o adro
decembro 2013
nĂşmero 11
VACAMEIGA
EDITORIAL, O novo número da revista O Adro resúmese nunha palabra composta: vacameiga. A Galicia máxica, a súa mitoloxía, está chea de seres misteriosos, enigmáticos... pero os estudosos/as do folclore foron dando conta de todos eles/as: trasnos, bruxas, diaños, sabios, nubeiros, tronantes, mouros, ananos, lamias, sereas, fadas, lobishomes, ánimas, cobras... e por suposto, meigas. Destas últimas abundan as variantes: antaruxa, curuxas, feiticeiras, lurpias, chuchonas, vedoiras, vellas; e en múltiples ocasións aparecen asociadas a diversos animais: abellón, andoriña, araña, curuxa, galiña, gato, moscas, mouchos, sapos... Pero non sabiamos de ningunha meiga que estivera asociada coa vaca. Claro, é que en Bustavalle sempre tivemos a orixinalidade por un dos nosos fundamentos, e aquí sempre cairon os seres máis extraños, exóticos e máxicos. E neste número o que pretendiamos era dar a coñecer a vacameiga, o novo símbolo da Asociación, que pretende ser un homenaxe ás vacas, ese animal querido e tan abundante no noso pobo ata non hai nada e que tanto nos deu de comer a xeracións e xeracións de bustavallenses, ou máis teriamos que dicir, de mamar. E doutro lado, ás meigas, eses seres mitolóxicos nos que todos/as temos unha fe cega, sabendo que guían as nosas vidas, e que tanto nos marcaron dende cativos na formación do noso imaxinario, e por tanto, da nosa personalidade.
ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE @bustavalle Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Blog: http://acbustavallezorelle.blogspot.com/ Photoblog: www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle”
Número da lotería de Nadal que xoga a Asociación
Fai máis dun ano encargóuselle a unha artista local a elaboración dunha figura que se convertese en símbolo da Asociación, e que recollese parte do espíritu da nosa terra. Despois de meses de traballar na idea, e máis meses de elaboración da figura naceu a vacameiga.
Un corno da vacameiga aparecido
No mes de agosto foi inaugurada nun lugar principal do pobo, a fonte, o que viña a darlle a importancia que merece ao noso símbolo, ao tempo que exaltaba un dos monumentos máis importantes de Bustavalle, e que leva moitos anos orfa dunha figura que realce a súa valía, xa que primeiro foi o símbolo falanxista, e nos últimos tempos, un escudo posto coma un parche para tapar e cumprir coa Lei da memoria histórica. Por fin unha vaca ocupaba o lugar onde tantas vacas saciaron a súa sede. Por fin unha homenaxe as vacas e a nosa fonte. Ao tempo que celebrabamos unha inauguración non se sabe canto tempo despois. Porque está Asociación segue a traballar polo seu pasado e polo seu futuro. Pero foi inaugurar o noso símbolo o 14 de agosto de 2013 e os feitos se precipitaron. Poucos días despois, o sábado 24 de agosto, de noite, era destruida, aniquilada... non se sabe por quen, nin as causas. Ninguén reivindicou o atentado. Fai unhas semanas, pouco antes de comezar a elaboración deste número, recibimos unhas misteriosas fotografías nas que aparece a vacameiga, aínda que rota... polo que nos sentimos bastante desorientados. O importante é, que aínda que con roturas, segue viva. Seica Iker Jiménez está moi interesado no tema e púxose en contacto con nós pensando en estudar o caso para facer unha reportaxe para o seu programa televisivo “Cuarto milenio”. Está claro que é cousa de meigas!!!
Denuncia pública da desaparición da vacameiga
a vacameiga Contan que fai moito, moito tempo, nun lugar case sen historia e poboado por miles de lendas, unha muller vivía nunha aldea do norte: Bustavalle. Era unha moura que moraba no alto dun magnífico penedo, nunha fermosa terra. O seu territorio estaba composto por montes caprichosos e prados fértiles, tan palpitantes e húmedos, que semellaban ollos temblando de emoción . A súa casa, unha fermosa construción de pedra circular, arrecendía sempre a herba seca, porque pasaba as horas recorrendo camiños que coñecía a perfección, buscando o brotar de plantas medicinais, que atesoraba en grandes arcóns de madeira.
Foi unha muller máxica e fantasiosa e xa dende nena, preconizaba ese espíritu inquietante que máis tarde a fixo tan singular. Ensimismada de carácter, era fácil vela sentada en calquer prado, empapada pola chuvia, mentras observaba o fluir das estacións. Din que como moura, era mestra na arte de construcións antigas. Formas de labrar e recompoñer as pedras que aínda hoxe, segue a ser un misterio.
