar, aqueles que eran neniños cando levaron a seu pai, estaban baixo sospeita e logo, aínda que quixesen, non podían ingresaren en ningún posto público. Era inútil que o solicitasen. Éralles denegado. A vinganza dos vencedores continuou anos e anos ata que o silencio botou terra enriba e o cansancio obrigou a esquecer.
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 66 -
Pedro da Arentía e Manuel Sánchez de Valente fuxen e aguantan agachados por onde poden case cinco anos. As familias sofren as contínuas visitas e presións dos facistas e das forzas do exército e da Garda Civil. Non relatarei os modos usados por recato e porque sinto vergoña. Chega a tal extremo escandaloso que a guerrilla de Ponte acode a Andabao coa intención de dar un escarmento de morte nalgún dos represores. Teñen unha reunión no monte con xente que forma parte dos apoios que a guerrilla ten na parroquia. Estes enlaces convéncenos para que non actúen porque as culpas poderían recaer sobre Pedro e máis Valente. O caso é que, finalizada a guerra, hai un xeito de bando que invita a tódolos que están fuxidos e que non teñan delictos de sangue a que se entreguen que non lles pasará nada. Pedro e Valente preséntanse en Sobrado o día 8 de xaneiro de 1941. Son acusados de Auxilio á rebelión e levados a prisión, son xulgados e condeados a oito anos o primeiro e a seis e un día o segundo. Valente sae en liberdade o 16 de marzo e Pedro en decembro do mesmo ano. O máis curioso do caso é que os informes que emite a Garda Civil de Sobrado son de conducta pública e privada intachable, non así a política, por suposto. Pero ¿que acontece coas familias? E, sobre de todo, ¿que se pode dicir das mulleres que non puideron darlle terra ós seus homes ou fillos? ¿Qué facer logo con ese sentimento da morte tan especial que temos neste País?. ¡Cantas bágoas vertidas no silencio do cuarto sen que as vise ninguén! ¡Canta rabia contida ó ver pasar ós verdugos día si e día tamén cun sorriso nos beizos!
- 67 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Pais e principalmente nais e viúvas, ó vérense soas coa carga familiar; esa culpa botada indirectamente ós seus fillos ou compañeiros sacrificados por algo que elas, moitas veces, non chegaron a entenderen. Isto é o que máis arrepía. ¡Quen lles mandaría a eles meterse en nada!... ¡Que necesidade tiñan! Poder chegar a admitir e dar por case certo o, ¡Algo farían!, tras anos de oir que eran culpables dalgo. Ou aquilo que aínda permanece na sombra de que foran arrastrados por unha mala influencia; e case sempre esa culpa cae sobre Pedro da Arentía: ...¡Ese si que foi listo!... E a ignorancia do que realmente sucedera por parte dos fillos e ás veces delas mesmas. Non foron os asasinados, nin os vencidos que quedaron, xentes que se meteran en política por casualidade. Daquela a política sentíase no corazón e a flor de pel. Eran tempos de inquedanzas e de ilusións. A maior parte deles sabían moi ben polo que loitaban. Aspiraban a rexenera-la sociedade e tentárono demostrando que era posible. Non o foi porque o momento e as circunstancias non o permitiron. Pero tentárono e pagaron coa vida, ou coa persecución e o silencio, o seu atrevemento. A todos eles matáronlle-la ilusión dun mundo máis xusto. A nós sumíronnos en anos de escuridade e silencio. NINGUÉN LLES DIXO NADA Hai dous anos que entrevistei á sra. Dolores Felpete en Santarandel. Unha tarde de inverno, desas tardes escuras, húmidas, con esa chuvia maina e mesta que o molla todo, que ameaza con non parar para dar un pequeño res-
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 68 -
