PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
DEPARTAMENTO: Física e Química CURSO: dende 2014-15
Centro.............................................................IES de Ribadeo Código............................................................27020902 Provincia........................................................Lugo Enderezo........................................................O Xardín s/n Código Postal.................................................27700 Teléfono e fax................................................982 128098 N.I.F...............................................................S2700020G Dirección de correo electrónico.....................ies.ribadeo@edu.xunta.es Páxina web.....................................................http://www.edu.xunta.es/centros/iesribadeo
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Índice ESO.......................................................................................................................................................5 1ºESO Ciencias da Natureza............................................................................................................6 Física e Química – 3º e 4º ESO.....................................................................................................19 Bacharelato......................................................................................................................................... 66
Páxina 2 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Composición do departamento, estrutura, información e autoavaliación Composición do departamento: Apelidos, Nome Díaz Estévez, Teresa Gregorio Montes, Antonio Torres Moure, María
Corpo PES definitivo Catedrático de Ens. Sec. PES definitivo
Xefatura de departamento: Gregorio Montes, Antonio Corpo: Catedrático con destino definitivo no centro Período: curso actual Día e hora semanal de reunión: Eliminada a obriga semanal por restruturación da normativa sobre horarios. Materias impartidas: Materia
Etapa
Física e Química Física e Química Física e Química Física Química Materia de ámbito científico Física e Química Física Química CC da N (distribuídas co Depto. de CC da N) Diversificación Curricular (distribuídas cos Deptos. de CC da N e Mat.) CMC (distribuídas co Depto. de CC da N) CMC (distribuídas co Depto. de CC da N)
Curso
Horas/grupo
ESO ESO BAC BAC BAC ESA BACEPA BACEPA BACEPA ESO ESO
3 4 1 2 2 1 2 2 1 3/4
2 3 4 4 4 4 1,5 1,5 1,5 4 8/9
BAC BACEPA
1 1
2 1,5
O número de grupos depende da matrícula. Sistema de información sobre a programación ao alumnado e ás familias: Cada profesor entregará ó alumnado ó principio de curso un resumo da programación correspondente ó seu curso, e explicará os aspectos máis relevantes da mesma. Quedará asemade a disposición dos alumnos na páxina web. Se é o caso, esta mesma información comunicaráselle ós pais / nais / titores legais na reunión á que se convocan co titor dos alumnos / as ó principio de curso. Criterios para avaliar a propia programación: Periódicamente, é xa tradicional na xuntanza de Departamento facer un repaso do realizado en cada grupo, así como do rendemento obtido ata o momento. Ditas xuntanzas terán en conta os criterios correspondentes coas seguintes preguntas, para observar se son necesarias modificacións na programación e cales: Cada apartado ten unha duración convinte? Páxina 3 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Cúbrese toda a gama de alumnos coas metodoloxías aplicadas? Houbo variacións no desenvolvemento respecto a cursos anteriores e correccións ou melloras pertinentes? Que porcentaxe de alumnos que superan as diversas probas? Captouse o interese dos alumnos en cada item? Quedou engranado cada apartado co resto da programación? A fin do curso, a menos que non se considere pertinente, pasarase unha enquisa ós alumnos para contrastar as súas opinións coas estimadas polo equipo docente do departamento.
Páxina 4 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
ESO
Páxina 5 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A.- 1ºESO Ciencias da Natureza (e Agrupamento Específico) A1.- Lexislación •
Nota: inclúese a continuación a lexislación pertinente para o conxunto da programación, que non se repetirá -salvo puntos específicos- no resto do documento. Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria (BOE de 5 de xaneiro de 2007).
•
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007.
•
Orde do 30/7/2007, polo que se regulan os Programas de Diversificación Curricular na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 21 de agosto de 2007.
•
Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros.
•
Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
•
Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regulan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas pola modalidade presencial na Comunidade Autónoma de Galicia
A2.-Contribución da materia ao logro das competencias básicas. Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12 051-12 052). As ciencias da natureza contribúen á adquisición das competencias básicas desde a organización das materias que integran a área, da súa estrutura conceptual, da metodoloxía utilizada e das actitudes e valores que promove. A comunicación, nos ámbitos da comprensión e expresión, tanto oral como escrita, constitúe un eixe fundamental no proceso de ensino e aprendizaxe do coñecemento científico, contribuíndo ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. Nesta área trátase de desenvolver a capacidade de comprensión cando se fan lecturas de textos científicos e o alumnado aprende a diferencialos doutros que non son científicos, cando se contrastan materiais escritos e audiovisuais de diferentes fontes, tanto descritivos como argumentativos, nun proceso que pasa pola identificación dos conceptos e ideas principais, a interpretación do papel que desempeñan segundo o contexto e as relacións que se establecen entre eles. Na resolución de problemas débese estimular a lectura comprensiva a través da contextualización da situación, da identificación dos conceptos que aparecen e das relacións que se establecen entre os ditos conceptos e os datos. No ensino da área a expresión oral e escrita busca a coherencia e precisión no uso da linguaxe, tanto no nivel descritivo como no interpretativo. Trabállase a expresión cando se emiten hipóteses, contrástanse ideas, acláranse significados sobre conceptos ou procesos científicos en contextos diferentes, realízanse sínteses, elabóranse mapas conceptuais, extráense conclusións, realízanse informes ou organízanse debates onde se fomenten actitudes que favorezan a mellora na expresión oral e escrita, a confianza para expresarse en público, o saber escoitar, o contrastar opinións e ter en conta as ideas dos demais.
Páxina 6 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Contribúe esta área ao desenvolvemento da competencia matemática, dado que o coñecemento científico se cuantifica grazas á linguaxe matemática. O emprego de números, símbolos, peracións e relacións entre eles forman parte da metodoloxía científica e constitúen unha base importante para a comprensión de leis e principios. Na realización de investigacións sinxelas, traballos prácticos ou resolucións de problemas desenvólvense capacidades para identificar e manexar variables, para organizar e representar datos obtidos de maneira experimental, para a interpretación gráfica das relacións entre eles, para realizar operacións con números e símbolos, para atopar as solucións correctas, para cuantificar as leis e principios científicos e para utilizar estratexias básicas na resolución. Nas ciencias da natureza emprégase o razoamento matemático como apoio cara a unha mellor comprensión das relacións entre conceptos. A competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico recae de xeito importante sobre esta área na cal o alumnado aprende os conceptos básicos que lle permitan a análise, desde diferentes eidos do coñecemento científico, da materia, dos seres vivos, dos fenómenos naturais, das súas transformacións, dos seus efectos sobre o ambiente e a saúde, dos cambios e dos obxectos tecnolóxicos. A área de ciencias da natureza contribúe á competencia de tratamento da información e competencia dixital, xa que se traballan habilidades para identificar, contextualizar, relacionar e sintetizar a información procedente de diferentes fontes e presentada en diversas linguaxes propias das tecnoloxías da información e comunicación, como os buscadores pola internet, documentos dixitais, foros, chats, mensaxaría, xornais dixitais, revistas divulgativas na web, presentacións electrónicas e simulacións interactivas. Cando se traballa a crítica reflexiva sobre as informacións de tipo científico que achegan as tecnoloxías da información e a comunicación, foméntanse actitudes favorables ao emprego delas evitando o seu emprego indiscriminado. Cando se apoia a aprendizaxe de modelos teóricos por medio de simulacións, cando se traballan representacións de datos por medio de programas informáticos, cando se realizan experiencias virtuais para contrastalas coas reais, cando se representan estruturas moleculares, atómicas, anatómicas, xeolóxicas, situacións problemáticas coa axuda dos ordenadores, desde a área estase a contribuír á competencia dixital. En relación coa competencia social e cidadá, esta área trata de dotar o alumnado das habilidades necesarias para comprender a problemática acthttp://www.edu.xunta.es/web/node/3431ual en relación coa súa persoa, co resto da sociedade e co planeta. A aproximación do currículo á situación concreta na cal se vive facilita a participación activa do alumnado en actividades que impliquen esa cidadanía responsable. As ciencias da natureza contribúen a coñecer e aceptar o funcionamento do corpo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos de coidado e saúde corporais e ser críticos cos hábitos sociais pouco saudables e a contribuír á conservación e mellora do ambiente. Os debates históricos sobre as diferentes concepcións dos fenómenos que afectan as persoas serven para traballar habilidades sociais relacionadas coa participación, cooperación e poñerse en lugar dos outros, aceptar diferenzas, respectar os valores, crenzas e incluso a diversidade de culturas. A contribución da área á competencia cultural e artística. Na expresión das ideas, conceptos e principios das ciencias da natureza empréganse, de xeito creativo, diferentes códigos artísticos para representar fenómenos ou situacións dun xeito comprensible. Desde a área de ciencias contribúese a desenvolver esta competencia cando se promove a presentación das ideas ou traballos en formatos diversos, onde se lles deixa ás alumnas e aos alumnos a liberdade de elixir os ditos formatos estéticos e artísticos, cando se utilizan os museos de ciencias para espallar os xeitos de pensar ou facer doutras culturas, ou nas exposicións relacionadas co ámbito científico, como medio de coñecer, comprender e desfrutar do coñecemento científico. O desenvolvemento da competencia de aprender a aprender desde os ámbitos científico e tecnolóxico, nun mundo en continuo e acelerado cambio, implica espertar inquedanzas e motivacións cara á aprendizaje permanente. Cando afloran as ideas previas do alumnado sobre os contidos científicos, favorécese esta competencia xa que se está a promover que as alumnas e os alumnos sexan conscientes do seus propios coñecementos e limitacións. Pódese empregar a historia da ciencia para que os estudantes non caian no desánimo de estar case sempre errados nas súas concepcións, cando ata os máis grandes científicos experimentaron erros e resistencias ás novas ideas.
A3.-Metodoloxía didáctica e materiais curriculares. A3.1.- Decisións metodolóxicas.
Páxina 7 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A finalidade do ensino desta área céntrase no desenvolvemento de habilidades e estratexias para recoller informacións de diferentes fontes, analizalas e valoralas, formar opinións propias fundamentadas, formular hipóteses, contrastalas mediante a observación e experimentacións, e elaborar conclusións e informes; en suma, resolver problemas e formar cidadáns e cidadás críticos, con capacidade para elaborar opinións propias que lles permitan participar democraticamente nas decisións políticas que toman os representantes sociais sobre o ambiente, a saúde e as aplicacións dos adiantos científicos e técnicos. Trátase de familiarizar o alumnado coa natureza e as ideas básicas da ciencia co obxectivo de que poida comprender as problemáticas de orixe científica que lle afecten como persoa e cidadán, e así poder xerar actitudes responsables que lle permitan participar na toma de decisións cando se procura a súa solución. A área de ciencias da natureza comprende varios ámbitos especializados do coñecemento científico: bioloxía, xeoloxía, física, química, ecoloxía, astronomía, etc. Pero todos eles levan consigo o estudo do medio, dos fenómenos que ocorren nel, das súas interaccións e dos cambios. A maior parte dos obxectos de uso cotián son aplicacións dos avances no coñecemento científico e tecnolóxico da humanidade. En realidade este coñecemento integra conceptos e procedementos propios de varias materias desta e doutras áreas. Dende a área de ciencias da natureza, o profesorado deberá empregar unha metodoloxía que contribúa a desenvolver as capacidades plasmadas nos obxectivos da etapa, promovendo a formación de persoas tolerantes, cooperativas, solidarias e democráticas; consolidando hábitos de estudo e traballo, individual e en equipo; respectando a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos entre mulleres e homes; incentivando a busca de solucións dialogadas aos problemas, rexeitando a violencia e os comportamentos sexistas; desenvolvendo a capacidade de pensamento abstracto, a curiosidade, a creatividade e a actitude crítica. Para o desenvolvemento do currículo da área de ciencias naturais, cada profesor debe ter en conta as alumnas e os alumnos ós cales se dirixe, a diversidade nos niveis de desenvolvemento das súas capacidades, os seus intereses e expectativas, ofertando uns contidos que faciliten o achegamento á natureza e ás ideas básicas da ciencia e que axuden á comprensión dos problemas a cuia solución poida contribuír o desenvolvemento científico e tecnolóxico, favorecendo actitudes responsables dirixidas a sentar as bases dun desenvolvemento sostible. Os contidos están secuenciados en cursos e organizados en bloques que inclúen un conxunto de saberes relacionados, e permiten a súa organización arredor de eixes estruturantes de interese que sirven de fío condutor para a súa interrelación, o que facilita unha aprendizaxe integradora. Os núcleos en que se organiza o currículo son os de materia, enerxía, interacción, cambio, unidade e diversidade. Este agrupamento dos contidos en bloques non debe ocultar as múltiples interconexións que existen entre eles. Cada profesora ou profesor planificará as súas clases de forma que estas relacións se fagan explícitas diante do alumnado. Deberán, polo tanto, as profesoras e profesores propiciar unha metodoloxía na que as ciencias da natureza se acheguen á realidade da que o alumnado participa, pero sempre sen perder de vista os obxectivos xerais e as finalidades da etapa. O primeiro bloque de cada curso recolle os contidos, procedementais e actitudinais, relacionados co xeito de construír a ciencia e de transmitir as experiencias e o coñecemento científico. Estes contidos teñen un papel transversal polo que xa que se relacionan con tódolos bloques deberán desenvolverse da forma máis integrada posible co conxunto dos contidos de cada curso para facilitarlle ó alumnado o logro dos obxectivos xerais e a adquisición das competencias básicas. Específicamente no primeiro curso aparecen contidos relacionados coa Terra como planeta. Finalmente, o profesor á hora de abordar os contidos da área deberá ter en conta a propia realidade galega, a súa situación xeográfica e o medio natural e cultural propios, sendo necesaria unha contextualización específica á hora do tratamento na aula dos contidos de ciencias naturais. O coñecemento do patrimonio ambiental propio e as consecuencias directas e indirectas das súa explotación deben quedar reflectidos. Polo tanto, temáticas de actualidade como os incendios, o tráfico marítimo, a explotación dos recursos naturais, a biodiversidade, os espazos protexidos deben formar parte intrínseca da práctica da aula. Para finalizar, rematamos cunhas indicacións xerais do traballo diario na aula. Tratarase de presentar os contidos da forma máis interesante e motivadora posible. Axudarémonos do libro de texto, da pizarra, de materiais diversos cos que contamos no laboratorio e tamén sempre que se poida, de material audiovisual e informático. Ademais, insistiremos especialmente naqueles aspectos nos que tipicamente o alumnado presenta maiores dificultades de aprendizaxe e poñeremos especial atención ós contidos mínimos, así como traballar con actividades de reforzo ou ampliación cando o profesor o considere oportuno.
A3.2.- Materiais e recursos didácticos. Empregaranse de maneira habitual os libros de texto fixados polo departamento: Ciencias da Natureza 1ESO, Ed. Obradoiro/Santillana, ISBN 9788482249557 Páxina 8 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
O propio libro de texto permitirá fixar actividades de reforzo ou ampliación de ser necesarias; ademais o profesor poderá proporcionar nestes casos material adicional ó alumnado de consideralo oportuno. Empregarase tamén calculadora; a súa utilización será progresiva. Ademais, o uso deste instrumento será sempre baixo as indicacións do profesor ou profesora, de maneira que non substitúa por completo ó calculo mental, pero si que se manexe como elemento imprescindible de axuda en cálculos e resolución de problemas máis complexos, nos que o cálculo non é a parte esencial. En definitiva, preténdese que o seu uso favoreza a dedicación de máis tempo a tarefas típicas da resolución de problemas como a reflexión, o razoamento, a toma de decisións, a comunicación do proceso seguido e dos resultados obtidos, etc. Utilizaranse outros recursos, como poden ser ordenador/material informático, vídeo proxector, etc…, como elemento de apoio para certos contidos do programa, de consideralo necesario, e para a comunicación mediante correo electrónico, así como websites para repositorio de materiais diversos, tanto exercicios como traballos para a Feira das ciencias, por poñer dous exemplos. A feira das ciencias usarase como recurso didáctico para desenvoltar a capacidade investigativa do alumnado, así como a sistemática e esprito de colaboración.
A4.- Medidas de atención á diversidade. A4.1.- Reforzo e ampliación. No caso daqueles alumnos nos que se detecten dificultades específicas para acadar determinados obxectivos mínimos da materia, estableceranse medidas de reforzo individualizadas. De xeito análogo, no caso daqueles alumnos que demostren un dominio claro dos obxectivos fixados para a materia estableceranse medidas de ampliación naquelas partes nas que sexa axeitado facelo, sempre tendo en conta que o traballo práctico facilita o estudo por fóra da aula. A4.2.- Agrupamentos Cabe a posibilidade dun agrupamento específico (en concreto no curso no que se redacta inicialmente esta programación comeza cun agrupamento de 14 alumnos). Como apunte de programación para o mesmo, téñense os seguintes condicionantes: A4.2.1.-Contidos: contidos mínimos A4.2.2.-Metodoloxía: contemplando as características particulares do alumnado É dicir, a programación correspondente ó agrupamento considérase que debe ser a mesma que a do gruo normal co que está relacionado e co que pode intercambiar alumnos ó longo do curso, pero cunha certa adaptación basada en reducir os contidos ós mínimos permitidos legalmente e adaptando a metodoloxía ás características particulares do alumnado, que nalgún caso son determinantes. O departamento en conxunto é consciente de que algúns dos alumnos de agrupamento seguirán un ritmo totalmente diverso do resto, dun xeito que fará prácticamente imposible un bloque monolítico de grupo, razón pola que noutros apartados da programación se especifican cláusulas concretas para ditos alumnos de agrupamento. A4.3.- Apoios
Páxina 9 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A circunstancia de varios alumnos que necesitan un apoio contínuo e son recocllidos determinadas horas polo Departamento de Orientación fai necesaria unha coordinación co mesmo para a súa atención, o que se irá desenvoltando pouco a pouco ó longo do curso e guiará a adaptación da materia, en particular no caso de alumnos de agrupamento.
A5.- Actividades complementarias e extraescolares. Os grupos de 1ºESO realizarán as actividades complementarias e extraescolares previstas arredor da organización da Feira da Ciencia e Tecnoloxía que se celebra cada ano no centro. Ademáis, prevese algunha saída (sen especificar data, ó depender do tempo atmosférico) para ver as estrelas e visitar os puntos de tratamento de lixo, así como participar no programa Prensa-Escola da Voz de Galicia e a letura dun libro de contido científico (alumnos de agrupamento excluídos). Asemade, tamén poderán acudir ós 'recreos de ciencia'. Polo demais non hai ningunha outra actividade individualizada prevista inicialmente para este grupo. O anterior non impide que o profesor poda decidir no transcurso do curso participar nalgunha actividade que considere de interese para o alumnado, estando suxeita a autorización necesaria para a súa realización. Asemade, serán contempladas dentro deste grupo as medidas de fomento da lectura e fomento das TIC, se ben plenamente integradas ambs no discorrer normal do curso, ó seren dadas notas e demáis avisos ou envío de apuntes, traballos, etc, mediante correo electrónic, blogs, wikis ou ficheiros compartidos, e estare contemplado no desenvolvemento da programación a lectura de diversos textos.
A6.- Avaliación. A6.1.- Criterios xerais. Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais: Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará darase información ben de xeito oral ou escrito sobre a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes: − É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. − A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración. − Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10. Outras valoracións: Teranse en conta os traballos realizados na clase e máis as tarefas para facer na casa, o caderno de clase, a participación na aula e en actividades como a Feira da Ciencia e Tecnoloxía, así como o comportamento na clase. Poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento ou disposición, incluíndo o non traer materiais de traballo e estudo. O non ten realizadas as actividades correspondentes para a feira, poderá supor unha nota inferior a 5 na avaliación, parcial e/ou final. Haberá unha única nota da materia a fin de curso, promediada entre as notas parciais, incluíndo unha nota instrumental de 3ª av., sempre que todas teñan unha cualificación superior a 4. Como apunte para o agrupamento específico, influirá na nota a observación por parte da profesora do traballo realizado polos alumnos.
Páxina 10 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A6.2.- Avaliación parcial. Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo dúas probas escritas que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas. A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, a profesora ou profesor poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase segundo o expresado no apartado anterior (coas excepcións pertinentes nos casos especiais), da maneira seguinte: 1. A cualificación numérica obtida da media (ponderada de ser o caso) das probas escritas realizadas ponderará o 70% na cualificación da avaliación parcial. 2. Teranse en conta a realización daquelas actividades puntualmente establecidas para a casa, a colaboración no desenvolvemento das clases, a participación, a voluntariedade e a actitude do alumno na aula e os traballos individuais (como os correspondentes á Feria na avaliación correspondente). Este apartado ponderará o 30% na cualificación da avaliación parcial. Ademáis, de xeito suplementario poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento ou disposición, incluíndo o non traer materiais de traballo e estudo. O non ten realizadas as actividades correspondentes para a feira, poderá supor unha nota inferior a 5 na avaliación, parcial e/ou final. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente. A6.3.- Recuperacións. Realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial; esta proba de recuperación terá lugar con posterioridade a cada sesión de avaliación; a cualificación da proba escrita de recuperación só será compensable con outras actividades anuais (feira, letura, ...). Así pois, no caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria. En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte. A6.4.- Avaliación ordinaria (xuño). Ó final de curso realizarase un exame final por áreas ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar íntegras as preguntas correspondentes a aquelas partes non superadas previamente, e unha pregunta de cada parte superada. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa parcial será substituída pola nova cualificación.
Páxina 11 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Se despois das tres avaliacións parciais, recuperacións e exame final de xuño, un alumno ou alumno ten superadas tódalas avaliacións parciais (cualificación igual ou maior que 5 en cada unha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres cualificacións parciais, tendo en conta a porcentaxe 30%/30%/40% para dito cálculo. En caso de que o alumno ou alumna non superase algunha das tres avaliacións parciais, a cualificación final será como máximo de 4. Asemade, ha de terse en conta a posible baixada de puntuación por comportamento ou falta de traballo para a feira. A6.5.- Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse da totalidade da materia cualificada negativamente en xuño, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, terase en conta a cualificación desta proba escrita, facendo media co resto de cualificacións mantidas, segundo o especificado no A6.1. A6.6.- Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. Non corresponde. A6.7.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademais a proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia. As medidas anteriores serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais.
A7.- Obxectivos. Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de2007. A consecución dos obxectivos será gradual tal e como se reflexa nos criterios de avaliación fixados para cada curso (apartado A9). O ensino das ciencias da natureza nesta etapa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas. 2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global. Páxina 12 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc. con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos. 4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así como para contrastar as opinións persoais. 5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estrategias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades. 6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos. 7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, ndividualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnología e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable. 8. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida. 9. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario.
A8.- Contidos e secuenciación. A8.1.- 1º Curso Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007. A notar que o programado para os alumnos de agrupamento redúcese ós contidos mínimos. Bloque 1. Contidos comúns. * Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a identificación de situacións problema, discusión do seu interese, recoñecemento de hipóteses, experimentación etc., para comprender mellor os fenómenos naturais e resolver os problemas que presenta o seu estudo. * Utilización da experimentación para coñecer mellor os fenómenos naturais e formular suposicións sobre a súa evolución. * Emprego de modelos sinxelos que contribúan á interpretación dos fenómenos. * Utilización dos medios de comunicación e das tecnologías da información para seleccionar información sobre a natureza. * Identificación de datos e feitos científicos sobre a natureza e utilización desa información para coñecela. * Recoñecemento da importancia do coñecemento científico e a súa evolución histórica para comprender mellor os argumentos que facilitan a toma de decisións sobre situacións sociais e individuais. * Utilización coidadosa dos materiais e instrumentos básicos da experimentación e coñecemento das medidas de seguridade. Bloque 2. A Terra no Universo. O Universo e o sistema solar. * Identificación dos elementos do sistema solar. Páxina 13 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta. A súa orixe. * Análise das periodicidades nos calendarios, interpretando os movementos e as posicións no sistema Sol-Terra-Lúa. * Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as estacións, as fases lunares e as eclipses. * Uso de técnicas sinxelas de orientación baseadas na observación dos astros. * Coñecemento da evolución histórica das concepcións sobre a situación da Terra no Universo: xeocentrismo, heliocentrismo e como parte da Vía Láctea. A materia no Universo. * Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa e indirectamente as propiedades xerais da materia en diferentes estados. * Identificación da densidade como propiedade característica das substancias. Utilización, en situacións habituais para diferenciar materiais. * Diferenciación das características observables dos estados nos cales se presenta a materia. Clasificación de diferentes materiais aplicando criterios. * Identificación dos cambios de estado. Determinación experimental das temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura. Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de estado. * Emprego do modelo cinético para interpretar os estados da materia, as dilatacións, os cambios de estado. * Diferenciación macroscópica entre mesturas heterogéneas e homoxéneas. Preparación de disolucións da vida cotiá e identificación cualitativa dos seus compoñentes. * Procura de información e comparación entre a composición de materiais de interese e a súa utilización na vida cotiá. * Utilización experimental dalgunhas técnicas sinxelas de separación de substancias en mesturas. * Emprego do modelo cinético para diferenciar mesturas e substancias puras. Bloque 3. Materiais terrestres: atmosfera, hidrosfera e xeosfera. * Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico establecendo a relación entre tempo e clima. * Interpretación de mapas de clima sinxelos. * Uso de instrumentos para medir variables ambientais (temperatura, presión atmosférica, humidade do aire, dirección do vento). * Recollida sistemática de datos e representación gráfica deles. * Identificación dos compoñentes da atmosfera e as súas propiedades. * Breve aproximación descritiva á estrutura vertical da atmosfera. * Recoñecemento do seu papel protector e a súa relación cos seres vivos. * Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera e repercusións na saúde das persoas. * Recoñecemento do importante papel da auga no clima, así como na paisaxe e nos seres vivos. * O ciclo da auga, o seu percorrido na natureza e a súa incidencia no medio. Análise da intervención humana nese ciclo. * Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da auga. * Análise da distribución da auga no planeta e valoración da importancia da auga doce como recurso. * Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais que as compoñen; posterior observación e identificación cunha pequena análise da súa formación. * Relación entre as propiedades e a explotación dos minerais e rochas. O seu impacto ambiental. * Aproximación descritiva ao modelo en capas e dinámico do interior da Terra. Bloque 4. A vida na Terra: os seres vivos. Os seres vivos e a súa diversidade. * Identificación dos requisitos necesarios para a vida. * Descrición das características que definen os seres vivos: as funcións vitais. * Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares e utilización da lupa para proceder á súa observación. * Recoñecemento da biodiversidade e a clasificación dos seres vivos nos cinco reinos. Páxina 14 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Observacións de organismos característicos de cada un dos reinos prestando especial atención aos principais grupos do reino vexetal e animal. * Utilización de claves dicotómicas sinxelas para a súa clasificación. * Observación dos fósiles como forma de medir a biodiversidade do pasado e indicadores de evolución. * Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como un patrimonio natural. * Elaboración de informes sobre algunha especie en perigo de extinción ou dalgún espazo protexido próximo e formulación de propostas para contribuír á súa conservación.
•
Secuenciación Para unha visión xeral da secuenciación, ter en conta que no libro elixido, separado en 3 volumes, corresponderían (de xeito aproximado segundo a distribución de vacacións no curso) os temas 1-6 co primeiro trimestre, os temas 7-11 no segundo e os 12-14 no terceiro. Contido
Corr. co sesións av. tema do libro
Tema 1.- O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR : O universo. Ideas antigas e actuais. Compoñentes e orixe. Tamaños e distancias. O sistema solar. Os planetas interiores. Os planetas exteriores. Os asteroides e cometas. Coñecemento histórico do universo
1
9
1
Tema 2.- O PLANETA TERRA: O planeta Terra. Os movementos da Terra. As estacións. A Terra e a lúa. As capas da Terra: A xeosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera. Dous medios para a biosfera
2
9
1
Tema 3.- A ATMOSFERA TERRESTRE: A atmosfera terrestre. Composición do aire. Estrutura da atmosfera. A orixe da atmosfera. O estado da atmosfera. A meteoroloxía. A presión atmosférica e o vento. Humidade e nubes. As precipitacións. As previsións meteorolóxicas e o clima. O impacto das actividades humanas. Corrección
3
9
1
Tema 4.- A HIDROSFERA TERRESTRE: A auga da Terra. A auga dos oceanos. A auga dos continentes. O ciclo da auga. A auga que necesitamos. A auga potable. A calidade da auga.
4
9
1
Tema 5.-OS MINERAIS:Os materiais da xeosfera. Clasificación e orixe dos minerais. Propiedades dos minerais. Importancia e utilidade dos minerais
5
9
1
Tema 6.- AS ROCHAS: As rochas están formadas por minerais. As rochas sedimentarias. Rochas magmáticas. As rochas metamórficas. O ciclo das rochas. Os usos das rochas.
6
9
2
Tema 7.- OS SERES VIVOS: Características dos seres vivos. A composición química dos seres vivos. A célula. A célula animal e vexetal. Os organismos unicelulares e pluricelulares. Clasificación dos seres vivos. Os cinco reinos. As especies. A biodiversidade
7
9
2
Tema 8.- OS ANIMAIS VERTEBRADOS: O reino animais. Características dos vertebrados. Os mamíferos. As aves. Os reptiles. Os anfibios. Os peixes
8
9
2
Tema 9.- OS ANIMAIS INVERTEBRADOS: Os poríferos e os celentéreos. Os vermes. Os moluscos. Os artrópodos. Os equinodermos.
9
9
2
Tema 10.- AS PLANTAS E OS FUNGOS: O reino plantas. As plantas sen flores. As plantas con flores. As follas. O talo e a raíz. A nutrición das plantas. A relación das plantas. A reproducción das plantas. O reino fungos.
10
9
2
Tema 11.- OS SERES VIVOS MAIS SINXELOS:O reino protistas. O reino moneras. Os virus. 11 Microorganismos. O seu papel na biosfera. As enfermidades producidas por microorganismos. A loita contra as enfermidades
10
3
Tema 12.- A MATERIA E AS SUAS PROPIEDADES: A materia. A medida. A lonxitude. A superficie. O volume. A masa. A densidade. Outras magnitudes fundamentais.
12
10
3
Tema 13.- A MATERIA E A SUA DIVERSIDADE: Os estados da materia. Os cambios de estado. As mesturas. As substancias puras. Compostos e elementos. Materiais do século XXI. Os residuos e a reciclaxe.