Coas súas propias mans daba vida a castros e dólmenes máxicos, que albergaban un sinfín de misterios e riquezas, tanto espirituais como materiais. .
Mulleres tan fortes, que podían acarrexar sobre as súas cabezas enormes pedras mentras amamantaban aos seus fillos e tecían fulgurantes ropaxes (parece que esa facultade das hembras para poder facer varias cousas á vez vén de antigo e naceu en Galicia).
Pertencía a unha cultura guerreira, que admiraba profundamente a bravura e o valor; as mulleres loitaban ao carón dos seus homes cando era necesario e no caso de sucumbir preferían a morte denantes da escravitude. As vacas eran o centro daquel universo e ela, como membro dunha comunidade gandeira, pastoreaba un rebaño de cores con nomes imposibles de pronunciar. Contan que cando unha vaca pertencía a unha meiga, ninguén máis podía logo guiala, ensináballes unha linguaxe encriptada con sons guturais e misteriosos que os animais entendían á perfección, as vacas, sen esa musicalidade volvíanse ariscas e desdeñosas, negábanse a traballar e secábanse irremediablemente.
Recorrían a diario camiños sempre coñecidos, pero que co vaivén das estacións e as súas particularidades, parecían mundos cada día diferentes. Ela sabíase misteriosa e procuraba polo interese máxico e a coquetería acentuar esas cualidades, paseábase lucindo roques e brazaletes de bronce e adornando a súa cabeza cunha magnífica e exhuberante cornucopia, un amuleto importante por aqueles tempos, en honor a diosa Navia, deidade destacada do panteón celta e símbolo de protección, riquezas e abundancia.
Todo isto facíana inconfundible, se lonxe aparecía a súa figura, esos cornos poderosos e ese paso etéreo, como flotando sobre a vida, eran recoñecibles a moita distancia - ¡eí vén a vaca meiga! - dicían os seus veciños.
A xente respetabaa e ata moitos amábana, tiña o don da maxia nos seus xenes e como herdeira dun coñecemento arcano practicaba rituais e feitizos sempre en favor do seu pobo. Nunca traizou o seu valor participando de oscuras vinganzas nen traicios e fuxía de xentes tóxicas que debilitaban o seu espíritu e arruinaban a súa imaxinación. A súa maxia non tiña límites: Podía acender as lembranzas dos seus ancestros e voar con eles por riba dos seus amados montes. Descubría en miradas furtivas todos os pesadumes e o odio que albergan os corazóns. Aliviaba con palabras doces e certeras, as condenas de corazóns non correspondidos. Pasara tanto tiempo mirando ao ceo que era capaz de entender a linguaxe das nubes, por iso preconizaba tormentas e era consultada na hora das sementes.
Capaz de coñecer cada murmurio que ardía a carón do lume, nada escapaba aos seus agudos sentidos, veía máis alá do que a maioría observaba, oía todo o que se calaba e sentía ata o tacto que nunca a rozou. Comprendeu que a súa aldea albergaba o mundo enteiro e decidiu que non había maior tesouro que vivir nun lugar que recoñecía como propio. Amaba súa terra , máis alá do racional, como se sente as sementes do ventre, como se defende as certezas, o que lle da sentido á vida.
Un amor como son os grandes, visceral e choqueiro, cheo de contradiccións e cargado de lealdade. Por iso din, que tras unha longa e intensa vida, ela nunca quixo marchar, só se diluiu entre as brumas dun mencer calquera e aínda que algúns viron a súa fatigada figura avanzar cara á morte, en realidade ninguén soubo cara onde se dirixía. A maioría intuiu que ela nunca marchara de todo, ese calafrío que ás veces percorría o anoitecer, e na soidade dos camiños, era un saúdo da Moura. As reaccións eran diversas: algúns, temían sentila e procuraban non pensala, aceleraban o paso e agochábanse en conxuros e aspaventos, intentando esquecer que un día a coñeceron. Outros, recoñeciana e susurrábanlle docemente como rectifican as travesuras os nenos, como se aparta do camiño aos inocentes. Moitos, atormentados pola culpa, fuxían despavoridos intuindo vinganzas das que non puideran executarse en vida. Pero de tarde en vez, uns poucos, recoñecían tela visto. Eran, polo xeral, xentes sen maldade, inocentes, pobres diablos para outros, seres de corazón limpo, que non poseían máis que un mundo de imaxinación e moita confianza. A moura era bella e esquiva e non se revelaba a calquera. Procuraba encontros furtivos, normalmente en cruces de camiños, lugares sempre de incertidume e os guiaba docemente e coa confianza de alguén a quen se recoñece, cara recodos que albergaban tesouros para o corpo e o espíritu. Estes cruces de camiños foron na cultura celta o lugar onde se depositaban os símbolos e ofrendas en adoración aos seus deuses , e era frecuente achegar alí aos enfermos para que os seres do inframundo, que padeceran os mismos males, acudisen ao seu auxilio para alivialos. Aquelas culturas non coñecían o laicismo e todo xiraba en torno a un carácter máxico e relixioso sobre a vida e a morte.
