O adro nº9

Page 1

o adro

decembro 2012

número 9

JOHNDIREMOS?

OS O AM O D L A RT TO G S E E R NC AGO IO CO E UD O O D A DE 14 EN VÍ


EDITORIAL, ONDE IREMOS? Tomando prestado o nome da estupenda banda que nos visitou o 14 de agosto reflexionamos sobre estes tempos que nos está a tocar a vivir. Porque aínda que Bustavalle e Zorelle parecen vivir fóra do paso do tempo, alleo aos desafiuzamentos (en castelán: deshaucios), a prima de risco e aos recortes; aínda que parece que os reloxos e os calendarios non existen nos nosos pobos onde o transcorrer do tempo ralentizase ata case a inmovilidade absoluta... a realidade é que non sucede deste xeito. Evidenciouse este pasado 14 de agosto onde a crise fixo mermar considerablemente o número de asistentes a nosa cita anual. Cando hai ben pouco chegábamos a cifras históricas de asistencia este ano houbo unha reducción que rondou o 50%. Ninguén pode vivir alleo aos tempos modernos. Ata os nosos refuxios atemporales vense golpeados polas burbullas inmobiliarias, a voracidade bancaria e a incompetencia política. Agora ben, se algunha virtude teñen as xentes de Bustavalle e Zorelle é a intelixencia. E non imos seguir as correntes imperantes que demostran día tras día o seu fracaso. Nós non imos seguir a liña de recortes. Pola contra imos buscar a excelencia. Debemos manter un producto de calidade se queremos seguir conservando o noso nivel organizativo. Seremos poucos pero bós, e non falamos de exclusividade, sabemos que podemos privarnos de outros gastos inútiles para facer un esforzo e contribuír a continuidade do noso evento. Porque somos xente que sabemos valor a calidade, a boa gastronomía, os bos caldos, os bos licores... Bustavalle-Zorelle restaurante “gourmet”. Aínda que nós pasamos de galicismos, a nós o que nos gusta é o autóctono, por iso defendemos o “enxebre” pero con calidade. E nesa liña seguimos este ano, como se pode comprobar nas fotos que acompañan este editoria, producto de primeira.


E na nosa liña continuista pero mellorando cada ano este pasado 14 de agosto ASOCIACIÓN CULTURAL decidimos recuperar a música de alto nivel, BUSTAVALLE-ZORELLE musica ao vivo na nosa palleira de sempre, pero sen perder o noso enxebrismo. Estrenamos Twitter Rock&roll nun remolque, e cun grupo que evoca os tempos dos tractores: John Deere. @bustavalle Dende Castro Caldelas, Jonhdiremos? Comandados polo noso querido Andrés, Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Blog: http://acbustavallezorelle.blogspot.com/ cunha afluencia superior ás 60 personas, Photoblog: www.flickr.com/photos/ tantas como na cea, foi un auténtico acbustavallezorelle espectáculo o que alí se viviu cun público Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle totalmente entregado, dende os máis novos Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle” ata os máis veteranos, que bailaron ao ritmo das súas guitarras “negras”. Por unhas horas Bustavalle convertiuse no centro do rock&roll mundial. Por iso, neste número non podía faltar un especial adicados a eles. Trátase do noso segundo número especial adicado a música tras o que lle dedicaramos a Gran Purismo (O Adro nº3). E nesta ocación ademais de entrevistar ao grupo temos un detalle cos nosos fieis lectores e regalamos, tanto en formato de audio como de vídeo, o concerto da palleira do 14 de Número da lotería de Nadal que xoga a Asociación agosto de 2012, en Bustavalle. Se o ano pasado estrenamos mascota, San Calzón, que por certo non parou de bailar durante todo o concerto, este ano estrenamos himno, facilitado polos Jonhdiremos, “Está chovendo”, e de verdade que choveu esa noite, o que non foi impedimento para que os nosos corredores reduciran a súa vestimenta a un calzón para correr novamente polas rúas do pobo...


JOHNDIREMOS

Grupo de rock and roll de Castro Caldelas formado por Alex, Cándido, Pedro e Andrés. Empezaron a ensaiar no ano 2009, e, por fin, no 2012 comezaron a xirar pola zona, facendo que a música de verdade volvese a sonar polas terras de Caldelas e Maceda. E esperemos que moi pronto visitan as mellores salas de toda Galicia.


