BIBLIOTECA A2. Editorial Unitariadevide
PANDERETEIRAS DE VIDE REPERTORIO 2007-2010 1
Índice
AGHARRADO DE CERNADELA A RAIZ DO TOXO VERDE A RUMBOIA BAILA TI DANZA DAS PEREIRAS LABRADA DE CORTELLAS MALLAO DE VILLAFERRRE MANEO DE VILADABADE MANEO DE XAVIÑA MENINA ESTÁS À JANELA MONTEALEGRE MUIÑEIRA DE BARRO DE ARÉN MUIÑEIRA DE SOFÁN MUIÑEIRA DE TELLA MUIÑEIRA DO CHE MUIÑEIRA REDONDA MUIÑEIRA RIBEIRANA MUIÑERIA DE FRAGA MUIÑERIA E XOTA DE CORNE NON HAI RON O CANECO
45 32 33 4 6 26 15 29 30 10 43 23 7 9 11 25 20 19 15 12 21
2
Índice continuación
O LAURIDIÑA O LELERE O MALLAO O VERDEGAIO ONDE VAS MARÍA PALMIRA PASEI POLA TÚA PORTA PASODOBLE DE IMENDE POLO MONTE ABAIXO REGUEIFA DE SAN SALVADOR RIBEIRANA ROSIÑA ROSA RUMBA DE BARCIADEMERA RUMBA DE MONDARIZ XA ME DIXO TEU PAI XOTA DE BOUZANA XOTA DE LASOXO XOTA DE LOURIDO XOTA DE MORDOMO XOTA DE VILAR DE CABEIRAS XOTA DOS CASCABELES
5 35 13 8 17 28 35 39 45 34 20 42 18 37 41 24 14 27 31 40 38 3
BAILA TI Mirá o que baila ben Mirá o que baila ben É fillo dunha viuva Mirá que donaire ten Retrouso: Baila ti baila ti mi morena Baila ti que no hai polvo ni arena Que no hai polvo ni arena ni hai nada Baila ti baila ti resalada Se souberas como eu teño O meu corazón por dentro Non me dabas unha fala Non tiñas o atrevemento. Retrouso Teño un amor na Mariña Bonito como unha rosa Teño medo que mo quite Algunha nena envidiosa Retrouso Alumeame luniña Alumeame lenare Alumeame luniña Que me quero ir deitare Retrouso 4
O LAURIDIÑA
O lauridiña ven á xanela, bis Ver o teu amor ai aia ai Que ele vai para a guerra BIS Se ele vai para guerra Deixalo ir Ele é rapaz novo ai ai ai Ele torna a vir Ele torna a vir Se Deus quixer Aínda ven a tempo De arranxar muller.
5
DANZA DAS PEREIRAS O meu amor é pequeno Pequeno coma un xaruto É capaz de namorar Vintecinco por minuto Ai lala, ai lala lalala lala Bis Vós queredelo apurado Eu apurado non podo Buscade unha tocadeira Que vos toque ao voso modo Os mociños que hai aghora Parecen coiros do río Están a falar coas mozas E están a tremer co frío As mociñas que hai aghora Son dignas de as querere Cando un mozo leva fame Logho lle dan de comere Cando canto unha cantigha Todos miran para minhe Fato de bocas abertas Na miña vida tal vinhe 6
MUIÑEIRA DE SOFÁN Ai señor cura de Sofán Eu a dotrina non lla sei Ai bóteme unha cantighuela Que eu lla repinicarei Polo mar abaixo, vai unha sartenhe Se levara ovos ía eu tamenhe Ía eu tamenhe, bis Polo mar abaixo vai unha sartenhe Ai mira que bos bailadores Ai son dous que bailan ben Ai un parece o cu do pote O outro o rabo da sarten A las de Las Nieves non hai quen as queira Non bailan o tangho nin a muiñeira O cura chamoume rosa Eu tamén lle repondín Ai desas rosa señor cura Non as hai no seu xardín Somos as de Vide, o sol do Condado Temos os amores todos a puñados
7
O VERDEGAIO As pernas do verdegaio Son verdes e amarelas Non me toques que non caio Non me rompas as canelas O do verdegaio o do ras tras tas Quero ó meu amor quero ó meu rapaz O do verdegaio o do rus trus trus Quero ó meu amor quero ó meu Xesús. É do meu gosto é da miña opinión É da madeira máis fina da raíz do corazón. O señora Ana señora María O seu galo canta e o meu asubía O señora Ana o eu galo deu Unha latadiña na cara do meu Anubía anubía Anque anubía non chove O meu amor está malo Anque está malo non more. Meu cano , teu canutiño Todos te chaman pequeno A min parecesme grande Do cariño que che teño 8