Todos buscamos que nos roce a emoción, que a nosa vida sexa algo único e singular, pero a maxia só toca aos elexidos, habita en corazóns libres, seres que necesitan a ensoñacion para sobrevivir, almas puras capaces de crer, exercitadas na imaxinación e valentes para sentir. A miña xente. E aínda que din que o maior poder da maxia radica en que case ninguén cre nela, non pensaron en Galicia cando pronunciaron esta frase. Aquí a maxia embriaga como o licor e é imposible ser abstemio nun mundo tan excesivo. Pero co transcorrer do tempo e as súas xeracións, deixaron de lembrala e por conseguinte de sentila. Como un espíritu torpe, provocaba tropezos en seres diferentes, polos mismos camiños de sempre, pero xa ninguén identificaba ese traspés cun saúdo da Vaca Meiga, “estupidos!!” pensaba ela, mentras a súa morte facíase cada vez máis certera.
U IL, H T R O EL P
ELVA
Ata que completamente soa e olvidada, comezou a vagar polo inframundo resistíndose a partir para sempre cara o paraíso dos celtas. Pero ocurriu que unha tarde de verán, un elexido enviou un sinal dixital a unha praia atlántica do sur, encargaba un logotipo para A Asociación e foi así como ensaiando sobre a area volveu á vida o seu perfil.
Ela, sempre atenta a calquer sinal, sentiu que nalgún lugar, xentes da súa aldea a pensaban de novo e non perdeu nin un intre en instalarse nun cerebro, que sen sabelo, tería a partir de entón os pasos guiados. A súa silueta foi armándose torpemente e a impulsos máxicos, sobre un barro sobrecollido coa súa presenza, deixabase cincelar a sabendas de que aquela máscara a devolvería de novo ao seu fogar; por isoo non tivo inconvinte en someterse ao calor do barro e a deixarse secar cruelmente, esperando que máis tarde as chuvias de outono lle devolveran o brillo a súa mirada.
Cando, por fin, contemplamos o seu rostro, intuimos que tiña alma, que tal vez, alguén do pasado chamara ás portas da maxia . E así foi como por unha peripecia do destino por fin regresou a súa aldea e precisamente no día da súa festa e abrumada pola música dunha charanga, logrou, acadou o seu alto trono de pedra. ¡¡Pura maxia!!!
Non creo que sexa fácil describir o que ese día sentiu ela. Durante un tempo, estivo moi entretida, observando o seu pobo e as súas xentes, que non eran en realidade tan distintas aos seus coetáneos, aínda quería intuir parentesco nalgúns dos que se achegaban á fonte, nembargantes, aínda que máis ociosos non parecían máis felices, o que máis a confundiu foi non atoparse en ningún momento co gando nin tan sequera intuir o cheiro cálido e espeso dos cortellos. Pero mantiña intacta a súa mellor cualidade, a capacidade de percibir o esencial, de comprender a alma do seus habitantes, que parecían ter os mesmos medos, anhelos e ilusións e tamén sufrir polos mesmos fracasos e tormentas do corazón, que antano, que noutrora. Un deses ventos furacanados do carácter da nosa terra, a fixo cair á semana de ter nacido. Pero ¿Quen mide a intensidade do tempo? Ela sabía que as almas rachan moitas veces, que algúns, os que non naceron para a alegría, para a ledicia, tórnanse grises tras os fracasos, que se enrocan no odio, vólvense hostiles e endexamais volven probar a inocencia; pero outros, choran e emerxen, alzan o vó cara a vida e volven nacer mil e unha vez, tal Ave Fénix, ou tal Vacameiga. Coido que mentras caía observou entristecida a súa casa de barro, pero libre xa de ataduras alzou o vo e dende moi arriba festexou de novo a súa sorte, sabendo, que por un tempo, aquela máscara e o seu teatral destino permitiríanlle seguir no pensamiento de moitos e polo tanto non volver morrer de novo .