13
10
3
Tema 14.- A COMPOSICIÓN DA MATERIA: A materia está formada por átomos. Os 14 elementos químicos. Átomos, moléculas e cristais. As substancias e as fórmulas. Os elementos na natureza
10
3
Páxina 15 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A9.- Criterios de avaliación. Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007. [Aclarar aquí que no correspondente ó agrupamento, os criterios serán os mesmos pero considerados en menor grao, segundo as circunstancias dos alumnos como xa foi adiantado en puntos anteriores] 1. Identificar a situación da Terra no universo e justificar algúns fenómenos que derivan dos movementos relativos entre a Terra, a Lúa e o Sol, empreñando modelos para interpretalos. Trátase de comprobar que o alumnado é quen de situar a Terra no universo e explicar fenómenos como a duración dos anos, o día e a noite, as eclipses, as fases da Lúa, e as estacións, baseándose na interpretación dos movementos relativos da Terra no sistema solar. Valorarase a capacidade de empregar modelos sinxelos para a interpretación dos fenómenos citados. 2. Describir cualitativamente algunhas observacións e procedementos científicos que permiten avanzar no coñecemento do noso planeta e do lugar que ocupa no Universo. Trátase de avaliar se o alumnado identifica os principias argumentos que permiten o desenvolvemento das teorías científicas, facendo fincapé nas relacionadas co coñecemento astronómico, a súa evolución histórica e as súas repercusións sociais. Valorarase a selección, a partir de diferentes fontes, e contraste de informacións sobre estes argumentos. 3. Identificar algunhas propiedades de diversos materiais cotiáns, como a masa, o volume, a densidade, os estados en que se presentan, os seus cambios, e planificar e desenvolver procedementos para coñecelas. Preténdese comprobar que o alumnado é capaz de recoñecer e medir algunhas propiedades da materia utilizando experiencias sinxelas que lle permitan investigar as súas características e identificar os cambios de estado que experimenta, ao mesmo tempo que se valora a planificación, a posta en práctica, o tratamento dos datos e a elaboración de conclusións. 4. Identificar algunhas propiedades de diversos materiais cotiáns, relacionándoos co uso que se fai deles, e diferenciar mesturas de substancias puras. Trátase de saber se o alumnado relaciona o uso dos materiais na construción de obxectos coas súas propiedades, e se é capaz de diferenciar as mesturas de substancias puras así como de utilizar técnicas de separación sinxelas. Valorarase a planificación, posta en práctica e comunicación das técnicas empregadas,así como a identificación das propiedades diferenciadoras. 5. Interpretar cualitativamente fenómenos atmosféricos e o ciclo da auga na natureza a partir de datos e rexistros climáticos e das propiedades da auga como substancia. Trátase de comprobar se os estudantes son capaces de explicar, de xeito sinxelo, os factores que inflúen no tempo atmosférico. Valorarase tamén a súa capacidade para obteren datos de distintas variables meteorológicas utilizando instrumentos de medición que lles permitan familiarizarse con estes conceptos así como para interpretaren algúns fenómenos meteorolóxicos sinxelos e elaborar en esquemas sobre o ciclo da auga. 6. Identificar as rochas e os minerais máis frecuentes de Galicia, utilizando claves sinxelas e coñecer algunhas aplicacións. Preténdese que o alumnado sexa capaz de recoñecer os diferentes tipos de rochas (magmáticas, metamórficas e sedimentarias) e minerais máis comúns en Galicia e coñeza as súas aplicacións. Valorarase, ademais, a capacidade para diferencialos a partir de observacións e comprobacións experimentais dalgunhas das súas propiedades. 7. Valorar a importancia do sistema atmosferahidrosfera- xeosfera para o desenvolvemento da vida, identificando as repercusións da actividade humana sobre o medio e realizando propostas e compromisos de mellora. Trátase de avaliar se o alumnado identifica algún dos problemas ambientais, enunciando posibles consecuencias, e se propón medidas concretas de actuación na realidade próxima que potencien a redución no consumo, a reutilización e a reciclaxe. Páxina 16 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
8. Recoñecer que os seres vivos están constituídos por células e que levan a cabo funcións vitais que os diferencian da materia inerte. Trátase de comprobar que o alumnado é quen de recoñecer e describir as características referentes á organización e funcións dos seres vivos, a partir de mostras, fotografías, debuxos ou outros medios. Valorarase tamén que o alumnado sexa quen de clasificar os organismos vivos utilizando claves sinxelas e de identificar os trazos máis relevantes que os identifiquen como membros dun grupo a través da súa observación. 9. Participar activamente na construción, comunicación e utilización do coñecemento científico. Trátase de comprobar que o alumnado se implica persoalmente na propia aprendizaxe, realizando o esforzo necesario, valorándose a reflexión sobre os propios procesos de aprendizaxe das ciencias desde a apropiación dos obxectivos ata a utilización de criterios de realización para autocorrixirse, no caso de que sexa necesario.
A.10.- Contidos mínimos esixibles. Os correspondentes ó Bl. 1 enténdense integrados en procedementos e condutas dos bloques seguintes. Bloque 2. A Terra no Universo. O Universo e o sistema solar. * Identificación dos elementos do sistema solar. * Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta. A súa orixe. * Análise das periodicidades nos calendarios, interpretando os movementos e as posicións no sistema sol-terra-lúa. * Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as estacións, as fases lunares e as eclipses. * Uso de técnicas sinxelas de orientación baseadas na observación dos astros. * Coñecemento da evolución histórica das concepcións sobre a situación da Terra no Universo: xeocentrismo, heliocentrismo e como parte da Vía Láctea. A materia no Universo. * Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa e indirectamente as propiedades xerais da materia en diferentes estados. * Identificación da densidade como propiedade característica das substancias. Utilización, en situacións habituais para diferenciar materiais. * Diferenciación das características observables dos estados nos cales se presenta a materia. Clasificación de diferentes materiais aplicando criterios. * Identificación dos cambios de estado. Determinación experimental das temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura. Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de estado. * Emprego do modelo cinético para interpretar os estados da materia, as dilatacións, os cambios de estado. * Diferenciación macroscópica entre mesturas heterogéneas e homoxéneas. Preparación de disolucións da vida cotiá e identificación cualitativa dos seus compoñentes. * Procura de información e comparación entre a composición de materiais de interese e a súa utilización na vida cotiá. * Utilización experimental dalgunhas técnicas sinxelas de separación de substancias en mesturas. * Emprego do modelo cinético para diferenciar mesturas e substancias puras. Bloque 3. Materiais terrestres: atmosfera, hidrosfera e xeosfera. * Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico establecendo a relación entre tempo e clima. * Interpretación de mapas de clima sinxelos. * Uso de instrumentos para medir variables ambientais (temperatura, presión atmosférica, humidade do aire, dirección do vento). * Recolla sistemática de datos e representación gráfica deles. * Identificación dos compoñentes da atmosfera e as súas propiedades. Páxina 17 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Breve aproximación descritiva á estrutura vertical da atmosfera. * Recoñecemento do seu papel protector e a súa relación cos seres vivos. * Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera e repercusións na saúde das persoas. * Recoñecemento do importante papel da auga no clima, así como na paisaxe e nos seres vivos. * O ciclo da auga, o seu percorrido na natureza e a súa incidencia no medio. Análise da intervención humana nese ciclo. * Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da auga. * Análise da distribución da auga no planeta e valoración da importancia da auga doce como recurso. * Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais que as compoñen; posterior observación e identificación cunha pequena análise da súa formación. * Relación entre as propiedades e a explotación dos minerais e rochas. O seu impacto ambiental. * Aproximación descritiva ao modelo en capas e dinámico do interior da Terra. Bloque 4. A vida na Terra: os seres vivos. Os seres vivos e a súa diversidade. * Identificación dos requisitos necesarios para a vida. * Descrición das características que definen os seres vivos: as funcións vitais. * Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares e utilización da lupa para proceder á súa observación. * Recoñecemento da biodiversidade e a clasificación dos seres vivos nos cinco reinos. * Observacións de organismos característicos de cada un dos reinos prestando especial atención aos principais grupos do reino vexetal e animal. * Utilización de claves dicotómicas sinxelas para a súa clasificación. * Observación dos fósiles como forma de medir a biodiversidade do pasado e indicadores de evolución. * Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como un patrimonio natural. * Elaboración de informes sobre algunha especie en perigo de extinción ou dalgún espazo protexido próximo e formulación de propostas para contribuír á súa conservación.
Páxina 18 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
B.- Física e Química – 3º e 4º ESO. B1.- Lexislación. •
Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria (BOE de 5 de xaneiro de 2007).
•
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007.
•
Orde do 30/7/2007, polo que se regulan os Programas de Diversificación Curricular na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 21 deagosto de 2007.
B2.-Contribución da materia ao logro das competencias básicas. Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007 ( páxinas 12.146 – 12.147). O currículo das áreas do ámbito científico técnico, xunto co das demais áreas curriculares da ESO, debe ser o instrumento que concrete, a través da consecución dos seus propios obxectivos, da selección de contidos e da metodoloxía empregada, como se contribuirá á adquisición, por parte do alumnado, dos coñecementos, destrezas e actitudes implícitos naquelas competencias. A F&Q na ESO non son só un fin en si mesmo, senón un medio para que o alumnado logre a consecución de competencias ligadas á comunicación lingüística, ao tratamento da información, ao coñecemento e interacción co mundo físico, ao ámbito social, cidadán, cultural e artístico e á autonomía necesaria para actuar con criterio propio e tomar iniciativas, responsablemente, nos diversos aspectos que afecten a súa vida, incluído o campo da aprendizaxe. Ninguén dubida de que a linguaxe natural, oral e escrita, é un instrumento de aprendizaxe e de comunicación de saberes sen o que dificilmente se progresa. É necesario que todos o alumnado aprenda a verbalizar os conceptos, a facer explícita unha idea, a redactar un escrito ou a expoñer un argumento. Adquirir esta competencia supón aprender lingua cando se usa en situacións e contextos de comunicación diversos. Un de tales contextos é o que proporciona a F&Q. Pero, ademais, a comunicación lingüística na área de F&Q ten características propias como son a súa precisión, a súa concisión e a súa falta de ambigüidade, e o dispoñer de símbolos propios e de diferentes rexistros de linguaxe que están destinados a conseguir expresar claramente acontecementos presentes na vida cotiá. Na sociedade actual impóñense outras fontes de información, os medios audiovisuais e as TIC, polo que é necesario que o alumnado adquira as habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información para transformala en coñecemento, mantendo en todo momento unha posición crítica. O profesorado non se limitará, polo tanto, a ser a única fonte de información, senón que ten que ensinalo a buscar información relevante nos procesos de ensinanza e de aprendizaxe Capacitar as alumnas e os alumnos para que se desenvolvan de forma autónoma nun mundo caracterizado polos avances cientifico-técnicos, require que adquiran as bases do pensamento científico necesarias para poder interpretar o mundo dos obxectos e dos fenómenos cos que Páxina 19 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
convivimos. Esa interpretación precisa da axuda do coñecemento matemático tanto na linguaxe e conceptos que utiliza como nas formas de argumentación e razoamento empregadas para a resolución dos problemas, facendo útiles e prácticos os coñecementos adquiridos. A historia das civilizacións está aí para recordarnos que os saberes e descubrimentos non entenden de fronteiras. Sociedades que poden estar atravesando por dificultades na actualidade ou mesmo outras que desapareceron foron no seu momento os faros que deron luz ao resto do mundo. A historia da F&Q está ligada á historia da humanidade e, na parte que lle corresponde, é útil para que poidamos comprender certos acontecementos do pasado e do presente e mesmo predicir os do futuro. A través do estudo da F&Q, da utilización das ferramentas que nos proporciona, poderemos abordar temas candentes na sociedade actual. A comprensión da realidade social do mundo no que vivimos e o exercicio da cidadanía de maneira democrática son necesarios para a integración dos estudantes da ESO na sociedade. Determinados aspectos destas realidades poden entenderse mellor na medida en que poidan ser analizados empregando as ferramentas que proporcionan a F&Q. Un dos aspectos máis salientables da realidade social son os ámbitos cultural e artístico. Pero non só forman parte da cultura da nosa sociedade as producións literarias, a música, a pintura, ou a arquitectura. A ciencia e, en particular, a F&Q son unha parte integrante dela. Moitas das creacións culturais da humanidade xamais se terían realizado sen o seu concurso. Estas conexións da F&Q coa arquitectura ou a arte non son cousa exclusiva do pasado. Exemplos actuais de vangarda serían magníficos representantes do que queremos dicir; pénsese, por exemplo, nas formas en tensión. Por outra banda, os avances no proceso de resolución dun problema, aínda sen ter acadada unha solución, proporcionan unha satisfacción que recompensa o esforzo realizado e redunda na autoestima. Nese proceso de resolución sempre se aprende algo, aínda que sexa vendo o que xa coñeciamos desde outro punto de vista. Pero tamén se poñen en xogo estratexias de aprendizaxe como a formulación de preguntas, o sentimento de curiosidade pola exploración de obxectos e situacións, a observación e rexistro sistemático de feitos e relacións, a integración e relación da nova información con outros datos e coa propia experiencia e coñecementos anteriores, a utilización de técnicas de consulta e a disposición a aceptar diferentes puntos de vista. Pode, polo tanto, considerarse como un proceso de aprendizaxe autónoma que fai que a competencia de aprender a aprender se fortaleza. Pero con esa metodoloxía póñense tamén en xogo destrezas relativas á autonomía e a iniciativa persoal, dado que no proceso de resolución dun problema, en moitas ocasións, é necesario optar con criterio propio entre varias vías, desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela. Tamén esixe o desenvolvemento de valores persoais tales como a liberdade, a demora da satisfacción, a confianza na propia capacidade para enfrontarse a eles con éxito e adquirir un nivel adecuado de autoestima, que permita gozar dos aspectos creativos, manipulativos, estéticos e utilitarios da F&Q. Pondo de relevo, durante a realización das actividades de ensinanza e aprendizaxe na aula, as conexións entre a F&Q e as demais áreas do currículo e a súa achega á consecución das competencias básicas, é máis doado que a F&Q adquira significado e relevancia para as alumnas e os alumnos, o que, sen dúbida, redundará nunha mellor comprensión dos seus saberes, nunha maior naturalidade no seu uso en diversos contextos e nunha mellor actitude cara a elas. En definitiva: nunha mellor competencia.
B3.-Metodoloxía didáctica e materiais curriculares. Páxina 20 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
B3.1.- Decisións metodolóxicas. Como criterio básico estará a determinación dos contidos nucleares ou fundamentais do currículo, aqueles que resultan imprescindibles para aprendizaxes posteriores e que contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas. Na súa estrutura, que supera a presentación disciplinar, procurarase a integración das distintas temáticas arredor de unidades ou bloques, cunha dimensión globalizadora ou interdisciplinar. O referente serán os obxectivos xerais da etapa e as competencias básicas. Fomentarase a participación activa do alumnado, tanto de xeito individual como no traballo en grupo. Incidirase na procura de que o alumnado sexa capaz de aprender a aprender e de aumentar o grao de autonomía persoal. Tratándose dunha ensinanza obrigatoria, o enfoque comprensivo é o que debe prevalecer fronte a outros. Sexa como sexa a situación de ensino-aprendizaxe na que nos atopemos, sempre debe terse en conta que se reforza a compresión dos contidos científicos cando as actividades que teñen que realizar as alumnas e os alumnos están conectadas a contextos do mundo real ou son significativos para eles. O profesor, en todo caso, debe decidir, para un mesmo escenario de ensino e aprendizaxe de aula, particularizando para cada alumno, que lle preguntar e que lle pedir ao alumnado para axudalo, dependendo das súas características e a súa situación respecto do que se pretende ensinar. O agrupamento dos contidos en bloques non debe ocultar as múltiples interconexións que existen entre eles. O profesor planificará as súas clases de forma que estas relacións se fagan explícitas diante do alumnado. Deberá, polo tanto, propiciarse unha metodoloxía na que a F&Q se insira na realidade da que o alumnado participa, pero sempre sen perder de vista os obxectivos xerais e as finalidades da etapa. Asemade, deberase ter en conta que o primeiro bloque, titulado Contidos comúns, debe tratarse a través dos demais bloques de contidos, vinculado a eles e aos contextos que o profesorado seleccione para facilitarlle ó alumnado o logro dos obxectivos xerais e a adquisición das competencias básicas. Rematamos cunhas indicacións xerais do traballo diario na aula. Presentación e motivación dos contidos, coa axuda do libro de texto, da pizarra e das TIC; aproveitarase para potenciar aqueles aspectos nos que tipicamente o alumnado presenta maiores dificultades de aprendizaxe. A presentación dos contidos sempre estará baseada en actividades prácticas, aínda que non se esquecerá a necesidade de traballar contidos teóricos que se consideren fundamentais para o avance nos contidos da asignatura. O alumnado traballará entonces en actividades relacionadas cos contidos introducidos, e sempre que sexa posible o alumnado participará na resolución de actividades tanto na pizarra como por medio de preguntas/respostas co profesor ou profesora. Poñerase especial atención nos contidos mínimos, e de consideralo necesario poderán traballarse actividades de reforzo ou ampliación. Este é o esquema xeral; por suposto, poderán adicarse sesións completas ó traballo en actividades ou a resolución de dúbidas. B3.2.- Materiais e recursos didácticos. Empregaranse de maneira habitual os libros de texto fixados polo departamento. O propio libro de texto permitirá fixar actividades de reforzo ou ampliación de ser necesarias; ademais o profesor poderá proporcionar nestes casos material adicional ó alumnado de consideralo oportuno. Empregarase como fundamental o equipamento TIC, ordenador e proxector, así como a web para repositorio e transmisión de información cos alumnos mediante correo electrónico. Empregarase tamén calculadora. O uso destes instrumentos será sempre baixo as indicacións do profesor ou profesora. En definitiva, preténdese que o seu uso favoreza e facilite a dedicación de máis tempo a tarefas de reflexión, razoamento, toma de decisións, comunicación do proceso seguido e dos resultados obtidos, etc. B3.2.1.-Libros de texto: Páxina 21 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
3º ESO. Julio Puente et al., Física y Química, SM, 2010 ISBN 978-84-675-3996-7 4º ESO. Ana Cañas et al., Física y Química, SM, 2012 ISBN 978-84-675-5323-9 B3.2.2.-Textos complementarios: Especifícanse para actividades concretas e alumnos determinados, como os libros de letura.
B4.- Medidas de atención á diversidade. B4.1.- Reforzo e ampliación. No caso daqueles alumnos nos que se detecten dificultades específicas para acadar determinados obxectivos mínimos da materia, estableceranse medidas de reforzo individualizadas. De xeito análogo, no caso daqueles alumnos que demostren un dominio claro dos obxectivos fixados para a materia estableceranse medidas de ampliación naquelas partes nas que sexa axeitado facelo.
B5.- Actividades complementarias e extraescolares. O grupo de realizará as actividades complementarias e extraescolares especificadas a principio de curso, participando activamente na organización da Feira da Ciencia e Tecnoloxía que se celebra cada ano no centro. Ademais, durante o curso decidirase se paralelamente á colaboración na organización se desenvolve algún traballo concreto para presentar en dita Feira, e terá a oportunidade de participar nos Recreos de Ciencia. Ademáis, o profesor pode decidir no transcurso do curso participar nalgunha actividade que considere de interese para o alumnado, estando suxeita a autorización necesaria para a súa realización.
B6.- Avaliación. B6.1.- Criterios xerais. Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais: Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes: − É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. − A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración. − Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10.
Páxina 22 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Outras valoracións: Teranse en conta os traballos realizados na clase e máis as tarefas para facer na casa, o caderno de clase, a participación na aula e en actividades como a Feira da Ciencia e Tecnoloxía. Poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento.ou disposición, incluíndo o non traer materiais de traballo e estudo. O non ten realizadas as actividades correspondentes para a feira, poderá supor unha nota inferior a 5 na avaliación, parcial e/ou final.
B6.2.- Avaliación parcial. Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 60% exame, 15% preguntas de clase, 25% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 20% en cada apartado, segundo as circunstancias. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente. Ademáis, de xeito suplementario hai que considerar o xa dito sobre mal comportamento ou non ter realizado o traballo apra a feira B6.3.- Recuperacións. Por áreas, realizarase unha proba escrita de recuperación da primeira avaliación e outra da segunda avaliación, para aqueles alumnos ou alumnas que non acadasen unha cualificación igual ou superior a 5 na avaliación parcial; esta proba de recuperación terá lugar con posterioridade a cada sesión de avaliación; a cualificación da proba escrita de recuperación. No caso dunha recuperación positiva (nota igual ou superior a 5) esta cualificación substituirá á da avaliación parcial correspondente ós efectos do cálculo da cualificación da avaliación ordinaria. En canto á terceira avaliación, o proceso de recuperación irá incluído no exame final de xuño, como se indica no apartado seguinte. B6.4.- Avaliación ordinaria (xuño). Ó final de curso realizarase un exame final por áreas ó que se presentarán aqueles alumnos que non teñan acadados os obxectivos mínimos correspondentes a tódalas avaliacións, é dicir, con nota inferior a 5 nalgunha das dúas primeiras avaliacións parciais e na correspondente recuperación, ou con nota inferior a 5 na terceira avaliación parcial. Neste exame final o alumnado terá que realizar as preguntas correspondentes a aquelas partes non superadas previamente. Este exame final puntuará sobre 10 cada un dos bloques de preguntas correspondente a cada avaliación parcial; en caso de superar unha avaliación parcial previamente non superada, a nota previa parcial será substituída pola nova cualificación.
Páxina 23 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Se despois das tres avaliacións parciais, recuperacións e exame final de xuño, un alumno ou alumno ten superadas tódalas avaliacións parciais (cualificación igual ou maior que 5 en cada unha delas), a cualificación final de xuño será a media das tres cualificacións parciais. En caso de que o alumno ou alumna non superase algunha das tres avaliacións parciais, a cualificación final será como máximo de 4. Igualmente que no caso das avaliacións parciais, considerarase a posibilidade de baixar puntuación por comportamento ou falta de traballo para a feira. B6.5.- Avaliación extraordinaria (setembro). No caso de non acadar unha cualificación igual ou superior a 5 na sesión de avaliación ordinaria de xuño, o alumno ou alumna deberá facer unha proba extraordinaria en setembro, na que deberá examinarse da área cualificada negativamente, independentemente de que durante o curso tivera algunha avaliación parcial superada. Para acadar unha avaliación extraordinaria de Setembro positiva, terase en conta a cualificación desta proba escrita, facendo media co resto de cualificacións mantidas, segundo o especificado no A6.1. B6.6.- Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. Non corresponde B6.7.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza. Ademais a proba escrita que se lle propoña poderá ser diferente á do resto da clase, xa que no seu caso non puido ser cualificado de forma continua na aula. Do mesmo xeito os criterios de corrección non serán os mesmos xa que debe quedar garantido, baseándose unicamente nesa proba, que o alumno/a acadou os obxectivos mínimos da materia. As medidas anteriores serán aplicables tan só ó alumnado que acumulou faltas de forma inxustificada despois de ser advertidos os seus pais ou titores legais, en caso de minoría de idade do alumno/a, e o propio alumno/a nos demais casos.
B7.- Obxectivos. Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de2007. A consecución dos obxectivos será gradual tal e como se reflexa nos criterios de avaliación fixados para cada curso (apartado A9). A ensinanza da F&Q nesta etapa contribuirá a que o alumnado desenvolva as capacidades implícitas nos seguintes obxectivos xerais: ●
●
Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das aplicacións tecnolóxicas. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións, estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños Páxina 24 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
●
●
●
●
●
●
●
experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc. con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e explicacións empregando os coñecementos científicos. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente, así como para contrastar as opinións persoais. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade, facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias e coa transmisión de enfermidades. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e globais aos cales nos enfrontamos. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao logro dun futuro sustentable. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia, apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade e as súas condicións de vida. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio, planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para autocorrixirse no caso en que sexa necesario.
B8.- Contidos e secuenciación. B8.1.- 3º Curso Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007. Bloque 1. Contidos comúns. * Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de sinxelas investigacións para a resolución de situacións problema, discusión do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e comunicación das conclusións. * Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Interpretación de información de carácter científico coa axuda de modelos axeitados, e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente, coa axuda das tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Valoración das achegas das ciencias da natureza ao longo da historia, para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. Páxina 25 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e ambiente dos países pobres respecto dos ricos. * Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto polas normas de seguridade. Bloque 2. Diversidade e unidade da estrutura da materia e os seus cambios. Diversidade da materia. * Caracterización de mestura e substancia pura. Identificación de substancias puras a través das súas propiedades características. Planificación e elección experimental das técnicas de separación de substancias máis axeitadas. Valoración do uso das técnicas de separación de substancias en mesturas para o desenvolvemento da vida e para a obtención de recursos. * Identificación de disolucións, dos seus compoñentes, caracterización da súa composición mediante as diferentes formas de expresar a concentración das substancias. Preparación de disolucións de concentración coñecida. Importancia das disolucións en produtos de consumo habitual e repercusións sobre a saúde das persoas e o ambiente. A unidade na estrutura da materia. * Estudo experimental cualitativo das relacións entre a presión, o volume e a temperatura dos gases. * Interpretación, coa axuda do modelo cinético de partículas, do volume, da temperatura, da presión e das relacións entre esas magnitudes para os gases. Extrapolación do modelo cinético de partículas na interpretación das propiedades dos líquidos e dos sólidos. * Interpretación, coa axuda do modelo cinético da materia, dalgúns procesos como os cambios de estado, a difusión e a dilatación, así como da diferenza entre mestura e substancia pura. * Caracterización do cambio físico e químico. Diferenciación experimental entre substancias simples e compostas. Comprobación experimental da conservación da masa e da non-conservación do volume nun sistema, antes e despois dun cambio físico e químico. Diferenciación entre mestura e composto. * Valoración da importancia histórica do modelo atómico molecular de Dalton para interpretar a diferenza entre substancias simples e compostas. * Utilización de diversos formatos como o verbal, o icónico, o gráfico e o simbólico para expresar, de xeito comprensivo, información sobre a estrutura e composición das substancias de uso cotián. Os cambios químicos. * Realización experimental dalgunhas transformacións químicas sinxelas. Reaccións de combustión. Identificación do que se conserva e do que cambia nas reaccións químicas. * Recoñecemento da transferencia de enerxía nas reaccións químicas. Aplicación ás combustións e á fotosíntese. * Interpretación, coa axuda do modelo atómicomolecular, das reaccións químicas como transformación dunhas substancias noutras; representación gráfica e simbólica; identificación do elemento químico; xustificación da conservación da masa e do elemento químico nas reaccións a partir do modelo atómicomolecular. * Estimacións e investigacións sobre a variación da rapidez dunha reacción en función da temperatura, concentración, grao de división dos reactivos. A emisión dos gases nos vehículos e a influencia na calidade do aire: función dos catalizadores. * Procura, selección de información e análise crítica sobre os beneficios e riscos da fabricación e uso dalgún material de uso cotián. Estimación do impacto ambiental das reaccións de combustión. Bloque 3. A natureza eléctrica da materia. Propiedades eléctricas e magnéticas da materia. * Identificación experimental das interaccións eléctricas e magnéticas. Utilización da carga eléctrica na interpretación das interaccións. * Análise de movemento de cargas: circuíto eléctrico. * Importancia da electricidade nas condicións da nosa vida cotiá e no desenvolvemento científico e tecnolóxico. Valoración das medidas preventivas. A estrutura do átomo. * Selección de información e análise crítica da contribución do estudo da electricidade ao coñecemento da estrutura da materia. * Incorporación da carga eléctrica á estrutura atómica. Caracterización dos elementos químicos. Páxina 26 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Identificación dos compoñentes estruturais da materia: átomos, moléculas e ións. Comparación de substancias con estruturas de átomos libres, moleculares e xigantes. Relación entre a estrutura e as súas propiedades. Aproximación cualitativa á radioactividade e aos efectos das radiacións ionizantes sobre a saúde e o ambiente. Importancia dos isótopos na investigación científica e médica. Valoración de medidas preventivas e protectoras. B8.2.- 4º Curso Bloque 1. Contidos comúns. * Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e comunicación de conclusións. * Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente. * Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados experimentais, empregando modelos científicos axeitados. * Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. * Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da historia, salientando a importancia que supón para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de cada época. * Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade. * Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria. * Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas. Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de decisións. * Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas sustentables. * Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal. Bloque 2. Os movementos. * Recoñecemento do carácter relativo do movemento. Sistemas de referencia. Valoración do uso do GPS para determinar a posición dos obxectos na Terra. * Análise cualitativa dos movementos rectilíneos e curvilíneos. Análise cuantitativa do movemento rectilíneo e uniforme. Relación entre o tipo de movemento e a representación gráfica correspondente. * Valoración das achegas de Galileo ao estudo experimental da caída libre. Identificación da aceleración como o cambio no estado de movemento dos corpos. Bloque 3. As forzas como interacción. As forzas e os cambios de movemento. * Identificación de forzas que interveñen na vida cotiá. A mecánica de Newton. Páxina 27 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Caracterización do concepto de forza como interacción: acción-reacción. Carácter vectorial das forzas e a súa representación. * Interpretación de situacións de equilibrio de forzas: inercia. Composición gráfica de forzas. * Comprobación, experimental ou simulada, da relación entre a forza resultante sobre un sistema, a súa masa e a aceleración. Análise dalgúns cambios no movemento dos corpos e a súa relación coa forza. Aplicación a situacións relacionadas con accidentes de tráfico de vehículos e discusión de medidas preventivas. As forzas e as deformacións e presións. * Identificación cualitativa da relación entre forza e deformación en corpos elásticos. Obxectos e aparellos relacionados. * Recoñecemento da relación entre forza e presión nos sólidos. Obxectos de uso cotián que utilizan esta relación. * Relación entre a presión e a forza aplicada sobre líquidos: aplicacións prácticas. * Realización dalgunha experiencia sinxela con sólidos mergullados en líquidos. Identificación das variables que determinan a presión nun sólido no seo dun fluído. Achega de Arquímedes á interpretación científica da flotación. Utilización da ecuación fundamental da estática de fluídos para a comprensión de situacións cotiás. * Deseño, realización de experiencias para poñer de manifesto a presión atmosférica e comunicación dos resultados. Utilización de aparellos para medir a presión como manómetros ou barómetros. Descrición do funcionamento dos altímetros. A mecánica do Universo. * Realización de observacións celestes directas ou simuladas e identificación das primeiras ideas sobre o Universo. * Comparación entre a concepción xeocéntrica e a heliocéntrica e a súa capacidade para interpretar as observacións. * Relación entre as melloras das observacións co telescopio e o reforzo do modelo heliocéntrico. Recoñecemento das achegas de Kepler e Galileo. Valoración e implicacións do enfrontamento entre dogmatismo e liberdade de investigación: o xuízo de Galileo. * Unificación da dinámica terrestre e celeste: a gravitación universal de Newton. Aplicacións en resolución de situacións problemáticas sinxelas onde interveña a atracción gravitatoria. * Aproximación cualitativa ás ideas actuais sobre o Universo. * Valoración crítica dos avances científicos e tecnolóxicos para a exploración do universo. Procura e selección de información sobre as axencias espaciais (ESA, NASA) e os proxectos conxuntos (ISS). Valoración do uso dos satélites artificiais en ámbitos científicos, tecnolóxicos e sociais. Bloque 4. Afondamento no estudo dos cambios. Transferencias e transformacións de enerxía. * Identificación das formas de enerxía mecánica: cinética e potencial gravitatoria cos cambios na velocidade e posición dos obxectos. * Realización de experiencias onde se poñan de manifesto cambios na enerxía interna dos sistemas. * Recoñecemento das transformacións e transferencias de enerxía por traballo e calor en fenómenos próximos ao alumnado. Páxina 28 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Interpretación cualitativa do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía. Estudo da medida da eficacia na realización de traballo: concepto de potencia. Valoración do emprego de máquinas simples para o desenvolvemento económico e social. * Interpretación cualitativa da calor como mecanismo de transferencia de enerxía. Máquinas térmicas e as súas repercusións. * Utilización do principio de conservación da enerxía para resolver situacións físicas sinxelas e próximas aos estudantes, onde se poñan de manifesto transformacións e transferencias. * Identificación do problema da degradación da enerxía. Valoración do papel da enerxía na sociedade actual e do uso das diferentes fontes para a súa obtención. Recoñecemento dalgún desenvolvemento tecnolóxico que contribúa á eficiencia e ao aforro enerxético. Bloque 5. Estrutura e propiedades das substancias. Estrutura do átomo e do enlace químico. * Comparación dalgunhas propiedades características de substancias. Elaboración e aplicación de criterios para clasificar as substancias baseándose nas súas propiedades. Identificación da relación entre as propiedades e a estrutura das substancias. * Interpretación da estrutura atómica a partir de evidencias da distribución dos electróns en niveis de enerxía. * Selección e análise crítica de información sobre diferentes criterios para a clasificación dos elementos. Valoración da información que proporciona a táboa periódica en canto á capacidade de combinación dos elementos. * Interpretación da estrutura das substancias a través do enlace covalente, iónico ou metálico. Valoración de procesos industriais en Galicia relacionados co transporte iónico como galvanizado e obtención de metais. * Introdución cualitativa á sistemática da formulación e nomenclatura química da IUPAC: exemplo dos compostos binarios de uso habitual. Os compostos de carbono e os seres vivos. * Recoñecemento dos combustibles fósiles: carbón e petróleo, e a súa importancia como recursos enerxéticos. Identificación experimental dos produtos das reaccións de combustión dos hidrocarburos. Selección e análise crítica de información sobre o incremento do efecto invernadoiro e a súa relación co cambio climático. Procura de medidas para a súa prevención. * Interpretación das posibilidades de combinación do átomo de carbono consigo mesmo, co hidróxeno e con outros átomos. As cadeas carbonadas. * Papel dalgunhas biomoléculas que constitúen os seres vivos. Valoración do papel da química na comprensión da orixe e desenvolvemento da vida. * Selección e análise crítica de información sobre materiais de envase e embalaxe formados por cadeas carbonadas e a súa influencia sobre o ambiente. Valoración de actitudes favorables á súa redución, reciclaxe e reutilización.