piro, entrei na súa casa. Só sabía que tiña noventa anos e que estaba disposta a partillar comigo os seus recordos, as lembranzas amargas dos seus dezasete-dezaoito anos. Cando a deixaron orfa de pai e de ilusións. Eu, desacougado, ía enfrentarme cunha conversa que sabía que produciría unha inmensa dolor. Esa dolor que reverdece ó remexer en fondas feridas que nunca sanaron a pesar do paso dos anos. De setenta longos anos. Contoumo todo. Tal e como o vivira. Estaban para mallar cando recibíu o aviso. El non desconfiou. Xa foran chamados outra vez e non pasara nada. Vestiu a roupa dos domingos. Dixéronlle que tiña que ir ó Concello a facer non sei que dilixencias... Era concelleiro. Dos da República. Nunca máis volveu. Sóubose que os levaron ó cárcere de Sobrado e que mallaron neles con saña de feras... Logo apareceu xunto cos seus compañeiros nunha estrada de Ortoño, nos Batáns, paseado. Sen xuizo. Sen clemencia. Sen xustificación. Sen razón ninguna para a morte. Entre saloucos, agarrando con forza o pano de man, debullou os seus recordos. Debullou a impotencia e o silencio obrigado de tantos anos. A inercia da vida que a levou a seguir vivindo sen comprender o por que. Mostroume unha fotografía, que cobre de bicos a cada pouco, de seu pai morto. Fusilado. Aparecido a cincuenta quilómetros da súa casa, na veira dunha estrada fría. Con todo calculado para que os visen. Para que desen escarmento e terror. Para que ninguén se atrevese a pensar. Para que o medo sobrecollera as conciencias. Non lles deixaron velo nin visita-la súa tumba, a
- 69 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
foxa común onde lles deron terra. A palabra facistas nomea ós culpables do asasinato, e ela pronunciaa unha vez e outra e, non sabía nin sabe o significado desa palabra que repite con esa inocencia que xunta ós vellos cos nenos. O relato foi entrando en detalles. Seu pai non sabía ler nin escribir. Era tratante de gando nas feiras. Home moi coñecido. Despois de levárllelo aínda volveron varias veces. Ameazantes. Con arrogancia. Insultantes. Mantendo a nova orde. E no ambiente da conversa estaba a pregunta que ninguén preguntaba. ¿Por que? No ambiente ía e viña a dúbida mantida durante anos de mentiras: " Algo faría..." Neste mundo rural nada acontece porque si. Os asasinos materiais e os que incitaron, alentaron, protexeron ou consentiron os asasinatos tiveron anos e anos para xustificárense con mentiras, con patrañas que de tanto repetilas acabaron sementando a dúbida sobre o que fora algún día verdade nidia. Construiron e instaláronse nun mundo de podre moralidade que aínda dura. E, contra o final, despois de hora e media longa de conversa monologada por ela, entre saloucos, repetindo os feitos unha e outra vez coa memoria que vai e vén dos vellos... eu fixen a pregunta: ¿E vostede sabe por que llo mataron? Ela encolleu os hombros. Ela sabe... Ela mamou da cultura agraria, que nunca hai xustificación para unha morte alevosa, fría e sen xeito. Pero dubida. A sombra dos anos, dos comentarios calados, das marmuracións malintencionadas, das conversas en voz alta dos asasinos que
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 70 -
se tornaron en persoas respeitadas e de moral moralizante e exemplar... A dúbida... E eu conteille. Eu, pobre de min, que sei desto por oídas, por estudio e por referencias... Eu non puiden aguantar a dolor da dúbida que aniñaba desde tanto atrás nela. Conteille que houbo un tempo en que no corazón de moitos homes aniñou a ilusión dun mundo mellor, máis xusto, onde non habería nin amos nin escravos. Que en abril do ano 31 esa ilusión tiña un nome: República. E que eses homes, servos, prendáronse dese nome de muller: República. E que a esperanza comezou a tomar realidade e traballaron por ela. El, seu pai, tamén sentiu ese amor. A República significaba que os nenos terían escolas, os caseiros terían mellor vida, habería carreteras, os labregos non pagarían foros nin rendas abusivas... que a democracia iría vindo... E fixeron concello. E fixeron camiños, e fundaron escolas. E soñaron un novo mundo máis xusto. E faleille que os amos non permitiron que iso fose adiante. Eses amos que ela coñeceu ó longo da súa vida. E que un 18 de xullo, en nome de grandes palabras como patria, orde, deus, moralidade... afogaron en sangue a democracia e instauraron o terror e a morte. E asegureille que seu pai non cometera delicto ningún. Que unha vez máis os lobos baixaran a atemorizar o rabaño para deixaren ben claro quen mandaba e quen tiña que obedecer. E que fixeron sangue entre os mellores... Tamén lle dixen que eran tempos, tardíos, pero tempos de recupera-la memoria. Sen vinganza, pero recuperala enteira, nidia, limpa... Para todos nós. Para que descansen en paz eles e nós.
