20100201 participación cidadá regulamento base reproposta concello

Page 1

Da Mesa de Asociacións ó Concello de Ribadeo

PROPOSTA DE REGULAMENTO ORGÁNICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ DO CONCELLO DE RIBADEO CONTIDO Título preliminar.-Disposicións xerais Título 1.-Información municipal Título 2.-Das Entidades cidadas e do Rexistro municipal de asociacións Título 3.-Dos Consellos de articipación cidadá Título 4.-Dos Consellos Sectoriais ou de Area Título 5.-Da iniciativa cidadá Título 6.-Da consulta popular Título 7.-Da participación nos organos de goberno municipal Título 8.-Da audiencia pública Título 9.-Da declaración de utilidade pública das entidades e asociacións Título 10.-Da Comisión Especial de suxerencias e reclamacións. Disposición adicional Disposición transitoria Disposición derogatoria Disposición final --REGULAMENTO ORGANICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ. Título PRELIMINAR.- DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo 1. Son obxecto deste Regulamento, a regulación das formas, medios e procedementos de información e participación de veciños e entidades cidadás na xestión municipal, co fin de facer efectiva a participación cidadá de acordo co establecido nos artigos: 1, 4.1.a), 18, 24, e do 69 ó 72 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 251 a 257 da Lei de Administración local de Galicia. Artigo 2. O Concello, a través deste regulamento, pretende acadar os obxectivos que se enumeran a continuación, e que terán o carácter de principios básicos: - Facilitar a máis ampla información sobre as súas actividades, obras e servicios. - Facilitar e promover a participación dos veciños e entidades asociativas na xestión municipal. - Facer efectivos os dereitos dos veciños recollidos no artigo 18 da Lei reguladora das bases do réxime local. - Fomentar a vida asociativa en Ribadeo. - Achegar a xestión municipal ós veciños. - Garantir a solidariedade e o equilibrio entre os distintos núcleos de poboación do término municipal.

REGULAMENTO ORGÁNICO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ (revisión da proposta) .- p.1 de 14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
20100201 participación cidadá regulamento base reproposta concello by Antonio gregorio - Issuu