A Última Cea de Xesús de Benito Prieto Coussent.
Por Celia Castro.
1.Introducción. Neste artigo analizarei o cadro “A Última Cea de Xesús” do pintor ribadense Benito Prieto Coussent, (nacido en 1907), na actualidade en depósito na pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo. Nel, cunha composición rigorosamente clásica, como é usual no autor ,trátase un asunto relixioso dende un punto de vista profundamente humano, os protagonistas son reais, personaxes ribadenses do primeiro cuarto do século XX, perfectamente caracterizados, mariñeiros ,xente do pobo, retratados cunha precisión case fotográfica, arte que tamén o artista domina moi ben, porque o seu pai, Benito Prieto Ferrero, era propietario do estudo fotográfico mais relevante no Ribadeo da primeira metade do século XX. Desde os comenzos da súa carreira pictórica, Benito sentéuse inclinado a unha arte realista, resultado dun profundo estudo dos caracteres, que pouco a pouco iríase perfeccionando, ata alcanzar, ó fin da súa carreira , cotas fortemente expresionistas e dramáticas sempre dentro de esquemas clásicos. É a súa, como él mesmo dí, unha busca constante, e dolorosa, do sentido da existencia, que prolongará até a súa morte, en Febreiro do 2001, pois ata entón continuará pintando. É esta aínda unha obra de mocedad, datada cara a 1930, cando o autor, recentemente licenciado en Belas Artes, e posuidor do título de profesor de Debuxo, residía en Ribadeo, o seu pobo natal, á espera dun traballo como docente, que obtería en 1931, e que o levaría a impartir clase no Instituto de Tuy.
-2.Breves apuntes biográficos.
Benito Prieto nacido en Ribadeo o 6 deXuño de 1907, viviu en Padul dende 1941 por mor do seu matrimonio con Mª Antonia Rejón, mestra e farmacéutica, residindo alí ata a morte desta, en 1958. Logo, traslada a súa residencia a Granada, onde falece o 3 de Febreiro do 2001 aos 93 anos. Conservánse dende a súa xuventude cadros que mostran o seu su profundo interese pola pintura clásica, á vez que un sentido da perfección que nunca abandoará. Aos quince anos