- 71 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Despedínme dela. Prestoume a fotografía de seu pai morto no chan. E aínda me agasallou cunhas cantigas faladas co riso nos labios e as derradeiras bágoas nas fatulas. Cando saín continuaba a chover pero xa non estaba a tarde escura. Eu comprendín, e de que maneira, que ninguén lles dixera nada. Nunca chegaran a saberen por que os mataran. Que sempre estivera aí esa condanada dúbida, esa lousa, esa incertidume: " Algo farían cando os mataron..." E non. O seu delicto fora atreverse a soñar e comezar a materializar o soño. A Sra. Dolores morreu hai pouco. Apagóuselle a vela pouco a pouco, a modiño, aloumiñada polos seus. Na súa casa. No seu mundo. ¡Teremos que aprender a soñar unha miga máis do que o facemos!
DOCUMENTOS
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 74 -
Señor Alcalde: El que suscribe, como Secretario del Sindicato Agrícola del Ayuntamiento de Boimorto, y sus contornos, tiene el honor de comunicar a Vd. Que el próximo domingo, día cinco del Presente mes, a las tres de la tarde celebrará Junta General Ordinaria dicha sociedad, en el local de la_________, casa de José Cabanas, Con Objeto de tratar del Siguiente orden del día 1º Lectura y aprobación del acta anterior 2º Gestión de la Junta Directiva; y, 3º Preguntas y Proposiciones de los asociados. Lo que en virtud de las leyes vigentes tengo el honor de comunicar a Vd, a los efectos consiguientes. Viva Vd. Muchos años Andabao 3 de Abril de mil novecientos treinta y uno El Secretario José Balado Señor Alcalde Presidente del Ayuntamiento de Boimorto.
Notificación ó alcalde da celebración dunha reunión do Sindicato Agrícola. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 75 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 76 -
. Petici贸n de informe dos candidatos proclamados para as elecci贸ns do 12 de abril. (Arquivo Municipal de Boimorto )
- 77 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 78 -
. Bando proclamando a II República en Arzúa. ( Arquivo Municipal de Boimorto )
- 79 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 80 -
. Oficio do Gobernador Civil ordenando a inmediata constituci贸n dos Concellos sa铆dos das elecci贸ns do 12 de Abril. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 81 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 82 -
- 83 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 84 -
Boimorto a 19 de Abril de 1931.
En la parroquia de Andabao termino municipal de Boimorto (Arzua) previa citación al efecto, se han reunido en el domicilio del sindicato de "LABRADORES DE BOIMORTO Y SUS CONTORNOS" la mayoria de los socios, y sinpatizantes con las ideas republicanas, pertenecientes a las distintas parroquias de este termino municipal. Y siendo las tres de la tarde con axistencia de las representaciones de todas las parroquias mencionadas, pudiendo calcular alli presentes a la mayoria de los vecinos que las componen. El sr presidente abre la sesión, y pone a discusión el objeto de la misma que como todos conocen se trata de la proclamación de la Republica en todo España e inclusive en los mas remotos contornos faltando solamente aquellos lugares donde las desaforadas arbitrariedades, se han sucedido años y años, como paso en este municipio, desde hace tantos años. Hacen uso de la palabra varios de alli reunidos y despues de una deliveración larga, se acuerda por unanimidad, protestar ante el Gobernador de la provincia, y prohibir por todos los medios a nuestro alcance, que tomen posesión de sus cargos, los concejales ciervistas designados por el cacique de siempre, que aparecen electos es día doce del corriente. Ya que han sido impuestos por este, contra la voluntad popular en un periodo que solo imperaba la arbitrariedad DICTATORIAL, en vez de la voluntad del pueblo. Asi mismo se acuerda por unanimidad, salir en manifestación al ayuntamiento y hacer presente, al concejo anterior, los acuerdos y deseos del pueblo soberano, y que estos pongan sus cargos a la disposición de la voluntad popular, y nunca alos elejidos arbitrariamente contra la voluntad xxxxx, de la mayoria del pueblo, que repetimos es el poder soberano. Y como al frente de la manifestación se hallaban presentes los representantes de esta sociedad, con bandera REPUBLICANA desplegada, es acuerdo de la mayoria subir al ayuntamiento y ---proclamar la REPUBLICA, e hizar la bandera que benimos acompañando, en el edificio municipal, regalandola como recuerdo para que sea
- 85 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