MUIÑEIRA DE TELLA
Veño dun lugar de Tella De ver unha telleana Roboume o corazónhe E meteuseme na ialma.BIS Ai lala ai lala ai lalelo ai lalalo bis O pandeiro sen ferreñas As ferreñas sen pandeiro Son como a barca sen remos E os remos sen mariñeiro Os fillos da miña filla Todos meus netiños sonhe Os fillos da miña nora Quizais si ou quizais nonhe Dame o que che pido nena Que non che pido diñeiro Dame a túa ovella negra Pra xuntala ó meu carneiro
9
MENINA ESTÀS À JANELA Menina estás à janela com o teu cabelo à lua não me vou daqui embora sem levar uma prenda tua Sem levar uma prenda tua sem levar uma prenda dela com o teu cabelo à lua menina estás à janela Os olhos requerem olhos e os corações corações e os meus requerem os teus em todas as ocasiões Menina estás à janela com o teu cabelo à lua não me vou daqui embora sem levar uma prenda tua Sem levar uma prenda tua sem levar uma prenda dela com o teu cabelo à lua Menina estàs à janela
10
MUIÑEIRA DO CHE Os Carunchos Se ti queres bailareie Farei o que ti me mandes Pero contigho non durmo Que tes as pernas moi grandes Ai lalala ai lalala… A San Adrianhe da beira do mare Non se vai por terra, que se vai por mare Que se vai por mare,bis A San Adrianhe da beira do mare Deiteime na túa cama Durmir un sono pequeño Deiteime no mes de maio Espertei no de xaneiro Aí vai Manuele, deixalo pasare Vai tomar amores na beira do mare Na beira do mare bis Aí vai Manuele , deixalo pasare Vente conmigo laranxa Deixa quedar o limonhe Durmirás na miña cama Detrás do meu corazonhe.
11
NON HAI RON aRDENTÍA
Maruxiña do Portelo Miña revolteadora Fixeches a cama fora Onde vas durmir aghora, bis Ai lalelo ai lalalo. Retrouso: Non hai ron non hai ron maruxiña Non hai ron como o da laranxiña Non hai ron non hai ron maruxeira Non hai ron como o da laranxeira Maruxiña, ti é-lo demo Sempre me andas atentando Xunto ao rio, pola noite Sempre te atopo lavando O licor da laranxeira Dalle forza ao gaiteiro Un vasiño pola noite E non lle falla o punteiro
12
O MALLAO
O mallao mallao Que vida é a túa Comer e beber o tirin tin tin Pasear na rúa O mallao mallao Quen che fixo as botas Foi o caixeiriño Coas pernas tortas O mallao mallao Quen che fixo as medias Foi o caixeiriño Coas pernas feias O mallao mallao, Quen che fixo a saia Foi o mariñeiro Que estaba na praia
13
XOTA DE LASOXO Ardentía Ai que noite de luíña Ai que noite de luare Ai que noite de luíña Para eu contigho estare Retrouso: Vámonos nena, vámonos xa. Vamos ve-la herba verde Que o teu moreno cortou Se verde estaba , verde quedou O cura e maila criada Ordenaron de moere Tiñan a leña no monte E a fariña sen moere Eu querer queroche ben Teñoche admiración Soio me falta sabere Se ti me queres ou non Vou a dar a despedida Por riba dunha peseta Aghora non canto maise Que teño a gharghanta seca 14
O MALLAO DE VILLAFERRE Un día estiven tentada De casar cun home alto, BIS Aghora teño na cama O pendón do jhueves santo, BIS Ai laralala la la bis Ai laralala la la bis Mociño que ves do estudio E ves tan ben estudiado Fai o favor de desirme Cantas prumas ten un ghalo. O caravel cando nace Chámanlle caraveliño Ós fillos do señor cura Chámanlle ó pai señor tío Disen que non teño cama Que durmo no chan barrido Teño unha cama de cravos Durme unha rosa comnigho.
