Pregóns do entroido ribadense

Page 1

Pregóns do entroido ribadense Algunha anotación para esta primeira versión dos pregóns do entroido ribadense: Non están todos os pregóns, nin moito menos, nin aínda todos os que aparecen na llista. Co tempo, quizáis se vaian completando en edicións sucesivas. Embaixo quedan recollidos algúns pregóns do entroido ribadense. Foron recollidos ó longo dos anos, pedindo expresamente ós seus autores o permiso para a publicación no seu momento na rede en 'Publicado en Ribadeo'. O sitio web deixou de existir e pouco a pouco, como neste caso, as publicacións van aaprecendo de novo ó público. Vaia dicir que o título que levou esta festa leva pasado de carnaval ó galego antroido, para rematar na actualidade co normativo entroido, sen complicación algunha e como se pode ver nos sucesivos pregóns. Teñen saído á rúa varios libriños relacionados co entroido. Lembro que pasou polas miñas mans un publicado nos 1990, pero non lembro máis del. No 2008 o libro titulouse '25 aniversario do Entroido Ribadense', impulsado por Pepe e Gilberto, Anos antes, no 2001, 'As festas populares no entorno ribadense' adicou da páxina 12 á 49, ámbalasdúas incluídas, ó antroido... e moita máis documentación en xornais e demais está a disposición para quen queira 'ampliar coñecementos'. E nada máis. Espero que esta compilación agrade á xente á que lle 'caia nas mans', e, se é asi, procurarei ampliala con outras contribucións que non están ou que aínda non tiveron lugar. Ribadeo, entroido de 2016. 1985 Carlos Díaz Gestal, O Xestal 1990 Xesús Fidel Fernán Bello, Fidel Fernán 1994 Julio Carballal Jartín 1995 Francisco Maseda García 1996 Roberto Rodríguez Rodríguez 1997 Antonio Gregorio Montes 1998 José Luis Trashorras Méndez 1999 José Perez García, 'Malén' 2000 José Antonio Penoucos Ramos 2001 Gilberto Suárez Méndez 2002, José Pulpeiro Doval 2003 Ernesto Cruzado Estévez 2004 Primitiva Nécega Gallo, Primi Nécega 2005 Francisco Rivas Álvarez 2006 Alfonso Rodil Veiga 2007 Pedro Moreda Marful 2013 Suso López Fernández

Pregóns do entroido ribadense p. 1 de 36


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.