enarbolada, todos los dias festivos, en que fuese necesario. Haciendo presente al Sr secretario que el es el responsable de tan respetada insignia Y por ultimo se acuerda remitir copia de esta acta por conducto del ayuntamiento y bajo sobre certificado al sr Gobernador de la provincia, para su conocimiento y efectos, y se ha nombrado una comisión integrada por dos individuos que se trasladen a la Coruña, hacer presente al Sr Gobernador provincial los atropellos cometidos, y por ultimos se acuerda tambien, que si los concejales CIERVISTAS intentasen apoderarse del Ayuntamiento, prohibirlo por todos los medios a nuestro alcance. Y siendo las cinco de la tarde se da por terminado el acto recomendando cordura y serenidad, esperando de las autoridades de la Republica sabran resolver en justicia.. Vo. Bo. El presidente
El secretario.
Han reconocido la bandera mencionada los dos concegales del antiguo regemen Juan Peteiro y Ramon Careira. Siendo llamado el alcalde y sin encontrarlo, asimismo presenciaron de parte del Ayuntamiento el portero Manuel Martinez y el oficial del Secretario Juan Sanmartín que recoguida la bandera en compañía delos concegales mencionados se da por terminada el acta firmando algunos delos que lo presenciaron.
Acta da asemblea celebrada polo "Sindicato Agrícola de Boimorto y sus contornos" para ir en manifestación a proclama-la República o 19 de abril de 1931 e protestalas eleccións do pasado día 12. ( Arquivo do Reino de Galicia - Goberno Civil - G-2.805 )
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 86 -
- 87 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 88 -
- 89 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Documento onde consta oficialmente a protesta diante do alcalde saĂnte-entrante polas irregularidades nas elecciĂłns do 12 de abril. ( Arquivo do Reino de Galicia - Goberno Civil - G-2.805 )
Boimorto - Memoria dun Silencio
-90 -
. Oficio do Gobernador Civil divulgando a posibilidade do env铆o de protestas de irregularidades nas elecci贸ns (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 91 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 92 -
El Exmo Sr Gobernador Civil de esta provincia en telegrama de hoy, participa que en número extraordinario del Boletín Oficial, publicarase lo relacionado con las elecciones municipales de los Ayuntamientos donde haya Comisión Gestora, cuyas elecciones celebraranse el día treinta y uno del actual. Lo que traslado a V. en virtud de orden de la mencionada Autoridad Salud y República Arzúa a 14 de mayo de 1931 El Presidente
Sr Presidente de la Comision Gestora de Boimorto.
Oficio comunicando data e instruccións para celebración de novas eleccións municipais, para o próximo 30 de maio, por teren sido anuladas as de abril. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 93 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 94 -
. Oficio do Gobernador Civil dando instrucci贸ns sobre as elecci贸ns extraordinarias do 31 de maio. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 95 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 96 -
. Escrito do Concello de Santiago pedindo que o de Boimorto se sume a unha protesta. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 97 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
-98 -
. Escrito do Gobernador Civil para vixia-la actitude dos curas para coa II RepĂşblica. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 99 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
COMISIÓN GESTORA SECRETARÍA
- 100 -
DEL AYUNTAMIENTO DE BOIMORTO -
La "GACETA DE MADRID" correspondiente al día 30 de mayo último, publica un decreto del Ministerio de la gobernación fecha 29 del mismo mes, relativo a las normas necesarias para la celebración de las elecciones municipales a que se refiere el Decreto de 13 del referido mes.En su vista, y a fin de dar cumplimiento a lo dispuesto en el artículo 2º de dicha Soberana disposición, se cita a los señores que al margen se relacionan, que constituyen los doce Concejales elegidos en las elecciones celebradas el pasado día 31 para formar el Ayuntamiento de este pueblo, para que concurran a esta Consistorial, sita en el lugar de la Gándara el día CINCO DEL ACTUAL MES DE JUNIO A LAS DIEZ DE LA MAÑANA, al objeto de tomar posesión, y se les encarece la máxima puntualidad Del enterado de la presente, se servirá firmar a continuación Libro la presente de orden del Sr. Presidente de la Comisión gestora de este Municipio, en Boimorto, a dos de junio de mil novecientos treinta y uno. El Secretario Provincial Jesús Sanmartín
(Na marxe esquerda do documento) SEÑORES QUE SE CITA: D. PEDRO LÓPEZ BODELO- D. JOSÉ CABANAS VÁZQUEZ - D. MANUEL CARRO SANDÁ - D. JOSÉ BOADO SEIJAS - D. MANUEL CASAL NOVO - D. JOSÉ TOJO GARCÍA - D. ESTEBAN PETEIRO LAGARES - D. MANUEL COSTOYA MOSQUERA - D. MANUEL ESPIÑEIRA LÓPEZ - D. RAMÓN MONTERO GALLARDO - D. RAMÓN ABAD PEÓN - D. RAMÓN VÁZQUEZ GAREA.