Páxina 29 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Secuenciación Bloque 1. Contidos comúns Física e Química. 3 sesións, 1ª av. Bloque 2. Diversidade e unidade da estrutura da materia e os seus cambios. 45 sesións, 1ª e 2ª av. Bloque 3. A natureza eléctrica da materia. 33 sesións, 3ª av. B8.3.- 4º Curso (contido, secuenciación e temporización) Bloque 1. Contidos comúns. 6h. 1ºT. Bloque 2. Os movementos. 9h. 1ºT. Bloque 3. As forzas como interacción. 18h. 1ºT. Bloque 3. Afondamento no estudo dos cambios. 33h. 2ºT. Bloque 4. Estrutura e propiedades das substancias. 33h. 3ºT.
B9.- Criterios de avaliación. B9.1.- 3º Curso Recóllese a continuación o texto extraído do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007. 1. Utilizar procedementos que permitan diferenciar mesturas, substancias simples e compostos en materiais de uso cotián, identificar a composición das mesturas en produtos de consumo habitual e preparar algunha disolución sinxela. Este criterio trata de constatar se o alumnado recoñece cando un material é unha substancia pura ou unha mestura e, neste último caso, coñece técnicas de separación, sabe deseñar e realizar algunhas delas, utiliza criterios para clasificar as substancias en simples e compostas e diferencia mesturas de compostos. Tamén se debe comprobar que utiliza a información das etiquetas dos produtos de consumo cotián para identificar a composición das mesturas, especialmente a concentración en masa e as porcentaxes tanto en masa coma en volume. Valoraranse as habilidades prácticas á hora de preparar disolucións cunha determinada concentración en masa e a capacidade para salientar a importancia dalgúns materiais para a sociedade. 2. Identificar e cuantificar algunhas propiedades dos materiais nos seus distintos estados de agregación, diferenciando a descrición macroscópica da interpretación con modelos. Trátase de verificar que o alumnado determina algunhas propiedades características das substancias, levando a cabo experiencias sinxelas que as poñan de manifesto. Interpreta coa axuda do modelo cinético os conceptos de presión, temperatura e cambios de estado. Tamén se valorará a interpretación cualitativa das representacións gráficas que reflictan relacións entre propiedades. 3. Clasificar distintos tipos de substancias e os procesos de cambio utilizando criterios macroscópicos e as premisas do modelo de Dalton. Preténdese comprobar se o alumnado emprega algún criterio macroscópico que lle permita clasificar os cambios nas substancias, diferenciar mesturas de compostos e estes de substancias simples, utilizando procedementos experimentais sinxelos; valorando a contribución de Dalton ao modelo de materia para xustificar os ditos cambios e interpretar a existencia de substancias simples e de compostos. Páxina 30 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
4. Interpretar e representar reaccións químicas utilizando o modelo atómico-molecular, así como para xustificar a conservación da masa en sistemas pechados. Este criterio pretende comprobar que o alumnado identifica experimentalmente a reacción química como proceso en que unhas substancias se transforman noutras novas, onde se conserva a masa e o elemento químico; que saben xustificala co modelo elemental de reacción e que son quen de representalas de xeito verbal, gráfico e simbólico. Valorarase tamén se coñecen a súa importancia na mellora da calidade de vida das persoas e as posibles repercusións negativas sobre o contorno, sendo conscientes da relevancia e responsabilidade de todos para a protección do ambiente e a saúde das persoas. 5. Identificar fenómenos eléctricos e magnéticos cotiáns valorando as repercusións da electricidade no desenvolvemento científico e tecnolóxico e nas condicións de vida das persoas. Preténdese constatar se o alumnado é capaz de realizar experiencias eléctricas e magnéticas, explicalas cualitativamente co concepto de carga, mostrando o seu coñecemento da estrutura eléctrica da materia. Valorarase tamén se é capaz de utilizar instrumentos sinxelos e é consciente das repercusións dos coñecementos sobre a electricidade e a necesidade da eficiencia e do aforro enerxético. 6. Analizar a evolución do modelo atómico ao introducir a natureza eléctrica da materia e identificar as aplicacións de substancias radioactivas. Trátase de comprobar que o alumnado comprende que os cambios nos modelos da materia teñen como obxectivo a procura de explicacións das súas propiedades e dos fenómenos cotiáns. Tamén se trata de comprobar se valora as aplicacións da radioactividade, principalmente en medicina, mediante a participación en traballos, debates, etc. sobre elas e se xustifica as medidas de protección nos traballos que impliquen perigos. 7. Participar activamente na construción, comunicación e utilización do coñecemento científico. Trátase de comprobar que o alumnado se implica persoalmente na propia aprendizaxe, realizando o esforzo necesario, valorando a reflexión sobre os pro pios procesos de aprendizaxe das ciencias desde a apropiación dos obxectivos ata a utilización de criterios de realización para autocorrixirse, no caso de que sexa necesario. B9.2.- 4º Curso 1. Recoñecer o carácter relativo do movemento, describir movementos comúns da vida cotiá e valorar a importancia do seu estudo no xurdimento da ciencia moderna. Trátase de constatar se o alumnado é quen de determinar e diferenciar as magnitudes necesarias para describir os movementos e se sabe formular e resolver cualitativamente problemas relacionados coa educación viaria. Valorarase, así mesmo, se realiza e utiliza as representacións gráficas para identificar os diferentes movementos, se sabe interpretar expresións como distancia de seguridade, ou velocidade media, e se comprende a importancia da cinemática pola súa contribución ao nacemento da ciencia moderna, no século XVII. 2. Identificar o papel das forzas como causa dos cambios de movemento e das presións, así como recoñecer e representar as principais forzas presentes en situacións do contorno. Pretende comprobar se o alumnado comprende a idea de forza como interacción e causa das aceleracións dos corpos, cuestiona as evidencias do sentido común verbo da suposta asociación forza-movemento, sabe identificar e representar forzas que actúan en situacións cotiás, así como o tipo de forza, gravitatoria, eléctrica, elástica ou as exercidas polos fluídos e recoñece como se utilizaron as características dos fluídos no desenvolvemento de tecnoloxías útiles á nosa sociedade. 3. Empregar modelos para xustificar as observacións celestes e comparar as súas interpretacións, así como valorar as implicacións históricas do enfrontamento entre elas. Trátase de avaliar se o alumnado utiliza diferentes modelos celestes para xustificar as observacións diarias e anuais dos movementos dos astros e se coñece as implicacións do enfrontamento entre xeocentrismo e heliocentrismo. Valorarase o emprego de simulacións como axuda para o estudo das regularidades a longo prazo dos ditos movementos. 4. Utilizar a gravitación universal para explicar a forza peso, os movementos no sistema solar, os satélites artificiais e as naves espaciais, e analizar de forma crítica as contribucións da ciencia espacial. Páxina 31 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Trátase de comprobar que o alumnado comprende que o establecemento do carácter universal da gravitación supuxo a ruptura da barreira ceo-Terra, dando paso a unha visión unitaria da mecánica do Universo. Valorarase, así mesmo, a utilización da lei de gravitación universal para explicar o peso dos corpos e o movemento de planetas e satélites no sistema solar. Valorarase tamén se o alumnado é quen de expoñer opinións razoadas sobre os beneficios e prexuízos que poden derivar dos usos dos satélites artificiais. 5. Aplicar o principio de conservación da enerxía á comprensión das transformacións e das transferencias enerxéticas en situacións prácticas da vida diaria e analizar os problemas asociados coa súa obtención e uso. Preténdese avaliar se o alumnado identifica as diferentes formas de enerxía (tanto mecánica como interna), sabe relacionar a transferencia de enerxía mecánica co traballo e a transferencia de enerxía térmica coa calor, así como realizar algúns balances enerxéticos sinxelos. Valorarase tamén se recoñece a importancia do uso da enerxía e se sabe avaliar os seus beneficios fronte ao impacto ambiental que orixina a súa produción e consumo, así como a participación en medidas de eficiencia e aforro enerxético. 6. Identificar as características dos elementos químicos máis representativos da táboa periódica e predicir o seu comportamento químico. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado é capaz de saber distribuír os electróns dos átomos en niveis enerxéticos, relacionando esta distribución coa estrutura da táboa periódica. Así mesmo, débese comprobar que é capaz de relacionar algunhas propiedades físicas (temperaturas de fusión e ebulición, condutividade eléctrica, solubilidade en auga, etc.) co tipo de enlace que presentan e formular algunhas previsións sinxelas da unión con outros elementos e de propiedades das substancias simples e compostas formadas. 7. Xustificar a gran cantidade de compostos orgánicos existentes así como a formación de macromoléculas e a súa importancia nos seres vivos. Trátase de avaliar se o alumnado comprende as enormes posibilidades de combinación que presenta o átomo de carbono e se é capaz de escribir fórmulas desenvolvidas de compostos sinxelos. Así mesmo, deberase comprobar se comprende a formación de macromoléculas, o seu papel na constitución dos seres vivos e o logro que supuxo a síntese dos primeiros compostos orgánicos fronte ao vitalismo na primeira metade do século XIX. 8. Recoñecer as aplicacións tecnolóxicas derivadas das reaccións de combustión e valorar a súa influencia no incremento do efecto invernadoiro. Con este criterio avaliarase se o alumnado recoñece o carbón, o petróleo e o gas natural como combustibles fósiles e como as fontes enerxéticas máis utilizadas actualmente en motores e centrais térmicas. Tamén se valorará se é consciente do seu esgotamento, dos problemas que sobre o ambiente ocasiona a súa utilización e a necesidade de tomar medidas para tratar de buscar un desenvolvemento sustentable e non continuar aumentando o consumo actual. 9. Analizar os problemas e desafíos, aos cales se enfronta a humanidade globalmente, o papel da ciencia e da tecnoloxía e a necesidade da súa implicación persoal para resolvelos e avanzar cara ao logro dun futuro sustentable. Preténdese comprobar se o alumnado é consciente da situación planetaria caracterizada por toda unha serie de problemas intervinculados: contaminación sen fronteiras, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade e diversidade cultural, hiperconsumo, etc., e se comprende as repercusións do desenvolvemento científico-técnico e a súa necesaria contribución ás posibles solucións tendo sempre presente o principio de precaución e a responsabilidade individual e colectiva da sociedade na posta en práctica das medidas e vías de solución. Valorarase se é consciente da importancia da súa propia educación científica para a súa participación persoal na toma fundamentada de decisións.
B.10.- Contidos mínimos esixibles. B10.1.- 3º Curso Contidos comúns. Páxina 32 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de sinxelas investigacións para a resolución de situacións problema, discusión do seu interese, identificación de variables que interveñen, formulación dalgunha hipótese de traballo, seguimento dunha planificación na posta en práctica, recolla organizada dos datos, interpretación de resultados e comunicación das conclusións. * Busca, selección e valoración crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Interpretación de información de carácter científico coa axuda de modelos axeitados, e utilización desta información para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente, coa axuda das tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Valoración das achegas das ciencias da natureza ao longo da historia, para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. * Asimilar as diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e ambiente dos países pobres respecto dos ricos. * Posta en práctica correcta dos procedementos experimentais e respecto polas normas de seguridade. Diversidade e unidade da estrutura da materia e os seus cambios. Diversidade da materia. * Caracterización de mestura e substancia pura. Identificación de substancias puras a través das súas propiedades características. Planificación e elección experimental das técnicas de separación de substancias máis axeitadas. Valoración do uso das técnicas de separación de substancias en mesturas para o desenvolvemento da vida e para a obtención de recursos. * Identificación de disolucións, dos seus compoñentes, caracterización da súa composición mediante as diferentes formas de expresar a concentración das substancias. Preparación de disolucións de concentración coñecida. Importancia das disolucións en produtos de consumo habitual e repercusións sobre a saúde das persoas e o ambiente. A unidade na estrutura da materia. * Estudo experimental cualitativo das relacións entre a presión, o volume e a temperatura dos gases. * Interpretación, coa axuda do modelo cinético de partículas, do volume, da temperatura, da presión e das relacións entre esas magnitudes para os gases. Extrapolación do modelo cinético de partículas na interpretación das propiedades dos líquidos e dos sólidos. * Interpretación, coa axuda do modelo cinético da materia, dalgúns procesos como os cambios de estado, a difusión e a dilatación, así como da diferenza entre mestura e substancia pura. * Caracterización do cambio físico e químico. Diferenciación experimental entre substancias simples e compostas. Comprobación experimental da conservación da masa e da non-conservación do volume nun sistema, antes e despois dun cambio físico e químico. Diferenciación entre mestura e composto. * Valoración da importancia histórica do modelo atómico molecular de Dalton para interpretar a diferenza entre substancias simples e compostas. * Utilización de diversos formatos como o verbal, o icónico, o gráfico e o simbólico para expresar, de xeito comprensivo, información sobre a estrutura e composición das substancias de uso cotián. Os cambios químicos. * Realización experimental dalgunhas transformacións químicas sinxelas. Reaccións de combustión. Identificación do que se conserva e do que cambia nas reaccións químicas. * Recoñecemento da transferencia de enerxía nas reaccións químicas. Aplicación ás combustións e á fotosíntese. * Interpretación, coa axuda do modelo atómicomolecular, das reaccións químicas como transformación dunhas substancias noutras; representación gráfica e simbólica; identificación do elemento químico; xustificación da conservación da masa e do elemento químico nas reaccións a partir do modelo atómicomolecular. * Estimacións e investigacións sobre a variación da rapidez dunha reacción en función da temperatura, concentración, grao de división dos reactivos. A emisión dos gases nos vehículos e a influencia na calidade do aire: función dos catalizadores. Páxina 33 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Procura, selección de información e análise crítica sobre os beneficios e riscos da fabricación e uso dalgún material de uso cotián. Estimación do impacto ambiental das reaccións de combustión. A natureza eléctrica da materia. Propiedades eléctricas e magnéticas da materia. * Identificación experimental das interaccións eléctricas e magnéticas. Utilización da carga eléctrica na interpretación das interaccións. * Análise de movemento de cargas: circuíto eléctrico. * Importancia da electricidade nas condicións da nosa vida cotiá e no desenvolvemento científico e tecnolóxico. Valoración das medidas preventivas. A estrutura do átomo. * Selección de información e análise crítica da contribución do estudo da electricidade ao coñecemento da estrutura da materia. * Incorporación da carga eléctrica á estrutura atómica. Caracterización dos elementos químicos. * Identificación dos compoñentes estruturais da materia: átomos, moléculas e ións. Comparación de substancias con estruturas de átomos libres, moleculares e xigantes. Relación entre a estrutura e as súas propiedades. * Aproximación cualitativa á radioactividade e aos efectos das radiacións ionizantes sobre a saúde e o ambiente. Importancia dos isótopos na investigación científica e médica. Valoración de medidas preventivas e protectoras. B10.2.- 4º Curso De acordo coa programación, os títulos mínimos esixibles son os expresados continuación, tendo en conta que, naquelo que coincidan exactamente cos contidos xerais, a súa aplicación verase punto por punto diminuída na profundiade de coñecemento requerida. Bloque 1. Contidos comúns. * Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, discusión do seu interese, análise de variables que interveñen, formulación de hipóteses, planificación de experiencias, organización dos datos, interpretación de resultados e comunicación de conclusións. * Busca, selección e análise crítica de información de carácter científico utilizando as tecnoloxías da comunicación e da información e outras fontes. * Interpretación de informacións de carácter científico e contraste destas informacións para formar unha opinión propia e expresarse axeitadamente. * Elaboración de argumentacións e explicacións sobre feitos, observacións ou resultados experimentais, empregando modelos científicos axeitados. * Valoración das achegas das ciencias da natureza para lles dar resposta ás necesidades dos seres humanos e mellorar as condicións da súa existencia, así como para apreciar e desfrutar da diversidade natural e cultural, participando na súa conservación, protección e mellora. * Valoración da evolución do pensamento científico ao longo da historia, salientando a importancia que supón para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de cada época. * Utilización comprensiva de protocolos experimentais e respecto polas normas de seguridade. * Xustificación de decisións persoais verbo de problemas reais do seu contorno que aseguren un desenvolvemento sustentable e da modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria. * Contribución do desenvolvemento científico e tecnolóxico á resolución dos problemas. Importancia da aplicación do principio de precaución e da participación cidadá na toma de decisións. * Valoración da educación científica da cidadanía como requisito de sociedades democráticas sustentables. * Consideración da cultura científica como fonte de satisfacción persoal. Bloque 2. Os movementos. * Recoñecemento do carácter relativo do movemento. Sistemas de referencia. Valoración do uso do GPS para determinar a posición dos obxectos na Terra.
Páxina 34 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Análise cualitativa dos movementos rectilíneos e curvilíneos. Análise cuantitativa do movemento rectilíneo e uniforme. Relación entre o tipo de movemento e a representación gráfica correspondente. * Valoración das achegas de Galileo ao estudo experimental da caída libre. Identificación da aceleración como o cambio no estado de movemento dos corpos. Bloque 3. As forzas como interacción. As forzas e os cambios de movemento. * Identificación de forzas que interveñen na vida cotiá. A mecánica de Newton. * Caracterización do concepto de forza como interacción: acción-reacción. Carácter vectorial das forzas e a súa representación. * Interpretación de situacións de equilibrio de forzas: inercia. Composición gráfica de forzas. * Comprobación, experimental ou simulada, da relación entre a forza resultante sobre un sistema, a súa masa e a aceleración. Análise dalgúns cambios no movemento dos corpos e a súa relación coa forza. Aplicación a situacións relacionadas con accidentes de tráfico de vehículos e discusión de medidas preventivas. As forzas e as deformacións e presións. * Identificación cualitativa da relación entre forza e deformación en corpos elásticos. Obxectos e aparellos relacionados. * Recoñecemento da relación entre forza e presión nos sólidos. Obxectos de uso cotián que utilizan esta relación. * Relación entre a presión e a forza aplicada sobre líquidos: aplicacións prácticas. * Realización dalgunha experiencia sinxela con sólidos mergullados en líquidos. Identificación das variables que determinan a presión nun sólido no seo dun fluído. Achega de Arquímedes á interpretación científica da flotación. Utilización da ecuación fundamental da estática de fluídos para a comprensión de situacións cotiás. * Deseño, realización de experiencias para poñer de manifesto a presión atmosférica e comunicación dos resultados. Utilización de aparellos para medir a presión como manómetros ou barómetros. Descrición do funcionamento dos altímetros. A mecánica do Universo. * Realización de observacións celestes directas ou simuladas e identificación das primeiras ideas sobre o Universo. * Comparación entre a concepción xeocéntrica e a heliocéntrica e a súa capacidade para interpretar as observacións. * Relación entre as melloras das observacións co telescopio e o reforzo do modelo heliocéntrico. Recoñecemento das achegas de Kepler e Galileo. Valoración e implicacións do enfrontamento entre dogmatismo e liberdade de investigación: o xuízo de Galileo. * Unificación da dinámica terrestre e celeste: a gravitación universal de Newton. Aplicacións en resolución de situacións problemáticas sinxelas onde interveña a atracción gravitatoria. * Aproximación cualitativa ás ideas actuais sobre o Universo. * Valoración crítica dos avances científicos e tecnolóxicos para a exploración do universo. Procura e selección de información sobre as axencias espaciais (ESA, NASA) e os proxectos conxuntos (ISS). Valoración do uso dos satélites artificiais en ámbitos científicos, tecnolóxicos e sociais. Bloque 4. Afondamento no estudo dos cambios. Transferencias e transformacións de enerxía. * Identificación das formas de enerxía mecánica: cinética e potencial gravitatoria cos cambios na velocidade e posición dos obxectos. * Realización de experiencias onde se poñan de manifesto cambios na enerxía interna dos sistemas. * Recoñecemento das transformacións e transferencias de enerxía por traballo e calor en fenómenos próximos ao alumnado. * Interpretación cualitativa do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía. Estudo da medida da eficacia na realización de traballo: concepto de potencia. Valoración do emprego de máquinas simples para o desenvolvemento económico e social. * Interpretación cualitativa da calor como mecanismo de transferencia de enerxía. Máquinas térmicas e as súas repercusións. Páxina 35 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
* Utilización do principio de conservación da enerxía para resolver situacións físicas sinxelas e próximas aos estudantes, onde se poñan de manifesto transformacións e transferencias. * Identificación do problema da degradación da enerxía. Valoración do papel da enerxía na sociedade actual e do uso das diferentes fontes para a súa obtención. Recoñecemento dalgún desenvolvemento tecnolóxico que contribúa á eficiencia e ao aforro enerxético. Bloque 5. Estrutura e propiedades das substancias. Estrutura do átomo e do enlace químico. * Comparación dalgunhas propiedades características de substancias. Elaboración e aplicación de criterios para clasificar as substancias baseándose nas súas propiedades. Identificación da relación entre as propiedades e a estrutura das substancias. * Interpretación da estrutura atómica a partir de evidencias da distribución dos electróns en niveis de enerxía. * Selección e análise crítica de información sobre diferentes criterios para a clasificación dos elementos. Valoración da información que proporciona a táboa periódica en canto á capacidade de combinación dos elementos. * Interpretación da estrutura das substancias a través do enlace covalente, iónico ou metálico. Valoración de procesos industriais en Galicia relacionados co transporte iónico como galvanizado e obtención de metais. * Introdución cualitativa á sistemática da formulación e nomenclatura química da IUPAC: exemplo dos compostos binarios de uso habitual. Os compostos de carbono e os seres vivos. * Recoñecemento dos combustibles fósiles: carbón e petróleo, e a súa importancia como recursos enerxéticos. Identificación experimental dos produtos das reaccións de combustión dos hidrocarburos. Selección e análise crítica de información sobre o incremento do efecto invernadoiro e a súa relación co cambio climático. Procura de medidas para a súa prevención. * Interpretación das posibilidades de combinación do átomo de carbono consigo mesmo, co hidróxeno e con outros átomos. As cadeas carbonadas. * Papel dalgunhas biomoléculas que constitúen os seres vivos. Valoración do papel da química na comprensión da orixe e desenvolvemento da vida. * Selección e análise crítica de información sobre materiais de envase e embalaxe formados por cadeas carbonadas e a súa influencia sobre o ambiente. Valoración de actitudes favorables á súa redución, reciclaxe e reutilización.
B11.-Actividades complementarias e extraescolares. 1.Feira da ciencia e tecnoloxía. 2.Visitas de estudo: entorno da ría de Ribadeo, Museos Científicos Coruñeses-Día da ciencia na rúa, Galiciencia, Xornada de difusión da investigación científica, Exporecerca Xove. 3.Lectura de textos científicos e de científicos sobre as súas experiencias e opinións sobre a ciencia. 4.Contactos con investigadores e estudantes con proxectos de investigación. 5.Participación en concursos. 6.Recreos de ciencia. Nota: as visitas de estudo serán feitas en conxunto con outros grupos, podendo resultar que en algunha das previstas non chegue a participar ningún estudante deste grupo.
Páxina 36 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
B'.- ESA. Segunda etapa da educación básica para persoas adultas, conducente á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Ámbito científico-tecnolóxico. - Semipresencial. Nota: O Ámbito ten diferentes profesores, que se coordinan para xestionar e cualificar, sendo a presente programación xeral para todos eles, amparados por unha porgramación máis detallada na correspondente programación de departamento.
B'1.- Lexislación •
Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas correspondentes á educación secundaria obrigatoria (BOE de 5 de xaneiro de 2007).
•
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 13 de xullo de 2007.
•
Orde do 30/7/2007, polo que se regulan os Programas de Diversificación Curricular na educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, DOG do 21 de agosto de 2007.
•
Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros.