ENTREVISTA A ANDRÉS -¿historia do grupo? Cando nacedes? Onde? Como? Para facer referencia ao comenzo do grupo, temos que trasladarnos o ano 2009, cando abandono Madrid para iniciar unha ilusion que sempre me rondou na cabeza, vivir na terriña, o cal despois de catro anos podo decir que foi todo un acerto. Como adicto declarado a música que son, e mais a tocar a guitarra, o marchar da capital, unha das primeiras necesidades que me surgen e montar algun grupo, ou entrar a formar parte de algun que xa este funcionando. Onde mais me empezo a realicionar socialmente nun inicio, e os fines de semana en Caldelas, como é lóxico, e unha das inumerables noites de "rocanrol" no noso "garito" por excelencia do Castro, Iago o propietario do local, ofreceme a posibilidad de encabezar un proxecto musical. Diceme que hai un par de colegas interesados en tocar, pero por un lado, un diles foi bateria hai unhos cantos anos e leva moito sin darlle uso as baquetas. E por outro lado hai un enamorado do baixo, que sempre tivo a ilusion de aprender a tocar dito instrumento, pero claro nuha vila pequena do interior de Ourense, ista labor é complicada. O terceiro compoñente, ofrecese o propio Iago a tocar a guitarra ritmica. A verdade e que me pareceu unha idea interesante, co seu compoñente de reto, dado tería que exercer de "profe" do resto da formacion. Dispois de poñernos en contacto a Alex, Cándido, Iago mais eu, e de falar de aspiracions, motivacions de porque queremos tocar (pasalo ben ante todo!), o primeiro que necesitabamos era un local de ensaio, o cal rapidamente solucionaron, solicitándolle o concello algun lugar donde poder levar a cabo as nosas infernais sesions de "ruido". O concello permítenos entrar nun dos pisos do edificio dos maestros, o cual se conoce coma os "Pilos". Tratase dun terceiro sin ascensor, nin luz, a cal obtiñamos a través dunha alargadeira vía transescaleiras para abaixo do priemiro piso. Esto supuña, sube a oscuras, tira cable, enchufa, e viceversa o rematar. Rapidamente nos instalamos. Alex trouxo a bateria, e tiña en propiedade un baixo electrico (alegria para o Candido) e unha mesa de mezclas que heredara da sua antiga formacion musical.Eu levei os meus arpetrechos, amplificadores para a guitarra, e dúas pantallas de audio para o xogo de voces as cales construin eu integramente estando aínda en Madrid. O amplificador do baixo amablemente nolo prestaron unhos colegas de Manzaneda, o cal inda esta no noso local actualmente. So nos faltaba un micro e unha etapa de potencia, que conseguimos comprar facendo unha derrama comunitaria. Os inicios sempre foron duros, e niste caso moi duros, porque Cándido empezaba de cero, e Iago mais Alex tiñan pouco nivel, pero as ganas que tiñamos podían con todo. O primeiro tema que tratamos de montar foi o Rock na praza do pobo do grupo Tequila.


Era unha peza moi interesante porque o primeiro que quería que aprendesen os muchachos e a estrctura básica de calquer peza de blues ou rock & roll... Son doce compases máxicos, pero imprescindibles, atreveríame a decir, incluso, para entender a música moderna. Tamén surxe a inquietude de buscar un vocalista, dado que as miñas artes co microfono nunca foron o meu fuerte... Eu prefiro tocar E Punto. Falando con máis coñecidos da zona chagamos a facer algunha proba. Boa intencion había moita... Pero necesitabamos un cantante para un grupo de rock and roll, unha voz, como decilo... Unha voz canalla, creo que seria o adxetivo que millor pode definir o que a miña cabeza pensa. Co cal decidimos ir tirando ca miña voz (que se lle vai a facer...). O sistema era ensaiar os fines de semana, cando eu ía a Caldelas, despois de currar toda a semana. Os meses empezaron a pasar, e a verdade e que tiñamos constancia no traballo o cal foi moi productivo. Pero sufrimos a primeira baixa nas nosas filas, Iago por a necesidade de atender os seus negocios non tiña moito tempo para dedicarlle a música. Despois de un par de aniños traballando duro no local, facendo o correspondente ruido, e comprometer seriamente as reservas de Estrella Galicia semana tras semana, fixemos algunha humilde aparición para o pequeno público... Os sufridos colegas que son os que lles toca máis a miúdo escoitar os nosos progresos. A escusa era montar unha ceniña nuha bodega, e de paso un pouco de música en directo. A esas cenas asistía sempre o Blu bir (o Pedro, pero e que chamámoslle esi), que sempre se prestou a colaborar, improvisar coa gaita ou con un pequeno saxo que posee, e coa guitarra tamén. Esto derivou en que un dia, do cal non consigo lembrarme (era de noite e bastante tarde, eso seguro), lieino para que entrase a formar parte do grupo. Enseguida se adaptou a nos. Cabe destacar a sua grandeza como músico (multinstrumentista). Mais de 20 anos cos Airiños de Caldelas o avalan. Esto podería ser un resumen de como se forxa o grupo que tocou o 14-A. - de onde sae o nome do grupo? Como non, unha noite calquera, ubicada no xénesis desta historia, a horas nocivas, o Cándido coa sua creatividade realiza o xogo de palabras johndiremos facendo alusion por un lado a I onde iremos, mezclado coa coñecida marca de tractores John Deere... Enseguida vimos claro que era o nome perfecto. Johndiremos? E eu que carallo sei, pero seguro que o pasamos ben!