.
Citación ós concelleiros electos en 31 de maio de 1931 para a Sesión de constitución do novo Concello. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 101 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 102 -
. Composición da Corporación Municipal en xuño de 1935. Parte dun informe que o Goberno Civil envía ó Ministro da Gobernación dando conta da situación política da provincia (Arquivo do Reino de Galicia - Goberno Civil)
- 103 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 104 -
. Reclamaci贸n do crego de Andabao pola exhumaci贸n en cementerio protestante. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 105 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 106 -
. Citaci贸n para a incautaci贸n do cemiterio de Boimorto. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 107 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 108 -
- 109 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 110 -
Sr. Alcalde del Ayuntamiento de Boimorto D. Antonio López Castiñeiras, cura párroco de Santiago de Boimorto y como tal representante y administrador de la Iglesia, usando del derecho que le concede el Estatuto municipal vigente, formula el presente escrito, pidiendo, al amparo de aquel, que la Corporación municipal se sirva reponer el acuerdo dictado por la misma en sesión de dieciocho de diciembre ultimo por el que decretó la incautación a su nombre, del Cementerio parroquial de Boimorto y por lo tanto nulo el acto de incautación llevado a cabo el día quince del que rige por la Comisión del Ayuntamiento compuesta del aAlcalde (del) Sr. López Bodelo y concejal Cabanas. Como fundamentos para obtener tal reposición, alega los consignados en la protesta que consta en el acta de incautación referida, cuya copia intereso (?) se acompaña a este recurso. Suplicando a V. que despues de dar cuenta a la Corporación que preside de este escrito, se sirva rectificar el _____(?) padecido con su acuerdo de dieciocho del pasado Diciembre, reponiéndolo y declarando, por lo tanto, nulo y sin efecto alguno el acto de incautación de que va hecho ______(?) Boimorto Enero dieciocho de mil novecientos treinta y tres Antonio Castiñeira.
- 111 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Con esta fecha se presenta en esta Secretaría a mi cargo, dándosele el curso correspondiente. Boimorto 18 Diciembre 1933 El Secretario Ramón Lodeiro Como se ve se comparamo-las datas o Secretario aínda estaba no mes anterior e trabúcase.
Petición do crego de Boimorto para que se deixe sen efecto a incautación do cemiterio. (Arquivo Municipal de Boimorto)
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 112 -
Moción El concejal señor Boado , que suscribe, con respecto a la incautación de los cementerios parroquiales opina lo siguiente que la causa de haber votado el acuerdo cuya reposicion se pide, decretando la incautacion de los cementerios parroquiales, fue debido a que la mocion del sr. Alcalde pidiendolo no quedo sobre la mesa para que con tiempo y serenidad pudiesen consultarlo con la legislacion vigente sobre la materia. La Ley del 30 de enero del año ultimo sobre secularizacion de cementerios si bien en su ultimo parrafo del articulo (1º ?) autoriza a los municipios para incautarse de los cementerios parroquiales expropiando el derecho que sobre ellos pueda acreditarse, menciona que esto se hara con sugecion a las bases que se establecen por el poder ejecutivo. Estas no se establecieron aun y por lo tanto el Ayuntamiento no es quien sin incurrir en responsabilidad, para verificar la incautacion, por lo tanto, opina, que procede decretar haber lugar al recurso de reposicion que pide el Sr. Lopez Castiñeiras, emitiendo su voto en este sentido. Jose Boado.
