a d 2 A a c e a t g o u i l A b i a B d a s a C
‌ unha primavera de libros na Casa da Auga de Vide !
LA VIDA DE LAS MUJERES. Alice Munro. Premio Nóbel de Literatura 2013 Editorial Lumen
Nesta novela de Alice Munro atopámonos coa voz en primeira persona de Del Jordan, unha nena desenvolta e curiosa que vive cos seus país en Jubilee, un pequeno pobo canadiano. A súa vida redúcese aos coñecidos da súa peaquena vila, pero nese reducido universo toma forma a aventura do medre e a entrada na madurez cunha narración que vai máis alá da mera formación sicolóxica.
LA LIBRERÍA AMBULANTE. Christopher Morley.. Editorial Periférica.
Dende que este clásico da literatura norteamericana se publicara en 1917, foron moitos os lectores que quedaron engaiolados polo seu poder evocador, o reconfortante humor que destila e como non, pola súa atención aos pequenos detalles. Estamos na segunda metade do século XX nuns Estados Unidos aínda rurais e de paisaxes idílicas onde conviven os vellos carromatos e os novísimos automóviles. Seguiremos as divertidas peripecias entre Roger Mifflin, un libreiro ambulante que vende a súa singular librería sobre rodas e a madura señorita Helen McGill, que farta da monotonía da súa vida decide lanzarse á aventura e recorrer o mundo.
GUÍA DAS PLANTAS DE GALICIA Xosé Ramón García Edicións Xerais.
A Guía das plantas de Galicia, editada por vez primeira en 2008 e que levaba varios anos esgotada, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos polo seu contorno. BIBLIOTECA A2 DA CASA DA AUGA Vide, As Neves.. Marzo 2014