A temperie ribadense no 2018

Page 1

A temperie ribadense no 2018

Rematou 2018. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, con novos datos climáticos asegurando endencias cara ó futuro. Cos datos recollidos na Granxa-Escola Pedro Murias, trázase unha semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano e ponse en perspectiva relacionándoo cos anos anteriores deste século XXI.

1.Introdución En Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Granxa-Escola Pedro Murias, ID 10047 de MeteoGalicia: 43.5407 WGS84 (EPSG:4326) -7.08302 WGS84 Lonxitude: (EPSG:4326) Altitude: 51 m. Dende o ano 1993 ata comezado o século XXI, D.Luciano Zubillaga mantivo en perfecto funcionamento unha estación manual. Esta estación conviviu algún tempo coa nova estación automática, que non comezou a funcionar con todo o instrumental de xeito conxunto. Do pasado anterior, dispóñense de series de datos incompletas de diversos períodos, que están comezando a ser tabuladas e estudadas. Latitude:

Así pois, a estación no período estudado, ten dous conxuntos de instrumentos. Un, manual, ó que corresponden os citados datos de diversas épocas, aínda sen analizar. Outro, automático, que foi incorporando instrumentos e que no que ten relación con temperaturas, comezou a funcionar no 2001, pero que nos seus comezos non representa un conxunto harmónico por faltarlle abondos datos invernais ata 2003 (en presións, ata 2006). Os conxuntos de datos de ambas estacións parecería que son intercambiables, pero por cuestións técnicas só son relativos correspondentes, que falta por harmonizar, o que fai que nun primeiro paso sexa preferible ter en conta só un deses conxuntos. Por estar accesibles en internet ata a actualidade, elixín xa hai anos o conxunto de datos da estación automática. Polo demáis, os únicos que se manteñen accesibles na web de Meteogalicia hoxe en día. Ó longo destas páxinas, haberá momentos nos que saia a colación o cambio climático. O cambio climático é un fenómeno a nivel planetario e a longo prazo, e aínda que poda ser indicativo o cambio nalgún dos parámetros meteorolóxicos que se analizan, hai que ter en conta que son datos correspondentes a un lugar moi concreto, Ribadeo, e un período abondo máis curto que o conveniente para estudar o cambio. Algo que en certo xeito se deixa sentir matemáticamente nas gráficas nas que aparece a liña de tendencia coa súa ecuación e o parámetro R2, que da a bondade do axuste da liña obtida en relación cos datos subministrados: nunha escala na que o mellor axuste obtén R2 = 1, os R2 das gráficas expostas máis abaixo só chegan a unha fracción desa cantidade. Algo, tamén, que segue a deixar clara a tendencia cando a inclinación é abonda, pero non no caso de inclinacións pequenas, como soe ser nos datos manexados. O presente traballo segue, con algún pequeno aumento, as mesmas liñas que o realizado sobre 2017, e que se pode atopar, entre outros lugares, en http://fqribadeo.blogspot.com/2018/01/ap.1 de 16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.