Escrito do concelleiro Sr. Boado Seijas volvéndose atrás do seu voto afirmativo no asunto da incautación dos cemiterios. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 113 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 114 -
. Comunicaciรณn de declaraciรณn de Estado de Alarma en previsiรณn de desรณrdenes polo chamamento รก Folga Xeral. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 115 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 116 -
. Bando declarando o Estado de Guerra o 7 de outubro do 34. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 117 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 118 -
. Comunicado ampliaci贸n Estado de Guerra declarado cando a Folga Xeral de Outubro de 1934. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 119 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 120 -
. Instrucci贸ns para o mantemento do Orden P煤blico. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 121 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 122 -
. Comunicación de prohibición de actos públicos, manifestacións e reunións. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 123 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 124 -
. M谩is comunicaci贸ns sobre as medidas gubernamentais diante da Folga Xeral. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 125 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 126 -
. Petición de informes sobre os paisanos: Antonio Vidal Novo, José Vázquez López, Antonio Veiga Regueiro, Ramón Regueiro García e Pedro López Bodelo, encausados por reunión ilegal durante a Folga Xeral de Outubro. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 127 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 128 -
. Informe da Garda Civil encausados pola Folga Xeral Revolucionaria de Outubro de 1934.
- 129 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 130 -
. Petición de informes de Isidro Filloy López, José Tojo Vilariño, Manuel Carreira Vázquez,Dolores Senín Garea e Amalia Filloy López, pola mesma causa cós anteriores. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 131 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 132 -
. Petición de informes de Ramón Lodeiro Muiña e Andrés Cotón Cacharrón supoño que polo mesmo motivo. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 133 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 134 -
. Petici贸n de informe, por parte da Inspecci贸n, das medidas tomadas para soluciona-lo problema da escola de Cardeiro. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 135 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 136 -
. Comunicación da mestra de Dormeá á Alcaldía na que se dá conta do cumplimento da orde de retirada do retrato do Rei, símbolos reliciosos e demáis. ( Arquivo Municipal de Boimorto)
- 137 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 138 -
. Petici贸n de vacinas antivari贸licas para 200 nenos do Concello. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 139 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 140 -
. Escrito comunicaci贸n da revisi贸n da renda de aluguer das casas-escola de Boimorto. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 141 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 142 -
Isidro L贸pez Filloy de novo. (Foto cedida por xentileza da familia)
- 143 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 144 -
Antonio Felpete Budi単o fotografiado morto no adro da igrexa de Orto単o (Ames). Todos ti単an foto pero s坦 se conserva esta, que eu saiba. ( Foto cedida por xentileza da familia)
- 145 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 146 -
Nota/Carta que escribe Isidro Filloy dende a cadea de Sobrado á súa esposa Encarnación. ( Documento cedido por xentileza da familia)
- 147 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 148 -
Pedro López Bodelo que foi alcalde en Boimorto e Presidente do Sindicato Agrícola durante a II República. ( Foto cedida por xentileza da familia)
- 149 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 150 -
. Autorizaci贸n para reparar desperfectos no cami帽o en conflicto co crego de Andabao (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 151 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 152 -
- 153 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
. Carta desde América de Andrés Filloy dando poderes ó seu irmán Isidro e denunciando as obras feitas por Don Emilio, crego de Andabao (Arquivo Municipal de Boimorto)
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 154 -
. Informe da Comisi贸n de Obras do Concello de Boimorto sobre estado das obras feitas no cami帽o en litixio. (Arquivo Municipal de Boimorto)
- 155 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 156 -
- 157 -
XosĂŠ Luis Rivas Cruz - Mini
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 158 -
- 159 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Páx 150, 151, 152 e 153
Asentamento de defunción de José Tojo García, fusilado en Ortoño (Ames) xunto con cinco máis, dos que existen documentos semellantes a estes. Os cinco do Amenal non existen.