-cales son as vosas influencias musicais, que vos gusta escoitar? As influencias musicais personais de cada membro son do máis variadas... Pero o nexo de unión está claro, o Rock & roll. Esta e tendencia fundamental do grupo, a cal se ve arrastrada o lado mais "negro" acercándose ao blues máis eléctrico, do cal eu mesmo me infectei en Madrid -cal é o voso repertorio? O repertorio básase maiormente en versions de rocanrol nacional e internacional. A maioria dos temas, fóronse incorporando de maneira que musicalmente non fosen moi complicados de tocar para os membros do grupo. Damos pinceladas a grupos como Leño (“Maneras de vivir”), Platero y tú (“Sin solución”), O caimán do río Tea (“Estou na lavadora”), un pouco de Dire Straits, Clapton, Stevie Rai Vaughan ou Santana... Variedad de colores -cómo decidides que un tema o tocades e coómo descartades outros? Para tomar a decisión de que se toca un tema, cando tocamos no local, ten que "sonar". Refírome con esto a que cando tocas unha peza e che produce unha "emoción", por decilo dalgunha maneira, ten que provocarnos algo por dentro, e para que eso pase é indispensable, tocalo ben... Esto é rotundo, para que un tema sonase costábanos horas e horas de pico e pala no local. -concertos que levades dado? Hasta a fecha de hoxe o grupo so deu tres concertos propiamente dito, con todo o que eso conleva. Botamos tres anos de "encierro" hasta ter claro que podiamos dar un concerto decente, é decir, demostrar que despois de tres anos traballando duro tiñamos un "show" digno de enseñar. -plans para o 2013 O 2013 eu creo que vai a ser un ano moi duro, para todos en xeral... Pero musicalmente falando, o grupo acaba de sufrir outra baixa. Recentemente Cándido colgou baixo, noticia triste para os membros do grupo, pero respetando a sua decisión, porque Cándido ante todo é un gran amigo, e seguirao sendo. Para suplir esta baixa, propúxenlle o “blu bir” a opción de que deixase a guitarra polo baixo, o cal aceptou gustosamente. Como gran musicazo que é rapidamente se adaptou a súa nova labor. Ademais de ter a ventaxa de que coñece o repertorio e a mecánica de traballo do grupo. Agora mesmo estamos en plena fase de traballo, modificando o repertorio, e preparando temas que creo que van a desencadenar en concertos cheos de ritmo, boa música, e acercándonos a nosa cultura tradicional. A verdade e que o camiño que estamos collendo agora, nos ten a moral bastante alta, o cal é importante para poder seguir avanzando e traballando duro. Esperamos ter de cara o verán o traballo ben preparado e podelo pasar moi ben con toda a xente que se anime a vir os nosos futuros concertos.