•
Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
•
Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regulan as ensinanzas de bacharelato para persoas adultas pola modalidade presencial na Comunidade Autónoma de Galicia
B'2.-Contribución da materia ao logro das competencias básicas. / B'7.Obxectivos. / B'8.- Contidos e secuenciación. / B'9.- Criterios de avaliación. / B'.10.- Contidos mínimos esixibles. Obtibles en detalle en http://www.edu.xunta.es/web/unidadessemipresenciais, adxúntanse na súa parte legal a continuación: Introdución. Na educación secundaria obrigatoria para persoas adultas, o ámbito científicotecnolóxico toma como referente os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de ciencias da natureza, de matemáticas e de tecnoloxía, así como os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de educación física da educación secundaria obrigatoria, recollidos no anexo II do Decreto 133/2007, do 5 de xullo. Todos estes aspectos pretenden conformar unha proposta curricular coherente e integradora que lle achegue á formación das persoas adultas un coñecemento axeitado do mundo actual, coa finalidade da súa inserción activa e responsable na sociedade. O ámbito científico-tecnolóxico, polo seu aspecto instrumental e formal, polos contidos que aborda e polos obxectivos que persegue, posúe potencialidades educativas que contribúen activamente á formación das persoas adultas. O tratamento globalizado das materias integradas no ámbito procura presentar o coñecemento científico como un conxunto en que cada materia contribúe desde a súa perspectiva, e seguindo un fío condutor, á formación das persoas adultas. As ciencias, cun conxunto amplo de coñecementos, teñen en común un determinado xeito de representar e interpretar a realidade. Parten da necesidade de resolver un problema práctico e apóianse na súa capacidade para tratar, explicar, describir, predicir, establecer modelos, Páxina 37 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
xeneralizar e construír situacións reais, así como dar consistencia e rigor aos coñecementos, para axudar a interpretar o mundo que nos rodea. No mundo actual temos problemas globais e locais que nos afectan na vida diaria, como a destrución da capa de ozono, a deforestación, a contaminación ambiental e o esgotamento dos recursos, que son explicados polas ciencias da natureza. Estas axúdannos a mellorar a saúde individual e social, e son parte esencial da formación que unha persoa en idade adulta debe posuír. O valor formativo das matemáticas hase basear no seu xeito de facer, na utilización do razoamento e no modo de xustificar unha solución. Todo o saber que transmiten as matemáticas, conectado coa realidade, permite a súa utilización fóra do contexto educativo. A finalidade desta materia non é só a aprendizaxe de conceptos útiles e necesarios para a vida, senón a súa utilización en contextos do mundo real. A formación básica que a unha persoa adulta lle cómpre para a súa incorporación ao mundo laboral ou ao sistema educativo debe ter en conta a importancia e a presenza da tecnoloxía na actualidade, tanto nos obxectos e nos procesos tecnolóxicos como nas tecnoloxías da información e da comunicación. Isto fai que a tecnoloxía como materia de estudo, integrada no ámbito científicotecnolóxico, sexa un instrumento básico na formación da cidadanía, ao tratar de facilitar a comprensión dos obxectos técnicos, a súa utilización e a súa manipulación. Na actualidade, a ciencia e a tecnoloxía avanzan rápida e conxuntamente, e son unha medida do desenvolvemento económico dos países industrializados. Os coñecementos técnicos e científicos foron protagonistas do desenvolvemento social e económico do século pasado e, na actualidade, ademais da súa repercusión directa sobre a calidade de vida da poboación, contribúen a facer individuos máis racionais, críticos e libres. Asuntos de enorme transcendencia actual, como o uso terapéutico de células troncais ou embrionarias, a clonación, a utilización de produtos transxénicos, a interrupción do embarazo, os puntos a favor e en contra das fontes de enerxía que usamos actualmente e das que se están a desenvolver, a explotación dos recursos naturais, o desenvolvemento sustentable, a xestión de residuos, o cambio climático, etc., precisan un debate social serio e rigoroso, non dogmático, non sometido ás presións de determinados medios de comunicación nin de grupos políticos, económicos nin relixiosos, e iso só é posible nunha sociedade informada cientificamente e capacitada para asimilar novos achados e novas propostas científicas. Por todo isto, a formación das persoas adultas debe concibir o saber que achega o ámbito científico-tecnolóxico como un obxecto social e educativo de primeira necesidade; debe dotar ná poboación adulta das aptitudes necesarias para recoñecer e resolver os problemas a que se enfronta, pondo a énfase nas capacidades para resolver problemas e non no contido. Cómpre, xa que logo, que a cidadanía posúa unha formación técnico- científica básica, tendo en conta os beneficios persoais e sociais que achega. Xunto coa función formativa das ciencias, teremos en conta que o estudo das materias do ámbito científico- tecnolóxico ten unha clara finalidade instrumental no mundo de hoxe. Os coñecementos que proporciona para comprendermos mensaxes dos medios de comunicación, para analizarmos o ámbito do consumo e da economía persoal e tomarmos decisións ao respecto, para realizarmos medidas e estimacións, para sermos conscientes da deterioración ambiental e coñecermos xeitos de actuar para conseguir un desenvolvemento sustentable son fundamentais para nós, e tamén para as xeracións futuras. Desde outro punto de vista, a promoción da saúde e da calidade de vida proporciónanlle ao individuo un equilibrio psíquico e físico que contribúe ás prácticas saudables para o tempo de lecer e a mellora persoal. Na educación das persoas adultas, o currículo do ámbito científico-tecnolóxico debe ter en conta o saber de que parte o alumnado, todo un conxunto de experiencias e de coñecementos adquiridos ao longo da súa traxectoria vital, na situación familiar, na experiencia laboral e noutros ámbitos, así como o grao de madureza que presenta. Deberá ter tamén en conta as necesidades de inserción no mundo laboral e a capacitación que lle permita acceder aos seguintes niveis do sistema educativo, que lle posibilite mellorar a súa cualificación persoal, social e cultural. Todo isto supón un desafío á hora de deseñar o currículo do ámbito. O ámbito científico-tecnolóxico e as competencias básicas. Páxina 38 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Polo xeito de organizar os contidos, polas habilidades que transmite e polas destrezas que ensina, o ámbito cientifíco-tecnolóxico contribúe de xeito eficaz ao desenvolvemento das competencias en comunicación lingüística, á competencia matemática, ao tratamento da información e á competencia dixital, á competencia para aprender a aprender, e á autonomía e iniciativa persoal, pero cómpre non esquecermos que a posibilidade de argumentar coherentemente que permite un razoamento ben estruturado contribúe ao desenvolvemento da competencia social e cidadá. Queda, por último, a competencia cultural e artística a que contribúe o ámbito coa creatividade das ideas e das experiencias de investigación científica. Competencia en comunicación lingüística. O ámbito cientifíco-tecnolóxico contribúe á competencia en comunicación lingüística do seguinte xeito: Co uso da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, de interpretación e de comprensión do coñecemento científico. Coa adquisición e o uso de vocabulario específico, co uso da linguaxe formal das matemáticas, das ciencias e das tecnoloxías, e as súas características: rigor, concreción e exactitude. Estimulando a lectura comprensiva de textos científicos e os enunciados dos problemas. Co desenvolvemento do razoamento, co debate das ideas e co contraste das hipóteses perante diversos sucesos. Co desenvolvemento, o uso e a comprensión das linguaxes asociadas ás tecnoloxías da información e da comunicación. Competencia matemática. A contribución do ámbito cientifíco-tecnolóxico á competencia matemática conséguese mediante: A adquisición de modelos e de procedementos matemáticos para interpretar feitos, e para representar fenómenos e problemas tecnolóxicos e científicos. A definición, o planeamento e a resolución de problemas científicos e tecnolóxicos mediante procedementos matemáticos. O coñecemento e a utilización de ferramentas matemáticas como gráficas, táboas, estatísticas, fórmulas, e comunicación dos resultados relacionados co medio natural, coa actividade física, coa economía e coa saúde das persoas. A utilización do rigor, a concreción e a exactitude da linguaxe matemática nas argumentacións propias e na refutación de feitos. A utilización con sentido crítico das novas tecnoloxías da información e da comunicación nos cálculos e na representación dos resultados. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. O ámbito cientifícotecnolóxico contribúe así á competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico: Coa valoración crítica dos avances científicos e tecnolóxicos no mundo actual e a súa repercusión na vida das persoas. Coa valoración e o uso da metodoloxía científica: saber definir problemas, formular hipóteses, elaborar estratexias de resolución, analizar resultados e comunicalos. Coa procura de solucións para avanzar cara a un desenvolvemento sustentable e coa formación axeitada para a toma de decisións en cuestións da actualidade social e científica. Co coñecemento e o coidado do propio corpo, coñecendo a relación entre os hábitos de vida e a saúde. Coñecendo e valorando as implicacións da actividade humana no medio. Competencia de tratamento da información e competencia dixital. O ámbito cientifícotecnolóxico contribúe ao tratamento da información e competencia dixital desta maneira: Co desenvolvemento da capacidade de procurar, obter e tratar a información dun xeito sistemático. Coa utilización de linguaxes como a natural, a numérica, a gráfica e a xeométrica no tratamento da información. Co uso como medio de traballo das novas tecnoloxías (calculadoras, computadores, internet, programas informáticos, etc.), que permiten representar gráficas, facer táboas e procesar textos. Páxina 39 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Competencia social e cidadá. O ámbito cientifíco-tecnolóxico contribúe deste xeito á competencia social e cidadá: Coa valoración da opinión, a argumentación e a elaboración de conclusións baseadas en probas contrastables. Coa consideración da formación científica e tecnolóxica básicas como unha dimensión fundamental da cultura. Coñecendo e aceptando o funcionamento do propio corpo, respectando as diferenzas entre persoas e superando os estereotipos de sexo e de raza. Coa mellora das relacións, da inclusión social e do desenvolvemento socioafectivo en xeral. Coa valoración da importancia social da natureza como un ben para preservar de cara ao futuro. Competencia cultural e artística. A contribución do ámbito á competencia cultural e artística conséguese: Coa apreciación da importancia da expresión creativa de ideas e experiencias na investigación científica, utilizando diferentes formas de comunicación: verbal, numérica, gráfica, estatística, etc. Coa valoración da dimensión creativa e orixinal dos avances matemáticos, científicos e tecnolóxicos, e da súa contribución ao patrimonio cultural da humanidade. Coa comprensión ou o rexeitamento de crenzas, tradicións ou experiencias, desde unha perspectiva científica. Coa valoración da importancia histórica das interaccións entre a arte e a ciencia. Competencia para aprender a aprender. O ámbito cientifíco-tecnolóxico contribúe á competencia para aprender a aprender do seguinte modo: Co desenvolvemento da capacidade de iniciar, continuar, organizar e regular a propia aprendizaxe, co fin de adquirir e asimilar novos coñecementos e novas destrezas. Coa potenciación de hábitos e actitudes positivas ante o traballo individual e colectivo, favorecendo a concentración e a realización de tarefas, e a perseveranza na procura de solucións. Co coñecemento e o uso de ferramentas e de procedementos que favorezan unha maior autonomía persoal e axuden á integración laboral e social. Competencia de autonomía e iniciativa persoal. O ámbito cientifíco-tecnolóxico contribúe deste xeito á autonomía e á iniciativa persoal: Coa potenciación do espírito critico e da autonomía intelectual e moral para se enfrontar a problemas abertos, participando na construción de solucións e obtendo satisfacción co coñecemento científico e tecnolóxico. Co desenvolvemento do coñecemento, as posibilidades e as limitacións do corpo humano, tanto no ámbito persoal como na actividade física e deportiva, nos hábitos de saúde e hixiene e no mundo laboral. Coa mellora nos procesos de toma de decisións e a potenciación do espírito emprendedor mediante o cálculo de riscos, a anticipación de consecuencias e a asunción de responsabilidades. Obxectivos xerais do ámbito. O ensino do ámbito científico-tecnolóxico ten como finalidade o logro dos obxectivos xerais da educación secundaria obrigatoria en relación cos obxectivos xerais das materias que forman parte do ámbito, para conseguir o seguinte: 1. Empregar habitualmente as linguaxes matemática, científica e tecnolóxica como instrumento de comunicación para comprender, representar e expresar situacións da vida cotiá e procedentes doutros eidos, utilizando a simboloxía, os recursos gráficos, o vocabulario e os medios tecnolóxicos axeitados para comunicar argumentacións e mensaxes con contidos científicos. 2. Desenvolver a capacidade de razoamento aplicando na resolución de problemas da vida cotiá modelos e procedementos propios das matemáticas, tales como o rigor, a precisión, a exploración de alternativas, a flexibilidade para modificar o punto de vista, a xustificación dos razoamentos, a verificación das solucións e a súa coherencia coas condicións do problema analizado. 3. Utilizar na resolución de problemas da vida cotiá as estratexias e os procedementos das ciencias experimentais, tales como a definición de problemas, a formulación de hipóteses, o Páxina 40 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
deseño de pequenas investigacións, a análise dos resultados, etc., amosando unha actitude positiva e de confianza nas propias capacidades. 4. Identificar elementos matemáticos presentes na realidade (datos estatísticos e xeométricos, gráficos, cálculos, formas, relacións espaciais, etc.) e cuantificar aqueles aspectos que permitan interpretala mellor, mediante procedementos de medida, técnicas de recolla e análise de datos, e realizando os cálculos acaídos en cada caso. 5. Desenvolver actitudes e hábitos favorables á promoción da saúde persoal e comunitaria, en aspectos relacionados coa alimentación, o consumo, as drogodependencias, a sexualidade e a práctica deportiva, e facer fronte a prácticas da sociedade actual que teñen efectos negativos sobre ela. 6. Valorar criticamente a contribución da ciencia e da tecnoloxía á satisfacción das necesidades humanas e á mellora do benestar persoal e social, analizando a incidencia da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico na sociedade, no medio e na calidade de vida das persoas. 7. Utilizar os conceptos básicos das ciencias para interpretar os fenómenos naturais, apreciar a diversidade natural e participar en iniciativas de conservación, protección e mellora do medio. 8. Desenvolver unha actitude crítica fundamentada no coñecemento científico para analizar e participar na toma de decisións sobre problemas actuais da humanidade, como son as diferenzas entre países desenvolvidos e non desenvolvidos, a convivencia pacífica, o cambio climático, o esgotamento dos recursos naturais, os alimentos transxénicos, a investigación utilizando células troncais ou embrionarias, a terapia xénica ou a clonación. 9. Analizar obxectos e sistemas técnicos para identificar os elementos que os compoñen e a función de cada un, explicar o seu funcionamento e recoñecer as condicións fundamentais que interveñen no seu deseño e construción. 10. Planificar, individualmente ou en grupo, as fases do proceso de realización dunha obra ou dun obxecto técnico, adaptándoa aos obxectivos que se pretenden conseguir, co emprego das ferramentas, as substancias e os materiais que cumpra, e respectando as normas de seguranza e hixiene no traballo. 11. Utilizar recursos tecnolóxicos (calculadoras, computadores, etc.) como axuda na aprendizaxe para realizar cálculos, comprobar propiedades, procurar, almacenar, tratar, representar, transmitir e publicar información, así como empregar as redes de comunicación na propia formación, na procura de emprego ou para acceder a servizos administrativos ou comerciais. 12. Recoñecer os feitos máis salientables na historia das ciencias, os grandes debates históricos e o papel que desempeñaron nas revolucións científicas, así como a súa repercusión na sociedade de cada momento e na evolución cultural da humanidade. Orientacións metodolóxicas. O continuo avance tecnolóxico experimentado polo mundo nos séculos XIX e XX, e que resulta nomeadamente acelerado na actualidade, precisa que os métodos de ensino se centren na aprendizaxe de procedementos xerais que resulten aplicables en calquera situación e diante dunha gran variedade de problemas que lle permitan ao alumnado seguir aprendendo autonomamente (aprender a aprender). A proposta curricular do ensino de persoas adultas fai necesario un tratamento diferenciado na súa posta en práctica. O currículo do ámbito científico-tecnolóxico está condicionado polas características específicas do alumnado adulto ao que se dirixe, pola organización interdisciplinar e integradora do ámbito, con coñecementos procedentes de varias disciplinas e polas distintas modalidades de ensino que se poden presentar: presencial, semipresencial e a distancia. As persoas adultas caracterízanse por posuíren un grao de madureza que non ten o alumnado adolescente, e por disporen dunha ampla bagaxe de experiencias persoais e de coñecementos construídos ao longo da súa vida en diversos contextos: persoal, familiar, laboral e social. Aínda que inicialmente estas experiencias e estes coñecementos poidan representar unha vantaxe para a aprendizaxe, en moitas ocasións responden a crenzas erróneas moi asentadas no seu pensamento, polo que son difíciles de remover. Porén, unha vez revisados e recoñecidos os posibles Páxina 41 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
erros, é máis doada a súa substitución polos novos coñecementos adquiridos e o establecemento de relacións entre eles, co que se consegue unha aprendizaxe significativa. O carácter integrador, pero tamén instrumental, do ámbito científico-tecnolóxico fai posible o estudo dunha realidade sempre plural e complexa, o que facilita o tratamento dos contidos dun xeito globalizado, motivador e significativo. Por iso convén partir de situacións, de obxectos de estudo e de problemas próximos ao alumnado procedentes da vida cotiá, do contorno laboral ou do mundo natural, abordando o seu estudo dun xeito global coas estratexias e os procedementos propios das matemáticas, das ciencias e da tecnoloxía, como a resolución de problemas abertos ou o método de traballo por proxectos. Tendo en conta que unha das finalidades principais da educación de persoas adultas é a formación dunha cidadanía crítica e libre, capaz de participar democraticamente na sociedade, resulta nomeadamente importante capacitar os alumnos e as alumnas para comprenderen cuestións científicas que lles atinxen como persoas e como cidadáns e cidadás (saúde individual e pública, investigación con células troncais, etc.), ou que afectan local e globalmente o planeta (incendios, cambio climático, sobreexplotación dos recursos naturais, diminución da biodiversidade, etc.). Principios metodolóxicos básicos sobre os que se debe basear a educación das persoas adultas no ámbito científico-tecnolóxico: Fomentar aprendizaxes significativas e funcionais orientadas á aplicación práctica dos coñecementos adquiridos en situacións diversas e a variedade de problemas. Tendo en conta as experiencias e os coñecementos previos do alumnado para se ir achegando progresivamente a interpretacións máis elaboradas sobre o mundo que o rodea. Planificando a realización de actividades que respondan ás inquietudes e ás necesidades do alumnado, que dean relevancia e sentido práctico ao seu traballo, usando estratexias e procedementos propios da ciencia. Aplicando os coñecementos adquiridos a novas situacións da vida cotiá ou laboral, para asegurar a súa funcionalidade. Presentar os contidos de xeito integrado en conexión cos outros ámbitos do currículo: Seleccionando obxectos de estudo e problemas relacionados coa vida cotiá e o contorno laboral que faciliten un tratamento integrado e útil dos contidos. Utilizando preferentemente o método de proxectos na resolución de problemas técnicos, polo seu carácter planificador e motivador, e o seu poder para desenvolver as capacidades que se poñen en xogo durante todo o proceso. Realizando actividades globalizadas que permitan o tratamento interdisciplinar en coordinación co profesorado dos outros ámbitos. Fomentar a autonomía, a iniciativa persoal, o traballo en equipo e a creatividade para se enfrontar á resolución de todo tipo de problemas: Presentando situacións problemáticas en que o alumnado, individualmente ou en grupos, teña que abordar de xeito autónomo e creativo todas as fases do proceso: análise do problema e emisión de hipóteses, procura de estratexias de resolución, comprobación das hipóteses, extracción e debate das conclusións, etc. Facilitando o traballo en equipo, a colaboración entre o alumnado, a discusión en grupo, o intercambio de puntos de vista no seo do alumnado, e entre este e o profesorado, a adopción de distintos xeitos de agrupamento segundo a situación, etc. Atender á diversidade do alumnado con ritmos de aprendizaxe, motivacións, intereses e dispoñibilidade persoal diferentes: Pondo ao dispor do alumnado actividades con diferentes graos de complexidade ou dificultade que permitan progresar en función das posibilidades de cadaquén. Utilizando recursos didácticos e fontes de información moi variadas: gráficas, textos, táboas de datos, imaxes, experiencias en obradoiros e en laboratorios, prensa, documentais, internet, procesadores de texto, follas de cálculo, etc. Incorporar os recursos tecnolóxicos e informáticos na procura de información e na resolución de problemas: Empregando o procesador de texto na elaboración de traballos escritos, a folla de cálculo na representación de gráficas de funcións e estatísticas, programas de deseño asistido nos traballos tecnolóxicos, programas de presentacións para traballos en equipo, a calculadora científica nos cálculos ordinarios, etc. Páxina 42 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Observando, manipulando e mesmo confeccionando, sempre que sexa posible, modelos matemáticos e xeométricos, atómicos e moleculares, materiais propios dos laboratorios de ciencias e de tecnoloxía, etc. Propondo pequenos proxectos de investigación experimental que impliquen a planificación do traballo, a comprobación de hipóteses e a elaboración de conclusións en pequenos grupos. Desenvolver estratexias que fomenten actitudes responsables e o espírito crítico do alumnado para mellorar a súa participación na vida cultural, social, política e económica: Analizando situacións conflitivas procedentes do medio natural e as consecuencias das accións humanas sobre el, en contextos concretos e de actualidade como os incendios, a explotación dos recursos naturais, os espazos protexidos, etc., participando en iniciativas que contribúan á súa conservación e á súa mellora. Fomentando os hábitos de coidado e saúde corporal, e o espírito crítico respecto dalgunhas prácticas sociais pouco saudables. Nivel I. 1. Introdución. Os contidos comúns atinxen a todos os bloques deste nivel e deben estar presentes en todo o proceso de ensino e aprendizaxe. En cada bloque preséntase unha secuencia dos contidos en que, partindo dun deles, se vai xustificando o estudo dos demais dun xeito integrado. 2. Contidos comúns para o nivel I. -Utilización de estratexias e técnicas na resolución de problemas, tales como a análise do enunciado, o ensaio e o erro, ou a división do problema en partes, e comprobación da solución obtida. -Emprego correcto dos símbolos e das normas das matemáticas, e valoración desta linguaxe. -Confianza nas propias capacidades para a resolución de problemas, para comprender as relacións existentes e para tomar decisións a partir delas. -Planificación e realización de traballos individuais e en equipo, mantendo actitudes favorables de participación e diálogo. -Utilización de ferramentas tecnolóxicas para facilitar os cálculos de tipo numérico e alxébrico, as representacións gráficas e a comprensión de propiedades xeométricas. -Familiarización coas características básicas do traballo científico, mediante a identificación de situacións-problema, discusión do seu interese, recoñecemento de hipóteses, experimentación etc., para comprender mellor os fenómenos naturais, resolver os problemas que presenta o seu estudo e formular suposicións sobre a súa evolución. -Utilización dos medios de comunicación e das tecnoloxías da información para recoller e seleccionar información. -Identificación de datos e feitos científicos sobre a natureza, e utilización desa información para a coñecer. -Tecnoloxía como resposta ás necesidades humanas: fundamento do labor tecnolóxico. Proceso inventivo e de deseño. -Distribución de tarefas e responsabilidades para a elaboración de ideas e procura de solucións nas fases dun proxecto técnico. -Exemplificación do proceso técnico na industria do contorno. Módulo 1. Bloque 1: da sociedade da información ao universo. As técnicas da información e da comunicación (TIC) teñen un papel cada vez máis salientable aos niveis persoal, social e laboral. O seu uso vaille facilitar ao alumnado adulto a adquisición de información e coñecementos, así como o seu tratamento, a súa transmisión e a súa presentación. Por iso, iníciase este primeiro bloque cun achegamento ao mundo da informática (computador, sistema operativo, almacenaxe de información, mantemento do sistema, internet e procura de información) que se empregará como unha ferramenta fundamental ao longo de todo o nivel. Incorpóranse deseguido os números enteiros, a partir dos naturais, para comprender e expresar matematicamente aspectos relacionados con eles. Páxina 43 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A reflexión sobre a nosa situación no universo motiva o estudo do sistema solar, a Terra, os seus movementos e os calendarios. Deste xeito xorden de modo natural (a raíz da distancia entre planetas, da razón entre os seus volumes, etc.) os conceptos de fracción, decimal, potencias, notación científica e raíces cadradas. Finalizamos coa descrición dun procesador de textos para mellorar a presentación da información. Contidos. -Descrición da arquitectura, dos elementos dun computador e doutros dispositivos periféricos. Funcionamento, manexo e interconexión dos elementos dun computador. -Emprego do sistema operativo como interface entre persoa e máquina. Almacenaxe, organización e recuperación da información en soportes físicos, locais e extraíbles. -Acceso a recursos compartidos en redes locais e posta á disposición destes. -Instalación de programas e realización de tarefas básicas de mantemento de sistemas. -Estrutura e funcionamento da internet. Dispositivos de comunicación. Servizos da internet. -Ferramentas e aplicacións básicas para a procura e a descarga de información. -Actitude crítica e responsable cara á propiedade intelectual e á distribución dos contidos e da información en xeral. -Licenzas de uso e distribución do software. -Números naturais. Operacións con números naturais. Divisibilidade de números naturais. - Múltiplos e divisores comúns a varios números. -Necesidade de ampliar o conxunto dos números naturais co dos números negativos para expresar estados e cambios. Os números enteiros. Recoñecemento e conceptualización en contextos reais. -Significado e usos das operacións con números enteiros. Utilización da xerarquía e das propiedades das operacións e das regras de uso das parénteses en cálculos sinxelos. -Identificación dos elementos do sistema solar. -Coñecemento e explicación das características da Terra como planeta. A súa orixe. -Análise das periodicidades nos calendarios, con interpretación dos movementos e das posicións no sistema do Sol, da Terra e da Lúa. -Interpretación, coa axuda de modelos sinxelos, dos fenómenos relacionados cos movementos da Terra: o día e a noite, o ano, as estacións, as fases lunares e as eclipses. -Fraccións e decimais en contornos cotiáns e en ámbitos científicos. Significados e usos das fraccións. -Operacións con fraccións: suma, resta, produto e cociente. -Números decimais. Relacións entre fraccións e decimais. -Elaboración e utilización de estratexias persoais para o cálculo mental, para o cálculo aproximado e con calculadoras. -Potencias con expoñente enteiro. Operacións con potencias. Utilización da notación científica para representar números grandes, relacionados basicamente co mundo da ciencia. -Cadrados perfectos. Raíces cadradas empregando calculadora. -Procesador de textos. -Ferramentas e aplicacións básicas para o intercambio e a publicación de información. Criterios de avaliación. 1. Identificar os compoñentes físicos dun computador e outros dispositivos periféricos, así como conectalos e configuralos para o seu uso. Manexar o contorno gráfico dos sistemas operativos como interface de comunicación coa máquina. Preténdese valorar a adquisición dos coñecementos que permitan administrar un computador persoal, conectar dispositivos externos e conectalos con outros sistemas, realizando tarefas de mantemento e actualización, así como personalizar os contornos gráficos, xestionar os tipos de documentos, e almacenar e recuperar información en diferentes soportes. 2. Elaborar, intercambiar e publicar documentos en soporte electrónico que incorporen información textual e gráfica. Páxina 44 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Preténdese avaliar se o alumnado é que de elaborar documentos que conteñan información textual, imaxes e gráficos, empregando procesadores de texto. Cumprirá que sexa capaz de intercambiar esta información con outras persoas empregando documentos progresivamente máis complexos e de maior perfección canto á estruturación e a presentación, así como de os almacenar en soportes físicos locais e remotos, e de os publicar na rede. 3. Utilizar os servizos básicos da internet: localización de información, correo electrónico e comunicación con outras persoas usuarias. Trátase de valorar se o alumnado adulto é quen de navegar pola rede, de empregar os buscadores para obter información e de almacenala. Tamén se valorará o uso dos xestores de correo electrónico e das ferramentas para a comunicación entre usuarios. 4. Utilizar os números naturais e enteiros, as fraccións e os decimais sinxelos, as súas operacións e as propiedades para recoller, transformar e intercambiar información, e aplicar estes coñecementos a outras materias do currículo ou da vida. Trátase de valorar a capacidade de identificar e empregar os números, as operacións e as propiedades, de elixir a forma de cálculo apropiada (mental, escrita ou con calculadora) e de estimar a coherencia e a precisión dos resultados obtidos. As potencias de expoñente enteiro empregaranse ligadas á notación científica para poder representar con comodidade cantidades moi grandes ou moi pequenas. A estimación e a obtención das raíces cadradas deberase facer case sempre para resolver situacións presentes na vida real empregando a calculadora. Adquire especial relevancia avaliar o uso de diferentes estratexias que permitan simplificar o cálculo con fraccións e decimais. 5. Resolver problemas relacionados cos ámbitos social, científico e da vida cotiá, utilizando operacións con números naturais e enteiros, con decimais e con fraccións. Preténdese valorar a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos sobre os tipos de números para resolver problemas, e de valorar a adecuación do resultado ao contexto. 6. Coñecer a situación da Terra, a Lúa e o Sol no universo, e algúns fenómenos que se derivan dos seus movementos. Trátase de comprobar se o alumnado é capaz de situar a Terra, a Lúa e o Sol no universo, e explicar a duración dos anos, o día e a noite, as eclipses, as fases da Lúa e as estacións, axudándose dalgún modelo sinxelo con base na interpretación dos movementos relativos da Terra e da Lúa no sistema solar. Bloque 2: materia, auga e vida. Comézase este bloque coa identificación dalgunhas propiedades xerais da materia, cunha especial atención á densidade, que se utilizará como un criterio sinxelo para diferenciar materiais, e continúase coa descrición máis detallada doutros materiais de interese tecnolóxico (naturais, transformados e sintéticos). A estrutura, a forma e o acabamento destes materiais invitan a describir as figuras xeométricas máis frecuentes, e a calcular as súas áreas e os seus perímetros. O tratamento dos residuos e o impacto ambiental ocasionado pola produción dos materiais antes citados serve de ligazón para o estudo do ciclo da auga na natureza, da hidrosfera e da atmosfera, e isto leva a identificar os requisitos que posibilitan a vida na Terra, distinguir seres unicelulares e pluricelulares, e a os clasificar nos cinco reinos. Un exemplo de colleita de datos diversos sobre os seres vivos xustifica a súa organización en táboas e a súa representación utilizando coordenadas cartesianas. Contidos. -Realización de experiencias sinxelas para identificar e medir directa e indirectamente as propiedade xerais da materia en diferentes estados. -Identificación da densidade como propiedade característica das substancias. Utilización da densidade en situacións habituais para diferenciar materiais. -Diferenciación das características observables dos estados en que se presenta a materia. -Clasificación de materiais. -Identificación dos compoñentes da atmosfera e as súas propiedades. -Explicación dos factores que condicionan o tempo atmosférico, e establecemento da relación entre tempo e clima. -Uso de instrumentos para medir variables ambientais: temperatura, presión atmosférica, humidade do ambiente e dirección do vento. Páxina 45 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Valoración da influencia da actividade humana sobre a atmosfera, e repercusións na saúde das persoas. -Materiais terrestres; a xeosfera. -Materiais naturais, transformados e sintéticos: madeira, metais, e materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Propiedades e técnicas básicas de utilización. -Emprego das ferramentas de forma adecuada e segura. -Elementos básicos para a descrición das figuras xeométricas no plano. Paralelismo e perpendicularidade. -Clasificación de triángulos e cuadriláteros a partir de diferentes criterios. Estudo dalgunhas propiedades e relacións nestes polígonos. -Polígonos regulares. Circunferencia e círculo. -Medida de ángulos en figuras planas. Operacións con ángulos empregando calculadora. -Estimación, medición e cálculo de perímetros e de áreas de figuras representadas e reais, mediante fórmulas, triangulación e cuadriculación. -Realización de bosquexos para a anotación de medidas. -Tratamento de residuos e impacto ambiental do proceso produtivo. Uso de materiais comerciais e reciclados para a construción e a fabricación de obxectos. -Recoñecemento do importante papel da auga no clima, na paisaxe e nos seres vivos. -Ciclo da auga, o seu percorrido na natureza e a súa incidencia no medio. Análise da intervención humana nese ciclo. -Realización de experiencias sinxelas que axuden a comprender a contaminación da auga e os procesos de depuración e potabilización da auga. -Análise da distribución da auga no planeta e valoración da importancia da auga doce como recurso. -Identificación dos requisitos necesarios para a vida. -Descrición das características que definen os seres vivos: as funcións vitais. -Identificación dos seres unicelulares e pluricelulares, e utilización da lupa e do microscopio para proceder á súa observación. -Recoñecemento da biodiversidade e clasificación dos seres vivos nos cinco reinos. -Observación de organismos característicos de cada reino, con especial atención aos principais grupos dos reinos vexetal e animal. -Razóns da importancia da biodiversidade e a súa valoración como patrimonio natural. -Organización de datos en táboas de valores. -Coordenadas cartesianas. Representación de puntos nun sistema de eixes coordenados. -Identificación de puntos a partir das súas coordenadas. Criterios de avaliación. 1. Identificar e medir algunhas propiedades de materiais cotiáns, como a masa, o volume, a densidade, os estados en que se presentan e os seus cambios, así como planificar e desenvolver procedementos para as coñecer. Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de recoñecer e medir algunhas propiedades da materia utilizando instrumentos sinxelos que lle permitan investigar as súas características e identificar os cambios de estado que experimentan. 2. Interpretar cualitativamente fenómenos atmosféricos a partir de datos meteorolóxicos e rexistros climáticos, e identificar os compoñentes da atmosfera. Trátase de comprobar se o alumnado adulto é capaz de explicar de xeito sinxelo os factores que inflúen no tempo atmosférico, así como da súa capacidade para obter datos das variables meteorolóxicas empregando instrumentos de medición. Tamén se valorará o grao de coñecemento dos compoñentes da atmosfera, das súas propiedades e da súa influencia na saúde das persoas. 3. Valorar a importancia da auga para o desenvolvemento da vida, e identificar as repercusións da actividade industrial e humana sobre ela. Preténdese valorar o grao de coñecemento que o alumnado adulto ten sobre o ciclo da auga, e a importancia da calidade e da cantidade desta sobre a vida no planeta, así como das ameazas que supoñen a industria e a actividade humana, as solucións posibles, e a elaboración de esquemas sobre o seu ciclo. Páxina 46 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
4. Recoñecer e describir as propiedades de materiais naturais, transformados e sintéticos, así como as súas variedades comerciais: madeira, metais e materiais plásticos, cerámicos e pétreos. Identificalos en aplicacións comúns e coñecer técnicas básicas de conformación, unión e acabamento. Trátase con este criterio de valorar o coñecemento que o alumnado adulto ten dos materiais presentes na xeosfera, así como dos materias transformados e sintéticos máis frecuentes no seu contorno. Valorarase o coñecemento das súas propiedades mecánicas, eléctricas e térmicas, a súa relación coas aplicacións na fabricación de obxectos comúns, así como o coñecemento das técnicas de conformación, unión e acabamento empregadas no seu proceso construtivo. 5. Recoñecer, describir e analizar figuras planas presentes na natureza e nas actividades artísticas, utilizar as súas propiedades para as clasificar, e estimar e calcular perímetros, áreas e ángulos empregando os instrumentos e as unidades pertinentes. Preténdese con este criterio valorar se o alumnado adulto identifica as figuras planas presentes na natureza e na actividade artística, e se é capaz de as clasificar e de determinar a medida do seu perímetro, a área e os ángulos. Tamén se valorará a aplicación destes coñecementos para interpretar e describir o mundo físico e as manifestacións artísticas. 6. Valorar a importancia do sistema atmosferahidrosfera- xeosfera para o desenvolvemento da vida, identificar as repercusións da actividade humana sobre o medio e realizar propostas e compromisos de mellora. Trátase de avaliar se o alumnado identifica algúns dos problemas ambientais, enunciando posibles consecuencias, e se propón medidas concretas de actuación no seu contorno próximo que potencien a redución do consumo, a reutilización e a reciclaxe. 7. Recoñecer as funcións vitais como características dos seres vivos, e que estes están constituídos por células. Trátase de valorar se o alumnado é capaz de recoñecer e describir as funcións dos seres vivos a partir de exemplos sinxelos. Valorarase tamén a identificación dun organismo como pertencente a un dos reinos a través da observación e dos seus trazos máis salientables. 8. Organizar e interpretar informacións mediante táboas e representacións gráficas. Trátase de avaliar se o alumnado é capaz de recoller en táboas informacións numéricas procedentes da vida cotiá e do ámbito científico, de representalas nun sistema de coordenadas cartesianas, de interpretar de modo cualitativo os datos tabulados e de os representar graficamente. Módulo 2. Bloque 1: enerxía: obtención e transferencia. Evidenciar a presenza da enerxía en innumerables situacións cotiás leva a analizar e a valorar as fontes da enerxía de que dispomos. O tratamento matemático de datos relativos a esta última aconsella o estudo aquí das proporcións e das porcentaxes, e da proporcionalidade directa e inversa. Descríbese deseguida a transferencia de enerxía nas dúas formas de traballo e calor, incidindo nos efectos da calor nos cambios de estado de agregación. O emprego de escalas termométricas serve de exemplo para introducir a linguaxe alxébrica e o planeamento e resolución de ecuacións de primeiro grao. De volta á enerxía, analízase a súa produción e o seu uso en Galicia, e iníciase a descrición doutras formas da enerxía, como a luz e o son, con experiencias sinxelas de propagación, reflexión, refracción e descomposición, con identificación de aplicacións prácticas. Contidos. -Recoñecemento da intervención da enerxía en situacións cotiás como movementos, deformacións, variacións da temperatura, cambios de estado, etc. Aproximación ao concepto de enerxía e á súa relación cos cambios. -Utilización de criterios para clasificar as fontes de enerxía. Valoración, desde o punto de vista ambiental, do emprego de fontes de enerxía renovables e non renovables. -Razón e proporción. -Porcentaxes para expresar partes dun todo, cotas de participación ou variación de magnitudes. Aplicacións á vida cotiá. Cálculo mental, escrito e con calculadora para obter porcentaxes habituais. -Proporcionalidade directa e inversa. Análise de táboas. Razón de proporcionalidade. Problemas da vida cotiá. Magnitudes non proporcionais. Páxina 47 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Transferencia de enerxía: o traballo, a calor e a radiación. -Realización de experiencias onde o mecanismo de transferencia de enerxía sexa a calor. -Uso do termómetro para medir temperaturas. Diferenciación entre calor e temperatura. -Identificación dos cambios de estado. Determinación experimental das temperaturas de fusión e de ebulición dunha substancia pura. Representación gráfica da relación entre a temperatura e o cambio de estado. -Emprego de letras para simbolizar números inicialmente descoñecidos. Simbolización para expresar cantidades en distintos contextos, e valoración da súa utilidade. -Tradución de expresións da linguaxe cotiá á alxébrica e viceversa. -Resolución de problemas por métodos non alxébricos: ensaio e erro dirixido. -Significado das ecuacións e das solucións dunha ecuación. -Resolución de ecuacións de primeiro grao. Transformación de ecuacións noutras equivalentes. Interpretación da solución. -Utilización de ecuacións para resolución de problemas. -Análise dos procesos de xeración de enerxía a partir das fontes, do transporte e do consumo de enerxía en Galicia. Valoración das repercusións ambientais. -Realización de experiencias de propagación da luz. Utilización de espellos e lentes para o estudo cualitativo da reflexión e da refracción da luz. -Relación entre a luz e a visión. Estudo cualitativo da descomposición da luz branca. -Realización de experiencias de propagación e reflexión do son. Relación entre o son e a audición. -Identificación das aplicacións prácticas relacionadas coa luz e o son para a sociedade. -Valoración do problema da contaminación acústica e luminosa. Procura e análise de solucións. Criterios de avaliación. 1. Identificar a enerxía como causa de transformación e dos cambios que teñen lugar no noso contorno, a súa utilidade e as consecuencias que ten para o ambiente. Preténdese avaliar se o alumnado adulto recoñece a presenza da enerxía en procesos da vida cotiá, se identifica as fontes de enerxía e se emprega criterios para as clasificar. Valorarase tamén se recoñece a necesidade dun uso responsable da enerxía para contribuír ao futuro sustentable. 2. Recoñecer relacións de proporcionalidade numérica. Resolver problemas da vida cotiá, con emprego da proporcionalidade e das porcentaxes. Preténdese comprobar a capacidade de recoñecer relacións de proporcionalidade directa e inversa entre magnitudes en diferentes contextos, e de obter elementos descoñecidos a partir doutros coñecidos en situacións da vida real onde existan relacións de proporcionalidade. Ademais, valorarase a aplicación das porcentaxes noutras materias do currículo e na vida real. 3. Identificar a calor como unha forma de transferencia de enerxía, e coñecer os seus efectos sobre os corpos. Preténdese comprobar se o alumnado diferencia calor de temperatura na análise enerxética de situacións prácticas sinxelas. Valorarase se sabe empregar o termómetro para medir temperaturas, se coñece o seu fundamento e se identifica situacións de equilibrio ou desequilibrio térmico. 4. Obter expresións alxébricas a partir da linguaxe cotiá. Empregar as ecuacións de primeiro grao como unha ferramenta máis para resolver problemas. Quérese con este criterio verificar se o alumnado é capaz de obter o valor numérico de expresións alxébricas sinxelas cunha soa letra, utilizar correctamente os signos matemáticos, traducir situacións procedentes da vida diaria e do mundo físico á linguaxe alxébrica e obter o valor numérico destas expresións. Valorarase tamén a resolución de problemas mediante a técnica de ensaio e erro, e máis formalmente mediante ecuacións de primeiro grao, como unha ferramenta máis para resolver problemas.