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 160 -
Borrador da carta do Sindicato de Agricultores dirixida ó Sr. Ministro de Agricultura.
Exmo. Sr. Ministro de Agricultura Pedro López Bodelo, casado, mayor de edad, labrador, vecino de la parroquia de andabao, término municipal de Boimorto en la provincia de La Coruña, con cédula personal válida actualmente ________ clase número de la tarifa expedida en _______ como Presidente del Sindicato Agrícola de Boimorto y sus contornos y en representación de dicha entidad, cumpliendo acuerdo de la misma tomado en Asamblea General celebrada el día seis del mes en curso, a V.E. expone: Primero: Desde hace veinte años no se recuerda en la zona montañosa que integra el partido judicial de Arzúa a que pertenece el municipio de Boimorto, uno en que la miseria se notara en forma tan agobiadora por el campesino como el año actual. Diferentes factores determinan esta situación. ________: de un lado y como causa permanente el excesivo precio del arriendo de fincas, el más alto que se registra en la provincia, consistente , en la mayor parte de dichos contratos, en el pago de la mitad de los frutos que se cogen, sin que el propietario verifique aportación alguna de abonos y jornales, pesando, además, casi siempre, sobre el arrendatario el pago de las contribuciones y pen-
- 161 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
siones, la renta fija de la casa ________ y los prados, cuando el ganado no es del arrendador y en su pago también percibe el propietario la mitad de los productos leche, crías - que dan. Se une a lo que antecede el incumplimiento del Decreto de 24 de enero de 1933 dado por ese Ministerio prohibiendo la corta de árboles en fincas arrendadas a no ser que propietario y colono lo solicitaran conjuntamente de la Guardia Civil prescindiendo de lo previsto en el Decreto citado de lo dispuesto en el Código Civil sobre frutos y sobre mejoras, conceptos ambos que _______ a los árboles y determinan la pertenencia del arrendatario- contando con la apatía de la Guardia Civil y de los gobernadores, los propietarios talan el arbolado en esas fincas que los arrendatarios plantaron y criaron, sin darles la menor partición ni siquiera la mitad, como en los restantes productos, con lo que se enriquecen a costa del sudor y esfuerzo ajenos, y ______ el valor de los predios a causa de la contingencia de una posible capitalización a favor del colono dejándole una tierra yerma y empobrecida. A esta causa general motivadora de la miseria de los labradores se une el alza enorme de los cereales. El centeno, alimento esencial de las personas se cotiza a cinco pesetas el ferrado(diez quilos), el maíz destinado al engorde del ganado y también a la manutención de las gentes a siete pesetas; el campesino que entrega la mitad de lo que recoge en pago de la renta de la tierra, no conserva en estas fechas más que el grano necesario para la cosecha; toda esta comarca gallega tiene un deficit de cereales que se produce por la importación de otras regio-
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 162 -
nes, pero los precios altos de las harinas en punto de origen aumentados por el costo del transporte y el paso por los innúmeros intermediarios que controlan este comercio hace que el campesino carezca de numerario (diñeiro) para comprarlas. Todas estas dificultades sirven para que los impores de las rentas almacenadas en los graneros de los propietarios cobren mayor valor dándose la triste paradoja de que el grano que es precio de trabajo se consuma a precios bajos inmediatamente de recogida la cosecha tanto el destinado a satisfacer la holganza y el señor absentista cobre altos valores, sirviendo para agrandar la desesperación y el hambre campesina al ser objeto de tráfico por los acaparadores que, de esta suerte, altera los precios realizando cuantiosos negocios. Estas y no otras causas fueron las que dieron lugar a los luctuosos sucesos ocurridos poco tiempo ha en el Municipio de Mellid, tradicionalmente derechista y pacífico, levantando a los labradores a toque de campana de sus iglesias frente a la confabulación de propietarios y acaparadores. Servirían para remediar esta situación las medidas siguientes: a)Importación de maíz y entrega a los Sindicatos para distribuirlo entre los consumidores, eliminando el intermediario. b)Prohibición de vender cereales procedentes de los graneros existentes en cada municipio fuera de él, en tanto no se encuentre asegurado el consumo de sus habitantes res-