Hoxe máis que nunca, saber que hai unha vaca meiga solta por Bustavalle e que ese marmurio de chocallos que ás veces parece sonar nas nosas cabezas, non é máis que o reflexo dos seus xogos, reúne ao gando nos eidos e toca cada un dos seus cencerros facendo música para que a escoitemos, pensar que a silueta dese rabo espantando moscas, que cremos ver en calquer prado, é o reflexo de vacas de antaño que a acompañan e ás veces se nos manifestan.
E cando á noitiña, no luscofusco, sintas un soplo de alento na caluga, pensa que é ela quen te chama buscando compaña, non lla negues, era unha meiga de bondade recoñecida. Polas noites e cansada de enredar, busca abrigadoiro en palleiras sen teito con olores remotos a gando, coa calidez das lembranzas arrólase, abanéase na nostalxia e coas primeiras raiolas do sol regresa ao seu trono, abraza forte á pedra e mimetiza o seu corazón, con ese material duro e poroso que todos levamos nas veas. Definitivamente una Vaca Meiga ronda, axexa a nosa aldea, acomeirando un rebaño e soprando feitizos para combatir as horas mortas. Agora, desprovista de esqueleto e ataduras, é dúctil como o barro e libre como o vento, pregunto se alguén sería capaz de volver atala de novo. Pode que con un pouco de música, quizáis o sonido dunha gaita ou a troula dunha charanga, podamos atraela e queira volver habitar noutra peza de barro, alomenos durante un tempo. Pero ese posiblemente sexa outro capítulo dun conto realmente máxico...
Coido que lembrar quen fumos fainos máis conscientes do que hoxe somos, o resultado de centos de xeracións que amaron, soñaron e temeron coma nós, xentes que nos legaron unha forma de ser, facer e pensar y ás que ás veces recordamos para que nun tempo sempre demasiado corto, poidamos ser dignos de que outros lémbrense de nós, e así poder conquistar uns minutos máis da vida nos seus pensamentos, voltar dalgún modo, a un mundo que sospeito que a pesar dos paraísos prometidos, sempre añoraremos. “Memoria e olvido son como a vida e a morte, vivir é recordar é recordar é vivir. Morrer é olvidar e olvidar é morrer.” Samuel Butler. Queridiña vaca meiga, xa eres lenda... Unha forma de vivir nos nosos soños. Adicado á xente máxica da miña terra, en especial ás súas mulleres, seres dunha sabiduría e fortaleza fóra do común, aos promotores da Asociacion, xente fantástica que demostran ter un cariño enorme ao seu pobo e ás súas lembranzas e tamén a un dos animais máis fermosos que habitan o planeta e aos que tanto añoro: as vacas. A Artista, pensou e escribiu, e dende O Adro prestámoslle as palabras que necesitou. Vaca e Boi.
troula 2013
Tomamos esta imaxe como símbolo da nosa Asociación e do noso traballo na recuperación das nosas festas e das nosas tradicións. Tranquilidade, espera...pero todo no seu sitio esperando o seu momento. Como esas táboas de madeira que ordenadas esperaban que chegaran os comensais de Bustavalle e Zorelle a dar conta do seu polbo, ou pulpo, a iniciar a festa rachada, comer, beber, bailar, xogar e compartir amizade. Nesta fase atópase a nosa Asociación. Todo ben ordenado. Todo no seu sitio. Todo a espera de que chegue cada momento e cada un empece a aportar e a facer o seu traballo para que todo funcione. E todo funciona. E todo está ben sabroso. Mantemos as nosas actividades emblema: cea popular, xogos de nenos, música en directo,disco-palleira, vermú... pero cada ano mellorando a calidade do producto, E para exemplo este 2013: música en directo, pero por partida doble: charanga popular que recorreu as rúas do pobo, e concerto de blues a carón da fonte. Variamos de rexistro, revitalizamos novas zonas. Ata fixemos unha inauguración, e estreamos emblema, logotipo, como acabamos de ver nas páxinas anteriores. Homenaxeamos as nosas xentes, homenaxeamos aos nosos animais. E seguimos crecendo. Agora, no inverno, os pratos están recollidos, pero ben organizados e preparados, diríamos que listos xa para cando a calor aprete de novo saír a facer servicio ás nosas xentes. Longa vida para a nosa Asociación!
xogando
Charanga: Éche o que hai
Booty sweet
Recuperando tradici贸ns...
Foto dos veci帽os de Bustavalle, 15 de agosto de 2013 coa vacameiga presidindo a fonte
Anagrama da Asociaci贸n Cultural Bustavalle-Zorelle dende agosto de 2013