O adro13 Compromiso

Page 1

o adro Decembro 2014

NĂşmero 13

Compromiso


Editorial Neste número invernal podiamos polemizar polo acontecido nos últimos meses en Bustavalle, relacionado coa colocación da “vacameiga”, o noso emblema, na fonte. Pero non é o noso estilo. A Asociación Cultural Bustavalle-Zorelle, dende a súa creación, caracterízase por aportar, por construír, por loitar polo noso; o “compromiso” coas nosas orixes é o que nos move. E como xa son de sobra coñecidas as nosas intencións ao colocar a “vacamiega” non imos continuar coa polémica, deixémola en que algúns veciños non nos quixeron entender ou quixeron aproveitar a ocasión para demostrarnos que o seu é que todo morra, que se esqueza o noso pasado, que non saben que hai que adaptarse aos novos tempos, modernizarse... porque o tempo non se detén, e Bustavalle, e Zorelle, nos sobrevivirán a todos e todas, todos e todas ocuparemos praza no camposanto de Zorelle, e virán outras xentes que queiran os nosos pobos, e loiten por eles... porque por se alguén non o ten claro, os nosos pobos só son propiedade de quen os ama. Pero deixemos atrás a polémica, e revisemos, nesto novo número, todo o que a Asociación segue a ofrecer aos seus veciños: ademais da xa tradicional pulpada, charanga, concerto, vermú... sumamos este anos unha nova actividade: teatro, nin os máis vellos lembraban tal cousa no noso pobo, teatro de calidade, nada menos que unha obra de Federico García Lorca, representada por veciños do pobo, e nun lugar tan emblemático dentro da nosa cultura rural como é una palleira, da que toma nome a compañía de teatro popular fundada no noso pobo e que ten previsto darlle continuidade ao proxecto dramático. Outra das actividades da que máis orgullosos nos sentimos son os xogos para nenos, xa que cada ano teñen maior presenza, e non é só porque en Bustavalle e Zorelle aumente a natalidade, que tamén, senón que veñen dos arredores, coñecedores do ben que se pasa no noso pobo, especialmente tirándolles globos aos nosos voluntariosos xóvenes. Neste número tamén faremos un repaso pola historia da nosa fonte, aproveitando que grazas a unha iniciativa da nosa Asociación volveu a cobrar protagonismo, e aínda que non se sabe como acabou recuperando a súa versión anterior, sen dúbida, máis fermosa co seu tono pétreo orixinal, aínda que incumplindo unha lei de carácter estatal, como é a Lei de Memoria Histórica, polo que sen dúbida, o tema continuará dando que falar non vindeiros meses.

15 de agosto de 2014


A Fonte de Bustavalle Percorrido cronolóxico polo noso monumento máis emblematico

1. 1956-1965? (1959?) A Fonte de Bustavalle foi construída no ano 1956 pola veciñanza do pobo co beneplácito do alcalde de Maceda da época, Antonio Caramés Pato, nado neste lugar. Feita en pedra, púxoselle o escudo franquista da época: xugo e frechas. 2. 1965? (1959?)- 2008 Non sabemos con exactitude o ano, dispoñemos de varios testimonios contradictorios, pero o caso é que poucos anos despois engadiuse un tanque de pedra para beber o gando. Na década dos 80 desaparece o cabaceiro que se atopaba detrás da fonte, mudando significativamente a súa imaxe.


3. 2008-2013 Cumprindo coa Lei de Memoria Histórica 52/2007, do 26 de decembro, a principios do ano 2008 o Concello procede a tapar o símbolo franquista cun escudo en pedra do concello de Maceda, con tonalidade branca, que desentoaba bastante.

4. Do 14 ao 24 de agosto de 2013 A Asociación Cultural Bustavalle-Zorelle instala o símbolo da Asociación, consistente nunha placa de barro representando unha “vacameiga”. Na noite do 24 de agosto foi rachada, con nocturnidade e alevosía, e tirados os restos debaixo do cabaceiro.


5. Do 24 de agosto de 2013 ao 15 de agosto de 2014 A fonte recupera a súa imaxe anterior, co escudo de Maceda tapando o símbolo franquista, notándose a zona onde estivo colocada a “vacameiga”.