15
MUIÑEIRA E XOTA DE CORNE Unha boa cantadora Teño aquí a par demin Se me preghuntan por ela Direilles que non a vin Dime por que non me falas Dime quen te aconsellou Non falo porque non quero Do que falei me pesou Cheghate aquí onda min Cheghate aquí onda min Que te quero preguntar En que che eu aborrecinhe
Cando salín de Soutelo Os meus ollos eran fontes Adiós montes de Soutelo Adiós Soutelo de Montes Se me queres dala morte Olvidame prenda miña Non hai coitelo máis forte Para me quitar a vida. Onde vai que non nos vimos Máis hai que non nos falamos Xa o camiño bota herba Onde nos paseabamos
Ela sóa ven a lúa Teño un pesar como un puño Rabeando por nacere Heicho de contar un día Tamén veñen meus amores No meu corazón non cabe Quen mos dera coñecere. Cousa de malencolía
16
ONDE VAS MARÍA
Cantareiras do Berbés
Ai que me chouchan os dentes Ai que me comen as pulghas Ai que me chouchan os dentes Rapaza na túa cama, na túa cama tes Unhas pulghas doentes Ten ghanas de se casare A que casa cun viuvo Ten ghanas de se casare Fol que xa foi sacudido Miña queridiña fariña non dahe
Retrouso: Onde vas María bis Veño da verdura Que ricos repolos Ten o señor cura . Ten o señor cura bis Por baixo da saia Onde vas Maria Veño da ensalada
Que vai á festa e non baila A vella do pelo branco Que vai á festa e non baila Se ve tocar ó ghaiteiro Robusto gharrido só mira para ghaita. E veu cheo de fariña O meu home foi ó muíño E veu cheo de fariña El muiñeiro non é Que diaño de home teño a quen se me arrima.
17
RUMBA DE BARCIADEMERADonicelas O luoreiro bate bate Eu ben o sinto batere Coa folla no tellado Pra meu amor entendere Ai ala, ai lala lalala lala ,bis Axudademe a cantare Mociñas da miña aldea Axudademe a cantare Que estou en terra allea Barciademera caíu Redondo xa está no chanhe Aldeiña de Seisedos Esa non cae que ten manhe O pandeiro toca benhe As ferriñas fanlle o sonhe As mociñas que aquí estanhe De Barciademera sonhe A porta do Sanamaro Hai dúas pedras de asento Unha é pra namorare Outra pra perder o tempo Vou a dar a despedida Despedida dunha rosa Como me vou despedire Dunha cara tan fermosa
18
MUIÑEIRA DE FRAGA Retrouso Eu non vou non vou Eu non vou alá O que corre ben ha de vir aca Ha de vir aca ,bis Eu non vou non vou Eu non vou ala Alumeame lumiña Alumeame lunare bis Aluméame luniña Que me quero ir deitare A alala ai alala ai alala ai alelo Esta noite non hai lua Esta noite é de parranda bis E para a noite que ben Durmirei na tua cama Estreliña do luceiro Estrela da claridade bis Vaise o dia vaise a noite Vaise a miña mocedade Vou a dala despedida Despedida vou a dare bis Vou a dar a despedida E agorá vou acabare
19
MUIÑEIRA RIBEIRANA Esta ribeirana nova Ribeirana muiñeira Esta ribeirana nova Troughena eu da ribeira Troughena eu da ribeira Ai lalala lalala la Ai lalala lalalalalal Ai lalala lalalala Cantai todas cantai todas E que non falte ninghunha Que o cantar e o bailar Non é verghonsa ninghunha Non é verghonsa ninghunha Ai lalala lalalala…… Teño un saco de cantigas tamén unha saquetiña Non me esteas enfadando Que desato a baraciña
Anque botes e rebotes, E volvas a rebotar Aínda teño un saco cheo E outro por comezar. 20
O CANECO
Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo se o botei feixen ben tamén o botou Manolo. Tamén o botou Manolo, t amén o botou Manolo. Miña nai a min berroume por botar un ferrancholo. E súmballe o caneco e o caneco sumba e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba. E súmballe o caneco e o caneco sumba e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba. Vindo dos polbos da illa parei no medio do mar agora dime rapaza cantos polbos che hei botar. Cantos polbos che hei botar, cantos polbos che hei botar. Vindo dos polbos da illa parei no medio do mar. . 21
RIBEIRANA Axudaime compañeiras Botademe unha axudiña Que non me podo axudare desta miña gargatiña Pasei a mar da Marola queridiña por te vere pasei a mar da Marola e ali podome perdere Que ben baila o bailadore e tamén a bailadora se a vista non me engaña baila o noivo coa noiva Como baila como baila Como bate os pes no chan Como baila como baila A muller do meu irmán Vou dando a despedida a despedida vou dando Vou dando a despedida A despedida cantando.