Páxina 48 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Avalíase, así mesmo, a capacidade para pór en práctica estratexias persoais como alternativa á álxebra á hora de formular e resolver problemas, interpretando en todos os casos os resultados obtidos e valorando a súa pertinencia. 5. Utilizar estratexias e técnicas de resolución de problemas, tales coma a análise do enunciado, o ensaio e erro sistemático, e a división do problema en partes, así como a comprobación da coherencia da solución obtida. Expresar o procedemento empregado na resolución dun problema utilizando a linguaxe matemática adecuada ao seu nivel. Con este criterio valórase o xeito de se enfrontar a tarefas de resolución de problemas para os cales non se dispoña dun procedemento estándar que permita obter a solución. Avalíase desde a comprensión do enunciado ata a aplicación de estratexias de resolución. Trátase de avaliar, así mesmo, a perseveranza na procura de solucións e a confianza na propia capacidade para logralas. Preténdese valorar se o alumnado é capaz de transmitir cunha linguaxe suficientemente precisa as ideas e os procesos persoais desenvolvidos. 6. Recoñecer fenómenos cotiáns referidos á transmisión da luz e do son, e reproducir experimentalmente algún deles. Este criterio procura avaliar se o alumnado é capaz de utilizar as propiedades da luz e do son para interpretar a reflexión e a refracción, así como de o aplicar a algún aparello óptico, e ao eco. Valorarase o recoñecemento das repercusións da contaminación acústica e luminosa sobre a calidade de vida, e a formulación de propostas de solución. Bloque 2: o medio e as funcións dos seres vivos. Partindo da estrutura das rochas e dos minerais máis importantes de Galicia iníciase o estudo da semellanza das figuras coa mesma forma e distinto tamaño. Analízanse, así mesmo, os poliedros e os corpos redondos máis sinxelos (paralelepípedos, poliedros, cilindros, conos e esferas), dos cales se calculan e estiman os volumes e as superficies que nos permiten introducir a semellanza e a utilización dos teorema de Tales e de Pitágoras para relacionar medidas e figuras. Algunhas destas formas xeométricas pódense observar nas células dos seres vivos unicelulares e pluricelulares. Dos seres vivos analízanse os procesos de nutrición, respiración, fotosíntese, fermentación, relación e reprodución. A análise de datos numéricos relacionados cos seres vivos (malnutrición/mortalidade, cores da luz/fotosíntese, etc.) conduce ás representacións gráficas a partir de táboas de valores, enunciados ou expresións alxébricas. Finaliza o bloque coa identificación dos compoñentes dun ecosistema e o papel que xogan nel os organismos produtores, consumidores e descompoñedores. Contidos. -Recoñecemento das manifestacións da enerxía interna da terra: volcáns, terremotos, pregamentos, fallas e formación de montañas. Xustificación cualitativa á luz do modelo dinámico. -Identificación do papel da enerxía interna na formación de materiais terrestres: magmatismo e metamorfismo. -Procura de noticias de xornais relacionadas coas manifestacións da enerxía interna, e análise das súas repercusións segundo o grao de desenvolvemento do país. -Caracterización das rochas máis importantes en Galicia e dos minerais que as compoñen, e posterior observación e identificación da súa formación cunha pequena análise. -Comparación de figuras coa mesma forma e distinto tamaño. Semellanza. Proporcionalidade de segmentos. Identificación de relacións de semellanza. Ampliación e redución de figuras. Obtención, cando sexa posible, do factor de escala utilizado. -Utilización dos teoremas de Tales e Pitágoras para obter medidas e comprobar relacións entre figuras. -Poliedros. -Cilindros, esfera, cono e paralelepípedos. Elementos característicos e volume. -Resolución de problemas que impliquen a estimación, a medida e o cálculo de lonxitudes, superficies e volumes de obxectos do contorno inmediato. -Identificación da célula como unidade básica dos seres vivos e observación co microscopio apreciando a súa diversidade. Páxina 49 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Caracterización das funcións de nutrición como un intercambio de materia e enerxía co ambiente. -Diferenciación dos dous tipos de nutrición: autótrofa e heterótrofa. -Descrición e comparación cualitativa dos procesos de fotosíntese, respiración e fermentación. -Valoración da importancia da fotosíntese para a vida na Terra. -Caracterización e comparación das reproducións sexual e asexual, e do seu significado desde o punto de vista da súa variabilidade. -Recoñecemento das funcións de relación: percepción, coordinación e resposta (movemento). -Descrición local e global de fenómenos de tipo social, natural ou científico, presentados de xeito gráfico. -Representación gráfica dunha situación que vén dada a partir dunha táboa de valores, dun enunciado ou dunha expresión alxébrica sinxela. -Identificación dos compoñentes dun ecosistema, dun medio abiótico e dunha comunidade, e recoñecemento da influencia dos factores abióticos e bióticos nos ecosistemas. -Recoñecemento do papel dos organismos produtores, consumidores e descompoñedores no ecosistema, e da relación coa reciclaxe da materia e o fluxo de enerxía. -Práctica da actividade física como fonte de saúde. -Atención á hixiene corporal logo da práctica de actividade física. -Aceptación das normas para a conservación dos medios urbano e natural. Criterios de avaliación. 1. Recoñecer as manifestacións da enerxía interna da terra e identificar o seu papel na formación das rochas magmáticas e metamórficas, e identificar os riscos asociados aos procesos xeolóxicos internos valorando a capacidade de prevención e predición. Tratase de comprobar se o alumnado adulto ten unha concepción dinámica da natureza, e se identifica algunhas das manifestacións da dinámica interna do relevo, como volcáns, terremotos pregamentos, fallas e formación de montañas, e o seu efecto na formación de materiais terrestres. Trátase de valorar tamén se o alumnado é capaz de procurar informacións relacionadas con estas manifestacións, de valorar os riscos asociados a elas e a súa repercusión, utilizando noticias de prensa, mapas e outras canles de información. 2. Identificar relacións de proporcionalidade xeométrica, e utilizalas para resolver problemas da vida cotiá. Preténdese comprobar se o alumnado adulto identifica figuras semellantes, se é capaz de calcular a razón de semellanza e se ten capacidade para aplicar estes coñecementos a outras materias do currículo (escalas en mapas) e do mundo científico. Quérese comprobar, ademais, se sabe aplicar o teorema de Tales para resolver problemas de tipo xeométrico. 3. Recoñecer figuras xeométricas elementais (paralelepípedos, poliedros, cilindros, conos, esferas) e os seus elementos característicos. Resolver problemas xeométricos sinxelos relacionados con estas figuras, efectuar medicións e calcular lonxitudes, áreas e volumes de espazos e obxectos cunha precisión acorde coa situación presentada, expresando o resultado da estimación, da medición e do cálculo na unidade de medida máis axeitada. Preténdese valorar o coñecemento que o alumnado adulto ten das figuras xeométricas elementais, e dos seus elementos característicos. Tamén se ha valorar a capacidade para a resolución de problemas relativos a espazos ou obxectos do contorno inmediato que requiran o cálculo de lonxitudes, superficies ou volumes de figuras elementais, e seleccionar a unidade axeitada para cada un. Trátase de comprobar, ademais, se se adquiriron as capacidades necesarias para estimar o tamaño dos obxectos e as destrezas adecuadas para facer medicións. Tamén se quere comprobar se saben aplicar os teoremas de Tales e Pitágoras para obter medidas a partir doutras e para facer representacións e interpretar planos. 4. Recoñecer as rochas máis frecuentes de Galicia, os minerais que as compoñen e as súas aplicacións. Valorarase a capacidade de identificar e recoñecer os tipos de rochas (magmáticas, metamórficas e sedimentarias) e de minerais máis comúns en Galicia en mostras no laboratorio ou no medio natural, e coñecer as súas aplicacións. Valorarase, ademais, a capacidade para as diferenciar a partir de observacións e comprobacións experimentais dalgunhas das Páxina 50 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
súas propiedades. 5. Interpretar aspectos relacionados coas funcións vitais dos seres vivos a partir de observacións experimentais realizadas con organismos sinxelos, comprobando o efecto que teñen determinadas variables nos procesos de nutrición, relación e reprodución. Trátase de comprobar se o alumnado adulto coñece as funcións vitais dos seres vivos, as diferenzas entre a nutrición dos seres autótrofos e heterótrofos, as características e os tipos de reprodución, e os elementos fundamentais que interveñen na función de relación. 6. Interpretar relacións funcionais sinxelas dadas en forma de táboa, gráfica, expresión alxébrica ou mediante un enunciado, así como obter valores a partir delas e extraer conclusións acerca do fenómeno estudado. Este criterio pretende valorar o manexo dos mecanismos que relacionan os tipos de presentación da información, en especial o paso da gráfica dunha relación de proporcionalidade a calquera das outras tres: verbal, numérica e alxébrica. Trátase de avaliar tamén a capacidade de relacionar unha expresión verbal coa súa correspondente gráfica, e de analizar unha gráfica e relacionar o resultado co significado das variables representadas que teñan que ver con fenómenos de tipo social ou do mundo natural. 7. Identificar nun ecosistema próximo o medio abiótico e as comunidades, representar as relacións tróficas establecidas entre os seus seres vivos e valorar a súa diversidade. Tratase de valorar se o alumnado é capaz de recoñecer os elementos dun ecosistema próximo, de obter datos dalgún compoñente abiótico (luz, humidade, temperatura, topografía, rochas, etc.) e biótico (animais e plantas máis abundantes), así como interpretar as relacións nas cadeas tróficas e valorar a diversidade e a importancia da preservación dos ecosistemas. 8. Valorar o beneficio que a práctica da actividade física fornece á saúde. Con este criterio trátase de que o alumnado valore a necesidade de realizar regularmente algún tipo de actividade física, así como da hixiene corporal necesaria á finalización da actividade e de que durante a actividade física se respecte e se coide o medio. Nivel II. Contidos comúns para o nivel II. -Planificación e utilización de estratexias na resolución de problemas, tales como o reconto exhaustivo, a emisión de hipóteses, a xeneralización, a indución ou a procura de problemas afíns, e comprobación do axuste da solución obtida á situación suscitada. -Confianza nas propias capacidades para afrontar problemas, perseveranza e flexibilidade na procura de solucións aos problemas e na mellora das atopadas. -Utilización das ferramentas tecnolóxicas e informáticas para a procura e a selección crítica de información científica, nos cálculos de tipo numérico, alxébrico ou estatístico, nas representacións gráficas de funcións e estatísticas, e na comprensión de propiedades xeométricas. -Utilización de estratexias propias do traballo científico, mediante a proposta de problemas e sinxelas investigacións, análise de variables que interveñen, a formulación de hipóteses, a planificación de experiencias, a organización dos datos, a interpretación de resultados, e a elaboración e comunicación de conclusións. -Valoración da educación científica da cidadanía e da participación cidadá na toma de decisións como requisito das sociedades democráticas sustentables, e modificación de hábitos de conduta que promovan a saúde persoal e comunitaria. -Asimilación das diferenzas sociais derivadas da desigual repartición da riqueza no mundo, que provoca unhas condicións de enorme desvantaxe en aspectos de saúde e do medio dos países pobres respecto dos ricos. -Análise de obxectos e sistemas técnicos e resolución de problemas tecnolóxicos, individualmente e en grupo, respectando as normas de seguridade na manipulación de ferramentas e de materiais. -Interese polo coñecemento científico e polo avance tecnolóxico, e valoración critica da súa contribución á mellora do benestar social e individual, e da súa influencia na sociedade, na saúde, na calidade de vida das persoas e no medio. Módulo 3. Bloque 1: o mundo microscópico. Os contidos deste bloque están organizados arredor do mundo microscópico, desde os puntos de vista da bioloxía e da química. O bloque iníciase co estudo da célula, facendo fincapé en Páxina 51 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
que todos os seres vivos están formados por células e en que esta é a súa unidade mínima funcional, caracterizando os tipos de células e describindo os orgánulos e as súas funcións básicas. Préstaselles especial atención aos cromosomas como localización do ADN e dos xenes, e aos dous tipos de división celular -meiose e mitose- así como ás técnicas da enxeñaría xenética actual e as súas repercusións éticas, sociais, etc. Séguese co estudo da materia desde o punto de vista microscópico, coa identificación e a caracterización de mesturas, elementos e compostos, as disolucións, os compoñentes e a súa concentración, dando pé ao estudo dos números racionais e ao uso da notación científica para representar e operar con números moi grandes ou moi pequenos. Introdúcense, por último, a teoría cinética da materia e a teoría atómica como modelos que nos serven para interpretarmos satisfactoriamente algunhas propiedades das substancias e dos estados físicos da materia, así como os seus cambios físicos e químicos. Aparece tamén a idea de conservación, tanto para a masa como para o elemento, nos cambios químicos. Contidos. -Recoñecemento da célula como unidade estrutural e funcional dos seres vivos. -Caracterización dos tipos de células: eucariota, procariota, animal e vexetal. Descrición dos principais orgánulos. -Identificación do material hereditario na célula: cromatina e cromosomas. O ADN como constituínte dos cromosomas. -Caracterización dos procesos de división celular: mitose e meiose. Produción de gametos. -Identificación do cromosoma como organizador dos xenes. O xene como unidade portadora da información xenética. -Valoración crítica das técnicas da enxeñaría xenética, como os transxénicos, a clonación e a terapia xénica. Implicacións e repercusións éticas, médicas, ecolóxicas e sociais. -Procura de información na web sobre algunha doenza xenética ou aplicación dalgunha técnica de enxeñaría xenética actual. -Caracterización de mesturas e substancias puras. Elección das técnicas máis axeitadas para a separación experimental de substancias en mesturas. -Identificación de disolucións e dos seus compoñentes, así como o cálculo e a expresión da súa concentración. Preparación de disolucións. Exemplos de disolucións en produtos de uso habitual: alimentos, bebidas, limpeza doméstica, hixiene persoal, medicina, combustibles, etc. -Números racionais e decimais, e fraccións. Números con expresión decimal finita e periódica. Operacións cos decimais e fraccións empregando calculadora. -Comparación de números racionais. -Representación de números racionais na recta numérica. -Utilización axeitada das cifras significativas e do arredondamento. -Interpretación, coa axuda do modelo cinético da materia, de propiedades dos gases como o volume, a temperatura e a presión, así como de propiedades dos sólidos e dos líquidos, como o volume, e dos cambios de estado. Aplicacións prácticas: potas a presión, inflado correcto dos pneumáticos, etc. -Identificación dos compoñentes fundamentais da materia: átomos. Núcleo e codia electrónica. Carga e masa dos protóns, neutróns e electróns. -Uso da notación numérica científico-exponencial para expresar números moi grandes ou moi pequenos. Operacións con estes números empregando a calculadora. -Utilización da teoría atómica para a clasificación das substancias puras en simples e compostas. Elementos químicos. Exemplos de substancias de uso cotián. -Interpretación da estrutura das substancias a través do tipo de enlace entre os seus átomos: enlace iónico, covalente e metálico. Propiedades máis importantes das substancias en relación co seu tipo de enlace. Exemplos con substancias de uso habitual. -Realización experimental dalgúns cambios físicos e químicos sinxelos. -Interpretación atómico-molecular das reaccións químicas, utilizando a representación gráfica e simbólica. Xustificación da conservación da masa nas reaccións químicas. -Observación práctica da transferencia de enerxía nas reaccións químicas. Aplicación as combustións e á fotosíntese. Páxina 52 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Obtención de información (en textos, xornais, internet, etc.) sobre a emisión de gases nas combustións (vehículos, centrais térmicas, incendios, calefacción, etc.) e os efectos sobre o planeta. Uso de catalizadores nos tubos de escape dos vehículos. Criterios de avaliación. 1. Aplicar a teoría celular ao estudo dos seres vivos, con identificación das estruturas características das células procariota, eucariota, vexetal e animal en relación coa súa función biolóxica. Trátase de comprobar se o alumnado é capaz de recoñecer a existencia de células en distintos organismos, e de identificar as estruturas celulares en debuxos e microfotografías, sinalando a función de cada unha. 2. Describir os procesos de división celular, e sinalar as principais diferenzas entre mitose e meiose, así como o significado das dúas. Con este criterio deséxase avaliar se o alumnado recoñece a mitose como un tipo de división celular necesaria na reprodución dos seres vivos unicelulares e no crecemento e a reparación do corpo nos organismos pluricelulares, e de explicar a meiose na produción dos gametos na reprodución sexual. 3. Coñecer que os xenes están constituídos por ADN e situados nos cromosomas, e valorar o papel da diversidade xenética e as consecuencias da utilización da enxeñaría xenética. Procúrase comprobar se o alumnado é capaz de explicar que a almacenaxe da información xenética reside nos cromosomas, así como a existencia de mutacións e as súas consecuencias na evolución e na diversidade dos seres vivos. Valorarase se é capaz de usar os seus coñecementos para elaborar un criterio propio sobre as repercusións sociais, éticas e sanitarias da biotecnoloxía (terapia xénica, alimentos transxénicos, utilización de clons, etc.). 4. Utilizar procedementos e técnicas que permitan diferenciar mesturas, substancias simples e compostos en materiais de uso cotián, identificar a súa composición e preparar disolucións sinxelas. Este criterio trata de comprobar se o alumnado diferencia unha substancia pura dunha mestura, e se é capaz de propor a técnica máis adecuada para separar os compoñentes dunha mestura dada e, no caso de preparar unha disolución, se sabe efectuar os cálculos previos e utilizar adecuadamente os materiais de laboratorio. 5. Utilizar os números racionais para recoller e tratar información, e resolver cálculos dos ámbitos científico e social, arredondando o número decimal coas cifras significativas adecuadas e empregando a notación científico-exponencial, cando sexa aconsellable. Trátase de valorar a capacidade do alumnado de empregar fraccións e números decimais nos cálculos, de forma mental, escrita e con calculadora, así como de expresar o resultado do xeito máis adecuado á situación (fracción, decimal arredondado ou notación exponencial). Trátase tamén de verificar se o alumnado é capaz de comparar números racionais entre si, de os ordenar e de os representar graficamente. 6. Empregar a teoría cinética da materia para interpretar algunhas propiedades dos gases, dos líquidos e dos sólidos; usar a teoría atómica para identificar elementos, compostos, moléculas e redes cristalinas; e interpretar as reaccións químicas, xustificando a conservación da masa nelas. Preténdese verificar se o alumnado utiliza a teoría cinética da materia para interpretar os conceptos de presión, volume e temperatura nos gases, nos líquidos e nos sólidos, así como os seus cambios de estados de agregación, e se utiliza axeitadamente o modelo atómico-molecular para diferenciar átomos, moléculas e redes cristalinas a partir de representacións gráficas, e para interpretar as reaccións químicas como a ruptura e a formación de enlaces entre átomos en que se xeran novas substancias e se conserva constante a masa total. Bloque 2: as persoas e a saúde. Agrúpanse neste bloque contidos que teñen relación coa organización do corpo humano a nivel estrutural, de relación e hormonal, os factores que condicionan a saúde física e as defensas de que dispomos contra as doenzas, tanto as propias do organismo como os fármacos e as vacinas, facendo unha valoración crítica do seu uso, así como da conveniencia de practicar hábitos de vida e consumo saudables (practicar exercicio físico, non consumir substancias que creen adicción, etc.), dando a coñecer as novas perspectivas no ámbito do tratamento da doenza e as súas diferenzas no mundo globalizado. Páxina 53 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Introdúcense logo a sexualidade e a reprodución humana, a descrición dos aparellos reprodutores, a fecundación, o embarazo e o parto, cunha valoración dos métodos anticonceptivos máis utilizados e a importancia da hixiene sexual para combater as doenzas de transmisión sexual, especialmente a SIDA, co que se remata o estudo das doenzas humanas iniciado no punto anterior. A segunda parte do bloque dedícase á descrición e ao estudo dos movementos dos corpos, en particular o movemento uniforme e o uniformemente acelerado, incidindo na inexistencia de sistemas de referencia absolutos e na interpretación das gráficas espazo/tempo e velocidade/tempo dos citados movementos. O cálculo de tempos, posicións e velocidades leva á necesidade de resolver ecuacións de primeiro grao no movemento uniforme, de segundo grao no movemento acelerado, e de sistemas de ecuacións con dúas incógnitas nos exercicios de encontro ou alcance de móbiles, razón pola que o seu estudo se inclúe neste bloque. Contidos. -Recoñecemento dos niveis de organización do corpo: células, tecidos, órganos, sistemas e aparellos. -Identificación dos factores que condicionan a saúde e a doenza. Doenzas conxénitas, hereditarias, crónicas, deficitarias e infecciosas. -Actuación do sistema inmunitario en casos concretos: gripe, alerxias e infeccións bacterianas. Vacinas e fármacos. Valoración crítica do uso de vacinas, fármacos, transplantes, doazóns e terapias con células troncais. -Diferenciación entre alimento e nutriente. Coñecemento dos principios inmediatos necesarios para a saúde do ser humano: proteínas, glícidos, graxas, sales, vitaminas e auga. -Análise de dietas e dos hábitos saudables na alimentación. Doenzas e trastornos da conduta alimentaria: bulimia, anorexia, dietas de adelgazamento, etc. -Valoración da saúde física e mental, e a súa relación co consumo de substancias que provocan adicción: alcohol, tabaco e estupefacientes. -Identificación crítica da información contida nas etiquetas dos produtos alimentarios: aditivos, conservantes, edulcorantes e produtos transxénicos. -As funcións de relación. Identificación dos mecanismos de resposta do ser humano ante un estímulo: órganos dos sentidos, sistema nervioso e aparello locomotor. -Coñecemento da existencia do sistema endócrino e as hormonas. Funcións e alteracións frecuentes. -Diferenciación entre sexualidade e reprodución. Coñecemento e valoración dos cambios psíquicos e físicos na adolescencia. -Caracterización dos aparellos reprodutores masculino e feminino; óvulos e espermatozoides. -Preparación do útero para a fecundación. Ciclo menstrual. Fecundación, embarazo e parto. Técnicas de reprodución asistida. -Coñecemento e valoración dos métodos anticonceptivos máis frecuentes. -Coñecemento dos riscos das doenzas de transmisión sexual e valoración da hixiene sexual. -Práctica doutros hábitos de vida saudables. Quecemento e o seu significado na práctica da actividade física. Condición física: control do esforzo mediante a toma da frecuencia cardíaca. Técnicas de respiración. Posicións adecuadas do corpo nas actividades cotiás no traballo e no lecer. -Recoñecemento do carácter relativo dos movementos. Sistema de referencia. Sistemas de posicionamento por satélites. -Descrición do movemento rectilíneo uniforme. Estudo práctico no laboratorio. Utilización da ecuación s = so + v. t -Representación gráfica posición/tempo no movemento uniforme: estudo da función lineal. -Resolución de problemas de movemento uniforme: necesidade das ecuacións de primeiro grao. Solución das ecuacións de primeiro grao e aplicacións a casos prácticos. -Identificación da aceleración como a característica principal do movemento de caída libre. Aceleración como rapidez do cambio da velocidade. Estudo do movemento uniformemente acelerado. Ecuacións. Páxina 54 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Representación gráfica posición/tempo do movemento uniformemente acelerado: estudo da función cuadrática. -Cálculo do tempo a partir do espazo: ecuacións de segundo grao. Técnicas de resolución. -Resolución de ecuacións de segundo grao aplicadas a outros ámbitos do coñecemento. -Resolución de problemas de encontros de móbiles: necesidade dos sistemas de dúas ecuacións con dúas incógnitas. Métodos de resolución alxébrica e gráfica. Aplicación a casos prácticos noutros contornos. Criterios de avaliación. 1. Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psíquicos, económicos e sociais, e valorar as consecuencias dos tipos de vida e dos avances biomédicos na previsión de doenzas e na mellora da calidade de vida, así como explicar os mecanismos de defensa do noso corpo que loitan contra os axentes patóxenos. Con este criterio trátase de valorar se o alumnado posúe unha visión global do concepto de saúde e dos factores que inflúen nela, así como os efectos dos hábitos sociais positivos (práctica deportiva, descanso adecuado, vida activa, etc.) fronte aos negativos (vida sedentaria, alcoholismo, tabaquismo, etc.). Tamén cumprirá distinguir os tipos de doenzas (infecciosas, hereditarias, intoxicacións, etc.) e a acción das vacinas, dos antibióticos e doutros fármacos no tratamento das doenzas. 2. Distinguir as achegas dos tipos de alimentos a unha nutrición correcta e xustificar a conveniencia de adquirir hábitos alimenticios saudables. Avalíase aquí se o alumnado diferencia entre os distintos tipos de nutrientes (proteínas, glícidos, graxas, vitaminas e sales) que achega cada alimento a partir da información contida na etiqueta ou doutras fontes, como internet. Valorarase a importancia de manter o equilibrio entre a inxestión e o gasto calórico diario, evitando condutas absurdamente consumistas causadas con frecuencia pola publicidade, así como o recoñecemento da existencia de doenzas relacionadas coa alimentación, como a bulimia e a anorexia. 3. Identificar os órganos dos sentidos e explicar a misión integradora dos sistemas nervioso e endócrino, relacionando as alteracións máis frecuentes cos órganos e os procesos implicados. Preténdese comprobar se o alumnado sabe como se coordinan os sistemas endócrino e nervioso, para o que deberá caracterizar as principais doenzas relacionadas con eles e identificar os efectos prexudiciais de determinados factores como o consumo de drogas, o estrés, a falta de relacións persoais, a influencia dos medios de comunicación e da publicidade, etc. 4. Coñecer os aspectos básicos da sexualidade e da reprodución humana, e describir os procesos fundamentais da fecundación, o embarazo e o parto, así como valorar o uso de métodos de control da natalidade e a prevención de doenzas de transmisión sexual. Avalíase con este criterio se os alumnos e as alumnas distinguen a reprodución como un mecanismo de perpetuación da especie, da sexualidade, entendida como unha actividade vital dos seres humanos e de comunicación afectiva e persoal. Valorarase tamén o coñecemento anatómico e funcional dos aparellos reprodutores feminino e masculino para explicar o funcionamento dos métodos de control da natalidade e dalgunhas solucións a problemas de infertilidade, así como a conveniencia da hixiene sexual individual e colectiva para evitar as doenzas de transmisión sexual. 5. Recoñecer o carácter relativo do movemento, representar e analizar situacións relacionadas cos movementos cotiáns empregando gráficas e cálculos alxébricos. Preténdese avaliar se o alumnado acepta a inexistencia de marcos de referencia absolutos, se é capaz de describir cualitativamente o movemento uniforme e o uniformemente acelerado, se sabe confeccionar e interpretar gráficas espazo/tempo e velocidade/tempo de movementos sinxelos, e se é capaz de efectuar cálculos que relacionen o espazo percorrido, a velocidade e a aceleración dun móbil empregando as ecuacións dos movementos implicados. 6. Resolver problemas dos ámbitos científico e social mediante a formulación e a resolución de ecuacións de primeiro e de segundo grao, e de sistemas de ecuacións lineais con dúas incógnitas. Procúrase con este criterio comprobar a capacidade do alumnado de utilizar expresións literais para resolver problemas, inicialmente relacionados con móbiles e logo aplicados a outros Páxina 55 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
