20160922 evaristo > valedor do pobo

Page 1

A: Dna. Milagros María Otero Parga, Valedora do Pobo de Galicia O pasado 22/9/2016 remitimoslle un escrito que facía referencia a un informe da D. X. de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e agora imoslle transmitir duas informacions que chegaron ao noso grupos recentemente e que poderían ser de interés para o crarexamento do caso que denunciamos: 1.- A concesión acordada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao para a explotación do Faro da Illa Pancha como hotel foi adxudicada a empresa Eirobra A Mariña SL por via directa, sen concurso público, mentras que as ofertas dos faros de Triana en Sevilla, de Marbella, do faro Trafalgar en Barbate (Cádiz) e outros catro mais nas Illas Baleares foron sometidas a concurso público polas correspondentes autoridades portuarias, de tal xeito que as empresas ou persoas interesadas tiveron a oportunidade de presentar os correspondentes proxectos e concursar en igoaldade de condicions diante dunha oferta da administración do estado, cousa que obviamente non sucedeu no caso de Ribadeo. O RDL 2/2011 de 5 de setembro, BOE 20/10/11 polo que se aproba o Texto Refundido da Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante, no art. 86 estipula os supostos nos que será preceptiva a convocatoria de concurso público para acadar a concesión. Os catro supostos deste arigo non incluen expresamente o uso de faros para a instalacions de hoteis ou outro tipo de servizos. Compre suliñar neste ponto que o decreto lexislativo ao que facemos referencia foi aprobado o día 5 de Setembro de 2011, mentras que o Programa Faros de España do Ministerio de Fomento publícase en decembro de 2013, de onde pode deducirse que os traballos e debates para a redacción do decreto lexislativo difícilmente poderían ter en conta as circunstancias derivadas da implantación do devadito Programa Faros de España, maiormente sendo que o decreto lexislativo foi promulgado polo goberno salinte e o programa faros de España foi aprobado polo goberno entrante despois das eleccións xerais do 20 de Novembro de 2011, como é sabido gobernos de diferente signo político. Dito o anterior pode comprobarse que os catro supostos nos que é preceptiva a convocatoria de concurso público afectan a servizos ofertados pola administración do estado e teñen en común que poden ser de interés para diferentes tipos de empresas ou particulares, mentres que outras actividades comerciais ou industriais exentas do trámite de concurso público serían casos específicos de interés particular e promovidos polos propios interesados. De feito o criterio xeral das Autoridades Portuarias é someter os Faros a concurso público mentres que o caso de Ribadeo é a excepción de adxudicación directa, polo menos ate onde chega a nosa información. En consecuencia estamos diante dunha aplicación incoherente ou contradictoria do artigo 86 devandito e desta incoherencia derívase un perxuicio comparativo para as persoas ou empresas que puidesen estar interesadas en dita oferta en caso de haberse producido e mesmo para a sociedade en xeral que podería beneficiarse de outros servizos diferentes dun Hotel de Duas Habitacions ou Suites no Faro da Illa Pancha. 2.- O proxecto de reconversión do Faro da Illa Pancha nun Hotel de duas habitacions ou Suites, mais os impactos engadidos, pola presenza de automoveis, sinalización, fosas sépticas, medidas de seguridade, iluminación, ruidos, obras, presenza e actividades dos usuarios e traballadores do hotel suman un conxunto de impactos nunha zona afectada pola normativa da Rede Natura 2000 que non foron sometidos a Estudo de Impacto Ambiental, nen a carencia deste estudo foi evaluada e xustificada en nengún intre na tramitación deste expediente como exixe a lexislación europea. Para non extendernos neste ponto remitímonos aos apartados 2,3 e 4 da Directiva 92/43/CEE e ás “Directrices para la evaluación ambiental de proyectos que puedan afectar a la Red Natura 2000” (SEO-BIRD LIFE 2015 e Goberno de España). Suliñamos nestas directrices o principio de cautela e as sentenzas do Tribunal Europeo de Xustiza diante de proxectos franceses, irlandeses e outros. Como dixemos ao comezo a información sobre estes aspectos da tramitación do proxecto chegounos recentemente, o que explica que non fosen incluidos na queixa inicial remitida o 8/6/2016, sin embargo entendemos que aportan datos sustanciais e carencias cuxa única responsabilidade é das administracions implicadas, unas por omisións dos trámites e estudos preceptivos e outras pola falla dun seguimento axeitado dos procedimentos administrativos. En todo caso, entendemos que as carencias devanditas invalidan o procedimento no seu conxunto e atentan gravemente contra os dereitos do conxunto dos cidadas. Proximamente remitiremoslle as respostas específicas aos informes do concello de Ribadeo e á Xunta de Galicia. Reciba un saudo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.