22
MUIÑEIRA DE BARRO DE ARÉN Donicelas Pasei a Ponte de Arén paseina de madrugada, ía moer ao teu muíño, tiñas a porta pechada. Retrouso: Túa nai e maila miñá, van xuntas na romaría, malo raio parta a túa porque me levou a miñá, porque me levou a miñá, porque me levou a miñá, a túa ía borracha, a miña xa non se tiñá. Eu queríache un biquiño arrimado a aquel outeiro, se tes vergonza pra darmo eu dareicho a ti primeiro. Delgadiña da cintura como a palla do centeo atopeite miña rula do xeito do meu desexo. O día xa vai rompendo, a noite vai espertando, os paxariños xa cantan e eu contigo estou soñando. 23
XOTA DE BOUZANA Donicelas Barriño para cantar, Barriño para cantar, anque non sexa moi alto sábeno adoneirar. Esta ruadiña de hoxe ela mañá ha soar ela que soe que non nós habemos de ruar. Delgadiña da cintura dicen que che cae a saia, durme comigo unha noite xa verás como che para. Despedida dunha rosa, despedida dunha rosa, como me vou despedir dunha cara tan fermosa.
24
MUIÑEIRA REDONDA Faltriqueira Para cantar coma min Para cantar como eu canto Para cantar coma min Non abrala boca tanto. Ai alala lelola bis Ai alala lelo la , Ai alala lelola ai alelo la. Ai ala lalala ali alala lelo la Por cantar, rir e bailar Nunca se perdeu ninguén Pérdese por mermurar Da vida de cada quen. Eu non canto por cantar Nin gana que diso teña Que canto por aliviar O meu corazón en pena. Se canto dinme que canto Se choro dinme que choro Se me ven falar contigo Xa me din que me namoro
25
LABRADA DE CORTELLASFaltriqueira Polos señores que bailan Polos que bailan agora Polos señores que bailan Hei tocar a noite toda Anda roda, anda roda Anda roda de arredor Canto máis a roda anda Máis lle quero ó meu amor Agora comenzo eu Viva o meu atrevemento Onde non son coñecida Tomarei coñecemento Vou a da-la despedida Vou a da-la derradeira Vou a da-la despedida Miña Virxe da Franqueira
26
XOTA DE LOURIDO Ai Barciademera caiue bis Ai Redondo xa está no chanhe Ai aldeiña de Lourido Ai esa non cae que ten manhe bis Ai aleleo ai alelalo Ai Sara, Sariña Ai Sara ti é-la miña Ai Sara, Saronhe Ai Sara do corazonhe Ai eu tirei unha pedriña, bis Ai de Marín a Redondela Ai Matei un portuguesiño Ai Que estaba de centinela Ai eu tirei unha laranxa bis Ai de Marín a Portonovo Ai dentro daquela laranxa Aí vai o meu amor todo
27
PALMIRA Andas pra arriba e pra abaxo Como a folla da Silveira Andas pra arriba e pra abaixo E non topas quen te queira Retrouso: Palmira, lará Palmira Palmira que triste estás Na guerra de Cuba nena Roubáronche ao teu rapaz, bis Roubáronche o teu pin pon Agora Palmira chora Lagrimas do corazón. Tocadora do pandeiro Dalle mási unha pancada Dalle coa man dereita Que a esquerda non fai nada Chamasteme trovisqueira Herba que o gando non come Máis vale ser trovisqueira Que muller dun ruiín home Imos dar a despedida Máis non é para marchare É para lle dar o pandeiro A quen o saiba tocare.