-pensades algún día en grabar un disco? Por agora non. A estas fechas non temos intención nin motivación de grabar nada. A nosa intencion e o directo, tocar con e para a xente. Cando teñamos preparado o novo repertorio, igual seria interesante grabar algo a modo de traballo de local, pero non como algo comercial. Pero bueno nunca se sabe o que nos deparara o futuro. -tedes composicións propias? De momento só unha, a cal conocedes ben... -como nace a composición “está chovendo”, de quén é a letra e a música? Unha tarde no local, dixenlle aos muchachos, escoitai iste ritmo... Que vos sugiere? Entón di o Cándido o momento: " que non para de chover"! A verdade e que levabamos como dous meses seguidos sin ver o sol... E a raíz desa idea de que estaba chovendo empezamos a "enzorrovellar" inxeniosas frases e ideas as cuales lle iamos dando forma e sentido. Non sei porque, pero a verdade e que a canción cala enseguida coa xente... Ten algo... Ise algo que non sabes que é, pero esta ei. Un pouco "máxico"...

Repertorio do concerto do 14 de agosto

-que sentiches ti personalmente tocando no teu pobo? Pufff, para min foi unha desas noites que xamais podrei borrar da miña memoria. Como describilo... non sei, é unha mezcla de moitas sensacións. Ante todo era unha idea que me facía moita ilusión, poder tocar para a túa xente, é algo moi especial... E o que ten xogar na casa... Empezo a recordar como empezou todo aquela tarde e dibuxáseme unha sonrisa automaticamente. Ver como vos involucrastes para axudarnos a motar o show, eso é algo digno de mención. Cabe especial mención os membros da "Casagrande" por traernos a palleira o escenario mobil, o cual e o máis autentico no que toquei xamais! Recordo que cando xa tiñamos montado o equipo e empezamos a facer a proba, algo me decía: "hoxe imola armar"... Xa había algúns observadores por eli, que por os xestos que lles vin facer xa se fixeron cómplices do que a noite pasou... Na cena estiven moi agusto e relaxado, estaba realmente cómodo, e disfrutando do pulpiño que tan ben nos preparan esa

xente... So hai unha reseña que quero aproveitar a facer xa que teño a oportunidade, e inda que non teña que co motivo desta historia, gustaríame tocar na conciencia de amigos e veciños do detalle de tirar co pan... Por favor, hai moita xente que non ten nin unha miga de pan que levarse a boca... Por favor reflexionai sobre esto... Pero volvendo o que nos centra, o mellor para min estaba por vir. Mentres nos amenizaban os gaiteiros o colleito da palleira, percorriame por


dentro unha electricidad maravillosa... Ises nervios de antes de subirse ao escenario son adictivos pódovolo asegurar!! E xa cando Fernando nos fixo a sua maravillosa presentación, ei pensei: "a dalo todo, rock and roll!!!" Unha vez en riba do remolque, foi espectacular vervos a todos pendientes de nos. E algo indescriptible! E o desarrollo do concierto non pudo ser mellor, os "meus muchachos" estaban que se salían, o calor que nos transmitiades, empuxounos a dalo todo! Era química pura e dura! De verdade, gracias, mil gracias a tods os que estivestes eli, sin vos non sería o mesmo, fostes o quinto compoñente dos Johndiremos aquela noite. So espero que si podemos tocar algunha vez máis, podan estar todos os que faltaban aquela noite e que sei que lles ouvese gustado estar... Outra vez mais gracias, foi unha noite moit importante para min!


compoñentes ALEX Pescando-ritmos, as baquetas máis rápidas de toda Caldelas, que botou media vida buscando ritmos por todas partes, polos campos, polos ríos, polas rúas, ata que descubriu que era nunha batería onde el mellor podía desenvolver as súas dotes rítmicas

CÁNDIDO artes-rurais, o home que dende Lumeares recolle toda a cultura ancestral, que dende o arte rupestre pasando por todas as tradicións celtas é capaz de artellar coas súas mans toda clase de obxecto artístico, o home que dende o arraigo terruño esta poseído polos dones dos druidas

PEDRO guitarra, festeirodependente, que tardou moitos anos en descubrir que as gaitas teñen cordas, que botou media vida de parranda dominado polos ritmos tradicionais para descubrir un día que dentro del habitaba “Blu bir”, un home blanco de Castro que cando colle unha guitarra aflora o seu espírito negro, calquer día volverase negro de corpo e andará a tocar a gaita por Ourense adiante, “un negro tocando a gaita”, non, “é Blu Bir tocando o que pode”.