ámbitos, que poidan ser traducidos a ecuacións ou a sistemas de ecuacións, valorando a coherencia das solucións obtidas no contexto do problema que se resolve. Módulo 4. Bloque 1: as forzas na natureza. Neste bloque complétase o estudo, iniciado no anterior, do movemento dos corpos en relación coas causas que o producen: as forzas. Analízanse o carácter vectorial das forzas e a súa composición, e descríbense as forzas máis frecuentes na vida cotiá: gravitatoria, elástica, normal e de rozamento. Aplícanse para identificar os esforzos a que están sometidos os elementos dunha estrutura e para o estudo experimental da forza elástica, o que dá ocasión de introducir a folla de cálculo, coa descrición das súas funcións básicas e a súa utilización na representación gráfica cartesiana dos datos forza/ elongación, o seu axuste a unha liña recta, determinando así a constante de elasticidade do resorte empregado. Finalízase o estudo das forzas coa análise das que se exercen no interior dos fluídos, é dicir, a presión, o empuxe e a flotabilidade, coas súas aplicacións prácticas, e a utilización da teoría da gravitación universal para explicar o peso dos corpos e os movementos dos planetas e dos satélites no sistema solar, e dos satélites artificiais. Continúa o bloque coa identificación dos efectos da actuación dos axentes xeolóxicos externos e internos sobre as rochas, a paisaxe e o solo, e as pegadas da tectónica de placas no afastamento actual de continentes, a existencia de cordilleiras, volcáns e terremotos. A presenza de fósiles nas rochas sedimentarias permite introducir a análise da teoría da evolución das especies como un dos grandes fitos da revolución das ciencias da vida no século XX, e que provocou no seu momento (século XIX) grandes controversias científicas, sociais e relixiosas que persisten na actualidade. Séguese co estudo dos ecosistemas e da transferencia de materia e enerxía a través das cadeas e redes tróficas, desde unha perspectiva integradora e globalizadora da interacción e da interdependencia das persoas e o medio. A procura de datos nos medios de comunicación e en internet sobre os efectos da intervención humana nos ecosistemas dá pé á recollida de datos e ao seu tratamento estatístico, coa organización dos datos en táboas, e o cálculo de parámetros de centralización e dispersión e de representacións gráficas adecuadas, usando de novo a folla de cálculo. Finaliza o bloque cunha introdución aos fundamentos da probabilidade e a súa determinación en casos sinxelos, usando a Lei de Laplace. Contidos. -Identificación de forzas na vida cotiá. Recoñecemento do carácter vectorial das forzas. -Composición gráfica das forzas. Utilización do teorema de Pitágoras no caso da composición de forzas perpendiculares. -Análise de forzas típicas da vida cotiá: peso, normal, elástica, tensión nos fíos, rozamento, etc. -Descrición dos elementos dunha estrutura e dos esforzos a que están sometidos. Deseño, planificación e construción de estruturas usando distintos tipos de apoio e triangulación. -Estudo experimental do estiramento dun resorte: confección dunha táboa de datos forza/elongación, representación gráfica cartesiana e axuste a unha liña recta empregando unha folla de cálculo. Elementos básicos dunha folla de cálculo. -Comprobación experimental da dependencia da aceleración dun corpo coa súa masa e a forza aplicada sobre el. Mecánica de Newton. -Unificación das dinámicas celeste e terrestre: gravitación universal. -Análise da relación entre a forza aplicada e a presión resultante nos sólidos. Aplicacións prácticas cotiás. -Identificación da presión e da forza exercidas no interior dun fluído. Contribución de Arquímedes á interpretación da flotación. Aplicacións prácticas na vida cotiá e nos deseños tecnolóxicos. -Identificación dos efectos dos axentes xeolóxicos externos sobre as rochas e a paisaxe: a meteorización, os torrentes, as augas subterráneas, os ríos, o mar, o xeo e o vento. -Formación de sedimentos e transformación en rochas sedimentarias. Orixe do carbón, do petróleo e do gas natural. Páxina 56 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Recoñecemento e valoración da formación e da destrución do solo, e dos efectos que teñen sobre el os incendios, as especies invasoras e a intervención humana. -Análise dos efectos dos axentes xeolóxicos internos: tectónica de placas, desprazamento dos continentes, dorsais oceánicas, fosas e cordilleiras, volcáns e terremotos. Modelo dinámico da estrutura interna da Terra. Ciclo das rochas. -Aparición e extinción das especies; fósiles. Análise dos datos que apoian a teoría da evolución das especies. Teorías de Lamarck e de Darwin. -Consideración da biodiversidade como resultado do proceso evolutivo. -Identificación de cadeas e redes tróficas nos ecosistemas. Pirámide ecolóxica. -Recollida de información estatística sobre as consecuencias da intervención humana nos ecosistemas: incendios forestais, especies invasoras, modificacións do hábitat, etc. Organización dos datos en táboas. Valoración da conveniencia de agrupar os datos en intervalos. -Determinación das frecuencias absoluta e relativa, normal e acumulada usando a calculadora. -Cálculo e análise das medidas de centralización (media, moda, mediana e cuartís), empregando a calculadora ou a folla de cálculo. Analizar o seu significado práctico en casos concretos da vida cotiá. -Medidas de dispersión sinxelas: valores extremos, percorrido ou rango. Significado. -Construción de gráficas adecuadas á natureza dos datos e ao obxectivo desexado, empregando a folla de cálculo. -Formulación de hipóteses sobre o comportamento de fenómenos aleatorios sinxelos e a súa comprobación experimental. -Determinación de probabilidades usando a Lei de Laplace. -Uso da probabilidade na toma de decisións. Valoración da participación en xogos de azar (lotarías, apostas, bingos, etc.). Prevención de dependencias e ludopatías. Criterios de avaliación. 1. Identificar o papel das forzas como causa das deformacións e dos cambios nos movementos, así como recoñecer e representar as principais forzas presentes en situacións e estruturas típicas do contorno. Avalíase se o alumnado comprende a idea de forza como interacción mutua causante do cambio na velocidade dos móbiles (no seu módulo, na súa dirección ou no seu sentido) e do cambio no tamaño ou na forma dos obxectos. Avalíase tamén se identifica e representa vectorialmente forzas típicas do contorno como a gravitatoria, a elástica, a normal ou a de rozamento, e se identifica os esforzos de compresión, de tracción e de flexión a que están sometidos os elementos que constitúen estruturas como trabes, piares, zapatas, tensores e arcos. 2. Utilizar a gravitación universal de Newton para explicar o peso dos corpos e os movementos de planetas, satélites, estrelas e galaxias. Quérese comprobar con este criterio se o alumnado comprende o carácter universal da gravitación, así como se é capaz de utilizar a lei da gravitación para explicar e para calcular o peso dos corpos e a súa variación fronte á constancia da masa. Preténdese tamén comprobar se identifica a atracción gravitatoria como a causante dos movementos orbitais dos corpos do sistema solar (planetas, satélites naturais e artificiais, cometas e asteroides), das estrelas na galaxia e, mesmo, das galaxias entre si. 3. Relacionar a presión coa forza exercida sobre unha superficie nos sólidos, e interpretar as características da presión nos fluídos. Trátase de verificar se o alumnado entende a presión como unha consecuencia da distribución da forza que se exerce sobre unha superficie, así como os efectos que a presión ten nos sólidos en situacións habituais. Preténdese, así mesmo, comprobar se os alumnos e as alumnas interpretan a presión dentro dun fluído como resultado do peso deste e das forzas externas (émbolos, presión atmosférica, etc.), así como se coñecen a relación entre a presión e a profundidade, e se identifican a forza de Arquímedes como resultado do aumento da presión coa profundidade no interior dun fluído. Valórase, por último, se o alumnado relaciona a flotabilidade dun sólido coa súa densidade e a do fluído. Páxina 57 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
4. Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na modelaxe do relevo terrestre e no proceso de formación das rochas sedimentarias. Trátase de verificar se o alumnado ten unha visión dinámica do relevo terrestre e se é capaz de recoñecer e interpretar, no medio natural ou en imaxes, a acción dos axentes xeolóxicos externos e os tipos de modelado que producen, así como de explicar a orixe das rochas sedimentarias, do carbón e do petróleo. 5. Utilizar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra e a teoría da tectónica de placas para describir os fenómenos xeolóxicos asociados aos movementos da litosfera e relacionalos coa súa situación en mapas terrestres. Este criterio está dirixido a avaliar a capacidade do alumnado para aplicar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra e a tectónica de placas na xustificación da formación de cordilleiras, a expansión do fondo oceánico, a coincidencia xeográfica frecuente de volcáns e terremotos nos límites das placas litosféricas, as concordancias xeolóxicas en territorios hoxe separados por océanos, etc. 6. Relacionar a evolución e a distribución dos seres vivos cos mecanismos de selección natural que actúan sobre a variabilidade xenética de cada especie, e salientar as súas adaptacións máis importantes. Trátase de valorar se o alumnado sabe interpretar, á luz da teoría da evolución, os datos máis salientables do rexistro paleontolóxico, a anatomía comparada, as semellanzas e as diferenzas xenéticas, embriolóxicas e bioquímicas, a distribución bioxeográfica e outros aspectos relacionados coa evolución dos seres vivos. 7. Explicar como se realiza a transferencia de materia e de enerxía nun ecosistema ao longo dunha cadea ou rede trófica, os mecanismos de restablecemento do equilibrio ecolóxico e as consecuencias prácticas da xestión sustentable dalgúns recursos por parte do ser humano. Trátase de comprobar se o alumnado é capaz de explicar os fundamentos do equilibrio dos ecosistemas, e como pode actuarse sobre eles para obter un fluxo de alimentos para os seres humanos de xeito sustentable. Valorarase tamén a capacidade para explicar as repercusións das actividades humanas no mantemento da biodiversidade nos ecosistemas (desaparición de depredadores, sobreexplotación, introdución de especies exóticas, destrución de hábitats, etc.), o seu recoñecemento no noso territorio e a participación na xestión sustentable. 8. Elaborar e interpretar táboas e gráficas estatísticas, e calcular e interpretar os parámetros máis salientables correspondentes a distribucións unidimensionais discretas e continuas. Preténdese valorar a capacidade de organizar en táboas de frecuencias e en gráficas, informacións estatísticas dos ámbitos social e científico, e calcular, usando calculadora ou unha folla de cálculo, os parámetros de centralización (media, mediana, moda, cuartís, etc.) e de dispersión (valores extremos, percorrido ou rango) da distribución. Avalíase tamén a capacidade para interpretar, analizar e valorar informacións estatísticas presentes nos medios de comunicación relativas aos ámbitos físico e social. 9. Predicir a posibilidade de que un suceso ocorra a partir de información empírica ou por reconto de posibilidades, así como aplicar a Lei de Laplace para analizar situacións de incerteza e tomar decisións en situacións da vida cotiá. Valórase a capacidade do alumnado para identificar os sucesos elementais dun feito aleatorio e outros sucesos compostos asociados con el, así como a capacidade de determinar e interpretar a probabilidade dun suceso a partir da experimentación ou do cálculo coa Lei de Laplace, e a capacidade de usar os resultados obtidos na toma de decisións no contorno social e físico, como por exemplo nos xogos de azar. Bloque 2: procesos técnicos. A vivenda. Dedícase este último bloque a afondar no coñecemento do concepto de enerxía, identificando as dúas formas da enerxía mecánica (cinética e potencial), e a súa interconversión e conservación, así como a considerar o traballo como unha forma de transferencia de enerxía entre corpos. Valóranse, así mesmo, a explotación das fontes de enerxía renovables e non renovables, o impacto ambiental da súa obtención e do seu uso, e a conveniencia de utilizar aparellos eficientes e de fomentar o aforro enerxético. Páxina 58 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Nas máquinas, as transferencias de enerxía realízanse mediante mecanismos de transmisións e transformación de movementos, como poleas e engrenaxes. Analízanse estes mecanismos en máquinas e proponse o deseño de maquetas que os conteñan, calculando as relacións de transmisión cando sexa preciso. Complétase o estudo das máquinas simples cunha descrición básica do funcionamento dos motores térmicos e eléctricos. Abórdase finalmente a complexidade técnica que implica o proxecto de deseño dunha vivenda, que require a organización do traballo, a confección de bosquexos e planos, o deseño das instalacións básicas de electricidade, comunicacións, calefacción e refrixeración, a subministración de auga e o saneamento. Todo isto precisa tamén dun plano económico de gastos, orzamentos, petición de créditos, etc., o que xustifica introducir aquí a utilización e a análise das porcentaxes en facturas domésticas, nóminas, xuros bancarios, créditos hipotecarios ou impostos (IRPF, IVE, etc.). Complétase, por último, o estudo das funcións matemáticas básicas coas de tipo exponencial, con exemplos de aplicación ao cálculo do xuro composto e ao crecemento de poboacións (bacteriana, humana, etc.). Contidos. -Identificación das formas da enerxía mecánica: enerxía cinética e enerxía potencial gravitatoria. -Utilización das expresións: -Velocidade, enerxía cinética e seguridade viaria. Valoración dos riscos propios e alleos resultantes da condución imprudente de vehículos. -Interpretación do traballo como mecanismo de transferencia de enerxía. Concepto de potencia. Relación P = W/t. Unidades do traballo e da potencia máis frecuentes na ciencia e na vida cotiá. -Construción da gráfica P/t para un traballo dado: estudo da función de proporcionalidade inversa. -Utilización do principio da conservación da enerxía mecánica en situacións sinxelas habituais que evidencien transformacións entre enerxías. -Valoración do papel da enerxía no mundo actual. Fontes de enerxía renovables e non renovables. Eficiencia e aforro enerxético. -Recoñecemento da utilización de máquinas simples en aparellos de uso cotián. -Análise de mecanismos de transmisión e transformación de movementos. Relación de transmisión. Deseño de maquetas que teñan mecanismos de transmisión e transformación do movemento. -Descrición básica e funcionamento dos motores térmicos e eléctricos. -Desenvolvemento de proxectos técnicos. Organización do traballo. Produción en serie. -Control de calidade. Importancia da normalización nos produtos industriais; exemplos. -Aproveitamento das materias primas e dos recursos naturais. Adquisición de hábitos que potencien o desenvolvemento sustentable. -Construción dunha vivenda. Bosquexos e planos. -Consideración crítica do impacto ambiental dunha vivenda. Integración estética no contorno. -Análise dos elementos que configuran as instalacións nunha vivenda: e electricidade. Efectos da corrente eléctrica: luz, calor e magnetismo. Circuíto eléctrico: coñecemento dos elementos básicos e simboloxía. Corrente eléctrica continua e alterna. Potencia dunha instalación e dispositivos de medida e protección. -Comunicacións: telefonía, radio e televisión. Fíos metálicos e fibras ópticas. -Auga: instalacións básicas. -Combustibles: gas, gas natural e gasóleo. -Calefacción e refrixeración: paneis termosolares e fotovoltaicos, e aire acondicionado. -Domótica. -Análise das acometidas, a súa normativa e a súa simboloxía. Deseño en equipo de modelos sinxelos destas instalacións. -Valoración dos gastos e das facturas domésticas. Utilización das porcentaxes na economía: aumentos e diminucións porcentuais. Orzamentos de obras. Xuro simple e composto en préstamos e hipotecas. TAE e IVE. Páxina 59 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Números reais: expresión decimal infinita non periódica. Representación de números na recta real. -Descrición da función exponencial e a súa gráfica. Aplicación a outros exemplos naturais (crecemento bacteriano) ou sociais (crecemento da poboación). -Aforro enerxético e hídrico nas vivendas: lámpadas de baixo consumo, electrodomésticos de clase A, etc. Arquitectura bioclimática. -Importancia da evacuación dos residuos sólidos e das augas residuais en vivendas illadas e nas cidades. Depuradoras. Estacións de reciclaxe. -Valoración da educación científica da cidadanía para o progreso dunha sociedade democrática e sustentable. Criterios de avaliación. 1. Comprender as transformacións e as transferencias enerxéticas en situacións cotiás aplicando o principio de conservación da enerxía, e analizar os problemas asociados coa súa obtención e co seu uso. Quérese avaliar se o alumnado identifica as formas da enerxía mecánica, se sabe relacionar a transferencia de enerxía mecánica co traballo, e se sabe facer balances de enerxía sinxelos. Valórase tamén se coñece a importancia do uso da enerxía no desenvolvemento dunha sociedade e se sabe avaliar criticamente os beneficios fronte ao impacto ambiental que orixina a súa produción e o seu consumo. 2. Identificar, manexar e aplicar operadores mecánicos encargados da transformación e da transmisión de movementos para explicar o funcionamento dos operadores no conxunto da máquina, deseñar obxectos técnicos e calcular relacións de transmisión. Diríxese este criterio a comprobar se o alumnado recoñece os movementos básicos nas máquinas (rectilíneo, circular e de vaivén), así como se identifica os mecanismos de transmisión e transformación dos movementos e a súa función no conxunto da máquina. Os alumnos e as alumnas deben ser capaces de aplicar estes coñecementos para deseñar maquetas con diferentes operadores mecánicos e calcular relacións de transmisión en sistemas de poleas e engrenaxes. 3. Proxectar algún obxecto técnico sinxelo de interese para o alumnado, mediante a técnica de produción en cadea, elaborando planos, orzamentos e memoria. Quérese comprobar se o alumnado é capaz de elaborar a documentación básica dalgún proceso tecnolóxico sinxelo (documentos de planificación con datos e cálculos para a formalización dos tos, memoria explicativa con gráficos ou diagramas, etc.), traballando por grupos. 4. Describir os elementos que compoñen as instalacións dunha vivenda e as normas que regulan o seu deseño e a súa utilización, realizar deseños sinxelos empregando a simboloxía adecuada e montaxes de circuítos básicos, así como valorar as condicións que favorecen o aforro enerxético, a habitabilidade e a estética nunha vivenda. Trátase de avaliar se o alumnado é capaz de interpretar e utilizar correctamente a simboloxía das instalacións eléctricas, de calefacción, aire acondicionado, comunicacións (televisión e telefonía), auga e saneamento. Tamén debe coñecer e valorar as técnicas actuais de aforro hídrico e enerxético. 5. Identificar fenómenos eléctricos e magnéticos cotiáns, e valorar as repercusións da electricidade no desenvolvemento científico e tecnolóxico, e nas condicións de vida das persoas. Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de realizar experiencias eléctricas e magnéticas, explicalas cualitativamente e efectuar cálculos sinxelos utilizando as magnitudes da corrente eléctrica. Valorarase tamén se é capaz de utilizar instrumentos sinxelos e se é consciente das repercusións dos coñecementos sobre a electricidade e da necesidade de utilizar aparellos electrodomésticos eficientes desde o punto de vista enerxético. 6. Aplicar porcentaxes e taxas na identificación dos compoñentes das facturas domésticas e na comprensión dos cálculos realizados en orzamentos, préstamos, hipotecas, xuros e impostos. Este criterio valora a capacidade do alumnado de aplicar as porcentaxes, os aumentos e as diminucións porcentuais en problemas financeiros habituais, así como de interpretar e valorar a veracidade das informacións que aparecen habitualmente nos medios de comunicación.
Páxina 60 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
7. Identificar relacións funcionais cuantitativas expresadas en diferentes linguaxes, e determinar, analizar e representar a función no caso da proporcionalidade inversa e da función exponencial. Trátase de verificar a capacidade de identificar os modelos da proporcionalidade inversa e da función exponencial a partir de situacións reais expresadas mediante enunciados, táboas ou expresións alxébricas procedentes do medio físico ou social, ou da vida cotiá, extraendo conclusións lóxicas respecto do comportamento das variables analizadas por interpolación ou extrapolación.
B'3.-Metodoloxía didáctica e materiais curriculares. B'3.1.- Decisións metodolóxicas. A metodoloxía ven fixada pola xunta de Galicia nas sús normas
B'3.2.- Materiais e recursos didácticos. Os subministrados pola xunta de Galicia
B'4.- Medidas de atención á diversidade. B'4.1.- Reforzo e ampliación. No caso daqueles alumnos nos que se detecten dificultades específicas para acadar determinados obxectivos mínimos da materia, avaliarase o establecemento de medidas de reforzo individualizadas. B'4.2.- Agrupamentos Non aplicable. B'4.3.- Apoios Non aplicable.
B'5.- Actividades complementarias e extraescolares. O alumnado poderá optar pola súa participación en actividades dos alumnos de ESO.
B'6.- Avaliación. B'6.1.- Criterios xerais. Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais: Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará darase información ben de xeito oral ou escrito sobre a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes: − É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. Páxina 61 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
− A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración. − Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10. Outras valoracións: Teranse en conta os traballos realizados na clase e máis as tarefas para facer na casa, o caderno de clase, a participación en actividades. Haberá unha única nota da materia a fin de curso, promediada entre as notas parciais, incluíndo unha nota instrumental de 3ª av., sempre que todas teñan unha cualificación superior a 4. B'6.2.- Avaliación parcial. Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo dúas probas escritas que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas. A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. B'6.3.- Recuperacións. Poderanse realizar probas extraordinarias, de acordo entre alumnos e profesor. B'6.4.- Avaliación ordinaria (xuño). Rexirase pola normativa xeral. B'6.5.- Avaliación extraordinaria (setembro). Rexirase pola normativa xeral. B'6.6.- Plan de recuperación da materia pendente de cursos anteriores. Non corresponde. B'6.7.- Plan de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda do dereito a avaliación continua por faltas de asistencia a clase. Cando un alumno/a acumule faltas de asistencia a clase de forma inxustificada e supere o límite establecido no RRI do Centro para a materia, non será suficiente a superación da proba escrita para que sexa avaliado positivamente na materia. O alumno/a deberá realizar todo o traballo atrasado a consecuencia da súa ausencia e entregalo ó profesor no prazo que este estableza.
Páxina 62 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Bacharelato
Páxina 63 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
C.- Física e Química 1ºBac C0.-Nota BACEPA semipresencial
A programación correspondente a BACEPA seguirá os mesmos datos que a correspondente ó Bac, exceptuando determinados puntos nos que son especificados os apartados correspondentes a ditos estudos con prima (')
C1.-Obxectivos
1. Utilizar, con autonomía crecente, estratexias de investigación propias das ciencias (formulación de problemas, emisión de hipóteses fundamentadas, procura de información, elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, realización de experimentos en condicións controladas e reproducibles, análise de resultados, elaboración e comunicación de conclusións) relacionando os coñecementos aprendidos con outros xa coñecidos e considerando a súa contribución á construción de corpos coherentes de coñecemento. 2. Coñecer os conceptos, leis, teorías e modelos máis importantes e xerais da física e da química co fin de ter unha visión global do desenvolvemento destas ramas da ciencia e do seu papel social. 3. Obter unha formación científica básica que contribúa a xerar interese para desenvolver estudos posteriores máis específicos. 4. Apreciar a dimensión cultural da física e da química para a formación integral das persoas, así como saber valorar as súas repercusións na sociedade e no medio natural e contribuír a construír un futuro sustentable, participando na conservación, protección e mellora do medio natural e social. 5. Comprender a importancia da física e da química para abordar numerosas situacións cotiás, así como para participar na necesaria toma de decisións fundamentadas arredor de problemas locais e globais a que se enfronta a humanidade. 6. Manexar a terminoloxía científica ao expresarse en ámbitos relacionados coa física e a química, así como na explicación de fenómenos da vida cotiá que requiran dela. 7. Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na interpretación e simulación de conceptos, modelos, leis ou teorías para obter e tratar datos, extraer e utilizar información de diferentes fontes, avaliar o seu contido, adoptar decisións e comunicar as conclusións, fomentando no alumnado a formación dunha opinión propia e dunha actitude crítica fronte ao obxecto de estudo. 8. Recoñecer o carácter tentativo e creativo do traballo científico como actividade en permanente proceso de construción, analizando e comparando hipóteses e teorías contrapostas a fin de desenvolver un pensamento crítico, así como valorar as achegas dos grandes debates científicos ao desenvolvemento do pensamento humano. 9. Planificar e realizar experimentos físicos e químicos tendo en conta a utilización correcta do instrumental básico do laboratorio, cunha atención particular ás normas de seguridade das instalacións e ao tratamento de residuos. 10. Recoñecer os principais retos da investigación deste campo da ciencia na actualidade e o carácter científico das informacións aparecidas nos medios de comunicación. 11. Valorar as achegas das mulleres ao desenvolvemento científico e tecnolóxico, facendo especial referencia aos casos galegos. 12. Aplicar os coñecementos da física e da química para afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da educación viaria e da saúde individual e social. 13. Valorar o carácter colectivo e cooperativo da ciencia, fomentando actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa persoal, autoconfianza e sentido crítico a través do traballo en equipo.
C2.-Contidos. Secuenciación e temporalización. 1.Contidos comúns. 4h.1ºT.
Páxina 64 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Utilización de estratexias básicas da actividade científica, tales como a presentación de problemas, a toma de decisións sobre a conveniencia ou non do seu estudo; formulación de hipóteses, elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, análise de resultados e verificación da súa fiabilidade. -Busca, selección e comunicación de información e de conclusións utilizando diferentes recursos e empregando a terminoloxía axeitada. -Emprego das TIC como ferramentas de axuda na interpretación de conceptos, na obtención e tratamento de datos, na procura de información e na elaboración de conclusións. -Repercusión dos diferentes achados científicos na sociedade e da valoración da importancia da ciencia sobre a nosa calidade de vida. Análise crítica do carácter científico dunha información. -Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable e valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica. Aplicación á realidade galega. 2.Teoría atómico-molecular da materia. 10h. 1ºT. -Desenvolvemento histórico das leis ponderais e relacións volumétricas dos gases. Hipótese de Avogadro. -Interpretación das leis ponderais de acordo co modelo atómico de materia de Dalton. Limitacións desta teoría. -Masa atómicas e moleculares. Unha magnitude fundamental: a cantidade de substancia e a súa unidade: o mol. Masas molares. -Aplicación do concepto de cantidade de substancia en mol aos gases (ecuación de estado dos gases ideais), a disolucións (concentración en cantidade de substancia, incluído o procedemento experimental de preparación de disolucións de concentración coñecida) e á determinación de fórmulas empíricas e moleculares. 3.Estrutura atómica e enlace químico. 15h. 1ºT. -Establecemento histórico dos modelos atómicos de Thomson e Rutherford. Espectros atómicos e o modelo atómico de Bohr. Distribución electrónica en niveis enerxéticos. Os seus logros e limitacións. Introdución cualitativa ao modelo cuántico: configuracións electrónicas baseadas en niveis enerxéticos con capas e subcapas. -Revisión do concepto de elemento químico e a súa abundancia e importancia na natureza. Sistema periódico, xustificación e achegas ao desenvolvemento da química. Propiedades periódicas. -Enlaces iónico, covalente, metálico e interaccións intermoleculares. Interpretación das propiedades das substancias en función do tipo de enlace que presentan. O caso da auga. -Formulación e nomenclatura das substancias inorgánicas seguindo as normas da IUPAC. 4.Reacción química. 15h. 1ºT. -Importancia do estudo das reaccións químicas. Reaccións químicas de interese na nosa sociedade pola súa importancia industrial, histórica, biolóxica ou polo seu impacto ambiental. -Interpretación a nivel microscópico das reaccións químicas. Teoría de colisións e enerxía de activación. Introdución ao concepto de velocidade dunha reacción química. Estudo experimental dos factores dos que depende a velocidade das reaccións químicas. Catalizadores. -Estequiometría das reaccións. Reactivo limitante e rendemento dunha reacción química. -Enerxía das reaccións químicas. Obtención de enerxía a partir das reaccións químicas (combustións) e a súas repercusións ambientais. Novos combustibles. 5.Química orgánica. 10h. 2ºT. -Orixes da química orgánica: superación da barreira do vitalismo (síntese da urea). -Posibilidades de combinación do carbono. Formulación e nomenclatura de hidrocarburos seguindo as normas da IUPAC. -Os hidrocarburos e as súas aplicacións: produtos derivados do petróleo. Repercusións (económicas, sociais, bélicas, ambientais) derivadas da utilización de combustibles fósiles. -Sínteses orgánicas de especial interese na nosa sociedade. Vantaxes e inconvenientes dos novos compostos orgánicos de síntese: da revolución dos novos materiais aos contaminantes orgánicos. 6.Estudo do movemento. 20h. 2ºT. -Importancia do estudo da cinemática no xurdimento da ciencia moderna e na vida cotiá.
Páxina 65 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Sistemas de referencia inerciais. Magnitudes necesarias para describir o movemento. Carácter vectorial das magnitudes implicadas. Concepto de velocidade instantánea: aplicación a movementos sinxelos. -Achegas de Galileo ao desenvolvemento da cinemática e da ciencia en xeral. Problemas a que se tivo que enfrontar. -Estudo dos movementos rectilíneos uniformes, uniformemente acelerados e circular uniforme. Superposición de movementos. -Educación viaria. Estudo de situacións cinemáticas de interese como a distancia de freada. 7.Dinámica. 15h. 2ºT. -Superación da idea da física aristotélica-escolástica para asumir o concepto de forza como interacción. -Revisión das leis da dinámica de Newton. -Cantidade de movemento e principio de conservación. Aplicación a diferentes situacións: colisións, foguetes, etc. -Dinámica do movemento circular uniforme. Lei de gravitación universal: importancia e repercusión. Aplicación a diferentes situacións: movementos dos astros, mareas, etc. -Importancia das achegas de Newton ao desenvolvemento científico: o universo mecánico. -Estudo dalgunhas situacións dinámicas de interese: tensión, fricción e forzas elásticas. 8.Enerxía e a súa transferencia: traballo e calor. 15h. 3º T. -Revisión e afondamento do concepto de enerxía: enerxía cinética e potencial. -Mecanismos de transferencia de enerxía: calor e traballo. Eficacia na realización dun traballo: potencia. -Transformación e conservación da enerxía. Primeiro principio da termodinámica. Degradación da enerxía. Aplicación para valorar a importancia da velocidade en caso de colisión nun vehículo. -Afondamento no estudo dos problemas asociados á obtención e ao consumo dos recursos enerxéticos. Enerxía para un futuro sustentable. -Produción e consumo de enerxía en Galicia. Impacto ambiental e posibles alternativas. 9.Electricidade. 23h. 3º T. -Enerxía eléctrica na sociedade actual: xeración, consumo e repercusións da súa utilización. Produción e consumo de enerxía eléctrica na nosa comunidade autónoma. Repercusións sobre o medio natural. As emisións de CO2 en Galicia. -Realización de experiencias de electrización para estudar as interaccións entre cargas. Lei de Coulomb. -Introdución ao concepto de campo eléctrico. Concepto de potencial eléctrico. -O circuíto eléctrico: lei de Ohm. Asociación de resistencias e circuítos mixtos.