28
MANEO DE VILADABADE Ai… para quen entrou no baile Para quen entrou agora Para quen entrou no baile Tocarei a noite toda Ai alala ali alala bis E dalle daquí e dalle dali Por debaixo da manta por riba de ti Por riba de ti, por riba de ti E dalle daquí e dalle dalí. Ai…..quen me dera unha casada Que me axudara a cantare As solteiras teñen gharbo Non me queren axudare Ai...como sei que che ghusta o café con leite Como sei que che ghusta convidareite Convidareite, convidareite Comosei que che ghusta o café con leite
Ai ….Se preghuntan por ahí De onde son as cantadoras Da aldea de cabaleiros Fillas dunhas labradoras Ai..ou pasalo rio ou non o pasar Ou mollar o pé ou non o mollar Ou non o mollar o u non o mollar Ou pasalo río ou non o pasar. Ai… dinme que non canto benhe Teño boquiña de troita Eu cantoche como sei O burro é o que me escoita
Ai…. A la vuelta del baile me voy a parar Que me duelen las manos de tanto tocar
29
MANEO DE XAVIÑA
Queridiña doenche os ollos Tamén a min doenme os meus Vainos lavar queridiña Onde a troita lava os seus Retrouso Ai lela lela lelela Ai lela lela lelala Ai lela lela lelela Ai lalalela ailela lela BIS
Eu caseime na montaña Para terra de moito panhe O forno da miña soghra Bota silvas polo vranhe
Nená que vendes as peras Cantás che mandaron dare Para ti meu queridiño Non mas mandaron contare 30
XOTA DE MORDOMO Este cantariño novo Quen o soubera levare Quen o soubera levare As nenas da miña terra Sabeno repinicareaa Sabeno repinicare Ai elela ai elela Ai lelalelá ai lelalelá Ai lalalelo ai lelalelá BIS La pandereta en mi mano tiene lenghua e sabe hablare bis Solo le faltan los oghos Para poder namorare bis Ai elela ai elela Ai lelalelá…. Marmura marmuradora Marmura xente ruín bis Eu tamén fun marmurada De quen é menos ca min
31
A RAIZ DO TOXO VERDE
A raíz do toxo verde, bis É moi mala de arrincare Os amoriños primeiros, bis Son moi malos de olvidare Sei dun niño dun carrizo, bis Na cabeza dun repolo Deron as mozas con el , bis Levaron cañoto e todo A miña muller morreume, bis Enterreina no palleiro Deixeille un brazo de fora, bis Pra que tocara o pandeiro. Miña nai e maila túa, bis Quedan no río berrando Por culpa dunha ghaliña, bis Que ten amores co galo. Arriba pandeiro roto, bis Abaixo manta mollada Onde estean as mulleres, bis Os homes non valen nada 32
A RUMBOIA Heime de casar pra Castro, terriña de moita leña, hei de traguer un feixiño pra cando a rumboia veña. Anda Xuana, árdeche a troia! Vente comigo bailaremos a rumboia. Viva a rumboia,rumboia viva! Viva a rumboia anque sexa noite e día. Miña comadre Polonia non vin muller coma ela os ósos dallos ao home a carne comea ela O lindo lindo, o miña xoia imos a Lugo bailaremos a rumboia viva a rumboia, rumboia viva viva a rumboia rumboia da miña vida. Todolos carabiñeiros dormen cos pés á xeada e dalí ao outro día a festa da rumbeirada. Anda Xoana,árdeche a Troia vente conmigo , bailaremos a rumboia.....