6. Do 15 de agosto ao 25 de setembro de 2014 Coa aprobación do Concello instálase novamente a “vacameiga”, o símbolo da Asociación, esta vez, en bronce.

7. Do 25 de setembro ao 11 de outubro de 2014 Ante a protesta duns poucos veciños que non valoran o traballo da Asociación o Concello retira a “vacameiga”. De novo queda visible o lugar onde estivo colocada, e, esta vez, a maiores, algún que outro buraco.

8. Do 12 de outubro de 2014 a... A noite do 11 ao 12 de outubro o escudo do Concello desaparece misteriosamete, ninguén sabe quen o fixo, non hai restos do escudo por ningunha parte, recuperando a súa imaxe anterior a Lei de Memoria Histórica. De momento non queda máis que esperar como se resolverá definitivamente a imaxe do noso monumento máis representavivo.


Vacameiga 2014

Baixorrelieve en bronce de forma cadrada e de 51cm de lado, que reproduce o símbolo da Asociación Cultural Bustavalle- Zorelle. A obra escultórica, de estilo figurativo-simbólico, representa unha Vacameiga. A peza parte de carácteres importantes na tradición cultural da Galicia rural, concretándose nunha representación feminina con rasgos de vaca e con características máxicas que simboliza elementos da tradición, como son as meigas, á vez que renden homenaxe á historia gandeira do lugar. A figura presentase, por iso adornada dunha cornucopia, símbolo utilizado por moitas culturas e en especial pola cultura celta, que facían uso del como amuleto para atraer a sorte e a prosperidade nos lugares onde se colocaba. O contorno da VACAMEIGA ten ademais, deliberadamente, forma de corazón, simbolizando o sentimento de amor e compromiso que teñen os membros da Asociación coas súas aldeas e que é o motivo principal polo cal se encarga la obra. A figura esta intimamente unida á representación de dúas letras, o B e o Z, ámbalas dúas iniciais das dúas aldeas contiguas que conforman a asociación: Bustavalle e Zorelle, A través de estas iniciais tamén se pretende dotar á peza de máis elementos que rendan homenaxe á tradición. O B: simboliza dúas ubres como recordo á actividade gandeira, que era nestas comarcas principalmente de produción láctea. O Z representa unha fouce como símbolo do traballo agrícola intimamente unido ao anterior e que entre ámbolos dous, gandería e agricultura, supuxeron durante moito tempo a base económica destas poboacións. A obra é en si unha amalgama de simboloxía que rende homenaxe a elementos moi importantes da tradición cultural das aldeas as que se refire e a Asociación Cultural á que pretende representar, como organización que ten nas súas bases defender e promover as tradicións e a cultura dos pobos aos que pertence.


A obra parte do deseño de varios bocetos gráficos contrastados polos promotores da Asociación. Posteriormente, levouse a cabo o modelado do molde cerámico utilizando para o seu desarrollo arcilla retractaría que foi cocida en forno eléctrico a alta temperatura no taller de Ángeles Lóriz (Estudio Tajaral). Este estudio é un dos máis recoñecidos en Madrid pola súa longa traxectoria, xa que leva dende 1983 axudando ao desenvolvemento e posta en marcha da obra de moitos artistas cerámicos. Posteriormente reproduciuse a obra en bronce coa técnica da "Cera perdida" e finalizouse cun acabado artístico mediante pátinas artesanais de óxidos e ceras. O acabado final con estas técnicas pretendía mimetizar a obra co entorno, conseguindo un tono similar ao que presenta a pila da fonte onde se quería ubicar, froito da actuación da auga sobre a pedra, ademais de conseguir un efecto envellecido que lle otorga á peza unhas características estéticas acordes co lugar de emprazamento e os motivos aos que representa. A técnica de fundición á “cera perdida” é un procedemento escultórico de tradición moi antiga (era habitual na Grecia dos séculos VI e V a. C.) que sirve para obter figuras de metal (xeralmente bronce, como neste caso) por medio dun molde que se elabora a partir dun prototipo tradicionalmente modelado en cera de abella.