C'2.-Secuenciación e temporalización.
A secuencialización presencial será a resultante de dividir entre 4 as horas especificadas enrriba.
C3.-Criterios de avaliación.
Criterios de avaliación. 1. Familiarizarse coas características básicas do traballo científico, valorando as súas posibles repercusións e implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade-medio natural. Trátase de avaliar se o alumnado analiza situacións e obtén información sobre fenómenos físicos e químicos utilizando as estratexias básicas do traballo científico tanto na compresión de conceptos como na resolución de problemas e nos traballos experimentais. No marco destas estratexias debe valorarse a competencia dixital. Este criterio debe ser avaliado en relación co resto dos criterios de avaliación, para o que se precisan actividades que inclúan o interese das situacións, análises cualitativas, emisión de hipóteses fundamentadas, elaboración de estratexias, realización de experiencias en condicións controladas e reproducibles, análise detida de resultados, implicacións ciencia-tecnoloxíasociedade-medio natural do estudo realizado (posibles aplicacións, transformacións sociais, repercusións positivas e negativ), toma de decisións, actividades de síntese e de comunicacións. Páxina 66 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Todo isto tendo en conta o papel da historia da ciencia e salientando o papel das mulleres no desenvolvemento científico e tecnolóxico. 2. Interpretar as leis ponderais e as relacións volumétricas dos gases e aplicar o concepto de cantidade de substancia en mol. Preténdese comprobar se os estudantes son capaces de utilizar a teoría atómica de Dalton e as hipóteses de Avogadro para interpretar as leis ponderais e as relacións volumétricas de combinación entre gases. Así mesmo, deberá comprobarse que comprende a importancia e o significado da magnitude cantidade de substancia e a súa unidade, o mol, e se é quen de determinala nunha mostra, tanto dunha substancia pura en calquera estado de agregación como dunha disolución. Tamén se valorará se saben aplicar a dita magnitude fundamental na determinación de fórmulas empíricas e moleculares. 3. Xustificar a existencia e evolución dos modelos atómicos, valorando o carácter tentativo e aberto do traballo científico, e coñecer o tipo de enlace que mantén unidas as partículas constituíntes das substancias para poder explicar as súas propiedades. Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de identificar os feitos que levaron a cuestionar cada un dos modelos atómicos e a concibir e adoptar outro que explicase novos fenómenos, recoñecendo o carácter hipotético do coñecemento científico, sometido a continua revisión. Tamén se valorará se recoñece a importancia do sistema periódico para o desenvolvemento da química e xustifica a variación periódica dalgunhas propiedades atómicas, así como se coñece os enlaces iónico, covalente, metálico e interaccións intermoleculares e pode interpretar, a partir deles, as principais propiedades físico-químicas das substancias. 4. Recoñecer a importancia das transformacións químicas e as súas repercusións, interpretar microscopicamente unha reacción química, emitir hipóteses sobre os factores dos que depende a velocidade dunha reacción, sometelas a comprobación experimental e realizar cálculos estequiométricos en exemplos de interese práctico. Avaliarase se o alumnado coñece a importancia, utilidade e impacto ambiental das transformacións químicas na vida cotiá, na sociedade e na industria, tales como as combustións ou as reaccións ácidobase, e tamén de exemplos levados a cabo en experiencias de laboratorio. Valorarase se interpreta a nivel atómico-molecular unha reacción química, se sabe resolver problemas sobre as cantidades de substancia de produtos e reactantes que interveñen, se comprende o concepto de velocidade de reacción e se é capaz de predicir e comprobar os factores de que depende, así como a súa importancia en procesos cotiáns e industriais. 5. Identificar as propiedades físicas e químicas dos hidrocarburos, así como a súa importancia social e económica, saber formulalos e nomealos aplicando as regras da IUPAC e valorar a importancia do desenvolvemento das sínteses orgánicas e as súas repercusións. Avaliarase se os estudantes valoran o que supuxo a superación da barreira do vitalismo, así como o espectacular desenvolvemento posterior das sínteses orgánicas e as súas repercusións (novos materiais, contaminantes orgánicos permanentes, etc.). A partir das posibilidades de combinación entre o C e o H, o alumnado debe ser capaz de escribir e nomear os hidrocarburos de cadea lineal e ramificados e coñecer algunhas das súas propiedades físicas e químicas, incluíndo reaccións de combustión e de adición ao dobre enlace. Tamén deben identificar as principais fraccións da destilación do petróleo e as súas aplicacións na obtención de moitos dos produtos de consumo cotián, así como valorar a súa importancia social e económica, as repercusións da súa utilización e esgotamento e a necesidade de investigacións no campo da química orgánica que poidan contribuír á sustentabilidade. 6. Aplicar as estratexias do traballo científico ao estudo dos movementos uniformes (rectilíneos e circulares) e do movemento rectilíneo uniformemente acelerado. Valorarase se o alumnado comprende a importancia de coñecer e clasificar os movementos e resolve problemas de interese en relación a estes conceptos, aplicando as estratexias básicas do traballo científico, especialmente os referidos á educación viaria. Tamén se avaliará se coñece as achegas de Galileo ao estudo da cinemática, así como as dificultades que tivo que afrontar; en concreto, se interpreta a superposición de movementos, introducida para resolver problemas e actividades de lanzamento horizontal e oblicuo, recoñecendo a súa importancia como orixe histórica e fundamento do cálculo vectorial. Páxina 67 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
7. Identificar as forzas que actúan sobre os corpos como resultado da interacción entre eles, predicir os seus efectos para explicar situacións dinámicas cotiás e aplicar o principio de conservación da cantidade de movemento e a lei de gravitación universal a diferentes situacións. Será avaliada a comprensión do concepto newtoniano de interacción entre dous corpos e dos seus efectos sobre diferentes corpos en situacións cotiás en que existan forzas elásticas, de fricción e tensións. Valorarase a comprensión e aplicación do principio de conservación da cantidade de movemento sobre diferentes sistemas e da lei de gravitación universal en diferentes situacións no noso planeta e nas interaccións entre astros. 8. Comprender o concepto de enerxía, a súa transformación e transferencia por calor e traballo, aplicando o principio de conservación a diferentes situacións de interese teórico ou práctico. Trátase de comprobar se o alumnado comprende os conceptos de enerxía (cinética e potencial) a súa transformación e transferencia (calor e traballo), así como se é capaz de aplicar o principio de conservación da enerxía e a idea de degradación en diferentes situacións: caída de graves, colisións, etc. Tamén se valorarán as actitudes e comportamentos coherentes en relación co consumo enerxético e implicación nos problemas asociados á obtención e uso de recursos enerxéticos, con especial énfase nos vinculados a Galicia. 9. Interpretar a interacción eléctrica, os fenómenos asociados, así como aplicar estratexias do traballo científico para resolver circuítos eléctricos, valorar a importancia da enerxía eléctrica na sociedade actual e o seu consumo responsable. Preténdese comprobar se o alumnado recoñece experimentalmente a natureza eléctrica da materia, aplica a lei de Coulomb en situacións sinxelas, identifica os principais elementos dun circuíto eléctrico e as súas relacións, deseña e monta diferentes circuítos eléctricos realizando o seu balance enerxético, utiliza os aparellos de medida máis comúns e resolve problemas de interese relacionados coa corrente eléctrica. Tamén se avaliará a comprensión dos efectos enerxéticos da corrente eléctrica e o seu importante papel na nosa sociedade e as súas repercusións económicas, ambientais e sociais, así como na vida cotiá.
C4.-Contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. De acordo coa programación, os títulos mínimos esixibles son: 1.Contidos comúns. 2.Teoría atómico-molecular da materia. 3.Estrutura atómica e enlace químico. 4.Reacción química. 5.Química orgánica. 6.Estudo do movemento. 7.Dinámica. 8.Enerxía e a súa transferencia: traballo e calor. 9.Electricidade.
C5.-Metodoloxía C5.1-M. Específica da área
As estratexias metodolóxicas que se propoñen para desenvolver o currículo desta materia son as seguintes: -Seleccionar actividades variadas, con diferente grao de complexidade, establecendo unha secuencia axeitada, de tal maneira que se recollan actividades de introdución, de estruturación de conceptos, de síntese e de aplicación. -Partir, sempre que sexa posible, de situacións problemáticas abertas para recoñecer que cuestións son cientificamente investigables, decidir como precisalas e reflexionar sobre o seu posible interese como facilitadoras da aprendizaxe. -Potenciar a dimensión colectiva da actividade científica organizando equipos de traballo, creando un ambiente semellante ao que podería ser unha investigación cooperativa en que conten as opinións de cada persoa, facendo ver como os resultados dunha soa persoa ou equipo non bastan Páxina 68 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
para verificar ou falsear unha hipótese e evitando toda discriminación por razóns éticas, sociais, sexuais, etc. -Propiciar a construción de aprendizaxes significativas a través de actividades que permitan analizar e contrastar as propias ideas coas cientificamente aceptadas para propiciar o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal. -Facilitar a interacción entre a estrutura da disciplina e a estrutura cognitiva do alumnado aplicando estratexias propias das ciencias na resolución de situacións-problema relevantes para influír na reestruturación e enriquecemento dos esquemas de coñecemento do alumnado, contribuíndo así a incrementar as súas capacidades. -Propoñer análises cualitativas que axuden a formular preguntas operativas presentadas como hipóteses, que orienten o tratamento dos problemas como investigacións e contribúan a facer explícitas as preconcepcións. -Fomentar a autonomía, a iniciativa persoal, a creatividade e a competencia de aprender a aprender a través da planificación, realización e avaliación de deseños experimentais por parte do alumnado, incluíndo a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación co obxectivo de favorecer unha visión máis actual da actividade tecnolóxica e científica contemporánea. -A comunicación é un aspecto esencial da actividade científica e debe ser traballada, por exemplo, na recollida e análise de diversas informacións orais e escritas en relación cos temas tratados, a través da elaboración e exposición de memorias científicas do traballo realizado ou da lectura e comentario crítico de textos científicos. En concreto, a verbalización (rexeitando o operativismo mudo en relación co uso das ferramentas matemáticas) require unha atención preferente. -Considerar as implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade- medio natural dos problemas (posibles aplicacións, repercusións negativas, toma de decisións, ciencia e pseudociencia, etc.) e as posibles relacións con outros campos do coñecemento.
C5.2-Materiais Curriculares
Utilizarase con preferencia o texto: 1º BACHAR. CIENCIAS E TECN. FQ Barrio et al., Física e Química SM Xerme, ISBN 978849854094-9 Sen obviar por elo apuntes en temas concretos ou textos alternativos.
José I. Del
C'5.2-Materiais Curriculares
Segundo se especifica en http://www.edu.xunta.es/web/node/950, A guía, basada en Física e Química para 1º de bacharelato da editorial Rodeira. ISBN 978-84-8349-193-5. Rodeira-Grupo Edebé, 2008
C5.3.-Outros recursos didácticos
Utilizarase o ordenador xunto co canón proxector, a parte do laboratorio.
C6.-Procedementos de Avaliación C6.1.-A. Ordinaria
Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais: Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes: É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración. Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10. Páxina 69 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Outras valoracións: Teranse en conta os traballos realizados na clase e máis as tarefas para facer na casa, o caderno de clase, a participación na aula e en actividades como a Feira da Ciencia e Tecnoloxía. Ademáis, de xeito suplementario poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento ou disposición, incluíndo o non traer materiais de traballo e estudo. O non ten realizadas as actividades correspondentes para a feira, poderá supor unha nota inferior a 5 na avaliación, parcial e/ou final. Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 60% exame, 15% preguntas de clase, 25% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 20% en cada apartado, segundo as circunstancias. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.
C6.2.-A.Extraordinaria
A avaliación extraordinaria contará cun exame do mesmo tipo que os realizados durante o curso, podendo ademáis especificar, segundo os casos, a aportación dun traballo previo ó exame para suplir a realización dalgún dos traballos do curso.
C7.-Instrumentos de avaliación.
Serán os exames, traballos escritos, preguntas de clase e traballos de exoperiencias e/ou construcción.
C8.-Sistemas de cualificación.
Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. Poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 60% exame, 15% preguntas de clase, 25% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 20% en cada apartado, segundo o desenvolvemento do curso. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.
C9.-Programa de recuperación C9.1.-Da propia materia durante o curso
Páxina 70 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A petición dos alumnos implicados, poderanse ter máis exames en horas extras. En canto ós traballos, os alumnos terán a posibilidade, unha volta pasada a feira da Ciencia e Tecnoloxía, de facer as variacións oportunas para mellorar os seus traballos antes de fin de curso.
C9.2.-De materias pendentes doutros cursos Non procede.
C10.-Medidas de atención á diversidade
Aínda que a estrutura pensada para esta asignatura prevé facela accesible para todo o alumnado, no caso de detectar dificultades específicas nalgún alumno ou alumna estableceranse as medidas de reforzo necesarias que axuden a superar esas dificultades, basándose para elo no método colaborativo e de atención persoalizada. Xa que logo, a base para afrontar a diversidade é o facer consciente ós compañeiros das diferencias e as semellanzas entre cada un e o resto do grupo, de xeito que se vexa a diversidade como algo natural e a cooperación como complemento indispensable na formación.
C11.-Actividades complementarias e extraescolares
1.Feira da ciencia e tecnoloxía. 2.Visitas de estudo: entorno da ría de Ribadeo, Museos Científicos Coruñeses-Día da ciencia na rúa, Galiciencia, Xornada de difusión da investigación científica, Exporecerca Xove. 3.Lectura de textos científicos e de científicos sobre as súas experiencias e opinións sobre a ciencia. 4.Contactos con investigadores e estudantes con proxectos de investigación. 5.Participación en concursos. 6.Recreos de ciencia. Nota: as visitas de estudo serán feitas en conxunto con outros grupos, podendo resultar que en algunha das previstas non chegue a participar ningún estudante deste grupo.
C12.-Tratamento do fomento da lectura
A traverso da investigación dirixida na biblioteca, enfocando a lectura á adquisición de coñecementos e ferramentas intelectuais, pero sobre todo pola lectura obrigada dun libro relacionado coa ciencia, a elexir entre un listado xa preparado.
C13.-Tratamento de fomento das TIC
O uso do ordenador será fomentado en relación a varios vectores de desenvolvemento: -Comunicación: parte das comunicacións internas faránse via correo electrónico. -Investigación: procura de dados diversos. -Comunicación: difusión das propias actividades e desenvolvementos. A parte, será usado como material didáctico directo polo profesor.
Páxina 71 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
D.- Física D0.-Nota BACEPA semipresencial
A programación correspondente a BACEPA seguirá os mesmos datos que a correspondente ó Bac, exceptuando determinados puntos nos que son especificados os apartados correspondentes a ditos estudos con prima ('). - No curso 2012-2013 non hai alumnos -
D1.-Obxectivos
1. Utilizar correctamente estratexias de investigación propias das ciencias (formulación de problemas, emisión de hipóteses fundamentadas, procura de información, elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, realización de experimentos en condicións controladas e reproducibles, análise de resultados, elaboración e comunicación de conclusións) relacionando os coñecementos aprendidos con outros xa coñecidos. 2. Comprender os principais conceptos, leis, modelos e teorías da física para poder articulalos en corpos coherentes do coñecemento. 3. Obter unha formación científica básica que contribúa a xerar interese para desenvolver estudos posteriores máis específicos. 4. Recoñecer a importancia do coñecemento científico para a formación integral das persoas, así como para participar, como integrantes da cidadanía e, se é o caso, futuras científicas e futuros científicos, na necesaria toma de decisións fundamentadas sobre problemas tanto locais como globais. 5. Comprender as complexas interaccións actuais da física coa sociedade, o desenvolvemento tecnolóxico e o medio natural (ciencia-tecnoloxía-sociedade- medio natural), valorando a necesidade de traballar para lograr un desenvolvemento sustentable e satisfactorio para o conxunto da humanidade. 6. Utilizar correctamente a terminoloxía científica e empregala de xeito habitual ao expresarse no ámbito da física, aplicando diferentes modelos de representación: gráficas, táboas, diagramas, expresións matemáticas, etc. 7. Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na interpretación e simulación de conceptos, modelos, leis ou teorías; na obtención e tratamento de datos; na procura de información de diferentes fontes; na avaliación do seu contido e na elaboración e comunicación de conclusións, fomentando no alumnado a formación dunha opinión propia e dunha actitude crítica fronte ao obxecto de estudo. 8. Comprender e valorar o carácter complexo e dinámico da física e as súas achegas ao desenvolvemento do pensamento humano, evitando posicións dogmáticas e considerando unha visión global da historia desta ciencia que permita identificar e situar no seu contexto os personaxes máis relevantes. 9. Deseñar e realizar experimentos físicos, utilizando correctamente o instrumental básico do laboratorio, respectando as normas de seguridade das instalacións e aplicando un tratamento de residuos axeitado. 10. Coñecer os principais retos que ten que abordar a investigación neste campo da ciencia na actualidade, apreciando as súas perspectivas de desenvolvemento. 11. Valorar as achegas das mulleres ao desenvolvemento científico e tecnolóxico, desde unha perspectiva de xénero ao longo do tempo. 12. Comprender o carácter fundamental da física no desenvolvemento doutras ciencias e tecnoloxías. 13. Valorar o carácter colectivo e cooperativo da ciencia, fomentando actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa persoal, autoestima e sentido crítico a través do traballo en equipo.
D2.-Contidos. Secuenciación e temporalización. Contidos comúns. Serán desenvoltos polo medio dos outros contidos.
Páxina 72 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Utilización de estratexias básicas da actividade científica tales como a formulación de problemas, a toma de decisións acerca da conveniencia ou non do seu estudo, a emisión de hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución, de deseños experimentais, a análise dos resultados e a verificación da súa fiabilidade. -Busca, selección e comunicación de información e de conclusións utilizando diferentes recursos e empregando a terminoloxía axeitada. -Emprego das TIC como ferramentas de axuda na interpretación de conceptos, na obtención, tratamento e representación de datos, na procura de información e na elaboración de conclusións. -Repercusión dos diferentes achados científicos na sociedade e valoración da importancia da ciencia sobre a nosa calidade de vida. Análise crítica do carácter científico dunha información. -Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable e valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica. Aplicación á realidade galega. Interacción gravitatoria. 33h. 1º T. -Revisións dos conceptos básicos relacionados coa dinámica do movemento circular e introdución do momento dunha forza respecto a un punto, do momento angular e a súa conservación. Forzas centrais. -Unha revolución científica que modificou a visión do Universo: das leis de Kepler á lei de gravitación universal. -O problema das interaccións a distancia e a súa superación mediante o concepto de campo gravitatorio. Magnitudes que o caracterizan: intensidade e potencial gravitatorio. Forzas conservativas e enerxía potencial gravitatoria. -Gravidade terrestre: os seus valores en diferentes lugares da Terra e aplicación ao movemento dos satélites e foguetes espaciais. -Determinación experimental do valor da gravidade no laboratorio. -Visión actual do Universo: buracos negros, separación de galaxias, orixe e evolución do Universo, etc. Vibracións e ondas. 33h. 1º e 2º T. -Análise cinemática, dinámica e enerxética do movemento harmónico simple. Aplicación experimental: estudo estático e dinámico do resorte. Comparación de resultados coa oscilación do péndulo simple. -Superposición de movementos: movemento ondulatorio. Criterios de clasificación e magnitudes características das ondas. Interpretación da ecuación das ondas harmónicas planas, identificación de magnitudes e aspectos enerxéticos. -Propagación das ondas: principio de Huygens, reflexión e refracción. Estudo cualitativo de difracción, interferencias e efecto Doppler. Ondas estacionarias. -Estudo das ondas sonoras. Propagación, calidades e percepción do son. Resonancia e instrumentos musicais. Contaminación acústica, fontes e efectos. Medidas de actuación. -Aplicacións das ondas ao desenvolvemento tecnolóxico e á mellora das condicións de vida (sonar, ecografía, etc.). Incidencias sobre o medio natural. Óptica. 27h. 2º T. -Controversia histórica sobre a natureza da luz: modelos corpuscular e ondulatorio. Dependencia da velocidade da luz co medio. Algúns fenómenos producidos co cambio de medio: reflexión, refracción, absorción e dispersión. -Óptica xeométrica: comprensión da formación de imaxes en espellos e lentes delgadas e explicación do funcionamento do ollo como instrumento óptico. Realización de experiencias sinxelas con lentes e espellos, así como a construción dalgún instrumento óptico. -Estudo cualitativo dos fenómenos de difracción, interferencias, dispersión, polarización e do espectro visible. Aplicacións médicas e tecnolóxicas. Interacción electromagnética. 34h. 2º e 3º T. -Interacción entre cargas eléctricas en repouso: lei de Coulomb. O campo eléctrico e as magnitudes que o caracterizan: intensidade de campo e potencial eléctrico. Páxina 73 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Relación entre fenómenos eléctricos e magnéticos. Campos magnéticos creados por correntes eléctricas. Forzas magnéticas: lei de Lorentz e interaccións magnéticas entre correntes rectilíneas. Explicación do magnetismo natural. Realización de experiencias reais e simulacións interactivas con bobinas, imáns e motores. -Conversión de enerxía mecánica en enerxía eléctrica. Das experiencias de Faraday e Henry á indución electromagnética. Lei de Lenz e conservación da enerxía. Obtención e transporte da enerxía eléctrica, impactos e sustentabilidade. Enerxía eléctrica de fontes renovables. Análise da situación actual en Galicia. -Aproximación histórica á síntese electromagnética de Maxwell e á predición das ondas electromagnéticas. Aplicacións, valoración do seu papel nas tecnoloxías da comunicación e repercusións na saúde humana. -Analoxías e diferenzas entre campos gravitatorio, eléctrico e magnético. Física moderna. 15h 3º T. -Insuficiencia da física clásica para explicar o efecto fotoeléctrico e os espectros descontinuos. Hipótese de De Broglie. Relacións de indeterminación de Heisenberg. Valoración do desenvolvemento científico e tecnolóxico que supuxo a física cuántica. -Postulados da relatividade especial. A equivalencia masa-enerxía. Repercusións da teoría da relatividade. -Composición e estabilidade do núcleo atómico. Interacción nuclear forte. Enerxía de enlace. Radioactividade: tipos, repercusións e aplicacións médicas. Reaccións nucleares de fisión e de fusión: aplicacións tecnolóxicas e riscos ambientais. -Interaccións fundamentais. Partículas, leptóns, hadróns e quarks. Os aceleradores de partículas: o CERN.
D3.-Criterios de avaliación.
1. Familiarizarse coas características básicas do traballo científico, valorando as súas posibles repercusións e implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade- medio natural. Trátase de avaliar se o alumnado analiza situacións e obtén información sobre fenómenos físicos utilizando as estratexias básicas do traballo científico tanto na compresión de conceptos como na resolución de problemas e nos traballos experimentais. No marco destas estratexias debe valorarse a competencia dixital. Este criterio debe ser avaliado en relación co resto dos criterios, para o que se precisan actividades que inclúan o interese das situacións, análises cualitativas, emisión de hipóteses fundamentadas, elaboración de estratexias, realización de experiencias en condicións controladas e reproducibles, análise detida de resultados, representacións gráficas, implicacións CSTA do estudo realizado (posibles aplicacións, transformacións sociais, repercusións positivas e negativas), toma de decisións, actividades de síntese e de comunicación; tendo en conta o papel da historia da ciencia. 2. Interpretar as leis de Kepler e valorar a importancia da lei de gravitación universal para aplicalas á resolución de situacións de interese como a determinación de masas de corpos celestes, o tratamento da gravidade terrestre e a análise do movemento de planetas e satélites. Comprobarase se o alumnado aplica as leis de Kepler para a explicación das órbitas dos astros, valora a importancia da lei de gravitación universal na unificación da dinámica terrestre e celeste e as súas repercusións tanto teóricas (nas ideas sobre o universo) coma prácticas (nos satélites artificiais). Débese constatar que as alumnas e os alumnos comprenden e distinguen os conceptos que describen a interacción gravitatoria (campo, enerxía e forza) e que saben aplicalos en diferentes situacións. 3. Construír un modelo teórico que permita explicar as vibracións da materia e a súa propagación (ondas) para aplicalo á interpretación de diferentes fenómenos naturais e desenvolvementos tecnolóxicos. Comprobarase se o alumnado aplica os conceptos relacionados co movemento harmónico simple e o movemento ondulatorio a diferentes situacións, incluíndo montaxes experimentais. Así mesmo, preténdese valorar se asocia o que percibe co modelo teórico, como por exemplo a intensidade coa amplitude ou o ton coa frecuencia. Avaliarase se sabe deducir os valores das Páxina 74 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
magnitudes características dunha onda a partir dunha ecuación e viceversa, explicar cuantitativamente algunhas propiedades das ondas como a reflexión e a refracción e cualitativamente outras como interferencias, resonancia, difracción, efecto Doppler e aspectos enerxéticos (atenuación, absorción e amortecemento). Tamén se comprobará se o alumnado coñece os efectos da contaminación acústica na saúde, algunhas das principais aplicacións tecnolóxicas das ondas e a súa influencia nas condicións de vida e no medio natural. 4. Utilizar os modelos corpuscular e ondulatorio para explicar as distintas propiedades da luz. Trátase de avaliar se o alumnado coñece o debate histórico sobre a natureza da luz. Débese comprobar se é quen de interpretar, utilizando un modelo de raios, a formación de imaxes obtidas experimentalmente con lentes delgadas, con espellos cóncavos e convexos e as procedentes dunha cámara escura. Tamén se valorará a capacidade do alumnado para construír algún instrumento óptico sinxelo e se comprende as numerosas aplicacións da óptica na nosa sociedade. 5. Usar os conceptos de campo eléctrico e magnético para superar as dificultades que presenta a interacción á distancia e comprender a relación entre electricidade e magnetismo que levou a establecer a interacción electromagnética. Con este criterio preténdese comprobar se os estudantes son capaces de determinar os campos eléctricos e magnéticos creados por cargas puntuais (unha ou dúas) e correntes rectilíneas, de recoñecer as forzas que exercen os ditos campos sobre outras cargas ou correntes, así como de xustificar o fundamento dalgunhas aplicacións prácticas: electroimáns, motores, instrumentos de medida, impresoras ou aceleradores de partículas. 6. Explicar a produción de corrente eléctrica mediante variacións do fluxo magnético e a súa aplicación na obtención de enerxía eléctrica, así como a predición de ondas electromagnéticas a partir da síntese de Maxwell e a integración da óptica no electromagnetismo. Trátase de avaliar se o alumnado comprende a indución electromagnética e utiliza a síntese de Maxwell para explicar a orixe do espectro da luz (das ondas de radio ata os raios gamma). Tamén se valorará se xustifica criticamente as aplicacións relevantes destes coñecementos e os problemas ambientais e de saúde derivados do uso destas tecnoloxías. 7. Coñecer a revolución científico-tecnolóxica que deu lugar ao nacemento da física cuántica. Este criterio avaliará se o alumnado comprende que os fotóns e electróns non son ondas nin partículas segundo a noción clásica, senón que teñen un comportamento novo, o cuántico, e que para describilo foi necesario construír un novo corpo de coñecementos que permite unha maior comprensión da materia e do cosmos: a física cuántica. Valorarase, así mesmo, se coñece o grande impulso desta revolución científica ao desenvolvemento tecnolóxico, por exemplo as células fotoeléctricas, os microscopios electrónicos, o láser e a microelectrónica. 8. Utilizar os principios da relatividade especial para explicar unha serie de fenómenos como a dilatación do tempo, a contracción da lonxitude e a equivalencia masa-enerxía. Preténdese comprobar se o alumnado coñece os postulados de Einstein para superar as limitacións da física clásica, o cambio que supuxo a teoría da relatividade na interpretación dos conceptos de espazo, tempo, cantidade de movemento e enerxía e as súas múltiples implicacións, non só no eido da ciencia, senón tamén noutros ámbitos. 9. Aplicar a equivalencia masa-enerxía para explicar a enerxía de enlace nos núcleos e a súa estabilidade, as reaccións nucleares, a radioactividade e formular elementais interpretacións co modelo de partículas. Comprobarase se o alumnado é quen de interpretar a estabilidade dos núcleos a partir da enerxía de enlace e os procesos enerxéticos vinculados coa radioactividade e as reaccións nucleares. Ademais, valorarase que utiliza estes coñecementos para comprender e valorar problemas de interese como as aplicacións dos radioisótopos, o armamento e os reactores nucleares, tomando conciencia dos seus riscos e repercusións. Así mesmo, avaliarase se comprende a importancia das investigacións en física de partículas na busca dunha teoría unificada das interaccións fundamentais e dunha explicación da orixe e evolución do Universo.
D4.-Contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva. Páxina 75 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Debido a que os contidos especificados son exactamente os propostos no curriculo oficial da Xunta, os contidos mínimos esixibles corresponden co aplicado no apartado E2.
D5.-Metodoloxía
As estratexias metodolóxicas que se propoñen para desenvolver o currículo desta materia son as seguintes: -Selección de actividades variadas, de aula e laboratorio e fóra da aula, con diferente grao de complexidade, establecendo unha secuencia axeitada, de tal maneira que se recollan actividades de introdución, de estruturación de conceptos, de síntese e de aplicación. -Partir, sempre que sexa posible, de situacións problemáticas abertas para recoñecer que cuestións son cientificamente investigables, decidir como precisalas e reflexionar sobre o seu posible interese como facilitadoras da aprendizaxe. -Potenciar a dimensión colectiva da actividade científica organizando equipos de traballo, creando un ambiente semellante ao que podería ser unha investigación cooperativa en que conten as opinións de cada persoa, facendo ver como os resultados individuais ou dun equipo non abondan para verificar ou falsear unha hipótese e evitando toda discriminación por razóns éticas, sociais, sexuais, etc. Iste apartado concreto potenciarase na xa tradicional Feira da Ciencia. -Propiciar a construción de aprendizaxes significativas a través de actividades que permitan analizar e contrastar as propias ideas coas cientificamente aceptadas para propiciar o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal. -Facilitar a interacción entre a estrutura da disciplina e a estrutura cognitiva do alumnado aplicando estratexias propias das ciencias na resolución de situacións-problema relevantes para influír na reestruturación e enriquecemento dos esquemas de coñecemento do alumnado, contribuíndo así a incrementar as súas capacidades. -Propoñer análises cualitativas, que axuden a formular preguntas operativas presentadas como hipóteses, que orienten o tratamento dos problemas como investigacións e contribúan a facer explícitas as preconcepcións. -Fomentar a autonomía, a iniciativa persoal, a creatividade e a competencia de aprender a aprender a través da planificación, realización e avaliación de deseños experimentais por parte do alumnado, incluíndo a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación co obxecto de favorecer unha visión máis actual da actividade tecnolóxica e científica contemporánea. -A comunicación é un aspecto esencial da actividade científica e debe ser traballada, por exemplo, na recollida e análise de diversas informacións orais e escritas en relación cos temas tratados, a través da elaboración e exposición de memorias científicas do traballo realizado ou da lectura e comentario crítico de textos científicos. Asemade, iste aspecto será tratado particularmente na feira da ciencia. En concreto, a verbalización (rexeitando o operativismo mudo en relación co uso das ferramentas matemáticas) require unha atención preferente. Verase complementada ademáis por presentación oral de lectruas relacionadas coa ciencia. -Considerar as implicacións ciencia-tecnoloxíasociedade- medio natural dos problemas (posibles aplicacións, repercusións negativas, toma de decisións, ciencia e pseudociencia, etc.) e as posibles relacións con outros campos do coñecemento. -Facer visibles as achegas das mulleres á ciencia e á tecnoloxía, así como examinar aspectos androcéntricos nelas. Para elo usarase a exposición creada no centro 'A ciencia ten nome de muller'.