33
REGUEIFA DE SAN SALVADOR Nosa virxe da Franqueira Ten o camarín de pedra Inda o podía ter d´ouro Se o cura non llo comera bis Ai lalelo ai lalalo O cura cando marchou Deixolle dito á criada Veña tarde vena cedo Deitate na miña cama O meu amor non me fala Que o ten nunha baixesa Como é rapasiño novo Ten o aire na cabeza Teño pulghas na camisa Na saia teño piollos Como teño tanto e benhe Ó mundo vánselle os ollos Imos dar a despedida De Rubiós a Ribarteme Imos dar a despedida Que as de Vide cantan benhe. 34
O LELERE Fun á fonte beber auga Debaixo dunha enramada Fun por ver ao meu amor Que a sede non era nada Retrouso Ai lelere lelere lelere Ai lelere lelere lelé BIS Arrimeime a un pino verde Por ver si me consolaba O pino como era verde Ao verme chorar choraba O mar anda e desanda Anda que desaparece Quen ten amores non durme Quen non os ten adormece
35
PASEI POLA TÚA PORTA Pallamallada Pasei pola túa porta Mirei para dentro e vinhe Un letreiro que dicía Eu para ti non nacinhe Retrouso E anda- que xa non te quero Porque- xa non vales nada E anda que xa non te quero Porque- non me da a ghana e anda. Eu como sabía ler Saquei un e puxen outro Ti para min non naceches E eu para ti tampouco Voume indo voume indo Non mires máis para minhe Coa axuda dos teus enredos O meu cretiño perdinhe Focheste ghabar ghabacho Que te querían as mozas Quen te vai querer a ti Saco de limpa-las pozas 36
RUMBA DE MONDARIZ Viva quen canta conmigho Vivá quen conmigho canta Viva quen canta conmigho E maila miña garganta Ai laaaa ai laaa Ai laaa lala lala Aghora que me puxeron A pandeireta na manhe Aghora que ma puxeron Canto daqui a mañanhe A quen me axuda a cantare Hei de lle dar chocolate A quen non me axudare Soliman pra que o mate Viva viva quen me axuda A máis quen m´a d´axudare Vivan os da miña terra A máis os do meu lughare Despedida dunha rosa Despedida dun clavel Como me vou despediré Da túa cariña Manuel 37
XOTA DOS CASCABELES Amanainas
Vamola ghamoleando bis Fixen a cama nun rio A auga foina levando A auga foina levando Ai lalelo ai alalo
Unha noite no muiño Unha noite non é nada Unha semaniña enteira Esa si que é muiñada bis Ai alelo ai alalo
E a nosa Mariá moitos mozos ten Á beiriña do rio Querese casar quedou sellado e non sei con quen Que nos xuntamos nena que E non sei con quen bis nos xuntamos bis A nosa Mariá Á beiriña do rio quedou sella- Moitos mozos ten do Para quen entrou no baile Para quen entrou agora Tocarei a pandeireta Tocarei a a noite toda bis Ai alelo ai alalo
Moito miras para min Moito me chiscas o ollo Voume xa a despedire Non podo atender a todo bis Ai alelo ai alalo
Ai vai a xotá dos cascabeles A volta da xotá vou a parar Non bailan máis os homes Que xa me doe a man de Que as mulleres tantó tocar Que as mulleres neno De tantó tocar de tantó tocar Que as mulleres A volta da xotá vou a parar Ai vai a xotá dos cascabeles38
PASODOBLE DE IMENDE O lughariño de Vide De lonxe parece vila Ten un caravel na entrada E unha rosa na saída BIS Ai lalala ai lalalo Non te quero Pepe conmigho na cama Non te quero Pepe que non vales nada Bis Aghora vou botar unha Que me sintan ala arriba Pra que digha miña nae Esa é a miña filla Non te quero Pepe non te quero nonhe Non te quero Pepe que es un borrachonhe Bis E Vide que ten a sona E Vide que a sona ten E Vide que ten a sona De cantar e bailar ben Non te quero Pepe non te quero nonhe Non te quero Pepe que es un borrachonhe Bis Sen pandeireta:
Non te quero Pepe non te quero nonhe Non te quero Pepe que es un borrachonhe Bis Final con pandeireta:
Non te quero Pepe conmigho na cama Non te quero Pepe que non vales nada Bis
39
XOTA DE VILAR DE CABEIRAS Amor mio ven temprano No vengas a la deshora bis Que en la calle dode io vivo Hai unha marmuradora bis Retrouso Ai Ricardo, come o caldo Non o quero mamá que me escaldo Ai Ricardo, bebe o viño Non o quero mamá que é pouquiño Deixame subir ó alto Que do alto vexo ben Quero ver os meus amores Se se falan con alghen Miras para min de lado I-eu para min de caranca Que culpa che teño eu Da túa desconfianza Despedida te vou dando Despedida dunha rosa Como me vou despedire Dunha cara tan fermosa 40
XA ME DIXO TEU PAI O río cando vai cheo ai si si bis ai ai ai Leva carballos e follas ai sisi Tamén podía levar ai sisi ai ai ai ás linguas marmuradoras ai sisi Xa me dixo teu pai Que te saque a bailar E no medio do baile Que te deixe quedar bis Xa me dixo teu pai Que te saque a bailar Eres unha leva e trae ai sisi Que andás levando e traendo ai sisi Por diante moi boa cara ai sisi ai aia ai Por tras, estasme vendendo ai sisi E por culpa do teu Levantouseme o meu Que si ti tiñas ganas moitas máis tiña eu BIS O Miño cando vai louro ai sisi bis É que, leva moita terra ai sisi Eu tamén te levaría ai sis ai ai ai Á festa nosa na beira ai sisi Xa me dixo teu pai…..
41
ROSIÑA ROSA O San Martiño de Ourense Bota as castañas pra baixo BIS Bota aquelas máis grandiñas E as pequenas no refaixo BIS Retrouso Rosiña Rosa Roseira Rosiña namoradeira Vente o ventiño de lonxe ai la ai lala ai lala Levache a folliña toda ai lala ai lala ai lal Non chas quero non chas quero Castañas do teu magosto Non chas quero, non chas quero Que me cheiran ó chamosco Retrouso Detrás dun toxo pequeño Pedinche un bico Rosiña Puxecheslle tanto xeito Que aquel toxo non torcía Retrouso 42
MONTEALEGRE Os Carunchos
Montealegre alegre vou Cando vou cun fillo meu Eu para min hei de arranxar Non se pode calcular O traballo que me deu BIS I ela caiu e caiu E resbalou E por de—baixo da saia Un lagharto lle marchou BIS Ai que sarillo Ensarillada E o patrón por saber O que era bo fixolle Un fillo á criada BIS
43
POLO MONTE ABAIXO Gaiteiros do Incio Teño unha nena pastora Delgada como un salgueiro Como unha breliña verde Que dobra para onde eu quero bis Retrouso:¨ Ó baixar o monte, polo monte abaixo ó baixar o monte , baixando baixando, ó baixar o monte, polo monte abaixo ó baixar o monte e ó pechar a noite Pastora que vas co gando Onde vas tan pensativa i o teu amor en Caurel Vai afondando a ferida bis
Que esa ferida que eu teño Non a daría por nada I o que ten unha moeda Non sabe onde gardala bis
Dime rapaza bonita Onde che van as colores Nen solteira nen casada Nunca chas tiven mellores bis
44
AGHARRADO DE CERNADELA
Namorala namorala Á filla dunha viuva BIS Namorala nai primeiro Pra tela filla seghura BIS O río cando vai cheo Leva carballos e follas Tamén podía levare Ás linghuas marmuradoras bis Ai ala ai ala la Ai alala lalalala Ai alala Ai alala Olvidáchesme por pobre Eu por rico te deixeie BIS Vale máis pobre con honra Que rico de mala lei BIS Baila con ela Manuele Non lle toques o mandile Que a casada de fai pouco Ten o home no Brasile bis Ai ala ai ala la Ai alala lalalala Ai alala Ai alala Cando vou pró fiadeiro Non vou por fiar na roca BIS Vou a tocar o pandeiro Que esta noite a min me toca BIS
45
SAIA DE LÁ Pandereteiras de Vide. Vide, As Neves. Febreiro 2011
BIBLIOTECA A2. Editorial Unitariadevide
Escola Unitaria de Vide
46