Este modelo previo é rodeado dunha grosa capa de material brando que se solidifica; unha vez endurecido, introdúcese nun forno, que derrete a figura de cera, saíndo esta por uns orificios creados ao efecto (de aí a súa denominación) e, no seu lugar, inxéctase o metal fundido, que adopta a forma exacta do modelo. Para extraer a peza final é necesario retirar o molde. A principal ventaxa deste procedemento é a estreita tolerancia dimensional que podemos conseguir, a cal non pode conseguirse mediante outros procesos menos laboriosos. Podemos deste modo conseguir dimensións axustadas de 0,002 m.m. por m.m. É un proceso no que se controlan numerosas variables, obtendo un acabado superficial excelente. É un proceso caro, polo que se utiliza para a fabricación de preseries e prototipos.


Esta forma de traballar o metal (bronce), simplificada nos párrafos anteriores, en realidade, require un longo, costoso e complicado proceso xunto cunha perfecta e adecuada combinación de diversos oficios: para o proxecto xeral e a coordinación, os escultores; para os primeiros pasos, os moldeadores; para o labor de forneado, os fundidores e para o acabado, os cinceladores e patinadores. ARTE- 6 é o taller de fundición onde se levou a cabo este traballo coa técnica descrita anteriormente e que é hoxe en día unha de las fundicións de escultura en bronce con máis prestixio do panorama nacional, como así lo atestiguan artistas do máis alto nivel que levan tempo confiando as súas pezas a este taller, como Antonio López, autor do recén presentado “Retrato da familia real”. Este taller conta con innumerables obras de carácter institucional repartidas por todo o territorio nacional, e como exemplo cabe destacar as figuras de gran formato da neta de Antonio López situada na estación de Atocha de Madrid ou a escultura de don Juan Carlos e dona Sofía en Zaragoza, entre otras moitas. Tamén ten varias obras en Galicia.


Meigallos Mistúrase nun corno de vaca, sobre unha base de tradición e raíces do camposanto de Zorelle, tres cuartas partes de misterio e fantasía do Mouro, engádeselle dúas pingas de rebeldía carabanchelera, rechéase con auga da fonte de Bustavalle, deixando macerar a mistura durante a noite dun 14 de agosto de luar en calquera palleira nosa e obterás o segredo para materializar con tanto arte a primeira idea que se che veña á cachola.

Colgante para os xogos de nenos, 2012

Premio para a carreira en calzóns, 2014

Felicitación Nadal, 2014

Samaín, 2014


13, a, 20

o barr

meig a c a V

Vac

ame

iga,

201

4, b

ronc

e

Cartel de Teatro “A Palleira”, 2014

ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE @Bustavalle Correo web: acbustavalle-zorelle@gmail.com Blog: http://acbustavallezorelle.blogspot.com/ Photoblog: www.flickr.com/photos/acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/acbustavallezorelle Facebook:“Asociación cultural Bustavalle-Zorelle”


Teatro “A Palleira”

A compañía de teatro popular A Palleira nace na primavera de 2014 cando algúns membros da Asociación Cultural Bustavalle-Zorelle deciden fundala co propósito de iniciar unha nova actividade dentro da programación cultural do mes de agosto. Despois de varios meses de darlle voltas ao proxecto, distintos ensaios por guasap, medio que empregan para escoller a obra, darlle voltas ao decorado, ao lugar idóneo para a representación, etc: levan adiante a súa primeira representación o 15 de agosto de 2014 na palleira dos Belmonte. A obra escollida foi “El Retablillo de don Cristóbal” de Federico García Lorca, en versión galega. O elenco de actores e actrices estaba composto por: Marina (nai de Rosita), Pili (dona Rosita), Lara (o cura), Jose Juan (o director), Jorge ( Curro), Roberto (enfermo) e Fernando ( Cristóbal). Cheo total de público, de todas as idades.

O público encheu a palleira, tonto nas butacas como de pé, non había un sitio libre




Skalingrado Un ano máis a música en directo acompañounos na noite do 14... Este ano tocou bailar a ritmo de ska



Charanga “Éche o que hai”



Baby Bustavalle-Zorelle Con cari単o, para os nenos e neas nacidos nos 炭ltimos meses, e para os que ve単en de cami単o




Campaña turística



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.