- 163 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
tableciendo la legislación que en esta materia rigió en la gran guerra. Segundo: Las medidas señaladas tienden a suprimir o modificar las causas accidentales del problema, pero ______ otras de índole permanente apuntadas que se actúe con la mala voluntad de los terratenientes. La vivienda del arrendatario montañés en la comarca referida , es, en la mayor parte de las ocasiones, un local inmundo, impropio hasta para la estabulación del ganado. Desde el advenimiento de la República los arrendadores se niegan a efectuar las reparaciones que permitan siquiera _______ a los arrendatarios en esa promiscuidad antihigiénica de animales y personas, y así, actualmente los hogares campesinos están desportillados y amenazando ruina. Si se obligara al arrendador en procedimiento rápido y con solución pronta, y desde luego ejecutiva, a cumplir las obligaciones impuestas por el Código Civil se realizaría obra humana legal beneficiosa no sólo para el labrador, sino también para el obrero parado y para el comercio que sufre por este decaimiento criminal del capitalismo. Para remediar esas causas de índole esencial relatadas, convendría que por ese Ministerio se dispusiera: a)Que se cumpliera sin excusas el Decreto 24 de enero de 1933 - Gaceta del 25-. b)Que se arbitraran fórmulas hábiles para que el arrendador en breve plazo y sin apelaciones dilatorias, cumpliera la obligación impuesta por el Código Civil de reparar la
Boimorto - Memoria dun Silencio
- 164 -
vivienda campesina, en forma que la hiciera apta para habitarla. c)Que se estipulara - de acuerdo con la ley de cultivos de Cataluña y las bases aprobadas por el Jurado mixto de la propiedad rústica de la Coruña - que el propietario no podrá percibir una renta superior al tercio de los productos de dichas fincas, sin que por los pastos, casa y montes de los lugares acasarados pueda percibir otra cosa que el dicho tercio de los frutos de las tierras labrantías. d)Que se disponga, igualmente, que las cargas de la tierra y contribuciones, pensiones e impuestos municipales al capital gravarán siempre sobre el propietario sin que pueda transferir al colono esta obligación. Que los árboles forestales plantados por el colono y criados durante el periodo de duración del contrato de arrendamiento, le pertenezcan de modo exclusivo o en la proporción de los restantes frutos - medias o tercios - pudiendo aprovecharlos en el momento de tener el desarrollo necesario para su utilización comercial o industrial. Las medidas precedentes que someto a la consideración de VE. Servirán para evitar la miseria y el hambre campesina consolidando el régimen e impidiendo que en la montaña gallega la desesperación produzca lamentables sucesos y lleve a los labradores desesperados, a las sendas del extremismo. Boimorto para Madrid a Mayo de 1934
- 165 -
Xosé Luis Rivas Cruz - Mini
Esta carta manuscrita está na documentación da causa 292 do ano 1934 contra Pedro López Bodelo e varios socios máis do Sindicato Agrícola, que se lles abre con motivo da Folga Xeral Revolucionaria de Outubro de 1934 por reunión ilegal, supoño que como agravante. Hai un informe que di textualmente: ...que el Sindicato Agrícola de Boimorto tiene un carácter marcadamente socialista y que los directivos, principalmente el Presidente son avanzados en este concepto lo cual se ratifica una vez mas por los informes de la Guardia Civil... As partes que teñen unha liña é onde non se entende a palabra escrita.
AGRADECEMENTOS A Andrés Sánchez Labandeira, a Emilio Grandío e a Bernardo Maiz polos seus valiosos coñecementos de Historia a quen consultei e nunca me pecharon a porta. A Santiago Macías pola súa humanidade, polos seus libros e pola desinteresada colaboración na exhumación da Memoria. Ós moitos veciños que compartiron os seus recordos en secreto, ou menos en secreto, comigo. Eles humanizaron esta historia. A Anxo Grande, amigo, compañeiro e colaborador desinteresado, onde os haxa, nos proxectos culturais impresos destes catro derradeiros anos en Boimorto. E ós meus alumnos porque eles son quen me dan esperanza de que o mañá poida ser menos frío e nevoento e coa súa ansia de saber algún día leran este libriño e moitos, moitos máis no exercicio de procurala sabiduría na opinión diversa e plural.