ANDRÉS

guitarra e voz, alma deste grupo, músico integral, afro-americano de Bustavalle e Castro, sintetiza toda a historia da música moderna. As súas raíces galegas tiveron que emigrar a Aluche, levando os seus ritmos africanos a america madrileña, e alí descubriu o rock&roll, o blues... a alma da música, comezou a tocar a súa guitarra, a empaparse dos doce compases..., voltaba a terra galega de cando en vez e alí sorprendía aos seus veciños cos seus aprendizaxes, era só un neno, pero xa tiña alma de xenio... Tivo que volver a súa terra e alí todo tivo sentido, entón fusiouno todo: rock, blues, aluche, enxebrismo e unha pequena lembranza para o “xabarín” da súa infancia na casa dos avós. Con el comezou a música en Bustavalle, antes soaran moitas gaitas, pero nunca antes unha guitarra.


“Está chovendo” Dixo o home do tempo, que ia esclarecer diso fai tres meses, e non para de chover, vou a naufragar, coma as pitas no curral, que coa auga ata o pescozo, aprenderon a nadar. Vou comprar unha jamela, pa que poidan procrear, os animais do meu cortello, sen terse que mollar, e que aprendan dos coellos, que non paran de chiscar, esta e a historia dunha granxa, onde se fode sin moral. Esta chovendo, esta chovendo, esta chovendo, estoucho vendo nena... que o tes sin depilar. Cheguei remando a corte, que a cousa está moi mal, o porco está coa vaca, e o jalo coa marra, johndiremos parar... con iste temporal, isto e un desmadre nena, igual te queres apuntar. Esta chovendo........

Post bravú de Castro Caldelas con toda a esencia galaica aderezada de influencia bíblica: atmósfera chuviosa para unha historia de animais diluviana que semella a nosa particular Sodoma e Gomorra agrícola. Perda de identidade sexual e promiscuidade xeral que non se desaproveita para invitar a moza a que se apunte a orxía colectiva ou revoltallo animal. Iso si, non falta, entre tanta choiva, un toque de “voyeurismo” para observar o estado melenudo do pubis femenino. descargao gratuitamente en:

e temos un agasallo moi especial para ti: o concerto do 14-A

Vídeo de “Está chovendo”: http://www.youtube.com/watch?v=Rs1hMMFGtLU Vídeo completo do concerto do 14 de agosto: http://www.youtube.com/watch?v=c6Y7h2Dnnr0 Audio de “Está chovendo”: http://www.ivoox.com/esta-chovendo-audios-mp3_rf_1635490_1.html Audio completo do concerto do 14 de agosto: http://www.ivoox.com/concerto-completo-johndiremos-audiosmp3_rf_1635469_1.html


Recuperando tradicións...

Foto dos veciños de Bustavalle, 15 de agosto de 2012

Buscando novas sensacións... “Remolquing”: deporte de risco

Como non tiñamos bastante coa carreira nocturna en calzóns algúns, os máis atrevidos, decidiron crear unha nova variante dos deportes de risco, “o remolquing”, lanzándose dende o remolque dun tractor ao vacío, onde só o esperan unhas xenerosas mans, aínda que nun estado que non transmiten demasiada confianza.


MUDAMOS DE CRUZ

O 16 de agosto de 2012 foi substituída a antiga “cruz grega” (crux immissa quadrata) da capela de Bustavalle, non pétrea, por unha cruz de inspiración trebolada (brazos rematados en tres lóbulos, cunha forma semellantes as follas de trébol), si de pedra, pero cun diseño non tradicional. O troco de cruz foi realizado polo concello cun gran desplegue de medio que novamente fai unha aportación ao pobo sen respectar a tradición que debe dominar o noso pobo, pensamos no escudo da fonte.


Buscando un símbolo para a Asociación

Colgante regalado os nenos/as do pobo

Boceto na procura dunha identidade

Rectificacións á toponimia do número anterior Os nosos lectores fixéronos unha serie de comentarios sobre certos topónimos que deixamos atrás:

Aira do Bernardino en Zorelle. A foto non correspondía con esta aira

-O CARRASCO: designa un barrio en Bustavalle que abarca a zona arredor da rúa da Tía Moasa ou dos Meleiros. O seu significado alude a un arbusto denominado así, coa variante “carrasca”, do que hai varias especies de ata un metro de altura, de follas perennes e flores pequenas de cor rosada, branca ou violeta. Ademais comentase que tamén se empregaban os nomes de “Fonte”, que nós xa recollemos, e o de “Lavadeiro” para referirse a zona onde se atopa o lavadeiro.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.