D5.1-M. Específica da área
Incluída no apartado anterior, a modo de complemento da metodoloxía xeral, está basada na realización de prácticas de laboratorio de xeito semiautónomo, a realización independente pero supervisada, de proxectos científicos para a Feira da Ciencia do IES (proxectos que poderán ser amosados noutras xuntanzas científicas a nivel galego, estatal ou internacional), e a lectura crítica e desenvolvemento expositivo dun texto científico tipo libro.
D5.2-Materiais Curriculares Páxina 76 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Utilizarase con preferencia o texto realizado polo profesor e dispoñible gratuitamente polos alumnos, descargable de internet en formato aberto.
D5.3.-Outros recursos didácticos
Utilizarase o ordenador con ficheiros de presentación sobre a asignatura, xunto co canón proxector, a parte do laboratorio. Serán usadas as ferramentas de internet: Correo electrónico para comunicacións diversas, como avisos ou notas. Ficheiros compartidos para desenvolvemento de proxectos ou preparación de exposicións. Wiki con material, exames e outra sobre temas da feira. Blog da asignatura. Sen desestimar outras posibilidades en momentos puntuais.
D6.-Procedementos de Avaliación D6.1.-A. Ordinaria
Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais: Probas escritas: En toda proba escrita que se realice poderase saber a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes: É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración. Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. Para presentarse ós exames, cada alumno deberá ter enviado feitos alomenos cinco exercicios de cada tema e todos os traballos propostos para o período. Ó exame final deberán presentarse tamén os alumnos que teñan as avaliacións aprobadas, que farán unha versión reducida. Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10. Outras valoracións: Teranse en conta os traballos realizados na clase e máis as tarefas para facer na casa, o caderno de clase, a participación na aula e en actividades como a Feira da Ciencia e Tecnoloxía. Asemade, o alumno deberá ter lido un libro relacionado coa materia (título, consultar co profesor). Poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento. Ademáis, de xeito suplementario poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento ou disposición, incluíndo o non traer materiais de traballo e estudo. O non ten realizadas as actividades correspondentes para a feira, poderá supor unha nota inferior a 5 na avaliación, parcial e/ou final. Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 60% exame, 15% preguntas de clase, 25% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 20% en cada apartado, segundo as circunstancias. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.
D6.2.-A.Extraordinaria
Páxina 77 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
A avaliación extraordinaria contará cun exame do mesmo tipo que os realizados durante o curso, podendo ademáis especificar, segundo os casos, a aportación dun traballo previo ó exame para suplir a realización dalgún dos traballos do curso.
D7.-Instrumentos de avaliación.
Serán os exames, traballos escritos, preguntas de clase e traballos de experiencias e/ou construcción.
D8.-Sistemas de cualificación.
Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre o profesor realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento. A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 60% exame, 15% preguntas de clase, 25% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 20% en cada apartado, segundo as circunstancias. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.
D9.-Programa de recuperación D9.1.-Da propia materia durante o curso
A petición dos alumnos implicados, poderanse ter máis exames en horas extras. En canto ós traballos, os alumnos terán a posibilidade, unha volta pasada a feira da Ciencia e Tecnoloxía, de facer as variacións oportunas para mellorar os seus traballos antes de fin de curso.
D9.2.-De materias pendentes doutros cursos Non procede.
D10.-Medidas de atención á diversidade
Aínda que a estrutura pensada para esta asignatura prevé facela accesible para todo o alumnado, no caso de detectar dificultades específicas nalgún alumno ou alumna estableceranse as medidas de reforzo necesarias que axuden a superar esas dificultades, basándose para elo no método colaborativo e de atención persoalizada. Xa que logo, a base para afrontar a diversidade é o facer consciente ós compañeiros das diferencias e as semellanzas entre cada un e o resto do grupo, de xeito que se vexa a diversidade como algo natural e a cooperación como complemento indispensable na formación.
D11.-Actividades complementarias e extraescolares
1.Feira da ciencia e tecnoloxía. 2.Visitas de estudo: entorno da ría de Ribadeo, Museos Científicos Coruñeses-Día da ciencia na rúa, Galiciencia, Xornada de difusión da investigación científica, Exporecerca Xove. 3.Lectura de textos científicos e de científicos sobre as súas experiencias e opinións sobre a ciencia. 4.Contactos con investigadores e estudantes con proxectos de investigación. 5.Participación en concursos. 6.Recreos de ciencia. Páxina 78 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Nota: as visitas de estudo serán feitas en conxunto con outros grupos, podendo resultar que en algunha das previstas non chegue a participar ningún estudante deste grupo.
D12.-Tratamento do fomento da lectura
A traverso da investigación dirixida en textos, enfocando a lectura á adquisición de coñecementos e ferramentas intelectuais, así como facilitando a súa avaliación mediante unha exposición.
D13.-Tratamento de fomento das TIC
O uso do ordenador será fomentado en relación a varios vectores de desenvolvemento: -Comunicación: parte das comunicacións internas faránse via correo electrónico. -Investigación: procura de dados diversos. -Comunicación: difusión das propias actividades e desenvolvementos. A parte, será usado como soporte de material didáctico directo pola profesor.
Páxina 79 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
E.- Química E0.-Nota BACEPA semipresencial
A programación correspondente a BACEPA seguirá os mesmos datos que a correspondente ó Bac, exceptuando determinados puntos nos que son especificados os apartados correspondentes a ditos estudos con prima (')
E1.-Obxectivos
1. Utilizar correctamente estratexias de investigación propias das ciencias (formulación de problemas, emisión de hipóteses fundamentadas, procura de información, elaboración de estratexias de resolución e de deseños experimentais, realización de experimentos en condicións controladas e reproducibles, análise de resultados, elaboración e comunicación de conclusións) relacionando os coñecementos aprendidos con outros xa coñecidos. 2. Comprender os principais conceptos, leis, modelos e teorías da química para poder articulalos en corpos coherentes de coñecemento. 3. Obter unha formación científica básica que contribúa a xerar interese para desenvolver estudos posteriores máis específicos. 4. Recoñecer a importancia do coñecemento científico para a formación integral das persoas, así como para participar, como cidadás e cidadáns e, de ser o caso, futuras científicas e científicos, na necesaria toma de decisións fundamentadas arredor de problemas locais e globais a que se enfronta a humanidade. 5. Comprender o papel da química na vida cotiá e a súa contribución á mellora da calidade de vida das persoas, valorando, de xeito fundamentado, os problemas derivados dalgunhas súas aplicacións e como pode contribuír á consecución da sustentabilidade e dun estilo de vida saudable. 6. Utilizar correctamente a terminoloxía científica e empregala de xeito habitual ao expresarse no ámbito da química, aplicando diferentes modelos de representación: gráficas, táboas, diagramas, expresións matemáticas, etc. 7. Empregar correctamente as tecnoloxías da información e da comunicación na interpretación e simulación de conceptos, modelos, leis ou teorías; na obtención e tratamento de datos; na procura de información de diferentes fontes; na avaliación do seu contido e na elaboración e comunicación de conclusións, fomentando no alumnado a formación dunha opinión propia e dunha actitude crítica fronte ao obxecto de estudo. 8. Comprender e valorar o carácter tentativo e dinámico da química e as súas achegas ao desenvolvemento do pensamento humano, evitando posicións dogmáticas e considerando unha visión global da historia desta ciencia que permita identificar e situar no seu contexto os personaxes máis relevantes. 9. Familiarizarse co deseño e realización de experimentos químicos e co traballo en equipo, así coma no uso do instrumental básico dun laboratorio, e coñecer algunhas técnicas específicas, sempre considerando as normas de seguranza das súas instalacións e o tratamento de residuos. 10. Recoñecer os principais retos que ten que abordar a investigación neste campo da ciencia na actualidade, apreciando as súas perspectivas de desenvolvemento. 11. Valorar as achegas das mulleres ao desenvolvemento científico e tecnolóxico, facendo especial referencia aos casos galegos. 12. Comprender o carácter integrador da química a través da súa relación con outras ciencias, como a física, a bioloxía ou a xeoloxía. 13. Valorar o carácter colectivo e cooperativo da ciencia, fomentando actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa persoal, autoestima e sentido crítico a través do traballo en equipo.
E2.-Contidos. Secuenciación e temporalización.
Contidos comúns. Serán tratado por medio dos outros contidos. -Utilización de estratexias básicas da actividade científica tales como a formulación de problemas, a toma de decisións acerca da conveniencia ou non do seu estudo, a emisión de Páxina 80 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución, de deseños experimentais, a análise dos resultados e a verificación da súa fiabilidade. -Busca, selección e comunicación de información e de conclusións utilizando diferentes recursos e empregando a terminoloxía axeitada. -Emprego das TIC como ferramentas de axuda na interpretación de conceptos; na obtención, tratamento e representación de datos; na procura de información e na elaboración de conclusións. -Repercusión dos diferentes achados científicos na sociedade e valoración da importancia da ciencia sobre a nosa calidade de vida. Análise crítica de informacións desde as teorías científicas para poñer en cuestión afirmacións que usan unha linguaxe pseudocientífica. -Recoñecemento da necesidade dun desenvolvemento sustentable e valoración das consecuencias ambientais da evolución tecnolóxica. Aplicación á realidade galega. -Resolución de cuestións, exercicios e problemas relacionados cos cálculos numéricos elementais en química. Estrutura atómica e clasificación periódica dos elementos. 23h. 1º T. -Do átomo de Bohr ao modelo cuántico. Importancia da mecánica cuántica no desenvolvemento da química. -Evolución histórica da ordenación periódica dos elementos. Importancia de Mendeleiev no desenvolvemento da química. -Estrutura electrónica e periodicidade. Tendencias periódicas nas propiedades dos elementos. Enlace químico e propiedades das substancias. 22h. 1º T. -Enlaces covalentes. Xeometría e polaridade de moléculas sinxelas e estruturas xigantes. -Enlaces entre moléculas. Propiedades das substancias moleculares. Propiedades específicas da auga en relación co enlace de hidróxeno. -O enlace iónico. Balance de enerxía na formación de compostos iónicos. Estrutura e propiedades das substancias iónicas. -Estudo cualitativo do enlace metálico. Propiedades dos metais. -Propiedades dalgunhas substancias de interese biolóxico ou industrial en función da estrutura ou enlaces característicos delas. Transformacións enerxéticas nas reaccións químicas. Espontaneidade das reaccións químicas. 23h. 2º T. -Enerxía e reacción química. Procesos endo e exotérmicos. Concepto de entalpía. Determinación da calor de reacción. Entalpía de enlace e interpretación da entalpía de reacción. -Aplicacións enerxéticas das reaccións químicas: os combustibles químicos. Repercusións sociais, cotiás e ambientais. -Valor enerxético dos alimentos: implicacións para a saúde. -Condicións que determinan o sentido en que evoluciona un proceso químico. Conceptos de entropía e de enerxía libre. O equilibrio químico. -Características macroscópicas do equilibrio químico. Interpretación do estado de equilibrio dun sistema químico: consideracións cinéticas e enerxéticas. -A constante de equilibrio. Factores que afectan as condicións de equilibrio. -As reaccións de precipitación como exemplos de equilibrios heteroxéneos. Estudo experimental. Aplicacións analíticas das reaccións de precipitación. -Aplicacións do equilibrio químico á vida cotiá e aos procesos industriais. Ácidos e bases. 23h. 2º T. -Revisión da interpretación do carácter ácido ou básico dunha substancia. As reaccións de transferencia de protóns. -Concepto de pH. Ácidos e bases fortes e débiles. Cálculo e medida do pH en disolucións acuosas. Importancia do pH na vida cotiá. -Estudo experimental das volumetrías ácido-base e aplicacións. Páxina 81 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
-Tratamento cualitativo das disolucións acuosas de sales como casos particulares de equilibrios ácidobase. -Algúns ácidos e bases de interese industrial na vida cotiá. O problema da chuvia ácida e as súas consecuencias en Galicia. Introdución á electroquímica. 26h. 3º T. -Importancia dos procesos de transferencia de electróns. Reaccións de oxidación-redución. Substancias oxidantes e redutoras. Número de oxidación. Concepto de potencial de redución estándar. -Realización experimental dalgunha valoración redox. -Aplicacións e repercusións das reaccións de oxidación- redución: pilas e baterías eléctricas. Impacto ambiental producido polos seus residuos. Produción, reutilización e reciclaxe. -A carga eléctrica e a materia: das leis da electrólise de Faraday ao concepto de ión de Arrhenius. - Importancia industrial e económica dos procesos electrolíticos; a produción de aluminio en Galicia. A corrosión de metais e a súa prevención. -Utilización da escala de oxidantes e redutores para o deseño experimental de pilas e nos procesos de electrólise. Estudo das funcións orgánicas. 25h. 3º T. -Revisión da nomenclatura e formulación das principais funcións orgánicas. -Alcohois e ácidos orgánicos: obtenció ns ésteres de interese. -Polímeros e reaccións de polimerización. Valoración da utilización das substancias orgánicas no desenvolvemento da sociedade actual. Problemas para o medio. -A síntese de medicamentos. Importancia e repercusións da industria química orgánica.
E'2.-Secuenciación e temporalización.
A secuencialización presencial será a resultante de dividir entre 4 as horas especificadas enrriba.
E3.-Criterios de avaliación.
1. Familiarizarse coas características básicas do traballo científico, valorando as súas posibles repercusións e implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade- medio natural. Trátase de avaliar se o alumnado analiza situacións e obtén información sobre fenómenos físicos utilizando as estratexias básicas do traballo científico tanto na compresión de conceptos coma na resolución de problemas e nos traballos experimentais. No marco destas estratexias debe valorarse a competencia dixital. Este criterio debe ser avaliado en relación co resto dos criterios de avaliación, para o que se precisan actividades que inclúan o interese das situacións problema, análises cualitativas, emisión de hipóteses fundamentadas, elaboración de estratexias, realización de experiencias en condicións controladas e reproducibles, análise detallada de resultados (e verificación da súa fiabilidade) e representacións gráficas, implicacións ciencia-tecnoloxía-sociedade-medio natural do estudo realizado (posibles aplicacións, transformacións sociais, repercusións positivas e negativas), toma de decisións, actividades de síntese e de comunicación, tendo en conta o papel da historia da ciencia. 2. Resolver cuestións, exercicios e problemas de estequiometría básica. Valorarase se o alumnado realiza correctamente cálculos numéricos elementais aplicados a actividades relacionadas cos seguintes conceptos: mol, composición centesimal dun composto, determinación da fórmula dun composto por análise elemental, formas de expresar a concentración das disolucións, leis dos gases e reacción química (reactivo limitante, reactivo en exceso e rendemento da reacción). 3. Aplicar o modelo mecánico-cuántico do átomo para explicar as variacións periódicas dalgunhas das súas propiedades. Trátase de comprobar se o alumnado comprende a importancia da mecánica cuántica no desenvolvemento da química, se coñece as insuficiencias do modelo de Bohr e a necesidade doutro marco conceptual, que lle permite escribir estruturas electrónicas e, a partir delas, xustificar a Páxina 82 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
ordenación dos elementos proposta con anterioridade por Mendeleiev, interpretando as semellanzas entre os elementos dun mesmo grupo e a variación periódica dalgunhas das súas propiedades, como son os radios atómicos e iónicos, a electronegatividade e as enerxías de ionización, en función da súa posición na táboa periódica. 4. Usar o modelo de enlace para comprender tanto a formación de moléculas como de cristais e estruturas macroscópicas e aplicalo na dedución dalgunhas das propiedades de diferentes tipos de substancias. Con este criterio preténdese comprobar se os estudantes explican a formación de enlaces iónicos, covalentes e metálicos a partir da estrutura electrónica dos átomos e xustifican as propiedades e a estrutura dalgunhas substancias de interese biolóxico ou industrial. Avaliarase se saben deducir, aplicando estruturas de Lewis e a repulsión de pares electrónicos da capa de valencia dos átomos, a fórmula, a forma xeométrica e a posible polaridade de moléculas sinxelas. Comprobarase o uso dos enlaces intermoleculares para predicir se unha substancia molecular é soluble e se ten temperaturas de fusión e ebulición altas ou baixas, facendo especial referencia á auga. 5. Comprender as transformacións e as transferencias de enerxía asociadas ás reaccións químicas, a súa relación coa espontaneidade dos procesos e as súas repercusións sociais, cotiás e ambientais. Este criterio pretende indagar se os estudantes comprenden o significado da función entalpía, así como o da variación de entalpía dunha reacción; se determinan experimentalmente entalpías de reacción; se aplican a lei de Hess usando as entalpías de formación e se saben predicir a espontaneidade dunha reacción a partir dos conceptos de entropía e enerxía libre. Avaliarase se coñecen e valoran as implicacións que os aspectos enerxéticos dun proceso químico teñen na saúde, na economía e no medio natural. En particular, deben coñecerse as consecuencias do uso de combustibles fósiles e a súa relación co cambio climático polo incremento do efecto invernadoiro. 6. Aplicar o concepto de equilibrio químico para predicir a evolución dun sistema e resolver problemas de equilibrios homoxéneos, en particular en reaccións gasosas, e de equilibrios heteroxéneos. Trátase de comprobar a través deste criterio se os estudantes recoñecen cando un sistema se atopa en equilibrio, interpretan microscópicamente o estado de equilibrio e resolven exercicios e problemas tanto de equilibrios homoxéneos (en particular as reaccións gasosas) como heteroxéneos (especialmente os de disolución-precipitación). Tamén se valorará se interpretan cualitativamente a forma en que evoluciona un sistema en equilibrio cando se interacciona con el e saben aplicalo na interpretación dalgúns procesos industriais (tales como a obtención do amoníaco) e exemplos da vida cotiá. 7. Utilizar a teoría de Brönsted para recoñecer as substancias que poden actuar como ácidos ou bases, determinar o pH das súas disolucións, explicar as reaccións ácido-base, a importancia dalgunha delas e as súas aplicacións prácticas. Con este criterio preténdese comprobar que o alumnado sabe clasificar as substancias, ou as súas disolucións, como ácidas, básicas ou neutras aplicando a teoría de Brönsted e determinar (teórica e experimentalmente) valores de pH en disolucións acuosas de ácidos e bases fortes e débiles. Avaliarase, así mesmo, se emprega os valores das constantes de equilibrio para predicir o carácter ácido ou básico das disolucións acuosas de sales. Tamén se comprobará se aplica correctamente técnicas volumétricas que permiten determinar a concentración dun ácido ou unha base, se comprende a importancia que ten o pH na vida cotiá e se coñece as consecuencias que provoca a chuvia ácida, así como a necesidade de tomar medidas para evitala. 8. Axustar reaccións de oxidación-redución, realizar cálculos estequiométricos con estas reaccións, comprender o significado de potencial estándar de redución dun par redox, predicir o posible proceso entre dous pares redox e coñecer algunhas das súas aplicacións, como a prevención da corrosión, a fabricación de pilas e a electrólise. Trátase de saber se, a partir do concepto de número de oxidación, as alumnas e os alumnos recoñecen este tipo de reaccións, resolven correctamente exercicios de estequiometría, explican a valoración redox logo do axuste da reacción correspondente aplicando o método ión-electrón e predín, utilizando as táboas de potenciais estándar de redución dun par redox, a posible evolución destes procesos. Tamén se avaliará se coñecen a importancia que, desde o punto de vista Páxina 83 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
económico, ten a prevención da corrosión de metais e as solucións aos problemas que xera o uso de pilas. Do mesmo xeito, debe valorarse se o alumnado coñece as celas electroquímicas e as electrolíticas e é capaz de diferencialas. 9. Describir as características principais de alcohois, ácidos e ésteres e escribir e nomear correctamente as fórmulas desenvolvidas de compostos orgánicos sinxelos. Con este criterio quérese comprobar se o alumnado sabe formular e nomear compostos orgánicos oxixenados e nitroxenados cunha única función orgánica, ademais de coñecer os diferentes tipos de isomería e algúns dos métodos de obtención de alcohois, ácidos orgánicos e ésteres. Tamén debe ser valorado o coñecemento das propiedades físicas e químicas desas substancias, así coma a súa importancia industrial e biolóxica, as súas múltiples aplicacións e as repercusións derivadas do seu uso (fabricación de praguicidas, efectos do consumo de alcohol, etc.). 10. Describir a estrutura xeral dos polímeros e valorar o seu interese económico, biolóxico e industrial, a súa presenza na vida cotiá, así como o papel da industria da química orgánica e as súas repercusións. Mediante este criterio comprobarase se coñecen a estrutura de polímeros naturais e artificiais; comprenden o proceso de polimerización na formación destas substancias macromoleculares; valoran o interese económico, biolóxico e industrial que teñen, así como os posibles problemas que a súa obtención e uso poden ocasionar, e son quen de recoñecer a súa presenza crecente na vida cotiá. Ademais valorarase o coñecemento do papel da química orgánica nas nosas sociedades e da responsabilidade do desenvolvemento desta ciencia e a súa necesaria contribución para avanzar cara á sustentabilidade.
E4.-Contidos mínimos esixibles para unha avaliación positiva.
Debido a que os contidos especificados son exactamente os propostos no curriculo oficial da Xunta, os contidos mínimos esixibles corresponden co aplicado no apartado F2.
E5.-Metodoloxía
As estratexias metodolóxicas que se propoñen para desenvolver o currículo desta materia son as seguintes: -Seleccionar actividades variadas, con diferente grao de complexidade, establecendo unha secuencia axeitada, de tal maneira que se recollan actividades de introdución, de estruturación de conceptos, de síntese e de aplicación. -Partir, sempre que sexa posible, de situacións problemáticas abertas para recoñecer que cuestións son “cientificamente investigables”, decidir como precisalas e reflexionar sobre o seu posible interese como facilitadoras da aprendizaxe. As investigacións, en parte, terán saída para rematar o proceso completo, mediante a realización dunha 'Feira de ciencia' -Potenciar a dimensión colectiva da actividade científica organizando equipos de traballo, creando un ambiente semellante ao que podería ser unha investigación cooperativa (en que conten as opinións de cada individuo), facendo ver como os resultados dunha soa persoa ou equipo non bastan para verificar ou falsear unha hipótese e evitando toda discriminación por razóns éticas, sociais, sexuais, etc, o que se fará, entre outras posibilidades, mediante a realización da Feira da ciencia. -Propiciar a construción de aprendizaxes significativas a través de actividades que permitan analizar e contrastar as propias ideas coas cientificamente aceptadas para propiciar o cambio conceptual, metodolóxico e actitudinal. -Propoñer análises cualitativas que axuden a formular preguntas operativas presentadas como hipóteses, que orienten o tratamento dos problemas como investigacións e contribúan a facer explícitas as preconcepcións. -Fomentar a autonomía, a iniciativa persoal, a creatividade e a competencia de aprender a aprender a través da planificación, realización e avaliación de deseños experimentais por parte do alumnado, incluíndo a incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación co obxectivo de favorecer unha visión máis actual da actividade tecnolóxica e científica contemporánea. -Recollida e análise de diversas informacións orais e escritas en relación cos temas tratados, a través da elaboración e exposición de memorias científicas do traballo realizado ou da lectura e Páxina 84 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
comentario crítico de textos científicos. En concreto, a verbalización (rexeitando o operativismo «mudo» en relación co uso das ferramentas matemáticas) require unha atención preferente. -Considerar as implicacións ciencia-tecnoloxíasociedade- medio natural dos problemas (posibles aplicacións, repercusións negativas, toma de decisións, ciencia e pseudociencia, etc.) e as posibles relacións con outros campos do coñecemento. -Facer visibles as achegas das mulleres á ciencia e á tecnoloxía, así como examinar aspectos androcéntricos nelas. Para elo usarase a exposición creada no centro 'A ciencia ten nome de muller'.
E5.1-M. Específica da área
Incluída no apartado anterior, a modo de complemento da metodoloxía xeral, está basada na realización de prácticas de laboratorio de xeito semiautónomo, a realización independente pero supervisada, de proxectos científicos para a Feira da Ciencia do IES (proxectos que poderán ser amosados noutras xuntanzas científicas a nivel galego, estatal ou internacional), e a lectura crítica.
E5.2-Materiais Curriculares
Utilizarase o texto: 2º BACHAR. TECNOLOXÍA Química. J.del Valle Codesal. Química 2º Bacharelato, 1996, Ed. Via Láctea, ISBN 84-89444-20-X (en galego), usado por vez primeira o curso 2005/2006 (IES Porta da Auga) Sen obviar por elo apuntes en temas concretos ou textos alternativos.
E'5.2-Materiais Curriculares
Segundo se especifica en http://www.edu.xunta.es/web/node/950, A guía, baseada no libro do alumno Química para 2º de bacharelato da editorial Rodeira. ISBN 978-84-8349-244-4. RodeiraGrupo Edebé, 2009
E5.3.-Outros recursos didácticos
Utilizarase o ordenador con ficheiros de presentación sobre a asignatura, xunto co canón proxector, a parte do laboratorio. Serán usadas as ferramentas de internet: Correo electrónico, para comunicacións diversas, como avisos ou notas. Ficheiros compartidos para desenvolvemento de proxectos ou preparación de exposicións. Sen desestimar outras posibilidades en momentos puntuais.
E6.-Procedementos de Avaliación E6.1.-A. Ordinaria
Comezamos establecendo os seguintes criterios xerais: Probas escritas: En toda proba escrita que se realice figurará a puntuación que se lle vai dar a cada pregunta e as normas e criterios xerais de corrección, que serán os seguintes: É obrigatorio escribir con bolígrafo. Non se admitirán exames feitos con lapis. A ausencia de explicacións na solución repercutirá negativamente na súa valoración. Tamén se valorará a orde, ortografía, claridade e limpeza coa que está realizado o exame, podendo restarse 0,5 puntos como máximo por este concepto. Poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento. Sistema de cualificación das probas escritas: A cualificación de calquera proba escrita darase cun número entre 0 e 10. Outras valoracións: Teranse en conta os traballos realizados na clase e máis as tarefas para facer na casa, o caderno de clase, a participación na aula e en actividades como a Feira da Ciencia e Tecnoloxía. Ademáis, de xeito suplementario poderá baixarse ata un punto na nota final por mal comportamento ou disposición, incluíndo o non traer materiais de traballo e estudo. O non ten realizadas as actividades correspondentes para a feira, poderá supor unha nota inferior a 5 na avaliación, parcial e/ou final. Páxina 85 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
Realizaranse tres avaliación parciais. Durante cada trimestre a profesora realizará como mínimo unha proba escrita de cada área que se basearán nos criterios de avaliación das unidades avaliadas, tendo como finalidade a consecución dos obxectivos mínimos relativos a elas A incomparecencia non xustificada a un exame é motivo de suspenso no trimestre. Pola contra, no caso de non poder asistir a un exame por un motivo xustificado, o profesor ou profesora poderá establecer outra data para facelo, ou determinar unha cualificación en función dos datos que ten do alumno ata ese momento.
E6.2.-A.Extraordinaria
A avaliación extraordinaria contará cun exame do mesmo tipo que os realizados durante o curso, podendo ademáis especificar, segundo os casos, a aportación dun traballo previo ó exame para suplir a realización dalgún dos traballos do curso.
E7.-Instrumentos de avaliación.
Serán os exames, traballos escritos, preguntas de clase e traballos de experiencias e/ou construcción.
E8.-Sistemas de cualificación.
A obtención da cualificación dunha avaliación parcial realizarase da maneira seguinte: o valor relativo das compoñentes da nota será 70% exame, 10% preguntas de clase, 20% traballos diversos e actitude correspondente, cunha variación de ata o 30% en cada apartado, segundo as circunstancias. Hai que ter en conta que no centro realízase directamente a avaliación final de xuño, sen avaliar a terceira avaliación parcial, polo que a cualificación desta terceira avaliación parcial non se recollerá nos boletíns, aínda que ten o mesmo tratamento que as dúas primeiras avaliacións parciais; a cualificación final de xuño obterase como se indica no apartado correspondente.
E9.-Programa de recuperación E9.1.-Da propia materia durante o curso
A petición dos alumnos implicados, poderanse ter máis exames en horas extras. En canto ós traballos, os alumnos terán a posibilidade, unha volta pasada a feira da Ciencia e Tecnoloxía, de facer as variacións oportunas para mellorar os seus traballos antes de fin de curso.
E9.2.-De materias pendentes doutros cursos Non procede.
E10.-Medidas de atención á diversidade
Aínda que a estrutura pensada para esta asignatura prevé facela accesible para todo o alumnado, no caso de detectar dificultades específicas nalgún alumno ou alumna estableceranse as medidas de reforzo necesarias que axuden a superar esas dificultades, basándose para elo no método colaborativo e de atención persoalizada. Xa que logo, a base para afrontar a diversidade é o facer consciente ós compañeiros das diferencias e as semellanzas entre cada un e o resto do grupo, de xeito que se vexa a diversidade como algo natural e a cooperación como complemento indispensable na formación.
E11.-Actividades complementarias e extraescolares
1.Feira da ciencia e tecnoloxía. 2.Visitas de estudo: entorno da ría de Ribadeo, Museos Científicos Coruñeses-Día da ciencia na rúa, Galiciencia, Xornada de difusión da investigación científica, Exporecerca Xove. 3.Lectura de textos científicos e de científicos sobre as súas experiencias e opinións sobre a ciencia. 4.Contactos con investigadores e estudantes con proxectos de investigación. 5.Participación en concursos. Páxina 86 de 87
Programación didáctica do Depto. de Física e Química. Dende curso 2014/15 - IES de Ribadeo
6.Recreos de ciencia. Nota: as visitas de estudo serán feitas en conxunto con outros grupos, podendo resultar que en algunha das previstas non chegue a participar ningún estudante deste grupo.
E12.-Tratamento do fomento da lectura
A traverso da investigación dirixida en textos, enfocando a lectura á adquisición de coñecementos e ferramentas intelectuais.
E13.-Tratamento de fomento das TIC
O uso do ordenador será fomentado en relación a varios vectores de desenvolvemento, como xa foi dito. Como exemplos non exhaustivos: -Comunicación: parte das comunicacións internas faránse via correo electrónico. -Investigación: procura de dados diversos. -Comunicación: difusión das propias actividades e desenvolvementos. A parte, será usado como soporte de material didáctico directo pola profesora.
Páxina 87 de 87