Visións dende o tesón

Page 1

Visións de (e divagacións sobre) o Tesón O presente é un artigo con vocación de inacabado: é imposible na actualidade poñer fin á evolución do tesón ou a particularidades do mesma, como o seu uso. Fálase dun xeito distendido, aportando notas para contribuír a unha visión actual dos tesóns, non como algo definitivo, de autoridade ou mesmo científico (1). --A ría de Ribadeo, parte final da xerada polo Eo e que comeza sendo ría de Abres, ten como medida aceptada para a súa extensión 1740 ha (17,4 km 2 ou 17 400 000 m2) isto é, uns 3000 campos de fútbol (2). No seu interior alberga bancos de area dos que algúns sobresaen sobre o nivel da baixamar, formando os chamados tesóns. Istos aparecen cunha superficie separada da costa e que se distingue á primeira vista dos diversos bancos de lama, máis asociados á zona costeira e interior (os da Liñeira, Os Bloques, Vilavella, As Aceas, ...) (3). Fórmanse varios tesóns separados uns dos outros por canles; cada un é como un individuo coa súa propia vida, que ó longo dos anos presenta variacións en forma, tamaño ou mesmo (a través da producións de unións e particións) do número existente, influenciados por mareas, correntes fluviais e obras sobre a ría... pero todos participan do mesmos substrato de area mariña uniforme e fina, a base de restos de cuncha na súa meirande parte, que sobresae en diversos puntos sobre a baixamar dando a imaxe de separación física (razón pola que varío de "tesón" a "tesóns" nalgúns puntos posteriores. Area, auga, marea: tres elementos que configuran, definición por medio, os tesóns. A area é o seu constituínte, o seu espírito, a súa manifestación. A auga, a vida que aporta a area e o elemento que os mantén illados, virxes e diferenciados. E a marea o seu cambio de fisionomía, ciclo a ciclo, e a súa preservación e renovación. Cambio de fisionomía que é evidente; nas cartas náuticas pódese seguir a evolución dos bancos de area, co resultado de que a derradeira editada é máis Ilustración 1: Tesóns na ría parella a un plano de 1920 (Sección Hidrográfica) que á de Ribadeo disposición actual, máis parella en troques ós perfís que aparecen nun plano de 1957 (G.Espina). O anterior, estando en 2003, é chocante cando a Carta náutica que se pode mercar agora dice estar actualizada en agosto de 2001 aínda que os seus perfís vese que son anteriores e non actualizados nesa data. Na fig.1 fago un esbozo do perfil actual [agosto 2003] dos tesóns na marea baixa (4). A ter en conta que nestes momentos nos que escribo está en marcha o dragado da ría, que xa variou o perfil do tesón nun curto prazo de tempo. Na actualidade, e tradicionalmente, o das Figueiras, coñecido por o tesón da Berlinga, é o máis importante polo seu porte, chegando a unha altura duns dous metros sobre a cota de marea baixa (5), e máis en mareas vivas, así como máis visitado. Ten en marea baixa unha superficie descuberta que pasa dun cuarto de quilómetro cadrado, cun monto total de area estimable en máis de catro millóns de metros cúbicos (6). Ten abondo maior extensión, e tamén maior volume que os outros tres tesóns citados. A súa forma é variable segundo o estado da marea, pero na marea baixa preséntase como ovalada pola súa formación. Do mesmo xeito que da zona das Figueiras acumula

Ilustración 2: Tesóns na ría de Ribadeo e circulación (2003)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.